Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Os comunistas venezolanos proporán a introdución da ideoloxia marxista no PSUV
07/03/2007



Fonte ABN

O Partido Comunista de Venezuela (PCV) proporá no debate do proceso de conformación do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) "a exiténcia dunha organización revolucionária nutrida da ideoloxia marxista-leninista".

Así o dixo o secretário xeral do PCV, Óscar Figuera, durante a leitura da
Resolución Política do Partido, orixinada no XIII Congreso Nacional Extraordinário realizado esta fin de semana en Tacarigua de la Laguna, estado de Miranda.

Esta proposta, emarcada na resolución deste congreso, di textualmente: "Aprobar a fundamentación política, ideolóxica e estratéxica contida na tese sobre o partido da revolución, como unha aportación ao debate do conxunto das forzas do proceso bolivariano na criazón dos instrumentos necesários para a revolución".

Figuera explicou que en Venezuela se desenvolve un proceso en dous planos, simultáneos, que precisan cada un do seu instrumento de combate: "O plano da loita por defender a pátria da agresión do imperialismo demanda a máis ampla unidade nacional de sectores que teñen diversos intereses; xa que logo, coidamos que deben agrupar-se nunha ampla frente anti-imperialista".

O dirixente comunista indicou que tamén existe a necesidade de construir "o instrumento dos revolucionários que si acreditan no socialismo", que "se construe no proceso encabezado polo presidente da República, Hugo Chávez Frias, no PSUV".

Figuera destacou que neste proceso o PCV aporta unha proposta, que está contida na tese do debate sobre o partido da revolución.

No tocante ao tema da disolución ou non do partido comunista, sinalou Figuera que esa decisión dependerá do carácter do partido que se queira construir.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com