Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O goberno recoñece indicios de grupos organizados para plantarlle lume aos montes
11/11/2006
Vieiros, 10/11/2006


Os testemuños sobre a aparición de individuos en motos e coa cara cuberta por máscaras en diversos montes galegos, a detección de trebellos incendiarios na orixe de importantes lumes, a especial combinación temporal e xeográfica de focos nalgunhas zonas ou episodios coma o dos lumes a pé dos aeroportos, son exemplo de que a actividade criminal é algo máis que unha suma de incendios aleatorios. O executivo español acaba de recoñecer que liñas de investigación como a dos motoristas incendiarios son seguidas estreitamente, ao tempo que avalía que só un 6% de lumes foron debidos a causas naturais e apenas un 11% a imprudencias.

O goberno español evitou afondar na explicación dos casos concretos de incendios provocados durante o pasado mes de agosto por individuos equipados con motos e enmascarados, argumentando que "non ocorreron en demarcacións da Garda Civil". Con todo, o executivo recoñece non só ter constancia deses casos, senón tamén que hai investigacións abertas para a identificación deses presuntos incendiarios.En resposta a pregunta do voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, o goberno español debulla os informes achegados desde a Garda Civil e indica que só un 6,2% dos lumes foron debidos a causas naturais ou accidentais e que un 11% se lle atribúen a imprudencias ou neglixencias. Do resto, dun 26% sublíñase a existencia de probas da súa intencionalidade, mentres que o 56% restante permanece de momento na categoría de "orixe descoñecida".A concentración de incendios nunha mesma zona, con varios focos diferentes; o abrollo dos lumes en zonas de acceso complicado para os servizos de extinción; a aparición sucesiva de lumes nun curto período de tempo e seguindo a liña dunha mesma estrada ou unha mesma pista forestal... Os investigadores manexan pegadas claras de que a actividade criminal nos montes galegos é máis que a casual coincidencia no tempo da actividade de incendiarios descoordinados. O executivo avanzou que están en proceso investigacións sobre o presunto vencello dalgúns dos detidos a outras persoas que ben pagan estes actos delituosos ou incitan a eles.Na memoria están casos especialmente significativos, como a detención a mediados do pasado agosto nunha pista forestal de Ourense dun incendiario que resultou ser membro dun equipo de extinción. Ao individuo atopáronlle no coche un garrafón de combustíbel, máis dunha ducia de chisqueiros e outro material co que presuntamente armaba artefactos incendiarios. Na mesma xornada, varios veciños trataran de atrapar preto de Ribeira a un grupo de persoas vestidas con roupas de camuflaxe que lle prenderan lume a un monte da zona.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com