Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

É posível
28/11/2006
Por Michel Collon e Vanessa Stojilkovic
27/11/06






É posível? Terroristas livres e antiterroristas en prisión? Con Bush todo é posível!


1. É posível que os Estados Unidos protexan aos autores dun atentado con bomba contra un avión?


O 6 de outubro de 1976, Orlando Bosch e Luis Posada Carriles asasinaron a 73 persoas inocentes, a equipa cubana de esgrima, facendo estourar durante o voo un avión D-C 8 cubano cheo. Até o Departamento de Xustiza dos EEUU xulgou a Bosch como "implicado en atentados terroristas no estranxeiro". Porén, Bush pai outorgou-lle un permiso de residéncia nos Estados Unidos. Posada Carriles, empregado da CIA, enorgulleceu-se públicamente de ser o responsável de vários atentados con bomba perpetrados na Habana entre xullo e setembro de 1997. Protexido polas autoridades norteamericanas, pasea-se tranquilamente na actualidade polos EEUU, e non está procesado por nada. Washington nega-se a extraditá-lo a Venezuela que quer xulgá-lo desde hai tempo polos seus actos terroristas.

2. É posível que os Estados Unidos non fanga nada contra grupos terroristas que operan desde o seu território?

Organizacións armadas cubanas exiladas en Maimi perpetraron e perpetran actos que buscan sementar Cuba de terror. Particularmente, cando este país se esforzou por desenvolver o turismo a comezo dos anos 90, estes grupos lanzaron unha vasta campaña de atentados para disuadir aos turistas de viaxar a illa. Un turista italiano, Fabio di Celmo, foi asasinado, houbo dúcias de feridos. Desde hai 40 anos, o terrorismo anticubano asasinou a máis de 3.000 persoas. As protestas e as xestións de Cuba non conduciron a nada. Washington continua tolerando e até protexendo as actividades destes grupos.

3. É posível que os Estados Unidos encarceren, non a terroristas, senón aos que tentan impedir atentados?

Si. Gerardo Hernández, Antonio Guerrero, Ramón Labanino, Ferando González e Renacido González foron arrestados o 12 de setembro de 1998 en Miami (Florida). Estes cinco cubanos receberan a misión de se infiltrar nos ambientes anticastristras armados e de informar sobre eventuais atentados en preparación. A sua misión non era espiar aos Estados Unidos, senón a de vixiar a criminais e informar a La Habana verbo dos seus proxectos. Cando as suas probas foron amosadas ao FBI, estes non detiveron aos terroristas, detiveron aos que os denunciaban! Foron acusados de espionaxe e de querer "destruir os Estados Unidos" e condenados a penas de 75 anos de prisión, mália que suboficiais do exértido norteamericano e o servizo de contra-información afirmaron que non existira espionaxe. Foron separados e internados en prisións de alta seguridade.

4. É posível que a administración Bush manipule os tribunais?

Si. Para impedir un proceso xusto, o xuizo tivo lugar en Miami mália o histerismo que existe nesta cidade (os deportistas e artistas cubanos teñen proibido a sua entrada).O próprio fiscal de Miami recoñeceu que era imposível garantir aos Cinco un proceso correcto nesta cidade. Por esta razón, en agosto de 2005, o Tribunal de Apelación de Atlanta anulou a senténcia e ordenou un novo proceso. Nun feito insólito, o Ministro de Xustiza de Bush anulou esta decisión. Agora, a batalla xurídica continua...

5. É posível que os Estados Unidos se mofen do direito penitenciáiro e do direito internacional negando as visitas das esposas e das fillas e fillos dos presos?

Desde hai oito anos, as autoridades proiben a Adriana Pérez ver ao seu esposo Gerardo. Olga Salanueva non pode entrar nos Estados Unidos desde 2002. De facto, foi vítima dunha chantaxe ilegal: expulsaron-na para obrigar ao marido a que confesase. A pequena Yvette González (8 anos) non ve ao seu pai desde hai sete anos. Un xeito de tortura psicolóxica particularmente rastreira.

6. É posível que os Estados Unidos boten ao lixo as protestas da ONU e de Amnistia Internacional?

Si. En maio de 2005, a Comisión internacional de detencións arbitrárias da ONU xulgou as detencións dos Cinco como arbitrárias, ilegais e contrárias aos convénios internacionais da ONU. Amnistia Internacional denunciou a violación de dirieto de visita así como o carácter suspeitoso das condenas. Harold Pinter, prémio Nobel de Literatura, xunto a 110 deputados ingleses, reclamaron o respeito do direito de visita. O Consello Nacional de igrexas cristiás dos Estados Unidos enviaron un escrito a Condoleezza Rice no que demandaban o respeito do direito de visita cando menos por motivos humanitários. Todas estas protestas foron botadas ao lixo.

7. É posível para nós facer algo para que Gerardo, Renacido, Ramón, Fernando e António podan voltar xunto ás suas famílias?

Si. Os governos europeos, aliados de Washington, calan diante destes crimes namentres afirman que loitan contra o terrorismo e polos direitos democráticos. Os meios de comunicación europeus apenas falan do tema. Por iso facemos un chamamento para que asinedes esta petición que forma parte da Campaña Europea de Solidariedade cos Cinco. Tamén temos que interpelar aos meios de comunicación de masas para que falan do tema. Non aceitamos o despotismo de Bush, que protexe a terroristas e encarcera aos que tentan impedir estes atentados!


Ligazóns relacionadas:
Entrevistas a Adriana, esposa de Gerardo, e a Irma, mai de Renacido.
www.freeforfive.org
www.freethefive.org
www.antiterroristas.cu


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com