|
| A Manca pro s'Independentzia: organización comunista e independentista sarda
|
| 25/06/2007 |

Traducimos un texto que pode servir de apresentación da organización comunista e independentista sarda A Manca pro s'Independentzia. AMpI, que asume o marxismo-leninismo como única via para acabar coa explotación capitalista, nace en xullo de 2004, cando se realiza unha conferéncia nacional constituiente. Dous anos despois ten lugar o primeiro Congreso Nacional. A organización ten presenza especialmente en Sassari, Nugoro e Castheddu. Como outras organizacións comunistas de nacións colonizadas, reivindica a unión entre a loita pola liberación social coa loita pola liberación nacional. Sardeña é unha colónia do estado italiano, estado que nega a sua língua, a sua história, que a limita a un desenvolvimento económico dependente da metrópole (indústria química e turismo) e que a ocupa militarmente (xunto cos Estados Unidos, que tamén posuen bases militares na illa). Neste contexto, o Povo Traballador Sardo padece unha dobre explotación, por un lado, a da burguesia compradora sarda, e por outro, a da burguesia italiana e internacional. Nos últimos tempos, o imperialismo italiano, coa colaboración da clase intermediária sarda, está acentuando ainda máis as suas operacións represivas contra os patriotas e comunistas sardos. 
Loita de Clases e Loita de Liberación Nacional
A globalización neoliberal está a demostrar o seu fracaso. No próprio corazón do sistema, nos países ricos, o modo de produción capitalista non é quen de dar resposta ás demandas de ben-estar da clase traballadora e do povo en xeral. A recesión económica a escala mundial ten causas estruturais que veñen da própria natureza do capitalismo. A crise de Fiat en Itália, a crise dun continente enteiro, como América Latina, son exemplos da incapacidade do capitalismo e do sistema de dominación burguesa de garantir o progreso e a prosperidade. Actualmente é maior a división entre o norte e o sul do mundo, entre estados ricos e pobres, o que marca un proceso de proletarización da povoación mundial.
En Europa a globalización da economia acelerou o proceso de unificación política dos estados. A construción da Unión Europea e a reorganización dos aparellos burocráticos dos Estados, demandan a máxima estabilidade interna. Por isto non existe distinción entre os governos de centro-esquerda e centre-direita en canto ás políticas económicas e socias, e ainda hai menos diferenzas no tocante á política exterior, cada vez máis amiga de resolver os conflitos coas armas. A inestabilidade económica e política dos estados manifesta-se co medre da represión contra o Movimento Revolucionário. Coa escusa do terrorismo, xustifica-se a redución dos espazos de democrácia e liberdade, como tamén o uso da forza entre os estados.
Por ser nós unha nación sen estado, a Cuestión Nacional Sarda -no que se incluen as contradicións económicas e sociais derivadas do modo de produción capitalista e do domínio político e cultural da burguesia-, representa un elemento obrigatório na discusión e na prática política de todas as organizacións de clase. Os comunistas patriotas da Manca pro s'Independentzia construimos o noso accionar político baixo a premisa de que, na Sardeña, a loita pola superación da sociedade burguesa ten que asumir o carácter de loita de Liberación Nacional.
É neste contexto onde inserimos a reflexión sobre a Cuestión Nacional Sarda.
A Sardeña é un país subdesenvolvido dentro dun estado rico e industrializado. A endémica condición de subdesenvolvimento económico e social debe-se á realidade colonial que caracterizou as relacións entre o povo sardo e a sua clase dirixente e o estado italiano (limitando-nos á história contemporánea). De feito, todo o que se extrai da terra, das minas e do mar da Sardeña revirte na indústria de transformación do continente, para ser revendido tamén á povoación da Sardeña. Son principalmente italianos os empresários que xestionan os sectores máis importantes da economia da illa. Coa complicidade da clase dirixente sarda deprimiron o tecido sócio-económico ligado á agricultura e á gadaria. Nos anos 50 e 60, construiron grandes factorias industriais químicas, prometendo o desenvolvimento e o ben-estar. Hoxe pechan estas indústrias despois de contaminar o medio ambiente e despedir a miles de traballadores. A indústria turística de lecer apresenta-se como a única perspectiva de desenvolvimento económico para a Sardeña, mais está absolutamente nas mans dos capitalistas estranxeiros.
Á colonización económica camiña da man da colonización cultural. O sistema educativo italiano, até hoxe, ignorou a história, o território, a língua, os usos e costumes, a identidade do povo sardo, sempre negados e subordinados aos modelos cuturais e sociais do estado italiano.
A policia e o exército son a espiña dorsal do domínio colonial, son forzas de ocupación do noso território, listos para reprimir calquer movimento social, calquer reivindicación política independentista. A esta forma de ocupación hai que engadir-lle outra. A Sardeña "hospeda" bases militares americanas e da OTAN que ocupan 24.000 hectáreas de terreno, ás que hai que somar outras 12.000 de servidume militar, sen contar o espazo aéreo e marítimo. Nestas bases experimentan as novas armas de agresión imperialista. Os estados europeus, para facer práticas militares e probar estas armas, alugan os maiores campos de adestramento militar de Europa, que están na nosa pequena illa. Esta presenza, alén de limitar actividades económicas como a pesca ou a gadaria, son causa de enfermidades mortais, por mor da utilización de uránio e outras substáncias radiactivas.
No tocante ás condicións económicas, sociais, culturais e políticas resultado do domínio colonial, reivindicamos a independéncia e a construción dun estado socialista, como única alternativa para o desenvolvimento económico e social do noso povo. Liberar ao Povo Sardo da explotación e da opresión colonial do estado italiano, significa construir unha ampla mobilización popular anticapitalista e anti-imperialista. Neste obxectivo, para nós estratéxico, concentramos as nosas forzas. Hoxe é necesário facer madurar un Movimento Popular de Liberación Nacional capaz de afrontar e resolver a contradición do sistema capitalista através dun proceso de autodeterminación. Ser unha nación significa pensar en termos de necesidade colectivas, afrontar o problema da soberania e da conquista do poder. O papel realizado pola burguesia sarda, polos intelectuais e pola clase política, sempre foi o de favorecer e facilitar a entrega da illa aos poderes políticos e económicos italianos. O Povo Traballador Sardo, que padece na sua própria pel o domínio colonial e o sistema económico capitalista, debe loitar pola autodeterminación e a conquista do poder.
Manifestamos o noso interese en estreitar as relacións políticas con todas as organización de clase nacionais e internacionais. Coidamos que estas relacións deben basear-se no respeito á autonomia política de cada organización, no respeito ás diferenzas ideolóxicas e no respeito ás distintas formulacións estratéxicas. Non estamos interesados en ter relacións con organizacións políticas nacionalistas que interpreten a loita pola liberación nacional desde unha óptica intercalista ou reaccionária.
Ligazóns relacionadas: Comitato 11 Luglio (comité antirrepresivo) Sardigna Ruja (Asociación dos Emigrantes Sardos) Tzírculu Comunista Natzionalitariu "28 de Abrili" Camineras (páxina da esquerda anticolonial sarda) Aggabachela (asociación cultural) Etiquetas: Outras loitas de liberación nacional |
  |
|
|
|
| A Revolución de Outubro e as suas relacións cos países árabes
|
| 20/06/2007 |
Almunzer Maarouf Partido Comunista de Síria
Tese lida durante o XVIº Seminário Comunista Internacional (Maio 2007)

Non é difícil en absoluto repasar os logros da Gran Revolución Socialista de Outubro durante os 73 anos que marcaron o reinado do socialismo na Unión Soviética. A proba da importáncia da Revolución de Outubro e da sua influéncia a nível nacional e internacional non precisa moitos argumentos. Esta revolución puxo á humanidada nun novo rumo, amosando ao mundo un conceito diferente das relacións entre os povos, lonxe da opresión e a explotación. Tamén representou un golpe de morte para o capitalismo e o colonialismo, nunha época na que os poderes supremos se repartian o mundo após a Primeira Guerra Mundial.
Nomeado como a época da transformación cara ao socialismo, o século XX tamén pode ser chamado como a época da liberación do colonialismo nas suas diferentes formas: militares, económicas e políticas. O Estado socialista era un verdadeiro partidário, directo e indirecto, dos povos do mundo que loitaban pola sua liberdade e independéncia. Cando o primeiro governo de traballadores e campesiños foi formado, este elevou-se como un grande poder que apoiaba aos povos esclavizados no mundo. É moi complicado mencionar algún acontecimento decisivo na história contemporánea que non estivera influenciado pola Revolución de Outubro.
O traballo de Lenin O Estado e a Revolución foi o primeiro livro marxista traducido ao árabe, en 1923. Esta obra axudou a dar a coñecer as opinións de Lenin sobre as guerras europeas, foi unha peza chave na formación de moita xente no mundo árabe e foi un manual referente da ideoloxia socialista. Porén, a verdadeira relación co socialismo científico comezou cando Khaled Bahghdash traduciu ao árabe O Manifesto Comunista, en 1933. Esta tradución chegou nun momento importante no desenvolvimento da relación entre os pioneiros do pensamento socialista árabe e as ideas da Revolución de Outubro.
A Revolución de Outubro convenceu aos líderes das loitas de liberación árabes da posibilidade de derrotar aos colonialistas e acadar as aspiracións dos povos. Baixo a influéncia das ideas de Outubro, a loita de liberación nacional foi enriquecida coa loita social pola xustiza e a igualdade. Ademais, naceron governos progresistas de orientación socialista en moitos países que conseguiran a sua independéncia. Sobre isto, Khaled Baghdash, histórico líder dos comunistas sírios, dixo: "Baixo a influéncia dos princípios da Revolución de Outubro, o leste árabe converteu-se nunha das rexións máis importantes do mundo do movimento nacional de liberación. A loita dos povos, tanto pola liberación nacional, como pola liberación social, comezou a combinar-se cada dia máis."
A vitoriosa Revolución Socialista foi comprendida polos povos do mundo árabe , gañando-se a sua simpatia especialmente após a publicación dos primeiros documentos históricos do Estado soviético, como o chamamento "A todos os musulmáns e proletários na Rúsia e no Leste" para resistir aos invasores, loitar pola autodeterminación e rebelar-se contra o colonialismo. Outra publicación importante foi o Decreto de Paz, do 28 de novembro de 1917, que incluia a declaración da igualdade entre os países grandes e pequenos, a condena do colonialismo e da opresión nacional, o respeito pola soberania dos países, o cese da inxeréncia nos seus asuntos internos e a liberdade de credo...
Os princípios da Revolución de Outubro harmonizaban coas demandas dos cidadáns árabes, e isto foi ainda máis claro tras a publicación dos acordos secretos asinados durante a época tzarista, como o acordo Sykes-Picot, que orixinalmente incluia a Rúsia, e que significou o reparto do mundo árabe entre franceses e ingleses despois da ocupación otomana que durara catro séculos. O Estado soviético rexeitou os sistemas de tutela ratificados pola Sociedade das Nacións, e que Lenin descrebeu así: "dar a unha pequena minoria dos habitantes da Terra o direito a explotar á maioria dos povos...".
As primeiras relacións entre a Unión Soviética e o mundo árabe tiveron lugar moi pouco tempo depois da vitória da Revolución de Outubro. A República soviética, mália a sua complicada situación e o sítio do imperialismo ocidental, axudou aos patriotas e proletários exípcios durante a Revolución de 1919 contra o colonialismo inglés. Ademais, tanto o líder da Revolución de 1919, Saad Zaghlul, como un dos líderes sírios da revolución neste país contra o colonialismo francés a princípios dos anos vinte do pasado século, Ibraeem Hanano, mantiñan correspondéncia co líder da Revolución de Outubro, Lenin.
Co trunfo da Revolución de Outubro e o estabelecimento dun estado forte, abrian-se novos horizontes para os povos da nosa rexión. Os partidos comunista comezan a aparecer como resultado dunha necesidade nacional e obxectiva. Estes partidos participaron con forza na actividade política e na loita pola liberación nacional. O Partido Comunista Palestino naceu en 1920, o exípcio en 1921, o sírio e o libanés en 1924, o Partido Comunista Iraquiano en 1934. Co tempo formaron-se partidos comunistas en todos os países árabes.
O sétimo congreso do Komintern, en 1935, tivo un papel trascendental na corrección da práctica política e intelectual dos partidos comunistas árabes naquel tempo.
Mália a guerra ideolóxica lanzada polo sionismo e as forzas reaccionárias contra a Unión Soviética e a ideoloxia socialista, as ideas do socialismo científico agromaron con forza en enormes capas dos povos árabes debido á política de apoio verdadeiro da Unión Soviética aos nosos povos, independentemente da natureza dos reximes existentes.
Pésie aos intentos dos países imperialistas de impedir as relacións oficiais entre o xoven estado soviético e os países árabes, a Unión Soviética estabeleceu a sua primeira relación diplomática cun país árabe en 1926. Foi con Arábia Saudí.
En 1928, asinouse entre a Unión Soviética e o Iémen o Tratado de Sanaa, tratado de amizade e comércio, primeiro deste tipo de tratados entre a URSS e un país árabe. As novas relacións axudaron a Arábia Saudí e o Iémen a reforzar a sua soberania e aparecer como membros de pleno direito da comunidade internacional.
A fortaleza do Exército Vermello, e as suas vitórias sobre o nazismo na Segunda Guerra Mundial, fixeron medrar a reputación da Unión Soviética en todo o mundo, acabando coas dificuldades para estabelecer relacións cos países árabes. A URSS estabeleceu relacións con Exipto en 1943, e un ano máis tarde con Síria, o Líbano e Iraq. As relacións co resto dos países arabes chegaron sucesivamente coa independéncia destes. A Unión Soviética non buscaba avantaxes nen conseguir o controlo polítito. Nunca solicitou instalar bases militares. Esta poítica correspondia ao afirmado por Lenin: "apoiaremos sempre a unión entre os traballadores dos países desenvolvidos cos traballadores, campesiños e escravos de todos os países oprimidos..." Esta realidade foi descrita por un historiador exípcio: "por vez primeira na história da humanidade, existe un estado que non quer colonizar, ocupar ou explotar; este estado -a Unión Soviética- apoia ás forzas de liberación no mundo."
A alianza natural entre o movimento de liberación nacional árabe e a Unión Soviética foi un dos factores máis importantes no éxito dos povos árabes nas suas loitas pola independéncia e contra as forzas da reacción locais e o imperialismo internacional. Esta alianza axudou tamén a que estes povos se esforzaran por acadar un desenvolvimento verdadeiro e seguir o camiño do progreso económico e social, limitando a influéncia do capitalismo e do feudalismo na economia e na política. Polo tanto, a política exterior destes países estivo marcada polo patriotismo, o anti-imperialismo, a neutralidade e o a defensa da paz e a seguridade no mundo.
Debido ás diferentes formas de axuda que deu a Unión Soviética aos países do mundo árabe, é complicado falar polo miudo destas. Tan só indicarei algúns exemplos que reflicten a pronfundidade das relacións e a importáncia da axuda.
A Unión Soviética foi o primeiro estado en apoiar á República Exípcia que naceu após o derrocamento da monarquia en 1952. Cando os países ocidentais rexeitaron armar ao exército exípcio, os Soviets organizaron o famoso reparto de armas de 1955. Durante a tripla agresión de Franza, Gran Bretaña e Israel a Exipto, pouco despois da nacionalización da Canle de Suez, a Unión Soviética xogou o papel máis importante no cese da agresión imperialista, forzando a retirada do território exípcio das forzas agresoras, grazas á sua famosa e severa adverténcia de que a Unión Soviética "aplicaria toda a forza para esmagar aos agresores e facer prevalecer a paz no Medio Oriente."
Temos outro exemplo na independéncia de Síria, tras a loita pola liberación nacional contra a ocupación francesa. Por vez primeira na história, a Unión Soviética utilizou o seu dirieto a veto para apoiar a Síria e ao Líbano na sua loita pola independéncia, impedindo que estes países se viran na obriga de asinar os tratados que Franza e Gran Bretaña lles querian impoñer e continuar así baixo o xugo ocidental. Ademais da axuda política, podemos mencionar o acordo entre Síria e Checoslováquia en 1957 para o reparto de armamento, que fortaleceu ao exército sírio diante das agresións e ameazas dos sionistas.
Nos momentos máis complicados e cruciais dos povos da nosa rexión, foi cando mellor se manifestou a amizade e o apoio da Unión Soviética. Durante o ataque sionista aos países árabes, en xuño de 1967, a Unión Soviética traballou para conseguir a fin dos ataques, reclamando a retirada das tropas ás suas posicións iniciais, e, xunto con outros países socialistas, rachou relacións diplomáticas con Israel. Os exércitos sírio e exípcio receberon armas e equipas modernas dos soviéticos, o que posibilitou unha guerra máis equitativa contra os sionistas cinco anos despois, na que se conseguiron importantes vitórias.
Até a sua fin, a Unión Soviética nunca deixou de apoiar a causa xusta de Palestina. Axudou á OLP na sua loita por estabelecer un estado independente. Lenin e os bolcheviques estiveron desde un princípio contra o proxecto sionista en Palestina, manifestando o carácter imperialista e reaccionário da alianza entre Gran Bretaña e o Sionismo, como se pode ler na resolución do Komintern do 28 de xulo de 1920: "o proxecto sacrifica aos traballadores árabes de Palestina...". A Unión Soviética foi o primeiro estado en demandar a fin do Mandato británico e o estabelecimento dun estado independente en Palestina.
A Unión Soviética tamén apoiou ao movimento republicano de Iraq na sua loita contra unha monarquia implicada en suspeitosos tratos con Ocidente. Tamén deu axuda militar, cultural e económica ao Partido Socialista que governaba a República Democrátia do Iémen. Os soviets apoiaron a revolución de liberación nacional omaní contra o colonialismo británico e foron os primeiros en defender a revolución que tivo lugar en Omán en 1965 guiada polo socialismo científico.
No campo da economia e o desenvolvimento, a enorme axuda dada pola Unión Soviética a moitos países árabes axudou, en boa medida, ao desenvolvimento das forzas produtivas e a criazón dunha infraestrutura que servia para consolidar os avanzos económicos que axudaron a elevar o nível de vida da povoación. As relacións económicas entre a Unión Soviética e os países árabes baseaban-se na cooperación, na igualdade e na avantaxe mútua. Estas relacións estabelecian-se sen condicións que impedisen o proceso de transformacións económicas e sociais que se estaban dando no mundo árabe. A colaboración da Unión Soviética cos países árabes reportou a criazón dunha infraestrutura industrial vital para a zona. Exemplos poden ser o encoro de Aswan en Exipto ou o de Al-Furat en Síria. Coa axuda da Unión Soviética, unha verdadeira indústria pesada comezou a existir en Exipto e noutros países árabes.
No campo da ciéncia e da cultura, a Unión Soviética non aforrou esforzos nas suas relacións co mundo árabe. As suas universidades e institutos abriron as portas a estudantes árabes, que adquirian valiosos coñecimentos que repercutian despois no desenvolvimento social e científico dos seus países. Os centros culturais soviéticos nos países árabes tiñan un papel fundamental no intercámbio cultural entre a Unión Soviética o os países árabes. Temos que mencionar a importáncia da literatura soviética publicada en língua árabe, moi acesíbel por mor do seu baixo prezo.
En 1987, Khaled Bekdash dixo: "Imaxinen-se un mundo sen a Unión Soviética. Os imperialistas, encabezados polo imperialismo americano, non duvidarian en cometer os crimes máis horríbeis contra todos os povos do mundo. Non lles chegaria o roubo e a opresión; porian en prática o extermínio, no sentido literal da palavra." Se antes era difícil imaxinar-se o mundo sen a Unión Soviética, hoxe é triste ver o mundo desde a sua auséncia: o imperialismo americano violou a soberania de motos países e comezou moitas guerras contra os que se opoñen aos seus intereses.
A imaxe triste dun mundo que padece as ameazas contínuas do imperialismo, confirma que a Revolución é unha necesidade, non só para nós, comunistas, senón tamén para todos os povos do mundo. Ademais, é a única esperanza que ten a humanidade en viver nun mundo dominado só polas relacións de paz e a igualdade entre os povos.
As ideas e os resultados da Revolución de Outubro sempre influirán no desenvolvimento humano. Permanecer fieis a esta revolución, cuxo eco ainda se sinte no mundo enteiro, pasa pola necesidade, como comunistas e patriotas, de traballar sériamente pola unificación do movimento comunista internacional, consolidando unha frente mundial anti-imperialista.
É o noso deber mobilizar ás xentes na loita contra os perigos do imperialismo que ameaza o desenvolvimento livre e pacífico dos povos do mundo. Temos que aprender das pasadas experiéncias e eliminar os erros cometidos no primeiro estado socialista no mundo.
Etiquetas: Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Continua a farsa xudicial contra o revolucionário Ricardo Palmera (Simón Trinidad)
|
| 17/06/2007 |

Ricardo Palmera (Simón Trinidad): Un revolucionário colombiano que irá a xuízo por segunda vez pola mesma acusación.
Ricardo Palmera foi o negociador das Forzas Armadas Revolucionárias de Colómbia (FARC) nas conversas pola paz co governo colombiano (1999-2002). Palmera foi práticamente secuestrado en Ecuador e levado a Colómbia. Posteriormente, foi extraditado desde Colómbia aos Estados Unidos, onde foi detido, permanecendo incomunicado desde hai 3 anos e 4 meses.
No primeiro xuízo en contra de Ricardo Palmera, que rematou sendo declarado nulo, o xuiz Hogan viu-se na obriga de renunciar, ao descobrir-se que preparaba, xunto co fiscal Ken Koh, trampas para condenar a Palmera. Agora, é o xuiz Poyce Lambert, nomeado durante a administración de Ronald Reagan, quen leva o caso de Palmera.
Os Estados Unidos non teñen nengún direito a enxuizar a Ricardo Palmera e moito menos a facé-lo pola mesma acusación, mais semella que continuarán con esta falácia até declará-lo culpábel. Tom Burke, do Comité Nacional pola Liberdade de Ricardo Palmera, declarou: " Palmera é un bon home que non fixo nada. Palmera utilizou todas as suas enerxias loitando pola xustiza social e a liberación do povo colombiano, que vive baixo a bota dun governo paramilitar de escuadróns da morte apoiado polos EEUU. Os presidentes Bush e Uribe están desesperados por mor da crecente preocupación da opinión pública nos dous países pola corrupción, as mentiras, os enganos e os crimes cometidos polos paramilitares e os escuadróns da morte." Tamén Ángela Dénio, do mesmo Comité, animou a todas as persoas progresistas que vivan en norteamérica a participaren este 18 de xuño nas protestas en Washington, e declarou que, "a administración Bush e o cada vez máis illado presidente Uribe, están criminalizando a loita pola liberdade e a xustiza social. A nível mundial, a xente observa a caricatura do xuízo ao revolucionário colombiano Profesor Palmera. Este non ten permiso para receber visitas e tampouco pode ser entrevistado. No xuízo non se lle permitiu apresentar testemuñas, e até o mesmo xuíz, coa axuda da fiscalia, está tentando limitar o que poda dicer Palmera na sua defensa. O único xuízo xusto é que non haxa xuízo. Demandamos a imediata liberación de Ricardo Palmera".
Etiquetas: América Latina |
  |
|
|
|
| Solidariedade de cineastas de América Latina con Michael Moore
|
|
Fonte: Prensa Latina, La Jornada.

Realizadores, guionistas e directivos de cinema de América Latina, entre eles o cubano Alfredo Guevara, deron o seu apoio este venres ao seu colega Michael Moore, quen, segundo a sua própria denúncia, está sendo "atacado" polo governo dos Estados Unidos por viaxar a Cuba.
Sicko, a máis recente entrega de Moore, unha denúncia das caréncias do sistema de saúde estadounidense, "arrincou-lle a máscara ao império", sinalou Guevara, citado este venres pola axéncia cubana Prensa Latina.
O guionista arxentino Octávio Gettino (La hora de los hornos), dixo que o ataque a Moore "ten o obxectivo de desprazar o centro de atención cara a un asunto non fundamental, e soterrar a tremenda crítica que Sicko fai do sistema de saúde estadounidense". Moore, de 53 anos, denunciou recentemente que estaba sendo acosado e investigado polo governo do seu país por filmar, en marzo, a atención médica que receberon en Cuba unha decena de traballadores de servizos de emerxéncia que traballaron o 11 de setembro de 2001.
Cuba dixo o venres que o documental de Michael Moore, atacado nos Estados Unidos por levar enfermos deste país a receber atención médica na illa, axudará a comprender mellor os "princípios humanos" do seu sistema de saúde gratuito. Moore dixo que levou a Cuba a voluntários que traballaron nos cascallos do World Trade Center de New York após os ataques do 11 de setembro, porque tiveran problemas para ser atentidos no seu próprio país. Cuba negou que a sua colaboración no documental tivera fins promocionais. Etiquetas: América Latina |
  |
|
|
|
| Eleizóns na Valónia e Flandes: continua o ascenso dos comunistas
|
| 13/06/2007 |
Dobra os apoios en Flandes e medra lixeiramente na Valónia
 O proxecto de consolidación organizativa e eleitoral que puxo en marcha o Partido do Traballo de Bélxica hai un ano, con vistas ás eleizóns do 2011 e 2012, continua o seu progreso. O crecimento que tivo nas anteriores eleizóns municipais do 2006, ratificou-no hai uns dias nun novo proceso eleitoral. Nas localidades onde o PTB ten presenza o medre no número de votos foi notório. Como declaraba o cabeza de lista pola cidade de Amberes, Dirk Van Duppen: " Alí onde somos coñecidos, conseguimos bons resultados, sendo capaces de continuar a progresión experimentada nas municipais de outubro de 2006". Así, na província de Liexa, en Herstal conquistou o 6% dos votos e en Seraing o 2,9%. En Hainaut, acada o 3,2% en Louvière e case chega ao 2% en Charleroi. Na província de Amberes consigue 15.000 votos, obtendo un 2,55% dos votos na capital. En Flandes oriental o mellor resultado foi no cantón de Assenede (ao que pertence o Concello de Zelzate, onde nas anteriores eleizóns locais o PTB acadou 6 concelleiros) no que chegaron ao 7,3%. Outras zonas nas que houbo aumentos notábeis foron Limbourg, cun 3,4% e 2% en Genk e Neerpelt respeitivamente, ou no Flandes ocidental, no que dobraron os votos. A campaña Operación Robin dos Bosques, centrada nos impostos, deu a coñecer o partido en amplos sectores da povoaciónEstas eleizóns apresentaban-se complicadas para o PTB, xa que moita xenta non coidaba útil votar por eles por mor do umbral antidemocrático do 5%. De dar-se en Bélxica, como acontece nos Países Baixos, un reparto proporcional dos deputados, o PTB conseguiria un representante no Parlamento. Alén disto, o PTB, nesta campaña, continuou pola liña marcada nas municipais do ano pasado; renúncia a grandes frases e centrar a atención en problemas concretos (por exemplo, a loita contra os peches de vários hospitais). Analisando os resultados, o partido considera urxente criar novas núcleos do partido nas localidades onde non está presente. Á marxe dos resultados, o positivo desta campaña é que axudou a que no partido entraran un considerábel número de novos militantes. Do ponto de vista global, os resultados amosan unha progresión no respaldo ao PTB. No 2003 acadaron 36.000 votos, un ano despois chegaron aos 44.500, e neste 2007 ascenderon a 55.000. Resultados do PTBEtiquetas: Europa, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Portugal: Fortes como punhos
|
| 10/06/2007 |
Nº 1749
Os números aí estão, fortes como punhos: feito o balanço da grande jornada de luta de 30 de Maio, apurou-se que mais de um milhão e quatrocentos mil trabalhadores participaram na Greve Geral.
Por isso, vale a pena e é necessário repetir: a Greve Geral da passada quarta-feira constituiu uma impressionante manifestação da força organizada dos trabalhadores, da sua elevada consciência de classe, da sua coragem e determinação em enfrentar com êxito os muitos e poderosos obstáculos a que o governo do grande capital, num vale-tudo sem margens democráticas, recorreu, tentando desesperadamente evitar o inevitável. Dito de outra forma: a Greve Geral foi um êxito notável dos trabalhadores portugueses e da sua central de classe, a CGTP – IN - e as tentativas do Governo para a fazer fracassar traduziram-se num retumbante fracasso. Ou, se quisermos ver outro ângulo das coisas, atentemos neste dado igualmente incontestável, sublinhado pelo secretário-geral do PCP na intervenção proferida no passado domingo, na Festa da Fraternidade, em Grândola: esta Greve Geral «foi a maior e mais forte luta com que o Governo PS foi confrontado nestes mais de dois anos de mandato. Foi a luta maior com que qualquer governo do PS (e foram muitos, em mais de década e meia de governação) foi alguma vez confrontado».
É a consciência dessa realidade que está na origem da colossal operação de manipulação iniciada logo no dia da greve e no decorrer da qual o Governo se desdobrou em declarações papagueadas por porta-vozes amestrados que, iludindo a realidade, difundiam os números que melhor serviam os seus desejos Da mesma forma que foi o receio, aliás fundado, de que a Greve Geral viesse a ser um êxito, que levou o Governo a avançar com um vasto conjunto de medidas intimidatórias, ilegais, chantagistas, repressivas – violando princípios democráticos e direitos sindicais e humanos consagrados na Constituição.
A operação manipulatória do Governo teve o seu natural complemento na intervenção dos média dominantes que se mostraram tal como são: veículos fieis de difusão da verdade que serve os interesses do grande capital seu proprietário. Os títulos e noticiários desses média, mais as prosas dos comentadores e analistas políticos de serviço, ficam como exemplo de como a liberdade de informação conquistada no 25 de Abril pode ser transformada em liberdade de desinformar – no total desrespeito pela democracia, pelos direitos, pela inteligência e pela sensibilidade dos cidadãos.
Na mesma linha e ao serviço dos mesmos interesses falou, sem surpresa, o chefe da UGT – e foi também sem sombra de surpresa que ouvimos a mesma fala na Convenção do Bloco de Esquerda. A confirmar que nos momentos cruciais da luta de classes a separação das águas se faz com a simplicidade da água que corre.
Sublinhe-se que os atropelos democráticos cometidos no decorrer da preparação e da concretização da Greve Geral, não são obra do acaso nem medidas avulsas de quem, em desespero de causa, quer evitar o inevitável: eles inserem-se na ofensiva mais geral e mais vasta – e extremamente grave - contra o conteúdo democrático do regime saído da revolução de Abril. Duas perguntas devem colocar-se: quantos milhares de trabalhadores não aderiram à Greve Geral com medo das consequências que daí lhes adviriam?; e: quantos milhares de trabalhadores aderiram à Greve Geral com a consciência plena de que estavam a pôr em risco o seu posto de trabalho? Muitos milhares, certamente, num caso e noutro. Mas sejam quais forem as respostas encontradas, o que releva destas perguntas é esta brutal realidade: usar o direito constitucional de fazer greve é, neste tempo de Governo PS/José Sócrates, um acto de heroísmo que exige uma elevada coragem cívica, uma elevada consciência de classe e política – e que comporta riscos incompatíveis com a democracia. E tudo isto é revelador do estado de precariedade a que três décadas de política de direita praticada pelo PS e pelo PSD conduziram a democracia no nosso país.
Nenhuma luta dos trabalhadores é um ponto de chegada – e todas elas são pontos de passagem para outras inevitáveis lutas. Assim é, portanto, com esta Greve Geral. As razões que obrigaram os trabalhadores a recorrer a esta forma superior de luta – desemprego, emprego precário, flexigurança, condições de trabalho e de vida todos os dias agravadas, o direito à saúde e ao ensino postos em causa, etc, etc. - são as razões que impõem a continuação da luta no futuro imediato. Só que o êxito da grande jornada de luta do dia 30 veio dar nova força e nova dimensão a essas lutas futuras, que contarão não apenas com todos os trabalhadores que participaram na Greve Geral mas com muitos e muitos outros que, apoiando-a e estando com ela, não tiveram condições para a integrar. Porque a Greve Geral – Geral porque o milhão e quatrocentos mil trabalhadores que, em todo o País, a ergueram pertenciam a todos os sectores de actividade - pelas condições em que foi construída, constituiu um poderoso factor de consciencialização social, cívica, política.
Os milhares de jovens com vínculos de trabalho precário que, em muitos casos fazendo greve pela primeira vez, tiveram a coragem de enfrentar o grande capital - e os seus homens de mão instalados no governo, na comunicação social dominante, em sindicatos fantoches, nos partidos da política de direita – deram, no dia 30 de Maio, um exemplo de notável coragem e vieram confirmar a certeza de que a luta continua.
Etiquetas: Portugal |
  |
|
|
|
| Meten preso a Francisco Cela e a tres militantes máis do PCE(r)
|
| 07/06/2007 |
O pasado mércores 6 de xuño, o Estado Imperialista Español volveu secuestrar ao verinés Francisco Cela Seoane, xunto a tres militantes máis do partido político PCE(r); Manuel Ramón Arango, Isabel Aparício e Lúcio Garcia. Mália as diferenzas ideolóxicas entre as persoas que elaboramos esta páxina e o partido antes mencionado, fundamentalmente por ser nós soberanistas e acreditar na necesidade da auto-organización da Clase Traballadora Galega, o noso compromiso comunista obriga-nos a solidarizar-nos con todas persoas que, na sua loita polo socialismo, son vítimas das forzas represivas do E.I.E. Desde Estoutras mandamos unha aperta solidária aos familiares das persoas detidas. Etiquetas: GZ |
  |
|
|
|
| Filipinas: un dirixente campesiño no Parlamento
|
| 06/06/2007 |
En fevreiro deste ano, o semanário comunista Solidaire encetou unha sección sob o título de "Comunistas eleitos no mundo", referindo-se a candidatos de organizacións comunistas e anti-imperialistas que conseguiran representación nos parlamentos burgueses. No número 23 de Solidaire entrevistan a Rafael Mariano, dirixente campesiño filipino.
Desde o 2004, Rafael Mariano, tamén coñecido como Camarada Paeng, ocupa un posto no Parlamento polo partido progresista Anakpawis. Antes fora presidente do Movimento Campesiño de Filipinas (Kilusang Magbubukid ng Pilipinas - KMP) e tamén, pouco despois, da organización popular Bayan (Bagong Alyansang Makabayan). Porén, podemos atopá-lo máis doadamente nas ruas, nun piquete de folga ou entre o campesiñado que nos cómodos asentos do Parlamento.
Cais son os principais logros e/ou decepcións no Parlamento?Cando decidimos tentar as nosas posibilidades na area parlamentar, buscamos levantar alí un foro para as reivindicacións dos traballadores. Mais sen ilusións no tocante a poder transformar estas reivindicacións en proposicións de leis. Porque, en Filipinas, o Parlamento está dominado polos conservadores, os terratenentes e os grandes capitalistas. É por iso polo que máis que no terreno lexislativo, é noutros aspectos onde podemos facer máis. O principal é que conseguimos tomar a Bastilla: por vez primeira, os traballadores teñen unha verdadeira representación nun bastión das forzas dirixentes. En certa medida, chegamos a frear as tentativas da presidenta Arroyo de golpear o estómago do povo filipino através de medidas fascistas, antipopulares e pro-imperialistas. Este último ano, fumos quen de contrarrestar o seu proxecto de instaurar un estado de sítio e, tamén, impedir medidas encamiñadas a acelerar a liberalización da economia, con todos os nefastos efectos que estas terian nos traballadores e campesiños. Mais tamén houbo decepcións. Como por exemplo, o fracaso no noso proxecto de conseguir pola via legal un medre de 125 pesos no salário diário. Outro tanto, coa famosa lei sobre a seguridade dos cidadáns que foi aprobada, mália a nosa longa loita, xunto a outras organizacións progresistas, por impedir esta lei. Como combina vosté o seu traballo de deputado co de dirixente campesiño?
O traballo no Parlamento é unha prolongación da función dirixente entre as masas. Perguntamos aos sindicatos, ás organizacións populares, á opinión pública, para facer que o Parlamento non sexa un palácio illado da realidade popular. Asociamos a loita das organizacións de base co noso traballo parlamentar. Así fixemos na folga dos xornaleiros da Facenda Luisita, obrigando ao Parlamento a escoitar aos activistas. Regularmente, organizamos reunións de consulta cos sectores populares. Certamente, o noso traballo parlamentar fixo progresar a causa do campesiñado filipino. No Parlamento, podemos realizar traballos de investigacion e presionar ao resto dos deputados, tanto da maioria como da oposición. Deste xeito, pudemos bloquear a aplicación de medidas governamentais que pretendian expulsar a campesiños pobres das suas terras e destruir comunidades rurais enteiras. Como se celebrou a campaña eleitoral? Puderon traballar con liberdade?
Durante os tres meses que durou a campaña, houbo non menos de 215 mortos por mor da violéncia asociada ás eleizóns. Perdemos moitos dos nosos mellores dirixentes e militantes en execucións sumárias ou desaparicións. Como o camarada Nilo Arado, o noso coordenador rexional na illa de Panay, ou o camarada Atong Pacayde, coordenador no val de Compostela. Unha semana antes das eleizóns, a casa do noso dirixente en Luzón-Central foi rexistrada por militares e o camarada Orly Marcellana, coordenador en Tagalog-Sud, oitavo na nosa lista, fuxiu no último momento dun intento de asasinato. Contamos, sobretodo, con forza no campo, pero é precisamente o rural a zona máis militarizada do país, o que fai imposíbel votar a moita xente. Tamén a capital Manila conta cunha militarización importante. En 26 bairros non tivemos posibilidades de facer campaña por mor da presenza dos militares. Ameazaron-nos con requisar o material de campaña, e advertiron abertamente á xente que non votasen por nós... Etiquetas: Asia |
  |
|
|
|
| Marx hoxe
|
| 03/06/2007 |
Jerónimo Carrera Tribuna Popular, nº 136 Órgao do Comité Central do Partido Comunista de Venezuela
 (No 189º aniversário do seu natalício, o 5 de maio, en Tréveris, Alemaña)
Sempre que nalgún lugar do mundo xermola un movimento orientado por ideas socialistas, como o que estamos a viver agora en Venezuela, xurde case inevitábelmente o interrogante sobre o tipo de socialismo ao que se refire ese movimento.
Pois o que si é claro, xa desde hai moito tempo, é que nos seus aspectos teóricos o socialismo admite interpretacións moi diversas, e desde os utopistas iniciais até hoxe, o certo é que existen moitos exemplos disto e son moitos os nomes de notábeis pensadores adicados á elaboración de modelos dunha nova sociedade.
Mais por riba de toda a confusión existente ainda no tocante ao camiño a seguir para a construción dunha sociedade socialista, coido que se fixo práticamente universal o respeito e a grande admiración que arrodea a figura de Karl Marx (5-5-1818/14-3-1883).
Do seu nome, como é óbvio, procede o vocablo marxismo que é de uso cotiá na terminoloxia das ciéncias sociais, en todos os idiomas, e compite agora certamente con denominacións de tipo relixioso, como son cristianismo, mahometismo e budismo. Cousa que Marx de seguro rexeitaria, e non só por razóns intelectuais. O seu pensamento, en boa medida, ten orixes na revolución francesa, co laicismo como un dos seus princípios, é dicer, a taxante separación que ten que existir entre Estado e relixión. Algo que, por certo, tamén está na base do pensamento bolivariano.
Tendo isto presente, coido que é oportuno respostar ás ideas que a dia de hoxe se escoitan, en bocas revolucionárias, que tentan facer unha mestura ideolóxica entre elementos marxistas e unhas conceizóns cristiás. E o que ainda é máis chamativo, engaden un chisco de indixenismo ao gosto do consumidor.
Pola contra, os comunistas venezolanos, xa desde os anos 40 do pasado século, vimos insistindo en que a revolución no noso país ten que basear-se na conxunción do marxismo co pensamento bolivariano.
Aliás, vemos que moito se argumenta a prol da necesidade dun novo socialismo, dando a entener así que xa houbo un anterior a este que se nos propón agora, e que, supostamente, foi un fracaso. É o antisovietismo que exiben, polo xeral, os expositores do chamado "socialismo do século XXI", a quen eu cualifico simplesmente de "neorevisionistas". Todos eles teñen un rasgo en común, e é permanente e máis acentuado anticomunismo.
Noutras palavras, non se atreven a denigrar abertamente a Marx, e mália que chegan a recoñecer-lle certo mérito no relativo á teoria da revolución proletária, a continuación pasan a recalcar o feito -máis que evidente, de estar nós vivendo nun mundo que mudou enormemente. E concluen afirmando, por exemplo, que a clase obreira perdeu peso coa revolución científico-técnica e, polo tanto, xa non teñen os proletários o papel de avangarda que Marx e Engels lles atribuiron.
E menciono a Engels coa mesma importáncia que Marx, xa que é unha grande inxustiza a cometida con Friedrich Engels (28-11-1820/5-8-1895) cando se lle deu únicamente o nome de Marx a esa imensa criazón dun verdadeiro socialismo científico, realizada conxuntamente polos dous.
Socialismos podo haber de moitas formas e maneiras, no papel, pero até hoxe o único que se viu funcionar na prática é o que está fundamentado no materialismo dialéctico, é dicer, no que chamamos marxismo. Penso que é bon lembrá-lo, especialmente en datas como estas do 1º e 5 de maio, para que os revolucionários de todo o mundo valoremos xustamente o moito que significa Marx hoxe.
Etiquetas: Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| FUNA ao asasino de Víctor Jara
|
| 01/06/2007 |
A FUNA busca desmascarar os rostos e historiais das persoas que, durante a ditadura, foron responsábeis de secuestros, detencións, torturas, crimes e desaparicións, atentando contra os direitos de miles de chilenos e que hoxe viven como calquer outro cidadán gozando de total liberdade grazas á impunidade que se auto-outorgaron. A FUNA consiste en "visitar" aos criminais e torturadores nos seus postos de traballo, con moito ruído, e explicar aos seus compañeiros e compañeiras de traballo o que fixo este indivíduo contra outros chilenos e chilenas. Se non hai xustiza, hai FUNA!
Etiquetas: América Latina |
  |
|
|
|
|
|