Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Catro filmes revolucionários
17/01/2007
La Hora de los Hornos. Fernando Solanas e Octavio Getino.




Impresionante película que se remata de rodar en 1968 cunha duración de catro horas e vinte minutos. Retrato sócio-político da Arxentina que se divide en tres partes: "Neocolonialismo e violéncia", "Acto para a liberación" e "Violéncia e liberación". Os directores non se limitan a descreber, tamén aportan camiños para unha transformación revolucionária. A película, que se coñeceu como "o Potemkin latinoamericano" tivo unha enorme influéncia nos novos directores militantes.


Les dupes. Tewfik Salah.



Baseada nunha novela escrita en 1965 polo que foi voceiro da Frente Popular para a Liberación de Palestina, Ghassan Kanafani, asasinado en Beirut en 1972, conta-nos a história de tres palestinos que tentan chegar a Kuwait atravesando o deserto nun camión, metáfora do povo palestino. A película constitue unha feroz denúncia da traición dos governos árabes e tamén amosa a inoperáncia da dirección da resisténcia palestina para eleborar unha táctica correcta para destruir o Estado de Israel.


El Coraje del Pueblo. Jorge Sanjinés.



Do ano 1971, o filme, que tamén se coñeceu como "A noite de San Xoan", reconstrue as loitas dos mineiros do estaño durante o periodo 1942-1967, adicando a última parte da fita á represión que tivo lugar en 1967 e que buscaba impedir o apoio obreiro á guerrilla comandada polo Che. Rachando cos corsés do cinema burgués, o própro director denúncia na pantalla aos responsáveis das matanzas.


Un homme est mort. René Vautier.



18 de abril de 1950. Brest ocupada por 8.000 policias franceses. Unha maré de 80.000 persoas despiden os restos do obreiro Eduard Mazé, asasinado un dia antes durante as loitas dos obreiros bretóns. O cineasta militante René Vautier grava clandestinamente as imaxes que máis tarde ilustrará cos versos do poeta Paul Eluard:

Morreu un home que non tiña por defensa mais que os seus brazos abertos á vida;
morreu un home que non tiña outro camiño que aquel no que se odian os fusís,
morreu un home que continua a loita contra a morte, contra o esquecimento.


A película "desapareceu". Afortunadamente, Kris e Davodeau Etienne recriaron en papel esta obra.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com