Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

James Petras: sobre as FARC
22/02/2007
Fonte: Red Latina Sin Fronteras




O 9 de novembro de 2006, as Forzas Armadas Revolucionárias de Colómbia - Exército do Povo (FARC-EP) enviaron unha "Carta aberta ao povo dos Estados Unidos". Foi dirixida específicamente a algúns produtores e actores de Hollywood (Michael Moore, Denzel Washington e Oliver Stone), así como a tres universitários esquerdistas (James Petras, Noam Chomsky e Angela Davis) e a un político progresista (Jessie Jackson). Esta carta aberta solicitaba o noso apoio para facilitar un acordo entre os governos nortemaricano e colombiano coas FARC-EP para intercambiar 600 guerrilleiros encarcerados (entre eles dous enxuizados nos Estados Unidos) por 60 prisioneiros dos rebeldes, entre eles tres expertos norteamericanos en contrainsurxéncia.

FARC-EP: BANDA TERRORISTA OU MOVIMENTO DE RESISTÉNCIA?

Contráriamente á posición do governo dos Estados Unidos, que cualifica ás FARC-EP de "organización terrorista", estas son hoxe o movimento guerrilleiro campesiño máis importantes e antigo do mundo. Fundadas en 1964 por duas dúcias de campesiños activistas co fin de defender as comunidades autónomas rurais das violentas depredacións dos militares e paramilitares colombianos, as FARC-EP converteron-se nun exército guerrilleiro altamente organizado duns 20.000 membros con vários centos de miles de partidários organizados en milícias locais, e unha enorme influéncia en maís do 40% do país.

Até o 11 de setembro de 2001, a maioria dos países da Unión Europea e América Latina recoñecian ás FARC-EP como movimento lexítimo de resisténcia e durante vários anos mantiveron negociacións de paz co governo colombiano dirixido polo presidente Andrés Pastrana. Antes do 11 de setembro, os líderes das FARC-EP mantiveron unha reunión con xefes de Estado europeus para intercambiar ideas sobre o proceso de paz. Numerosos e destacados dirixentes económicos de Wall Street, Londres e Bogotá, así como personaxes importantes como a raiña Noor de Xordánia, reuniron-se con líderes das FARC-EP na zona desmilitarizada durante as fallidas negociacións de paz (1999-2002).

Baixo fortes presións da Casa Branca, particularmente dos seus voceiros ultradireitistas máis prominentes, como Otto Reich, Roger Noriega e John Bolton, o rexime de Pastracha rachou repentinamente as negociacións, enviando en menos de 24 horas ao exército colombiano á zona desmilitarizada, nunha tentativa de capturar aos xefes das FARC-EP comprometidos nas negociacións. O ataque "por surpresa" fracasou, mais sentou as bases para o recrudecimento do conflito.

PAPEL NORTEAMERICANO NO CONFLITO

Comezando polo governo de Clinton en 2000 e seguindo polo de Bush, os Estados Unidos gastaron catro mil millóns de dólares en axuda militar ao rexime colombiano co fin de destruir o exército guerrilleiro e a sua suposta base social entre campesiños, sindicatos urbanos e profisionais (especialmente profesores, advogados, activistas de dirietos humanos e intelectuais). Washington favorece enérxicamente unha solución militar impedindo calquer intento de negociacións de paz, e para iso conta cun grande número de conselleiros militares, mercenários, axentes antidrogas, axentes da CIA, comandos de Corpos Especiais e outros moitos funcionários encubertos. Desde comezo da década dos oitenta e finais dos noventa, Washington mantivo a ficción de que os seus programas militares formaban parte dunha campaña contra os narcóticos, mália non explicar por que concentraba a maior parte dos seus esforzos nas rexións baixo a influéncia das FARC-EP e non nas vastas áreas de cultivo de coca controladas polos militares e paramilitares colombianos.

Co início do Plano Colómbia en 2000, Washington subliñou explícitamente a natureza contrainsurxente da sua axuda militar e a sua presenza. A Casa Branca, extremadamente anoxada pola aceitación das negociacións de paz por parte do presidente Pastrana e os avanzos dos movimentos guerrilleiros e sociais, impulsou á presidéncia a Álvaro Uribe, un político direitista vinculado aos escuadróns da morte do país. A sua vitória eleitoral encetou unha das máis sanguentas campañas de extermínio da violenta história de Colómbia.

Oficiais militares norteamericanos e os seus homólogos colombianos financiaron unha forza de escuadróns da morte de 31.000 membros que asolou o país e asasinou a miles de campesiños nas rexións onde as FARC-EP teñen máis presenza. Centos de sindicalistas foron asasinados á luz do dia por sicários nas cidades e aldeas ocupadas polo exército. Activistas de direitos humanos, xornalistas e universitários que ousaron denunciar a impunidade dos militares involucrados nas masacres foron raptados, torturados e asasinados; non era infrecuente que fosen decapitados ou destripados para aumentar o terror. Máis de dous millóns de campesiños foron forzados a abandonar a sua rexión para instalar-se en bairros urbanos miseráveis, mentres que coñecidos responsáveis paramilitares ou grandes terratenentes lles embargan as terras. A "limpieza de clase" no campo levou-se a cabo de acordo cos manuais de contrainsurxéncia do Pentágono, que adestraron aos militares colombianos sobre como destruir a "infraestrutura social" dos movimentos guerrilleiros, especialmente das FARC, que posuen amplos e antigos vínculos familiares, comunitários e sociais cos campesiños.

O presidente Uribe encarna o clásico governante sulamericano: criminal cos pobres e submiso co seu patrón de Washington. As suas perpétuas campañas a grande escala asolaron o campo, pero fracasaron á hora de enfeblecer ás guerrillas ou, nen sequer, en capturar a algún membro do alto mando das FARC-EP. Despois de seis anos de masivas e caras campañas de extermínio, algúns altos oficiais militares norteamericanos e a meirande parte dos seus colegas colombianos recoñeceron que unha vitória militar sobre as FARC-EP era moi improbável. Segundo os estrategas militares, o máximo que poderian conseguir sería un debilitamento das FARC-EP, forzando-as a negociar un "acordo de paz" favorável ao rexime.

BREVE HISTÓRIA DAS NEGOCIACIÓNS DE PAZ

Durante a presidéncia de Belisário Betancourt (nos oitenta), as FARC aceitaron un cese armado e moitos dos seus membros entraron no proceso eleitoral. Miles de guerrilleiros, os seus simpatizantes e moitos esquerdistas independentes criaron un partido polítco, a Unión Patriótica, e apresentaron candidatos a todos os estamentos do governo.

En menos de cinco anos, o exército e os seus escuadróns da morte asasinaron a 5.000 activistas, candidatos e cárregos elixidos, entre eles candidatos á presidéncia, algúns congresistas, diversos alcaldes, centos de concelleiros e líderes locais do partido. Os superviventes regresaron á guerrilla, fuxiron ao estranxeiro ou pasaron á clandestinidade. Contráriamente ao que pretendia o governo, Colómbia non era unha "democrácia" no sentido hahitual da verba, senón unha "democrácia de escuadróns da morte" na que as condicións e normas políticas máis elementais para a participación nunha campaña eleitoral brillaban pola sua auséncia. Menos de duas décadas despois, cando as FARC extenderan a sua influéncia até unha distáncia de 65 quilómetros a Bogotá, o governo de Andrés Pastrana accedeu a outra rolda de "negociacións de paz" nunha ampla rexión desmilitarizada baixo o controlo das FARC.

Durante as negociacións, centos de "visitantes" de todos os sectores da sociedade colombiana, así como importantes personalidades políticas e de negócios procedentes do estranxeiro, participaron en foros públicos. Os debates abertos organizados polas FARC abordaron asuntos sociais, económicos e políticos fundamentais. Por vez primeira na memória recentes, os temas da reforma agrária, o investimento público en programas de criazón de emprego, o investimento estranxeiro e a propriedade pública, as alternativas económicas ao cultivo de coca, a educación e a saúde foron debatidos sen medo ás represálias dos escuadróns da morte. A imaxe das FARC como "forza militarista narcoguerrilleira" ficou ferida; moitos observadores préviamente hostís de Europa, América Latina e América do Norte, incluso se non estaban de acordo con algunhas das reformas propostas polas FARC, marcharon coa impresión de que se podia negociar e acadar acordos para finar coa guerra civil.

A radicalización do rexime de Bush após o 11 de setembro de 2001 foi o pretexto para rachar as negociacións de paz. Máis tarde, coa eleizón de Álvaro Uribe, as FARC foron incluídas na lista de organizacions "terroristas". A Unión Europea, que se reunira e consultara cos xefes das FARC, continuou o camiño ditado polos Estados Unidos. Foron detidos, pouco despois, negociadores das FARC e representantes internacionais en Bolívia, Venezuela e Ecuador. Os dos últimos países entregaron aos representantes das FARC á brutal policia política colombiana (DAS). Co gallo da "guerra contra o terrorismo" de Washington, o presidente Uribe reprimiu sen piedade folas xerais sindicais e grandes manifestacións rurais das principais organizacións agrárias que protestaban contra o acordo de "livre comércio" asinado cos Estados Unidos.

Nesta carnizaria patrocinada polo governo, as FARC emprenderon unha estratéxia de retirada táctica aos seus refúxios na selva e nas montañas e anunciaron propostas de liberación mútua de prisioneiros como primeiro paso no "estabelecimento de confianza" para as futuras negociacións de paz.

As FARC teñen prisioneiros a máis de 60 políticos colombianos e oficiais do exército, entre eles a Ingrid Betancourt, unha ex candidata á presidéncia, e tres "contratistas militares" -así os descrebe Washington- implicados en servizos de intelixéncia. O governo colombiano ten prisioneiros a máis de 600 guerrilleiros. Washington ten prisioneiros a dous membros das FARC. Estas propuxeron unha reunión para organizar un intercámbio de prisioneiros nunha zona desmilitarizada. Naturalmente, as famílias dos prisioneiros das FARC estaban unánimamente a prol da proposta, como tamén o estaban as organizacións sociais e os grupos humanitários, relixiosos e de defensa dos direitos humanos. Os Estados Unidos opuxeron-se a calquer intercámbio e Uribe acatou as ordes do seu amo, cando menos durante a primeira lexislatura. O eslogan utilizado era que liberarian aos prisioneiros através de militares. Durante os últimos cinco anos non se liberou a nengún prisioneiro. Pola contra, nunha fracasada recente incursión militar morreron dez presos, entre eles un ex ministro de Defensa, un governador e oito oficiais do exército. Baixo a enorme presión da sociedade colombiana, o presidente Uribe declarou após a sua reeleizón que estaba disposto a comezar negociacións para un intercámbio. Porén, un mes despois, incumpria a sua palavra utilizando como pretexto unha bomba que estoupou nunha instalación militar, responsabilizando ás FARC, pésia a que estas negaron a sua autoria. Os expertos suspeitan que foi unha operación encuberta dos servizos secretos de Colómbia para minar calquer avance no intercámbio de presos.

PERSPECTIVAS DAS NEGOCIACIÓNS DE PAZ

Fora de Washington e do entorno do presidente Uribe, todo o mundo concorda coa idea de que calquer proceso de paz debe encetar-se coa adopción de medidas que inspiren confianza, especialmente o intercámbio de prisioneiros.

Esas negociacións complicaron-se de xeito imediato; o 31 de decembro de 2004, os Estados Unidos extraditou a dous presos das FARC retidos polo governo colombiano, mantendo-os en celas de illamento, atados durante 23 horas diárias. O 16 de outubro de 2006, xulgou-se por "tráfico de drogas" e "terrorismo", así como por "secuestro" a un dos presos políticos das FARC, Ricardo Palmera, máis coñecido polo seu nome de guerra, Simón Trinidad. Trata-se dun claro "xuizo político-espectáculo", no que houbo unha detención ilegal, no que se fabricaron probas e no que se deron procedimentos xudiciais lesivos para asegurar unha senténcia condenatória.

O aspecto máis suspeitoso desta farsa política é a caracterización do papel de Trinidad nas FARC. Fora o seu principal negociador de paz, como resultou evidente cando foi recoñecido como o principal interlocutor das FARC co presidente colombiano Andrés Pastrana durantes as negociacións de paz de 1999-2002. Hai numerosas fotografias, informacions e entrevistas da época nos meios de comunicación colombianos e europeus que identifican claramente a Trinidad como un negociador clave para a paz. Non menos importante é que Trinidad foi o principal intermediário das FARC para as relacións co representante de Direitos Humanos das Nacións Unidas, James Lemoyne, nomeado polo governo dos Estados Unidos e antigo correspondente do New York Times en América Latina.

Recoñecendo que a posición de Trinidad como negociador de paz das FARC con misións fundamentalmente dimplomáticas comprometia gravemente as alegacións de Washington, o fiscal federal modificou a acusación de que estivese directamente implicado no "secuestro" de tres oficiais contrainsurxentes norteamericanos retidos como prisioneiros de guerra polas FARC por outra de "asociación" cos secuestradores e "conspiración" para cometer o delicto de "secuestro de reféns". O fiscal deferal beneficou-se da linguaxe da nova lexislación antiterrorista, aprobada polos presidentes Clinton e Bush, para acusar a Trinidad. Todas as organizacións norteamericanas importantes de liberdades civís e a Asociación de Advogados de América denunciaron este marco legal por violar a constitución do país.

A acusación de "asociación" está fundamentada nas indefendíveis alegacións de que Trinidad "se reuniu" cos tres oficiais norteamericanos contrainsurxentes tras a sua captura, unha acusación que carece de proba concreta algunha; a acusación non ten testemuñas nen documentos dese encontro, nen especifica o momento, a data e o lugar para o suposto encontro. De facto, nese momento Trinidad estaba noutra província dirixindo un programa educativo das FARC. A acusación de "conspiración" está baseada na pertenza de Trinidad ás FARC, que foi caracterizada como "organización terrorista" polo presidente Clinton en 1997, unha catalogación rexeitada pola Unión Europea, que recebeu pouco despois a un grupo de dirixentes das FARC e negociadores de paz en xira por Europa. Por outra banda, o presidente colombiano Pastrana, que estivo implicado nas negociacións de paz coas FARC entre 1999 e 2002, rexeitou a cualificación de "terrorista" por considerar que Trinidad era un interlocutor lexítimo.

A longa história política das FARC, as suas históricas ligazóns cun amplo segmento do campesiñado colombiano, o seu programa político de reformas sociais, o uso da forza no conflito exclusivamente contra o exército do Estado colombiano, a sua procura constante de negociacións de paz fundamentadas na reforma social e do exército están en clara contradicción con todas e cada unha das definicións de "organización terrorista".

A idea de "secuestrar" a tres oficiais militares ou de intelixéncia norteamerica implicados nunha operación militar contra a insurxéncia nunha zona de combate é absurda. Como combatentes capturados son, de acordo coa Convención de Xenebra, prisioneiros de guerra e, como tais, están suxeitos a posíveis intercámbios de prisioneiros se as partes en conflito así o acordan. O fiscal federal afirmou que Trinidad estivo implicado no intercámbio de prisioneiros cando foi ilegalmente detido en Ecuador e trasladado a Colómbia e, porsteriormente, extraditado aos Estados Unidos. No xuizo, Trinidad rexeitou esta alegación demostrando que estivo en Ecuador para organizar un encontro entre Lamoyen e un importante dirixente guerrilleiro. A acusación non apresentou probas escritos ou gravadas que relacionasen a Trinidad con nengún "intercámbio de prisioneiros".

A CAPTURA ILEGAL E A DETENCIÓN DE SIMÓN TRINIDAD

Calquer proxeso xurídico que mereza ese nome deberia desestimar a acusación baseando-se no carácter ilegal da detención. A finais de decembro de 2003, Trinidad viaxou a Quito (Ecuador) para contactar con James Lamoyen sobre posíveis negociacións de paz co governo colombiano, empezando pola criazón dun clima de confianza e medidas humanitárias relacionadas con prisioneiros e cautivos. Durante negociacións anteriores de paz, Lemoyne foi un mediador honesto que rexeitou as presións da embaixada norteamericana para facer fracasar os encontros. Por mor da tremenda escalada militar encetada por Uribe, Trinidad non tivo oportunidade de reunir-se en Colómbia con Lemoyen. As FARC souberon que Lemoyne estaba disposto a manter conversas en Quito.

Sob a dirección da CIA, un escuadrón ilegal conxunto colombiano-ecuatoriano apresou a Trinidad. A operación violou na sua totalidade a soberania ecuatoriana, os procedimentos xudiciais e os direitos de recurso político. A detención extraterritorial dos dirixentes da oposición e o seu traslado aos tribunais imperiais semellan-se ás práticas do Império Romana e non a lexislación internacional contemporánea.

Namentres durou o seu cativeiro Trinidad non tivo permiso para acceder a traducións, documentos e materiais escritos. Estivo alxemado nunha cela de illamento 23 horas diárias durante 21 meses sen advogado defensor. O xuiz federal, Thomas Hogan, e o fiscal federal actuaron para condicinar o xuizo incluso antes de que comezara. Foi conducido ao tribunal nunha caravana de veículos con trinta policias armados e escoltada por helicópteros. Negou-se-lle a eleizón de advogado, nomeando o tribunal unha equipa de letrados. Cando os seus advogados tentaron aportar un contexto histórico pertinente, que incluia as tentativas das FARC para participaren nos procesos políticos eleitorais e a conseguinte masacre de 5.000 militantes e candidatos, a fiscalia protestou. Tamén protestou a fiscalia pola análise que fixo a defensa do xeralizado e contínuo estado de violéncia en Colómbia e do papel das forzas de contrainsurxéncia norteamericanas en alianza cos grupos paramilitares. Neste pesadelo kafkiano, o fiscal solicitou ao xuiz que ocultara os nomes dos membros do xuri para protexé-los da "vinganza" da "organización terrorista" de Trinidad (no máis profundo da selva colombiana), co que condicionou ainda máis a un xuri e un xuiz xa atemorizados.

Os letrados da defensa nomeados polo tribunal non foi quen de contrarrestar nengunha das afirmación realizadas pola testemuña clave da acusación, un coronel do exército colombiano que se referia a Trinidad co termo "terrorista", pésie a que ainda non fora acusado (de terrorista). O xuiz Hogan non deixou que os membros do xuri se levasen as notas tomadas durante o xuizo, negondo-lles o acceso ás transcricións, coa imposibilidade dunha avaliación racional das probas.

A refutación de Trinidad da testemuña da acusación e a escandalosa natureza deste "xuizo político espectáculo" resultaron evidentes desde o primeiro dia. O xuri declarou que os seus membros estaban profundamente divididos en todas as acusacións e solicitaron ao tribunal que declarase a nulidade do xuizo por falla de consenso. Após 18 dias de sesións moi tensas, demagóxicos políticos, o xuri empregou sete horas na deliberación, para anunciar que estaban nun ponto morto: "(...) Coidamos que as nosas diferéncias, fundamentadas en profundas reflexións, son irresolúveis". O xuiz Hogan denegou a petición de Trinidad dun xuizo nulo, ordenou ao xuri que continuase deliberando e afirmou que declararia a nulidade se os xurados repetian as suas declaracións de estar nun ponto morto por segunda vez.

CONCLUSIÓN

O "xuizo político espectáculo" de Simón Trinidad é un claro exemplo das ameazas ás liberdades constitucionais e do poder sen ilimitado do presidente norteamericano para governar por riba de todos os direitos dos estados soberanos e dos seus cidadáns, da lexislación internacional e das liberdades constitucionais.

Igualmente importante é a actual realidade das detencións ilegais extraterritoriais, os secuestros e os procedimentos arbitrários ao servizo das criminais políticas imperiais e dos governos clientelistas, cuxos actos están asolando a soceidade colombiana. O selvaxe programa contrainsurxente chamado "Plano Colómbia" desprazaou a máis de dous millóns e meio de campesiños e povoadores das choupanas das cidades; o número de persoas desprazadas está só por detrás de Afganistán. Os programas de contrainsurxéncia, denominados de várias formas ("Plano Colómbia", "Plano Patriota" e "Seguridad Democrática") están financiados polos Estados Unidos e promovidos polo seu cliente o presidente Álvaro Uribe. O sindicato norteamericano AFL-CIO (American Federation of Labor-Congress of Industrial Organizations) documenta máis de 4.000 sindicalistas asasinados entre 1986 e 2002; o governo colombiano só investigou 376 casos, dos que só cinco remataron coa condena do asasino.

Segundo os grupos colombianos de direitos humanos, entre os anos 2003 e 2006 o exército de Uribe e os seus aliados paramilitares asasinaron a case mil sindicalistas máis. Durante os últimos cinco anos, 30.000 campesiños, mestres rurais, líderes indíxenas e campesiños foron asasinados con impunidade. O estado de represión ("Seguridad Democrática") centrou-se no debilitamento dos sindicatos que están en contra do Acordo de Livre Comércio entre Colómbia e os Estados Unidos, non no debilitamento da guerrilla armada. Cun 68% da povoación colombiana vivendo na pobreza, e coas expropriacións de terra por parte dos dirixentes paramilitares, cos magnates do gado e os mandos militares que concentran a propriedade da terra nunha escala sen precedentes, non é raro que a resisténcia guerrilleira estexa reclutando voluntários e resista con éxito as campañas militares apoiadas polo governo. Campañas nomeadas con títulos triunfalistas e que rematan todas nun estrepitoso fracaso. Sen unhas profundas reformas sociais e políticas e cun modelo económico que prescinde dos millóns de desprazados, aterrorizados e excluídos, non hai estratega ou estratéxia militar -por moi financiada e ben dirixida que estexa- que poda acabr con este conflito civil.

O primeiro paso para a resolución deste conflito de meio século é o recoñecimento da existéncia dunha guerra civil en Colómbia, non nunha "guerra contra o terrorismo". O segundo é a liberación dos protagonistas do proceso de paz, Simón Trinidad e a sua compañeira Sonia, como un paso concreto cara a un intercámbio humanitário de prisioneiros e a instauración de medidas nas que confiar, que abran a via dunhas negociacións de paz a grande escala.

Paradóxicamente, a fin do conflito poderia comezar en Washington, nun tribunal federal, ou posívelmente no Congreso dos Estados Unidos, co recoñecimento de que este país é unha parte armada na guerra civil de Colómbia, de que os seus combatentes son prisioneiros de guerra e de que a sua posta en liberdade final depende do recoñecimento dos límites do poder militar norteamericano (e do seu cliente colombiano) e dun acordo diplomático negociado.

Agardo reunir-me con artistas e intelectuales como Denzel Washington, Oliver Stone, Michael Moore, Noam Chomsky e Angel David, mencionados no chamamento das FARC, nun esforzo común para presionar ao governo dos Estados Unidos co fin de chegar a un acordo de intercámbio de prisioneiros (tanto nos Estados Unidos como en Colómbia), o que inclue aos combatentes norteamericanos.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com