Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Sistiaga no País dos Kim
16/07/2007

Madialeva

Como cogumelos que xermolan nos montes do outono galego, así via Jon Sistiaga medrar os GULAGS na parte independente de Corea. Através da fiestra do autocarro, o xornalista de investigación analisaba polo miudo a dura, cruel, fria e mesmo perversa realidade da República Popular Democrática de Corea. Ven esas casas que están construindo? Posíbelmente sexa un GULAG. Ven as persas que traballan nesa leira? Posíbelmente todos sexan disidentes. So lle faltou: e ven ese círculo amarelo que brilla no ceo? Posíbelmente sexa unha nave dos extraterrestres que abduciron aos coreanos do norte. Todo indica que Sistiaga botou man da técnica que Hergé empregou para ese tratado de história que é Tintín no País dos Soviets.

O documental (se se pode chamar así a esa tomadura de pelo) que Cuatro realiza sobre a República Popular Democrática de Corea nace como resposta competitiva á reportaxe elaborada por unha equipa de Tele 5 nese mesmo país. As diferenzas cualitativas entre os dous traballos, das que falaremos máis adiante, son enormes, ainda que no que máis difiren é na atitude cara áo obxecto de análise.

A cadea televisiva que mellor representa o cutre progresismo procapitalista e imperialista español, Cuatro, propriedade do ex franquista Polanco, pregou para que os responsábeis das relacións internacionais da R.P.D.C lle permitisen realizar a reportaxe. Foi o catalán Alejandro Cao quen lles deu consentimento ante a promesa da Cadea se facer un traballo xusto. Seica houbo unha loita en Cuatro para ver quen viaxaba a Corea. Finalmente foi Sistiaga, que se impuxo a unha compañeira reporteira da cadea interesada tamén na viaxe, porque, como el mesmo dixo ao intermediário coreano, tiña contactos máis importantes na Cadea e, nas verbas de Sistiaga: "eu son a estrela de Cuatro". Esta atitude arrogante exibiu-na o irundarra desde que puxo os pes en Pyongyang. Tamén un etnocentrismo que xa víramos asomar durante a sua estada en Iraq, durante o comezo da ocupación, cando manifestara que o exército iraquí empregaba "tácticas marullosas", supon-se que en contraposición á apostura dos ocupantes.

Sistiaga con outros loitadores pola liberdade

E precisamente foi este comportamento vanglorioso, mesmo un mal acochando desprezo, o que máis irrotou a Alejandro Cao, quen, como xa dixemos, recebera por parte de Cuatro o compromiso de facer un traballo lonxe de maniqueismos e manipulacións. Ao contrário que a equipa de Tele 5, á que se lle abriron importantes portas, podendo entrevistar a dirixentes da R.P.D.C., a Jon Sistiaga non se lle permitiu sair do rego marcado polo catalán nen un milímetro, o que explica a pobreza da reportaxe de Cuatro, que se limita a unha sucesión de imaxes que poderia gravar calquer turista, sen máis.

Xunto á pobreza, o que máis caracteriza a esta reportaxe é a manipulación. Sistiaga apresenta-se aos televidentes como xornalista camuflado, tentado pintar un verniz de arriscada investigación. Minte descaradamente cando comenta as imaxes coidadosamente seleccionadas, tendenciosamente editadas. Por citar un exemplo, cando o xornalista está diante dunha imaxe de Kim il Sung, e recebe un toque de atención dunha traballadora, escolle un xesto facial que busca reflectir asombro e incredulidade, e, con voz baixa e angustiosa, comenta que, como podemos comprobar, está proibido dar-lle as costas aos retratos do líder! Cunha mestura entre cepticismo, indignación e xocosidade, Alejandro Cao comenta esta situación. A Casa de Exposición de Kimilsungia/Kimjongilia (flores nacionais de Corea do Norte), que é onde Sistiaga atopa a represión selvaxe dunha robótica funcionária do terrorífico rexime, é un dos lugares máis visitados da capital. Como ese dia, o normal é que haxa unha longa ringleira de persoas agardando para fotografar-se diante de calquera das imaxes alí expostas. A muller reponsábel desa sala, ante a pachorra do xornalista diante dunha imaxe, animou-no amábelmente a apartar-se para que o resto da xente podera tirar fotografias sen que saira a cabeza deste auténtico lince da investigación. Unha sucesión de falácias deste estilo conforman o conxunto da reportaxe.

Como non falar das imaxes que amostran a unha rapariga chapiñando nun charco, como querendo demostrar a que povoación da parte norte de Corea vive na máis absoluta das misérias. Xa sabe, se vosté xogou de pequeno nunha charca... posíbelmente estivese a piques de morrer de fame, vosté e toda a sua familia. Avisado está.

Ainda que o máis alucinante da reportaxe, chegando ao cómico se non fose porque moitisima xente e totalmente permeábel á mensaxe dos media, eran os comentários do noso heroe Sistiaga tipo: a ollada dos coreanos é triste..., as roupas que visten son escuras... Un país miserento e tristeiro no que Jon resplandecia como un príncipe azul das liberdades... do capital.

Un dos momentos máis miserábeis da reportaxe e cando están no Museu Sinchon Ri, adicado á memória dos miles de asasinados en Sinchón polo exército norteamericano. O condado de Sinchón foi ocupado polas tropas imperialistas que durante 52 dias acabaron coa vida dun cuarto da povoación, 35.380 persoas, entre elas moitos recéns. A maioria delas foron asasinadas a sange frio, como cando pecharon nun armacén a mulleres e nenos que foron rociados con gasolina para despois queimá-los vivos. Pois é neste Museu onde Sistiaga non deixa de desprezar e humillar as fotografias e os debuxos que lembran esta masacre.

Fotografias de mulleres asasinadas polo exército norteamericano. Sistiaga pasou-nas por alto

Corea do Norte perdeu 3 millóns de persoas na heroica defensa da independéncia da Pátria. Eis a principal vítima deste novo ataque dos mercenários do império, a história da República Popular Democrática de Corea, a sua constante e vitoriosa loita anti-imperialista. Algo do que non quere decatar-se non só a esquerda do sistema, senón tamén moitos dos que se consideran esquerda transformadora, eses que quedan no anedótico, no suprendente para os nosos costumes. Eses que, como Sistiaga, botan man das obras de Orwell, confidente do Império Británico, para tentar desprestixiar a Corea do Norte. Eses que non son quen de comprender que o pincipal é que a R.P.D.C. é capaz de resistir á marxe da dinámica do capitalismo, mália todos os bloqueos e ameazas, que con erros e acertos (pero son os SEUS erros e acertos) construe dia a dia un sistema onde o interese colectivo impón-se ao individual. Non podemos definir-nos de esquerdas, anticapitalistas, e mofar-nos dun país no que o anticapitalismo e a soberania nacional son duas das principais razóns de ser.




Etiquetas:

(3) Comentarios
Cipaios sen fronteiras
05/07/2007

Madialeva

Non vou ser eu quen me escandalice porque governe por maioria absoluta un partido político que obtivo 27 votos. Coido que estas persoas que van governar en Lizartza teñen a mesma lexitimidade democrática que Orozco en Lugo, Esperanza Aguirre na Comunidade de Madrid ou Bush nos Estados Unidos. Nengunha.

Claro que a miña idea de democrácia, e seguramente tamén de lexitimidade, non ten nada a ver coa que a burguesia ten. Non podia ser doutro xeito. Eu son, utilizando a sua linguaxe, parte desa xente que mora neses escuros terrenos da marxinalidade e do extremismo político de esquerdas. Empregando as miñas verbas, son un comunista. Pero comunista coerente e, polo tanto, -que profundas son as feridas do revisionismo que é necesário recalcá-lo-, comunista dos que loitan por unha sociedade socialista, dos que queren destruir o capitalismo e erradicar á burguesia. Segundo eles, un violento. De acordo, señorias, recoñezo a miña culpa. E, mádia leva!, co agravante de pular tamén pola descolonización da miña nación. Vamos, que o meu xa sobarda a ideoloxia para se converter en herexia.

Polo tanto, a miña valoración, con este feixe de totalitarismo e intransixéncia que pesa sobre as miñas maltreitas espáduas, pouco ou nada vale. Mais vostés, ilustrísimas, egréxios representantes da DEMOCRÁCIA (o noso Manuel Maria diria demo-crácia), preclaras autoridades (dades ou levades?, seguindo co bardo chairego) das cousas da moral e, incluso, do bon gosto. Vostés... como son quen de aturaren tal dislate, loucura ou disparate? Son vostés os que, co peito empolado, nos inzan os ouvidos coas repoludas expresións das que tanto gostan: sufráxio universal, valor do voto, vontade popular, etc., etc. E co mesmo fumo, din-nos estes dias que 27 votos representan a lexitimidade da democrácia. Unhas persoas que non ian nas listas, que non viven na vila, son o garante da soberania popular.


E a primeira medida das e dos para-quedistas que governan en Lizartza é luxar a Casa do Concello cunha bandeira que non só non representa a esmagadora maioria das e dos lizartzarras senón que simboliza a represión sobre o povo, as hóstias por falar euskara, ou as longas horas de torturas, iso si, democrática.

Repito, a min non me escandaliza isto de Lizartza. De facé-lo significaria que acredito na democrácia burguesa, na sua farsa eleitoral. Supoño que a estas alturas da história sabemos do que son capaces.

Bastante máis afastada da nosa terra que Euskal Herria está Palestina. Nación ocupada que vive submetida ao apartheid imposto polo imperialismo sionista. Tiveron eleizóns e o povo palestino cometou o enorme erro antidemocrático de outorgar o seu apoio maioritário á organización Hamas. O imperialismo tiña abondosas razóns para se irritar: aprendemos-vos como funciona isto da democrácia e así nos pagades! Seica hai que repasar algúns temas que semella non quedaron o suficientemente claros. Asasinar e secuestrar a líderes de Hamas, bloquear económicamente ao governo eleito, sementar os enfrontamentos entre a povoación palestina. Ao tempo que se lexitimiza o comportamento servil do forza perdedora nas votacións, abrindo a billa dos dólares, un chisco, nas zonas controladas por estes...

As leis da democrácia burguesa son da mesma natureza en Lizartza que en Gaza. Tamén os cipaios.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com