Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Luchino Visconti, o ilustre nobre marxista
04/11/2006
Agenda de Reflexión Nº 320
02/11/06


Hai hoxe cen anos, o 2 de novembro de 1906, nacia en Milán no seo dunha das famílias máis ilustres da nobreza europea Luchino Visconti, que levou a realización cinematrográfica e a posta en cena operística a cumes insuperadas.

De formación marxista (foi notável a influéncia das ideas de Antonio Gramsci nas revistas de cinema da época), grande admirador e discípulo de Jean Renoir, Visconti foi o fundador do neorrealismo italiano e, xunto a Roberto Rosellini, as suas máis brillantes figuras.






Obsesión (1942). Baseada na novela de James Caine O carteiro chama duas veces, é a primeira película neorrealista, movimento que introduce unha nova visión do cinema, da dirección de actores (frecuentemente non profisionais) e, sobretodo, da conceizón da realidade e dos problemas sociais. Ten antecedentes no verismo das óperas de Mascagni (Cabaleria rústica) e Leoncavallo (Plagliacci) e nas novelas do siciliano Giusepe Verga. E influéncias do realismo socialista soviético, do realismo negro francés e das técnicas narrativas da moderna literatura norteamericana.

O crítico e teórico marxista Guido Aristarco, en A disolución da razón: discurso sobre o cinema, considera a A terra treme (1948, na que ademáis de producir e dirixir Visconti actua e é guionista) como a película máis lograda e avanzada ideolóxica e estéticamente de toda a história. Mais esa conceizón social da realidade confronta coa grandeza artística dos movimentos de cámara, onde aparece toda a cultura visual do director, a sua xenial "ollada" pictórica.

En Belísima (1951), con Ana Magnani, o neorrealismo abre o camiño a unha conceizón lírica e melodramática. De xeito que podemos sinalar, tamén, unha nova oposición na arte de Visconti e é que toda a sua visión social da realidade e o preciosismo do seu gosto e das suas formas de representación do real converxen cun explícito entusiasmo polo melodrama. Isto nota-se ainda máis desde Rocco e os seus irmáns (1960) até A queda dos deuses (1969).

A obra que quizais expón esta versión operística dos problemas sociais e amorosos é Senso (1954), tamén chamada Livia, un amor desesperado. Comeza na época do Risorgimento cunha representación de Il trovatore de Verdi e é un melodrama estético, pois Visconti ve o melodrama como unha das formas máis depuradas da criazón artística con todos os recursos da sua cultura. Verdi e o melodrama foron os grandes amores da madurez criativa de Visconti.

O gatopardo (1963), baseada na novela de Giuseppe de Lampedusa, é un grande fresco social sobre a nobreza, a burguesia e as suas formas de adaptación ás transformacións sociais. Como noutras das suas películas, incorpora pequenos fragmentos de ópera e unha maxistral partitura orixinal de Nino Rotta.

Visconti revolucionou tamén a arte da poste en cena operística do repertório melodramático romántico e acadou fantásticas modificacións dramáticas nos movimentos de masas e na dirección cénica dos cantantes. Son célebres as suas versións protagonizadas por Maria Callas. Dixo-se con xustiza que entre os dous converteron á ópera a toda unha xerazón.



A queda dos deuses (1969) amosa con claridade o sufrimento tráxico operísitco viscontiano ao desmascarar ao nazismo, aos seus seguidores, a sua ideoloxia e a debilidade da democrácia liberal, mais cun claro acento non tanto wagneriano como prometia o título, senón, como sempre, verdiano.

No seu último periodo, Visconti surprende-nos cunha preocupación polas posibilidades e a soidade dunha xerazón, a sua, ante un mundo que cambiou e a irrupción dunha xuventude con valores diferentes. Morte en Venecia (1971) é, neste senso, non só unha admirável obra senón un estudo da ollada dun artista adulto, a sua admiración pola beleza e a preocupación pola relación entre arte e ética. Baseada na novela de Thomas Mann, converxen ideas platónicas e unha grande influéncia de Marcel Proust. Visconti tentou várias veces realizar unha versión de Na procura do tempo perdido con guión de Suso Cecchi D'Amico, un dos seus habituais colaboradores.

En Ludwig (1973), sobre Luis II de Baviera, quen construira castelos románticos en homenaxe a Richard Wagner, Visconti reflexiona sobre o cadro social e a época, ainda que máis sobre a personalidade do rei solitário e quen o visitan, entre eles o próprio Wagner.

Grupo de familia (1974) amosa tamén as características típicas do último periodo de Visconti, pois apresenta a un vello profesor retirdo, solitário, admirador de cadros e obxectos artísticos, concentrado nas suas reflexións, que ten que hospedar na sua casa a personaxes maís actuais: unha muller rica con hábitos incomprensíveis e despreocupada das sutilezas do profesor, mozos que lle son estraños na sua moral e no seu xeito de vida. Así amosa a soidade xeracional e persoal e a necesidade, porén irremediável, de compartir a vida e os maltratados ideais.

O inocente (1975), derradeira película de Visconti, baseada en Gabril D'Anunzio, é claramente un melodrama, case unha ópera, polos seus temas, desenvolvimentos e até truculéncias, mais sempre perdura a ollada distante do grande mestre nunha história de amores perdidos.

Estamos, como vemos, ante un brillante intérprete de obras literárias, ás que sempre aportou a sua leitura própria, mais sen esquecer que, fundamentalmente, o cineme é narración. Mais tamén exploración da subxectividade e dos inexplicáveis e imprevisíveis sentimentos humanos.

Luchino Visconti morre en Roma aos 70 anos, o 17 de marzo de 1976, cando preparaba a sua versión de A montaña máxica de Thomas Mann.


Ler máis

Etiquetas:

1 Comments:
  • At 11/04/2006 07:14:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Hoxe comeza o Festival de Cine Independente de Ourense e fan un ciclo en homenaxe a Luchino Visconti (o ciclo comeza con "Rocco e os seus irmáns"). Un saúdo cinéfilo :)

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com