|
| 42 Aniversário das FARC
|
| 27/03/2007 |

Na rebelde orografia por onde o Atá descende da neve, hai 42 anos -27 de maio de 1964-, a Operación Marquetália do Estado encetou o lume que deu orixe ás Forzas Armadas Revolucionárias de Colómbia, FARC.
O ataque militar a Marquetália era o eixo fundamental do Plano LASO (Latin American Security Operation), estratéxia do Pentágono estadounidense nese tempo para impedir que insurxiran no continente novas Cubas revolucionárias. Aconteceu durante o governo de Guillermo Leon Valéncia, segundo periodo do excluinte Frente Nacional das oligarquias, pacto político co que liberais e conservadores "superaron", através da alternáncia presidencial bipartidista e a distribución milimétrica de ministérios e cargos públicos, a violéncia partidista por eles desatada. Voces como a do senador Álvaro Gómez Hurtado, godo de ideoloxia e anticomunista visceral, incitando a bañar en sangue Marquetália -"República independente" só na sua imaxinación-, contribuiron á insensatez desa agresión.
Marquetália quixo ser só un ponto de destino e de traballo pacífico dun feixe de curtidos guerrilleiros que enfrontaran con dignidade as ditaduras violentas que sucederon ao asasinato de Jorge Eliécer Gaitán na primeira metade dos anos 50, mais pola intransixéncia inveterada das oligarquias foi transformada nun símbolo imperecedoiro da resisténcia do povo de Colómbia.
A operación involucrou a 16 soldados do exército oficial, magnitude non utilizada até entón contra nengún movimento insurxente. O seu obxectivo: os 48 combatentes comandados por Manuel Marulanda Vélez. Ao intenso sobrevoo de avións espias e á campaña psicolóxica, continuou o despregue de tropas aerotransportadas, a instalación de numerosos postos de controlo militar para completar o bloqueo da rexión, e finalmente o bombardeo de Marquetália con poderosas cargas explosivas e bombas de napalm, que marcaron o comezo da penetración en profundidade das tropas terrestres.
A resposta foi o combate da guerrilla móbil e a proeza da defensa simultánea de decenas de famílias que buscaran refúxio na zona guerrilleira.
Tres semanas de prazo fixaron para aniquilar o foco guerrilleiro de Marquetália, e 42 anos despois, continuan sen esperanzas tras o mesmo obxectivo. Marquetália xa non é un ponto incrustado entre montañas remotas. Marquetália é Colómbia enteira, porque as FARC, que xurdiron como resposta á agresión do Estado, completaron xa o despregue estratéxico da sua forza por todo o território nacional.
Nen as operacións Sonora, Centauro, nen tantas outras, nen o Plano Colómbia nen o "Patriota" dos gringos, lograron disipar a eventualidade do Novo Poder que tanto preocupa ás oligarquias. E pensar que a xente de Manuel só reclamaba presenza governamental con programas sociais, e xustiza ante o asasinato en 1960 do líder de Marquetália Jacobo Prias, crime de Estado perpetrado en Gaitania, departamento do Tolima. Sobre estas incuestionábeis causas políticas ergueron-se as FARC en 1964, posteriormente reflectidas no programa agrário, a Plataforma dos Dez Pontos, co Movimento Bolivariano e a política de fronteiras.
Na história da República, a oligarquia colombiana demostrou ser unha das máis violentas do continente. Esa carroña santanderista non tivo reparos en asasinar en 1830 ao mariscal de Ayacucho, Antonio José de Sucre. En 1914 a Rafael Uribe, impulsor das ideas socialistas. Na defensa da United Fruit Company masacrou en 1928 a centenares de traballadores bananeiros. En 1948, asociada coa CIA, acabou en Bogotá coa vida de Gaitán, desatando a violéncia partidista da década dos 50 que causou máis de 300 mil mortos civís. Máis tarde eliminou a balazos a todo un movimento político, a Unión Patriótica, asasinando a uns 5.000 dos seus militantes e aos seus dous candidatos presidenciais, Jaime Pardo Leal e Bernardo Jaramillo. O interese desta oligarquia nunca foi o entendimento civilizado nen a solución política, senón o extermínio de quen cuestionan o seu predomíno no poder.
E continuan alí, só polo apoio da Casa Branca. Entenden a paz como a desmobilización da guerrilla e a entrega das armas. Máis nada. Sen tocar os seus priviléxios e sen trocos estruturais a prol do povo. Pretenden que se lles pida perdón de xeonllos por facer uso do direito universal que asiste a todos os povos do mundo a combater a opresión.
A crecente intervención do governo dos Estados Unidos nos asuntos internos e no conflito de Colómbia ven da época na que os seus axentes consulares conspiraron con Santander para destruir á Colómbia de Bolivar e o seu proxecto de Pátria Grande.
Colómbia ocupa hoxe o primeiro lugar no hemisfério como país receitor de axuda militar e de dólares norteamericanos. Unha vez ao mes o xefe do Comando Sul do exército dos Estados Unidos visita Bogotá para pasar revista ao persoal militar pertencente ao seu comando e receber o parte da xefatura do exército colombiano, mera instáncia subalterna da poténcia estranxeira.
Con soberania pátria pagan as oligarquias os helicópteros, os bombareros, os avións plataforma e os non tripulados, a información dos satélites, os globos de intelixéncia, os asesores e "contratistas" militares ianquis, e as suas bombas con substáncias químicas e biolóxicas proibidas polos protocolos internacionais. A Base Aérea de Tres Esquinas é xa un enclave estadounidense na amazonia colombiana.
Se o Plano Patriota fracasou, ou non dá resultados, non é pola arisca xeografia andina, como di o xeneral Craddock do Comando Sul. O problema non é de cordilleiras montañosas ou de selva amazónica. De ser así non terian problemas en Iraq. O problema é que o conflito de Colómbia non pode resolver-se con balas e represión, porque é de natureza político-social.
Coa agudización da crise estrutural do império, a Casa Branca bota man dos máis irrisórios pretextos para intervenir países co propósito de saqueo e predomínio. A conciéncia mundial leva o camiño de interpoñer un muro de dignidade á dobre moral dos rapaces de Washington. Eles que se autonomean certificadores dos direitos humanos no mundo, reivindican, através de Bush, o direito á tortura. Até a autoria do 11 de setembro que lles concedeu o pretexto da loita antiterrorista, está cuestionada hoxe por unha consistente sombra de dúvida.
A última falácia do governo norteamericano, que tolera no seu território a máis poderosa máfia de distribución de cocaina, é a pérfida cualificación da guerrilla das FARC como cartel das drogas, descoñecendo as conclusión da Audiéncia Pública Internacional sobre cultivos ilícitos e meio ambiente, desenvolvida na zona desmilitarizada do Caguán no 2000, e a fundamentada proposta de substitución deses cultivos, con planos de desenvolvimento para os campesiños pobres, apresentada polas FARC nesa histórica ocasión. Apoiado en mentiras como esa da guerrilla-cartel, ou de triunfos inexistentes do Plano Patriota, o Comando Sul presiona ao Senado do seu país nunha maior participación estadounidense no conflito interno de Colómbia.
A solidariedade existente dos povos do mundo coa causa bolivariana e revolucionária que brilla no norte de Sudamérica debe desencadear-se con todas as suas potencialidades para que contribua a conter as inaceitábeis ambicións da recolonización neoliberal facilitada por governos monicreques.
Como algúns dos seus antecesores, o presidente Uribe prometou derrotar á guerrilla en dous anos. Washington colocara nas suas mans a política de Seguridade Democrática e o seu principal ingrediente, o Plano Patriota. Do fracaso deste último xa ninguén ten dúvida. Agora hai que frear o fascismo nado da aplicación da "Seguridade Democrática", explicada polos gringos como seguridade para as trasnacionais e coerción legal contra a povoación. No desenvolvimento desa política, Uribe despregou en Colómbia as máis impresionantes redadas masivas da história que levaron ao cárcere a máis de 100 mil cidadáns acusados de apoiar á guerrilla. Asasinou a centenartes de dirixentes sindicais e populares através dos paramilitares, o exército e organismo de seguridade como o DAS, o B-2 e a SIJIN. Estabeleceu unha rede de informantes con máis de 1 millón de sapos que acusaban indiscriminadamente motivados polas recompensas. En várias rexións nomeou autoridades militares, que suplantando ás constitucionais, violaron impunemente os direitos humanos da povoación. A represión no campo axudou a elevar a máis de 3 millóns 500 mil o número de desprazados. Converteu-se no inimigo número un do troco humanitário de prisioneiros. Legalizou o paramilitarismo de Estado, outorgando-lle impunidade. Resucitou o Plano Cóndor das ditaduras do sul e até tentou matar ao Presidente Chávez de Venezuela.
Uribe mantén o poder grazas ao interés xeopolítico do governo dos Estados Unidos; as fraudes eleitorais, como as organizadas polos seus amigos Jorge Noguera do DAS, coñecido como "Jorge 40", sanguinário paramilitar; os billóns do orzamento nacional; os poderes lexislativo e xudicial, ao servizo do executivo; unha Fiscalia títere; os politiqueiros e o clientelismo; o apoio de empresários como Echeverry Correa e Sarmiento Angulo; as enquisas financiadas polo governo que inducen a opinión e o voto, e o impulso publicitário dos meios como Caracol, RCN e El Tiempo.
A reeleizón de Uribe significaria máis do mesmo: guerra e intervención, desistegración da Nosa América, tratados comerciais como o TLC que entrega a soberania, flexibilización laboral que é pobreza para o traballador e benefícios para as empresas, maior represión, maior coste da vida e novos tributos. Através de Acto Lexislativo, Uribe burlou o obstáculo constitucional á reeleizón presidencial que xa lle fora negada polo povo nun referendo.
É necesário retomar con maior contundéncia a loita xeralizada do povo, os paros e bloqueos de estradas, as marchas campesiñas e indíxenas, o desafio ao terrorismo de Estado no campo e nas cidades, para acabar coas inxustizas do poder.
É unha loita sen trégua pola pátria e a dignidade, por unha nove orde social, a que convocamos neste aniversário das FARC. Aos militares con inquedanzas de Pátria e Xustiza convidamo-los a encontrar-nos con bolívar para que, coas organizacións polítio-sociais do povo, emprendamos nun só bloco a loita por un novo governo alternativo democrático, patriótico, bolivariano e socialista.
Neste 42 aniversário das FARC-EP, cando lembramos aos nosos herois, aos fundadores marquetalianos, aos mortos, aos prisioneiros, damos unha aperta ao povo que impulsa a nosa loita, ao Movimento Bolivariano, ao Partido Comunista Clandestino, ás milícias e aos povos do mundo que nos dan a sua solidariedade. Poder estar certos que a Campaña Bolivariana pola Nova Colómiba -o noso Plano Estratéxico-, coas suas bandeiras sociais e políticas avanza cara a vitória nos guerrilleiros farianos.
Contra o imperialismo, pola Pátria. Contra a oligarquia, polo Povo. Até a vitória, FARC-EP
Montañas de Colómbia, maio de 2006.
Ler máisEtiquetas: América Latina |
  |
|
|
|
| O discurso do anticomunismo
|
| 22/03/2007 |

Grover Furr, profesor de História e Literatura Inglesa na Universidade Montclair de Nova Jersey (EEUU). Publicado en The Red Critique, número 11.
“Como mariñeiros do medievo cuxos mapas eran máis imaxinários que baseados en feitos auténticos, fomos enganados polas histórias canónicas da URSS, que son na sua maioria falsas. O proceso de achar a verdade do primeiro experimento socialista do mundo apenas comezou. Coido que isto ten unha importáncia imensa para a história do movimento comunista, para o futuro do proxecto marxista, e para o futuro da sociedade humana.” Con estas verbas remata este interesante artigo do historiador norteamericano Grover Furr.
Ainda que a guerra fria rematara oficialmente, o anticomunismo está moi vivo e presente en todo tipo de discursos -críticos, históricos e políticos-, gozando dunha ampla influéncia tanto no mundo académico como na sociedade en xeral. Durante aproximadamente tres décadas ou máis, o comunismo funcionou como o grande inominábel na pos-estruturalista "guerra contra a totalidade". Os ataques contra o "logocentrismo" do "racionalismo ocidental" apontaron normalmente contra o legado burgués da Ilustración mais, de analisar a linguaxe destes ataques, Marx aparecerá no ponto de mira tanto ou máis que Locke ou Rousseau.
Apresentado como a crítica ao "reducionismo de clase" no nome dun modelo "intergrupal" de xénero, raza e clase, e da relación do discurso coa ideoloxia, esta antipatia cara ao marxismo penetrou con forza no substrato cultural, exercendo unha postura e permanente influéncia incluso (ou sobretodo) nos académicos que presumen de estaren "alén da teoria" e de ter regresado ao particular. E mália que o impacto deste antimarxismo estexa limitado en grande parte ao mundo académico cando se expresa nunha linguaxe extremadamente teórica, este espalla-se por toda a sociedade através do xornalismo e das declaracións de intelectuais públicos e de estudosos e proferores, para confluir cos conceitos de guerra fria do autoritarismo vermello, conceitos que nunca abandonaron o cenário.
Levo vários anos investigando a história da Terceira Internacional e, particularmente -coa axuda de académicos rusos afincados na antiga URSS-, investiguei o publicado nos arquivos da era soviética anteriormente secretos. Atopei, con toda claridade, que unha grande cantidade de mentiras formaron parte -e ainda o fan- dos relatos da história comunista e política que gozan dun estatus práticamente incontestável nos EEUU e en todo o mundo ocidental, tanto entre os académicos como entre o público en xeral.
É dicer, o que descobrín é que o local e particular ou -empregando unha verba en desuso ainda que indispensábel- os "feitos" non só poden ser fetichizados e descontextualizados, senón tamen sinxelamente inventados. E esta falsificación (ou falando con máis claridade, esta mentira) pode pasar práticamente inadvertida mentres case cos conceitos incuestionados pero amplamente populares verbo do reducionismo e o autoritarismo de esquerdas.
No noso actual ambiente académico, a atracción posestruturalista cara a disociación fragmentária e a antipatia cara a totalidade aparecen ligadas ao discurso herdado do anticomunismo. E a actual tendéncia historicista a ver os "feitos" como funcións de "discursos" -e consecuentemente non susceptíveis de ser submetidos a xuizos de verdade ou falsedade- fan ainda máis complicada a tarefa de recuperación e de reconstrucción históricas. Porén, cada vez máis persoas estamos comprometidas nesta tarefa.
Gostaria destacar brevemente algunhas das miñas conclusión, que revelan a indiferéncia e o desprezo cara aos feitos que caracteriza á maioria dos académicos -en realidade, pseudo-académicos- anticomunistas cando tratan do asunto da antiga Unión Soviética.
Nunha recente a louvada biografia de Stalin, o académico Robert Service escrebe que o mariscal Mijail Tujachevsy, detido en maio de 1937 baixo a acusación de colaborar co exército alemán e xaponés para dar un golpe de esatdo na URSS, confestou tan só dous dias despois da sua detención.
"Tujachevsky foi executado o 11 de xuño; asinara unha confesión cunha man manchada de sangue despois dunha terrorífica paliza".
Esta declaración non só é falsa, senón que constitue unha mentira deliberada. Non existe nengunha "pegada dixital ensanguentada" no papel coa confesión do Mariscal, e tampouco nengunha proba de que Tujachevsky fora golpeado ou ameazado. Pero, cantos dos seus leitores teñen a posibilidade de coñecer isto? (2)
Esta caréncia de calquer tentativa séria de obxectividade no estudo e análise de fontes e probas verbo da história do movimento comunista no século XX é o foco da miña investigación e o tema do meu ensaio. Quixera introducir brevemente algúns aspectos sobre os que traballei.
1. O Discurso de Kruschev: unha mentira
O 26 de fevreiro de 1956, no XX Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética celebrado en Moscova, Nikita Kruschev pronunciou o seu famoso discurso "Sobre o Culto á Personalidade e as suas Consecuéncias". No referido ás suas consecuéncias, seguramente foi o discurso máis importante do século XX e, quizais, de todos os tempos. Foi un golpe mortal para o movimento comunista internacional, do que ainda no se recuperou.
Os académicos, xornalistas, científicos, políticos e historiadores ainda falan das "revelacións" de Kruschev, a "exposición", etc. dos "crimes" de Stalin neste discurso. Pero, cantos saben que todas e cada unha das supostas "revelacións" pronunciadas por Kruschev no seu discurso eran falsas? Non "algunhas" ou "a maioria", senón todas e cada unha delas. Pasei boa parte dos últimos anos documentando este feito.
Esas mesmas "revelacións" de Kruschev son a base sobre a que se edificou a subseguinte teoria marxista e comunista, así como a propaganda anticomunista. E -teño que repetí-lo- todas elas son falsas.
Ningúen pode duvidar do ódio que Kruschev e compañia sentian certamente por Stalin. Pero non podian facer nengunha crítica sincera a Stalin, é dicer, nengunha que ousaran declarar a viva voz. Polo que detrás do "Discurso Secreto" coñecido hai outro "discurso secreto" que nunca foi pronunciado, e que constitue o verdadeiro motivo do ataque contra Stalin. Para unha descrición dos auténticos motivos polos que Kruschev e compañia odiaban a Stalin, remito ao meu artigo publicado en duas partes en "Cultural Logic" no 2005, intitulado "Stalin e a Loita polas Reformas Democráticas". Tamén completei unha monografia moito máis ampla na que examino as supostas "revelacións" de Kruschev apresentadas no seu famoso discurso -máis de 50- e na que documento, con probas procedentes dos arquivos soviéticos antes secretos, que prácticamente todas e cada unha destas revelacións son falsas.
Que implicacións ten isto para a nosa comprensión da história do movimento comunista, do socialismo "real" e da teoria marxista? Pois que todos eles deben ser estudados de novo, repensados de princípio a fin. Un dos mellores investigadores norteamericanos do periodo de Stalin na URSS, J. Arch Getty, cualificou á investigación histórica realizada durante o periodo da guerra fria como "produtos de propaganda" -a "investigación" non pode limitar-se a criticar ou tentar corrixir as suas partes individuais, senón que debe ser reconstruida desde o comezo. Concordo con Getty, ainda que engadiria que esta "investigación" tendenciosa, políticamente sestada e desonesta, ainda se está produciondo hoxe e, por desgraza, é a dominante.
2. Obxectividade: o caso dos Xuízos de Moscova
En 1936, 1937 e 1938 celebraron-se os famosos Xuízos de Moscova. Entre os acusados habia importantes bolcheviques e colaboradores de Lenin. Os cárregos contra deles incluían crimes como asasinato, sabotaxe económica, planos dun golpe de estado, o asasinato de Stalin e doutros dirixentes comunistas, e conspiración cos exércitos alemán e xaponés.
Naquela data, a opinión sobre os Xuízos estaba moi dividida. Pero desde Kruschev foi amplamente asumido -esta é a verba correcta- que os acusados eran inocentes, e que as suas confesións foran forzadas dalgún xeito. Durante os últimos anos da URSS, o governo de Gorbachev e o Partido Comunista declararon práticamente a todos estes acusados como "reabilitados" -o que significa que pasaban a ser inocentes. Porén, non se aportou nengunha proba da sua inocéncia. Os membros das comisións de "reabilitación" -cuxos materiais foron publicados durante os últimos 15 anos- estiveron moi preocupados por este asunto.
Esforcei-me, durante os últimos anos, por reunir e estudar todo o material dos arquivos soviéticos anteriormente secretos que foi publicado e que se refire a estes Xuízos. Publicou-se só unha pequena parte do que sabemos que continua a existir. De todos xeitos, os arquivos coñecidos permiten -ou mellor, esixen- o total replantexamento da história soviéitca.
Leon Trotsky foi un conspirador procesado in absentia en cada un dos tres Xuízos de Moscova. Moitos dos acusados afirmaron que Trotsky colaboraba cos fascistas alemáns e xaponeses. Esta era unha acusación que moitos encontraron entón difícilmente críbel, e que Trotsky rexeitou con indignación.
Moitos consideran estas acusacións -contra os acusados nos Xuízos de Moscova e contra Trotsky- tan vergonzosas que as mesmas case nunca se toman en sério actualmente. É máis, ninguén –polo que sei eu- se molestou en buscar os documentos dos antigos arquivos soviéticos para ver o que neles hai. Eu si que o fixen e, xa que logo, quixera apontar algunhas cousas sobre estes.
O que domina a discusión sobre a culpa ou a inocéncia dos acusados nos Xuízos de Moscova é a absoluta inexisténcia de obxectividade, e incluso do máis mínimo intento de ser obxectivo. A argumentación baseada no insulto, a invención e o rexeitamento irado, ou simplesmente a asunción do que debe demostrar-se, caracteriza esta discusión a todos os níveis.
O anterior é un grande problema e un perigo grave para aqueles de nós ubicamos na tradición marxista. Pensar dese xeito elimina calquer posibilidade de que unha persoa sexa capaz de descobrir a verdade.
Marx e Engels escreberon que o proletariado “non ten nada que perder, agás as suas cadeas”. Interpreto que isto implica que os que estamos do lado da clase obreira non deberiamos temer buscar a verdade e aprender dela, independentemente de canto poida golpear esta verdade as nosas “preciosas” ideas preconcebidas.
Marx tamén escrebeu que deberiamos “duvidar de todo”. Se isto no significa “cuestionar as nosas próprias ideas preconcebidas”, entón non significa nada.
Unha parte esencial da obxectividade consiste en reunir todas as probas, estudá-las coidadosamente, e despois comprobar que hipótese é apoiada pola preponderáncia das probas. Se novas evidéncias ven á luz, teremos que preparar-nos para trocar as nosas conclusión, se fose necesário, co fin de ter en conta estas evidéncias.
A cuestión da suposta colaboración de Trotsky cos alemáns e xaponeses é tan boa como calquer outra consideración e, xa que logo, quixera falar un pouco da mesma.
Non é obxectivo declarar a idea como “absurda” desde un princípio. Iso non difire de declará-la como “certa” desde o princípio. O que temos que facer é considerar as probas. Nengunha persoa obxectiva rexeitaria as transcricións dos Xuízos. As confesións dos presuntos conspiradores son probas que teñen que ser refutadas ou corroboradas pola análise ou por probas adicionais.
Pode estar alén da capacidade da maioria dos estudosos e investigadores achegar-se a esta cuestión de maneira séria. Pero non estaba alén da capacidade de Trotsky facé-lo así. Trotsky foi quen de conspirar ou non cos alemáns e/ou os xaponeses. Pero Trotsky era un home moi intelixente.
Trotsky non cualificou as acusacións contra el como “absurdas”, “tolas”, etc. Sabia que, se facia iso, moitas persoas obxectivas non só non acreditarian nel, senón que perderian o respeito cara a el, perguntando-se por que non se estaba tomando os Xuízos en sério. Por iso impulsou a “Comisión Dewey”, onde testificou el mesmo, solicitou aos seus seguidores que testificaran, obtivo testemuños do estranxeiro, etc.
É dicer, as transcricións, probas e testemuños, tanto da Comisión Dewey como dos Xuízos de Moscova, deben ser tidos en conta e estudados na sua totalidade.
E até a fin da URSS así estiveron as cousas, sen que houbese a man probas adicionais. Krushev, os “kruschevistas” como Roy Medvedev, Gorbachov e os “reabilitadores” nunca proporcionaron proba algunha verbo da cuestión de Trotsky e os alemáns/xaponeses.
Mais agora, desde a fin da URSS, contamos con máis probas dos antigos arquivos soviéticos. Non tantas como quixeramos. Os historiadores nunca están satisfeitos e sempre queren máis e máis probas! Porén, non podemos dicer que temos poucas probas; e todas elas apoian a acusación de que Trotsky, de feito, conspirou cos alemáns e os xaponeses.
Durante o pasado ano investiguei e bocexei un artigo no que tentei reunir todas estas probas. Non está ainda lista para a sua publicación. Mais xa podo dicer duas cousas, xa non que non hai nada secreto neste asunto:
- Unha amplisima cantidade de NOVAS probas apontan a que Trotsky colaborou, de feito, cos alemáns e cos xaponeses. - Non existe nengunha “pistola fumegante”. Neste asunto hai que ter en conta probas circunstanciais as que actualmente podemos aceder os investigadores. Se nun futuro aparecen novas probas, entón un especialista obxectivo estará preparado para trocar as suas conclusións, e incluso poderá mudar as suas conclusións totalmente.
Se este fora un asunto do que ninguén se preocupara ou non exisitran ideas preconcebidas sobre el –algo que pudera ser examinado con, digamos, a mesma distáncia que os xuris supostamente teñen, e a miudo teñen de feito, respeito a un caso sobre o que estexan obrigados a decidir, sinxelamente non existiria nengunha controvérsia. Trotsky seria considerado “culpábel”, porque as probas van “alén da dúvida razoábel”. Non máis alá de calquer dúvida concebíbel, desde logo; non é algo “seguro” –mais, cantas cuestións na história son “seguras”? De todos os xeitos, as probas que temos contra Trotsky exceden enormemente calquer proba da sua inocéncia, e certamente superan en moito as suas próprias negacións.
Mentres realizaba esta investigación, tiven que mudar as miñas próprias ideas. Duvidei –é dicer, cunha mente aberta- sobre todo este asunto. Que me impedia dicer: “Stalin, ou Ezhov, tenderon unha trampa a Trotsky”? Nada! Así que tamén estaba preparado para atopar-me con isto. Pero, pola contra, atopei xustamente o contrário; o mesmo que encontraria calquer estudoso obxectivo que analisara as probas que temos agora. (3)
Por certo, fixen outro tanto con Bujarin. É un dogma do anticomunismo, xa sexa liberal, conservador, ruso, ocidental, etc., que Nikolai Bujarin, quen confesou e foi condenado nos Xuízos de Moscova de 1938, era “inocente”. Rubashov, o heroi de “Cero e o Infinito” de Arthur Koestler, que confesou que abandonara a “lealdade ao Partido”, estaba baseado en Bujarin. Porén, a enorme cantidade de probas que agora temos aponta a que Bujarin foi culpábel precisamente do que el mesmo confesou, tanto antes como durante o seu Xuízo. Dicer isto é simplesmente tabú. Pero as cousas son así.
Todo isto –as probas e un estudo obxectivo das mesmas- van mudar o ponto de vista de alguén? Duas cousas:
- “Mudar o ponto de vista” non me interesa. O traballo do investigador é científico. Reunir probas; estudá-las con detimento; extrair as conclusións. Ser obxectivo. Atender ás probas e a lóxica, e “deixan que a mazá caia onde debe cair”. “Di a verdade e corre!” (título da autobiografia do grande xornalista George Seldes). - Moitas persoas son capaces de ser obxectivas. Moitas veces falo con moita xente xoven que ve os horrores do capitalismo. Eles queren cambiar o mundo –e moi ben por eles! Comprenden que a herdanza do movimento comunista ten que ser estudada, pero estudada críticamente. Eles queren ser obxectivos porque ven –con maior claridade que moitos da miña xerazón- que a obxectividade, a verdade, é o único camiño adiante para a clase obreira. Concordo con isto.
Pero hai persoas que simplesmente non son quen de cuestionar-se os seus próprios prexuízos tanto tempo arraigados. A xente que defende unha determinada causa –o trotskismo, o anticomunismo, o capitalismo, o anarquismo, a socialdemocrácia- considera moitas veces que esa causa ten máis importáncia que a obxectividade. E non van mudar de opinión simplesmente porque a evidéncia diga que deberian facé-lo. Estas persoas non me interesan.
Como mariñeiros do medievo cuxos mapas eran máis imaxinários que baseados en feitos auténticos, fomos enganados polas histórias canónicas da URSS, que son na sua maioria falsas. O proceso de achar a verdade do primeiro experimento socialista do mundo apenas comezou. Coido que isto ten unha importáncia imensa para a história do movimento comunista, para o futuro do proxecto marxista, e para o futuro da sociedade humana.
Notas:
1. Recomendo ao leitor interesado a lista dos traballos de investigación sobre a Unión Soviética durante a era de Stalin engadida a este ensaio. 2. Segundo unha comisión da era Krushev, os sinais sobre un papel coas confesións de Tukhachevsky son de sangue. Ainda que isto fose certo, e incluso se fose o sangue de Tukhachevsky –o que non está demostrado- unha ollada ás mesas amosa que non son “pegadas dixitais”. Non existe nengunha proba de que Tukhachevsky fose “golpeado” nen de que recebera abusos físicos de calquer tipo. As manchas poden ser vistas en http://images.izvestia.ru/lenta/35492.jpg 3. Estou preparando os estudos de probas nos casos de Trotsky e de Nikolai Bujarin e, cun colega ruso, unha edición da Confesión –antes inédita e agora xa disponíbel- de Bukharin do 2 de xuño de 1937.
Bibliografia:
Chase, William. Enemies Within the Gates? The Comintern and Stalinist Repression, 1934-1939. New Haven and London: Yale University Press, 2001. En http://www.yale.edu/annals/Chase/intro.htm
Coplon, Jeff. "Rewriting History: How Ukrainian Nationalists Imposed Their Doctored History on our High-School Students." Capital Region Magazine (Albany, NY), Marzo 1988. En http://chss.montclair.edu/english/furr/essays/coplonrewriting88.pdf
Coplon, Jeff. "In Search of a Soviet Holocaust: A 55-Year-Old Famine Feeds the Right." Village Voice, 12 de xaneiro de 1988. En http://chss.montclair.edu/english/furr/vv.html
Furr, Grover. "Stalin and the Struggle for Democratic Reform," Cultural Logic 2005. En http://eserver.org/clogic/2005/2005.html
Furr, Grover. "Anatomy of a Fraudulent Scholarly Work: Ronald Radosh's Spain Betrayed." (Revsión de Ronald Radosh, Mary Radosh Habeck, and Grigory Sevostianov, eds., Spain Betrayed: The Soviet Union in the Spanish Civil War. Annals of Communism series. Yale University Press, 2001). Cultural Logic 2004. En http://eserver.org/clogic/2003/furr.html
Furr, Grover. "Fraudulent Anti-Communist Scholarship From A 'Respectable' Conservative Source: Prof. Paul Johnson." En http://chss.montclair.edu/english/furr/pol/pauljohnsonfraud.html
Furr, Grover. "New Light On Old Stories About Marshal Tukhachevskii: Some Documents Reconsidered." Russian History / Histoire Russe 13, Nos 2-3 (Verán 1986), 293-308. En http://chss.montclair.edu/english/furr/tukhpdf.pdf
Furr, Grover. "Not 'rescue Stalin,' but rescue the truth and the future." (Abril, 1996). En http://tinyurl.com/dszx2
Furr, Grover. Review of Robert W. Thurston, Life and Terror in Stalin's Russia, 1934-1941. (London and New Haven: Yale University Press, 1996). Cultural Logic 1998. En http://eserver.org/clogic/1-2/furr.html
Getty, J. Arch. Origins of the Great Purges: The Soviet Communist Party Reconsidered, 1933-1938. Cambridge and New York: Cambridge University Press, 1985.
Getty, J. Arch, and Oleg V. Naumov. The Road to Terror: Stalin and the Self-Destruction of the Bolsheviks, 1932-1939. New Haven and London: Yale University Press, 1939.
Mecklenburg, Jens und Wolfgang Wippermann (Hrsg.): "Roter Holocaust"? Kritik des Schwarzbuch des Kommunismus. Hamburg: Konkret Literatur Verlag, 1999.
Perrault, Gilles. "Les falsifications d'un 'livre noir.'" (crítica de O Livro Negro do Comunismo). Le Monde Diplomatique. Decembro de 1997. http://www.monde-diplomatique.fr/1997/12/PERRAULT/9660.html
Thurston, Robert W. "Fear and Belief in the USSR's 'Great Terror': Response to Arrest, 1935-1939." Slavic Review 45 (1986), 213-234. Con acceso JSTOR, en http://tinyurl.com/d3qzf
Thurston, Robert W. "On Desk-Bound Parochialism, Commonsense Perspectives, and Lousy Evidence: A Reply to Robert Conquest." Slavic Review 45 (1986), 238-244. Con acceso JSTOR, en http://tinyurl.com/blurz
Thurston, Robert W. "Humor and Terror in the USSR, 1935-1941." Journal of Social History 24, 3 (Primavera 1991), 541-562. Con acceso Ebsco Academic Search Premier, en http://tinyurl.com/a8e83
Thurston, Robert W. "The Soviet Family during the Great Terror, 1935-1941." Soviet Studies 43 (1991), 553-574. Con acceso JSTOR en http://tinyurl.com/bgmqw
Thurston, Robert W. Life and Terror in Stalin's Russia, 1934-1941. New Haven and London: Yale University Press, 1996.
Thurston, Robert W., and Bernd Bonwetsch, eds. The People's War: Responses to World War II in the Soviet Union. Urbana and Chicago: University of Illinois Press, 2000.
Wippermann, Wolfgang. »Die Singularität des Holocaust geleugnet«. Philtrat Nr 26, Xaneiro-Fevreiro de 1999. En http://www.uni-koeln.de/phil-fak/philtrat/26/2613a.htm
Serie "Revisión de Stalin" (1990). En http://tinyurl.com/8gwra
"The Hoax of the 'Man-Made Ukraine Famine' of 1932-33". En http://tinyurl.com/anvxt
Etiquetas: Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| A CIG esixe a dimisión da Subdelegada do Governo español, Obdúlia Taboadela
|
|

Publicado en GalizaGIGA CIG esixe a dimisión inmediata da subdelegada do Goberno español, Obdulia Taboadela, como responsábel da carga policial do 15 de marzo contra os traballadores/as de Atento, que se manifestaban en solidariedade cos 179 compañeiros/as despedidos o día anterior pola empresa. O verdadeiro problema son os 179 despedimentos, polo que a CIG insta as administracións a que se impliquen na defensa dos dereitos dos empregados/as de Atento, en troques de criminalizalos. Paulo Carril, secretario comarcal da CIG, considera que Obdulia Taboadela actúa ao dictado de intereses partidistas ordenando estas cargas policiais: a do día 15 en Atento e mais a da madrugada do día 13 contra os funcionarios municipais no Obelisco. “Por coherencia e decencia, é imprescindíbel que a subdelegada dimita, xa que non podemos ignorar que esta señora está incluída nos postos de saída da candidatura socialista ao Concello de A Coruña. Obdulia Taboadela empañou nesta última semana a súa traxectoria á fronte da Subdelegación do Goberno e actuou estes días cuns comportamentos propios de autoridades de réximes fascistas, ao reprimir pola forza as lexítimas reivindicacións de diferentes colectivos de traballadores/as da cidade”.Por outra banda, a CIG insta á Consellaría de Traballo a que constitúa con urxencia unha mesa de negociación para achar solucións ao conflito de Atento. “Solicitamos que nesta mesa estean presentes a propia Consellaría, os sindicatos e mais a empresa”, manifestaron. Etiquetas: GZ |
  |
|
|
|
| Subvencionando a deslocalización de Atento-Telefónica
|
|
Clodomiro Montero Martínez Vigo, 15 de marzo de 2007 Publicado en GalizaGIG Atento-Telefónica está reestruturando os seus centros de traballo de Valencia, Córdoba Madrid e acaba de despedir a 179 persoas en A Coruña, deslocalizando a súa actividade cara a Perú e Colombia, entre outros países. (Foto: ©galizacig.com 14/03/2007). Se un goberno destinase inxentes cantidades de diñeiro público para subvencionar unha empresa que tivo o ano pasado máis de 6.000 millóns de euros de beneficios (un billón das antigas pesetas), facilitando incluso chan público gratuitamente para a construción de novos centros de traballo. Se esta empresa despedise ese mesmo ano á metade do seu persoal pechando centros de traballo por todo o Estado, deslocalizando a súa produción cara ao terceiro mundo. Se esa deslocalización fose posible pola autorización previa dun organismo dese mesmo goberno para trasladar os datos persoais e incluso financeiros de millóns de persoas cara ao estranxeiro. Se esa empresa anteriormente fora pública e tivera sido privatizada polo mesmo partido que hoxe goberna. Se aínda fai uns días o ex-presidente desta multinacional tivera comparecido ante os tribunais pola suposta venda fraudulenta e quebra dunha das súas filiais. Se esa empresa fose acusada polos consumidores de pactar subas de prezos co resto das operadoras en detrimento dos seus clientes. Se todo isto estivera pasando, pensariamos que algo cheira a podre, pero non en Dinamarca, cheira a podre en Madrid. Desgraciadamente non falamos dun caso hipotético, falamos da actuación do Goberno central coa multinacional española Telefónica e a súa filial Atento. O pasado 20 de xaneiro, o Goberno español aprobaba o denominado Plan Activa-Jaén por un importe de 1.200 millóns de euros. Parte das subvencións foron parar á filial do Grupo Telefónica Atento, para que abrira un novo centro de traballo en Jaén, localizado en terreos públicos cedidos pola Deputación de Jaén, gobernada tamén polo PSOE. Atento-Telefónica está reestruturando os seus centros de traballo de Valencia, Córdoba Madrid e acaba de despedir a 179 persoas en A Coruña, deslocalizando a súa actividade cara a Perú e Colombia, entre outros países. Pero é máis, esta deslocalización é posible despois de que a Axencia Estatal de Protección de Datos permitira a Atento-Telefónica trasladar as bases de datos de clientes a estes países. O Goberno central, a Junta de Andalucía e a Deputación de Jaén subvencionan con diñeiro público a unha empresa que obtivo uns beneficios inmorais no ano 2006, e que está despedindo aos seus traballadores e traballadoras por todo o Estado. A todas luces unhas subvencións inxustas e inxustificables. En todo caso queda unha pregunta no aire: por que Jaén si e A Coruña non, sr. Zapatero? Etiquetas: GZ |
  |
|
|
|
| Os sucesos de 1956 en Tbilisi. A resposta ao XXº Congreso do PCUS
|
| 18/03/2007 |

En Tbilisi e noutras cidades de Xeórxia comemorou-se en 1956 o terceiro aniversário da morte de Stalin. As manifestacións na defensa da figura de Stalin foron provocadas polos rumores que existian sobre o discurso lido por Kruschev no XXª congreso do PCUS, o 25 de fevreiro de 1956. As protestas foron reprimidas sen que se coñeza o número exacto de mortes, ainda que algunhas fontes falan duns 150 mortos. De seguido reproducimos a crónica do xornalista do Trud, Statnikov, que viveu en persoa os feitos.
O 5 de marzo atopaba-me perto do Pazo do Traballo, de camiño ao meu traballo, cando de súpeto comecei a sentir sereas de coche (proibidas polas leis de tráfico) e un grupo de persoas apareceron pola esquina da rua. Eran estudantes (entre 120 e 150) que marchaban a cara descuberta ocupando o centro da rua e portando retratos de Stalin. Os organizadores solicitaban ás persoas coas que se cruzaban que quitaran os gorros en sinal de respeito a Stalin. Algúns manifestantes achegaban-se aos conductores para peder que fixeran soar as suas sereas. Manifestacións semellantes tiveron lugar noutras partes da cidade este dia. Todas as manifestacións converxeron no monumento a Stalin.
O dia seguinte reproduciron-se estas manifestacións ainda que agora organizadas. O número de persoas aumentou, especialmente no mediodia, co remate das clases nas faculdades universitárias. Agora, xunto cos de Stalin, tamén se podian ver restratos de Lenin. As bandeiras vermellas lucian cintas negras en sinal de luto.
Durante ese dia, ás catro da tarde, tivo lugar unha reunión na que estiven presente. Foron convidados os principais funcionários dos ministérios e os principais responsáveis dos distintos xornais -seriamos entre 70 e 80 persoas. A reunión foi inaugurada pola secretário do comité central do Partido Comunista xeorxiano, o camarada Mzhavanadze. Nun breve discurso advogou a todos a traballar para levar á prática as resolucións adoptadas no XXº Congreso do Partido. Informou-nos que se nos daria a coñecer o texto íntegro do discurso de Kruschev. Cando Mzhavanadze marchou, tomou o seu posto Mchedlishvili.
Após a leitura deste documento, comunicou-se-nos que deramos a coñecer a todos os comunistas e aos membros da liga da xuventude o contido do mesmo. Ninguén perguntou nada, e rematou a sesión.
O 7 de marzo os estudantes da Universidade Stalin suspenderon as aulas e sairon ás ruas da cidade. Foron apoiados polos estudantes do Institudo da Agricultura, do Instituto Politécnico e doutros institutos (existen 19 en Tbilisi). Debemos sinalar que os estudantes universitários forzaron ao resto a sair á rua por meio de ameazas aos directores das escolas. Esta masa humana non atopou impedimentos para percorrer a rua principal de Tbilisi, Rustaveli, lanzando consignas como "Longa vida ao gran Stalin" ou "Longa vida ao noso líder Stalin" até chegar a Praza Lenin, onde se congreraon diante da Casa do Concello. Algunhas persoas leron poemas mentres que outros entoaban cancións onde se loubaba a Stalin.
O 8 de marzo a asisténcia medrou. A cidade inzou-se de coches cheos de xente portando bandeiras e retratos de Lenin e Stalin, namentres berraban "Lenin e Stalin, Lenin e Stalin". Numerosos veículos foron requisados polos manifestantes que ameazaron aos conductores, dando lugar a incidentes violentos cando algún conductor non se pregaba ás demandas dos que protestaban. Foi o caso dun conductor que foi sacado do seu coche e lanzado ao rio Kuru.
Durante todo o 8 de marzo a tensión era evidente. Aproximadamente sobre as tres da tarde, na concentración que tiña lugar perto da Praza de Lenin, vários provocadores leron discursos nos que se lanzaban perguntas deste estilo : "Por que non hai nengunha bandeira de luto na cidade?" ou "Por que non hai nengún retrato de Marx, de Engels, de Lenin e de Stalin na fachada da Casa do Concello?". Nese momento várias persoas entraron na Casa do Concello á procura dos retratos. Unha vez atopados foron colocados na fachada do edifício. Que fixo a policia? Nada. Todo o que se fixo nestes dias foi feito no nome do grande fillo do povo de Xeórxia -Stalin-, o seu nome estaba nos beizos de todas as persoas e reflectia a emoción da xente.
Un participante da protesta berrou, sinalando o edifício da Xefatura do Exército Transcaucásico, "se queredes os retratos de Lenin e Stallin tedes que esixí-los na Xefatura". Foi suficiente para que a xente se dirixise á Xefatura. Os gardas conseguiron fechar as portas a tempo. As masas principiaron a golpear as portas e a berrar. Algúns conseguiron escalar a fachada e colocar bandeiras de luto. Durante unha hora a Xefatura foi sitiada polos manifestantes, até que os próprios soldados do cuartel colocaron os retratos de Lenin e Stalin na fachada principal do edifício.
As demandas dos manifestantes continuaron, a cidade debia ser adornada apropriadamente para un dia como ese, un dia de luto, tamén se debian colocar altofalantes para que poetas o oradores tomaran a palavra. Incluso chegaron a reclamar a presenza do Mariscal Chzhu De. Máis tarde se informou que o Marsical non podia ir por atopar-se enfermo.
Xa no serán foron colocados micrófonos e altofalantes perto do monumento a Lenin. Milleiros de persoas estaban concentradas. Foron lidos discursos de natureza chauvinista e anti-soviética. Un dos oradores fixo un longo discurso no que nomeou todos os logros de Stalin, declarando que após a sua morte todas estas conquistas estaban en perigo. Axitando o carné do Partido, chamou á defensa da causa de Stalin, dando a vida se fose necesário. Voaron carnés polo ar, mentres que a xente berraba "xuramos, xuramos".
Os policias que permanecian parados ao meu carón expresaron a sua indignación e poucos foron os que sorriron. Ninguén tomou nengunha medida para parar ao provocador (probávelmente este tiña un carné roubado do Partido). Os provocadores continuaron cos seus discursos contrarrevolucionários. Un home novo, moi corpulento, colleu o relevo do anterior orador. Lanzou un berro semellante ao de Tarzán mentres axitaba o puño. Despois dunha série de acusacións contra o Partido e o governo, rematou o seu discurso con estas verbas: "Os que decidiron profanar a Stalin e a sua memória deben saber que os xeorxianos nunca os perdoaremos. Non permitiremos nengunha ataque ao noso líder Stalin. Calquer revisión de Stalin é unha revisión do marxismo e os cupáveis pagaran co seu sangue". Esta intervención recebeu unha longa ovación dos manifestantes.
Nun momento dado sentiu-se unha chamada de socorro no meio dun remuiño de xente. Os gamberros golpeaban a unha persoa que expresara o seu descontente cos manifestantes. A policia apenas podia defender á vítima.
Os discursos continuaron. Algúen tomou a palavra falando en ruso. Non podia ver a face da persoa pois estaba moi afastado de min, ainda que era evidente, polo seu forte acento xeorxiano, que non era ruso. Debo subliñar que tiven que tomar precaucións e non tomar notas, pois xa vira como un fotógrafo era golpeado e rachada a sua cámara fotográfica cando tentaba fotografar aos manifestantes. E por iso polo que relato este discurso de memória: "Son un estudante dun instituto de Moscova (nengunha mención ao nome do instituto) e quero facer-vos chegar a todos, no nome de todos os estudantes de Moscova, as nosas felicitacións e o noso apoio, solicitando-vos que continuedes a loita. Cando coñecimos o contido do discurso do XXº Congreso dirixido contra o noso líder Stalin sentimos un profundo malestar. Este discurso está escrito co propósito de destruir a amizade entre as xentes e retroceder no relóxio da história. Non permitiremos que ninguén desacredite os servizos de Stalin, líder do proletariado mundial. Só os inimigos do povo revisan o marxismo".
Unha muller berrou: "Escoitade xeorxianos, temos apoios en Moscova. Estan-se celebrando manifestacións non só en Xeórxia, tamén en Stalingrado, Leningrado e outras cidades. Facemos votos por continuar a nosa loita pola causa de Stalin".
Un xoven poeta, que foi moi aplaudido, leu un poema adicado a Stalin e despois berrou: "Estou con vós". Outros intelectuais de Xeórxia, como Abashidze, Kaladze ou Bobokhidze, tamén leron discursos e poemas que comemoraban o aniversário da morte de Stalin. Porén, as masas non estaban satisfeitas. Unha voz dixo: "Queremos novos poemas que falen de Stalin e que reflictan o estado de ánimo durante estes históricos dias".
"Agardamos a Iosif Grishashvili, o gañador do Prémio Stlain, para que veña ler os seus poemas. Por que non está aquí? Cando Stalin estaba vivo el recebeu prémios e diñeiro, e agora o poeta paga deste xeito a sua gratitude. Os xeorxianos non perdoaremos a este poeta".
Calquer persoa podia dirixir-se aos manifestantes, incluso un sacerdote falou agradecendo-lles que protexeran o nome de Stalin.
Máis discursos repugnantes foron lidos perto do monumento.
O 9 de marzo continuaron sucedendo cousas inimaxináveis. Non só a mocidade, tamén os adultos marcharon polas ruas. A meirande parte das fábricas pequenas pecharon. Os traballadores abandonaron o traballo e sairon á rua. A vida normal na cidade foi parada totalmente. O transporte, tranvias e autobuses, deixou de funcionar. Unha enorme cantidade de coches circulaba polas ruas da cidade axitando bandeiras e retratos. Cantaban cancións e berraban "Lenin e Stalin" ou "Longa vida a Stalin". As bandeiras e os retratos de Lenin e Stalin presidian as paredes dos edifícios. As oficinas dos xornais Kommunist e Zarya Vostoka foron asaltadas por descoñecidos que ameazaron con demolá-las se non publicaban edicións comemorativas. Após estes indicidentes, as oficinas destes xornais foron protexidas militarmente.
(...)
Ás 23:45 unha masa de xente encamiñou-se cara á estación de rádio, mentres berraban: "Capturemos a estación de rádio, capturemos a oficina de telégrafos". Os soldados que protexian o edifício foron atacados. Os provocadores utilizaron coitelos, pedras e látegos. Os soldados tiveron que disparar ao ar, mais só conseguiron enfadar ainda máis aos manifestantes. Os provocadores continuaban incitando á xente. Non habia saída para os soldados. As suas vidas estaban en perigo polo que se viron forzados a emprender unha acción defensiva. Só así conseguiron disperar á xente. Despois, coa axuda de tanques, as masas reunidas na Praza Lenin tamén foron dispersadas. Porén, a xente permanecia xunto ao monumento, protexida polos numerosos árbores que impedian o accionar dos soldados.
Os elementos antisociais comezaron a incitar os sentimentos nacionalistas dos manifestantes: "Povo de Xeórxia, o noso sangue derramou-se por Stalin, continuaremos a nosa loita e ninguén abandonará este lugar".
As forzas armadas arrodearon o parque, facendo un chamamento á xente para que se dispersara. Burlas e insultos foi a resposta dos concentrados, ademais de ensinar ameazadoramente coitelos e puños. Ás tres da noite, os provocadores e gamberros comezaron a atacar aos soldados, quitando-lles as armas. O exército, despois de que se producisen as primeiras baixas entre os soldados, tivo que intervir.
Todos estes incidentes foron organizados por provocadores, espias e axentes estranxeiros, como proba o feito de atopar unha bala turca na ferida dun dos soldados.
Rexistraron-se incidentes tamén en Gori. Durante a noite, algúns manifestantes chegaran de Tbilisi até a fábrica textil de Gori. Alí comezaron a berrar-lles aos traballadores: "Por que estades traballando? Hai unha guerra civil en Tbilisi. Os rusos estan matando-nos." Unha parte dos traballadores uniron-se aos provocadores, e foron levados en coches até Tbilisi. A administración da empresa tivo que botar man de novos traballadores para que non se detivera o traballo.
O 10 de marzo o monumento a Lenin amaneceu protexido polos militares, que impediron achegar-se aos manifestantes. Sobre ás 12 un grupo de xente tentou tomar o armacén militar, pero foron rexeitados polos soldados. A lei e a orde foron restauradas na cidade. Foron arrestados algúns dos organizadores e provocadores. Todos os estabelecimentos están funcionando con normalidade. (...)
Correspondente do Trud en Xeórxia. 12 de marzo de 1956, Tbilisi.
Aquí podes ler o texto íntegro en inglés.
Ler máis
Etiquetas: Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| 10 de Marzo, Dia da Clase Obreira Galega
|
| 10/03/2007 |

Comunicado da CIG
A historia contemporánea dos traballadores e traballadoras galegas arranca daquelas mobilizacións e enfrontamentos sucedidos no ano 1972 nas cidades de Ferrol e Vigo, unha explosión social de dignidade que fixo agonizar á Ditadura mentres esta arrebataba as vidas de dous traballadores da antiga Bazán, Amador e Daniel.
Aquel movemento obreiro en Galiza, 35 anos atrás, comparte historia con tantas loitas do século XX realizadas sempre pola clase traballadora, e que instigaron os cambios máis importantes na humanidade. Os dereitos hoxe recoñecidos no mundo do traballo teñen os antecedentes en numerosas loitas como as do ano 72.
As demandas dos operarios da Bazan no mes de marzo daquel ano, como posteriormente reclamaron en Vigo no mes de setembro o Naval e o Automóbil, pretendía algo tan elemental e propio como indiscutido hoxe, o dereito a negociar os Convenios, a negocialos aquí co exercicio de opinión, a palabra e a participación dos traballadores e traballadoras. Para isto debía rematar o centralismo da Ditadura e a práctica do sindicalismo vertical.
Hoxe e logo de todas aquelas conquistas, o sindicalismo de UGT e CCOO volve a parecerse a aquel sindicalismo vertical que se refuxiaba en Madrid e eludía o dereito de participación e decisión da clase traballadora. Por sexto ano consecutivo asinan na capital do Estado, novamente o Pacto para “aumentar” moderadamente sobre un 2% os salarios nos Convenios, ignorando a relevancia de numerosas estatísticas que indican nos últimos dez anos un incremento dos salarios inferiores á inflación. Eles o saben, a clase traballadora perde poder adquisitivo, os salarios se empobrecen, pero continúan nesa práctica escandalosa de sindicalismo de cúpulas.
Neste 10 de Marzo, por tanto, volta a ter actualidade moitas das reclamacións do ano 1972, todo aquel movemento pola dignidade, contra a precariedade das condicións de traballo, por Convenios aquí e salarios dignos. No sindicalismo nacionalista Galego, sabemos que o poder para cambiar as cousas, para crear un reparto máis xusto da riqueza e un mundo do traballo pleno en dereitos, conseguirémolo coa nosa loita e a conquista dun Marco Galego de Relacións Laborais e en definitiva coa soberanía política na Galiza. Porque o dereito a decidir correspóndenos a nós.
10 de Marzo, loita co sindicalismo galego!
Manifestación e ofrenda floral o día 10 ás 12:30 horas dende o Monumento ao 10 de Marzo en Ferrol.
 Etiquetas: GZ |
  |
|
|
|
| Os comunistas venezolanos proporán a introdución da ideoloxia marxista no PSUV
|
| 07/03/2007 |

Fonte ABN
O Partido Comunista de Venezuela (PCV) proporá no debate do proceso de conformación do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) "a exiténcia dunha organización revolucionária nutrida da ideoloxia marxista-leninista".
Así o dixo o secretário xeral do PCV, Óscar Figuera, durante a leitura da Resolución Política do Partido, orixinada no XIII Congreso Nacional Extraordinário realizado esta fin de semana en Tacarigua de la Laguna, estado de Miranda.
Esta proposta, emarcada na resolución deste congreso, di textualmente: "Aprobar a fundamentación política, ideolóxica e estratéxica contida na tese sobre o partido da revolución, como unha aportación ao debate do conxunto das forzas do proceso bolivariano na criazón dos instrumentos necesários para a revolución".
Figuera explicou que en Venezuela se desenvolve un proceso en dous planos, simultáneos, que precisan cada un do seu instrumento de combate: "O plano da loita por defender a pátria da agresión do imperialismo demanda a máis ampla unidade nacional de sectores que teñen diversos intereses; xa que logo, coidamos que deben agrupar-se nunha ampla frente anti-imperialista".
O dirixente comunista indicou que tamén existe a necesidade de construir "o instrumento dos revolucionários que si acreditan no socialismo", que "se construe no proceso encabezado polo presidente da República, Hugo Chávez Frias, no PSUV".
Figuera destacou que neste proceso o PCV aporta unha proposta, que está contida na tese do debate sobre o partido da revolución.
No tocante ao tema da disolución ou non do partido comunista, sinalou Figuera que esa decisión dependerá do carácter do partido que se queira construir.
Etiquetas: Venezuela |
  |
|
|
|
XVI Congreso do Partido Comunista de Colómbia (Marxista-Leninista): Que renúncie Uribe!
|
| 01/03/2007 |

QUE RENÚNCIE URIBE! GOVERNO DEMOCRÁTICO E ANTI-IMPERIALISTA DE AMPLA CONVERXÉNCIA!
Os marxistas-leninistas de Colómbia finalizaron as sesións do seu XVI Congreso Nacional cun berro de vitória pola superación da crise que 6 anos atrás diagnosticou o XV Congreso da organización.
Desenvolvimos as liñas políticas que caracterizaron ao Partido durante os seus 41 anos de combate pola revolución democrática, anti-imperialista en marcha ao socialismo.
O "Estado Comunitário" e a "seguridade democrática" foron cualificadas de políticas antidemocráticas de marcada tendéncia fascista, que benefícian á oligarquia financeira, afianzan o neoliberalismo e a dominación ianqui en Colómbia.
O Congreso comunista lanzou a consigna de reclamar a renúncia do presidente Álvaro Uribe para deixar paso a un governo democrático e anti-imperialista de ampla converxéncia que golpee duramente ao rexime político autoritário, presidencialista e excluinte. Insiste na importáncia dos avanzos unitários das forzas progresistas, democráticas, de esquerda e revolucionárias, aliás de destacar o xurdimento do PDA.
Estudaron-se as loitas dos oprimidos e explotados concluindo que persiste a tendéncia ao ascenso das accións populares contra o governo e o rexime como solución ao conflito económico, social, armado e a falla de liberdade política. O Congreso convida a reforzar as accións nacionais de protesta convocadas pola Gran Coalición Democrática.
O Exército Popular de Liberación que ven de cumprir 39 anos de combate, avanzando na superación das suas dificuldades, tamén estivo presente. Na sua mensaxe ao Congreso recoñece o papel político e a dirección do Partido, saúda as loitas populares e subliña a importáncia da unidade de acción entre as forzas insurxentes.
O Congreso chama a tratar políticamente as diferenzas entre revolucionários. O Partido e o EPL contribuirá ao cese dos tristes enfrontamentos entre os compañeiros das FARC e o ELN.
O Partido Marxista-Leninista de Colómbia realzou as loitas dos povos do mundo, especialmente en Iraq, Afganistán e Palestina, no Medio Oriente, e os de Bolívia, Venezuela e Ecudaor en América Latina, cuxos governos, xurdidos da loita persistente en camiños de progreso, se abren a debater a perspectiva socialista. O Congreso afirma a sua solidariedade con povo e o governo de Cuba. O espírito internacionalista refrendou-se coas destacadas aportacións de delegados do Partido Comunista Marxista-Leninista de Ecuador e da Coordenadora da Conferéncia de Partidos e Organizacións Marxista-Leninistas, así como co saúdo de membros da Conferéncia Internacional M-L que non puderon estar presentes.
COMBATENDO UNIDOS VENCEREMOS!
Colómbia, fevreiro de 2006. Partido Comunista de Colómbia (marxista-leninista)
Etiquetas: América Latina |
  |
|
|
|
|
|