Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Filipinas: un dirixente campesiño no Parlamento
06/06/2007
En fevreiro deste ano, o semanário comunista Solidaire encetou unha sección sob o título de "Comunistas eleitos no mundo", referindo-se a candidatos de organizacións comunistas e anti-imperialistas que conseguiran representación nos parlamentos burgueses. No número 23 de Solidaire entrevistan a Rafael Mariano, dirixente campesiño filipino.

Desde o 2004, Rafael Mariano, tamén coñecido como Camarada Paeng, ocupa un posto no Parlamento polo partido progresista Anakpawis. Antes fora presidente do Movimento Campesiño de Filipinas (Kilusang Magbubukid ng Pilipinas - KMP) e tamén, pouco despois, da organización popular Bayan (Bagong Alyansang Makabayan). Porén, podemos atopá-lo máis doadamente nas ruas, nun piquete de folga ou entre o campesiñado que nos cómodos asentos do Parlamento.



Cais son os principais logros e/ou decepcións no Parlamento?

Cando decidimos tentar as nosas posibilidades na area parlamentar, buscamos levantar alí un foro para as reivindicacións dos traballadores. Mais sen ilusións no tocante a poder transformar estas reivindicacións en proposicións de leis. Porque, en Filipinas, o Parlamento está dominado polos conservadores, os terratenentes e os grandes capitalistas. É por iso polo que máis que no terreno lexislativo, é noutros aspectos onde podemos facer máis.

O principal é que conseguimos tomar a Bastilla: por vez primeira, os traballadores teñen unha verdadeira representación nun bastión das forzas dirixentes. En certa medida, chegamos a frear as tentativas da presidenta Arroyo de golpear o estómago do povo filipino através de medidas fascistas, antipopulares e pro-imperialistas.

Este último ano, fumos quen de contrarrestar o seu proxecto de instaurar un estado de sítio e, tamén, impedir medidas encamiñadas a acelerar a liberalización da economia, con todos os nefastos efectos que estas terian nos traballadores e campesiños. Mais tamén houbo decepcións. Como por exemplo, o fracaso no noso proxecto de conseguir pola via legal un medre de 125 pesos no salário diário. Outro tanto, coa famosa lei sobre a seguridade dos cidadáns que foi aprobada, mália a nosa longa loita, xunto a outras organizacións progresistas, por impedir esta lei.

Como combina vosté o seu traballo de deputado co de dirixente campesiño?

O traballo no Parlamento é unha prolongación da función dirixente entre as masas. Perguntamos aos sindicatos, ás organizacións populares, á opinión pública, para facer que o Parlamento non sexa un palácio illado da realidade popular. Asociamos a loita das organizacións de base co noso traballo parlamentar. Así fixemos na folga dos xornaleiros da Facenda Luisita, obrigando ao Parlamento a escoitar aos activistas. Regularmente, organizamos reunións de consulta cos sectores populares.

Certamente, o noso traballo parlamentar fixo progresar a causa do campesiñado filipino. No Parlamento, podemos realizar traballos de investigacion e presionar ao resto dos deputados, tanto da maioria como da oposición. Deste xeito, pudemos bloquear a aplicación de medidas governamentais que pretendian expulsar a campesiños pobres das suas terras e destruir comunidades rurais enteiras.

Como se celebrou a campaña eleitoral? Puderon traballar con liberdade?

Durante os tres meses que durou a campaña, houbo non menos de 215 mortos por mor da violéncia asociada ás eleizóns. Perdemos moitos dos nosos mellores dirixentes e militantes en execucións sumárias ou desaparicións. Como o camarada Nilo Arado, o noso coordenador rexional na illa de Panay, ou o camarada Atong Pacayde, coordenador no val de Compostela.

Unha semana antes das eleizóns, a casa do noso dirixente en Luzón-Central foi rexistrada por militares e o camarada Orly Marcellana, coordenador en Tagalog-Sud, oitavo na nosa lista, fuxiu no último momento dun intento de asasinato. Contamos, sobretodo, con forza no campo, pero é precisamente o rural a zona máis militarizada do país, o que fai imposíbel votar a moita xente. Tamén a capital Manila conta cunha militarización importante. En 26 bairros non tivemos posibilidades de facer campaña por mor da presenza dos militares. Ameazaron-nos con requisar o material de campaña, e advertiron abertamente á xente que non votasen por nós...

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com