|
| Perú: o MRTA resposta ao MRTA-V
|
| 30/11/2006 |

Nun correo que nos fai chegar Voz Rebelde, órgao oficial do Movimento Revolucionário Túpac Amaru, esta organización resposta ao comunicado do grupo MRTA-Venceremos, supostamente formado por militantes escindidos do MRTA. A organización fai unha análise da situación peruana, da sua táctica e da sua estratéxia. Entre outras moitas cousas adica unhas palavras ao Partido Comunista do Perú, ao que denomina "fundamentalismo gonzalista". O último ponto é no que fala esplícitamente do MRTA-V, do que duvida que os seus militantes, de existir o grupo, militasen algunha vez no MRTA.
Estimados compañeiros e compañeiras:
Através da web cedema.org e do correo electrónico mart-venceremos@yahoo.com deu-se a coñecer un comunicado que informa sobre a formación dunha nova organización que proclama o seu "distanciamento coas políticas claudicantes, pacifistas, eleitorais e oportunistas no interior do MRTA..." (sic)
Fronte a difusión pública deste comunicado, como VOZ REBELDE, órgao oficial do Movimento Revolucionário Túpac Amaru, temos a obriga de respostar a este comunicado que surpendeu e indignou á nosa militáncia e, obxectivamente, criou confusión entre o noso povo e organizacións irmás e de solidariedade, quen nos escreberon para solicitar-nos información sobre este tema e sobre a nosa situación actual como organización política revolucionária.
SITUACIÓN POLÍTICA ACTUAL
En princípio, a esquerda peruana, en xeral e a nosa organización en particular, atravesa por un periodo moi difícil, após máis de 20 anos de guerra interna, de terrorismo de estado e dunha política psicosocial cuxo obxectivo foi desprestixiar a loita armada, como método de loita, vinculando-a ao terrorismo puro e duro que impulsou o fundamentalismo gonzalista.
Por outro lado, a política represiva do estado peruano, sob pretexto de combater á subversión, encarcerou, torturou e fixo desaparecer non só aos guerrilleiros, supostos "delincuentes terroristas", senón tamén ao movimento obreiro e popular, aos dirixentes gremiais, sindicais e populares por todo o país, co claro obxectivo de impedir toda forma de mobilización e protesta organizada contra a política neoliberal que se implementou na década dos 90, baixo o rexime ditatorial do corrupto e xenocida Alberto Fujimori.
Nese contexto, temos que sinalar a atitude "prudente" da esquerda tradicional, que adoptou unha clara e firme posición contra o "terrorismo", após as declaracións do ditador que instaba á esquerda a "definir-se entre democrácia ou o terrorismo" ... o que na linguaxe actual do xendarme imperialista, George Bush, traduce-se como "ou estás comigo ou contra min".
Tamén debemos sinalar que a esta toma de posicións, axudou o accionar irracional do fundamentalismo gonzalista, que co argumento de "combater o sindicalismo "amarelo" e o reformismo revisionista da esquerda", iniciou unha campaña de asasinatos selectivos de dirixentes gremiais e militantes das organizacións de esquerda, así como de combatentes e militantes tupacamaristas. Estas circunstáncias e os erros cometidos polo movimento guerrilleiro, deron a posibilidade ao estado peruano de derrotar militarmente aos grupos subversivos, así como desmobilizar e descabezar o movimento obreiro e popular; o que obxectivamente propiciou unha eventual e coxuntural vitória da burguesia, que conseguiron retrasar o proceso revolucionário peruano, o que no impedirá a sua continuidade e moito menos a conquista dunha nova sociedade xusta, digna e livre da opresión e da explotación do capitalismo neoliberal.
A REVOLUCIÓN, UNHA NECESIDADE HISTÓRICA
Para nós, os explotados e vilipendiados polo sistema capitalista neoliberal, a revolución socialista máis que un ideal teórico ou utópico é unha necesidade histórica que construiremos con convicción, decisión e, sobretodo, con organización.
Xa que logo, para os tupacamaristas, a revolución é un proceso político consciente que nada ten a ver co voluntarismo ou o caudillismo da pequena burguesia.
ACUMULACIÓN DE FORZAS PARA A REVOLUCIÓN
Unha revolución é un permanente proceso de acumulación de forzas para acadar o obxectivo estratéxico: a toma do poder político polo proletariado; como acumulemos forzas para acadar o obxectivo estratéxico dependerá da "análise concreta da realidade concreta", do periodo e da coxuntura política que atravesa o país.
A ESTRATÉXIA, A TÁCTICA E OS MÉTODOS DE LOITA
A revolución é esencialmente unha acción política que para a consecución dos seus obxectivos, o poder político, implementa diversas formas e métodos de loita, segundo as circunstáncias e necesidades do periodo e a coxuntura política.
No referente ao obxectivo estratéxico, a toma do poder político polo proletariado, debemos ser inflexíveis, mais no referente a como lograrmos ese obxectivo, a forma e o método, é dicer, a táctica que empreguemos, deben ser o suficientemente amplos e flexíveis como para ir incorporando a todo o povo ao proceso revolucionário.
ANÁLISE DA SITUACIÓN POLÍTICA
Nunha breve análise da situación política, podemos dicer que o periodo político polo que atravesa o continente Latinoamericano e a nosa pátria, está marcado por unha ofensiva contrarrevolucionária con claro predomínio do imperialismo ianqui, que após a queda do campo socialista converteu-se no xendarme mundial que impón as suas políticas de rapina pola forza. Mais no meio desta hexemonia imperialista, hai indícios xa de que os povos van lentamente retomando as suas mobilización e loitas, ao tempo que instintivamente asumen posicións de esquerda e socialistas, tras máis de 30 anos de fracaso do modelo neoliberal.
Esta viraxe cara á esquerda deu como resultado a existéncia de governos "democráticos de esquerda" na Arxentina, Brasil, Uruguai, Venezuela, Chile, Bolívia e últimamente Nicarágua.
América Latina é hoxe o cenário de novas xornadas de mobilización e loita nun espazo que até hai pouco era considerado exclusivo e hexemónico polas clases dominantes: os procesos eleitorais e a democrácia burguesa; instáncias ou espazos políticos que moitos revolucionários menosprezamos. Esta "democrácia" que o imperialismo fixo sua, como símbolo da sua sociedade de consumo e livre mercado, e que, porén, por mor do seu carácter agresivo e rapaz, nega na prática asoballando os máis elementais direitos dos povos, o que nas actuais circunstáncias posibilita que a "democrácia", como demanda dos povos, constitua-se hoxe en elemento desestabilizador e subversivo para o imperialismo; polo que a loita pola "democrácia" e a defensa dos direitos civís e cidadáns é hoxe unha bandeira de loita que cumpre ondear como unha forma de mobilizar e organizar o movimento obreiro e popular.
O PERÚ DE HOXE
O povo peruano non é alleo á realidade que vive o mundo, o que se expresa no seguinte:
1. En primeiro lugar, no Perú, a ofensiva contrarrevolucionária tivo na ditadura fujimorista a sua máis alta expresión que por mor do terrorismo de estado, da sua capacidade para aproveitar os erros do fundamentalismo senderista e os nosos, derrotou ao movimento guerrilleiro e impuxo o modelo neoliberal.
2. A acción do comando Edgar Sánchez, como resposta organizada e armada ao capitalismo selvaxe e á ditadura fujimorista, evidenciou o nefasto e brutal do modelo neoliberal e a política de terrorismo de estado que o rexime fujimorista implementou para impor o modelo neoliberal, modelo económico que o povo peruano rexeitara maioritáriamente no proceso eleitoral de 1990.
3. Embora ser certo que ao aniquilar ao comando Edgar Sánchez, o rexime fujimorista obtivo unha vitória militar, no político significou unha vitória pírrica, xa que a acción do comando demostrou ao noso povo que a ditadura non era invencível e podia ser derrotada con decisión e organización; por outra banda, esta acción abre un novo cenário político que o povo no seu accionar foi enchendo por todo o país e que tivo a sua máis alta expresión na Marcha dos 4, proposta política da nosa organización, que de xeito oportunista foi asumida polo toledismo, ante a nosa debilidade orgánica e caréncia de cadros públicos que comandasen o movimento de masas.
4. A evidente corrupción do rexime fujimorista fixo posível a caída do ditador e a chegada dun governo de transición co posterior retorno á democrácia.
5. Co retorno da democrácia formal, a situación de opresión e explotación, de crecente pobreza e desemprego xeralizado non mudou, mais si que se dan as condicións necesárias para implementar tarefas tendentes a reorganizar o movimento obreiro e popular, centralizar as suas disperas loitas e facé-las trascender de loitas reivindicativas a verdadeiras loitas políticas; tarefas que lamentávelmente foron abandonadas pola esquerda tradicional e que nós non realizamos coa contundéncia necesário por mor das nosas debilidades orgánicas; xerando-se así un espazo para o xurdimento de posicións nacionalistas pequeno burguesas, que coa sua linguaxe populista e pseudoradicalismo, pretenderon arrastrar a vastos sectores da poboación e a un sector da "esquerda" para quen a "democrácia burguesa" cosntitue un fin en si mesmo.
Desta sucinta análise da situación política nacional, podemos cocluir que ,en termos xerais e sen temor a equivocar-nos, existen condicións obxectivas para o desenvolvimento dun verdadeiro proceso revolucionário; por un lado, a crise do capitlaismo agravou-se polo fracaso do seu modelo neoliberal; modelo económico que propiciou o saqueo e depredación dos nosos recusos naturais e humanos a favor das transnacionais; e pésie a que os governos de turno louvan os seus logros e "éxitos macroeconómicos", isto non benefícia en nada ao noso povo, aprofundando cada dia máis as desigualdades sociais; por outra banda, mália a vitória da burguesia sobre o movimento guerrilleiro, desartellando o movimento obreiro e popular, e ao recente e estrepitoso fracaso da esquerda institucional no pasado proceso eleitoral, non pode manter baixo o seu controlo e influéncia ao conxunto do povo, que, pésie ao repregue, non cede á influéncia ideolóxica da burguesia e aspira, de maneira instintiva, a un necesário cámbio nas suas condicións de vida.
En termos marxistas, estas constituen as chamadas condicións obxectivas para un proceso revolucionário. Mais un proceso revolucionário non se desenvole só pola existéncia de condicións obxectivas. Deben existir e desenvolver-se as condicións subxectivas: a organización consciente do proletariado e o partido revolucionário.
A TAREFA DOS REVOLUCIONÁRIOS
Hoxe, as masas están virando instintivamente cara a posicións de esquerda, ainda que non teñen unha organización forte e coesionada nen a consciéncia e independéncia política de clase e, por iso, poden ser confundidas e arrastradas fácilmente cara a posicións nacionalistas pequeno burguesas e reformistas que nata teñen a ver coas aspiracións socialistas do proletariado revolucionário.
Fronte a esta realidade de confusión e dispersión, debemos perguntar-nos: cal é o papel dos revolucionários e do partido no proceso da loita de clases? A esta pergunta só podemos respostar que o papel dos revolucionários e do partido é o de contribuir a criar conciéncia e organización, incorporar ao proceso revolucionário a amplos sectores do povo e desenvolver a máis ampla unidade e influéncia política e ideolóxica nos seo do povo, combatendo as posicións confusionistas e oportunistas; derrotando o escepticismo e a dispersión; fortalecendo a sua moral e convertendo as suas loitas illadas e reivindicativas en loitas centralizadas e, sobretodo, políticas. Estas son hoxe as tarefas máis importantes dos revolucionários.
A ESPONTANEIDADE DAS LOITAS POPULARES
Na nosa esquerda hai camaradas que afirman que "só o povo salvará ao povo", mais un povo sen organización e conciéncia será presa fácil para os que pretenden manté-los atados ao xugo da opresión e explotación capitalista. Como revolucionários asumimos que son os povos organizados e con clara conciéncia da necesidade das transformacións sociais, os que fan a história.
Na história da loita de clases, podemos atopar exemplos de como povos sen a suficiente conciéncia política e con unha alta dose de espontaneidade, en determinadas condicións poden acadar níveis moi altos de mobilización e violéncia, até o ponto de botar abaixo reximes ditatoriais ou governos que non teñen en conta as necesidades e aspiracións populares.
Un exemplo disto pasou na década dos 70 no noso país, cando o segundo domingo de maio do 79, dia da mai, o entón ministro de economia da Xunta Militar de Governo, Javier Silva Ruede, descarregou sobre o povo as medidas económicas impostas polo Fodo Monetário Internacional; ao dia seguinte, desde as primeiras horas da mañá e de maneira espontánea, as ruas e prazas de todo o país foron invadidas por miles e millóns de homes e mulleres que protestaban contra a Xunta Militar de Governo, estas mobilizacións de protesta obrigaron á CGTP a convocar un paro nacional o 19 de xullo de 1979, no marco do comezo da derrota do ditador Morales Bermúdez, quen despois desta exitosa xornada de loita popular, tivo que convocar eleizóns xerais para unha asemblea constituinte ao remate da cal comprometeu-se a convocar eleizóns xerais presidencias e o retorno das forzas armadas aos seus cuarteis, nun tácito recoñecimento da sua derrota política.
Nos últimos anos, os povos irmáns da Arxentina e do Ecuador tamén botaron abaixo aos seus governos, nunha mostra máis dos níveis de mobilización e radicalización espontánea que poden acadar os povos; mais por moita radicalización, mobilización e incluso violéncia á que poidan chegar os Povos, a falla dunha organización consciente e dunha dirección revolucionária, fará imposível verdadeiros procesos revolucionários, sendo moi pronto superados estes movimentos por posicións reformistas e reaccionárias que cambiarán algo para que nada cámbie, tal como sucedeu no Perú baixo os reximes ditatoriais de Morales Bermúdez e de Alberto Fujimori, que cederon o paso a governos democrático burgueses.
GOVERNO E PODER
Xa dixemos que na nosa América, xurdiron diversos governos "democráticos de esquerda"; governos progresistas, uns máis que outros, que podemos e debemos apoiar sen perder de vista a diferenza fundamental que existe entre ser governo e ter o poder. O poder político implica a capacidade de decidir o rumo do estado, a forma de administrar os recursos naturais e humanos, decidir o rumo económico que favoreza o noso desenvolvimento e definir con plena independéncia a nosa política exterior; mentres que ser governo implica administrar o estado coas limitacións que determinen os organismos internacionais financeiros e aqueles empresários nativos ligados aos intereses imperialistas.
Nesas condicións, os partidos governamentais non teñen outra opción que aplicar políticas económicas dentro das marxes que o actual sistema capitalista impón, ou rachar co sistema. Neste último caso, a burguesia botará man do seu poder económico para tentar sabotar a política económica e social do governo progresista e así derrocá-lo, e se ainda así, o governo progresista, co apoio do povo, mantén a administración do estado a favor dos intereses populares, utilizará as forzas armadas para preservar o status quo, como o fixeron en Guatemala con Jacobo Arbénz ou no Chile de Allende.
Por iso, alén da posibilidade de exitiren condicións para "conquistar o governo", os revolucionários debemos loitar por conquistar o poder político para o proletariado e, xunto ao noso povo, construir unha sociedade xusta, digna e solidária; noutras verbas, os tupacamaristas aspiramos a construir o Socialismo peruano, "sen calco nen cópia" a dicer do noso Amauta José Carlos Mariátegui.
AS TAREFAS ACTUAIS
A análise da situación política nacional, apresenta-nos un cadro de desorganización, confusión e dispersión do movimento obreiro e popular, situación que tamén afecta á esquerda no seu conxunto. Agora ben, se da análise do periodo político concluimos que as tarefas uxentes do noso movimento, son as de impulsar o proceso de reorganización e centralización do movimento obreiro e popular, impulsar e fortalecer todas as formas de organización do povo, contribuir ao desenvolvimento da toma de conciéncia política dos máis amplos sectores do noso povo e forxar a máis ampla unidade das forzas de esquerda para xuntos recriar o socialismo peruano, xurde a pergunta de: cal debe ser o eixo sobre o que desenvolvamos as tarefas que axudan á reorganización, centralización e formación política e ideolóxica do conxunto do movimento obreiro e popular, que nos permitan ir acumulando forzas para a toma do poder político? Algúns dirán que como organización político militar, deberiamos respostar que o eixo sobre o cal se deben desenvolver estas tarefas, debe ser a loita armada, mais esta resposta, ademais de simplista e subxectiva, non corresponde á actual correlación de forzas, nen ten en conta a dispersión e confusión do conxunto do povo. Xa dixemos que as formas e métodos de loita deben corresponder á análise do periodo e a coxuntura política así como a correlación de forzas; apartir desta premisa, consideramos que nas actuais circunstáncias a loita política e as tarefas de organización están á orde do dia, para reconstituir o tecido social, polo que a loita armada non é o eixo de acumulación de forzas; o que non significa que renunciemos a ela, senón que afirmamos que hoxe o labor político é o eixo principal sobre o que desenvolver as tarefas que nos permitan acumular forzas.
O PARTO DOS MONTES
Fixemos unha apretada exposición das nosas conceizóns sobre as formas e métodos de loita, de como entendemos a táctica e a estratéxia e a razón pola que loitamos para conquistar o poder político; estas conceizóns políticas nada teñen de claudicantes, ou pacifistas, nen elitoralistas e moito menos oportunistas, como afirma o comunicado do suposto grupo Venceremos.
Alén das frases comúns e das acusacións sen fundamento que lanzan contra a nosa organización, temos o interrogante de se na realidade o grupo Venceremos existe e cais son os obxectivos polos que loitan quen din ser a sua "dirección nacional"; só agardamos que non rematen como "parvos" favorecedores da política represiva do actual governo.
Non estamos certos da existéncia deste grupo nen de quen o integran; do que si estamos seguros, é de que calquer que fago unha avaliación dialéctica do periodo e da coxuntura política, é dicer, sen subxectivismos ou voluntarismo, e das formas ou métodos de loita que corresponden á actual correlación de forzas, dos pasos ou tarefas que se deriven delas, permitirán criar condicións favoráveis para avanzar no proceso de acumulación de forzas, que contribuan a cambiar a etapa actual de dispersión pola que atravesa o movimento obreiro e popular.
Moitas veces, a incapacidade para entender os elementos básicos da loita de clases ou da dialéctica como ferramentas de análise, suple-se co esquematismo e dogmatismo, que polo xeral conduce a asumir posicións "principistas" e pseudo revolucionárias para agachar un certo desprezo pola loita política e ideolóxica que temos que desenfvolver de xeito permanente en todos os espazos políticos, incluso no terreno legal e eleitora, para criar conciéncia política de clase, organizar e mobilizar ao povo no único obxectivo de acumular forzas para a toma do poder.
Finalmente, dicer que asumir a criazón dun novo grupo e difundir públicamente críticas sen fundamento algún, e sen que levaran o debate á militáncia tupacamaristas, dá-nos a certeza de que os supostos integrantes deste grupo non militaron na nosa organización ou que, no mellor dos casos, deixaron de militar hai xa moito tempo, arrogando-se hoxe o direito de se proclamar tupacamaristas e tomar o nome dos nosos heroes e mártires, nunha atitude que só se pode cualificar de oportunismo político de quen, consciente ou inconscientemente, contribuen a criar máis dispersión e confusión no movimento obreiro e popular, nun momento no que o actual governo está criando condicións para reprimir toda forma de protesta organizada.
Non por casualidade, nos últimos meses, xornalistas acólitos do Alanismo, lanzaron diversas campañas de persecución política contra ex presos políticos que militaron na nosa organización, acosaron a familiares dos nosos presos políticos e de camaradas asasinados polas forzas represivas.
Tampouco é casualidade que a embaixada dos Estados Unidos receba información confidencial, que imediatamente fai chegar á imprensa, sobre un suposto plano do MRTA para asasinar ao presidente Alan Garcia. Quen, por outro lado, está presionando para que os membros das forzas armadas e policiais implicados en casos de violacións de direitos humanos, receban todo o apoio do estado peruano, mentres que as vítimas do terrorismo de estado non merecen nen respeito nen moito menos apoio deste governo. Namentres busca a forma de garantir a impunidade dos crimes das forzas armadas e policiais, promove unha lei que sancione coa pena de morte aos chamados terroristas.
Se realmente existe o grupo Venceremos, o tempo e a sua práctica dirá o que realmente son.
Tupac Amaru... Vive!! Sementa no seu povo... Rebelión!! Xunto ao seu povo... Revolución!! Co seu exemplo... Venceremos!!
Ler o comunicadoEtiquetas: América Latina |
  |
|
|
|
| Ecuador: as arelas de cámbio impoñen-se á direita
|
| 29/11/2006 |
Partido Comunista Marxista-Leninista de Ecuador En Marcha, 1343

Con Correa trunfou un proxecto democrático, mais non a esquerda. Aquel representa unha posición reformista democrática burguesa, interesada en realizar cámbios no marco da institucionalidade que, en todo caso, mentres estexan orientados a defender a soberania nacional, a golpear os intereses da grande burguesia, en frear a política do imperialismo na rexión, en favorecer e atender as necesidades dos traballadores e dos povos, en devolver-lles os seus direitos democráticos e políticos terán o noso apoio, porque entendemos que así se golpea á gran burguesia e ao imperialismo, inimigos princiapais do noso povo. Todo o que non estexa nesta liña contará coa nosa oposición.
Máis unha vez, as arelas de cámbio dos povos do Ecuador impuxeron-se e venceron á direita, triunfou o candidato Rafael Correa cunha ampla marxe de 14 pontos -que representar uns 900.000 votos-; Álvaro Novoa, interesado en manter unha política ao servizo dos intereses do imperialismo norteamericano e a grande burguesia creoula foi derrotada, fracasou na sua terceira tentativa de chegar á presidécia da república, mercando coa sua fortuna a conciéncia do povo. A candidatura de Correa reuniu ao seu carón a sectores democráticos, progresistas e de esquerda que queren cábmios substanciais, que buscan que se aplique unha política soberana, contraposta ao servilismo que caracterizou a xestión dos governos precedentes; desexosos de reformas políticas -que deberán sair dunha Asemblea Constituinte con participación popular- para democratizar a vida do país; que están cansos da corrupción e o engano; interesados en que as suas necesidades materiais sexan atendidas e que o Estado destine os suficientes recursos para a educación, saúde e criazón de fontes de traballo.
Non só ese continxente apoiou a Correa, votaron tamén ao seu favor -e con moitas reservas- sectores que non atoparon outra via para impedir o triundo da direita, que que na segunda volta alimentaron a sua desconfianza no candidato de Alianza País, cando este moderou o seu discurso, seguramente para non asustar moito á banca, aos grandes empresários e á própria embaixada ianqui, onde se reuniu coa representante do governo de George Bush.
Este é un triunfo para os traballadores e o povo, e é unha dura derrota para o imperialismo e a burguesia, para o PRIAN, o PSC, PSP, PRE e outros partidos de direita que aberta ou solapadamente apoiaron a Álvaro Novoa. O discurso anticomunista, neoliberal, empresarial foi rexeitado e o diñeiro non foi quen de dobregar a quen queren cambiar o Ecuador.
Neste momento, detrás de Correa existe un povo esperanzado, arelante de que as ofertas políticas e materiais realizadas en campaña se cumpran. As suas primeiras declaracións após os resultados do domingo son alentadoras, increben-se na liña política proposta na primeira volta: ratificou a sua decisión de convocar unha consulta popular a prol da Asemble a Constituinte; condenou as políticas neoliberais aplicadas nestes últimos anos; falou dunha renegociación digna e soberana da déveda externa, sen excluir a posibilidade de declarar a sua moratória, e apostou pola formación dun bloco de paises devedores para unha negociación conxunta; deixou aberta a posibilidade de reintegrar-se na Organización de Países Exportadores de Petróleo OPEP, negou que asinaria o Tratado de Livre Comércio cos Estados Unidos, etc. Non falou da Base de Manta nen da negativa a ser parte do Plano Colómbia, como defendeu insistentemente na campaña, principalmente na primeira volta.
Declaracións positivas, sen dúvida, mais a experiéncia política ensina que a sua exucución demanda a mobilización popular. Non só para vencer as manobras e tentativas diverfsas do imperialismo e da burguesia para impedir a sua aplicación, senón tamén para empurar ao governo para que cumpra a sua palavra e vaia máis alá. Os berros que na celebración do triunfo se escoitaron en Quito, no sentido de que agora lles toca pagar os impostos aos ricos, expresan que o povo quer que se atendan as suas necesidades afectando os intereses dos explotadores.
A direita está asustada, a diferenza de votació é maior do que se podia agardar, dificultando a posibilidade de xogar-se algunhas manobras como o descoñecimento dos resultados, tal como o fixo imediatamente Noboa, sen lograr eco en nengures. As suas accións apontan a impedir a convocatória da Asemblea Constituinte, falan da lexitimidade das eleizóns de deputados polo que deberian culminar os catro anos; invocan á rachar o "cadeado constitucional" que abra as portas á aprobación de reformas constitucionais; o PRE di que o actual Congreso debe ser Constituinte e, Lucio Gutiérrez, cínicamente expresa que non torpedeará a Constituinte. Trata-se, por suposto, dunha declaración demagóxica.
Con Correa trunfou un proxecto democrático, mais non a esquerda. Aquel representa unha posición reformista democrática burguesa, interesada en realizar cámbios no marco da institucionalidade que, en todo caso, mentres estexan orientados a defender a soberania nacional, a golpear os intereses da grande burguesia, en frear a política do imperialismo na rexión, en favorecer e atender as necesidades dos traballadores e dos povos, en devolver-lles os seus direitos democráticos e políticos terán o noso apoio, porque entendemos que así se golpea á gran burguesia e ao imperialismo, inimigos princiapais do noso povo. Todo o que non estexa nesta liña contará coa nosa oposición.
Ler máisEtiquetas: América Latina |
  |
|
|
|
| Nablus, a cidade fantasma (Vídeo)
|
| 28/11/2006 |
Recomendamos este película de 35 minutos. Voluntários do ISM polas ruas de Nablús falan cos palestinos e coas tropas de ocupación encarregadas de impoñer o apartheid. De especial interese as respostas dun soldado ás perguntas dun voluntário.
Ver vídeoEtiquetas: Países Árabes/Sionismo |
  |
|
|
|
| É posível
|
|
Por Michel Collon e Vanessa Stojilkovic 27/11/06

É posível? Terroristas livres e antiterroristas en prisión? Con Bush todo é posível!
1. É posível que os Estados Unidos protexan aos autores dun atentado con bomba contra un avión?O 6 de outubro de 1976, Orlando Bosch e Luis Posada Carriles asasinaron a 73 persoas inocentes, a equipa cubana de esgrima, facendo estourar durante o voo un avión D-C 8 cubano cheo. Até o Departamento de Xustiza dos EEUU xulgou a Bosch como "implicado en atentados terroristas no estranxeiro". Porén, Bush pai outorgou-lle un permiso de residéncia nos Estados Unidos. Posada Carriles, empregado da CIA, enorgulleceu-se públicamente de ser o responsável de vários atentados con bomba perpetrados na Habana entre xullo e setembro de 1997. Protexido polas autoridades norteamericanas, pasea-se tranquilamente na actualidade polos EEUU, e non está procesado por nada. Washington nega-se a extraditá-lo a Venezuela que quer xulgá-lo desde hai tempo polos seus actos terroristas.
2. É posível que os Estados Unidos non fanga nada contra grupos terroristas que operan desde o seu território?
Organizacións armadas cubanas exiladas en Maimi perpetraron e perpetran actos que buscan sementar Cuba de terror. Particularmente, cando este país se esforzou por desenvolver o turismo a comezo dos anos 90, estes grupos lanzaron unha vasta campaña de atentados para disuadir aos turistas de viaxar a illa. Un turista italiano, Fabio di Celmo, foi asasinado, houbo dúcias de feridos. Desde hai 40 anos, o terrorismo anticubano asasinou a máis de 3.000 persoas. As protestas e as xestións de Cuba non conduciron a nada. Washington continua tolerando e até protexendo as actividades destes grupos.
3. É posível que os Estados Unidos encarceren, non a terroristas, senón aos que tentan impedir atentados?
Si. Gerardo Hernández, Antonio Guerrero, Ramón Labanino, Ferando González e Renacido González foron arrestados o 12 de setembro de 1998 en Miami (Florida). Estes cinco cubanos receberan a misión de se infiltrar nos ambientes anticastristras armados e de informar sobre eventuais atentados en preparación. A sua misión non era espiar aos Estados Unidos, senón a de vixiar a criminais e informar a La Habana verbo dos seus proxectos. Cando as suas probas foron amosadas ao FBI, estes non detiveron aos terroristas, detiveron aos que os denunciaban! Foron acusados de espionaxe e de querer "destruir os Estados Unidos" e condenados a penas de 75 anos de prisión, mália que suboficiais do exértido norteamericano e o servizo de contra-información afirmaron que non existira espionaxe. Foron separados e internados en prisións de alta seguridade.
4. É posível que a administración Bush manipule os tribunais?
Si. Para impedir un proceso xusto, o xuizo tivo lugar en Miami mália o histerismo que existe nesta cidade (os deportistas e artistas cubanos teñen proibido a sua entrada).O próprio fiscal de Miami recoñeceu que era imposível garantir aos Cinco un proceso correcto nesta cidade. Por esta razón, en agosto de 2005, o Tribunal de Apelación de Atlanta anulou a senténcia e ordenou un novo proceso. Nun feito insólito, o Ministro de Xustiza de Bush anulou esta decisión. Agora, a batalla xurídica continua...
5. É posível que os Estados Unidos se mofen do direito penitenciáiro e do direito internacional negando as visitas das esposas e das fillas e fillos dos presos?
Desde hai oito anos, as autoridades proiben a Adriana Pérez ver ao seu esposo Gerardo. Olga Salanueva non pode entrar nos Estados Unidos desde 2002. De facto, foi vítima dunha chantaxe ilegal: expulsaron-na para obrigar ao marido a que confesase. A pequena Yvette González (8 anos) non ve ao seu pai desde hai sete anos. Un xeito de tortura psicolóxica particularmente rastreira.
6. É posível que os Estados Unidos boten ao lixo as protestas da ONU e de Amnistia Internacional?
Si. En maio de 2005, a Comisión internacional de detencións arbitrárias da ONU xulgou as detencións dos Cinco como arbitrárias, ilegais e contrárias aos convénios internacionais da ONU. Amnistia Internacional denunciou a violación de dirieto de visita así como o carácter suspeitoso das condenas. Harold Pinter, prémio Nobel de Literatura, xunto a 110 deputados ingleses, reclamaron o respeito do direito de visita. O Consello Nacional de igrexas cristiás dos Estados Unidos enviaron un escrito a Condoleezza Rice no que demandaban o respeito do direito de visita cando menos por motivos humanitários. Todas estas protestas foron botadas ao lixo.
7. É posível para nós facer algo para que Gerardo, Renacido, Ramón, Fernando e António podan voltar xunto ás suas famílias?
Si. Os governos europeos, aliados de Washington, calan diante destes crimes namentres afirman que loitan contra o terrorismo e polos direitos democráticos. Os meios de comunicación europeus apenas falan do tema. Por iso facemos un chamamento para que asinedes esta petición que forma parte da Campaña Europea de Solidariedade cos Cinco. Tamén temos que interpelar aos meios de comunicación de masas para que falan do tema. Non aceitamos o despotismo de Bush, que protexe a terroristas e encarcera aos que tentan impedir estes atentados!
Ligazóns relacionadas: Entrevistas a Adriana, esposa de Gerardo, e a Irma, mai de Renacido. www.freeforfive.org www.freethefive.org www.antiterroristas.cu
Ler máisEtiquetas: Cuba |
  |
|
|
|
| Comprendermos Corea
|
| 27/11/2006 |

"Che Guevara visitou Pyongyang en 1965 e comentou á imprensa que Corea do Norte era un modelo ao que Cuba revolucionária debia aspirar." (1)
Corea do Norte é un país ridiculizado e ultraxado de xeito constante. O seu líder, Kim Jon-il, é demonizado pola direita e -agás Guevara en 1965 e os seus defensores hoxe- tamén pola esquerda. Declaran que Kim é un demente, ainda que ninguén aporta evidéncias que demostren ese diagnóstico. Semella que polo feito de facer todo o mundo esta afirmación, esta xa ten que ser certa. De ter esa ollada luminosa do Che poderia ser un icono da esquerda, como di Bruce Cumings. (2) Pola contra, o regordecho Kim foi convertido nunha caricatura, un Dr. Evil cun mal corte de pelo e vestido con roupa de hospital. O país que el preside, tan sinistro como el, é un perigo, iso din, para a paz e a seguridade internacionais, ofuscado como está en provocar unha guerra nuclear. Contan-nos que os anos de pésima xestión económica fixeron de Corea do Norte un caso perdido e que os seus cidadáns, nomeados prisioneiros no mellor dos casos, pasan fame e son reprimidos por un ditador sen piedade.
Motísima xente pode recitar o catecismo anti Corea do Norte - estado-prisión, reino do ermitaño, pária internacional-, ainda que todos eles confesarian que a iformación que teñen sobre o país, aparte das caricaturas oferecidas polos meios, é paupérrima ou inexistente. Isto sempre foi así. Xa en 1949, Anna Louise Strong tivo que escreber que "existe un pobre coñecimento público sobre o país e a meirande parte dos titulares máis que descreber, deforman os feitos." (3) Pola sua banda, Cumings cualifica as informacdións da imprensa estadounidense sobre Corea do Norte como "non informativos, non fiáveis, a miúdo sensacionalistas e enganosos".
Un dos motivos polos que os titulares deforman, incluso hoxe, especialmente hoxe, pode ser resumido nun siloxismo. Cando a Segunda Guerra Mundial chega ao Pacífico, era en grande parte unha loita entre os intereses económicos dominantes dos Estados Undios e os intereses económicos dominantes de Xapón polo controlo do Océano Pacífico, incluída a península coreana. Xapón ocupara Corea desde 1910 até 1945, ano no que foi expuslado pola resisténcia corena, sendo unha das suas principais figuras o fundador de Corea do Norte, Kim Il-sung, e pola entrada da Unión Soviética na guerra no Pacífico. Após a rendición de Tókio, os Estados Unidos tentaron asentar o dominío sobre as antigas posesións coloniais xaponeses, entre elas Corea. O estado guerrilleiro conducido por Kim trastornou eses proxectos. As ricas famílias capitalistas que dominan tanto a política exterior estadounidense como os meios de comunicación, recoñecen que Corea do Norte é unha ameaza para os seus intereses.Na República Popular Democrática de Corea (DPRK) non habia sítio para o livre cámbio, a empresa privada e o capital dos Estados Unidos. Isto permitiu prosperar ao país, proporcionando un referente antagónico ao capitalismo norteamericano, referente que outros países podian copiar e que revolucionários como o Che viron como un modelo no que inspirar-se. Os titulares enganan, máis que informar, porque Corea do Norte está contra os intereses deses que os escreben.
A miña perspectiva non é á da corrente principal ou a dos inversionistas, banqueiros e famílias ricas. Non apoio as sancións, nen a guerra, nen o desarme de Corea, e tampouco a política de Washington sobre Corea do Norte. Cando o New York Times solicitou a John Bolton, embaixador estadounidense na ONU, unha explicación polo miúdo da postura de Washingron con respeito á DPRK, Bolton "despois de rebuscar nun estante, colleu un volume intitulado A Fin de Corea do Norte e, golpeando a mesa con el, dixo: Esta é a nosa política." (4) A acusación de tolémia non é outra cousa que un xeito de dar credibilidade á absurda afirmación de que Corea do Norte é un perigo para o mundo. Non o é. A única ameaza que representa Corea do Norte é a dunha forte defensa própria aos proxectos dos Estados Unicos existentes desde hai moito tempo de dominar a península coreana, dun xeito ou doutro.
As raíces da II Guerra Mundial
Xapón colonizou Corea en 1910. Durante os seguintes 35 anos Corea foi unha enorme fonte de benefícios para os industriais e os financeiros xaponeses, benefícios que proviñan do sangue e do sofrimento dos coreanos. Milleiros de coreanos e coreanas foron levados a Xapón como traballadores forzados ou como escravas sexuais. Mais Xapón non podia dominar a península só. Contaban coa axuda de terratenentes e industriais coreanos ricos que, anos máis tarde tamén apoiarian ao governo de ocupación estadounidense e, pouco despois, ocuparian os postos chave no estado sulcoreano.
Ainda que Pearl Harbor marcou o comezo formal das hostilidades armadas entre Xapón e os Estados Unidos, o certo é que os dous países xa comezaran o conflito moito antes que o ataque a Pearl Harbor. Os dous procuraban dominar os países do Pacífico oriental e asegurar as suas riquezas meiante monopólios. Tókio levou a cabo unha política exterior agresiva e expansionista, apoiada nas armas, para expulsar ás outras forzas imperialistas da rexión. Os Estados Unidos, xa cunha posición dominante nas Filipinas, Guam, Hawai e Samoa, buscaron unha porta aberta para os seus exportadores e inversionistas na China. Coas duas poténcias perseguindo o papel dominante, era inevitável que, antes ou despois, remataran en guerra.
Unha vez que estoupou formalmente a guerra, Washington tiña diante sua unha perspectiva seductora. Se Xapón era derrotado, as suas colónias pasarian aos Estados Unidos, quizais non como colónias absolutas, máis si como territórios nos que teria a voz dominante. Noutras palavras, un final positivo para os Estados Unidos da guerra representaria todo o que estes buscaran antes do comezo desta.
Pouco despois de Pearl Harbor, o Ministério de Asuntos Exteriores estadounidense comezou a xogar coa idea de estabelecer unha administración fiduciária na Corea de posguerra. O debate xirou en torno a se unha relacion de fideicomiso daria a Washington suficiente influéncia nos asuntos coreanos da posguerra. A idea dunha administración fiduciária multilateral de Corea foi apresentada a británicos e franceses en 1943, mais os dous estados se negaron, temendo que debilitara os seus próprios impérios.
Unha división de autoria norteamericana
Non foron os coreanos quen biseccionaron a península polo parelelo 38. Foron os norteamericanos. O 10 de agosto de 1945, dous dias despois de que os soviéticos entraran na península coreana, dous coroneis norteamericanos, Dean Rusk e Charles Bonesteel, receberon a orde de dividir Corea en duas zonas de ocupación: unha norteamericana e outra soviética. Elexeron o paralelo 38 como liña divisória, dando-lle aos Estados Unidos o controlo da capital, Seul. Os soviéticos aceitaron a división coa condición de ter unha zona de ocupación soviética no norte de Xapón. Os norteamericanos negaron-se.
Un governo organizado por coreanos para coreanos, estabelecidos en Seul, foi fundado unhas semanas despois da rendición de Xapón. Chamou-se República Popular de Corea, nacida do Comité para a Preparacion da Independéncia de Corea e dos Comités Populares do Campo. Mália as suas pretensión de ser un exemplo de democrácia, os Estados Unidos rexeitaron recoñecer ao governo e traballaron activamente para reprimí-lo. Para os norteamericanos a República Popular de Corea tiña dous fallos: primeiro, non era responsável ante Washington; e segundo, tiña unha forte influéncia comunista.
No canto de permitir prosperar ao governo nativo recén criado, os Estados Unidos estabeleceron o que viñan planexando desde 1943: un rexime de ocupación militar estadounidense. O governo, que durou até 1948, estaba composto por coreanos fartos da ocupación estranxeira que querian unha Corea independente, unificada, e non separada artificialmente, cunha parte sul ocupada por un poder estranxeiro que anceiaba ser a voz principal nos asuntos coreanos.
Convidados inoportunos
Aos tres meses da ocupación, o governador militar estadounidense, Xeneral John Hodge, notou que o resentimento contra os norteamericanos crecia, e que os sulcoreanos advogaban pola sua independéncia. O termo "pro-americano", como comentou o governador, convertera-se en equivalente ao de "pro-xaponés", "traidor" ou "colaboracionista". Avisou que non habia que ignorar o sentimento antinorteamericano dos coreanos e que o sul era unha terra fertil para o comunismo. Tamén, que tiñan a Unión Soviética como inspiración.
As opinións de Hodge foron repetidas por Edwin Pauley, un amigo do Presidente estadounidense Harry Truman. Este enviou a Pauley a Corea en 1946 para facer unha análise sobre o terreno. Pauley ficou alarmado. O comunismo pode desenvolver-se aquí mellor que en práticamente calquer lugar do mundo", comentou-lle a Truman. Ao contrário que os soviéitcos, que tiveron que pasar por un periodo duro de industrialización para transformar unha paupérrima economia industrial nunha indústria colosal, os Comités Populares, de influéncia comunista, podian expropriar aos xaponeses as fábricas, os camiños de ferro, os servizos públicos e as indústrias de recursos naturais, e dirixí-los en benefício de todos desde o primeiro dia. Unha economia industrializada nas mans dos comunistas serviria como exemplo potencial dos méritos do socialismo e, o que ainda era máis importante, impediria aos inversionistas norteamericanos o aceso a estes mesmos recursos. De que valia vencer aos xaponeses, se non podias desfrutar do botín de guerra?
Colonialismo xaponés sen xaponeses
Os Estados Unidos, no seu primeiro ano de ocupación, suprimiron os Comités Populares criados. Hodge reclutou coreanos que serviran no Exército Imperial Xaponés como persoal dunha escola de oficiais de língua inglesa. En 1948, formara-se un exército sulcoreano, composto por seis divisións conducidas por antigos oficiais das tropas xaponesas. Un dos oficiais, Kim Sok-won, fora condecorado por Hirohito polos seus méritos na loita contra as guerrillas coreanas en Manchúria. Hodge tamén formou un corpo de policia, no que o 85% dos seus membros eran antigos membros da policia colonial. Esta policia foi encarregada de acabar cos Comités Populares formados nas distintas localidades. Após a derrota de Mussolini en Itália, os norteamericanos instalaron a un colaborador que continuou moitas das políticas de Mussolini. Os italianos chamaron ao novo rexime, instalado polos norteamericanos, fascismo sen Mussolini. Do mesmo xeito, no sul da península coreana, os norteamericanos impuxeran un colonialismo xaponés sen xaponeses.
Rebelión no sul
Pronto agroma unha rebelión no sul, na que tamén participa un importante movimento guerilleiro. Antes de 1948, a meirande parte das aldeas do interior están xa controladas pola guerrilla, que conta cun grande apoio popular. En outono de 1948, a guerrilla libera Yosu, provocando rebelións noutras cidades. O Comité Popular foi restaurada, izou-se a bandeira norcoreana e prometeu-se fidelidade ao norte. Un xornal rebelde reclamou a redistribución da terra, a purga dos colaboracionaistas en postos oficiais e unha Corea unificada.
Mentres o governo militar estadounidense permitia nominalmente a militáncia en organizacións de esquerda, a policia consideraba-os traidores que merecian a prisión ou un tiro. En 1948, a draconiana Lei de Seguridade Nacional foi utilizada para acurralar a 200.000 coreanos simpatizantes co norte e co comunismo. Un ano despois, 30.000 comunistas estaban presos e 70.000 en campos de concentración. O sul, coa sua represión sobre a esquerda, comezaba a semellar-se á Itália dos anos 20 e á Alemaña dos 30. Pouco tardaria en medrar ainda máis o parecido.
Medidas enérxicas contra a rebelión foron tomadas polos Estados Unidos, que cedera formalmente o controlo do exército sulcoreano. Porén, por acordo secreto, os militares sulcoreanos permanecian ás ordes dos norteamericanos. Incluso hoxe, en caso de guerra, o exército de Corea do Sul estaria baixo dirección norteamericana.
Washington recluta a un poderoso anticomunista
Corea fora históricamente unha sociedade dividida entre unha elite adiñeirada e unha masa de agricultores pobres. Os Estados Unidos inteviñeron a prol desa minoria acaudalada e contra as masas campesiñas, perpetuando os priviléxios.
A CIA, nun informe de 1948, afirmaba que Coreal do Sul se dividira no conflito entre "un movimento independentista popular, que atopou a sua forma de expresión coa criazón dos Comités Populares" conducido por "comunistas que basean o seu direito a governar na sua loita de resisténcia contra os xaponeses", e unha minoria de direitas apoiada polos Estados Unidos que monopolizou as riquezas do país e colaborou co Xapón imperial.
Por mor da impopularidade da direita, era imposível propoñer aos seus representantes para unhas eleizóns. Polo que os EEUU buscaron exilados non comunistas, cuxa auséncia do país evitaba calquer relación co colaboracionismo. Syngman Rhee, un feroz anticomunista, foi o nomeado para impulsar o proxecto de futuro ianqui. Rhee vivira nos Estados Unidos durante 40 anos, doutorando-se na Universidade de Princeton e casando cunha norteamericana. Un perfil totalmente diferente ao de Kim Il-sung, fundador de Corea do Norte e líder durante os anos 30 da resisténcia aos ocupantes xaponeses.
Cumings observa que "durante case catro décadas Corea do Sul foi dirixida por oficiais militares e burócratas que serviron aos mesmos dirixentes xaponeses aos que Kim e os seus camaradas combateron durante a década dos 30." (5)
O principal líder guerrilleiro
Kim desdeñou a incapacidade de Corea de resistir a dominación estranxeira. Os xaponeses vian nel un líder guerrilleiro moi capaz e perigoso, chegando a criar unha unidade espacial antiguerrilleira para dar-lle caza. As guerrillas eran forzas independentes, inspiradas no desexo dunha península coreana para os coreanos, e non foron controladas nen polos soviéticos nen polos chineses. A miúdo cruzaban a fronteira coa Unión Soviética para evadir as tropas da contrainsurxéncia xaponesa, recebendo algunha axuda material dos soviéticos.
Ao contrário que os Estados Unidos, que impuxeron un governo militar e reprimiron os Comités Populares, os soviéticos adoptaron unha posición de non intervención na sua zona de ocupación, permitindo que unha coalición de loitadores nacionalistas e comunistas conduciran o destino desa parte do país.
Após sete meses, naceu o primeiro governo central, baseado nun Comité Popular interino conducido por Kim Il-sung. Contráriamente á mitoloxia popular, Kin non foi escollido polos soviéticos. El gozaba dun considerável prestíxio e apoio como consecuéncia dos seus anos como líder guerrilleiro e o seu compromiso na liberación nacional. De facto, os soviéticos nunca confiaron completamente en Kim.
Oitos meses após o comezo da ocupación, foi posto en marcha un programa de reforma agrária que expropriou as terras sen nengunha compensación, ainda que coa alternativa para os antigos proprietários de emigrar ao sul ou permanecer nas mesmas condicións que o conxunto do campesiñado. Despois dun ano, o Partido dos Traballadores de Kim era xa a forza política dominante. As principais indústrias, as máis desexadas polos xaponeses, foron nacionalizadas. Os colaboracionistas foron purgados dos postos oficiais.
A DPRK proclamou-se o 9 de setembro de 1948, tres semanas despois de que se fundara a República de Corea no sul. Finalizando o ano, as tropas soviéticas abandonaron o país. Como comparación, a presenza de tropas norteamericanas foi constante no sul da península desde 1945. Hoxe permanecen, apróximadamente, 30.000 soldados estadounidenses en território coreano.
A influéncia soviética na DPRK nunca foi forte, e sempre estivo equilibrada pola influéncia chinesa. Estima-se que o número de asesores soviéticos no norte de Corea non rebasaba os 30 en 1947. A maiores, a participación de guerrilleiros coreanos nas tropas de Mao durante a guerra civil, estabeleceu importantes lazos entre o norte coreano e China.
Pola contra, a República de Corea foi dirixida por antigos colaboracionistas con Xapón, unha elite compradora e un presidente escollido a dedo por Washington polo seu fervente anticomunismo e que levaba 40 anos fora de Corea. A atracción dos estadounidenses por Rhee era dobre: por un lado, estaba livre de acusacións de colaboracionista polo que era máis aceitável para os coreanos que outros candidatos da direita, e polo outro, as suas credenciais anticomunistas eran impecáveis. Os EEUU limitaron-se a recoller o legado xaponés, e colocar a Rhee como home forte, no habitual modelo imperialista dos ianquis de exercer o mando através dunha elite local.
A Guerra de Corea, 1945-1953
A história oficial sinala o ano 1950 como o princípio da Guerra de Corea. Porén, Hugh Deane deixa ben claro na sua obra "A Guerra de Corea, 1945-1953" que "para os norteamericanos a guerra comezou en 1950. Para os coreanos comezou en 1945", ano no que chegaron os norteamericanos e encetaron a eliminación da nacente administración coreana. (6)
Os dous bandos quixeron a guerra, ainda que por motivos ben distintos. Para o norte, a guerra era simplesmente o seguinte capítulo na loita pola independéncia e a liberación da dominación estranxeira. A guerra comezara en 1945 cando os EEUU aterraron en Inchon e comezaron a represión sobre a República Popular recén criada. Ou, expresado doutro xeito, a guerra comezara en 1910 coa colonización dos xaponeses. 1945 marcou simplesmente un cámbio de ocupante. Para o sul, a razón da guerra era ampliar ao norte o sistema de señorio feudal estadounidense.
Os dous bandos efectuaron incursións através da liña divisória artificial debuxada polos EEUU no parelelo 38, e que os soviéticos aceitaran. Ainda que seria absurdo falar de violacións da fronteira por parte do norte. Podian os coreanos invadir Corea?
O Ministro británico de Traballo, Richard Stokes, recoñecia o absurdo disto nunha carta a Ernest Bevan:
"Na Guerra Civil Americana, os americanos nunca tolerarian a criazón dunha liña imaxinária entre as forzas do norte e as do sul, e podemos deducir cal seria a reacción se os británicos intervisen claramente do lado confederado. En América existia un conflito non só entre dous grupos de americanos, tamén entre dous sistemas económicos contrários, como no caso coreano."
Os sistemas económicos contrários en Corea eran; no sul, un sistema que perpetuou a riqueza e o poder nunha diminuta clase de proprietários, compradores e colaboracionistas xaponeses, e no norte, un sistema que lanzou reformas de grande alcance destinadas á grande maioria. Mais reducir o conflito a unha loita entre sistemas económicos competidores é perder parte da história. Tamén era un conflito entre liberación nacional e neocolonialismo.
No momento no que a guerra acadou unha nova fase, en 1950, co empurre das forzas do norte no sul, Kim Il-sung reclamou a restauración dos Comités Populares. As forzas do norte non atoparon nengunha resisténcia popular. Cando se recuperou Seul, o Comité Popular foi rápidamente refundado, conducido por coreanos do sul. Os Comités Populares apareceron en todas partes, como cinco anos antes, comezando un proxecto de reforma agrária radical.
A liberación do sul durou pouco tempo. Co boicote da Unión Soviética á ONU, en protesta pola negativa desta a outorgar-lle un posto no Consello de Seguridade á China socialista, os Estados Unidos lograron asegurar o apoio da ONU a unha "acción policial" en Corea. En 1953, os mortes coreanos na guerra ascendian a tres millóns, e todos os edifícios superiores a un piso de altura estaban esnaquizados polas bombas estadounidenses. Os sobrevivintes vivian en tobos.
É significativo, ainda que raramente comentado, que o bombardeo aéreo de civís foi o método característico da guerra empregado polos poderes imperialistas e, desde a Segunda Guerra Mundial, polos Estados Unidos. O primeiro bombardeo aéreo significativo foi o realizado polo governo laborista inglés en 1924 contra cidades de Iraq. (7) Despois foi o bombardeo nazi de Gernika e, pouco despois, os bombardeos masivos de Alemaña, Inglaterra e os Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial. En Corea, os Estados Unidos deixaron cair máis bombas que a soma total durante a Segunda Guerra Mundial, contando os dous bandos. Os avións de combate estadounidenses tamén guindaron máis napalm en Corea que anos despois en Vietnam.
Os enfrontamentos estancaron-se á altura do paralelo 38, estabalecendo-se un alto o fogo, non antes de que os EEUU destruiran encoros que proporcionaban o 75% da auga destinada á produccción agrícola do norte, un claro crime de guerra. Nunca foi declarado a fin da guerra, e os EEUU e a parte norte de Corea permanecen técnicamente en guerra. Pyongyang procurou en moitas ocasión normalizar a situación cos Estados Unidos, máis as suas tentativas de achar a paz sempre foron rexeitadas (o Ministro de Asuntos Exteriores Colin Powel dixo-lle a Corea en 2003 que "non facemos pactos de non agresión ou asinamos tratados desa natureza."
A economia de Corea do Norte avanza
Deixando á marxe os anos de guerra e os seguintes tres anos de recuperación, Corea do Norte experimentou un crecimento superior ao sul desde 1940 até meados dos anos 60. Tan impresionado ficou o Che após unha visita a Pyongyang, que declarou que Corea do Norte era un modelo ao que Cuba debia aspirar.
A indústria no norte medrou un 25% durante os 10 anos posteriores á guerra, e un 14% desde 1965 até 1978. Os funcionários estadounidenses estaban enormemente preocupados pola economia de Corea do Sul, que ia retrasada, levantando dúvidas sobre os méritos do proxecto direitista e neocolonial de Washington en Corea. En 1980, a capital norcoreana, Pyongyang, era unha das cidades máis eficientes de Ásia. Seul, pola sua banda, era unha imensa coelleira inzada de fábricas onde a explotación faria palidecer ao próprio Engels, completada cunha povoación sen vivenda.
Impaciente por apresentar o sistema económico do sul como superior ao do norte, Washington permitiu que a República de Corea emprendera un vigoroso programa de planificación industrial apoiado nunha parede de tarifas e subvencións, ao tempo que posibilitaba o aceso da indústria sulcoreana ao mercado mundial. Enormes axudas foron investidas no país. Xapón entregou 800 millóns de dólares en subvencións e empréstimos como compensación aos 35 anos de dominación colonial, nunha época na que as exportaciós sulcoreanas só chegaban a 200 millóns de dólares. E como compensación ao envio de 50.000 soldados para loitar e morrer do lado estadounidense en Vietnam, Washington pagou máis de mil millóns de dólares de 1965 a 1970, cantidade igual ao 8% do PBI do sul. O exército norteamericano asinou importantes contratos coas empresas sulcoreanas, e Vietnam absorbeu case toda a producción de aceiro do sul (producido por unha aceria construida coa axuda dos 800 millóns de dólares de Xapón).
No tocante ao norte, existiron erros de cálculo. Pyongyang encolerizou aos soviéticos ao comezo dos anos 60, ao decantar-se do lado chinés durante o conflito ruso-chinés. Como vinganza, a URSS paralisou as axudas ao norte. Mália esta axuda soviética non ser tan importante como a axuda dos EEUU e Xapón ao sul, durante a sua interrupción (foi restaurada máis tarde) freou a marcha do crecimento do norte. Pyongyang, nos anos 70, comezou a ter problemas coas dévedes ao ter que mercar determinados produtos en fábricas ocidentais.
Como resultado da planificación industrial do sul, o seu modelo de importación, as suas elevadas tarifas que actuaban como barreiras, e as axudas dos EEUU e Xapón, a economia do sul adiantou ao do norte a meados dos anos 80.
De todos xeitos, ainda que decreceu o crecimento económico no norte, a diferéncia no nível de vida entre o sulcoreano meio e o norcoreano meio nunca foi tan grande como os propagandistas de Corea do Sul querian facer crer. E o norte tiña os seus atractivos. Cando os bens consumíveis eran poucos, as necesidades diárias estaban abondosamente satisfeitas a prezos subvencionados. Cumings sinala un informe da CIA que recoñece vários logros do norte: "sinten cariño compasivo polos nenos en xeral e os orfos de guerra en particular; cámbio radical na posición das mulleres, vivenda gratuita, asisténcia médica gratuita, mediciña preventiva gratuita, mortandade infantil e esperanza de vida comparáveis aos índices dos países máis avanzados até o recente periodo de fame."
Corea do Sul: un estado fascista
No sul tamén existia un movimento de esquerda, anti-imperialista e anticolonial como no norte. A única diferenza era que, mentres na parte norte os soviéticos permitiron que este movimento prosperara até formar un estado, na parte sul, os Estados Unidos e os seus monicreques traballaron arreo para suprimí-lo. De facto, a história da política no sul durante a meirande parte da posguerra pode ser entendida como a política de conter á esquerda cos mesmos métodos que empregaran Mussolini nos anos 20 e Hitler nos 30.
En 1960, as protestas de estudantes e profesores da parte sul, obrigaron a fuxir a Rhee. Con Rhee fora, tiveron lugar as primeiras eleizóns de tipo ocidental. Nestas alturas, a economia do norte superaba ao do sul, e Kim Il-sun advogaba por unha Corea confederal. A sua proposta contou cun amplo apoio no sul, onde a esquerda, despois da represión de época de Rhee, contaba de novo con forza e ameazaba derrubar o rexime neocolonialista proestadounidense.
Un ano máis tarde, Park Chung Hee comandou un golpe militar para frear á esquerda, inaugurando unha ditadura militar que durou tres décadas e que asegurou a continuidade do sistema económico apoiado polos EEUU. O governo recentemente proclamado suplicou aos norteamericanos que impediran o trunfo dos golpistas, mais as suas súplicas non foron atendidas. Washington non só non fixo nada por frear o golpe senón que recoñeceu de imediato o novo rexime militar, dando-lle o seu apoio.
Park Chung Hee proibiu toda actividade política, pechou o parlamento e adoptou oficailmente un anticomunismo agresivo. Unha lei anticomunista foi promulgada, declarando-se que todos os países socialistas, especialmente o DPRK, eran estados inimigos. Esta lei era calcada ao vello Pacto Anticomintern asinado pola Alemaña nazi, pola Itália fascista e polo Xapón militarista. Tan extremo era o anticomunismo, que os censores ordenaron borrar as fotos do líder de Corea do Norte que aparecian nas edicións internacionalis do Times. Asemade, nas escolas comezou un programa de adoutrinamento anticomunista, buscando impedir que nas novas xerazóns xermolasen simpatias polo comunismo e pola DPRK. O norte, os seus líderes e o seu sistema económico, foi demonizado.
En 2005, The New York Times publicou unha reportaxe sobre sulcoreanos que traballan con norcoreanos na zona industrial de Kaesong: "Algúns sulcoreanos din sentir apuro ao traballaren xunto con norcorenaos, porque a educación ferozmente anticomunista de Corea do Sul inculcou neles que os coreanos do norte eran perigosos e malvados. En Corea do Norte, porén, os programas educativos ademais de sinalar o papel títere do governo de Corea do Sul, monicreques dos norteamericanos, enfatizan que os sulcoreanos son irmás e irmáns." (9)
No norte habia aloxamento de balde, asisténcia sanitária gratuita, igualdade de dirieitos para as mulleres e amizade cos compatriotas da outra banda do paralelo 38; no sul, non existia nengún seguro médico, nengunha rede de protección social, as horas de traballo máis longas do mundo industrial, salários miserávelmente baixos e adoutrinamento no culto ao odio e ao medo aos compatriotas setentrionais. No norte, os proprietários e os terratenentes coreanos durante a ocupación xaponesa foron purgados das posicións de poder; no sul, a mesma clase de colaboradores que serviran aos xaponeses ainda estaban no poder. En xaneiro de 2005, Roh Moo Hyun, o presidente da República de Corea, queixaba-se da incapacidade do sul para acabar "coa aberración histórica que supón que as famílias que loitaron pola independéncia da nación padeceran a pobreza durante tres xerazóns, mentres que as famílias colaboracionistas cos xaponeses gozaran do éxito durante tres xerazós." (10)
Os problemas económicos do norte
O colapso dos mercados de exportación do norte coa queda do bloco socialista, unha série de catástrofes naturais, o bloqueo económico constante dos Estados Unidos e o desvio dos escasos recuros á defensa militar, debilitaron severamente a economia da DPRK desde a caída do Muro de Berlín.
Baixo Gorbachov, os soviéticos procuraron o seu novo rol baixo o amparo dos Estados Unidos, o que implicou tamén abandonar aos seus vellos aliados. O comércio soviético con Corea do Norte paralisou-se desde 1988 até 1992, e a subministración de petróleo foi reducida severamente en 1991.
As políticas de Gorvachov arruinaron as economias dos estados socialistas, afundindo, primeiro no caos e despois no esquecimento, ao bloco socialista. Os mercados de exportación do norte desapareceron, privando a Pyongyhang da moeda estranxeira que precisaba para importar o carbón e o petróleo. A insuficiéncia de petróleo provocou un duro golpe á agricultura (a maquinária non podia funcionar) e á indústria química. A imposibilidade de producir fertilizantes foi outro golpe contra a agricultura, que provocou a escasez de alimentos, acentuada por unha série de secas e cheas na metade dos anos 90.
Ante a limitación dos seus mercados exteriores -un problema acrecentado hoxe polas sancións do Consello de Seguridade da ONU e polas manobras de Washington para illar Corea do Norte do sistema financeiro mundial- a DPRK converteu-se no maior exportador de mísiles balísiticos, o que lle subministrou a moeda estranxeira necesária para as importacións esenciais.
Coas fábricas e a maquinária agrícola traballando por debaixo das suas capacidades, Pyongyang loitou para criar unha defensa crível contra as contínuas ameazas dos Estados Unidos. O Pentágono introducira armamento nuclear na parte sul despois de 1953. Decenas de milleiros de soldados estadounidenses permanecian na península coreana, e outros tantos foron despregados no cercano Xapón. Os buques de guerra americanos patrullaban as aguas dos límites territoriais da DPRK, os bombarderos nucleares efectuaban prácticas de tiro e avións espias sobrevoaban o espazo aéreo dunha Corea do Norte ameazada.
Coa fin da Guerra Fria, as ameazas medraron. O 30% do orzamento militar ianqui era destinado a Corea.
A crise nuclear de 1993
En 1987, o norte construia un reactor nuclear de 30 megavátios en Yongbyon. A idea era substituir a enerxia producida polo carbón e o petróleo importados, pola enerxia atómica, ao contar con importantes reservas de uránio. Corea do Sul e Xapón tamén construian reactores nucleares, e tamén buscaban reducir a dependéncia do petróleo importado. Durante cinco anos, niguén en Washington expresou nengunha inquedanza. Houbo que agardar ao derrubo da Unión Soviética para que foran designados como novos "demos" internacionais Corea do Norte e Cuba. Estes dous países serian o pretexto para manter todo o aperello militar imperialista, e non danar os intereses da indústria bélica norteamericana e os negócios dos executivos, banqueiros e famílias capitalistas que dependian dos investimentos e das exportacións para asegurar os seus benefícios.
"Para os norteamericanos", observa Cumings, "a crise nuclear na península coreana comezou en marzo de 1993, cando Pyongyang anunciou a sua marcha do Tratado de Non Proliferación Nuclear. Mais para os norcoreanos, esta crise nace en fevreiro de 1993, cando o xeneral Lee Butler, máximo responsável das forzas nucleares norteamericanas, anunciou que as armas destinadas á antiga Unión Soviética apontaban agora a Corea do Norte."
A alarma de Pyongyang aumentou cando James Woolsey, cabeza da CIA, declarou que Corea do Norte era a maior preocupación de Washington. Tampouco axudaron a enfriar o tema, os milleiros de soldados norteamericanos que participaron en manobras de guerra ao longo da fronteira, xunto con bombarderos B-1 e B-52 e buques de guerra equipados con mísiles cruceiro. Foi nese momento cando Pyongyang decide que, se isa ia ser a nova política exterior norteamericana, era mellor abandonar o Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares, e pensar no xeito de impedir un ataque nuclear dos Estados Unidos.
Washington, imediatamente, comezou a traballar para minar os proxectos de Pyongyang. Do mesmo xeito que Israel en 1981, que lanzara unha incursión aérea para destruir o reactor nuclear de Osirak, en Irak, para impedir que o governo de Saddam Hussein desenvolvese armamento nuclear, os Estados Unidos pensou en enviar bombardeos ou lanzar mísiles para destruir as instalacións de Yongbyon. Deste xeito, debilitarian económicamente a Corea do Norte (imposibilitando a producción de enerxia nuclear para uso civil) e acabarian coa sua mellor arma de defensa própria.
Este plano fallaba en que era máis que improbável que Corea do Norte ficara de brazos cruzados diante da destrucción das suas instalacións nucleares. O norte devolveria o golpe inevitávelmente. Co seu amplísimo despregue de artillaria pesada ao longo do paralelo 38, non só Seul seria devastada, o prezo en baixas entre os 40.000 soldados norteamericanos dispostos en Corea seria insuportávelmente alto.
A crise foi pechada cando o antigo presidente estadounidense, Jimmy Carter, voou a Pyongyang para asinar un acordo con Kim Il-sung. O chamado Acordo Marco marcaba a volta de Corea do Norte ao Tratado de Non Proliferación e o peche de Yongbyon, mentres que os Estados Unidos se comprometian a normalizar as relacións, construir dous reactores de auga seguros e proporcionar o petróleo necesário para garantir as necesidades enerxéticas do norte.
Mália semellar un acordo realizábel para unha paz duradeira, só foi unha trégua. Washington non tiña nengún interesese na estabilidade do modelo norcoreano. Os funcionários norteamericanos coidaron que era cuestión dun par de anos o fracaso do modelo autosuficiente e anti-imperialista de Corea do Norte, tendo en conta os efectos acumulados das sancións económicas, os gastos en defensa e o colpaso dos mercados de exportación do norte. Segundo as análises da CIA, Corea do Norte cairia por si própria en 2002. (11) Deste xeito, Estados Unidos non teria que cumprir a sua parte do acordo.
The New York Times revelou as maquinacións de Washington: "A seguridade, por parte da Casa Branca, no derrubo da economia norcoreana foi a causa pola que prometeu entregar os reactores en 2003 a cámbio da volta ao Tratado de Non Proliferación de Corea do Norte. Os funcionários da administración Clinton dixeron en privado que coidaban que o governo do Sr. Kim non estaria no poder no momento en que os Estados Unidos tiveran que cumprir a sua promesa." (12)
Mais as agullas do reloxo continuaron avanzando até chegar a data da entrega dos reactores e, contra das previsións ianquis, o Partido dos Traballadores continuaba no poder e non habia signos dun colapso iminente. Diante do fracaso das suas previsións, os Estados Unidos, que non tiña nengunha intención de entregar a Corea do Norte os reactores, inventaron un problema. Afirmaron que Pyongyang puxera en marcha un programa nuclear secreto, violando o pacto, que teria que ser suspendido. A entrega de petróleo, a única parte do pacto cumprida polos EEUU, terminou mergullando a Corea do Norte noutra crise enerxética e obrigando-lle a abrir un reactor en Pyongyang, necesário para abastecer de enerxia o país.
A política estadounidense permanece inalterável
Como o colapso non chegou, Washington recuperou as práticas empregadas na Guerra Fria. Robert McNamara, presidente da Compañia Ford e, posteriormente, Kennedy e Johnson, explicaron que segundo as análises de Washington con respeito ás opcións da Unión Soviética nos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial, esta buscaba tres obxectivos, que por orde de maior a menor importáncia serian: 1. Reconstruir unha economia minada pola guerra. 2. Reconstruir o seu poderio militar, enormemente debilitado, para protexer-se da ameaza capitalista. 3. Estabelecer amizades na Europa do Leste e no Terceiro Mundo. Se Washington fose quen de obrigar á Unión Soviética a converter o segundo obxectivo no prioritário, á marcha ao comunismo seria bloqueada. Frearia-se o desenvolvimento económico, produciria-se unha desilusión nos soviéticos e, propiciado polo próprio Kremlin, o distanciamento co marxismo-leninismo medraria. A chave estaba na ameaza militar, forzando aos soviéticos a unha carreira militar que criaria distorsións na economia soviética e, posívelmente, acabaria co experimento socialista. (13)
Despois do 11 de setembro, Washington decarou unha guerra ao "eixo do mal", Iraq, Irán e a DPRK. Corea do Norte foi incluida na lista no último momento, segundo David Frum, o encarregado de elaborar os discursos de Bush, porque a administración de Bush quixo que Pyongyang "sentira o peso dunha man forte." (14) Para asegurar a presión, o Pentágono preparou unha nova estratéxia nuclear consistente en apontar a estados sen armamento nuclear e reservar-se o direito de lanzar ataques preventivos. Corea do Norte foi seleccionada. Despois, John Bolton, subsecretário de Estado para o controlo de armas naquelas datas, utilizou a invasión de Iraq para advertir a Corea do Norte (tamén a Síria e Irán) de que tiña que "aprender a lizón." (15) Os Estados Unidos exercian un imperialismo anovado e descarado, no que a DPRK tiña que capitular ou andar con coidado.
Felix Greene indicou que a política dos Estados Unidos sempre fora a de destruir governos revolucionários. Os Estados Unidos procuraron facer isto impoñendo embargos e presionando a terceiros países para que os cumpriran. Arma e fináncia aos inimigos de estados socialistas, acosa as suas fronteiras, ameaza-os cunha guerra nuclear e difunde propaganda antisocialista e procapitalista entre a povoación. Non aforra esforzos en impedir os proxectos destes países por construir sociedades non explotadoras, prósperas e independentes, bloqueando produtos esenciais e obrigando a enormes gastos en matéria militar; apresentado as dificuldades económicas inevitáveis como a proba da pobreza inerente ao socialismo revolucionário. (16)
Un produto da sua história
Corea do Norte é o produto da sua história, da sua colonización polos xaponeses, das guerrillas dos anos 30, das suas tentativas por unificar o país e acabar coa ocupación do sul após a Segunda Guerra Mundial, do holocausto cometido polos Estados Unidos baixo a bandeira das Nacións Unidas a comezo dos anos 50 e da sua loita diária cos Estados Unidos pola sua supervivéncia, agora intensificada como consecuéncia da queda da Unión Soviética e os anceios de dominación mundial por parte de Washington. Corea do Norte loitou e loita por iso que di buscar a esquerda: xustiza económica, igualdade, direitos para as mulleres e soberania nacional. Para isto, en cada centímetro do camiño, tivo que loitar contra a resisténcia decidida dos Estados Unidos e, a miúdo, sen o apoio, e con frecuéncia coa hostilidade, da meirande parte da esquerda dos países avanzados.
Para moitas persoas de esquerda, Corea do Norte goza de má reputación, chegando a ser repugnante. Os seus defectos, tanto verdadeiros como imaxinários, son entendidos como rasgos inseparáveis do sistema económico e político do páis, sen relación cos acontecimetos circundantes. Os ataques lanzados contra o país mesturan-se cos prexuizos existentes desde hai moito tempo.
É surprendentemente doado suprimir o apoio exterior a un país lanzando acusacións falsas. Os indiscutíveis gastos da Casa Branca para este fin aparecen a diário na imprensa de todo o mundo. Washington fixo afirmacións absurdas sobre Iraq, defendendo que contaba con escondites de armas de destrucción masiva non declaradas, mália levar décadas de inspeccións. Que máis tarde se recoñecera que era falso non importa, demasiado tarde. Converter a Corea do Norte nun país feo, inzado de horrores, sobre os cais nengunha persoa sá pronunciaria na vida unha palavra amável, é competéncia dos mestres na propaganda de Washigton. Calquer governo que desafie sériamente ao capitalismo e ao imperialismo será o branco dunha campaña de difamación por parte de fontes "respeitáveis" e comentaristas "sérios", deixando o camiño aberto á manipulación.
Intereses comúns
É evidente que a loita de Corea do Norte pola sua soberania e os seus direitos económicos é oposta á política exterior da clase dirixente dos Estados Unidos. Os seus intereses chocan. Mais non existe nengún choque entre os intereses de Corea do Norte e ás povoacións que viven nos países capitalistas avanzados. A frialdade, cando non a absoluta hostilidade, da maior parte da esquerda nestes países, require unha explicación.
A intoxicación chauvinista e a caréncia de conciéncia de clase -a falsa idea de que temos máis en común coa nosa clase dirixente que domina a política exterior que cos coreanos, do sul ou do norte, que loitan pola sua soberania e pola xustiza económica- teñen boa parte de culpa. Como tamén iflue o comportamento da chamada esquerda que, na sua busca de respetabilidade e votos, sacrifica os obxectivos fundamentais cambiando-os por benefícios imediatos, cousa que tamén explica a frialdade para coa DPRK.
A ignoráncia sobre a história e o governo do norte forma parte tamén da explicación. Como tamén o son as deformacións e os efectos das políticas de guerra, intimidación e estrangulamento económico que manteñen os Estados Unidos. Non é agradável ter pouco para comer, ser reclutado no exército durante un amplo periodo e estar obrigado a viver baixo a constante ameaza nuclear, mais estas non son as condicións que os norcoreanos elexeron livremente, senón que son imposicións do exterior como castigo por esforzar-se por buscar algo mellor que o ofertado polo coloniamismo, o capitalismo e o imperialismo. Aqueles que se esforzan polo mesmo noutras partes do mundo deben, cando menos, entender un pouco a Corea do Norte.
Está claro por que o Che Guevara e outros revolucionários, consideraron á Corea do Norte dos anos 60, dos 70 e até princípios dos 80, como unha inspiración. Xurdindo das guerrillas dos anos 30, o norte loitara contra o imperialismo. Gañaron aos xaponeses e pararon aos estadounidenses. Construia-se, diante da hostilidade constante dos Estados Unidos, unha sociedade socialista que progresaba cara ao comunismo. O país ofereceu asisténcia médica gratuita, educación gratuita, aloxamente gratuito, reforma agrária radical e igualdade de direitos para as mulleres. A sua indústria avantaxaba ao do sul. Pola contra, a neocolónia de Washington convertera-se nun enorme labirinto de fábricas que lembraban á revolución industrial de Inglaterra. A xente vivia en pésimas condicións, nunha loita constante contra unha ditadura militar apoiada polos Estados Unidos, aturando un rexime semellante aos fascistas europeus.
Seguiria hoxe o Che inspirado pola Corea do Norte actual, un país empobrecido que loita contra a escasez de alimentos? Probávelmente. O que mudou foron as circunstáncias, non os motivos dos que nace a inspiración. Os proxectos que Corea do Norte se propuxo -soberania, igualdade, socialismo- son hoxe máis complicados, máis duros de conseguir polo valeiro deixado pola contra-revolución que varreu á Unión Soviética e ao leste europeu, así como a vertixinosa carreira de China cara ao capitalismo. Debilitaria-se o apoio do Che a Corea do Norte polo feito de que se multiplicaron as adversidades? Duvido-o. Un revolucionário sabe que é mellor morrer de pé que viver de xeonllos. Corea do Norte nunha viveu de xeonllos. Penso que o Che gostaria diso.
1. Bruce Cumings, “Korea’s Place in the Sun: A Modern History (Updated Edition),” W.W. Norton & Company, 2005; p. 404. Todas as referéncias históricas proceden desta obra ou de Bruce Cumings, “North Korea: Another Country,” The New Press, 2004.
2. Cumings é catedrático de História na Universidade de Chicago.
3. Anna Louise Strong, “In North Korea: First Eye-Witness Report,” Soviet Russia Today, New York, 1949.
4. “Absent from the Korea Talks: Bush's Hard-Liner," The New York Times, 2 de setembro, 2003.
5. Bruce Cumings, “We look at it and see ourselves,” London Review of Books, 15 de decembro, 2005.
6. Hugh Deane, “The Korean War: 1945-1953,” China Books & Periodicals, San Francisco, 1999.
7. R. Palme Dutt, “Problems of Contemporary History,” International Publishers, New York.
8. New York Times, 13 de agosto, 2003.
9. New York Times, 8 de fevreiro, 2005.
10. New York Times, 5 de xaneiro, 2005.
11. “In ’97, U.S. Panel Predicted a North Korea Collapse in 5 Years,” New York Times, Oc27 de outubro, 2006.
12. Ibid.
13. Bahman Azad, “Heroic Struggle, Bitter Defeat: Factors Contributing to the Dismantling of the Socialist State in the USSR,” International Publishers, New York, 2000, p. 138.
14. David Frum, “The Right Man: An Inside Account of the Bush White House,” excerpted in the National Post, 8 de xaneiro, 2003.
15. Cited In Workers World, 9 de outubro, 2006.
16. Felix Greene, “The Enemy: What Every American Should Know About Imperialism,” Vintage Books, New York, 1971.
Ler máisEtiquetas: República Popular Democrática de Corea |
  |
|
|
|
| Nova lei sobre o traballo en China. Entrevista a Peter Franssen
|
| 25/11/2006 |

China prepara unha nova lei sobre o traballo. As empresas ocidentais ameazan con tomar contramedidas. Pol De Vos, no portal da revista electrónica Solidaire, entrevista ao especialista en China, Peter Franssen.
Pol de Vos: Cal é o contido desta lei?
Peter Franssen: A lei estipula que os donos e os sindicatos deven negociar convénios de traballo en pe de igualdade. No momento da contratación dun traballador, o periodo de proba non pode exceder un mes, despois do cal ten direito a un contratro fixo. O despido colectivo precisa o acordo do sindicato. Esta lei impón, ademais, un severo controlo do respeito á lexislación existente en matéria laboral, como a semana laboral das 44 horas, a semana de cinco dias, o salário mínimo, o pago das horas extras. No caso de infracción, o dono deverá pagar unha multa ou, incluso, pode ser encacerado.
Como reaccionaron os donos?
Para os patróns americanos e europeus ocidentais que investiron en China, esta lei "pon en perigo os valores tradicionais do mercado", sobreentendendo que os patróns van perder unha grande parte do seu poder de decisión. Tamén tratan de facer chantaxe. Keyong Wu, da Cámara de Comércio británica, dixo textualmente: "viñemos a China polos reducidos custes salariais e a flexibilidade laboral. De desaparecer, iremos á Índia, Paquistán ou a Bangladesh."
Como reaccionaron os chineses ante a chantaxe?
Con calma. Posívelmente introduzan algunhas pequenas modificacións na lei, mais o fondo non mudará.
A finais dos 70, cando comezou a política de reformas, eles estaban nunha posición de inferioridade. Necesitaban absolutamente os investimentos americanos, xaponeses e europeus, así como os seus capitáis, tecnoloxias e técnicas de xestión. Querian progresar. Hoxe a situación é un pouco máis equilibrada.
En outubro, o grupo francés Alstom asinou un contrato cunha empresa do Estado para a construcción de 500 locomotoras ultramodernas. A dirección de Alstom teme que China a expulse cedo, e non se converta nun exportador de locomotoras, senón tan só nun importador. Ainda que engade, "non temos eleizón, de non aceitar a transferéncia de tecnoloxia, nunca obteremos nengún contrato con China."
No último mes, China lanzou unha producción en série de computadores con procesadores chineses que non teñen nada que envexar aos xaponeses ou americanos. Estes computadores serán vendidos ao prezo de 100 euros. Oito veces menos que aquí.
Até agora, China sempre mercou os seus avións a Airbus en Europa e a Boeing nos Estados Unidos, mais en 2008, o país producirá os seus próprios avións de pasaxeiros.
Os chineses poden agora impoñer condicións aos inversionistas estranxeiros. Ainda que non poden ainda impoñer todo o que quixeran, a sua posición e cada dia máis forte. O revolucionário ruso Lenin dixo un dia: "os capitalistas estranxeiros fan todo polo diñeiro. Tentan vender-nos até a corda coa que os colgaremos." Isto foi o que pasou en China os últimos anos.
Esta nova lei, non proba que a lexislación social existente non é boa?
A lexislación existente vai moito menos lonxe. Ainda que os chinese son conscientes dos erros cometidos nos anos 80 e 90. Nesa época as suas únicas preocupacións eran o crecimento económico e a elevación dos níveis de vida. Non se preocuparon das condicións de traballo, particularmente dos emigrantes nacionais, dos campesiños que emigraron ás cidades para traballaren na indústria. Son 150 millóns, a quinta parte da povoación activa. Máis da metade son forzados para facer horas extras, moi pouco ou nada remuneradas. Máis da metade traballa seis dias á semana. A sua renda é inferior ás dos outros traballadores. "Se a nova lei sobre o traballo se cumpre, o salário destes emigrantes medrará cando menos nun 50%", explica Anita Chan, especialista en convénios colectivos da Universidade Nacional de Austrália.
Para rectificar os erros do pasado, o governo dirixe-se aos próprios traballadores. O governo recebeu 190.000 correos electrónicos e cartas con proposicións. O parlamento está ocupado no seu estudo. Isto é unha forma de mobilización. As autoridades queren dar novos meios legais aos traballadores.
Sen o sindicato, isto non sairá adiante
Este ano, o sindicato afiliou xa perto de 6 millóns de novos membros, emigrantes na sua maioria. Hai algúns meses, o sindicato criou seccións nas 62 tendas da cadea americana Wal-Mart. Un duro golpe para Wal-Mart que proibe toda representación sindical nas suas tendas nos Estados Unidos. Podemos ler na imprensa chinesa dúcias de artigos sobre estes temas, sobre os meios clandestinos que o sindicato tivo que empregar e tamén sobre a explotación dos emigrantes, os salários impagados, a inseguridade laboral, a auséncia de hixiene nas fábricas e nas minas, as horas extras obrigatórias... Todo acompañado de testemuños, reportaxes, fotografias. Tamén podemos ler o chamamento aos traballadores para obrigar aos patróns a respeitar a lei.
Ler entrevistaEtiquetas: Asia |
  |
|
|
|
| O Partido do Traballo de Bélxica felicita ao Partido Socialista dos Países Baixos polo seu resultado eleitoral
|
| 24/11/2006 |

O PTB felicita ao SP dos Países Baixos polo seu resultador eleitoral (26 escaños no parlamento). Despois do rexeitamento da Constitución europea no referendum do pasado ano, estamos ante o segundo sinal importante que demostra que os holandeses buscan consecuentemente unha alternativa á esquerda dos partidos tradicionais.
O SP converte-se no terceiro partido dos Países Baixos, pasando de 9 a 26 escaños. "Un ascenso notável da extrema esquerda", intitulou a CNN, engadindo: "Os partidos governamentais (CDA -Chamada Demócrata Cristiá- e VVD -Partido Popular pola Liberdade e a Democrácia) perden moita forza e non poden formar governo".
Os resultados do SP non caen do ceo. Son o resultado de 30 anos de traballo na base, nos bairros e nos centros de traballo. Un tércio dos membros do sindicato FNV (Federatie Nederlandse Vakbeweging) votou polo SP. O bon traballo do SP na base converte-se nun bon traballo do partido e nun bon resultado eleitoral. Obtivo os mesmos resultados que o PTB en Zelzate (21,7%) e en Herstal (9,4%) nas pasadas eleizóns municipais.
En segundo lugar, os resultados do SP dos Países Baixos son o resultado dun programa social de dez ponstos. De xeito independente ao SP, o PTB elaborou un programa moi semellante baseado en enquisas populares realizadas para as eleizóns municipais do 8 outubro de 2006. As seguintes reivindicacións son case idénticas entre os dous programas: mellores e máis cercanos centros de saúde, un servizo público de abastecimento de gas e electricidade, aulas menos masificadas no ensino e a construcción de novas vivendas sociais. Isto permitiu triplicar o número de representantes do PTB, pasando de 5 a 15 concelleiros municipais.
É necesário subliñar aspectos particulares do sistema eleitoral holandés: trata-se dun sitema de voto realmente proporcional, que permite unha repartición equitativa dos 150 escaños parlamentares. Non existe o umbral antidemocrático do 5% como na nosa casa. Cada partido participante recebe o mesmo tempo nos meios de comunicación televisados, 6 espazos eleitorais de 3 minutos.
Etiquetas: Europa, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Xenocídio lingüístico nas aulas galegas
|
| 23/11/2006 |

MadialeVa
Lembro perfeitamente cando un neno de 3º de Primária dun coléxio do lucense bairro de As Gándaras me dixo: "profe, non vou falar máis o galego no cole, en Palas todos o falaban, aquí só o falo eu." Chegara de Palas de Rei aquel ano a Lugo.
Cando cheguei a Lugo ficaba engaiolado cando me cruzaba cos pícaros que ian coas suas mais e pais falando en galego. Era algo descoñecido para min, que viña de Ferrol. Se aquel neno de Palas sentia iso nunca cidade como Lugo onde ainda hai nenos que falan na língua desta terra, que pasará en cidades moito máis españolizadas como pode ser Ferrol ou A Coruña?
Ben sei que é un tema xa ben trillado, mais non podo ficar mudo ante o espanto que representa o sistema educativo na Galiza. Unha máquina de españolización, máis potente ainda que o televexo. A nosa língua, a nosa história, fican amputadas por uns contidos mínimos obrigatórios que chegan da capital do Reino, e que inzan o currículo escolar. Un profesorado que, moi a grosso modo, se pode dividir en tres grupos: unha minoria militante que loita pola pervivéncia do galego, unha maioria muda que actua como aspersor de diglósia e catro "mártires" españolistas.
Estes últimos están aparecendo estes dias nos titulares da imprensa española en Galiza. Queixan-se da "persecución do español" nas aulas galegas!!!! Semella un rexurdir de AGLI. Que falla de vergonza a destes desgraciados! Xerazóns enteiras de escolares desgaleguizados e esta xente, con todo aparello mediático dos fascistas do PP ao seu servizo, queixando-se por ter que facer o programa da matéria en galego.
A este grupo de hooligans do auto-ódio pertencia aquela profesora universitária que foi expedientada por zorregarlle unha labazada a un aluno que ousou empregar o galego para falar con ela. Cando lembro estas cousas, e penso nestes desleigados, non podo evitar pensar nun mañá no que un tribunal popular xulgue a estes profesores por xenocídio lingüístico. Un tribunal presidido por un viciño de Palas de Rei.
Etiquetas: GZ |
  |
|
|
|
| A xerarquia eclesiástica cualifica a "unidade de España" como "un ben moral"
|
| 22/11/2006 |
 Ainda que por agora só se trata do borrador, a nova instrucción pastoral dos bispos do Estado Imperialista Español, que nace como "resposta pastoral á situación relixiosa, social, cultural e política da nosa sociedade", define a "España" como "ben moral", e afirma a necesidade de acadar "un ben común e solidário a todas as rexións do país".
O texto quer transmitir o "espírito" do Papa, o antigo voluntário nazi Ratzinger, e para iso os ponentes utilizaron os discursos deste, entre eles o que deu en Valéncia nesa concentración de reaccionários. Os bispos falan con preocupación dos "cámbios" que se están a dar na lexislación, no referente á educación e á família, e que poden ter "consecuéncias desastrosas" para o futuro da sociedade. Lonxe de falar dos cada vez máis frecuentes casos de pederástia e outros abusos sexuais por parte de relixiosos, avisan-nos dos perigos dos "proxectos de lei contrários á vida", como as supostas "portas abertas" á ampliación do aborto e á implantación da eutanásia.
Remata o proxecto de pastoral, que fontes eclesiásticas cualifican de moderado, cunha petición para orar pola unidade, a concórdia, a xustiza, a verdade e a paz.
Xa o dixo monseñor Romero Pose: "España non é froito da casualidade". Mágoa que non rematara a explicación e non nós dixera que "España" ,ou "Hespaña" que diria Castelao, é o produto de séculos de opresión sobre outras nacións. No caso galego, máis de 500 anos de colonización, nos que a Igréxia Católica foi, e continua a ser, un dos máis importantes contrafortes.

Etiquetas: Fascismo |
  |
|
|
|
| É lóxico
|
|
Michel Collon

Resumamos. Iraq foi bombardeado porque NON tiña armas de destrucción masiva que poderian facer vacilar ao invasor. Outro tanto no caso de Xugoslávia, Afganistán, Líbano e algún máis (Washington bombardeou 20 países desde 1945).
Agora, aqueles que SI teñen armas de destrucción masiva pretenden PROIBIR ás suas vítimas posuí-las. Israle ten direito ás armas nucleares. Porén, Iran e Corea do Norte non teñe ese direito.
Os Estados Unidos non só se arrogan o direito a roubar as matérias primas, derrubar Estados e controlar rexións estratéxicas, senón que tamén reclama facé-lo SEN RISCOS. É lóxico.
Etiquetas: Países Árabes/Sionismo |
  |
|
|
|
| Cuba Humanidade, novo portal na rede
|
| 20/11/2006 |

O internacionalismo cubano está fora de dúvida para calquer persoa mínimamente informada. Un pequeno país bloqueado polos Estados Unidos envia médicos e material a calquer recuncho do mundo onde sexa necesário. En Pakistán os médicos cubanos son máis que o conxunto de médicos dos países ocidentais. Para dar a coñecer a estes herois, nace o portal Cuba-Humanidade. Fotografias, vídeos e histórias destes médicos cubanos en Pakistán, Haití, Honduras, Guatemala, África, etc.
A importáncia desta axuda e a calidade da mesma queda perfeitamente reflectida nestas palavras de Tarique Alí, recollidas da portada de Cuba Humanidade.
"A axuda que recebemos de Ocidente foi moi limitada. Non chegaron os helicópteros que necesitaba o país para o resgate dos milleiros de persoas que ficaron atrapadas nas montañas onde tivo lugar o desastre, mália estar Afganistán inzado de helicópteros da OTAN, utilizados para matar. Perguntaba-me: por que non deixan de matar xente por unhas semanas e axudan ás vítimas do desastre? O embaixador alemán chamou-me e dixo-me: "estás sendo moi duro". "Pois é a pura verdade", repliquei-lle. Duas semanas após o terremoto, os Estados Unidos ofereceron 15 helicópteros. Estes países que acostuman facer despregues imensos para a guerra, ignoran aos vivos, se son pobres vítimas das fúrias da natureza. O único que fixeron foi enviar comida a un único aeroporto. Boa parte deste envio foi parar ao mercado negro, onde se dispararon os prezos. O que necesitaba o povo que padecera tanto era atención directa de médicos, enfermeiros, profisionais cirúrxicos e mediciñas. Iso só chegou cos cubanos. Hai máis médicos cubanos en Pakistán hoxe, que todos os médicos de Ocidente xuntos.
Na miña opinión a axuda máis útil foi a dos tres hospitais de campaña que levantaron os cubanos nos lugares máis afectados. O povo viu claramente quen axuda e quen non. Isto é dun impacto incalculável en Pakistán. Tanto o governo como a povoación están extraordináriamente agradecidos." Tariq Alí, entrevistado por Arleen Rodríguez e Rosa Miriam.
Ler máisEtiquetas: Cuba |
  |
|
|
|
|
|