Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Ferrol: o socialfascista Manuel Ameijeiras ten que dimitir do seu posto de Delegado do Governo
31/05/2007



A policia, de novo, ven de mallar na xente que protestaba en Ferrol contra a entrada dun novo buque gaseiro na Ria de Ferrol. É o Delegado do Governo, Manuel Ameijeiras, do PSOE, o responsábel directo desta nova vaga de represión contra a protesta popular. Onte nas ruas de Ferrol, señoras e señores de idade avanzada eran golpeados pola policia cando estaban tirados no chan. Os panfletos ao servizo de Reganosa, La Voz de Galicia e Diario de Ferrol, mentres gaban a Pranta de Gas (por exemplo o artigo na Voz de Manuel-Luís Casalderrey, que semella ditado polos directivos de Reganosa) acusan aos manifestantes de provocadores e disculpan á policia afirmando que se viron na obriga de defenderse...... (o Diario de Ferrol afirma que a policia nen portaba cascos nen outras defensas). Na imaxe vemos a cinco policias defendendo-se do ataque dun home.


Dimisión do Delegado do Governo!
Fora Reganosa da Ria de Ferrol!

Etiquetas:

(0) Comentarios
Folga Xeral en Portugal
30/05/2007



Nesta páxina tes toda a información sobre a folga de hoxe 30 de maio en Portugal.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Desinformados ou desinformando?



"En Cangas o resultado é: PP 8, BNG 6, PSG-PSOE 4 e ACE 3, a FPG quedaria sen representación no Concello" Apresentadora da TVG na noite eleitoral (até catro veces chegou a repetir o mesmo).

*Nota para os máis despistados, a FPG apresentaba-se na candidatura ACE (Alternativa Canguesa de Esquerdas). Dos tres que sairon, 2 militan na FPG.

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Stalin e a loita pola reforma democrática
26/05/2007



Segundo traballo do historiador Grover Furr que traducimos en Estoutras. Nesta ocasión reproducimos un extenso traballo que o autor publicou en duas partes e que nós publicamos no seu conxunto. O título non podia ser máis provocador (no mundo ocidental, ollo) coa tese burguesa de Stalin=Demo Totalitário. O autor bota man dun bon número de historiadores rusos que desde hai un tempo, e baseando-se nos arquivos da URSS, están a esnaquizar toda unha série de mitos que nós, os ocidentais, mamamos desde hai décadas.

Novos e surprendentes dados sobre Stalin, Béria ou Khruchev, fan deste traballo un importante material para o estudo da história da Unión Soviética.

Para aceder ao artigo preme sobre a imaxe ou aquí.

Etiquetas:

(2) Comentarios
O Che camiña en Iraq
21/05/2007


Hai poucos dias deu-se a coñecer un novo grupo armado en Iraq. Trata-se da organización comunista Resisténcia Revolucionária Armada Iraquiana.

Na propaganda repartida nas cidades de Najaf, Hilla e Karbala, e na que destacaba a imaxe do revolucionário Che Guevara, chamaba á "resisténcia contra os ocupantes norteamericanos, británicos e sionistas, para liberar Iraq e construir unha alternativa democrática socialista". Tamén condenan ao "governo de títeres, o chamado Consello de Representantes, ás milícias Salafis, ao Ministério de Interior, aos traidores iraquianos que chegaron en tanques americanos, aos mercenários americanos e británicos, aos contratistas, e aos seus criados do Exército Libanés do Sul." Impreso en árabe e inglés, a declaración afirma que os coches-bomba e as bombas nos camiños que matan a iraquies son colocadas por estes grupos para danar a reputación da resisténcia iraquiana.

O grupo, que se descrebe como un "movimento de comunistas, marxistas e nacionalistas de esquerda iraquianos experimentados na loita", reivindicou un ataque contra tropas ianquis na área de Al-Nus Khan, entre Najaf e Karbala, acontecido o pasado domingo 6 de maio.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Discografia completa de Alí Primera


A Rede de Intelectuais e Artistas en Defensa da Humanidade pon a disposición de todos a discografia completa dese grande revolucionário que foi Alí Primera.

O seu amor polo povo venezolano e o seu compromiso coa praxe revolucionária converteu as suas cancións nunha arma temida polo poder reaccionário que tentou calar o seu canto. Hoxe as suas cancións siguen vivas e a sua voz continua a impulsar o espírito emancipador dos povos. Na páxina da Rede atoparás toda a música do cantautor do povo, Alí Primera, incluindo un disco póstumo gravado en vivo, que viu a luz depois do seu tráxico pasamento en fevreiro de 1985.

Preme
AQUÍ para aceder á discografia de Alí.


Etiquetas:

(0) Comentarios
A "amnésia" de Ramos Hortas
19/05/2007
Ángelo Alves
Nº 1746
Ramos Horta ganhou as eleições presidenciais em Timor-Leste. Desfecho pouco surpreendente no quadro de uma instabilidade alimentada por razões e interesses alheios ao povo timorense que visava essencialmente enfraquecer a Fretilin e tentar isolá-la interna e externamente.

O anti-comunismo mais primário e o «papão» do isolamento internacional foram algumas das pedras de toque desta campanha. E o «entusiasmo» de alguns foi tal que facilmente perderam o discernimento e o sentido da responsabilidade. Como Ramos Horta quando, ainda na qualidade de candidato, perdeu a «tramontana» numa entrevista a um diário português: desde acusações de anacronismo político até caricaturas anti-comunistas, tudo serviu para vender a ideia de que a Fretilin sofre do complexo da perseguição e que isso da Austrália, da Indonésia e dos EUA serem contra a Fretilin não passa de uma grande inventona. Concluía o então candidato que «quem ouve os discursos dos «camaradas» da Fretilin, até parece que a Fretilin só tem amigos em Moçambique e em Portugal, e mesmo em Portugal só do lado do PCP». Ora, é necessário lembrar Ramos Horta que foi ele quem, no anúncio da sua candidatura, referiu ter recebido «encorajamento» de vários «países amigos» e enumerou-os: Indonésia, Austrália, Alemanha e EUA. É portanto fácil de perceber que os governos destes países, numa descarada manobra de ingerência aceite e propagandeada pelo próprio, apoiaram um candidato... contra outro, obviamente.

Quanto ao facto de a Fretilin ter amigos em Moçambique e em Portugal, é verdade. Desde longa data. Ramos Horta pode já não querer recordar-se mas a Fretilin foi de facto a grande força obreira da libertação de Timor. Pode não dar jeito lembrar mas Moçambique foi um dos países que mais apoiou a Resistência timorense, e o próprio Ramos Horta. Pode querer escamoteá-lo mas se não lhe falhar a memória reconhecerá que ele próprio recebeu a intensa solidariedade do povo português e do PCP, enquanto elemento da Resistência e da Fretilin, uma e a mesma coisa para o povo português. Quanto à referência específica ao PCP resta-nos agradecer o reconhecimento público e notório da nossa solidariedade para com o povo de Timor. Contudo, a verdade obriga-nos a informar Ramos Horta que não são apenas os comunistas portugueses que se mantêm solidários com Timor, o seu povo e as forças que de forma corajosa prosseguem a luta pela real independência e soberania de Timor.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Non houbo só un holocausto, foron moitos máis!
18/05/2007
Northstar Compass
Maio 2007


Xa pasou tempo desde a Segunda Guerra Mundial, na que deixaron a vida 50 millóns de persoas na loita contra o nazismo e o fascismo. A Unión Soviética perdeu perto de 27 millóns de persoas. Tamén foi iste un Holocausto de imensas proporcións que é ignorado intencionadamente, minimizado e terxiversado polo imperialismo mundial e tamén polos seus asalariados presentes no que foi a URSS.

Cando nós comemoramos este mes a Grande Vitória sobre o Fascismo, tamén debemos lembrar que existiron outros Holocaustos no mundo.

O domingo, 22 de abril, tivo lugar o Dia da Comemoración do Holocausto de Jasenovac. Tivo lugar en Nova York, organizado polo Instituto de Investigación Jasenovac, máis en moitas outras partes do mundo tamén foi comemorado.

Que foi Jasenovac?

Após a invasión nazi e a desmembración de Xugoslávia en abril de 1941, os nazis crian o "Estado Independente de Croácia", estabelecendo Hitler un rexime pronazi. Esta nova Croácia tiña unha ideoloxia fascista-clerical, comezando unha política racial baseada na sistemática exterminación dos xudeos, sérbios, comunistas e ciganos que vivian dentro das suas fronteiras.

De 1941 a 1945, centos de miles de persoas pertencentes a estes grupos, e tamén antifascistas e membros doutras nacionalidades, foron asasinadas en campos de concentración instalados á beira do rio Sava, no centro de Croácia. Jasenovac era o máis grande destes campos de concentración estabelecidos polos Nazis durante a ocupación dos Balcáns.

Estes centros de morte son ignorados nos Estados Unidos e en moitos outros países, estando ausentes dos seus meios de comunicación. A política do Oeste de apoiar o desmembramento de Xugoslávia e o seu total apóio ao chauvinismo croata e ao renacimento do fascismo en Croácia, Bósnia e Kosovo, levou a un camiño de destruición que ainda non se detivo hoxe.

Nengunha discusión honrada sobre o xenocídio e os direitos humanos nos Balcáns pode comezar sen a história de Jasenovac. Repetimos de novo, é tempo de rachar esta constante propaganda de que só existiu un Holocausto.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Do progreso socialista ao retroceso capitalista en Ucránia

Fotografia publicada na revista Northstar Compass na edición de maio de 2007

Etiquetas:

(0) Comentarios
Contundéncia obreira ante un novo desplante da Patronal
16/05/2007



A Patronal non apareceu o martes 15 na reunión que ian ten cos representantes sindicais. Deu o mesmo que a CUT deixara a mesa de negociación para facilitar deste xeito o acordo, ao ser usada esta central pola Patronal como escusa para impedir unha saída negociada. Os cortes de tráfico foron esgrimidos polos empresários como causa da non comparecéncia.

Ante este novo desplante, os folguistas do naval ocuparon o edifício administrativo da Xunta de Galiza, nunha demostración do poder co que conta a clase obreira cando esta actua organizada e decididamente. Mentres miles de expedientes voaban desde as fiestras, os obreiros obrigaban a retirar as bandeiras española e da Unión Europea, deixando só a bandeira da Galiza. O interior do edifício foi inzado de pintadas chamando a unha Folga Xeral e denunciando o fascismo dos empresários.

O comportamento do naval vigués está a constituir un exemplo para o conxunto da clase traballadora galega, as perdas económicas dos obreiros non están parando a loita que, dia a dia, colle máis pulo e que poderia ampliar-se a todo o metal da província. Xa son oito os traballadores detidos pola policia, un deles estivo a piques de ser arrolado polo esquirol conductor dun autobus que non quixo deter-se ante un piquete informativo. Este feito, o do conductor, está sendo unha das maiores armas terxiversadores da imprensa, vendendo a história como a dun pobre conductor de autobús que tivo que padecer as iras dos violentos obreiros do naval en folga.

Demostra-se, máis unha vez, o dobre raseiro dos media no tratamento das protestas laborais. Mentres que a digna loita dos traballadores de Delphi recebe un tratamento correcto, ou cando menos non criminalizador, as mobilizacións na Galiza son atacadas sen piedade. Uns teñen famílias as que defender, e todo un povo apóia as reivindicacións; na Galiza, pola contra, sempre somos uns amantes da violéncia que imos contra os intereses xerais do povo... Evidentemente nisto non teñen nengunha culpa os obreiros andaluces que libran unha digna loita. Galiza cumpre un rol moi determinado na estrutura do Reino de España, e os poderes imperialistas non están dispostos a que mude.

Nesta batalla do naval, conseguir un acordo digno e que sexa respeitado pola Patronal vai depender de que non diminua o nível de loita.
Nen un paso atrás!

Etiquetas:

(0) Comentarios
La Voz de Galicia: Contra Venezuela todo é lícito
15/05/2007
Camilo

Co gallo do secuestro de tres empresários de orixe galega, retoma estes días o xornal a súa campaña contra o Revolución de Liberación Nacional que leva adiante o pobo de Venezuela. Artigos de opinión, novas, entrevistas, fotografías... enchen ducias de páxinas nas que describen a Venezuela como un país que vive no caos e no que o feito de ser galego outórgalle a un moitísimas posibilidades de ser secuestrado ou algo ainda peor.

Lemos o pasado día 14 un titular que non pode ser máis tendencioso:

"Máis de 700 emigrantes galegos volveron de Venezuela no 2006". Se un non le a letra pequena a conclusión é clara. Que horror! A ira antigalega destada polos hordas bolivarianas está provocando un éxodo entre os nosos compatriotas!

Debemos pararnos a ler os datos que a propia Voz ofrece:

"Do país caribeño regresaron 726 persoas, a cifra máis baixa desde o 2002, cando volveron uns 1.400 galegos" Eles mesmos recoñecen que a cifra baixou, cousa que non se explican debido á "inseguridade actual". E avisan de que as cousas poden cambiar por mor "do clima de inseguridade". Lendo isto podemos chegar a pensar que até a chegada de Chávez ao poder, Venezuela era o lugar máis seguro do mundo.

Afirma a Voz que moitos galegos, "ameazados pola inseguridade" están pensando seriamente no regreso definitivo. Non aporta ningún dato que probe esta afirmación. Ainda que conseguiron un exemplo desa masas de emigrantes aterrorizados: Manuel Negreira. O problema é que este latifundista foi un dos secuestrados. Pode ser exemplo do resto de emigrantes? Coidamos que non.

Se para a Voz as condicións en Venezuela son tan terríbeis que moitísimos galegos se ven na obriga de regresar (non importa en absoluto que o número sexa menor ca outros anos), que demo debe estar pasando no país de onde volven máis galegos? Porque Venezuela é o segundo país en número de retornados. Que país é ese de onde os galegos fuxen a fume de carozo? Será un país no que se respire un clima de violencia extrema en vilas e cidades? Será un país no que uns malvados leninistas se fixeron co poder e comezaron unha sanguenta revolución? Pois non, o país en cuestión é Suiza. Estará o goberno suizo expropiando as vacas milka e eu ainda non me enterei? Trocarán as autoridades todos os reloxos para que no canto dun cuco o que se asome a dar as horas sexa a figura de Mao? Ou, se cadra, terán tomado as rúas de Berna bandas de Suizo-Kings que impoñen as suas reglas?

E segindo con Suiza, a nova da Voz ten parágrafos que son auténtico esperpento: "Suiza, con 2.363 retornados, é o país que devolve máis galegos. Pero destaca Venezuela, que ocupa o segundo lugar en canto a número de emigrantes que decidiron regresar a Galicia" Por que? Por que destaca Venezuela? Non está no segundo lugar? Non volveron máis do triple de galegos que de Venezuela? Pois logo tería que destacar Suiza, mais, que graza ten atacar a Suiza se alí non goberna Chávez?

Mesturar delincuencia común coas políticas bolivarianas, engadir unhas gotas de chauvinismo colonial..., eis a nova receita para atacar un proceso que pon en perigo os multimillonarios benefícios dos donos da Voz.

E remato cunha pregunta, por que para a Voz é negativo o regreso de emigrantes?

Etiquetas:

(0) Comentarios
O exemplo italiano
Nº 1.745
Jorge Cadima



Mas será difícil não concluir: ainda bem para os trabalhadores e o povo português que o PCP não seguiu os cantos de sereia do «exemplo italiano».



Sem grande clamor mediático internacional, o principal Partido saído da liquidação do Partido Comunista Italiano, os Democratas de Esquerda (DS, na sigla italiana), acabou de realizar o seu derradeiro Congresso. Os dirigentes dos DS, em grande medida os mesmos que em 1989 dissolveram o maior Partido Comunista da Europa Ocidental, decidiram agora dissolver o maior partido italiano da Internacional Socialista, para proceder à sua fusão com o maior dos partidos herdeiros da velha Democracia Cristã, o partido da Margherita. Os mais cáusticos comentadores italianos já designam esta nova operação de transformismo como o «compromisso histórico bonsai». Para que não restem dúvidas, o novo partido já não se chamará de «esquerda», mas apenas Partido Democrático. Os dirigentes da Margherita garantem a pés juntos que não será membro da IS, nem do Partido Socialista Europeu. No seu documento programático desaparece qualquer pretensão de ser um Partido representante do mundo do trabalho.

Quem tenha idade para isso, certamente se recordará de como uma das direcções de ataque contra o PCP após o 25 de Abril, consistiu em contrapôr o PCP ao PC Italiano. O PCI, que em meados dos anos 70 chegou a ultrapassar os 30% de votos, era apresentado como um Partido Comunista «moderno», «democrático» e «flexível», para logo se acrescentar «ao contrário do PCP». Tendo em conta que grande parte dos dirigentes que agora liquidaram os DS (Fassino, D'Alema, Veltroni...) já então eram dirigentes do PCI, será difícil que hoje alguém venha negar que estes «comunistas bons», afinal, nem maus sociais-democratas eram...

Durante décadas procuraram convencer-nos a seguir o «exemplo italiano». Falava-se na necessidade de o PCP se «actualizar» e «renovar» para poder, segundo diziam, «garantir o futuro da esquerda e do comunismo». Era necessário «reflectir» e «repensar». Mas três décadas de «reflexão», «repensamento», «renovação» e «modernização» conduziram os principais dirigentes do ex-PCI à conclusão que não queriam ser nem comunistas, nem socialistas, nem trabalhistas, nem social-democratas, nem sequer vagamente de esquerda. Queriam apenas, e tão só, ser os representantes políticos do grande capital italiano, aliados seguros do imperialismo norte-americano e europeu. E não se pense que esta afirmação revela sectarismo ou má vontade. Foi, afinal, o próprio Massimo D'Alema, actual Ministro dos Negócios Estrangeiros de Itália, mas que chegou a ser Primeiro-Ministro de 1998 a 2000, que esclareceu (em declarações reproduzidas no jornal Liberazione, 31.5.01) as condições em que chegou a esse alto cargo. Logo após a queda do primeiro governo chefiado por Prodi (que agora é de novo Primeiro Ministro) em 1998, «era absolutamente impossível fazer eleições», porque «havia um estado de necessidade mais geral: o último acto de Romano Prodi, em 12 de Outubro, foi o de assinar as activation orders da NATO: a intervenção militar no Kosovo iria começar daí a poucos dias. Não era concebível que a Itália, um país praticamente em guerra, fosse para eleições antecipadas» . E então foi D'Alema para Primeiro Ministro.

É triste ver um grande Partido, com páginas de História de inegável heroísmo e que tanto contribuiu para o avanço social dos trabalhadores italianos, destruído por gente pequena, cuja ambição maior foi a de se tornarem capatazes dos senhores da guerra e do capital. Há seguramente muitas lições nesta história. Mas será difícil não concluir: ainda bem para os trabalhadores e o povo português que o PCP não seguiu os cantos de sereia do «exemplo italiano».

Etiquetas:

(0) Comentarios
Destapar aos voceiros da Patronal. Solidariedade co Metal!
12/05/2007


Os voceiros da Patronal, La Voz, Faro de Vigo, Atlántico, etc., tentan criminalizar a digna loita do metal vigués. Comentaristas como Carlos Agulló na Voz ou Xosé Portela no Atlántico cumpren este labor de acoso aos que tan só loitan para que se cumpran os acordos asinados hai un ano.

Demonizar aos que loitan e calar os incumprimentos da patronal. Estes lacaios dos grandes empresários, botan man da defensa dos direitos do resto de traballadores para atacar aos do metal. Que cinismo o destes depredadores da pluma! Nen unha palavra verbo da inestabilidade e precariedade laboral promovida pola patronal, organización, esta si, terrorista.

Os megáfonos da Patronal fan estes dias contínuos chamamentos aos sindicatos "civilizados" para que marxinen aos "profisionais da agresión", tentando dividir aos traballadores. Falan de "illar aos violentos", cando aquí os únicos violentos son a Patronal e o seu exército de servidores (policia, xornalistas,...)

É o momento de destapar aos servos do capital e solidarizar-se activamente coa folga do metal. Pola unión de toda a Clase Traballadora Galega!

Etiquetas:

(0) Comentarios
ANT entrevista ao fillo de Líster
09/05/2007
A Nosa Terra. Número 1.265

"Polo que falaba meu pai, pensaba que Castelao era do PCE"




"Carrillo inventou o de que Stalin dera a orde (de rematar a loita guerilleira) para que a dirección do partido acatase a súa proposta"


Director do Departamento de Estudos Eslavos da Universidade francesa de Poitiers, historiador e filólogo, Enrique Lister ten múltiplas facetas, todas elas interesantes para ser entrevistado. Pero, nesta ocasión reproducimos un anaco de conversa da que falamos do seu pai, o xeneral Líster, e das vivencias ao seu carón, logo de participar nunha homenaxe que lle ofreceron na súa terra natal.

Que supuxo para vostede o ser fillo de Henrique Líster?

Ser fillo de alguén cunha personalidade tan forte e tan marcada non influíu negativamente, moi ao contrario. As relacións de fillo a pai nunca foron conflitivas porque Líster nunca tentou impornos nada na nosa educación. Para el non existía iso de que hai que facer, tes que facer... El predicaba co exemplo e mostrábanos o xeito de comportarnos, coherente e exemplar en todas as circunstancias.

O escritor Segi Pamiés, fillo de López Raimundo, e o fillo de Santiago Carrillo, tamén dirixentes do PCE, teñen falado e escrito sobre o trauma que padeceron ao ter que mudar non só de país senón de apelido, non sabendo moi ben quen eran.

O meu caso é aínda máis complicado. Nacín en Moscova no 1941, dous días despois comezou a guerra. No 1944 o meu pai pasou a ser xeneral do exército polaco. Unha lei dicía que todos os membros do exército polaco e as súas familias eran, automaticamente, cidadáns polacos. Desde o 1946, en que chegamos a París, até o 1950 eu fun apátrida. Botáronos de Francia e fómonos vivir a Hungría. Logo a Checoslovaquia. Isto supuxo aprender unha nova lingua, afrontar unha nova realidade. O meu pai axudounos moito porque sempre nos inculcou que o primeiro que había que facer era aprender a lingua do país, os seus costumes, respectar as tradicións... Tiven a nacionalidade checoslovaca, volvín á URSS realizar os meus estudos. Logo tiven a nacionalidade cubana. Despois a española e, agora teño a nacionalidade francesa. Até o 1977 levei o nome de Enrique López pero eu sempre souben quen era e quen era meu pai, ao contrario doutras testemuñas. Eu creo que hai moito conto. Para min a vida que levei non foi un problema, ao contrario.

Cantas línguas fala hoxe...

Ben seis linguas. Outras moitas, como o galego, compréndoas, léoas...

A Galiza do xeneral Líster

Cando soubo vostede que existía Galiza?

Antes de saber que existía España souben que existía Galiza. Estaba presente nas conversas co meu pai. Pasaba moitas noites falándonos de Galiza e mostrándonos, por exemplo, o libro Galicia Mártir, de Castelao, e traducíndonos o que alí poñía. Tamén nos falaba constantemente da súa aldea, da sua xuventude, das súas aventuras, da cultura... Pero sempre era Galiza, non era España.

Pero Castelao non era comunista.

Eu pensei toda a vida que Castelao era membro do partido porque meu pai falaba del con tanta devoción, con tanto amor, que non podía nin imaxinar que non fose do Partido. Falaba del o mesmo que falaba dos membros máis queridos do PCE.

O partido estaba omnipresente nas súas vidas. Cando Líster racha co PCE, como o viviron?

A ruptura, coma todas, foi un proceso. As contradicións non xorden no PCE no sesenta e oito como afirman moitos. Estou capacitado para dicir, por que a partires dos 16 anos o meu pai falaba estes asuntos comigo, que viñan moi de atrás. A ruptura non foi pola chegada dos tanques rusos a Checoslovaquia. Se non fose iso tería sido outtra circunstancia. As diferenzas máis claras comezaran dez anos atrás. Tamén hai que ter en conta que no estranxeiro foron moitos os membros do PCE que seguiron a meu pai, o que posibilitaba manter relacións e lle daban mesmo soldez á súa postura.

Pero Líster estaba sobre todo enfadado con Carrillo.

Si, pero este enfado viña xa de cando rematou a guerra. A gran discusión entre Carrillo e Líster xurdiu pola loita guerrilleira. Non é que Líster fose un extremista que quixese manter a metralleta entre os dentes desde finais da guerra até a Transición. El afirmaba que cando un partido se pronuncia pola loita armada está na obriga de enfocar todas as forzas, humanas e materiais, no proxecto. Se se fai, como defendía Carrillo, para presionar os socialistas e a opinión pública mundial é un acto criminal, pois enviábase á morte a moitos militantes nunha estratexia que non tiña ningunha perspectiva de futuro. Líster defendía que non se podían manter as dúas posturas á vez. Que a loita armada non se podía manter como complemento doutras políticas.
Líster e Carrillo

Segundo denunciaban guerrilleiros como O Piloto, o PCE deixou abandonados moitos militantes.

Existía o mito de que era o PCE quen dirixía e controlaba toda a guerrilla. Era mentira. Había outros moitos grupos como os socialistas ou os anarquistas e, outros, que non lles quedou máis remedio que botarse ao monte. O repregamento dos guerrilleiros a Francia decretada por Carrillo sen tomar antes as medidas axeitadas foi un acto totalmente criminal. A xente non podía volver á cidade porque estaban queimadas, quedar no monte tampouco por que non tiñan axuda... Aínda por encima, o partido consideraba indisciplinados os que se vían na obriga de seguir loitando para sobrevivir.

Por que o PCE tomou esa decisión?

Carrillo inventou a andrómena de que foi unha orde de Stalin. Iso é unha aberración. A razón é moi simple: Stalin nunca daba ordes dese tipo, era demasiado fino, demasiado intelixente. Que nunha conversa podía suxerir que había que procurar fórmulas... combinar... Puido ser. Pero Stalin era un ex seminarista ortodoxo e por onde pasa un seminarista ortodoxo, un xesuíta non ten nada que facer. Stalin nunca daba unha orde directamente, nunha pillaba os dedos. Carrillo inventou o de que Stalin dera a orde para que a dirección do partido acatase a súa proposta.

Existía xa un pacto do PCE...

Existía, e vai ti saber cal era verdadeiramente ese pacto.

A Nosa Terra, en 1946, xa falaba dun pacto para a restauración borbónica no fillo de Don Juan, arremetendo contra o PCE, entre outros, por ese pacto.

Ese foi o problema. Como o foi a ilegalización do PCE en Francia, episodio fundamental ao que Carrillo, Dolores Ibarruri e Fernando Claudín lle dedican nas súas memorias só unhas liñas, cando foi algo fundamental para a súa política. A ilegalización do PCE en Francia non foi unha peripecia ao abeiro da guerra de Corea e da posibilidade dunha III Guerra Mundial. A OTAN crease en 1949. Portugal propón que sexa admitida España. Pero non o é... Pero os aliados non poden ir á construcióndunha forza política en Europa sen incluír a Península Ibérica, con Canarias, o Sáhara... Os americanos procuran un truco, España non entra na OTAN per nós asinamos un tratado bilateral. Pero en España, segundo a propaganda estase a desenvolver unha loita guerrilleira potentísima. Os fascistas, para manterse, tamén magnifican esta loita. Nesa atmosfera dun movemento armado en moitos puntos do país, dirixido polos comunistas desde Francia... había que combater ese movemento por parte da OTAN, Pero para liquidalo era preciso liquidar a base loxística, que estaba en Francia e que era o PCE. Instalar as bases armadas nun país infesto pola guerrilla comunista era unha loucura... Por iso liegalizaron o PCE en Francia e lles fixeron ver que estaba baixo control. Por iso desapareceu a loita guerrilleira. Os servizos secretos estadounidenses seguramente tiñan información de dentro do partido. A ilegalización podía tamén ser a desculpa interna para acabar coa loita guerrilleira. Demasiadas coincidencias...

Despois veu a política do PCE de reconciliación nacional...

E Líster nunca estivo contra a reconciliación dos españois senón en contra de como o deseñou Carrillo. Foi unha claudicación por parte do PCE de continuar cunha política de transformación social en España. Por outra parte, a Líster e a Carrillo separounos a interpretación que cada un realizou da revolución cubana. Líster viuna con esperanza, non así Carrillo. Polo demais, existiu unha interpretación abusiva por uns e outros polos lazos que unían a Líster co Che Guevara. Existía amizade verdadeira e admiración mutua. Carrillo acusaba a Líster de apoiar o Che, cando Líster o admiraba pero non estaba de acordo coa súa teoría da focalización. Aínda así, acusaban a Líster de esquerdista e de partidario da loita armada...

Veu logo a Transición...

E Líster analizou que aquela política impulsada por Carrillo significaba a desaparición do PCE. Moitos non o crían, pero a realidade non mente.

Hai posibilidade de que o legado de Henrique Líster veña para Galiza?

O legado de Líster onde ten que estar é en Galiza. É unha parte pequena da súa importante historia. Estou disposto a traballar coa Xunta para tentar xuntar todo o seu legado, que aínda está bastante disperso e non totalmente catalogado. O que posuímos eu e os meus irmáns está á disposición dos galegos. Hai que ver se se restaura a súa casa, ou onde é mellor instalalo. Hai que ter en conta que o internacionalismo de Líster, o ser xenreral de catro exércitos en catro países, non lle priva de ser profundamente galeguista. Comentaba, por exemplo, así aparecen nas memorias, como o seu enfado con Ernest Hemingway ven porque lle di que non é español. Cando o escritor pensa que ten a grande exclusiva, Líster dille que é galego e o xornalista enfadase todo.

Etiquetas: ,

(1) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com