Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A Revolución Bolivariana camiña en Venezuela: aproban Lei polo Direito das Mulleres a unha vida sen violéncia
14/11/2006
Movimento de Mulleres Clara Zetkin
Caracas, 10/11/06





"Esta conquista é un traballo que as mulleres comunistas impulsamos desde o ano 1936, desde que apareceron as primeiras células comunistas no país, porque sempre entendimos que non hai socialismo sen igualdade de condicións para a muller e o home"


Tivo lugar onte unha histórica xornada na Asemblea Nacional (AN) de Venezuela, presidida pola deputada Cília Flores, na que se aprobou en primeira discusión a Lei Orgánica sobre o Direito das Mulleres a unha Vida Livre de Violéncia.

Este instrumento xurídico é unha das conquistas das mulleres venezolanas dentro da revolución bolivariana, xa que separa a violéncia intrafamiliar da violéncia de xénero, e sinalta e tipifica que a violéncia contra as mulleres non é só física, senón tamén psicolóxica, mediática, laboral, é dicer, descrebe todas as formas de agresión contra as mulleres pola sua condición de xénero.

O camarada Roberto Hernández, membro do Comité Central (CC) do Partido Comunista de Venezuela (PCV) e segundo vicepresidente da AN, sinalou que "camiñamos cara a unha forma superior de civilización que é o socialismo, e no socialismo non deve existir nengún tipo de discriminación contra as mulleres. Por isto, hoxe dimo un paso importantísimo coa aprobación desta lei, para o avance do noso proceso revolucionário".

No acto estivo presente Maria León, presidenta do INAMUJER, histórica dirixente do movimento de mulleres de Venezuela, membro do CC do PCV, figura representativa das loitas pola democrácia e a liberación da muller no noso país, e declarou "que esta lei cristaliza as aspiracións de várias xerazóns de venezolanas que sempre loitamos polos nosos direitos. As comunistas sempre estivemos no combate pola igualdade e a equidade, alí están Eumélia Hernández; Carmen Clemente Travieso, a primeira muller reporteira; Olga Luzardo, que ainda nos acompaña, camaradas que consagraron as suas vidas á conquista dos direitos das mulleres en Venezuela e que hoxe son parte desta história que se escrebe neste recinto, ao aprobar-se esta Lei que é un marco xurídico de avangarda, un dos máis progresistas en matéria dos direitos das mulleres en América Latina".

A camarada Elena Linárez, presidenta do Movimento de Mulleres Clara Zetkin, felicitou o traballo da comisión de Muller, Família e Xuventude da AN, onde está a camarada deputada Diluvina Cabello, e sinalou que está prevista a aprobación definitiva da lei este 25 de novembro, Dia Internacional da Non Violéncia Contra as Mulleres. "Esta conquista é un traballo que as mulleres comunistas impulsamos desde o ano 1936, desde que aparecieron as primeiras células comunistas no país, porque sempre entendimos que non hai socialismo sen igualdade de condicións para a muller e o home", finalizou Linárez.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com