Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Livrarias de vello
21/12/2006
Lois R. Neto





Gosto das livrarias de vello. E cando digo livraria de vello estou a falar das tendas onde só venden livros, ou estes conforman a imensa maioria do produto ofertado. Pola contra, aborrezo os supermercados das cousas vellas. Tamén hai livros, mais non pasan de ser vellas coleccións regaladas polos xornais, infinitos manuais da autoaxuda ou panfletos de "disidentes" da outra banda do Muro de Berlín pagados pola CIA (por certo, cantos millóns de exemplares de Arquipélago Gulag do fascista Solzhenitsyn se publicarian só no E.I.E.? Non hai nen unha soa livraria, ou supermercado, de vello no que non atopara un par de exemplares). Nestes supermercados do vello ou Tendas de Segunda Man os livros , que poderian vendé-los ao peso, están entre os cascos nazis da segunda guerra mundial e os cotizadisimos Madelman (friquis hai-nos a mans cheas).

As livrarias de vello son-che outra cousas. Certo é que tamén atopas os "disidentes", os manuais de autoaxuda e as coleccións, mais só son unha parte, mínima nas boas livrarias. Teño pasado tardes enteiras revolvendo nos livros. Enchendo os dedos de po mentres atopaba revistas de partidos políticos hai xa tempo desaparecidos. Livros de autores antifascistas hoxe proibidos para a esquerda chachi. Cando levas un par de compras na livraria, o dono xa ve por onde te moves e seguramente te convide a visitar o armacén, onde está o verdadeiramente interesante para calquer marxista-leninista. Dúcias de obras de Marx, Engels, Lenin, Stalin, Mao ou Hoxha, cando non Obras Completas.


As livrarias de vello teñen un problema, a paupérrima oferta de livros na nosa língua. Hai poucos e os poucos que hai, na maior parte das livrarias, son os mesmos, repetidos unha e outra vez. Ainda que hai algunhas que, tendo en conta o pequeno mercado editorial galego, non teñen queixa. Por exemplo O Moucho da Coruña, na Cidade Vella. Alí hai unha aceitável sección de literatura galega.


Na cidade onde vivo non hai onde mercar livro vello. As livrarias que hai, duas, firen os ollos cos seus escaparates inzados de vómitos literários: Pio Moa, César Vidal, Iker Jiménez, Esperanza Aguirre, Ana Botella, Noah Gordon... Mercar un livro nestes estabelecimentos pode resultar complicado se non tes algunha destas inclinacións: o mundo dos templários (que si os cabaleiros templários, que se as espadas templárias, ...), o revisionismo histórico (agora, grazas a Moa, sabemos que o do 36, como en Chile, foi un favor que os fascistas fixeron para salvar-nos do demo vermello que habitaba en Moscova) ou as peripécias de Esperanza Aguirre para salvar-se da inanición.


Por todo isto aposto polas livrarias de vello onde podo ter que apartar os livros que publicaba Fraga cando era ministro, mais sei que vou rematar atopando cousas boas, como a que estou a ler estes dias: História do 1º de Maio, de Maurice Dommanget. Dous euros con trinta céntimos.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com