Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Escola das Américas: fábrica de fascistas
31/08/2006
A Escola de Asasinos trocou de nome mais vive... e colea

Angenpress.info (30/08/06)
Por: Ernesto Carmona




122 militares chilenos cursan "estudos" este ano na Escola das Américas (School of Americas, SOA), o centro norteamericano que, desde a sua fundación en Panamá, en 1946, ensinou a matar e a torturar a uns 64.000 uniformados de 18 países latinoamericanos. Só en El Salvador dos anos 80 e 90 os graduados da SOA teñen a responsabilidade da morte de 75.000 persoas, sen considerar o resto de América Latina. A cantidade precisa de "estudantes" foi dada pola ministra chilena de Defensa, Vivianne Blanlot, a unha misión de activistas ligados á Orde Maryknoll dos Estados Unidos que loitan contra a versión actual da SOA, o Instituto para a Cooperación en Seguridade do Hemisfério Ocidental (Western Hemisphere Institue for Security Cooperation, WHINSEC), con sede en Fort Benning, Columbus, Georgia, EEUU.


O reverendo Roy Bourgeois é o líder do Observatório Escola das Américas (SOA Watch), unha ONG que propícia a extinción do WHINSEC. Agora encabeza unha misión que percorre América Latina solicitando aos governos que deixen de enviar as suas tropas a instruir-se en Fort Benning. Acompañan-no Lisa Sullivan, Linda Panetta e Carlos Mauricio, vinculados todos á Orde Maryknoll, que en 1980 perdeu en El Salvador a catro relixiosas asasinadas por militares adestrados na SOA-WHINSEC.

A misión Maryknoll viaxou a Chile a solicitar que o governo de Michelle Bachelet cese o envio de militares a Fort Benning, mais a ministra Blanlot afirmou que a sua carteira non é quen para dar-lle ordes ás Forzas Armadas, tan só "SUXERIR-LLE" que deixen de lado á SOA-WHINSEC. Mentres o Exército de Chile semella continuar a funcionar como "un estado dentro do Estado", os activistas contrários á SOA tiveron mellor acollida este ano na Arxentina, Uruguai e Venezuela, cuxos governos decidiron esquecer-se definitivamente da SOA-WHINSEC, coñecida tamén como Escola de Asasinos. O Presidente de Bolívia, Evo Morales, prometeu un distanciamento paulatino.

Nesta xira, os críticos á SOA-WHINSEC, visitaron, tamén, Ecuador, que está en campaña eleitoral presidencial, e Perú, onde acaba de asumir o novo governo de Alán Garcia. En Lima entrevistaron-se con Jorge del Castillo Gálvez, presidente do Consello de Ministros, quen se informou da iniciativa. En xaneiro de 2007, o grupo propon-se continuar a sua campña en Colómbia, Guatemala, Honduras, México, Nicarágua e a República Dominicana.

EFICÁCIA "ACADÉMICA"

O WHINSEC recoñece oficialmente a presenza de 13 chilenos, tan só o 10% dos 122, mais no ministério de Defensa dixeron que anualmente vai completo o 4º curso da Escola Militar Bernardo O'Higgins, que forma a futuros oficiais. Tamén acoden a Fort Benning grupos escollidos de suboficiais e soldados que receben instrucción acelerada por non máis dun mes. Na Escola das Américas adestraron-se maís de 3.500 uniformados chilenos desde 1951.




O WHINSEC declara ter un orzamento anual de 7,5 millóns de dólares para a atención de 700 a 1.000 "estudantes", 6,3 millóns provistos polo ministério de Defensa (Pentágono) e 1,2 polo Departamento de Estado. A sua propaganda corporativa compara eses gastos cos 6 millóns de dólares que custa un só novo tanque M1 Abrams.

O perfeicionamento que oferece SOA-WHINSEC semella ter un alto rendimento "académico". Por exemplo, o tenente do exército chileno Miguel Krassnoff, un dos máis célebres asasinos e torturadores de Augusto Pinochet, aprendeou todo o que sabe nun curos de Contrainsurxéncia Urbana de tan só un mes de duración, desde o 7 de xaneiro ao 8 de fevreiro de 1974, cando a escola ainda funcionaba en Panamá.

A SOA perfeccionou aos uniformados de América Latina avantaxados en matar seres humanos causando-lles o maior sufrimento posível. Polas suas aulas pasaron desde o conronel uruguaio Tomás Casella, extraditado a Chile polo asasinato do desertor da DINA Eugénio Barros, até o mexicano Juan López Ortiz, xefe da matanza de Ocosingo en 1994.



Tamén estudaron alí os altos oficiais venezolanos que participaron no golpe do 11 de abril de 2002, en colaboración con Otto Reich, quen ocupou un posto do consello visitante da SOA, entre outros Efrain Vásquez, quen chegou a comandante xeneral do exército, e o xeneral Ramírez Poveda. A SOA converteu-se no WHINSEC en 2001, cando abandonou Panamá para se reinstalar en Georgia.

XENTE NO CAMIÑO

Nos Estados Unidos hai 19 activistas estadounidense presos por loitar pola desaparción do WHINSEC. O próprio sacerdote Roy Bourgeois estivo catro anos en prisión nos Estados Unidos por manifestar-se e "pisar a liña" que delimitaba o "instituto" en Columbus, antes de que puxeran un valado. Segundo a SOA, 227 manifestantes estiveron en prisión entre 1983 e 2006. No que vai de ano, xa apresaron a 34 activistas. O conxunto de manifestantes encarcerados purgou máis de 90 anos de prisión.

As declaracións dos inculpados nos tribunais son impactantes polo valor de certos estadounidenses dunha decéncia exemplar: "A prisión é dura. Estiven alí e outros estiveron alí. Mais se ir a prisión vai axudar a fechar as portas da Escola das Américas, volvemos! (Roy Bourgeois, en 1996, condenado ademáis en 1983, 1990 e 1998 por actos de resisténcia non violenta en Fort Benning).

"Na história do noso país, o povo dos Estados Unidos foi cómplice do xenocídio acontecido coa nosa própria povoación nativa norteamericana. Nós exportamos a Centro e Sul América ese mesmo tipo de violéncia através de institucións como a Escola das Américas (Sacerdote Hill Bichsel, en 1996, tamén procesado e condenado en 1997 e 1998).

COLÉXIO INTERAMERICANO DE DEFENSA

A Escola das Américas, que funciona baixo o manto da Organización de Estados Americanos (OEA), foi pensada para adestrar tropas, suboficiais e oficiais, máis tamén nos Estados Unidos existe o Coléxio Interamericano de Defensa (CID), outra escola de "envenenamento ideolóxico" exclusiva para altos oficiais latinoamericanos próximos ao degrau de xeneral, explicou o embaixador de Venezuela en Chile, Víctor Delgado Monsalve, coronel retirado da Forza Aérea.

O CID, que tamén funciona baixo o paraugas da OEA, converteu-se na rama educativa da Xunta Interamericana de Defensa, adscrita ao Tratado Interamericano de Asisténcia Recíproca (TIAR). Anualmente convoca aos altos oficiais latinoamericanos que pronto deverian ser ascendidos a xeneral, explicou Delgado durante un encontro cos loitadores estadounidenses.

O próprio Delgado foi enviado ao curso do CID polo governo de Rafael Caldera, en 1994, para afastá-lo de Venezuela pola sua aberta simpatia con Hugo Chávez, mentres este estaba na prisión polo seu frustrado asalto ao poder do 4 de fevreiro de 1992, e por opinar a prol da tentativa de golpe da Forza Aérea do 27 de novembro dese mesmo ano.

Supon-se que a Xunta Interamericana de Defensa é un organismo auxiliar da OEA, que ten 34 países membros, ainda que sempre está conducida por un xeneral dos Estados Unidos. A comezos dos anos 90, unha vez desaparecidos o campo socialista e a Unión Soviética, os Estados Unidos pulou por converter aos exércitos latinoamericanos nunha forza paramilitar con tarefas policiais "antinarcóticas" e "anti-terroristas" subordinada aos intereses de Washington e para iso instrumentou cursos teóricos na Xunta Interamericana que foron criticados pola maioria dos oficiais venezolanos.

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Ron Bacardí: a guerra oculta
30/08/2006
Publicado en La Jiribilla (23/10/05)

Hilário Rosete Silva



Esta é unha entrevista de outubro do pasado ano que o xornalista cubano Hilário Rosete lle fai ao colombiano Hernando Calvo. Nesta entrevista trata-se por riba o tema da multinacional Bacardí, tocando-se outros temas parellos como son as actividades contrarrevolucionárias dos mercenários cubano-americanos. Unha maís completa información desta multinacional e as suas relacións cos imperialistas ianquis e coa gusaneira armada pode-se atopar nas seguintes ligazóns:

Caso Hava Club
Motivos para non beber Bacardí
Bacardí: un mal grolo


Hernando Calvo Ospina (Cali, 1961), xornalista autodidacta e autor de vários livros -Salsa, Don Pablo Escobar, Perú: os senderos posíveis, Disidentes ou mercenários?, Ron Barcardí: a guerra oculta-, hai 18 anos que vive en Europa. Non gosta da palavra experto: "A meirande parte dos europeus, após estar unha ou duas semanas en calquer país do mundo, regresan a casa considerando-se expertos en matéria do país visitado".

Colombiano de nacimento, mais con máis cercania profisional, política e sentimental coa nosa Illa que con Colómbia, pensa que coidar-es perito en temas cubanos seria faltar-lle o respeito a Cuba e á sua história. Así afirma que el só se achegou a unha zona da realidade cubana, como tentou coñecer, no seu momento, o fenómeno da "contra" en Nicarágua ou do narcotráfico no seu país natal, e como tamén trata, diáriamente, de comprender a xeopolítica, a xeoestratéxia dos Estados Unidos.

Tampouco escrebe para os expertos, interesa-lle o lado común das persoas, o público non especializado, e acostuma poñer-se no seu lugar, conta só o que o público quer saber e evita as redaccións longas e complicadas. Pode que aos cubanos nos pareza que en certos textos fai afirmacións moi elementais, mais cúmpre non esquecer que estas poderian ser novas para os leitores doutras latitudes.

Bromista, falador, amante de contar histórias, no sabemos con exactitude se foi o único que estudou o lado escuro da sociedade Bacardí: digamos que foi o encetador desta rota e que, con independéncia da sua natureza irreverente, sinte a responsabilidade de ter sido o pioneiro.
(...)


Portado do traballo de Hernando Calvo


Como se atreveu a escreber Ron Bacardí: a guerra oculta?

Fago-me a mesma pergunta, máis dunha vez despertei a miña esposa pola madrugada para perguntar-lle se via ben o que facia... meter-se coa primeira produtora de ron do mundo. Alguen duvidaria da reputación dunha empresa que vende, en máis de 170 países, 20 millóns de caixas anuais de bebida?

Pensou que ninguén lle faria caso?

Mais non foi así. É o meu livro máis traducido, fixeron-se documentais sobre el, e un deles, "O secrego do morcego: Bacardí entre ron e revolución", realizado polos alemáns Sieker e Kolvenbach, e transmitido en outubro de 2003 pola cadea ARTE, gañou en xaneiro de 2005 a medalla de bronce do New York Festivals.

Cal é o segredo do morcego?

O segredo reside nos lazos dos seus directivos e accionistas coa Fundación Nacional Cubano-Americana (FNCA) e a CIA; o mistério agacha-se no xeito no que a empresa fai de conduto para que os fondos da CIA pasen a apátridas cubanos e mercenários paramilitares en Angola e Nicarágua: a clave está no enorme poder desta multinacional sobre a política ianqui sobre Cuba.



Ise é o papel dunha multinaconal?

As multinacionais de hoxe, asociadas cos reximes imperiais, axudan a instrumentar o terrorismo de Estado, deixan de ser entidades económicas que buscan un florecimento comercial para se converter en organismo políticos, en cabalos de batalla destes impérios para a realización de actividades ilegais.

Pouco sabiamos de Bacardí, non é certo?

Hai un documento, coñecido por investigadores do Congreso estadounidense en 1976, mais desclasificado en 1998, que prova que Pepín Bosh, presidente da compañia, complotó coa máfia norteamericana para asasinar a Fidel... O próprio Pepín financiou a campaña para mellorar a imaxe do criminal Jonas Savimbi nos Estados Unidos... Existen cópias dos aportes realizados por Bacardí e os seus accionistas ás eleizóns deste páis e aos Republicanos, e das cartas enviadas a produtores e distribuidores de bebidas advertindo que non investisen en Cuba... A lista de episódios escuros é interminável.

Se o livro o escrevera após o derrubo do Worl Trade Center de New York, e o ataque ao Pentágono en Washington, teria cambiado algo no mesmo?

Compararia aos personaxes cos protagonistas de aquel ataque, e teria posto o acento nas palavras sicário e terrorista. Despois de escoitar as razóns do Encontro Internacional contra o Terrorismo, pola Verdade e a Xustiza, cheguei a conclusión de que o grupo cubano-americano formado por Félix Rodríguez, Dionísio Suárez, Posada Carriles, Orlando Bosch, Virgílio Paz e outros, auspiciado por Bacardí, oficializado co estabelecimento da FNCA, e acadado a madurez co mecenato da CIA, foi o grupo de asasinos asalariados mellor organizado do mundo, un grupo estrela!

Non está sendo moi absoluto?

De nengún xeito. Ese "grupiño" ven sementando violéncia desde os anos 60. Quen sente diante dunha computadora, soliciete a páxina de Google, e poña no buscardor calquer destes nomes, verá como a máquina se dispara e aparecen centos de artigos, de todas partes, con todos os detalles sobre os crimes que cometeron en Europa, en América do Sul, en Centroamérica, nos Estados Unidos...

Se a tivese que reescreber, que título lle daria á sua intervención no Encontro Internacional contra o Terrorismo?

Responsabilidade da máfia cubano-americana na guerra contra-insurxente e anti-sandinista en Centroamérica.

Que relación ten esa responsabilidade co terrorismo?

Esa guerra foi, per se, unha guerra terrorista. Foi esa natureza do conflito a que obrigou a Nicarágua a apresentar o caso contra Estados Unidos ante a Corte Internacional de Xustiza de La Haya. O tribunal deu-lle a razón a Nicarágua en xuño de 1986, culpou aos Estados Unidos dos ataques, dos actos de intervención e do uso da forza, entre setembro de 1983 e abril de 1984, contra barcos patrulleiros, bases navais e portos en Nicarágua, como polo minado, nos primeiros meses de 1984, das suas augas interiores e territoriais.

Os cubano-americanos, que pintaron niso?

Axudaron a vendera a droga e a lavar o diñeiro, contribuiron coa sua xente, coa mesma xente que foi alí de xestora. A mesma equipa cubana-americana que colaborou con Pinochet, foi a que contactou coa máfia colombiana de Barranquilla para axudar a financiar aos arxentinos que, antes da Guerra das Malvinas, foran asesoara a guerra. Aí estiveron os cubano-americanos, como estiveron cos terroristas e coa extrema-direita en Franza e en Itália.

Asegura que a guerra en Centroamérica foi financiada con diñeiro do narcotráfico?

E iso sucedia mentres Ronald Reagan e George H. W. Bush, primeiro como xefe da CIA e despois como vicepresidente, libraban unha batalla contra o narcotráfico e a máfia colombiana semellante a que di hoxe George W. Bush que libra contra o terrorismo. Quen desexe máis detalles pode consultar Cocaine Politics: Drugs, Armies, and the CIA in Central America, dos profesores Dale Scott e Jonathan Marshall.

Cal é a tese do livro?

Expón, entroutros temas, que a base de Ilopango, no oriente de San Salvador, foi un dos principais centros de tráfico de droas para sufragar a guerra, feito confirmado pola Comisión Especial da Asemblea Lexislativa de Costa Rica; e mostra, con minuciosidade, como os cubano-americanos usaron o diñeiro da droga non só en Centroamérica, senón tamén no Plano Cóndor.

Que nomes revelou no estudo?

Nomes xa familiares. Documentos da CIA e do Buró Federal de Investigacións (FBI) evidéncian os lazos existentes entre narcotraficantes de Bolívia e Colómbia coas organizacións Alpha 66, Omega 7, o Comando de Organizacións Revolucionárias Unidas (CORU) e a Frente Nacional de Liberación de Cuba, antecesores da FNCA, e con indivíduos como Francisco Chanes, Frank Capto, Gustavo Castillo, Gustavo Villoldo, os irmáns Novo, Luis Crespo, Manuel ARtimes, Ramón Milián, Ramón Sánchez e, de novo, José Dionísio Suárez, Orlando Bosch e Virgílio Paz.

Tamén mencionou vosté, no encontro habaneiro, ao italiano Stefano delle Chiaie?

Foi un dos involucrados no Plano Cóndor e, específicamente, no caso de Bernardo Leighton, ex vicepresidente de Chile e opositor a Pinochet. Leighton, do Partido Demócrata Cristiá estaba en Roma cando se lle proibiu regresar ao seu páis por promover o achegamento da Democrácia Cristiá chilena con grupos políticos de esquerda na península itálica. En 1975, dous neofascistas italianos, aliados de Stefano delle Chiaie, que naquelas datas estaba ao servizo da DINA, a policia secreta chilena, atentaron contra Leighton e a sua esposa. As vítimas sobreviveron após várias intervencións cirúrxicas.

Quen coordenaron en Europa os detalles do atentado?

Michael Townley, o norteamericano integrado na DINA, e a sua esposa chilena Mariana Inés, acompañados por vários cubanos de Miami, entre eles Virgílio Paz, que despois seria procesado nos Estados Unidos polo asasinato de Orlando Letelier. Eles encarregaron o crime aos grupos Avanguardia Nazionale e Ordine Nuovo, de Stefano delle Chiaie. Di-se que Chiaie viveu un tempo en Santiago tentando estabelecer as liñas directrices dun rexime fascista con "características próprias", e que hoxe, haberia que corroborar este dado, é dono dunha axéncia de imprensa chamada Cóndor!

Con "Disidentes ou mercenários?", outro dos seus livros, non lle brindou un servizo á divulgación da autobiografia de Luis Posada Carriles?

En todo caso reforcei a validez das provas aportadas polo próprio Posada en "Os camiños do guerreiro" (Miami, 1994) sobre a axuda que sempre tivo de Miami. Ao remate do capítulo 16, Posada rememora os primeiros minutos da sua chegada a El Salvador após a sua fuga, en agosto de 1985, dun cárcere de máxima seguridade venezolano: Félix Rodríguez, alias Max Gómez, compañeiro seu da brigada mercenária 2506, a que en abril de 1961 tentou invadir Cuba por Baia Chochinos, estaba-o agardando, sen que Posada o soubese, nunha pista militar ubicada en território salvadoreño.

Nunha pista militar?

Si, Félix Rodríguez voaba helicópteros de combate para a Forza Aérea de El Salvador e foi contactado pola máfia de Miami para que organizara a chegada de Posada. Dous dias despois, así o contou "o guerreiro", Posada recebeu a visita de Alberto Hernández, segundo el, un próspero médico e patriota cubano con residéncia en Miami, que fora alí para apoiá-lo. Un grupo de Miami, entre eles Jorge Mas, Feliciano Foyo, Pepe Hernéndez e outros, fixeon un bote para soventar as suas urxéncias económicas.

Non teria maiores tropezos?

Alugou unha casa e mercou utensílios de cociña, sabas, toallas e comida. Asignaron-lle unha cantidade de diñeiro que lle chegaba todos os meses. Unha criada chamada Angélica e un carro alugado completaron as suas necesidades. Dias despois atopou-se coa surpresa de que Luis Orlando Rodríguez estaba en El Salvador como segundo ao mando dos asesores militares do exército americano. Coñeceran-se en Fort Benning, Georgia, cando ambos eran tenentes; agora Luis Orlando era tenente coronel e desde ese momento foi o anxo da garda de Posada.

Permaneceu indocumentado?

Non: através da Forza Aérea, conseguiron-lle documentos de identidade, pasaporte e un permiso de armas. Pasaba os dias na base con Félix e, en ocasións, voaba con el: un capitán permitiu que fose a misións de combate nun vello avión DC3 que, artillad cunha calibre 50, ametrallaba as zonas guerrilleiras.

Unha última pergunta: Das persoas mencionadas nesta convers, cal é para vosté a máis "inquietante" e onde leva esa inquedanza?

Félix Rodríguez, amigo íntimo da família Bush, é o que máis poder tocou nos Estados Unidos, o máis intelixente do grupo. Axente da CIA e experto en estrataxemas militares, pavonea-se de ter capturado ao Che Guevara e, consecuentemente, de ser o último cubano-americano que o viu vivo. Outra inquedanza: a perícia acumulada na guerra contra-insurxente e anti-sandinista en Centroamérica por todos estes "asesores" e corpos represivos, revolucionou os métodos de loita contra os procesos populares e sociais latinoamericanos: vexa-se onde levou a política de cocaína!

Ler entrevista

Etiquetas:

(0) Comentarios
O test de Michel Collon sobre Kosovo
29/08/2006
Resgatamos un dos populares (entre certos círculos, evidentemente) test de Michael Collon. Aquí podes atopar o orixinal en francés.



Kosovo: Acción humanitária?

Estas doce afirmacións poden ser CERTAS, FALSAS ou NEN CERTAS NEN FALTAS:

1. "En 1989 Milosevic provoca a Kosovo polo seu discurso antialbanés."
2. "Kosovo era unha rexión albanesa que os sérvios ocuparon."
3. "En Rambouillet, os intransixentes sérvios rexeitaron calquer acordo."
4. En Racak, en xaneiro de 1999, a policia xugoslava masacrou 40 civís."
5. "O movimento albanés UCK era unha vítica dos sérvios."
6. "Este é un obxectivo humanitário, é por iso polo que Ocidente interven."
7. "Os Estados Unidos non tiñan nengún interese estratéxico nesta rexión."
8. "A OTAN parou un xenocídio cometido polos sérvios."
9. "Atoparon-se fosas comúns que provan o xenocídio."
10. "Milosevic organizou os crimes contra a povoación albanesa."
11. "A OTAN efectuou unha guerra limpa."
12. " A OTAN instaurou un Kosovo multiétnico."



1. "En 1989 Milosevic provoca a Kosovo polo seu discurso antialbanés."
FALSO


Por que os meios de comunicación ocidentais nunca citaron a máis mínima frase deste discurso? Acontecia exactamente o contrário:

"Nunca sérvia foi habitada únicamente por sérvios. Vivan hoxe, máis que anteriormente, moitos cidadáns doutras nacións, doutras étnias. Iso non é mao para o páis. Estou convencido, sinceramente, de que representa unha avantaxe. (...) Xugoslávia é unha comunidade multinacional e non pode sobreviver se non existe unha igualdade total de todas as nacións. Os inimigos destas comunidades, internos ou externos, saben-no ben e centran, en xeral , as suas actividades subversivas no aprofundamento dos conflitos inter-étnicos."

2. "Kosovo era unha rexión albanesa que os sérvios ocuparon."
FALSO


Desde hai séculos, Kosovo estaba povoado por numerosas nacionalidades: sérvios, Albaneses, Musulmáns, Xudeos, turcos, exípcios... Pouco importa quen teña chegado alí primeiro! Todos deverian ter os mesmo direitos. Mas...
Durante a II Guerra Mundial, os fascistas italianos, e despois os alemáns, matan a un elevado número de sérvios. En 1945, o líder xugoslavo Tito non autoriza o seu regreso. Nos 70 e 80, a província é administrada por funcionários... albaneses. O 10 de novembro de 1987, o New York Times escrebe o que os meios de comunicación ocidentais se gardarian ben de repetir en adiante:

"Realmente, os albaneses controlan xa cada fase da vida de Kosovo: a policía, a xustiza, a agricultura, as fábricas, as aldeas e as cidades..., actualmente os sérvios están en fuga perante a crecente violéncia albanesa. Uns vinte mil deixaron Kosovo estes sete últimos anos..."

3. "En Rambouillet, os intransixentes sérvios rexeitaron calquer acordo."
FALSO


Na "negociación" de Rambouillet, iniciada en 1999, a OTAN quixo impór a ocupación militar de toda Xugoslávia. Así como a privatización das riquezas de Kosovo polas multinacionais. Incluso impediu que sérvios e albaneses falasen.

4. En Racak, en xaneiro de 1999, a policia xugoslava masacrou 40 civís."
FALSO


Eran as vítimas dunha confrontación entre dous exércitos. Esta manipulación foi organizada por un axente americano, Willian Walker, que fora cómplice dos escuadróns da morte en El Salvador e Nicarágua (anos 80). O TPI de La Haya evitou convocar á xefa da equipa internacional de lexisladores. Toda guerra comeza cunha grande méia verdade: imaxes terríveis, mais manipuladas para enganar á opinión pública.

5. "O movimento albanés UCK era unha vítica dos sérvios."
FALSO


O 22 de fevreiro de 1998, o enviado especial dos Estados Unidos nos Balcáns, Robert Gelbarb, declara públicamente: "Sei que algúen é terrorista en canto o vexo. E digo-vos que esta xente do UCK son terroristas".

De feito son numerosos os informes oficiais que estabelecen que o movimento separatista albanés mataba deliberadamente non só a policias e funcionários sérvios, senón tamén a albaneses casados con sérvios ou que se negaban a apoiar ao UCK. Mália isto, tres meses máis tarde, os servizós de asuntos estranxeiros dos Estados Unidos declaran o contrário:

"A opinión dos Estados Unidos é que o UCK non é unha organización terrorista".

A CIA vai formar e armar a estes terroristas. Seguidamente, a OTAN vai tornar-se a sua forza aérea. Por que? Con que interese?



6. "Este é un obxectivo humanitário, é por iso polo que Ocidente interven."
FALSO


No momento de desencadear os bombardeos sobre Xugoslávia, o presidente Clinton confia a funcionários norteamericanos o seu verdadeiro obxectivo:

" Se queremos relacións económicas sólidas, que nos permitan vender en todo o mundo, é necesário que Europa sexa a chave... Esta é razón polo que actuamos deste xeito en Kosovo".

Tes dias máis tarde, o New York Times confirma que se trata dunha guerra de mundialización:

"Para que a globalización avance, América non deve temer agir como a superpoténcia ominipotente que é. A man invisível do mercado non funcionaria nunca sen un puño oculto. McDonalds non poderia prosperar sen McDonnel Douglas, o construtor do avión F-15. E o puño agachado que garante un mundo seguro para as tecnoloxias do Silicon Valley, este puño chama-se exército dos Estados Unidos."

7. "Os Estados Unidos non tiñan nengún interese estratéxico nesta rexión."
FALSO


Grazas aos bombardeos, a OTAN foi quen de liquidar os vestíxios da economia socialista e instalar en Belgrado un governo do FMI, que elevou o prezo do pan de 4 a 30 dinares, cuadruplicou o da electricidade (cobizado por empresas estranxeiras), lanzou a privatización para benefício das multinacionais e preparou 800.000 despidos.

Alén diso, Washington ergueu a xigantesca base militar de Campo Bondsteel, exactamento ao lado da futura TUBERIA
dos Estados Unidos que transportará cara a Europa o petróleo e o gas da antiga Unión Soviética. Un imensa cidade, con 7.000 soldados e pistas para bombareiros alugadas por 99 anos, que permitirá controla o Cáucaso ou ameazar Moscovo.

8. "A OTAN parou un xenocídio cometido polos sérvios."
FALSO


En xuño de 2001, Jamie Shea, voceiro da OTAN, admitiu "que non habia un xenocídio en Kosovo". Quince dias antes da guerra, un relatório oficial da oficina de Asusntos Estranxeiros de Alemaña ainda declaraba: "Non existe persecución étnica contra os albaneses como grupo. Só confrontacións entre dous exércitos."

9. "Atoparon-se fosas comúns que provan o xenocídio."
FALSO


Após moi longas investigacións, 2.108 corpos foron exumados. De todas as nacionalidades. Algúns víticas das bombas da OTAN, outros dos ataques do UCK, e outros por ataques de algunhas forzas sérvias. Son estes tres factores, e non un só, os que provocaron o éxodo masivo dos refuxiados albaneses no início da guerra.

O xenocídio (100.000 civís destrozados) era unha invención da propaganda.

10. "Milosevic organizou os crimes contra a povoación albanesa."
FALSO


As ordes dadas á policia sérvia pasaban por protexer a todos os civís, incluidos albaneses. Após os bombardeos, certos elementos policiais e paramilitares cometeron efectivamente crimes (asasinatos, voos, destruizóns) contra civís albaneses. Mais foron castigados rápidamente e encarcerados, baixo Milosevic, pola Xustiza de Belgrado.

11. "A OTAN efectuou unha guerra limpa."
FALSO


O Xefe de Estado Maio belga, Herteleer, recoñeceu-no: "Fagamos mal á povoación sérvia". Resultado: 2.000 civis mortos, 5.000 feridos, unha xerazón de crianzas traumatizadas, 147 hospitais afectados, fábricas civís, etc... Obxectivo real: pór un povo de xeonllos para abrir as portas á invasión das multinacionais. A OTAN empregou contra civís armas proibidas polos acordos de Xenebra: 1. Bombas de fragmentación. 2. Bombas ao grafito que paralisan a electricidade. 3. Armas de uránio empobrecido provocando cancros e mutacións xenéticas, afectando tamén a soldados norteamericanos. Mais, declarou o congresista ianqui Munson: "Nunca verá a pilotos da OTAN nun tribunal da ONU. A OTAN é o acusador, o fiscal, o xuiz, o xuri e o executor, porque é a OTAN quen paga as facturas do TPI. A OTAN non se somete ao direito internacional. É o direito internacional."



12. " A OTAN instaurou un Kosovo multiétnico."
FALSO


Desde a ocupación, unha auténtica limpeza étnica expulsou 230.000 SÉRVIOS, xudeos, ciganos, musulmáns, turcos e outras minorias. Os 40.000 soldados da OTAN non atoparon nen unha soa das 1.200 persoas secuestradas polo UCK. A máfia reina en Kosovo, eixo neurálxico do movimento de droga, armas e prostitución cara a Europa.

Ver respostas

Etiquetas:

(0) Comentarios
Bush, o humanista
28/08/2006
Ou a diferéncia entre o proceso dos Cinco e o de Posada Carriles

Agencia Cubana de Noticias
Por Néstor Núñez





Que sensibilidade! Que níveis de preocupación! Canto celo xurídico! Todo iso e moito máis poderia dicer-se da forma en que o governo de George Bush maneza o caso do terrorista Luis Posada Carriles, quen se enfronta a un prolongado, trucado e anormal proceso xudicial en El Paso, Texas, polo cárrego de entrada ilegal en território dos Estados Unidos.

Primeira "bondade" da Casa Branca: un asasino confeso só está involucrado nun mero asunto migratário, como se fose un "espalda mojada", ainda que neste caso é tratado a corpo de rei e con todas as consideracións posíveis.

Outra "bondade": Non será extraditado nen a Venezuela nen a Cuba porque, segundo apreciación dos xuices, seria sometido a torturas.

Terceira "bondade": Washington ocupa-se de buscar un terceiro país onde o seu ex axente atope paz e repouso, mais non o encontra. Nen os máis leais sócios do império semellan querer luxar as mans con este asunto.

Cuarta "bondade": Admite-se a posibilidade de conceder-lle ao criminal a cidadania estadounidense, o que equivaldria a poñé-lo en liberdade, posto que sobre el recai tan só o cárrego de chegada ilegal ao país.

Mentres, desperdigados e illados pola xeografia carcelária norteamericana, cinco antiterroristas cubanos padecen as manobras dilatórias da xustiza norteamericana.

René González, Ramón Labañino, Antonio Guerrero, Gerardo Hernández e Fernando González continuan no cárcere despois de oito anos de felonias oficiais, a última: desestimar, a forza de presións, a decisión unánime de tres xuices do Circuito de Apelacións de Atlanta, que chamaron a un novo xuizo porque Miami, a sede do proceso inicial, non ofereceu a máis minima garantia de imparcialidade aos acusados.

Hai xa un ano do veredicto, agora ignorado por 10 dos 12 maxistrados do tribunal de apelacións no seu conxunto, o que impón novos e longos pasos a este proceso contra combatentes pola seguridade do seu povo e a dos próprios cidadáns estadounidenses.

Tanto o trucado proceso a Posada Carriles como a violenta represión contra os Cinco, nada ten a ver coa cacarexada independéncia xudicial nos Estados Unidos.

Todo obedece aos critérios políticos dunha administración que, mentres protexe a criminais confesos, pretende esmagar e vingar-se de persoas honestas, firmes e leais ao seu povo. Así deseñou Bush as suas bondades humanistas.

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Pro-sírios e Anti-sírios: a estratéxia norteamericana para dividir o Líbano
IAR Noticias, 19/08/06.


Saad Hariri e Chirac


Fontes árabes escomezan a traballar con hipóteses e versións dunha plano de división entre sírios e anti-sírios que Washington e Tel Aviv estarian operando entre os círculos de poder libaneses ainda baixo o "schock" derivado da destruizón do país e da sua economia polos bombardeos.

O conflito entre sírios e anti-sírios aprodundou-se após o asasinato de Rafik Hariri, ex primeiro ministro do Líbano e un dos homes máis ricos do páis, por un carro bomba que explotou perto do veículo no que se desprazaba, causando a morto de cando menos nove persoas máis e ferindo a dúcias, en fevreiro de 2005.

O eixo Tel Aviv-Washington culpou imediatamente do asasinato a Hezbolá e aos servizos de intelixéncia sírios, como unha manobra para desatar un enfrontamento entre os "pro-sírios" (que entón controlaban o governo) e os "anti-sírios" que asumiron as teses despregadas por sionistas e norteamericanos.

Hariri era eloxiado por Washington, as institucións financeiras e o presidente francés Jacques Chirac, que comezaban a ver no primeiro ministro libanés un seguro contra a influéncia de Síria e das organizacións armadas que combaten o expansionismo israelí na rexión.

Para os sírios, e para a intelixéncia árabe en xeral, o asasinato de Hariri oi executado pola CIA e o Mossad con propósito de derrocar ao governo "pro-sírio" e expulsar ás tropas sírias do Líbano, tal como aconteceu máis adiante.

Durante a invasión militar e o xenocídio israelí os sectores "anti-sírios" que controlan o governo mantiveron unha atitude "cautelosa" con Hezbolá por mor do rol militar e a grande influéncia social que detenta a organización guerrilleira, convertida no emblema da resisténcia ás tropas xudias invasoras.

Porén, os sectores "anti-síros" (básicamente o "establishment" político-económico que mantén, do mesmo xeito que con Rafic Hariri, fluidas relacións financeiras con Washington) pregaron-se ás teses xudeo-norteamericanas que responsabilizan a Hezbolá da destruizón do Líbano.

O xoves 17, segundo fontes árabes, comezou unha nova campaña contra Síria no parlamento libanés lanzada polo fillo de Rafik Hariri, Saad Hariri, xefe da maioria parlamentar libanesa, quen acusou a Síria de fomentar a agresión isarelí e a contenda interna no Líbano.

Durante un discurso dirixido aos seus seguidores, Hariri acusou ao presidente sírio, Bachar al Assad, de tentar fomentar as liortas no seu país viciño, onde mantivo unha ocupación durante 29 anos.

A manobra, din as fontes árabes, é un "tipo por elevación contra Hezbolá", aliado incondicional de Síria e do seu exército, que ademáis mantén unha notável influéncia sobre o case desarmado exército libanés. Fracasada a invasión militar para destruir a Hezbolá e contralar o Líbano, Washington e Tel Aviv xogan á división interna para illar a Hezbolá e precipitar unha guerra interna.

O fillo de Hariri é o emblema da aristocrácia financeira libanesa que estivo detrás do negócio da "reconstrucción" do Líbano executada polo seu pai en alianza con capitais xudeo-americanos.

Segundo parece, é esa mesma alianza a que está tratando de recriar para a nova "reconstrucción" do Líbano destruido polos bombardeos israelies, un negócio de máis de 10.000 millóns de dólares.

O outro ponto que se situa como motor da campaña contra Síria e Hezbolá, pasaria polo outorgamento, por parte da banca de Nova York, de importantes fondos para reequipar con armamento moderno e sofisticado ao exército libanés.

O obxectivo non seria outro que o de reforzar o poder militar do exército libanés (con xefes e oficiais cooptados por Washington) para controlar a fronteira sul do Líbano e neutralizar o poder de Hezbolá, obxectivo que as forzas de Israel non puderon acadar cos seus tanques e mísiles.

Dólares e abundantes "comisións en negro" seria a nova estratéxia do eixo Washington-Tel Aviv para corromper aos políticos e militares "anti-sírios" e precipitá-lops a unha guerra interna contra Hezbolá e o seu estado protector, Síria.

Neste contexto, sinalas as fontes árabes, hai que ler as acusacións do fillo de Hariri contra Síria.

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Entrevista con Hassan Hajj Hussein, deputado de Hezbola
27/08/2006


Eu son deputado libanés e non un instrumento de Irán.

Publicado en Página/12
Por Eduardo Febbro

No méio do po que levantan as máquinas a traballar nos edifícios derrubados da rua Ragheb Harb, en Haret Hrik, o subúrbio chiita de Beirut, o deputado Hassan Hajj Hussein resposta ao teléfone, posa para unha fotografia, fala coa xente e non deixa de mover-se. Este político libanés, nado en baalbe, é un dos máis coñecidos deputados eleitos baixo as bandeiras de Hezbolá. Ten un estilo contundente, sen viravoltas nen frases evasivas. As suas declaracións son como puños directos á face do adversário.

Nesta entrevista con Página/12 Hassan Hajj Hussein reposta aos principais interrogantes que a comunidade internacional se fai sobre o movimento chiita libanés: o que el chama as agresións israelies, a pasividade do mundo durante a guerra, as reclamacións de Hezbolá, o seu hipotético desarme, a reconstrucción do Líbano e o atentado de 1992 contra a embaixada israelí de Buenos Aires.

- Os analistas ocidentais temen que Hezbolá leve a guerra con Israel fora das fronteiras do Líbano. Ese temor basea-se, fundamentalmente, no atentado contra a embaixada de Israel en Buenos Aires, en 1992, reivindicado por unha rama de Hezbolá.

- Hezbolá nunca cometeu nen reivindicou nengún atentado fora do país, incluido o de Buenos Aires. O primeiro atentado contra a embaixada, o segundo, o terceiro, o cuarto ou o quinto, todos os atentados que vosté desexe, Hezbolá nada tivo a ver con iso. Nós non temos nengunha responsabilidade en nengún atentado que se cometa fora do território libanés ocupado. Nunca o reivindicamos. O noso obxectivo consiste en liberar o noso território ocupado, liberar aos nosos prisioneiros e protexer a nosa soberania. Nunca apoiamos ou estivemos implicados en operacións dese tipo, endexamáis apoiamos ideolóxicamente o materialmente ese tipo de operacións.

- Hezbolá estaria de acordo con participar nun diálogo de paz mália todo o acontecido?

- O líbano ficou destruido. Os danos foron padecidos por todas as comunidades, chiitas ou sunitas. As rotas, as fábricas. as pontes, o aeroporto, os portos, os cuarteis do exército, iso non foi unha guerra contra unha comunidade senón unha guerra contra o Líbano e a sua estabilidade. Toda a história de Israel é unha história de terrorismo e agresións. Mais ocidente non quer aceitar a realidade. Israel é un país que foi criado noutro lugar. Esa é a orixe de todos os males desta rexión. O éxodo do 48, a matanza dos palestinos, as matanzas cometidas por Beguin, despois a guerra do 56, a do 67, a ocupación de territórios e de Xerusalén, as ocupacións do Líbano, as matanzas de Chabra e Chatila cometidas por Ariel Sharon, despois Primeiro Ministro. Mália todos os procesos de paz, nunca houbo resultados. Continuamos ameazados por Israel mais nós queremos construir o noso país, queremos a paz e a prosperidade. Pergunto-me: onde está o proceso de paz? E a conferéncia de Madrid? E as mentiras de George Bush? Non hai paz.

- Un dos principais ataques que se lle fai a Hezbolá é estar teledirixido por Irán.

- Lanzo-lle o desafio de que aporte a máis mínima prova de que somos un instrumento de irán. Non hai iranies que combatan nas nosas filas, non hai iranies mortos en combate. Es son deputado libanés e non un instrumento de Irán.

- E as armas?

- As nosas armas non son iranies- As nosas armas son norteamericanas, vendeu-no-las George Bush.

- Mais o foguetes que Hezbolá dispara contra Israel son iranies.

- Si, mais tamén temos foguetes norteamericanos. As armas venden-se e mercan-se no mercado internacional. Se vosté precisa armas vendo-lle as que queira. Acusa-se-nos de ter armas, mais Israel tamén as ten. Quen esnaquizou todos os edifícios que vosté ve? Sabe quen? Os mísiles norteamericanos, por avión e por barco. Os civís padeceron a choiva de bombas.

- A crise da rexión medrou ainda máis coa oposición de Síria a que se despreguen soldados da ONU no sector leste da fronteira sírio-libanesa e a ameaza de criar esa fronteira co Líbano. Para Hezbolá, que ten en Síria un grade aliado, esa é unha pésima perspectiva.

- Antes de que comece a discutir calquer opción, a comunidade internacional deve levantar o embargo sobre o Líbano. Esa é a prioridade e non pregar-se ás condicións israelies.

- Precisamente, unha das esixéncias máis reiteradas por parte de Israel o o resto da comunidade internacional é o desarme de Hezbolá.

- Isa é unha cuestión de política interna libanesa. Antes de resolver a cuestión do desarme de Hezbolá hai que solucionar as causas desa cuestión. As granxas de Shebaa, a soberania libanesa, as agresión ao Líbano, as ameazas israelies. Non é moi normal que que queiran tratar os resultados antes de tratar as causas. Non é posível que exista un acordo de paz con Israel. Israel deve abandonar as granxas de Shebaa que ocupou, liberar aos nosos prisioneiros, deixar de agredir-nos. Tamén é esencial o retorno dos palestinos ás suas terras.



- Estamos no bairro de Haret Hrik, un dos máis destruidos polas polas bombas. Visívelmente, Hezbolá asume a axuda aos danificados. Como se vai organizar esa axuda nas vindeiras semanas?

- Realizamos un censo para saber cantos departamentos e edifícios están destruidos. Lamentávelmente imor ter que viver nestas condicións que vosté ve durante bastante tempo. Nos subúrbios do sul de Beirut hai 500 edifícios destruidos, edifícios cunha méia de entre oito e dez pisos. Tamén tomamos rápidas medidas para axudar á povoación a que teña un domicílio durante un ano até que reconstruamos edifícios e casas. Isa é a nosa responsabilidade. Segundo a situación de cada persoa, nós pagamos 10 mil dólares para que a xente teña un teito e poida mercar algúns móveis.

- Tratase de cantidades de diñeiro consideráveis: 10, 12 mil dólares por família é importante. De onde provén ese diñeiro?

- Non, non é suficiente para axudar ás nosas famílias. Por iso é preciso que os franceses, arxentinos, belgas, etc., nos envien diñeiro para financiar a reconstrución. Nós somo os agredidos e o resto dos países, agás algunha excepción, non detiveron a agresión. O menos que poden facer e axudar con diñeiro para financiar a reconstrución. Mais eu non digo que dean o diñeiro a Hezbolá, non, que o envien ao governo libanés. Nós somos musulmáns e pagamos a zacat, que é unha contribución que todo o mundo paga voluntáriamente. Daí provén o diñeiro.

- A forza internacional da ONU comeza a despregar-se no Líbano, cun cámbio fundamental. Franza, que anunciara o envio de 200 homes, incremetou a cifra a case dou mil, facendo que a contribución militar da Unión Europea se eleve a 7000 soldados.

- Nós non temos nengunha restrizón, ainda que coidamos que o problema que quen Franza é que, desde hai moito tempo, carece dunha política independente. Sucumbe á presión norteamericana. No mundo non hai máis países independentes. A meirande parte deles sucumben. Con Arxentina acontoce outro tanto. Eses países que sucumben fan o que Estados Unidos quer e iso levou á destruizón de Médio Oriente.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Entrevista ao Secretário Xeral de Pátria Libre de Paraguai
26/08/2006
O modelo do rexime de Stroessner continua vixente: represión e guerra!



Entrevista a Juan Francisco Arrom, Secretário Xeral do Partido Pátria Libre (PPL) do Paraguai. Actualmente refuxiado político polo ACNUR en Brasil.

Por Dick Emmanuelson, ANNCOL

1. Cal é a reacción tua e do Partido Pátria Libre (1) ante a nova de que o ditador Alfredo Stroessner morrera no seu exílio no Brasil?

Este criminal fascista quedou na máis absoluta impunidade polos Delictos de Lesa Humanidade e Lesa Pátria cometidos contra o povo paraguaio e contra os povos latinoamericanos, pois é coñecida a total colaboración de Stroessner coa CIA na represión ao movimento revolucionário no continente e inclusive a participación no asasinato de Orlando Lettelier, político da Unidade Popular do governo socialista de Salvador Allende en Chile.

A impunidade na que quedou non só a figura principal da ditadura pro-imperialista senón todo o entorno oligárquico e o aparello represivo do rexime, obedece a que o modelo político, económico e social imposto nos 35 anos do rexime de Stroessner continua vixente.

Cúmpre ter en conta, e algo non coñecido nen difundido con amplitude pola imprensa incluso en Paraguai, que este ditador criminal continuo sendo Presidente Honorário do partido do governo, o Colorado, e que nunca deixou de ostentar o seu grau de Xeneral do Exército paraguaio polo que incluso continuou cobrando pontoalmente o seu salário até a data da sua morte.

O Poder Xudicial de Paraguai e o Ministério Público, que deverian representar os intereses da sociedade, nunca accionaron polos Delictos de Lesa Humanidade cometidos por Strossner e o seu entorno, entre eles centenares de desaparecidos, asasinados, torturados, presos e exilados; tampouco fixeron nada pola recuperación da riqueza roubada ao povo polo gavela oligárquica de Stroessner, quen até hoxe ostentan sen pudor propriedades xurdidas do roubo e apropriación fraudulenta, como por exemplo as máis de 11 millóns de hectáreas de terra que os funcionários da ditadura se adxudicaron durante o mandato de Stroessner.

Só dese xeito podemos explicar que na Cámara de Deputados de Paraguai, o pleno dos deputados colorados, rendera unha homenaxe a Stroessner como un dos líderes históricos; igual homenaxe renderon os colorados na Cámara de Senadores.

Como contrapartida, o Poder Xudicial e Ministério Público adicaron o seu tempo a perseguir aos loitadores sociais e políticos do movimento popular criminalizando as suas loitas. É sabido e está totalmente documentado que o Estado paraguaio aplica políticas terroristas contra o movimento social e de esquerda organizado, por meio de escuadróns da morte compostos por policías, militares e civís, todos da mesma escola do rexime fascista de Stroessner, e que son responsáveis de máis de douscentos asasinatos políticos desde 1989, a meirande parte líderes e activistas campesiños.

Existen decenas de casos de desaparecidos, como o actual do xornalista Enrique Galeano, que todo indica que foi secuestrado por bandas de narcotraficantes vinculadas ao governo de Duarte Frutos através do deputado colorado Magdaleno Silva. O xornalista Galeano continua desaparecido desde hai seis meses e, porén, nen o governo, nen o poder xudicial, nen o ministério público realizan nengún tipo de investigación destes graves feitos.

Nos mesmos, vários líderes do Partido Pátria Libre (PPL) de Paraguai, somos vítimas destas políticas de criminalización da loita social do país, en canto fomos secuestrados e selvaxemente torturados en xaneiro do 2002 (2), liberados pola presión popular, dos nosos familiares, da militáncia de esquerda e da imprensa, e obrigados a solicitar Refúxio Político no Brasil onde estamos baixo protección do Alto Comisionado das Nacións Unidas para Refuxiados (ACNUR). Nos fomos acusados polo governo paraguaio e a fiscalia de organizar o seu derrocamento armado e realizar secuestros en alianza coas FARC-EP.

Entón a desaparición física deste criminal internacional amostra, máis unha vez, que málias a conquista de espazos políticos coa queda do rexime nétamente militar en 1989, continua vixente un modelo poítico oligárquico semellante a unha corporación fascista de partido único hexemónico en estreita unidade coas Forzas Armadas e Policiais, que teñen ao Poder Xudicial e Ministério Público como vulgares servos das oligarquias e burguesias empresariais consolidadas baixo a tirania militar.

En Paraguai non existe Estado de Direito, situación que se prolonga desde a ditadura civil de 1940 instaurada polos colorados, mália a existéncia de certo marco de liberdades políticas que permitiron procesos eleitorais máis abertos.

2. Que representaga o ditador e a que servizo se prestaba?

Stroessner foi un dos elos estratéxicos do imperialismo norteamericano nas operacións de Terrorismo de Estado contra o movimento patriótico e revolucionário en América do Sul. Foi un dos aliados máis firmes do governo norteamericano no desenvolvimento das políticas de Seguridade Nacional e cumpriu perfeitamente coa total desarticulación do movimento obreiro, estudantil, campesiño e revolucionário en sucesivas e violentas represións nas décadas do 50, 60 e 70. Con especial énfase adicou-se a aniquilar aos cadros do Partido Comunista Paraguaio (PCP) que tiña unha forte presenza nacional na loita política e na dirección do movimento obreiro, intelectual e social do país. Xa a meados dos anos 70 o rexime arremeteu de novo contra o movimento campesiño insipirado na Teoria da Liberación, as Ligas Agrárias Cristiás, a Xuventude Agrária Cristiá e o incipiente movimento de resisténcia armada (Organización Político Militar) que unia o movimento estudantil co movimento campesiño.

A ditadura de Stroessenr consolidou un modelo económico agro-explotador e a exemonia do capital financeiro internacional, implementou certas obras de infraestrutura endevedando ao país co FMI o que alimentou a corrupción do rexime. Asemade, entregou a Soberania Nacional de Paraguai nos negócios conxuntos realizados coas ditaduras militares do Brasil e da Arxentina, os encoros hidroeléctricos Itaipú e Yacyertá; os acordos destas represas hidroeléctricas representan fortes cadeas económicas ao desenvolvimento do país xa que lle foron impostas a Paraguai cláusulas que non lle permiten negociar o seu potencial enerxético no mercado internacional, prezos subvalorados da enerxia en relación ao mercado rexional, unha administración non paritária e pesadas cárregas de intereses das dévedas desas empresas binacionais co Tesouro brasileiro e arxentino; todo isto en benefício dos centros de desenvolvimento industrial capitalistas no Brasil e na Arxentina.

O golpe de estado polo que foi derrocado Stroessner, en 1989, foi promovido polo governo dos Estados Unidos, para deter e reducir a loita popular e de masas que se estaba a desenvolver no país na década dos 80, que nun prazo meio poderia ter desembocado nun levantamento popular. A experiéncia da Revolución Sandinista en Nicarágua e a radicalización dos movimentos de loita democráticos populares e a própria insurxéncia armada revolucionária contra os reximes militares en América Latina forzaron certas aperturas políticas. Mais a apertura de estes espazos democráticos tiñan como eixos estratéxicos a aplicación das políticas neoliberais e o plano represivo, en substitución da violéncia xeralizada contra a resisténcia civil democrática expresada na Doutrina da Seguridade Nacional, as doutrinas das "guerras de baixa intensidade" contra o movimento popular organizado.

3. Que significado tivo para Paraguai e cal foi a sua herdanza política?

Para o noso país, a ditadura de Stroessner foi un dos procesos contra-revolucionários máis profundos e duradeiros da nosa história como República. Só é comparável co proceso contra-revolucionário de aniquilamento da Revolución Nacional e Popular do Paraguai independente, levada a cabo no século XIX, de 1865 a 1870, coa Guerra da Triple Alianza contra o Paraguai promovida polo nacente imperialismo inglés e executada polas oligarquias brasileiras, arxentinas e uruguaias.

O perido contra-revolucionário da ditadura de Stroessner esnaquizou a acumulación de forzas do movimento obreiro e revolucionário do Paraguai. No Partido Comunista de Paraguai destacaba o mellor da avangarda intelectual, revolucionária e social do país, que viña dirixindo por décadas un movimento obreiro clasista e un combativo movimento estudantil. Foron desarticuladas, reprimidas e exterminadas várias xerazóns de loitadores sociais e políticos de esquerda e de movimentos democráticos e patrióticos do país.

O país viveu 35 anos de escuridade política e intelectual, onde o simples feito de posuir litaratura socialista era motivo para ser condenado até a 10 anos de cárcere en virtude das Leis de Seguridade Nacional. A ditadura abortou todo xurdimento posível de movimento revolucionário e democrático, de pensamento intelectual crítico.

O primeiro legado nefasto, de carácter contra-revolucionário, da ditadura de Stroessner para o país é a ruptura dun longo proceso de acumulación de forzas do movimento popular e revolucionário que encetou desde as primeiras décadas do século XX e que de ter continuidade poderia ter desembocado na constitución dun novo Estado Popular e a reconquista da Liberación Nacional arrebatada al país na guerra de re-colonización imprialista de 1865-1870. Apartir de 1989 comeza un duro proceso de reorganización do aniquilado movimento revolucionário, no marco de amplas protestas sociais que até hoxe se extenden e multiplican como produto da outra herdanza que deixou o rexime pro-imperialista de Stroessner: a alta concentración da terra nas mans duns poucos latifundistas rurais e urbanos, a falla de traballo, de saúde, de educación, de vivenda e a probreza e miséria extrema que afectan ao 50 % da povoación do país.

4. Como analisas a actual situación do governdo de Nicanor Duarte, supostamente inimigo do modelo neoliberal e amigo de Chávez?

O governo de Duarte Frutos tan só é a continuidade do governo das oligarquias consolidadas baixo o rexime da ditadura militar de Stroessner, aplica políticas neoliberais e plenamente identificado coa política de "democrácia sen terrorismo" do imperialismo USA, a nova fórmula ideolóxica de combate ao movimento popular e revolucionário que modificou a vella doutrina de seguridade nacional da guerra fria. Xa que logo, Duarte Frutos nada ten en común coa política bolivariana do governo de Hugo Chávez en Venezuela.

O seu governo non fixo nada nen fará nengún tipo de reforma agrária ou reforma social pois iria directamente contra os seus próprios intereses, xa que eles son beneficiários directos da concentración fraudulenta da riqueza -terras e outros- desde hai 68 anos que o partido colorado está no poder político.

No campo o 1,1% dos proprietários latifundistas controlan o 77% das terras. E o 82,7% dos pequenos produtores controlan tan só o 6,2% do total de terras explotadas. O minifúndio aprofunda a pobreza, a miséria e o desemprego da forza de traballo do campo. Existen unhas 300 mil famílias de campesiños sen terra e sen fontes de traballo.

O problema da falla de vivenda coa forte migración do campo á cidade hoxe é crítico, e foi motivo de importantes loitas nas principais zonas urbanas do país como Asunción e Ciudad del Este. A forza de traballo desempregada chega ao 45%, 30% de sub-emprego e 15% de desemprego aberto, en tanto que o 49% da povoación está en situación de pobreza e extrema pobreza.

Esta situación non variou co governo de Duarte Frutos, ao contrário, medrou a miséria e a pobreza, o rexime continua suxeito ao modelo agro-explotador e ao capital financeiro, atade de pes e mans ao FMI, está realizando un proceso gradual de privatizacións, manten-se nun modelo de integración meramente comercial como o Mercosul que xa levou á ruina a sectores da pequena e meiana producción agrícola e industrial, a indústria está estancada por décadas nunha marxe do 17% do Produto Interior Bruto e non ten nengunha alternativa que ofertar en termos de modelo económico para o desenvolvimento con xustiza social.

O governo de Duarte Frutos antes que achegar-se a modelos de integración políticos na inspiración dos nosos grandes patriotas latinoamericanos, como José Gaspar de Fráncia e Bolívar, no proxecto que levan a cabo Venezuela, Bolívia e Cuba, a Alternativa Bolivariana para a América e o Cariba (ALBA), ven dando un xiro á direita fascista coa sua aproximación ao governo de Bush e ao de Álvaro Uribe.

Cúmpre comprender que o governo desta oligarquia fascista que hexemoniza o poder en Paraguai desde o ano 1940, viu contestada a sua hexemonia nos últimos 17 anos de apertura política, tanto polo movimento popular como pola oposición política conservadora liberal e empresarial.

O Partido Colorado, de ter gañado as eleizóns xerais, posteriores ao golpe militar de 1989, con máis do 70% dos votos, no anos 2003, con Duarte Frutos, tan só tivo o 35% e sendo unha minoria -polo código eleitoral vixente que non permite unha segunda volta eleitoral- fixo-se de novo co poder político.

Por outra banda, o movimento popular acadou níveis moi importantes de organización, o que levou a poder constituir no ano 2002 o Congreso Democrático do Povo (3) -unidade de organizacións populares e revolucionárias- e que lle impuxéramos ao governo -através de mobilizacións en todo o país- unha derrota na tentativa privatizadora e na sanción da Lei Antiterrorista que a embaixada norteamericana entregou á Cámara de Deputados. A preocupación estratéxica da oligarquia é por unha eventual consolidación dunha dirección revolucionária no movimentos de masas, situación que pode levar á conformación dun governo popular e patriótico de liberación nacional.

Por isto o governo de Nicanor Duarte Frutos, na sua liña de criminalizar a loita social e popular no país, e como osíxeno para tentar perpetuar á oligarquia do Partido Colorado no poder, e como tampouco é raro polo raiz ideolóxica do ideário fascista de Natalício González -un dos principais ideólogos do Partido Colorado da década dos 40- fixo un forte achegamento en cooperación militar co governo de Uribe Vélez de Colómbia e de Bush co pretexto de estar sendo ameazado polo xurdimento de movimentos guerrilleiros que teñen apoio das FARC-EP de Colómbia.

O próprio Nicanor Duarte Frutos, a raiz do accionar de grupos irregulares aparentemente ligados ao narcotráfico, quixo atribuir eses feitos á nosa organización política, e declarou que non pararia até "aniquilar os últimos resíduos do Partido Pátria Libre" (4). Nós, os líderes de Pátria Libre no exílio, continuamos a ser atacados de forma permanente polo rexime paraguaio que se sinte incomodado por un posível retorno noso ao país.

5. O governo de Nicarnor Duarte consentiu a Estados Unidos construir unha base militar perto da fronteira con Bolívia. Como ve o povo paraguaio este feito?

Existe de feito unha colaboración encuberta do rexime ditatorial de Stroessner coas forzas armadas dos Estados Unidos. Na cidade de Mariscal Estigarribia existen aeroportos militares onde poden ser desprazados avións de combate de grande porte, para transportes de tropas e armamento para eventuais intervencións militares dos Estados Unidos en América do Sul. Isto xa foi unha hipótese ben concreta manexada durante o golpe militar de 1973 contra o governo da Unidade Popular de Chile, sobre a posibilidade dunha intervención directa dos Estados Unidos en apoio aos golpistas utilizando como base de operacións o território paraguaio.

A decisión do governo e do parlamento paraguaio, no 2005, de permitir o ingreso de tropas militares ianquis con cláusulas de imunidade, representa un paso máis na aberta violación da Soberania Nacional dopaís e nos planos de intervención militar estratéxicos dos Estados Unidos en América do Sul, tendo en conta os avanzos das loitas populares na rexión, a instalación de governos de esquerda e progresistas, a radicalización das loitas sociais contra o neoliberalismo, ademáis dos intereses naturais estratéxicos da rexión como o petróleo, gas, auga e a floresta amazónica.

6. Recentemente foron acusados dirixentes do Partido Pátria Libre de secuestrar e asasinar á filla do ex presidente Cubas e de estar ao servizo da guerrilla colombiana das FARC. Podes-nos comentar este caso?

É unha história que se repite sen outro fundamento que o de criminalizar aos loitadores sociais do país e inflixir unha derrota ao movimento popular e a esquerda de Paraguai.

Xa en 2002 fomos acusados polo governo de promover a rebelión armada e secuestros coas FARC-EP (5). Fomos secuestrados e torturados, mantidos en prisións clandestinas do rexime, até que fomos liberados polos nosos familiares, a imprensa e a militáncia popular. O governo entrou en crise, tiveron que destituir a ministros, á comandáncia da policia e disolver o servizo de intelixéncia militar, todos involucrados nestes delictos de lesa humanidade e terrorismo de Estado polos que tivo que intervir Comisión Interamericana de Direitos Humanos-OEA.



Anúncio Martí e Juan Arrom a sua chegada ao hospital despois de ser liberados polos seus familiares


Acusaron-nos de ter relacións coas FARC-EP de Colómbia, cando nós nunca negamos a nosa relación co movimento revolucionário latinoamericano. Non só iso, senón que nos visitou en Paraguai Javier Calderón, representante das FARC-EP, e participamos con el, xunto a outros compañeiros de organizacións de esquerda como o Partido Comunista Paraguaio, en reunións oficiais no parlamento, con movimentos sociais e coa imprensa, explicando e apoiando o proceso de Diálogos pola Paz co por aquel entón governo de Pastrana en Colómbia.

En tanto que todos os responsáveis do secuestro e torturas que padecimos ficaron na máis absoluta impunidade, vários dirixentes de Pátria Libre abandoamos o país e obtivemos Refúxio Político en Brasil baixo protección do ACNUR.

No Brasil, no mes de agosto de 2004, fun operado polas secuelas das torturas. Mentres me recuperaba no hospital, durante todo o mes de agosto, sendo dado de alta en setembro de 2004, os organismos de intelixéncia do governo paraguaio informaron ao governo do Brasil de que eu estaba reunido en Foz de Iguazú con parlamentários do Partido dos Traballadores do Brasil e o Comandante Ricardo González das FARC-EP planificando o secuestro de Cecília Cubas e o desenvolvimento do movimento guerrilleiro en Paraguai. Con esas e outras falsificacións, o Governo e o Ministério Público de Paraguai comezaron unha campaña para tentar a nosa extradición e proibir legalmente ao Partido Pátria Libre. En ambos os dous obxectivos fracasaron rotundamente.

En xaneiro de 2005, coa detención de dous ex afiliados expulsados do PPL e outras persoas sen vinculación ao partido, o governo desatou unha forte campaña mediática por meio da imprensa tratando de inculpar ao PPL nese feito criminal; porén, diferentes sectores da sociedade e informacións concretas apontan como responsáveis a axentes policiais vinculados ao governo e, específicamente, Monseñor Melánio Medina acusou ao ex fiscal xeral do Estado, Óscar Latorre, como xefe dunha operación de extorsión económica ao ex presidente Cubas (6).

Desde hai vários anos, e ante o avanzo da loita revolucionária en Colómbia, e das FARC-EP en particular, vários governos e forzas direitistas no continente buscan fundamentar a persecución ao movimento popular polas suas vinculacións co movimento guerrilleiro colombiano. É tan só un pretexto que troca o vello "anticomunismo" da guerra fria, polo actual "instrumentos das FARC". A intensa propaganda direitista contra as FARC-EP é unha das estratéxias para xustificar a represión contra o movimento popular en América Latina e o Caribe.

7. Cal é a situación e cais son as tarefas principais do teu partido na coxuntura política paraguaia?

A nosa organización xurdiu no proceso de reorganización política do movimento popular após o derrocamento da ditadura en 1989. Mália os incipientes procesos de acumulación de forzas que se deron desde ese periodo, consideramos que avanzamos na dirección positiva para que a meio ou longo prazo se opere un novo despegue de masas do movimento revolucionário, para reverter a contra-revolución história e a derrota do movimento popular no periodo ditatorial, e avanzar de forma decisiva cara a constitución dun Estado Popular e a construcción socialista.

No que respeita ás nosas tarefas nacionais, o último Congreso do partido definiu como eixos principais continuar coa construcción e acumulación de forzas que vimos desenvolvendo desde a nosa fundación en 1990, consolidando a militáncia e os cadros no movimento de masas, enfrontando a política neoliberal e corrupta da oligarquia e, ao mesmo tempo, desenvolvendo o noso proxecto dunha transformación radical da sociedade paraguaia cunha Revolución Patriótica e Popular. No campo internacional estamos mantendo unha loita para que o Estado paraguaio sexa procesado e condenado por Delictos de Lesa Humanidade na Comisión Interamericana de Direitos Humanos da OEA, e polo retorno ao país dos compañeiros que estamos hoxe como Refuxiados Políticos polo ACNUR no Brasil.

No plano internacional consideramos de importáncia estratéxia fortalecer a loita e solidariedade internacionalista coa Revolución Cubana, co proceso da Revolución Bolivariana en Venezuela, a loita pola Paz e a Xustiza Social para o irmán povo de Colómbia, e a consolidación dun modelo alternativo de integración política solidária e soberana que hoxe se visualiza no ALBA.

Notas:
1. O PPL de Paraguai foi inscrito no 2002 no Tribunal Superior de Xustiza Eleitoral con máis de 13 mil afiliados. Foi fundado no ano 1990 como Movimento Pátria Libre (MPL). Promoveu a candidatura de Juan Arrom á Intendéncia de Asunción -capital- en 1991. A candidatura presidencial de Joel Atilio Cazal en 1993. En abril de 2003 participou con 600 candidatos nas eleizóns nacionais. Define-se como unha organización marxista-leninista, patriótica revolucionária e foi perseguida implacávelmente polo Estado paraguaio polo seu accionar decidido na construcción dunha proposta de Revolución Patriótica para o Paraguai, ademáis de impulsar unha forte campaña de solidariedade coa loita do povo colombiano e as FARC-EP durante o proceso de Diálogos pola Paz que mantivo a guerrilla colombiana co governo de Andrés Pastrana. Destacou-se polas suas campañas de solidariedade militante coa Revolución Cubana nos anos 90 e nos últimos anos polo seu firme apoio ao governo Bolivariano de Hugo Chávez en Venezuela.

2. O 17 de xaneiro de 2002, Juan Arrom e Anúncio Martí, líderes do entón Movimento Pátria Libre foron secuestrados e torturados durante 14 dias polas forzas policiais, militares (Servizos de Intelixéncia Nacional), do Centro de Investigación Xudicial do Ministério Público a cárrego do fiscal xeral Óscar Latorre Cañete e co pleno coñecimento dos Ministros (despois dimitidos) de Xustiza e Traballo, Sílvio Ferreira, e do Interior, Julio Fanego. Pretenderon que os líderes de Pátria Libres se declarasen culpáveis de feitos de rebelión armada e secuestros, en suposta complicidade coas FARC de Colómbia. Tamén foron secuestrados e torturados durante várias horas outros membros de Pátria Libre, Víctor Colmán, Ana Samúdio e Jorge Samúdio. Mobilizacións cidadáns, de direitos humanos e de familiares de Arrom e Martí conseguiron resgatá-los con vida dunha prisión clandestina. Viciños informaron do local onde os mantiñan secuestrados, e alí foron duas irmás de Arrom xunto a xornalistas do Canal de Televisión Telefuturo e de Rádio Ñandutí. Os policias e militares secuestradores fuxiron do lugar. Arrom e Martí foron internados polas graves consecuéncias das torturas. O fiscal xeral do Estado, Oscar Latorre, e o Presidente Luis González Macchi, foron obxecto de Xuizo Político no Parlamento por Terrorismo de Estado, mais ficaron na impunidade. A OEA pedeu medidas cautelares a prol dos dirixentes políticos de Pátria Libre. En decembro de 2003 Arrom, Martí e Colman foron benefiaciados co estatus de Refuxiados Políticos no Brasil, baixo protección do ACNUR.

3. Integrada por: Mesa Coordinadora Nacional de Organizaciones Campesinas (MCNOC), Unión de Trabajadores del Alto Paraná (UTAP), Convergencia Popular Socialista (CPS), Movimiento Patria Libre (MPL), Unidad Progresista (UP), Partido Comunista Paraguayo (PCP), Partido de los Trabajadores (PT), Sindicato de Trabajadores de la Ande (SITRANDE), Casa de la Juventud, RadioRebelde, Sindicato de Trabajadores Sociales (STS), Partido Socialista Paraguayo (PSP), Partido Humanista (PH), Movimiento de Objeción de Conciencia de Luque (MOC), Coordinadora Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas (CONAMURI), Coordinadora de Productores Agrícolas San Pedro Norte (CPA-SPN), Federación Nacional Campesina (FNC), Partido Revolucionario Febrerista (PRF), Partido de la Unidad Popular (PUP), Movimiento Popular Revolucionario Paraguay Pyahúrá (MPRPP), Cambio para la Liberación (CPL), Organización de Trabajadores de la Educación del Paraguay (OTEP), Central Nacional de Trabajadores (CNT), Coordinación Nacional de Organizaciones Populares-Movimiento Sin Techo (CONOP-MST), Federación Nacional de Trabajadores del IPS (FENTRA-IPS), Coordinadora de Movimientos y Organizaciones Sociales de Cordillera (CSC), Coordinadora Obrero Campesina (COC).

4. Declaracións do Presidente de Paraguai, Nicanor Duarte Frutos, á imprensa de Paraguai en fevreiro de 2006.

5. En agosto de 2004 Juan Arrom foi sometido a unha operación cirúrxica no Hospital Sarah Kubistchek de Brasília. Ao mesmo tempo o governo de Paraguai informou ao governo brasileiro que Arrom se atopaba na cidade de foz de Iguazú, reunido con parlamentários do PT de Brasil e o Comandante Ricardo González (FARC-EP).

6. Raúl Cubas Grau (Oviedista), ex-presidente da República, asumiu o cárrego en agosto de 1998 e foi destituido en marzo de 1999 despois do suposto asasinato do seu vice-presidente Luis Maria Argaña que pertencia a outra fracción do partido do governo (Argañista).


Ligazón relacionada: O caso Arrom e Martí, Terrorismo de Estado en Paraguai


Ler máis

Etiquetas:

(1) Comentarios
Avante entrevista ao Partido Comunista de Grécia
25/08/2006


O Partido Comunista Portugués e o Partido Comunista de Grécia representan duas das poucas excepcións que se deron nos partidos comunistas "oficiais", especialmente en Europa. Nengún deles renunciou ao marxismo-leninismo e non cairon na trampa do chamado eurocomunismo. Os dous rexeitan ao reformista Partido da Esquerda Europea.

A publicación Avante, do Partido Comunista Portugués, publica no seu último número unha entrevista á Secretária Xeral do Partido Comunista de Grécia (KKE), Aleka Papariga. Na entrevista tratan-se interesantes temas como o do Líbano ou Chipre, así como cuestións de táctica política dos comunistas.

De visita a Portugal a convite do PCP, Aleka Papariga, secretária-geral do PC da Grécia (KKE, na sigla original), conversou com o Avante! e explicou algumas das razões que levam ambos os partidos a convergir na leitura e acção dos mais candentes problemas internacionais. A construção da alternativa revolucionária e o mais recente conflito no Médio Oriente foram temas abordados por Papariga, para quem, a guerra e a política de direita fazem parte de uma mesma estratégia do imperialismo com vista à subjugação dos povos aos seus interesses.



- Quais são neste momento as lutas mais candentes dos comunistas na Grécia?

Aleka Papariga - O que procuramos fazer é combinar as tarefas de acumulação de forças no sentido de promover uma alternativa de poder popular com as lutas concretas em torno de problemas sociais mais imediatos.Apesar da resistência, a classe burguesa no nosso país e em geral na UE tem mantido toda uma política antipopular, uma estratégia de recuperação capitalista que afecta cada esfera, cada aspecto da vida dos trabalhadores e do povo grego. A privatização da saúde e da educação; a tentativa de minar a segurança social e o aumento da idade de reforma, por exemplo, são elementos substanciais de uma estratégia de longo prazo na agenda do capital.Sem querer dizer que as lutas «defensivas» não têm valor, pelo contrário, são imprescindíveis, é necessário iniciar uma contra-ofensiva por parte dos trabalhadores e das suas organizações, tarefa que exige paciência e muitas lutas de longo prazo. O problema central passa por encontrar a forma de, através dos combates quotidianos, levar a classe operária e as restantes camadas sociais a acumularem experiências que permitam tão brevemente quanto possível radicalizar a luta e impor transformações.

- Esses ataques aos serviços públicos de que fala estão a desenrolar-se em todos os países da UE, é nesse sentido que fala de uma estratégia coordenada do capital?

- A avaliação que fazemos é que esse entendimento sobre as grandes linhas políticas que vêm sendo aplicadas por diversos governos em vários países europeus, mas não só, também nos EUA, correspondem a opções claras. Elas representam simultaneamente a fórmula encontrada pelo capital para lidar com contradições intrínsecas à sua natureza, e um conjunto de instrumentos cujo objectivo é multiplicar os lucros e aumentar a reprodução de capital, dificuldades que o capitalismo não enfrentava em períodos anteriores.O sistema está a perder a capacidade de absorver reivindicações e lutas dos trabalhadores ou de promover uma pequena redistribuição de rendimentos em favor dos desfavorecidos. Hoje não podem implementar políticas semelhantes às desenvolvidas no pós II Guerra Mundial

- Diz que isso resulta das contradições internas do sistema, mas na Europa e nos EUA os povos também têm sabido resistir a projectos importantes para o capital, como o da chamada «constituição» europeia ou o aprofundamento do neoliberalismo militarista...

- O neoliberalismo não é unicamente uma forma de gerir o sistema, corresponde à estratégia contemporânea do capitalismo, por isso, quer governos de partidos social-democratas e socialistas, quer partidos conservadores e liberais, implementam a mesma política e o mesmo conjunto de medidas. Pese algumas particularidades, no essencial, a política que tem sido desenvolvida nos EUA e na UE é a mesma.Quanto à «constituição» europeia, o nosso partido valoriza o facto de dois povos terem vetado o seu avanço e temos mesmo a certeza de que se mais referendos houvessem, mais derrotas sofreria o projecto. Estes obstáculos que são colocados à estratégia do capital são importantes, mas a recusa da «constituição» europeia não significa a abertura de uma perspectiva anti-imperialista por parte das pessoas que a votaram desfavoravelmente em França e na Holanda.Por outro lado, o facto da UE ter decidido avançar com tal tratado, não quer dizer que no seu seio não subsistam contradições e desacordos, até porque permanece o desenvolvimento desigual entre nações, o que se reflecte em diferentes tempos e formas de aplicação das grandes linhas em cada país.

A resposta necessária

- Face a essa estratégia articulada do grande capital tem-se falado com insistência numa resposta articulada dos partidos comunistas, progressistas e de esquerda. Porque é que para o PC da Grécia o Partido da Esquerda Europeia não representa uma solução?

- Estamos empenhados na conjugação de forças, na construção de uma frente unida de luta em torno de razões comuns, claro. Mas que frente? Que tipo de cooperação e com que fins? Será uma frente onde pode caber Romano Prodi, ex-presidente da Comissão Europeia e actual primeiro-ministro de Itália num governo onde participa a Refundação Comunista? Será uma formação política que admite partidos que se aliam a forças conservadoras nos respectivos países? Qual foi o resultado do chamado centro-esquerda em França?Na base ideológica desse Partido da Esquerda Europeia (PEE) surge ainda a rejeição completa da experiência de construção do socialismo no Leste da Europa e a sua contribuição para o mundo. Uma coisa é a análise crítica, a identificação dos erros cometidos, mas uma tal rejeição não serve nem os partidos comunistas nem os povos que pretendem optar por um rumo de ruptura com o capitalismo.Depois temos que perceber que uma coisa são formas de cooperação e discussão entre todos, outra é a criação de um partido único, vertical, com uma direcção com capacidade de intervir no seio dos diversos partidos. O que necessitamos, de facto, é revitalizar essa dialéctica de entendimento, de cooperação entre as realidades nacionais e internacionais na luta anti-imperialista e revolucionária, e não de criar uma estrutura supranacional que ao mesmo tempo se dá bem com algumas das grandes opções do capital europeu.

- Neste aspecto particular uma das primeiras diferenças foi a posição assumida aquando da agressão contra a Jugoslávia. Os comunistas gregos manifestaram-se contra até porque a proximidade com os Balcãs vos dá um contacto mais directo da situação vivida...

- Não se trata de proximidade geográfica. É uma questão de classe! Durante os bombardeamentos da Nato nos Balcãs havia partidos ditos de esquerda em governos que se envolveram de forma muito empenhada na guerra.Em resultado da agressão, a actual situação nos Balcãs demonstra, em primeiro lugar, que as relações capitalistas de produção se estão a solidificar, o sistema burguês está formado na maioria dos países. As classes burguesas desses países estão mais fortes e já pretendem satisfazer algumas das respectivas exigências, não se limitando a seguir as orientações do capital alemão ou britânico. Em segundo lugar, e até revelando uma certa contradição, a penetração do capital norte-americano e das forças mais influentes da UE tem cada vez mais peso, portanto, ao mesmo tempo que os povos perdem todos os direitos e conquistas alcançadas com o socialismo, num contexto mais complexo parece que as questões fronteiriça e étnica continuam a ser utilizadas para gerar discórdia, minar o entendimento deixando em aberto a perspectiva de novos conflitos militares na região.

- Tal como o PC da Grécia, o PCP também manifestou sérias reservas quanto ao PEE. Esse facto traduz um entendimento sobre os caminhos de cooperação e luta? É possível criar uma base forte para a mudança sem a fórmula do PEE?

- A experiência demonstra que quanto mais unidos, mais fortes, mais estáveis forem os objectivos dos partidos comunistas, quanto mais forte for o movimento comunista internacional, mais fácil será criar alianças com outras forças anti-imperialistas. É nesse sentido que trabalhamos e nos entendemos.



- Mas na Grécia e em Portugal existem outros obstáculos à acção, tais como as leis de financiamento e funcionamento dos partidos políticos, o que levante sérios problemas ao PC’s...

- O importante é perceber que essas medidas foram aprovadas para golpear o movimento popular de resistência e protesto. Medidas restritivas, repressivas contra os partidos comunistas, é verdade, mas cujo verdadeiro objectivo é atacar a capacidade e a qualidade da resposta dos povos. É isto que se torna necessário denunciar junto de todas as pessoas.

Capitalismo semeia a guerra

- Recentemente visitou o Líbano. Que impressão retirou dos contactos mantidos e da observação da situação no terreno?

- Nada mais do que o que todos os povos do mundo têm podido observar: a brutalidade da agressão israelita.Os EUA, a UE e a ONU deram muito tempo a Israel para alcançar os seus objectivos nesta guerra. É importante sublinhar que se trata de uma guerra imperialista. Israel não está isolado nesta campanha, serve os interesses norte-americanos de uma rearrumação de forças no Médio Oriente levando para a frente um conflito decidido antecipadamente. Uns dizem que estava previsto para Dezembro, mas o facto é que encontraram um pretexto e avançaram.Esta guerra levanta ainda outra questão mais geral e que julgamos ser decisivo aprofundar: saber se um povo tem o direito de defender o seu país com todos os meios disponíveis, incluindo a luta armada, e se os trabalhadores e a classe operária têm o direito de escolher os meios com que preservam a sua soberania e lutam pela emancipação social.Dentro de dias vamos realizar um encontro em Atenas – no qual o PCP também vais estar presente – onde contamos juntar partidos comunistas e outras formações do Médio Oriente. O objectivo é discutir, trocar ideias, com destaque, claro, para a auscultação dos camaradas de Israel, do Líbano, da Palestina.

- Em caso de alargamento deste conflito pode haver uma contra-resposta conjunta dos partidos comunistas e dos povos nos diversos países?

- Os imperialistas quando não alcançam os seus objectivos desencadeiam intervenções armadas, semeiam conflitos. Está claro para nós que esta linha de política externa vai continuar procurando criar divisões entre as forças populares, quer entre países, quer no seio de cada país. Vamos abordar isso neste encontro que refiro e depois de analisarmos a situação podemos começar a traçar uma linha de acção.

- No que toca ao conflito no Chipre, qual é a posição assumida pelo PC da Grécia?

- Temos que tomar em conta que os EUA e a Grã-Bretanha pretendem ganhar a Turquia para o seu lado, isto é, alinhá-la com os projectos que querem implementar na região do Médio Oriente, portanto não vão hesitar em «oferecer-lhes» a ilha de Chipre e alguns arquipélagos no Mar Egeu.A participação do Chipre na UE e a posterior entrada da Turquia não resolve nada, até porque a UE perdeu os seus próprios princípios e os únicos que agora fazem caminho são os dos grandes interesses, os correspondentes aos desejos estratégicos do capital dominante.


Fonte: Avante

Ler entrevista

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Arxentina: Por unha coordenadora combativa
24/08/2006



Comunicado da Tendéncia Clasista "29 de Maio", agosto de 2006.

A "Tendéncia Clasista "29 de Maio" é unha correnta cos seus próprios princípios clasistas e revolucionários.
Sostemos que a clase obreira non só deve pelexar polas suas reclamacións imediatas, senón tamén para rematar coa explotación do home polo home e a dependéncia do país a mans do imperialismo.
O principal é que estas bandeiras sexan tomadas polos próprios traballadores, polo que o noso esforzo central está posto en ligar á TC29 con estas bases.
Mais tamén é importante unir esforzos con outras correntes para estruturar unha nova dirección combativa e planes de loita conxuntos. Diriximo-nos por iso a Adiunsa(1) de Salta, Comisión Provisória de ATE(2) Rio Túrbio, Gráficos de Córdoba, Interna de Astilleros Rio Grande, Cerámicas Zanón, Brukman e outras fábricas recuperadas, Ferroviários de Zona Oeste de Buenos Aires, MUP20(3), MTR(4), FDU(5), FB19(6), CTD AV(7), UTD(8) de General Mosconi, MP29 de Mayo(9) e outras agrupacións, listas antiburocráticas e asembleas de bairro.

Propomos unha COORDENADORA SINDICAL E PIQUETEIRA, que teña un programa mínimo de mobilización:

1. Aumento dos salários, das xubilacións, das pensións e dos Planos Xefes de Fogar Desocupados como xeito de unir traballadores ocupados e desocupados.

2. Traballo xenuino e criazón dun millón de empregos en base á obra pública, a reestatización das empresas privatizadas e o apoio creditício oficial ás Pemes.

3. Entrega de garrafas, alimentos, medicamentos e terras aos traballadores desocupados e aos sectores máis necesitados como os povos orixinários.

4. Anulación do sistema de AFJP(10) e ART(11). Previsión social estatal e por seguridade e hixiene no traballo. Castigo aos culpáveis da morte de 14 mineiros en Santa Cruz.

5. Pola recuperación do património nacional do petróleo-gas-enerxia, os ferrocarrís, o Correo e demáis servizos privatizados, sen indemnizacións, impedindo tarifazos e con control dos traballadores e técnicos. Pola estatización da banca e o comércio exterior. Medidas efectivas contra os polvos explotadores de cereais e contra a estranxerización da terra en mans de Benetton, Soros, etc.

6. Por unha cultura nacional, popular, de masas e de calidade, en contra das deformacións e dependéncias que nos queren impor o imperialismo, os cipáios nativos e os grandes méios de comunicación que eles dominan.

7. Non pago da déveda externa e ruptura co FMI e o Banco Mundial. Financiar, con este aforro, a reactivación económica, a criazón do millón de empregos e a duplicación dos orzamentos de saúde e educación. Non ás leis de "responsabilidade fiscal" e de coparticipación, reclamadas polo FMI.

8. Liberdade aos presos políticos populares, amnistia aos tres mil loitadores procesados, cárcere aos xenocidas, represores e ladróns do país. Non á criminalización da protesta social. Xustiza como peden os familiares de vítimas do "gatillo fácil". Castigo aos asasinos de Kosteki e Santillán e demáis crimes policiais cometidos contra o povo. Fora Valleca da Policia Federal. Non ao Código Contravencional represivo impulsado por Macri e aceitado no esencial por Ibarra. A seguridade que necesita o povo non é a "man dura" que propón Blumberg, a dereita fascista e a dereita peronista de Ruckauf.


Dario Santillán entre os seus asasinos


9. Que non se complete o envio de tropas a Haití e que regresen os efectivos que xa foron a ese país irmán por petición de Bush. Pola solidariedade cos povos bloqueados e agredidos polo imperialismo, que afectan a Cuba, Venezuela e Irak. Non ao ALCA e aos operativos militares con tropas dos Estados Unidos. Pola recuperación da soberania arxentina sobre Malvinas e a atención que merecen os ex combatentes.

10. Por unha Frente Política Popular que impulse a loita para criar un governo dos traballadores e o povo, un governo que tome medidas antiimperialistas e democráticas para sair da crise.

Sobre estas bases, máis as aportacións que se propoñan, pode-se formar unha COORDENADORA SINDICAL E PIQUETEIRA que vaia definindo unha axenda mobilizadora. Por exemplo, no imediato hai que loitar polo gas-petróleo-luz, reclamando a garrafa a 6,10 dólares e, simultáneamente, a estatización de todo o sector enerxético; para frear a lei de responsabilidade fiscal que xa ten meia sanción do Senado; para liberar aos 16 detidos na Lexislatura, etc.
Outro dos temas é superar a situación de relativo illamento piqueteiro por mor de manobras da direita reaccionária, o governo e os erros derivados das conceicións do pseudo piqueteirismo de Parte Norte, FTV(12)-Barrios de Pie e de quen dirixen a ANT ,Polo Obrero e MIJD(13).

A Coordenadora ten que ser un espazo independente desas direccións conciliadoras. Mais non renunciamos a actuar con estes sectores en unidade de acción por pontos do programa mínimo. Neste caso faremo-lo xuntos con sectores da ANT, a CCC(14), o MTD Aníbal Verón, a CTA(15) e até coa FTV como cando asasinaron a "Oso" Cisneros.


Notas:
1. Asociación de Docentes e Investigadores da Universidade Nacional de Salta
2. Asociación de Traballadores do Estado
3. Movimento Unidade Popular 20 de Decembro
4. Movimento Teresa Rodríguez
5. Frente de Desocupados Unidos
6. Frente Barrial 19 de Decembro
7. Coordenadora de Traballadores Desocupados Aníbal Verón
8. Unión de Traballadores Desocupados
9. Movimento Popular 29 de Maio
10. Administradoras de Fondos de Xubilación e Pensións
11. Aseguradora de Riscos de Traballo
12. Federación de Terra e Vivenda
13. Movimento Independente de Xubilados e Desocupados
14. Corriente Clasista e Combativa
15. Central de Traballadores Arxentinos




Etiquetas:

(0) Comentarios
Colómbia: A combinación das formas de loita revolucionária


Por Horácio Duque.

A combinación das diversas formas de loita para derrubar o Estado capitalista e dar-lle via livre a unha revolución socialista de obreiros e campesiños, é unha lei da teoria revolucionária descuberta e posta en prática por Lenin e o POSDR na sua titánica loita contra a tirania zarista en Rúsia, que levou á instauración do Estado soviético en 1917.

Esta lei é a peza mestra da teoria socialista. Non é un invento ou capricho de conspiradores de ofício.

Na sua definición da combinación das formas de loita, Lenin indicaba que a dirección política e ideolóxica do proletariado, para acadar os seus obxectivos estratéxicos, devía acudir a todas as formas de loita revolucionária, priorizando aquela que no contexto político e a correlación de forzas sinalarán como a fundamental, sen excluir o resto.

Todas as formas de loita (sindical, folguista, eleitoral, parlamentar, o mitin, a manifestación, a propaganda, a ideolóxica, as tomas de terras, de fábricas, de oficinas públicas, de estradas e a armada das milícias) corresponden a unha racionalidade política porque se despregan polas masas populares, non son instrumentos caprichosos de minorias políticas delirantes e mesiánicas, illadas das maiorias populares, estruturas provocadoras ao servizo da burguesia e os grupos dominantes na sociedade capitalista.

En Colómbia, a combinación das formas de loita foi incorporada á estratéxia revolucionária da clase obreira e os campesiños polo Partido Comunista Colombiano, cuxa táctica e programa apoia-se no marxismo-leninismo, a plataforma doutrinal do socialismo e a democrácia popular.

Na sua longa e fecunda história, o Partido Comunista promoveu as diversas formas de loita de masas do povo colombiano, entre as que se incluen a autodefensa de masas e a acción guerrilleira de resisténcia e ofensiva contra a violéncia terratenente, paramilitar e imperialista.

A combinación de todas as formas de loita de masas no noso país ten plena vixéncia e representa a garantia real que permitirá destruir a retrógrada e antidemocrática estrutura de poder que prevalece en Colómbia e que xestiona o señor Uribe Vélez, representante das máfias do narcotráfico, dos escuadróns da morte e as multinacionais norteamericanas.

Atacan a combinación das formas de loita os reformistas que posan de "esquerdistas" mais viven en luxosos apartamentos blindados pola Embaixada norteamericana co diñeiro do Plano Colómbia, e tamén os reaccionários, como Uribe Vélez, raivoso por perpetuar a ponta de pistola e extermínio o seu Estado Comunitário, verdadeiro exemplo neoliberal.

Cali, 13 de agosto de 2006.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Xornalista da Rádio das Mais de Praza de Maio secuestrada polo Mosad
"A Asociación Mais de Praza de Maio informa ao país e ao mundo:

1. Que a correspondente de imprensa da nosa rádio AM 530, Tamara Lalli, enviada especial ao Líbano e aPalestina ocupada foi detida ao meiodia israelí na ponte que une Cisxordánia e Amam por axentes do servizo secreto sionista, MOSAD, quen a someteron a un duro interrogatório durante 6 horas, para finalmente deportá-la a Amam.

2. Lalli foi increpada polo MOSAD a ponta de metralladora e interrogada sobre a sua actividade xornalística na Rádios das Mais. Nun momento do interrogatório, Lalli foi espida por completo e un militar intimidou-na obscenamente cunha pistola, ameazando-a de morte.

3. O que máis preocupaba aos servizos sionistas era saber por que a Rádio das Mais está cubrindo o conflito de maneira "parcial", segundo a particular visión dos soldados israelies. Tamén lle dixeron que toda a información que sobre ela tiñan fora dada pola Embaixada israelí na Arxentina.

4. Nun momento do interrogatório os axentes sionistas comunicaron-se telefónicamente cos familiares de Lalli en Arxentina, demostrando que coñecen os seus contactos e todos os seus movimentos.

En función deste novo atropelo protagonizado polo Estado terrorista sionista as Mais de Praza de Maio e todos os xornalistas da Rádio AM 530 e da área de Imprensa solidarizamo-nos coa nosa compañeira Tamara Lalli, repudiamos este acto prepotente dos militares xudeus que amostra claramente a sua composición criminal, como o fixeron masacrando á povoación civil no Líbano e asasinando diáriamente a quen resisten na Palestina ocupada.
Convocamos tamén aos homes e mulleres de imprensa dignos e progresistas para que se definan ante este brutal atropelo ao exercício da profisión xornalística."

Etiquetas:

(0) Comentarios
Saúl Landau: hai 47 anos que defendo a soberania de Cuba
23/08/2006


Prensa Latina, 23/08/06.

Saúl Landau, recentemente, uniu-se ás máis de 13 mil persoalidades, entre estas novo prémios Nobel, que rubricaron un documento no que se esixe respeito á soberania cubana ameazada pola retórica agresiva do governo de George W. Bush.

Autor da máis de 100 livros, respostou a un cuestionário de Prensa Latina:

- Cais son as suas razóns para somar a sua sinatura ao manifesto difundido en La Habana, titulado A Soberania de Cuba deve ser respeitada, que xa conta co aval de case 13 mil persoalidades duns 100 países?

Asinei a declaración porque Cuba, como estado soberano, ten direito á sua independéncia. Durante 47 anos, desde o trunfo da Revolución, loitei pola soberania da illa e no mesmo tempo o meu governo realizou grandes esforzos por destruí-la, porque os Estados Unidos agardan de América Latina obediéncia, non independéncia.
Cuba, en todo caso, deveria estar no Livro Guinnes dos Records por implantar unha marca de desobediéncia ao seu poderoso viciño.

- O governo dos Estados Unidos anunciou un plano para unha transición democrática en Cuba, que conta cun capítulo secreto que os cubanos interpretan como un enxendro para agredir militarmente á illa. Que opina sobre ese plano?

Ese plano é como a Emenda Platt resucitada, aquel enxendro que os Estados Unidos impuxeron ao governo cubano en 1902 e que daba ao xigante norteamericano potestade para intervir na illa cando quixera.
A nova versión de Bush e a sua sección "secreta" está remodelada para satisfacer as esixéncias dos cubanos da Florida, que peden ao governo unha atitude máis ameazante cara a Cuba. Asemella-se á lóxica mafiosa de Al Capone.

- Que pensa da utilización da relixión e o medo ao terrorismo por parte dos centros de poder nos Estados Unidos e Europa co fin de culminar os seus ancéios hexemónicos?

Parece-me unha broma cruel.
O presidente George W. Bush asegura que Deus lle fala e iso lembra á comediante norteamericana Lili Tomlim cando dixo: "cando a xente fala a Deus iso chama-se orar, mais cando Deus lle fala á xente iso é esquizofrénia".
É demasiado iso de invocar os Dez Mandamentos e non praticá-los.
Por exemplo, o predicador Pat Robertson, que é amigo de Bush, animou a asasinar ao presidente venezolano Hugo Chávez, nunha clara violación do sexto mandamento.
Esa linguaxe da administración Bush increbe-se, por suposto, na actual situación de guerra. Estados Unidos non trunfou en Iraq, as tropas norteamericanas están asediadas en Afganistán e perdeu-se claramente ante Hezbollah no Líbano.
Coido que a opinión pública norteamericana está cansa da retórica relixiosa-terrorista e vai demostrar eses sentimentos nas eleizóns de fin de ano para o Congreso.


Etiquetas:

(0) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com