Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Governo cubano chama "vulgar mercenário" ao presidente de Costa Rica
28/12/2006
Ministério de Relacións Exteriores da República de Cuba
La Habana, 27 de decembro de 2006


O Ministério de Relacións Exteriores da República de Cuba amosa a sua máis profunda indignación polas recentes declaracións contra o noso país e o Presidente Fidel Castro pronunciadas polo Presidente de Costa Rica Óscar Árias. Non son as primeiras e seguramente non serán as úlimas.

Nesta ocasión, de xeito irrespeituoso e carente dun mínimo de ética, comparou a Fidel co finado ditador chileno Augusto Pinochet.

Referiu-se tamén ao momento actual que vive América Latina, onde segundo a sua opinión "existe unha morea de irresponsáveis, demagogos e charlatáns que xogan coas aspiracións da xente", en clara referéncia aos novos liderazgos progresistas que abrollan no continente.

Como se sabe, o governo dos Estados Unidos sempre tivo a man algún que outro paiaso oportunista presto a continuar os seus planos agresivos contra Cuba, a maioria deles políticos de baixa catadura que remataron no basureiro da história.

Cos novos ventos que sopran na rexión, semellaba difícil atopar un voluntário para actuar de testaferro de Washington, mais o ególatra de Árias non o duvidou, con entusiasmo e sumisa lealdade ao império. Algún dia saberemos a que prezo.

Se alguén tivera dúvidas, abondaria ilustrar con algúns exemplos:

- O 11 de marzo de 2006, o presidente Bush chamou-no para felicitá-lo pola sua eleizón como presidente de Costa Rica: "Vosté pode axudar-me moito ante o novo panorama en América Latina".

- O 28 de agosto de 2006, Árias publicou o artigo "A hora da democrácia en Cuba" onde reproducia polo miúdo o que dixera cinco dias antes o subsecretário do Departamendo de Estado norteamericano, Thomas Shannon, sobre a "Transición en Cuba".

- O 23 de setembro de 2006, Árias entrevisou-se con John Maisto, embaixador norteamericano ante a OEA, e anunciou a axenda anticubana que levaria á Cimeira Iberoamericana de Montevideo, axenda que non se atreveu a despregar finalmente ao comprobar que non teria alí un auditório propício.

- O pasado 6 de decembro, durante unha entrevista na Casa Branca co presidente Bush, discutiu amplamente "o caso cubano" e, coa gratitude do amo, expresou á imprensa: "Vostés saben moi ben os meus compromisos de devolver-lle a democrácia ao povo cubano, despois de 47 anos de ditadura".

O señor Óscar Árias é un vulgar mercenário. O Presidente Árias apoia descaradamente o plano de anexión de Estados Unidos contra Cuba e falta ao respeito á heroica e abnegada loita do noso povo pola sua independéncia e a sua soberania.

O presidente Árias non ten, ademais, moral para criticar a Cuba nen a ninguén. Nas suas arelas por acadar novamente a presidéncia de Costa Rica, utilizou as suas influéncias para que se modificara a Constitución dese país, sen que se propiciara unha reclamada consulta popular.

Non realizou eleizóns no seu partido. Foi eleito presidente con só o 25% dos votos nun proceso inzado de irregularidades.

Máis que preocupar-se polo destino de Cuba, algó que só corresponde aos cubanos, teria que ocupar-se da corrupción do seu país, que compromete incluso a un vicepresidente e a tres ex presidentes.

Teria que atender ás dignas propostas do irmán povo de Costra Rica contra o Tratado de Livre Comércio cos Estados Unidos que o presidente Árias pretende impor sen escoitar esas reclamacións.

Teria que preocupar-se polo 23% de pobreza que padece o seu povo, os níveis de inseguridade cidadá, a falta de emprego, o insuficiente aceso á educación de milleiros de crianzas e mozos a as crecentes desigualdades sociais nesa nación.

O presidente Óscar Árias está, ademais, fora do contexto e non encaixa nos novos tempos da verdadeira e definitiva integración latinoamericana. desentoa como servil papagaio do imperialismo ianqui e ninguén certamente asistirá ao seu funeral político.

É un personaxe vaidoso, mediocre e enfermo de protagonismo.

Non pode ser tomado en sério.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Proiben imaxes do Che en escolas suízas
RedGlobe
17/12/2006

A fantasma do Comunismo percorre as escolas suízas. Por iso, un director rexional das escolas no Cantón Waadt, no suloeste suízo, xa se converteu nun grande combatente de resisténcia anticomunista. Jean Mauerhofer, quen dirixe as escolas en Chexbres, Puidoux, Rivas e Saint-Saphorin, proibiu o uso da imaxe do Comandante Che Guevara dentro das escolas. Como informa o xornal suízo Le Matin, o director Mauerhofer confesou a sua "profunda antipatia" polo revolucionário arxentino-cubano.

Mauerhofer argumenta que o Che ordenara "masacres no nome dunha nobre causa". Trata-se das execucións contra torturadores e asasinos do rexime de Batista, pouco despois do trunfo da Revolución Cubana.

O director aclarou tamén que están permitidos imaxes de cantantes como a estadounidense Britney Spear se non están nuas. Mauerhofer argumenta que Spears "non chamou á guerra nen apoiou o matar persoas". Semella que Mauerhofer non coñece a entrevista da cantante co xornalista da CNN, Tucker Carlson, en setembro de 2003, meio ano despois de que as tropas estadounidenses invadiran Iraq. Carlson perguntou-lle se apoiaba a guerra contra Iraq e Spear respostou: "Coido que temos que confiar no noso presidente en cada decisión que toma, e deberiamos apoiá-lo."

Etiquetas:

(0) Comentarios
Capitalismo xamais será alternativa en Cuba, afirman universitarios
27/12/2006
26/12/06



O capitalismo non será xamais a alternativa en Cuba, sentenciou hoxe a Federación Estudantil Universitaria (FEU), ao ratificar o respaldo á continuidade e invulnerabilidade política da revolución na Illa.

Os delegados ao VII congreso da FEU, concluido este mércores na presenza do primeiro vicepresidente cubano, Raúl Castro, emitiron unha declaración final na que se comprometeron a asegurar a proxección social da organización.

"Asegurarnos nos nosos principios e nos mellores valores que sementou a obra da Revolución en nós", propuxeron os máis de 700 estudantes, en representación das 11 mil brigadas (grupos) das universidades do país.

Sinalaron, ademáis, que a súa misión será "loitar, sobre as nosas carencias e dificuldades, por formar ao Home Novo que terá que seguir defendendo e erguendo a Sociedade Nova".

As/os mozas/os aseguraron que non serán inxenuos, nin baixarán a garda perante os esforzos históricos dos círculos de poder estadounidenses por impor o sistema capitalista na Illa.

"A nova xeración de universitarios cubanos defendemos a nosa Revolución martiana, marxista-leninista, socialista e antiimperialista, conscientes de que só ela asegura a verdadeira liberdade e dignidade, soberanía e independencia da Patria".

Os futuros profisionais ratificaron non desexar outra sociedade que a do soño martiano realizado por Fidel Castro e un pobo que sabe o que quere e se esforza por ser mellor cada día.

"Non hai maior compromiso e tarefa para as/os universitarias/os cubanas/os na FEU, que a defensa da continuidade da Revolución", guiados na unidade e fieis ao legado histórico da súa organización e o liderado do país.

Co seu manifesto, as/os delegados ao cónclave xuraron defender a verdade como arma fundamental das/os revolucionarias/os para combater ás/aos inimigos e erguela como principio da moral do proceso socialista aquí.

Aliás, remarcaron entre as liñas fundamentais para a vida da organización a conciencia na responsabilidade co mundo, dende a formación de valores de solidariedade e altruismo.

A batalla polo regreso de cinco antiterroristas cubanos presos inxustamente en Estados Unidos, e que estes sexan paradigmas para as novas xeracións, tamén figura entre as prioridades do momento actual.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Nacionalismo canário: 2007, ano para avanzar
26/12/2006

Francisco Javier González
Magec.info, decembro 2006




Nos primeiros dias do ano 2000, nun dos seus acostumados cámbios de niño, o Partido Nacionalista Canário saiu de Guatemala (a Federación Nacionalista Canária de Dimas e Ildefonso) para arribar a Guatepeor (Coalición Canária), cámbio marcado, como non, polo vento preeleitoral que entón, como hoxe -no que o PNC repite a xogada- sopraba por estas asirocadas ínsulas. Nese momento, e ante a nova e profunda desilusión que no nacionalismo canário produciu todo ese conxunto do "outro nacionalismo" que trataban de representar entre Dimas Martín e Juan Manual Garcia Ramos, publiquei unha análise que continua a estar vixente hoxe e, cando menos ao meu entender, é tan válida como entón, polo que a anovo ainda co risco de semellar repetida.

É inegável que o nacionalismo revolucionário está atravesando unha etapa de refluxo ideolóxico e organizativo no prolongado camiño, moitas veces sinuoso, que levou a Canárias e aos canários desde a colonización e escravitude, imposta após un século enteiro de guerra de conquista española, até o dia de hoxe, cun rexime autonómico dentro do marco do Estado español, e que nos levará mañá a constituir un Estado soberano, camiño que ven marcada por pontos de inflexión, irreversíveis, que constituen etapas sucesivas do proceso de toma de conciéncia da necesidade da nosa autoliberación e construcción nacional.

Unha vez, nun debate en Gran Canária, un asistente opinaba que a história do nacionalismo canário naceu cando un guanche lle arrincou, por vez primeira, os dentes a un invasor dunha pedrada, mais ainda que a nosa história está inzada de episódios deste tipo e chea de motíns e alzamentos desde a Rebelión dos Gomeros, a sublevación do Mencey Ichasagua ou os Pleitos da Aldea de Artevirgo, até a mesma Guerra de España, foron máis ben as atitudes estritamente políticas as que marcaron os pontos sen retorno nos que se cimenta o moderno nacionalismo canário. As orixes deste nacionalismo actual hai que buscá-las no pensamento máis progresista do XIX, no entorno dos deputados doceanistas nas Cortes gaditanas, cando en La Laguna o mahoreiro Agustín Peraza Bethencourt exorta ao Cabildo a sublevar-se contra a metrópole e cando se detén a Fernando Llarena Franchy por unha "conspiración separatista" na que, entre outros, se involucra a Key Muñoz. A continuidade está no "nacionalismo literário" entorno á Imprenta Isleña fundada por D. Pedro Ramírez en 1840, a revista "La Aurora", o semanário "El Guanche", a "Revista de Canarias" e a longa nómina de escritores e intelectuais que se moveron no seu redor. A formulación política concreta deste nacionalismo ascendente vai ser obra de Secundino Delgado desde "El Guanche" caraqueño e coa fundación, no círculo das primeiras organizacións sociais e o comezo da imprensa obreira, do Partido Popular Autonomista no interior da pátria. A bandeira das sete estrelas que, anos máis tarde, se iza no Ateneo de Aguere, vai ser recollida, desde La Habana, polos colaboradores de Secundino: Cabrera Diaz, Gómez Wangümert, Guerra Zerpa... coa fundación do PNC, hai agora 82 anos. Reafirma-se no Pacto do Frente Único Revolucionário (FUR), nas Canárias da segunda República española, e, ainda que o paroxismo franquista marque despois unha sanguenta paréntese, volve abrollar con forza no MCL (Movimiento Canarias Libre), o MPAIAC (Movimiento por la Autodeterminación e Independencia del Archipiélago Canario), o PTC (Partido de los Trabajadores Canarios), PRAIC (Partido Revolucionario Africano de las Islas Canarias), PCC(p) (Partido Comunista Canario -provisional-), FREPIC (Frente Popular por la Independencia de Canarias, PCU (Pueblo Canario Unido) ... e os seus correspondentes correlatos nos campos sindical, cultural e social; abrindo unha nova etapa da nosa história recente.

Nos últimos anos, nos que se inícia o refluxo, ten lugar un novo fenómeno con poucos referentes anteriores. Xunto a unha progresiva atomización das organizacións nacionalistas -na que interveñen por igual causas endóxenas e esóxenas, contando, eso si, coa interesada axuda do longa man da administración metropolitana- os resíduos da direita españolista e proestatal do franquismo, co apoio interesado dunha boa parte das burguesias isleñas, que xa foran sócios privilexiados e defensores da ditadura, reconvirten-se, desde un insularismo desaforado inicial a un rexionalismo que, tentando aproveitar un terreno xa abandonado, e sementado polos nacionalistas, se reviste dunha roupaxe pseudonacinalista. Nace así as AIC (Agrupaciones Independientes de Canarias, modelo sobre o que se vai vertebrar CC para desputar o poder rexional ás opcións estatais predominantes. Á operacións soman-se formacións borrosamente autodeterministas como AM (Asamblea Majorera), excrescéncias do carrillismo mesturadas con cristiáns autoxestionários como ICAN (Iniciativa Canaria Nacionalista) e partidos con história e militáncia nacionalista, mais con erráticas propostas tácticas e un único obxectivo cifrado nos restos de poder que o conxunto permitia, como o PNC. Os inegáveis éxitos eleitorais de CC e a cementación en posicións maximalistas, o indeterminismo ideolóxico e as batallas persoais do disgregado nacionalismo real, cuxos elementos máis marxinais foron sugados pola coalición, levaron a unha situación na que, falseando os conceitos, CC para por ser representante e referente xustamente diso que nen sequer é: nacionalista.

Pola sua própria orixe e polo seu desenvolvimento posterior CC, cunha inxente capacidade para amorear os máis diversos intereses particulares co disfarce de colectivos, capaz de converter episódios vergoñentos de rapina como o acontecido en Tahodio e Las Teresitas en arma eleitoral ante os "ataques" padecidos polo "povo de Santa Cruz", é o instrumento máis importante para o mantimento do modelo neocolonial que Canárias ten dentro do Estado español e, subsidiáriamente, dentro da UE, o que a converte, de facto, no obstáculo máis importante para o desenvolvimento do nacionalismo. Por iso calquer acordo, por nímio que sexa, que signifique unha potenciación da CC é, á forza, unha colaboración ao mantimento da explotación foránea da nosa terra e un retroceso no camiño da construcción nacional canária. Esa tamén é a razón da oposición de moitos nacionalistas ao uso pola coalición pseudonacionalista da bandeira nacional canária ou a manipulación interesada de reivindicacións históricas como a Lei de Residéncia, valeirando-as de sentido e dirixindo-as contra a imigración máis desamparada, ao tempo que protexe e fomenta a neocolonización hispana e europea, ou propoñendo modificacións no "Estatuto de Dependéncia" -nome real do que eles denominan como "de Autonomia"- que imposibiliten, ou cando menos dificulten, as saídas políticas cara á autodeterminación.

Os nacionalistas estamos hoxe na obriga de reconstruir as nosas organizacións políticas e sociais, cun claro obxectivo que temos que cifrar na Independéncia e o Socialismo xa que, precisamente, a nosa história recente e o fenómeno de Coalición Canária ten que ensinar-nos que non hai "outro nacionalismo" nen hai "dentrismo" e que, só desde posicións de clase ben definidas, podemos avanzar, vencendo o refluxo destes últimos tempos. Coido que así será, e que estamos só ante unha nova sinuosidade do camiño da constitución de Canárias como unha nación en pleno uso dos seus direitos e que, entre todos, estamos comezando a marcar un novo ponto de inflexión nesta loita liberadora xa secular mais que, indefectível, se achega á sua fin. Non agardo celebrar moitos solstícios de inverno despois deste 2006 nunha pátria colonizada.

Aguere, decembro de 2006


Ler máis

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Cuba, país latinoamericano con maior crecimento económico en 2006
25/12/2006
Axéncias

Segundo sinalou a Comisión Económica para Amércia Latina e o Caribe (CEPAL) Cuba liderou este ano o crecimento económico en América Latina, cun aumento do Produto Interior Bruto dun 12,5 %, seguida de Arxentina, cun 8,5 %, e de Venezuela cun 10 %.


Mina de níquel


Para a CEPAL, os óptimos resultados da economia cubana serian resultado, principalmente, do medre das relacións comerciais con Venezuela e con China. Outro factor importante neste despegue da economia cubana seria o da venda de servizos profisionais, fundamentalmente os relacionados coa saúde. Tamén experimentaron un aumento as exportacións de níquel e mediciñas. Medrou significativamente o investimento no sector da construcción.


Pola contra, os benefícios do turismo non seguiron este ritmo, e o volume da exportación de azucre foi menor.

Etiquetas:

(1) Comentarios
Mentira mediática por omisión
24/12/2006



Michel Collon

Como se nos desinforma? Veño de ter unha experiéncia moi concreta sobre isto.

Estiven en Cuba a pasada semana. Fidel recebeu un apoio impresionante no seu 80 cumpreanos. Vários xefes de Estado latinoamericanos: Evo Morales, Ortega, Preval, etc. Máis de mil intelectuais chegados de todo o mundo. Entre eles o célebre escritor Gabriel Garcia Márquez. Os máis grandes músicos e cantantes de América Latina quixeron participar nun megaconcerto (seis horas). Como peche, gran desfile militar polo 50 aniversário do desembarco dos guerrilleiros na illa para celebrá-lo, diante das ameazas de Bush. Con máis de 300.000 habitantes da capital e todo tipo de bandeiras persoais...

Estas son as imaxes que a TV cubana apresentou sobre estes actos:
1. Discurso de Raul Castro.
2. Morales, Ortega, Preva, etc...
3. Garcia Márquez e numerosos intelectuais estranxeiros.
4. Carros de combate.
5. Soldados.
6. 300.000 habitantes da Habana.

Esa mesma noite, o que mostrou a canle francófona TV5 Monde:
1. Discurso de Raul Castro.
2. Carros de combate.
3. Soldados.

Eliminado: 1. O apoio doutros dirixentes latinos. 2. O dos intelectuais. 3. O da povoación.
Que obxectivo ten unha apresentación tan amputada? Impor a imaxe dun rexime illado e militarista. Polo tanto, perigoso. Iso é manipular á opinión pública. Iso é propaganda de guerra. Bush debeu ficar contente.

Moitas veces o importante non é que ensinan os meios, senón o que disimulan. Hai que perguntar-se sempre: "que agacharon?".

Etiquetas:

(0) Comentarios
Líbano: o 'perigo' da unidade
23/12/2006
Ângelo Alves
Avante!





Ao momento da escrita deste artigo a oposição libanesa mantém há 18 dias uma concentração ininterrupta em Beirute. Contrariamente aquilo que é papagueado na comunicação social este é um poderoso movimento de massas muito diverso e plural. Nele convergem forças políticas tão diferentes como o Partido Comunista Libanês; o Hezbollah; o seu tradicional aliado, o Amal e ainda a Corrente Patriótica Livre do general Michel Aoun, entre outros. Nele participam as mais diversas comunidades nomeadamente xiitas, sunitas e cristãos maronitas. As reivindicações deste impressionante movimento social e político são claras: demissão do governo; fim da submissão aos interesses do imperialismo; realização de eleições antecipadas; constituição de um governo provisório de unidade nacional e preparação de um calendário eleitoral que inclua entre outras questões a revisão das leis eleitorais, substituindo as actuais, baseadas no confessionalismo, por outras que assegurem a representatividade o mais aberta possível e se sustentem no princípio da proporcionalidade. Defendem ainda que esse novo período da vida do Líbano, posterior às eleições, possa conduzir ao redesenhar do regime libanês defendendo a sua laicidade e democraticidade, cumprindo nomeadamente os preceitos decorrentes da própria Constituição libanesa e dos acordos de Taef que preconizam a transição de um regime confessional – pasto perfeito para ingerências externas - para um regime político na verdadeira acepção da palavra.

Mas quais as razões para tão grande mobilização? A primeira é que este povo não reconhece ao actual governo autoridade: ele falhou em toda a linha. Falhou a tarefa de defender o país aquando da invasão israelita do passado verão; falhou a tarefa de defender a soberania libanesa ao permitir o estacionamento de forças de países da NATO no seu território; falhou a tarefa da reconstrução; falhou a tarefa de aprender com a lição da recente invasão israelita e permite-se continuar a ser um governo fantoche nas mãos dos EUA e de potências como a Alemanha ou a França; falhou na necessidade de dar resposta às necessidades mais básicas de um povo martirizado pela guerra e que na sua maioria vive numa situação social bastante degradada; falhou no combate ao aumento exponencial do desemprego e do custo de vida; falhou no combate à corrupção e aos abusos de poder. Falhou finalmente numa política que estanque a hemorragia da emigração em massa decorrente dos problemas sociais.

Os EUA, o Conselho de Segurança da ONU e as potências europeias correm em defesa do seu «legítimo governo», que de legítimo nada tem quer do ponto de vista político e social, quer do ponto de vista constitucional, após a demissão em bloco de seis dos seus ministros. Fazem-no, desrespeitando por um lado a vontade mais que expressa da maioria da população libanesa e tentando, por outro, lançar irresponsavelmente o espectro de uma nova guerra civil. De forma notável as forças da oposição estão a resistir às provocações e tentativas de dramatização e mantém-se no campo estritamente político da luta de massas.

E é exactamente isso que aterroriza os EUA, Israel e potências europeias. É que forças tão díspares e com percursos históricos tão diferentes têm uma estratégia bem definida – anti-imperialista - defendem os reais interesses daquele povo e estão a por os interesses nacionais acima das suas próprias diferenças. É que movimentos como o Hezbollah, depois de terem pegado em armas, lado a lado com outros patriotas como os comunistas para defender a sua pátria, elegem agora o plano político para com um impressionante apoio popular, defender a soberania do seu país e a independência económica e política do Líbano face ao imperialismo. Fazem-no e põem metade da população de um país nas ruas, criando um real movimento de unidade nacional. É um exemplo importante para outros povos da região e isso o imperialismo não pode permitir sobretudo quando, em tentativas de fuga para a frente, como no Iraque ou na Palestina, os EUA, Israel e potências europeias tentam prosseguir a velha receita «dividir para reinar».

Etiquetas:

(0) Comentarios
Anticomunismo en banda deseñada
22/12/2006


En 1961, a revista de banda deseñada Treasure Chest, publicada pola norteamericana Catholic Guild, adicaba nada menos que 10 números a explicar aos seus leitores os perigos do comunismo. O director do Departamento de Xustiza norteamericano, John Edgar Hoover, xa o di nunha espécie de prólogo: "o comunismo representa a ameaza máis séria para o noso estilo de vida. (...) Vosté coñecerá e entenderá a natureza do comunismo. Este coñecimento é esencial para poder recoñecer e detectar aos comunistas cando tenten infiltrar-se nos distintos segmentos da nosa sociedade".


O feito de que sexa unha revista relixiosa e nos Estados Unidos de princípios dos 60 non fai que este anticomunismo sexa máis simples que o xa coñecido por esas datas representado, na literatura "séria", polas obras, por exemplo, de George Orwell. De feitos, estamos ante os mesmos argumentos e os mesmos lugares comúns na história do anticomunismo, leve este o disfarce dunha banda deseñada relixiosa ou dun louvado escritor.

Ligazón a Communism: Threat to Liberty

Etiquetas:

(0) Comentarios
Livrarias de vello
21/12/2006
Lois R. Neto





Gosto das livrarias de vello. E cando digo livraria de vello estou a falar das tendas onde só venden livros, ou estes conforman a imensa maioria do produto ofertado. Pola contra, aborrezo os supermercados das cousas vellas. Tamén hai livros, mais non pasan de ser vellas coleccións regaladas polos xornais, infinitos manuais da autoaxuda ou panfletos de "disidentes" da outra banda do Muro de Berlín pagados pola CIA (por certo, cantos millóns de exemplares de Arquipélago Gulag do fascista Solzhenitsyn se publicarian só no E.I.E.? Non hai nen unha soa livraria, ou supermercado, de vello no que non atopara un par de exemplares). Nestes supermercados do vello ou Tendas de Segunda Man os livros , que poderian vendé-los ao peso, están entre os cascos nazis da segunda guerra mundial e os cotizadisimos Madelman (friquis hai-nos a mans cheas).

As livrarias de vello son-che outra cousas. Certo é que tamén atopas os "disidentes", os manuais de autoaxuda e as coleccións, mais só son unha parte, mínima nas boas livrarias. Teño pasado tardes enteiras revolvendo nos livros. Enchendo os dedos de po mentres atopaba revistas de partidos políticos hai xa tempo desaparecidos. Livros de autores antifascistas hoxe proibidos para a esquerda chachi. Cando levas un par de compras na livraria, o dono xa ve por onde te moves e seguramente te convide a visitar o armacén, onde está o verdadeiramente interesante para calquer marxista-leninista. Dúcias de obras de Marx, Engels, Lenin, Stalin, Mao ou Hoxha, cando non Obras Completas.


As livrarias de vello teñen un problema, a paupérrima oferta de livros na nosa língua. Hai poucos e os poucos que hai, na maior parte das livrarias, son os mesmos, repetidos unha e outra vez. Ainda que hai algunhas que, tendo en conta o pequeno mercado editorial galego, non teñen queixa. Por exemplo O Moucho da Coruña, na Cidade Vella. Alí hai unha aceitável sección de literatura galega.


Na cidade onde vivo non hai onde mercar livro vello. As livrarias que hai, duas, firen os ollos cos seus escaparates inzados de vómitos literários: Pio Moa, César Vidal, Iker Jiménez, Esperanza Aguirre, Ana Botella, Noah Gordon... Mercar un livro nestes estabelecimentos pode resultar complicado se non tes algunha destas inclinacións: o mundo dos templários (que si os cabaleiros templários, que se as espadas templárias, ...), o revisionismo histórico (agora, grazas a Moa, sabemos que o do 36, como en Chile, foi un favor que os fascistas fixeron para salvar-nos do demo vermello que habitaba en Moscova) ou as peripécias de Esperanza Aguirre para salvar-se da inanición.


Por todo isto aposto polas livrarias de vello onde podo ter que apartar os livros que publicaba Fraga cando era ministro, mais sei que vou rematar atopando cousas boas, como a que estou a ler estes dias: História do 1º de Maio, de Maurice Dommanget. Dous euros con trinta céntimos.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Os embustes de Pinochet
20/12/2006
Lisandro Otero
Altercom



Boa parte da propaganda do neoliberalismo baseou-se en proclamar ese suposto benestar que se teria acadado sob os "Chicago Boys" e Milton Friedman, recén finado, e iso elevaria a Chile a unha prosperidade ilimitada.
Outra mentira é que Pinochet fixo posível que o marxismo-leninismo non se apoderara de Chile.
Tamén afirman que Chile saiu da desorde pública, do caos institucional e o desconcerto político.
Embora Allende coñecer, desde logo, como toda persoa culta, os escritos de Marx, endexamáis proclamou que queria socializar Chile. Tentou manter-se dentro dos parámetros da democrácia burguesa, sen se saltar etapas, tan só tratando de elevar o nível de vida das clases desposuídas. Ao seu programa chamou-no "a via chilena ao socialismo".
As desordes acontecidas durante a Unidade Popular foron instigadas pola direita, por xornais pro fascistas como El Mercurio, por Rádio Presidente Balmaceda, dos empresários Braun Menéndez, ex proprietários das imensas facendas gandeiras de Magallanes expropriadas por Allende, pola revista Ercilla, por organizacións subversivas como Patria y Libertad, financiadas pola CIA, pola Sociedade de Fomento Fabril, pola Confederación de Comércio, é dicer, a insurrección da burguesia.
No governo da Unidad Popular algunhas empresas serian propriedade do Estado e outras, mixtas, interviria o inversionista privado conxuntamente coa participación governamental. Para iso era indispensável nacionalizar algúns recursos naturais.
Realizou-se a reforma agrária nun país onde tres mil famílias posuían o oitenta por cento da terra e o vintecinco por cento da povoación era campesiña.
As compañias Kennecot e Anaconda beneficiaban-se coas minas de cobre, das cais extraian douscentos millóns de dólares de utilidade cada ano. Braden e Guggenheim eran donos dos xacementos de El Teniente e entregaban á nación chilena en impostos a ridícula soma do 0.8 % dos seus benefícios.
Tras o golpe de estado , Pinochet devolveu as minas aos monopólios norteamericanos; coa sua privatización do cobre as terras volveron ás mans dos latifundistas, coa conseguinte pauperización crecente das clases traballadoras que foron privadas do seu direito á organización sindical e aos contratos de traballo.
Pinochet beneficiou-se co aumento dos prezos do cobre que multiplicaron por seis o valor que tiñan en tempo de Allende. Non houbo un desenvolvimento endóxeno porque baixo a sua ditadura existiu un dez por cento de desemprego endémico, un vintesete por cento de pobreza urbana e un sete por cento de indixéncia. A economia chilena baseou-se nunha alta taxa de desemprego con baixos salários. A clase obreira non tivo direito a folga.
A clase meia gozou dunha artifical bonanza baseada nos créditos de consumo que provocou un elevado endevedamento. A ampla oferta de diñeiro do sector financeiro-comercial criou esa abundáncia artificial. Chile ligou-se á burbulla fictícia da economia estadounidense cos seus modelo dependente e exportador. Contentes e vestidos de domingo, mais con buracos nos petos.
Chile aparece como a sexta economia de América Latina, segundo o FMI, mentres que a Comisión Económica para América Latina e o Caribe (CEPAL) o apresenta como o único país rexional onde o ingreso per cápita creceu un 3% entre 1980 e 2002, unha boa propaganda para o modelo económico neoconservador que impera desde a ditadura militar.
Os indicadores macroeconómicos agachan que o crecimento camiñou da man dunha economia vendedora de recursos naturais, sen valor engadido que non xerou novas fontes de traballo nen tampouco un benestar notório para toda a sociedade.
Os negócios do empresariado meio melloraron na cúpula da clase exportadora co Tratado de Livre Comércio cos Estados Unidos, atados ao destino económico do país do norte. Mais iso non quer dicer que houbese un desenvolvimento homoxéneo. As luxosas tendas de Providéncia e Vitacura non significan que exista un benestar popular. As vila-miséria proliferan por todo o país.
Na Praza de Armas, na Alameda e na Praza de Itália, o povo chileno festexou desbordado a desaparición do déspota opresor. Correou o champán e a ledícia estaba presente en cada rosto.
Cánticos e bandeiras sinalaron a alegria nacional compartida, que nos deu unha idea da intensa dor que provocou no seu povo este miserável autócrata que acaba de morrer.
Un pequeno grupo de nenas frescas e damas de postín choraron ante o hospitan onde finou.
Moitos lamentan que deixara este mundo sen ser condenado polos seus numerosos crimes. Cando menos unha censura moral debeu sinalar o seu expediente.
O neto de Pinochet realizou unha apoloxia do seu sanguinário avó ante o seu sarcófago. O neto do asasinado Xeneral Prats expresou mellor o sentir do povo chileno cando cuspiu no cadaleito do tirano.

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Quase 70% dos russos lamenta dissolução da URSS
19/12/2006
Grigori Fiodorov
O Diário 17.12.06




Hoje, 68% dos russos, 59% dos ucranianos e 52% dos bielorussos lamentam a dissolução da URSS. Estes são os resultados de uma investigação sociológica levada a cabo em final de Novembro de 2006, pelo consórcio internacional “Monitor Euro-asiático” na Rússia, Bielo-Rússia e Ucrânia, por ocasião do décimo quinto aniversário dos acordos de Bielovezh. [1]

Como informou em conferência de imprensa em Moscovo, Igor Zadorin, responsável pelo grupo de investigação TSIRKON, promotor do estudo nos três países, cerca de metade dos inquiridos considera que a dissolução da URSS podia ter-se evitdo. Este sentimento está totalmente em desacordo com a opinião manifestada em Rossiskaya Gazeta pelo principal culpado da desintegração, Boris Yeltsin. À pergunta do jornalista, se considerava inevitável o processo de transformação da URRS em CEI, Yeltsin respondeu com a maior das tranquilidades: “Sem dúvida”.

Os povos destes países, como o demonstra o estudo sociológico, são de opinião completamente diferente, pois salientam uma vez mais que os acordos de Bielozevh foram um complot criminoso das elites no poder sem levarem em conta a opinião do povo, que não interessava para nada aos conspiradores.

Sobre isto, os sociólogos de “Monitor Euro-asiático” perguntaram aos inquiridos qual seria a sua postura num eventual referendo onde se perguntasse a possibilidade de uma nova união. 51% dos habitantes da Rússia, 4% dos ucranianos e 36% dos bielorussos votariam afirmativamente.

Aos inquiridos propunha-se-lhes escolher entre as diferentes variantes para a futura integração do espaço pós-soviético (uma URSS renovada, a unificação da Federação Russa, Ucrânia, Bielo-Rússia e Kazaquistão, e incluindo a integração na União Europeia). As opiniões, como é lógico, não coincidiram. No entanto, como informa no Strana.ru, Valeri Fiodorov, presidente do Centro de Estudos Russos de Opinião Pública (CEROP), o serviço sociológico mais importante da Rússia, mostrou-se de acordo em que o mais provável fosse fosse os russos apoiarem um projecto de integração pós-soviético (por exemplo a união da Rússia Bielo-Rússia, Ucrânia e Cazaquistão), se o governo russo o iniciasse e assegurasse a sua realização prática e o seu suporte informativo.

Em cada um dos países, o estudo foi elaborado por institutos sociológicos locais, com uma amostra representativa entre 1.200 e 2.000 pessoas. Na Bielo-Rússia o estudo foi feito pelo laboratório sociológico de Minsk “Novak”, na Rússia pelo CEROP e TSIRKON e na Ucrânia pelo Reseach & Branding Group de Kiev.


Notas:
[1] Refere-se ao acordo assinado pelos presidentes a Rússia, Ucrânia e Bielo-Rússia na floresta de Bielozevh, nos arredores de Brest, na Bielo-Rússia em 8 de Dezembro de 1991, que pressupunha a liquidação formal da URSS e ignorava completamente a vontade popular expressa no referendo de 17 de Março de 1991, sobre a manutenção da URSS.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Manifesto Político da Frente Popular para a Liberación de Palestina no seu 39 aniversário
18/12/2006
Buró Político do FPLP
Decembro 2006
Fonte CSCA





Ás masas do noso heroico povo palestino,

O dia 11 de decembro de 1967 naceu o FPLP, e para comemorar esta data, o FPLP, co seu liderazgo, os seus cadros, os seus militantes e os seus combatentes, apresentan ás masas do povo palestino e aos demais povos árabes alá onde estexan, así como as forzas dos movimentos de liberación e progreso en todo o mundo, o seu agradecimento e consideración polo seu apoio ao FPLP ao longo da sua longa loita.
Tamén, saúdan ás masas da nosa nación árabe e ao povo palestino nos territórios palestinos ocupados en 1948, en 1967, na diáspora e a todos os mártires do povo palestino e a nación árabe que morreron no campo de batalla pola dignidade, defendendo a nosa causa patriótica e nacionalista, e na que á cabeza están os camaradas e compañeiros, os líderes Abu Ali Mustafa, Yaser Arafat, Ahmad Yasin, Fathi Al-Shaqaqui, Zuheir Muhsen, Tilaat Yacoub, Majed Abu Sharar, Abu Alabbás, Khaled Nazzal, Jihad Gibril, Hasan Shaker e Fahed Awaad. Saudamos tamén aos loitadores do noso povo que están nos cárceres de ocupación sionista, entres quen están mulleres, homes, nenos e anciáns, así como aos camaradas e compañeiros das distintas faccións da resisténcia palestina, entre quen están o camarada secretário xeral do FPLP, Ahmad Saadat, e o vicesecretário, o camarada Malouh.

Queremos dirixir un sincero saúdo, nesta ocasión, aos compañeiros de Hizbulá que demostraron sobre o terreno que vencer ao inimigo sionista é unha posibilidade realista, en contra do que difunden algúns reximenes e forzas políticas árabes derrotistas. Saudamos tamén á valente resisténcia iraquiana, reafirmando o noso orgullo por ela e pola sua loita contra as forzas invasoras e de ocupación.

Ás masas do noso povo,

Desde que naceu a FPLP da matriz do Movimento dos Nacionalistas Árabes, preservou, e continua a facé-lo, fidelidade ás loitas e sacrifícios do povo palestino ao longo dos anos, sen renunciar ao obxectivo máis noble para a realización das ambicións deste resistente povo na liberación da ocupación e o estabelecimento dun estado palestino democrático sobre toda a terra palestina como obxectivo estratéxico, sen desprezar, como é natural, a importáncia da realización do obxectivo parcial, que é o estabelecimento dun estado palestino independente e soberano sobre os territórios ocupados en 1967, sendo este ponto o fundamento do obxectivo parcial e a ponte através da que pasaremos a realizar o noso obxectivo estratéxico.

A causa palestina continua atravesando un sendeiro moi complexo, xa que o inimigo sionista, xunto a outras partes determinantes dentro do que chaman Comunidade Internacional, manteñen a negación dos direitos nacionais do noso povo e traballan xuntos para suprimir estes direitos, empurrando ao noso povo cara á submisión e a claudicación. E aí está o inimigo sionista praticando as máis horrendas agresións contra o noso povo, asasinatos, matanzas, demolicións de casas, expropriacións de terras, continuando a construcción de asentamentos e do seu muro de separación racial, cun embargo económico e político asfixiante, e así até alén da imaxinación nazi sobre as distintas formas de tortura e represión.

O cenário palestino interno está presenciando, nestes dias, crecentes loitas que están a piques de provocar unha guerra inter palestina, cuestión esta que se convertou nunha verdadeira ameaza, non só para as faccións da resisténcia, senón para a causa nacional e para todo o povo. Non hai outra saída que recuperar, todos, a conciéncia fundacional do interese nacional, lonxe de partidismo e fanatismos sectários, dirixir-se con seriedade cara a construcción dunha verdadeira unidade nacional onde teñen que participar todas as faccións políticas e personalidades patrióticas, segundo o peso de cada forza sobre o terreno, sobre a base dun programa de princípios nacionais para garantir a participación de todos na construcción do futuro palestino.

Acreditamos na consecución desta unidade, sempre que se dean unha série de requisitos:

1. A necesidade de que traballen e participen todos, sen excepcións, na reconstrucción e a reactivación da OLP, como único e lexítimo representante do povo palestino e sobre a base da consagración dos princípios nacionais, tanto de forma verbal, como na prática.

O ponto de partida sobre este tema radica na rápida recomposición dun novo Consello Nacional sobre a base dunhas eleizóns e, seguindo os mecanismos acordados o ano pasado no Cairo, outros pasos que acaden o Consello Central, o Comité Executivo e o resto de órgaos, até completar a reforma democrática dentro da OLP, co obxectivo de preservar os princípios nacionais e devolver-llo a consideración á Carta Nacional Palestina.

2. A importáncia de continuar a resisténcia en todas as suas formas, incluída a loita armada até derrotar aos ocupantes, e non aferrar-se ás negociacións co inimigo, como unha opción estratéxica na confrontación ante a ocupación. Neste sentido, esiximos o traslado do expediente palestino aos corredores das Nacións Unidas através dunha Conferéncia Internacional, como alternativa ás negociacións bilaterais co inimigo, e como alternativa aos proxectos da folla de rota, do cuarteto e dos intentos do inimigo de impor solucións unilaterais.

3. Sendo a FPLP unha das organizacións convidadas a formar un governo de unidade nacional após as eleizóns lexislativas, e tendo en consideración os resultados das mesmas, seguimos reafirmando-nos na importáncia da formación dun governo como este sobre a base da Carta do Acordo Nacional como programa político. Reafirmamos o noso rexeitamento a todas as tentativas de mermar esta carta, ben sexa através da introducción de modificación, ben através de condicionar a sua aplicación a outros documentos que poderian anular ou reducir o seu contido.

Ao entender que un governo de unidade nacional é unha das preocupacións máis importantes do noso povo e das suas faccións de resisténcia, instamos a todos na necesidade da participación de todas estas faccións, máis as forzas vivas do povo palestino, nas negociacións para a formación do governo.

4. Mália o acordo acadado entre cinco faccións da resisténcia para deter o lanzamento de foguetes a cámbio da detención das agresións do inimigo contra o noso povo, o inimigo continua coas suas agresións en Cisxordánia. Independentemente de como o entende cada facción, nos trataremos este acordo da seguinte maneira:

a. Detención do lanzamento de foguetes a cámbio da retirada das tropas sionistas das zonas reocupadas en Gaza e Cisxordánia, ademais do compromiso do inimigo de deter as invasións e agresións, xa sexan bombardeos, asasinatos, persecucións dos combatentes ou demolición das suas casas. Doutro xeito non teremos en conta este acordo.

b. Non consideramos que o acordo de detención de lanzamentos de foguetes conleve a suspensión doutras formas de loita armada.

c. Tampouco se tratra dun acordo "sine die", que conduza co tempo a unha situación política conxelada e estática.

d. Como é natural, non consideramos a detención do lanzamento de foguetes como un periodo de calma. Calquer acordo futuro sobre un periodo de calma, require dun diálogo inter palestino máis integral, para acadar unha convención palestina sobre unha série de asuntos sobre os que esiximos un compromiso aos nosos inimigos, a cámbio dun periodo de calma total.

5. Despois da vitória de Hamas nas eleizóns lexislativas e a formación do governo, as partes activas do que se chama a Comunidade Internacional tentaron, xunto con algúns reximes árabes e partes influíntes palestinas, presionar sobre o governo de Hamas através de distintos meios e formas co obxectivo de derrubá-lo ou submeté-lo para que aceite as condicións do cuarteto. Neste contexto, chegou o embargo imposto ao noso povo. Nós, ao tempo que condenamos estas políticas, esiximos a fin do embargo sobre o noso povo sen condicións prévias nen chantaxes. Solicitamos a Abu Mazen xestos sérios ante as partes implicadas para rachar o embargo.

6. Mália a continuidade dos acontecimentos, a cuestión dos presos palestinos nos cárceres de ocupación, continua a estar na primeira páxina das preocupacións do noso povo. Neste sentido queremos reafirmar:

a. A importáncia de coordenar-nos cos compañeiros de Hizbulá no asunto do soldado israelí prisioniero, xa que coidamos que esta coordenación poderia fortalecer a posición palestina nas negociacións de intercámbio.

b. A negociación co inimigo sobre o asunto do soldado ten que ter só un fin, o intercámbio de prisioneiros, sen compromisos doutra natureza.

c. Reafirmamos a nosa posición sobre a importáncia en facer coincidir os tempos da posta en liberdade dos prisioneiros durante o intercámbio e non cair nas trampas do inimigo, acreditando nas suas promesas de liberar aos nosos presos, a cámbio dunha posta en liberdade efectiva do soldado prisioneiro.

d. Insistimos na reivindicación de incluir no proceso de intercámbio aos camaradas Ahmad Aaadat, secretário xeral da FPLP, e Malouh, vicesecretário, así como outros camaradas líderes das faccións palestinas.

Ás masas do noso povo,

Nós, a Frente Popular para a Liberación de Palestina, ao comemorar o aniversário trixésimo noveno do seu nacimento, renovamos o compromiso en continuar adiante na revolución e na resisténcia até a liberación e até a vitória.


GLÓRIA E ETERNIDADE PARA OS MÁRTIRES

LIBERDADE PARA OS PRESOS

Buró Político do FPLP
Decembro de 2006

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Que é o Movimento Socialista Republicano Irlandés?
17/12/2006



A guerra pola liberación nacional continua hoxe en Irlanda. Esta guerra ten as suas raíces na conquista da illa por Gran Bretaña en 1167. A fase máis actual desta guerra centrou-se en rematar coa ocupación continuada por Gran Bretaña de seis condados no norte de Irlanda. Os intereses revolucionários da clase obreira irlandesa nesta loita están representados colectivamente polo Movimento Socialista Republicano Irlandés (Irish Republican Socialist Movement) , constituido polo Partido Socialista Republicano Irlandés (Irish Republican Socialist Party) , o Exército de Liberación Nacional Irlandés (Irish National Liberation Army), os prisioneiros de guerra (Irish Republican Socialist Prisioners of War) , tanto do IRSP como do INLA), e as organizacións estabelecidas por todo o mundo para apoiar a estas forzas irlandesas.


O IRSP e o INLA foron fundados o 10 de decembro de 1974. A meirande parte dos primeiros militantes procedian do oficial Sinn Féin e o IRA (as mesmas organizacións das que se escindira cinco anos antes o Movimento Republicano Irlandés Provisional (Provisional Irish Republican Movement). A militáncia foi medrando coa entrada de socialistas independentes de todos os lugares de Irlanda, formando o Movimento Socialista Republicano Irlandés. James Connolly, o principal marxista irlandés, executado polo seu papel na Rebelión de Páscua de 1916, foi quen formulou o princípio ideolóxico que deu vida ao Movimento: a loita pola liberación nacional e a loita polo socialismo son inseparáveis en Irlanda.

O obxectivo do IRSM continua a ser a construcción dunha república socialista formada polos 32 condados, onde a clase obreira irlandesa controlará os meios de producción e a sua distribución, através dunha administración proletária guiada pola democrácia dos traballadores.



A tese política central do IRSP é que só a unha revolución socialista é capaz de proporcionar un meio para loitar polas necesidades da clase obreira irlandesa. O IRSP rexeita o conceito táctico de que primeiro é necesário acadar a liberación nacional para despois avanzar cara a obxectivos socialistas. Entende que a loita pola liberación nacional é un elemento máis da loita polo socialismo. O Partido tamén rexeita a posición que defende que o socialismo se pode conquistar nunha ou nas duas partes de Irlanda sen coseguir a reunificación. A partición criou unha división na clase obreira irlandesa, agachando os intereses comúns de clase. Mália recoñecer que a liberación nacional e o socialismo non poden ser conquistados através dunha vitória militar das forzas guerrilleiras, o IRSP defende o direito das forzas revolucionárias a empregar esta táctica sempre que sexa útil para a consecución dos seus obxectivos. O Partido tamén acredita na inexisténcia de calquer camiño parlamentar ao socialismo, e non sinte nengunha obriga de participar en todas as campañas eleitorais, ainda que non se nega a utilizar a política parlamentar como instrumento de propaganda política e para axudar a auto-organización da clase obreira para a obtención de obxectivos imediatos.

O IRSP está orgulloso de ser o partido irlandés máis grande que apoia totalmente o controlo feminino dos seus direitos reprodutivos, incluído o aborto. Ademais de apoiar o movimento de liberación feminino, tamén defende e loita polos dirietos dos homosexuais e as minorias étnicas; defende a língua própria de irlanda e os direitos dos falantes; advoga pola fin do roubo continuado por parte das compañias multinacionais das plusvalias xeradas polos traballadores irlandeses; opón-se á Unión Europea, e a degradación ambiental continuada; e aposta pola separación da igrexa dos asuntos civís e da educación e a eliminación das leis restrictivas inspiradas pola relixión.



Por mor do seu programa revolucionário, e a sua defensa na prática, o IRSM enfronta-se a unha violéncia desproporcionada ao seu tamaño. No mesmo momento da sua fundación, un ataque militar do IRA oficial custou a vida do primeiro presidente do IRSP, Seamus Costello. O Special Air Service (SAS), actuando como os escuadróns da morte unionistas, asasinou en 1980 ao sucesor de Costello, Miriam Daly, así como aos activistas Ronnie Bunting e Noel Lyttle. Ao longo da sua história, foron moitos os militantes do INLA asasinados polos exército británico e a policia irlandesa. En 1987, algúns antigos membros do INLA purgados da organización con anterioridade por actividades criminais e autodenominados Organización para a Liberación do Povo de Irlanda (Irish People's Liberation Organization), lanzaron un ataque contra o IRSM, asasinando ao Xefe do Estado Maior do INLA, e teórico do IRSM, Thomas 'Ta' Power. Ainda que sériamente mutiliado, o IRSM sobreviveu, mentres que o IPLO desapareceu en 1992. En xaneiro de 1996 agudizou-se a represión contra o IRSM, sendo asasinado a sangue frio por axentes da Intelixéncia británcia Gino Gallagher, seguido doutras tentativas criminais contra outros militantes.

Durantes os anos 80, o INLA continuou loitando contra as forzas de ocupación nos Seis Condados, realizando accións militares que subliñaron o carácter único da liña política do IRSM, como os axustizamentos de paramilitares unionistas, como John McKeage, dos Red Hand Commandos, ou o ataque con bombas a unha estación de radares perto de Cork que se utilizaba para subministrar información á OTAN, como xeito de amosar a violación da neutralidade irlandesa. Por mor dos éxitos contra o imperialismo, o líder do INLA, Dominic McGlinchey, foi nomeado a persoa máis buscada tando no sul como no norte de Irlanda, convertendo-se no primeiro republicano extraditado a Inglaterra.




Os compañeiros encarcerados do IRSM participaron en todas as loitas nas prisións de finais dos anos 70 e as folgas de fame de 1980 e 1981. Tres dos dez prisioneiros que morreron durante a folga de fame de 1981, Patsy O'Hara, Kevin Lynch e Michael Devine, eran voluntários do INLA.

Desde agosto de 1994, o INLA non realizou nengunha acción militar, co obxectivo de permitir que os nacionalistas se decaten por eles mesmos do fracaso do chamado proceso de paz e alto o fogo do IRA. O INLA mantén o seu direito lexítimo de actuar en defensa dos militantes do IRSM e da clase obreira irlandesa. Esta política defensiva traduciu-se en duas accións contra a RUC (Policia Real do Ulster) cando estes se uniron a unionistas en ataques contra traballadores nacionalistas.


Propaganda do Rebublican Socialist Youth Movement, mocidades do IRSM


Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Carta Aberta das FARC a Venezuela e a Chávez
16/12/2006


Ao povo da República Bolivariana de Venezuela e seu presidente Hugo Rafael Chávez Frías. Palácio de Miraflores, Caracas.

Com nossa saudação fraterna que lhes enviamos desde as montanhas bolivarianas da Colômbia e as felicitações por tão bela demonstração cívica de Poder Popular, vão também nossos desejos de êxitos e de constância brava e inclaudicável na importantíssima missão de consolidar a Revolução Bolivariana para o bem dos povos que habitam desde o Rio Bravo até a Patagônia e do mundo!

A contundente vitória do passado três de dezembro fez inquestionável a jornada eleitoral. Ninguém pôde esgrimir argumento algum contra e até a oposição fraca (escuálida) viu que sua função, "a fraude", programada para as 15h00 desse dia no circo previamente preparado, com toldo e tudo desabou. Triunfou o amadurecimento e a clareza política, vermelha, vermelhinha, de forma irrefutável.

O povo latino-americano e caribenho está demonstrando que a hora de converter-se em gestor principal de seu destino está chegando. Prova isto o haver encerrado com fecho de ouro o ciclo eleitoral de 2006 na terra do Libertador, que nos diz: "Um governo firme, poderoso e justo é o grito da Pátria". (À Convenção de Ocaña, 29 de fevereiro de 1828).

O mundo teve os olhos fixos na Venezuela, no seu povo e no seu Presidente candidato à reeleição. Quando exerceu seu direito ao voto numa escola do Bairro 23 de Janeiro, havia aí não menos de sessenta observadores dos Cinco Continentes. Viram ao líder de um povo que, como diz Martí, em sua Revolução Bolivariana se tornou vibrante e triunfante nesse homem. Glória ao bravo Povo, Glória ao Presidente Chávez!

Foi derrotada uma nefasta máquina de propaganda desestabilizadora, mentirosa e golpista orquestrada desde a Casa Branca e do Pentágono. Assim foi no Brasil, onde a megamídia sofreu também, no mês passado, uma grandiosa derrota e, com ela, os representantes (escuálidos) do atraso, opostos a que o novo surja e se consolide.

A jornada eleitoral ratificou o projeto bolivariano no qual o povo participa de maneira consciente e com entusiasmo combativo, brindando, assim, um exemplo que nutre o processo libertário latino-americano cujo fator estratégico é a integração entendida como complementação solidária e, junto a ela, a instauração de governos patrióticos e de tradição popular.

Diz-nos Simón Bolívar a respeito:

"Nossas repúblicas da América meridional se ligarão de tal modo que não parecerão em qualidade de nações senão que de irmãs..."

A luta por governos construídos e respaldados pelo povo erige as bandeiras da autodeterminação, da independência, da soberania, e tem como objetivo estratégico de nosso destino comum: a Justiça Social, a unidade e a paz, isto é: O Socialismo.

As recentes jornadas eleitorais de Brasil, Nicarágua, Equador e Venezuela, entre outras, nos permitem reafirmar a validade de um de nossos princípios formulado desde quando surgimos como Força Guerrilheira Móvel em 1964: A solução política das causas que originaram o conflito econômico, social e armado de que padece a Colômbia.

Outra seria a história se as transformações que requer nossa Pátria se pudessem plasmar em propostas de governo e debater ampla e abertamente em campanhas eleitorais entre todos os partidos e movimentos políticos e que o povo escolhesse de maneira livre a soberana a que melhor lhe parecesse. Pensando nisto, já temos pronta a Proposta de um Governo de Reconciliação e Reconstrução Nacional.

Porém, não é assim porque todos os esforços realizados em função desse meio ambiente político, inclusive garantido pela atual Constituição, têm sido selvagemente afogados em sangue pela classe dominante encravada no poder e instituições do Estado. Isto se vem apresentando desde 1948, quando, com a colaboração da CIA, assassinou o candidato à presidência pelo Partido Liberal, Jorge Eliécer Gaitán.

Essa classe dominante corrupta se mantém no Poder porque aplica o Terrorismo de Estado, está aliada ao narcotráfico, conta com o apoio ianque e montou o esquema criminal mais sinistro contra o povo: O paramilitarismo. Porém, se está enterrando em sua própria lama. Diz Rudolf Holmes, um de seus melhores expoentes, no jornal El Tiempo de Bogotá, em 17 de novembro de 2006: "Haver subcontratado com os paramilitares a luta contra a guerrilha, que correspondia exclusivamente à Força Pública, foi um equívoco trágico de nossa sociedade, pois, à parte das implicações éticas que indubitavelmente estão e estiveram presentes, à medida que os paramilitares se têm fortalecido e adquirido o poder local e parlamentar que agora expandem, cada vez é factível que terminem dominando o Estado e a sociedade."

De nossa parte, nos mantemos firmes na vontade política de realizar a Troca ou Intercâmbio Humanitário e de continuar buscando os diálogos, por ser o cenário político propício para chegar a Acordos que nos conduzam à reconciliação e reconstrução da Colômbia, pois "Da paz se deve esperar todos os bens e da guerra nada mais que desastres", nos diz Bolívar. E o destino de nossa Pátria não pode ser a guerra civil.

Queremos também conservar as relações de amizade e boa vizinhança na fronteira com o irmão povo bolivariano e todas suas autoridades. Não podemos esquecer que temos um pai comum: O Libertador Simón Bolívar, e também um inimigo comum: O Imperialismo com as Oligarquias lacaias.

Fraterno abraço bolivariano.
FARC EP: Comissão Internacional, Raúl Reyes
Montanhas de Colômbia, 10 de dezembro de 2006


Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
O seu merecido
15/12/2006
Rin-se dos nenos



Humillan á xente



Recollen o único que merecen

Etiquetas:

(0) Comentarios
Lembrando a Connolly
14/12/2006

"Queremos unha Irlanda para os irlandeses. Mais, quen son os irlandeses? Non o terratenente usureiro e propietário de casoupas, non o capitalista negreiro devorador de benefícios, non o advogado meloso e graxento, non o xornalista prostituído, mentireiro alugado polo inimigo. Non son estes os irlandeses dos que depende o futuro. Non son estes senón a clase obreira irlandesa, o único alicerce seguro sobre o que se pode levantar unha nación livre.

A causa dos traballadores é a causa de Irlanda. A causa de Irlanda é a causa dos traballadores. Non poden ser arredadas. Irlanda procura a liberdade. Os traballadores procuran que unha Irlanda livre sexa a única dona do seu próprio destino, suprema señora de todas as cousas materiais dentro e sobre o chan. Os traballadores buscan facer á livre nación irlandesa a gardiana dos intereses do povo de Irlanda, e para asegurar ese obxectivo han conferir a esa livre nación irlandesa todos os direitos de propriedade contra as pretensións do indivíduo, coa intención de que o indivíduo poida ser enriquecido pola nación e non co espólio dos seus compatriotas."


James Connolly

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Breve resenha do independentismo estudantil
13/12/2006
Moncho Lareu Riveiro

Adicado às presas e aos presos polític@s
independentistas e antifascistas galeg@s


Dizia Engels que “a burguesia tem mui pouco que aguardar e muito que temer da formaçom intelectual d@s obreir@s”, é por iso que todo o que gire encol do mundo académico deve ser matéria fundamental para tod@ activista interessad@ na emancipaçom d@s humáns e dos povos. Analisar a construçom do “outro mundo possível” desde as aulas tem, polo tanto, umha importáncia essencial.

Antes de nada, quigera agradecer aos companheiros e companheiras da revista estudantil irmá A Gadoupa, tanto o seu interesse por conhecer as distintas perspectivas da recente história da esquerda independentista no eido estudantil, como que me encarregaram fazer este artigo para dar a conhecer uns poucos traços da mesma. Quigera apontar que esta resenha nom tem mais intençom que a de botar umha olhada crítica cara atrás para poder alviscar com mais claridade o futuro imediato desta importante frente da luita. Que ninguém interprete nestas linhas afám revanchista ou revisionista algúm. Nom é o nosso estilo.

Cómpre aclarar, isso sí, que ante a situaçom desastrosa na que se atopa o panorama agitativo e organizativo do estudantado nacional, é proprio de toda persoa revolucionária –de acçom, que nom de palavra- fazer primeiro auto-critica, e depois, sinalar sem ambagens aos/às culpáveis da mesma. Fazer autocrítica, reconhecendo que em ocasões fomos ingénu@s, que quase sempre fomos alpavardas, que figemos política de preas, que tivemos mais coraçom que cabeça ou que nos perdeu a ilussom desbocada. E sinalar culpáveis, assinando cos nossos auténticos nomes numha revista como esta, e nom agochándo-nos covardemente no anonimato da rede ou no fragor etílico do pub, como é costume entre outr@s pretendid@s “revolucionári@s”.

Tenho que aclarar tamém que a minha experiência na luita estudantil independentista desenrolou-se quase que exclusivamente na Universidade de Santiago de Compostela (USC) polo que a minha visom desta trajectória estará, polo tanto, bastante incompleta e sesgada. Ademais, a bibliografia existente é escassa e tamém bastante tendenciosa.

Para começar cómpre olhar para os precedentes. Ímo-nos trasladar para isso um pouco atrás no tempo.

Um nascimento tortuoso

A ditadura franquista converteu os centros de ensino em cemitérios de cheiro ráncio marcados pola religióm, a repressom, a mediocridade e o adoutrinamento fascista. As represálias contra o estudantado nacional (galego), republicano, laico e progressista deixárom as aulas enlutadas e marcadas polo medo. Haverá que aguardar até a década dos anos 60 para alviscar certas mostras de recuperaçom protagonizadas por pequenos núcleos de estudantes ligados à universidade compostelana.

Neste tempo de clandestinidade, as organizações estudantís de esquerda e anti-fascistas estavam completamente monopolizadas polo comunismo e polo trotskismo estatais e, em menor medida, por um fével anarquismo. O estudantado com certas teimas nacionalistas atopáva-se algo perdido na resistência cultural ou no possibilismo. Eram os tempos de Galaxia, de Fuxan os ventos ou de Voces ceibes.

As revoltas estudantís do 68 na cidade compostelá, paralelas ao Maio francês e iclusso algo anteriores cronológicamente, servírom de catalisador para o (re)xurdimento do Movemento Estudantil Galego (MEG) dun jeito independente. Os acontecimentos desse ano fôrom a faísca precisa para recuperar a independência organizativa do estudantado galego, do mesmo jeito que quatro anos depois começaria tamém a se retomar a independência da classe obreira galega coas importantes mobilizações operárias de Ferrol e Vigo.

Como resultado desta toma de conciência nacional por parte do estudantado mais combativo, em Dezembro do ano 1972 nasce Estudantes Revolucionários Galegos (ERGA) que xurde impulsada pola Unión do Pobo Galego (UPG) tras assumir este novo partido comunista a necessidade vital de dotar ao estudantado galego dumha organizaçom nacional e reivindicativa, enquadrada no projecto de Libertaçom Nacional-Popular que em pouco tempo irá tomando a hegemonia do MEG tirando da vanguarda às organizações estudantis com direcçom espanhola.

A sua organizaçom era disciplinada e assemblearia. Devido a umha análise ajeitada do ensino colonial, a umha táctica alicerzada nas reivindicações mais urgentes do estudantado e a umha boa linha política de massas, foi conseguindo sentar os alicerces do movimento estudantil nacional, chegando a ter presença, além da universidade, em praticamente a totalidade dos liceus e centros de F.P. do País. O seu modelo chegou a inspirar o nacemento doutras organizações semelhantes noutros países, como foi o da basca Jarrai em 1979.

A sua actividade nom ficava só na prática sindical, senom que faziam trabalho político, cultural e social a prol da Naçom. Entre os cursos 72-73 e 74-75 levarám-se adiante campanhas contra as actitudes autoritárias de grandes sectores do professorado, pola melhora da docência ou de boicote e oposiçom às provas de selectividade, o que vai provocar a incorporaçom do estudantado do Ensino Meio à luita estudantil. A implantaçom de ERGA fora de Compostela foi fruto da concepçom do ensino como un problema global e da necessidade de criar um movimento de massas em toda a Naçom.

Trala morte do ditador e a entrada do seu sucessor real, havia certas esperanças numha ruptura democrática que permitira umha reformulaçom do Estado Imperialista Espanhol (EIE), encetando um novo caminho cara a libertaçom nacional. Estas esperanças provocarám num princípio umha importante expansom do nacionalismo de esquerda e umha intensificaçom das luitas populares, vivindo assím ERGA umha época dourada que tem a sua cimeira em Janeiro do 78 coa celebraçom diante de mais dum milheiro de delegadas e delegados do seu Iº Congresso em situaçom de ilegalidade, já que até 1987 non seria legalizada.

A consolidaçom do actual regime espanhol de “democracia” burguesa tralo autogolpe político-militar de Fevereiro do 81, as cisões e crises do Movimento Nacionalista e os erros da própria organizaçom, fam que a começos dos 80 ERGA se convirta numha caricatura do que era. A sua desapariçom e presunta continuaçom polos Comitês Abertos de Faculdade (CAF) e Galiza Nova dévese a umha acçom enquadrada num projecto de paulatino reformismo e assimilaçom do sistema por parte do que hoje conhecemos como nacional-autonomismo ou BnG, renunciando ao modelo organizativo plural, unitário e de massas.

A montanha russa, subidas e quedas

A actividade pública de ERGA durante esses anos dourados, quase na totalidade das ocasões, derivará-se da sua responsabilidade como organizaçom, já nom estudantil, senom juvenil, do nacional-autonomismo. Participará activamente do movimento anti-OTAN, apoiará as greves gerais dos anos 84-85 realizando paros e manifestações de estudantes e denunciará os intentos de manipulaçom e tergiversaçom das figuras de Rosalia de Castro e de A.D.R. Castelão coincidindo co traslado dos restos do rianjeiro à Galiza, solicita aliás o voto para um BnG a cada vez mais claudicante nas citas electorais e consegue integrar-se no Conselho da Juventude da Galiza com muitos problemas ao ser alegal.
Na década de 80 o independentismo organizado desapareze practicamente das aulas do País até meiados dos anos 90, exceptuando a estudantes que militavam nos CAF e que eram maioritariamante militantes ou simpatizantes do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN) ou de Xerfas, as mocidades de Galiza Ceive (OLN). Nom pouc@s destas e destes moç@s pagárom coa cadeia, o exílio e a repressom o seu compromisso coa nossa Naçom e coa nossa classe.

Em poucos anos os CAF e a sua expressom no ensino meio, os Comitês Abertos de Estudantes (CAE), medram a base da moderaçom das suas luitas, do possibilismo, da financiaçom alheia à sua militáncia e do apoio de certas equipas decanais e rectorais. Aínda assím, a finais do 1994 um sector majoritário da organizaçom em Compostela, liderado por estudantes militantes da socialdemocracia nacionalista, muit@s delas/es teoricamente independentistas, escíndem-se e criam o Movimento Estudantil Universitário (MEU). Os CAF passam assím a ser umha organizaçom quase que exclusivamente de obediência UPeGalha. A base de originalidade, pluralidade e dum estilo estético algo naïf, o MEU consegue ser o principal sindicato estudantil na universidade compostelá. Mas, mália a sua incansável actividade, a carência dumha canteira como a dos CAE no ensino meio e do conseguinte relevo geracional, fai que o MEU vaia esmorecendo e desapareza ao começar o novo século.

Os CAF assumem a estrategia reformista à vez que intentam manter a imagem tradicional e histórica do nacionalismo popular coa intençom de mostrar-se como a organizaçom “mais legítima” num tempo de medre importante das entidades nacionalistas em geral. Dentro dos CAF-CAE vam-se imponhendo carências de democracia interna, umha forte burocratizaçom dos órgãos de direcçom, a criaçom de áreas de poder onde se movem @s denominad@s “trepas” e a conseguinte estruturaçom dumha espécie de “sindicato” de serviços gestionado pol@s mesm@s.

A meiados dos 90 o estudantado galego volve a tomar as ruas. No meio de cárregas policiais, traições de reitores “nacionalistas” e recortes nas concessões das bolsas de estudo, fragóa-se umha nova jeira de importante activismo estudantil. Outra faísca, como foi a brutal agressom policial do 3 de Dezembro de 1996 em Compostela pôde-se considerar como o ponto mais álgido desta jeira nova.

Um dos resultados desta nova jeira foi a fundaçom de Estudantes Independentistas (EI) em Dezembro de 1995 que vem a organizar no seu seio a um grupo de estudantes sem militáncia prévia que começam a construír com muitas dificultades o até de agora mais importante sindicato estudantil da esquerda independentista. Os primeiros passos de EI nutrírom-se de pequenas vitórias, como a eleiçom de vários representantes (11) para a Junta de Faculdade de História, Hª da Arte e Geografia da USC ou a entrada por primeira vez no Claustro. Mas a cárrega pesada do ideologismo, da inexperiência e de certas actividades impróprias dumha organizaçom sectorial do estudantado, como a de “repensar” a reorganizaçom e reunificaçom da esquerda independentista, freárom bastante o ritmo de crescimento inicial de EI.

Aínda assím a finais de 1998 EI já contava com umha importante expansom territorial. Umha das causas foi a política de unidade de acçom com CAF e MEU para loitar na rua, nas plataformas e nas assembleias pola educaçom pública. A princípios do 2000 EI conseguíu ser notícia a nível estatal ao conseguir paralisar a distribuiçom no eido nacional do jornal “estudantil” filo-fascista Gaceta Universitaria tras dumha campanha de denúncia das intenções elitistas e fundamentalistas deste panfleto católico de Recoletos S.A. Para aquela altura EI estava espalhada por todo o território nacional e contava con dúzias de representantes nas Juntas e nos Claustros (3), algo que aínda nom conseguiu igualar nem de longe o autoproclamado independentismo estudantil “unitário” actual. Na faculdade de Filologia da USC chegamos a nos juntar um importante núcleo militante, com 20 quadros e outr@s tant@s filiad@s. De EI saímos pessoas que acabamos por nutrir as fileiras de partidos independentistas, centrais sindicais, organizações juvenís, associações culturais, centros sociais... e saírom tamém, como na jeira do 88-91, companheir@s que atualmente som prisioneir@s polític@s do EIE.

A partires do 96 nucléa-se na Facultade de História, Hª da Arte e Geografia da USC um colectivo de militantes dos CAF dependentes dumha corrente independentista do BnG com gínia naquele trotskismo estatal e quinta-colunista que, ao entrar em decadência, se infiltrara no nacionalismo galego a finais dos 80/princípios dos 90. Este colectivo, após de abandonar os CAF e intentar chantagear EI exigindo a entrada directa d@s suas/seus membros nos órgãos de direcçom e a mudança do nome da organizaçom, cria em poucos dias e com quase umha dúzia escassa de militantes a Federaçom Estudantil Revolucionária (FER) em Outubro de 99.

Esta “organizaçom” (mais bem colectivo ou grupo de pressom) cria-se coa única intençom de “negociar” em igualdade com uns ingénu@s e inocentes EI que figéramos da palabra “unidade” umha marca da casa baleira mas ao final, perigosa. @s militantes de FER, formad@s no entrismo oportunista, na fascinaçom obsesiva pola imagem e o marketing, na asunçom da teoria revolucionária em dogmas de fe, na execuçom sistemática da disjuntiva controlar ou destruír e na obediência partidista, eram muito mais disciplinad@s e foi-lhes doado submeter a umha organizaçom maioritária pero cumha composiçom mais heterogénea e com certas contradições internas como era EI.

Após um ano académico de tensas reuniões e dumha artificiosa “unidade de acçom”, EI e FER decidírom confluír numha única organizaçom do estudantado da esquerda independentista. No meio das negociações cara a unidade, o afám pola hegemonia da organizaçom que se queria formar fijo que primeiro FER arrastara aos restos do que fora o CAMEM (Comitê Aberto do Movimento Estudantil de Magistério) ao seu rego e que depois EI figera o mesmo co sector independentista de AEGA (Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas) radicada na Universidade de Vigo. Outro sector da AEGA, de ideologia mais ou menos libertária, constituíu-se na Assembleia Azrael, de corta trajectória.

Na Assembleia Nacional na que se formou AGIR, teoricamente coa fusom de EI, AEGA, FER e CAMEM, nom assistimos mais da metade da militáncia de EI e a totalidade da de AEGA, que remataría por se disolver. Constituído AGIR, nom tardarám em chegar as purgas e/ou as saídas de antig@s militantes e simpatizantes de EI por desilusom ou fastio. Paseninhamente AGIR passa a herdar e asumir directamente os vízios do que fora a FER: a carência absoluta de espírito autocrítico, a teima pola estética e o desenho, o afám por aparentar mais força e capacidade organizativa da que realmente se tem, o voluntarismo enfermiço (acçom pola acçom), a discilplina sectária, a imitaçom mecánica de modelos foráneos, a endogámia nas relações pessoais, a incapacidade para assumir a formaçom teórica e aplica-la à realidade socio-económica do estudantado popular, o submetemento da problemática estudantil às necessidades partidárias,... demasiadas eivas para quem se autoproclamar “revolucionário”.

Nas mobilizações contra a LOU (Novembro de 2001-Março de 2002) Galiza e o estudantado galego convertémo-nos objectivamente no maior foco de luita e resistência estudantil de todo o Estado e seguramente de Europa. As assembleias de estudantes por faculdades e a coordenaçom das mesmas em órgãos unitários revelou-se como um método efectivo para a luita do estudantado.

Mas o perigo deste modelo está na sua vulnerabilidade ante a actuaçom sectária de grupos organizados, e éstes nom tardárom em se revelar. No marco destas mobilizações assemblearias e plurais, muit@s estudantes da USC fomos testemunh@s de como as organizações CAF e AGIR e, em menor medida, outros grupúsculos ligados ao PsoE ou EU, se adicávam em exclusiva a dividir ao estudantado mobilizado e organizado coa única intençom de sacar proveito das tensões internas e “pescar” militantes. Ja dí o refraneiro a rio revolto...

Adiante pola reconstruçom do movimento estudantil

Como resultado disto, anos depois desses dias históricos póde-se dizer que o panorama do MEG é objectivamente desolador e a situaçom das organizações estudantis nacionais é patética, embora amossem a cotio outra face de cara à galeria, mais que nada, para manter as apariências. As duas principais, CAF e AGIR vivem de rendas. AGIR está practicamente desartelhada tras desdobrar-se em organizaçom juvenil. Nos CAF alvíscam-se, porém, movementos internos e desde a base que poderiam ir freando tantos anos de deriva reformista.

Na década anterior fracassamos na nossa tarefa de construír umha alternativa revolucionária desde as aulas. Defraudámo-nos a nós mesm@s e falhámos-lhes a essas/es centos de estudantes da classe obreira que chegam à universiadade graças aos grandes esforços e sacrifícios pessoais e/ou dos seus parentes. Temos que reflexionar para nom tropezar coas mesmas pedras.

De ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) somos conscientes da importáncia de reconstruír num futuro as estructuras dum sindicato estudantil aberto, revolucionário e democrático. Pequenas iniciativas que nom vam além de um ou dous centros, mália a sua debilidade, poderiam chegar a ser interessantes germes da reconstruçom da organizaçom estudantil do independentismo de classe se fossem capazes de se espalhar e consolidar por mais faculdades e liceus do País.

Mas, num contexto de acossa descarada ao ensino público, coa aprovaçom do Processo de Bolonha e a montagem policial nos liceus (nos “coles” privados nom sabem o que é a droga...), para a mocidade revolucionária galega agora mesmo o máis inmediato é a defessa firme dos direitos do estudantado galego e do nosso ensino público e por isso hoje em dia é mais urgente recuperar a unidade horizontal, assemblear e apartidária do estudantado galego ensaiada na luita contra a LOU em forma de assembleias coordinadas de estudantes e sob os parámetros estratégicos e históricos da nossa luita: ensino nacional, científico, popular e democrático.

Bibliografia utilizada:

- Documentos do Congreso Constituínte do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). “A mocidade no Partido. Organización. Traballo nas organizacións de Masas. ENSINO: ERGA”. pp. 31-32. Compostela 1986.
- Boletím ERGA: O lume que prendeu. Editado por CAF, CAE, SLG, BNG e CIG. Compostela 1997.
- Conlusões da IIº Assembleia Nacional de Estudantes Independentistas (EI) Semente dumha terra livre. Compostela 1998.
- Resoluções da Assembleia Constituínte de AGIR. A unidade que nos fai avançar. Compostela 2000.

Etiquetas:

(1) Comentarios
Perunena, a razón 76
12/12/2006
Cen razóns polas que deixei de ser español, Jose Mari Esparza Zabalegi




Cen razóns polas que deixei de ser español é a nova obra de Jose Mari Esparza Zabalegi, publicada por Txalaparta, editorial que el dirixe. Infinidade de personaxes, anécdotas e versos asoman nestes cen desafios ao españolismo imposto pola forza das armas e das leis do estado imperialista español. Desde Perunena até Orson Welles, pasando polos carlistas de Montejurra ou a Garda Civil, todos eles pasean polas páxinas deste livro, no que temos unha boa ocasión para aprender e lembrar as razóns dun independentista basco e, ao mesmo tempo, ollar para a realidade galega. A obra está prologada polo basco Joxe Azurmendi, o galego Méndez Ferrín e o catalán Víctor Alexandre. Transcrebemos de seguido unha das cen razóns que levaron a Esparza a somar-se ás filas dos insubmisos ao império.

"Viron-no millóns de espectadores. Entrevistaban na TVE a Iñaki Perurena, o levantador de pedras, nun programa de pretendido humor, ao que levaban personaxes estrambóticos, fora do común. De facto, a entrevista tiña lugar nun globo, por remarcar o cacácter de anormalidade. O personaxe entrevistado axudaba: un navarro xigantón, de inxénuo sorriso, carniceiro de profisión e capaz de levantar pedras de 320 quilos. Onde se vira semellante despropósito? O "Josetxu o Basco" do TBO en persoa! Que se pode agardar destes comedores de costeletas, cortadores de troncos e levantadores de pedroulos? A entrevista buscaba o riso fácil do espectador, cando o simpático entrevistador tivo a idea de perguntar se "ademais das pedras tiña outros intereses".

-Si, gosto de criar versos -dixo Perunena.
- Versos? -e aquí o entrevistador coidou atopar un novo filón para os seus sarcasmos- Recitarias algún?
- Si claro, o último que fixen. Adiquei-llo á miña esposa cando tivo o primeiro fillo...
E Perurena recitou en euskera uns versos inzados de ternura da sua muller parturienta, como moi poucos homes terian sensibilidade para facé-lo. O harrijasotzaile era tamén bertsolari. Máis que xigante físico, era un xigante humano. O forzudo era un ilustrado. Un poeta. O energúmeno era o outro.

De Iñaki Peruena, prototipo racial, xa ninguén fixo bromas doadas. Continuou a levantar pedras e cortando costeletas, escrebeu livros en euskera, fixo séries de televisión, foi actor de cinema, polémico articulista... Un dia, por última vez, amosou a sua forza ante o rei de España e comezou a traballar en Nabarralde a prol da independéncia e a liberdade da sua Ama Lurra, a sua terra mai. Por falar desas cousas xa non o chamaron de Televisión Española."
Cien razones por las que dejé de ser español. Ed. Txalaparta. 2006.

Etiquetas:

(1) Comentarios
Características do Acordo de Paz no Nepal
01/12/2006



Servizo Noticioso Un Mundo Que Gañar
27/11/06


"Con isto rematan os once anos de guerra civil no noso país", declarou o presidente Prachanda do Partido Comunista do Nepal (Maoista), PCN(M), cando el e o primeiro ministro G. P. Koirala asinaron un "Acordo de Paz Global" na noite de 21 de novembro. O PCN(M) e a alianza dos sete partidos que hoxe governa o país acordaron formar un governo de transición antes do 1 de decembro e celebrar eleizóns para unha asemblea constituinte, co fin de redactar unha nova constitución e estabelecer un novo sistema governamental antes de xuño de 2007.

O governo declarou feriado o dia seguinte e solicitou que a cidadania levase a cabo a tradicional cerimónia Deepwali. O PCN(M) organizou reunións de vitória e actos de masas ese dia.

Por todo o mundo, os amigos da revolución do Nepal perguntan-se como interpretar este acordo á luz dos obxectivos que declarou o PCN(M) cando encetou a guerra popular o 13 de fevreiro de 1996: facer unha revolución de nova democrácia como primeiro paso cara ao socialismo e o comunismo.

Após dez nos de guerra popular, o Exército Popular de Liberación, dirixido polo PCN(M), liberou a meirande parte do país. Nas rexións baixo o mando do EPL criaron-se órgaos de poder popular e as transformacións golpearon o milenário sistema social encabezado por un rei que se di a reencarnación do deus hindú Vishnu. Os campesiños pobres, minorias nacionais oprimidas e vítimas do vil sistema de castas ergueron-se e colaboraron para exercer o poder con aqueles das castas altas que racharon co brahmanismo. En poucos anos, a anteriormente horrível situación das mulleres, operou asombrosos cámbios: as mulleres xogan un papel importante na nova democrácia: ingresaron no EPL (conforman o 35% das tropas) e comezaron a criar unha nova cultura na que mulleres e homes casan con quen desexen, sen importar as anteriores barreiras de casta ou família.

Os protectores armados do vello Estado, coñecidos até hai ben pouco como o Exército Real de Nepal (ERN), están confinados na capital, nunhas cantas vilas grandes e nalgúns cuarteis grandemente fortificados, sen poder desprazar-se agás en helicóptero ou en grandes combois. O ERN recebeu moito apoio dos Estados Unidos, Índia, Inglaterra, China e outros governos reacciónarios, mais son odiados por moita xente das cidades e do campo. Case todos os nepaleses consideran que o rei é culpável do asasinato do seu irmán e boa parte da família real en 2001. En abril de 2006, o movimento popular na capital e outras cidades golpeou forte á monarquia. Como resultado dese movimento e da guerra popular, o rei tivo que ceder e reinstaurar o préviamente disolto parlamento. Mudou-se o nome do ERN polo de Exército do Nepal, ainda que os vellos comandantes asasinos permaneceron nos seus postos. Declarou-se o cese do fogo entre o Exército do Nepal e o Exército Popular de Liberación. Toda a sociedade puxo en primeiro plano o debate sobre que clase de sociedade e que clase de Estado se estabelecerán no país.

Como afecta o acordo de paz aos dous exércitos

Segundo o novo acordo, o Exército Popular de Liberación estará confinado en sete acantonamentos (zonas designadas), con tres campamentos en cada un. Informa-se que no momento de asinar o acordo, a meirande parte dos integrantes do EPL xa se internaran nos acantonamentos, e en pouco tempos así o faria o resto. Un comité conxunto do EPL, o Exército do Nepal e da ONU escolleron as zonas.
O acordo di: "Despois de internar-se os combatentes maoistas nos acantonamentos, armacenaran-se todo o armamento agás aquel requerido para a seguridade dos acantonamentos". A ONU vixiará o proceso de gardar as armas baixo un só cadeado, levará un rexistro do armamento e instalará un dispositivo con sereas. No caso de precisar examinar o armamento baixo cadeado, a ONU terá que facé-lo na presenza do bando respeitivo. Determinaran-se todos os detalles técnicos e o seguimento con cámaras, segundo o acordo conxunto da ONU, o PCN(M) e o governo do Nepal.

O Exército do Nepal, pola sua banda, "confinara-se nos cuarteis. Gardará a mesma cantidade de armas que os maoistas baixo un só cadeado". O resto de condicións son as mesmas que ás dos guerrilleiros, segundo a tradución non oficial ao inglés do xornal Kantipur. Segundo os meios de comunicación, o EPL ten 35.000 integrantes e o Exército do Nepal case tres veces esa cantidade. Como ambos mandos gardarán baixo chave a mesma cantidade de armas, iso significa que o Exército do Nepal non terá a maioria do seu armamento baixo chave.

O Consello de Ministros, que se formará antes do 1 de decembro e incluirá a ministros do PCN(M), "controlará, mobilizará e manexará ao Exército do Nepal segundo a nova Lei Militar. O Consello Interino de Ministros elaborará e executará un detallado plano de acción para democratizar o Exército do Nepal por meio de recomendacións do respeitivo comité do Parlamento Interino. Entre outras cousas, determinará o carácter nacional e será adestrado segundo os princípios democráticos e os valores dos direitos humanos. O Exército do Nepal continuará con tarefas como a seguridade fronteiriza, dos repetidores telefónicos, do secretariado central e a seguridade de persoeiros importantes". Outra sección di: "O governo encarregara-se da seguridade dos líderes maoistas".

O novo governo dará racións alimentícias aos integrantes do EPL nos acantonamentos, que non é pouca cousa, xa que en cada un haberá miles de soldados. O acordo engade: "O Consello Interino de Ministros formará un comité especial para inspeccionar, integrar e reabilitar aos combatentes maoistas". Os dous exércitos terán proibido levar uniforme de combate ou portar armas fora das zonas de confinamento, reclutar soldados ou procurar armas novas. Porén, "as forzas de seguridade despregadas polo governo interino terán autoridade para levar a cabo patrullas de rutina, explorar co fin de impedir o tráfico ilegal de armas, explosivos ou matérias primas para a fabricación de armas". A tradución de Kantipur di: "A policia do Nepal e a Policia Armada continuarán coas tarefas de manter o sistema xurídico, a orde pública, e as investigacións criminais segudo as normas do Jana Andolan, segundo o Acordo de Paz e segundo as leis vixentes.

O papel da ONU

Ian Martin, o representante persoal do secretário xeral da ONU, Kofi Annan, e outros funcionários da ONU, xogaron un papel directo no proceso. O seguinte paso após o Acordo de Paz Global, e unha condición prévia para os pasos posteriores, segundo Martin, é un acordo tripartito sobre os detalles do uso de armas entre o governo, os maoistas e a equipa da ONU. Ainda que altos funcionários dos Estados Unidos e a Unión Europea estiveron no lugar dos feitos, e os Estados Unidos, Inglaterra, a Índia, Xaón, Noruega, Suiza e Israel receberon con beneplácito o acordo, o Consello de Seguridade da ONU ainda non tratou formalmente o asunto.

Unha carta que enviou á ONU o primeiro ministro e o presidente do partido maoista en agosto de 2006, ratificada polo Acordo de Paz Global, solicita que a ONU xogue un papel no Nepal en torno a cinco pontos: titorizar a situación dos direitos humanos, vixiar o Código de Conduta de 25 pontos entre os dous bandos, confinar aos dous exércitos nos seus campamentos e cuarteis, vixiar as armas baixo chave e traballar de observadores durante as eleizóns á asemblea constituinte. Coa sinatura do acordo de paz, o Alto Comisionado para os Direitos Humanos da ONU afirmou que o seu organismo realizará labores en todos os distritos do país e aumentará o controlo nas zonas rurais.

O governo interino, o sistema xurídico e o rei

Prachanda e Koirala lograron elaborar un amplo proxecto de acordo nunha reunión o 8 de novembro que se tiña que asinar antes do 16 de novembro. Non se explicou por que isto non ocorreu, mais o Acordo de Paz Global do 21 de novembro ratifica ese proxecto, engadindo-o como anexo. Tampouco se dixo nada sobre a constitución interina que se teria que finalizar e asinar antes do 21 de novembro. Esa constitución será a base para o novo governo e os seus programas. O Acordo de Paz Global di que o sistema xurídico e a constitución existentes seguirán en vigor até que se adopte unha constitución interina, e despois diso, as vellas leis seguirán en vigor a non ser que "non concorden" coa nova constitución. O Acordo engade: "Ambos os dous bandos aceitan non criar nengunha forma de estrutura paralela en nengunha sección das estruturas do Estado e do governo, segundo as decisións do 8 de novembro". Esas decisión estipulan: "O dia que se forme o parlamento interino, o governo e os tribunais populares administrados polo PCN(M) serán disoltos. Formaran-se organismo interinos a nível dos distritos, cidades e aldeas".

Segundo o documento do 8 de novembro, o governo interino que se formará antes do 1 de decembro, estará encabezado por un consello no que participarán os maoistas. Ademais dos 209 membros actuais do parlamento, haberá 73 representantes maoistas. Tamén haberá 48 novos integrantes da "sociedade civil" de entre os partidários de todas as formacións políticas do país. Do total dos 330 integrantes, o PCN(M) ten que ter uns cantos menos que o partido máis grande, o Partido do Congreso Nepalés, e o mesmo número que o segundo partido de peso, o Partido Comunista do Nepal (Marxista-Leninista Unificado). Fican fora algúns antigos membros do parlamento consierados "non partidários do Acordo" por mor da sua "oposición ao movimento popular".

O Acordo de Paz Global suprime ao rei Gyanendra "toda autoridade con respeito ao governo do país", ainda que mantén a coroa. As propriedades do rei anterior (o irmán de Gyanendra) e da sua esposa pasarán a fideicomiso do Estado. Nacionalizaran-se todas as propriedades que Gyanendra comprou persoalmente desde que acedeu ao trono (palácio, bosques, parques, lugares patrimoniais e arqueolóxicos). Decidira-se sobre a continuidade ou a fin do monarca através do voto dunha maioria simples na primeira reunión da asemblea constituinte, que decidirá a furtura forma de governo do país.

Cuestións sociais

Ante unha reunión de políticos, diplomáticos e persoalidades, após o Acordo, o presidente Prachanda dixo: "Este momento significa a fin dos 238 anos do sistema feudal", en referéncia á data na que se instaurou a monarquia.

O acordo fala da "determinación por reestrutura de forma progresista o Estado co obxectivo de resolver os problemas existentes no país, baseados en clases, castas, crenzas e xéneros, reitera o pleno compromiso cos valores democráticos e a sua aceitación, así como o sistema democrático pluripartidista de governo, liberdades civís, direitos fundamentais, plena liberdade de imprensa e o conceito de Estado de Direito; manter a democrácia, a paz, a prosperidade, o cámbio económico e social, e a independéncia, a integridade, a soberania e a dignidade do país.. Declara-se o comezo dun novo capítulo de colaboración pacífica rematando coa loita armada en todo o país desde 1996, por meio do consenso político entre os dous bandos para asegurar a soberania do povo nepalés meiante unha asemblea constituinte, unha solución política orientada cara ao futuro, a reestruturación democrática do Estado e a transformación económica, social e cultural".

O Acordo promete as seguintes metas concretas: "Adoptar un sistema político acorde cos direitos humanos fundamentais universalmente aceitados, un sistema democrático pluripartidista, a soberania inerente á cidadania, a supremacia do povo, un sistema de freos e equilíbrios constitucionais, o Estado de direito, a xustiza social, a igualdade, un poder xudicial independente, eleizóns periodicas, o controlo pola sociedade civil, a plena liberdade de imprensa, o direito da cidadania á información, a transparéncia e verificación das actividades dos partidos políticos, a participación do povo e un conceito imparcial, competente e xusto da burocrácia.

"Abordar os problemas relacionados coas mulleres, intocáveis, povos autóctenes, janajaties, madheshies, oprimidos, marxinados, minorias e atrasados, acabando coa discriminación de clase, casta, idioma, xénero, cultura, relixión e rexión, e reestruturar o Estado de maneira incluinte, democrática e progresista, acabando coa actual estrutura centralizada e unitária do Estado.

"Continuar executando cando menos os programas de consenso xeral para a transformación económica e social para rematar con todas as formas de feudalismo.

"Adoptar medidas para levar a cabo un programa de reforma agrária científica acabando co sistema feudal de propriedade da terra, segundo a política de protexer e fomentar a indústria e os recursos naturais. Adoptar medidas para estabelecer os direitos de todos os cidadáns á educación, saúde, vivenda, emprego e reservas de comida. Adoptar medidas para dar terras e outras proteccións económicas aos campesiños sen terra, aos kamaiya, aos halia, aos harwa, aos charwa e aos sectores atrasados económicamente. Adoptar medidas para castigar severamente aos funcionários do governo que se apoderen de propriedades meiante a corrupción. Elaborar conceitos de desenvolvimento comúns para a transformación económica e social. Aplicar medidas para aumentar os investimentos no fomento da indústria, o comércio e as exportacións co obxectivo de aumentar as oportunidades de xerar ingresos asegurando os direitos profisionais dos traballadores".

Os dous bandos devolverán de imediato todas as propriedades confiscadas, entre elas os edifícios e terras, públicas e particulares, liberarán a todas as persoas arrestadas e aos prisioneiros políticos, darán dados sobre os desaparecidos, permitirán que os desprazados retornen aos seus fogares e "non discriminaran nen exercerán presión" sobre as persoas pola afiliación política dos seus familiares. Unha Comisión Nacional de Paz aplicará medidas de socorro ás persoas incapacitadas ou desprazadas durante a guerra. Unha Comisión da Verdade e da Reconciliación "investigará a aqueles que cometeron graves violacións dos direitos humanos e crimes de lesa humanidade no curso do conflito armado, fomentando un ambiente de reconciliación na sociedade".



Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com