Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O dia no que os comunistas marcharon contra o nazismo
11/11/2006
Rádio A Voz de Rúsia
11/11/2006




Moscova celebrou o 65º cabodano da lexendária marcha militar que tivo lugar na Praza Vermella o 7 de novembro de 1941.
Foron os dias máis complicados da II Guerra Mundial para Rúsia. As tropas nazis estaban ás portas da capital, o destino era incerto. Co obxectivo de elevar o ánimo do povo, o 7 de novembro, na Praza Vermella, efectuou-se unha revista militar. Os reximentos, após desfilar pola Praza Vermella, partian á liña da fronte. Foi unha das revistas máis trascendentais na história do país, só comparável a Revista da Vitória sobre Alemaña en 1945.

Leonida Levashov, vicepresidente da Académia de Ciéncias Xeopolíticas afirmou: "Foi un período moi grave: a batalla de Moscova, o inmigo estaba moi perto da capital. Moitas persoas tiñan dúvidas: resistiremos? Os éxitos dos alemáns desmoralizaban á xente. E cando a rádio e máis tarde os xornais informaron sobre a reunión celebrada na estación de metro Mayakóvskaya e despois sobre a revista militar, isto redobrou as nosas forzas. O desfile militar resucitou a esperanza na vitória. Antes sempre retrocediamos. E a revista infundou aos combatentes enerxia de espírito. Niso radica a sua importáncia imperecedoira".

Pasados 65 anos, o 7 de novembro de 2006, na Praza Vermella fixo-se unha "reconstrucción" histórica da famosa revista militar. Polo adoquinado da praza desfilaron tropas rusas lucindo o uniforme do ano 1941: capotes grises, sen hombreiras, fusís na man. Cada compañia representaba a unha unidade histórica: reximentos de milícias populares, divisións motorizadas, cabalaria. Os veteranos, a diferenza dos anos anteriores, non participaron no desfile senón que ocuparon os seus asentos nas bancadas de convidados. Entre eles habia participantes da revista de 1941. Na parte final do desfile, os participantes das asociacións xuvenís patrióticas interpretaron a canción "A miña querida capital".

Os participantes da revista de hoxe saben dos acontecimentos de hai 65 anos grazas á memória dos veteráns. Na memória do povo a revista de 1941 ficará para sempre como un exemplo de estoicidade e heroismo dos combatentes que defenderon ao mundo do fascismo.










Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com