Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Stalin e as armas atómicas
13/11/2006
En Revue n° 63, Etudes marxistes et auteurs. 2003


Berlín 1951


O governo Bush desenvolveu a teoria fascista dos ataques nucleares "preventivos", mencionando sinaladamente como brancos posíveis Iraq, Corea do Norte, China, Rúsia e algún que outro país. Por primeira vez desde a guerra de Corea (1950-1953), o imperialismo norteamericano afirmou públicamente, no momento dos preparativos do ataque contra Iraq, que contemplaba todas as opcións, tamén o recurso ás armas nucleares! E isto contra un país que non posuia a menor arma nuclear e que fora desarmado completamente.

O ponto de vista de Stalin, en 1951, respeito ás armas nucleares é sempre de actualidade. Nese ano, os Estados Unidos posuian 640 cabezas nucleares mentres que a Unión Soviética tiña 25. Na mesma época, Eisenhower, presidente dos Estados Unidos desde 1952 a 1960, declaraba: "en primeiro lugar, para evitar guerras, o noso sistema de defensa ten que dotar-se dun potencial nuclear de represálias de tal amplitude para que convenza aos Soviets de que todo ataque dirixido contra nós ou contra os nosos aliados teria como resultado, independentemente dos danos que nos causara, a destrucción do seu próprio país."

Stalin expresaba a sua opinión sobre as armas atómicas nas suas respostas a un correspondente do Pravda o 6 de outubro de 1951:

Pravda: Que pensa da indignación expresada pola imprensa estranxeira con ocasión do ensaio do lanzamento dunha bomba atómica na Unión Soviética?

Stalin: En efecto, recentemente probamos na nosa casa un dos tipos de boma atómica. A experimentación con bomas atómicas de distintos calibres continuará segundo o plano de defensa do noso país contra un ataque por parte do bloco agresivo anglo-americano.

Pravda: Diversas personalidades dos Estados Unidos acenden a alarma polo ensaio atómico e claman que a seguridade dos Estados Unidos está sendo ameazada. Ten fundamento esta alarma?

Stalin: Esta alarma carece de calquer fundamento. As personalidades dos Estados Unidos non poden ignorar que a Unión Soviética non só está contra o emprego das armas atómicas, senón que tamén está pola sua proibición e polo cesamento da sua fabricación. Como se sabe, a Unión Soviética reclamou en repetidas ocasións a proibición das armas atómicas, mais sempre se atopou coa negativa das poténcias do bloco atlántico. Isto significa que no caso de agresión dos Estados Unidos contra o noso país, os meios governantes dos Estados Unidos farán uso da bomba atómica. Precisamente é a circunstancia que forzou a Unión Soviética a dotar-se de armas atómicas co fin de defender-se dos agresores con todos os meios.

Naturalmete, os agresores gostarian dunha Unión Soviética desarmada no caso dun seu ataque. Mais a Unión Soviética non é desta opinión e coida que é con plentiude de meios como debe receber ao agresor. Xa que logo, se os Estados Unidos non pensa atacar á Unión Soviética, hai que considerar a alarma desas personalidades norteamericanas como simulada e sen fundamento, porque a Unión Soviética non pensa atacar aos Estados Unidos.

As personalidades dos Estados Unidos están descontentes co feito de que o segredo das armas atómicas non sexa património dos Estados Unidos. Quererian que os Estados Unidos tiveran o monopólio da fabricación de armamento nuclear, outorgando aos Estados Unidos a posibilidade ilimitada de intimidar a outros países e poder chantaxeá-los.

O mantimento da paz require ese monopólio? Non é máis exacto dicer que se precisa todo o contrário?, que é precisamente o interese na conservación da paz o que esixe en primeiro lugar a liquidación dese monopólio e, despois, a proibición absoluta das armas atómicas? Coido que os partidários da bomba atómica poderian aceitar a proibición do armamento nuclear só no caso de comprobar que xa non posuen o seu monopólio.

Pravda: Cal é a sua opinión verbo do controlo internacioal das armas atómicas?

Stalin: A Unión Soviética está pola proibición das armas atómicas e polo cese da sua fabricación. A Unión Soviética aposta polo estabelecimento dunha controlo internacional co fin de que a decisión sobre a proibición das armas atómicas, sobre o cese da sua fabricación e sobre o emprego exclusivo con fins civís das bombas atómicas xa fabricadas, sexa tomada en sério, dun xeito estricto e concienzudo. A Unión Soviética defende o controlo internacional.

As personalidades norteamericanas tamén falan de "controlo", mais o seu "controlo" non significa o cese da fabricación das armas atómicas senón a continuación desta fabricación, e que esta fabricación estexa lexitimizada e legalizada. Por iso agora mesmo está legalizado o direito dos promotores da guerra de exterminar por meio das armas atómicas a millóns de habitantes pacíficos. Nón é complicado comprender que non existe un controlo, senón que se trata dunha paródia de controlo, tentando enganar as aspiracións pacíficas dos povos. Comprendemos que este controlo non pode satisfacer aos povos comprometidos coa paz, que reclaman a proibición das armas atómicas e o cesa da sua fabricación.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com