Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O Movemento pola Base constitúese oficialmente como forza política
30/10/2007
29/10/07

Os militantes do Movemento pola Base (MpB) culminaron onte en Teo o proceso de constitución como organización política no interior do BNG. A Mesa Nacional da organización está composta por: Paulo Paio Rubido, Rafael Peña, Marcos Botana, Xavier Álvarez Carriba, Pilar Rodríguez, César Caramés, Miguel Anxo Abraira, Manuel Mera, Antolín Alcántara, Uxío Breogán Diéguez e Inacio Luxilde. A este grupo sumaranse outros doce vocais en representación das comarcas.

O novo colectivo defínese como "unha organización da Clase Traballadora que asume como principios e obxectivos os intereses estratéxicos da Clase Obreira Galega", encádrase na loita pola plena soberanía nacional de Galiza e “pola superación do capitalismo através da construción do poder popular no camiño da sociedade socialista”, ratificando a firme aposta pola superación das vellas formas de participación política "que favorecen a unha auto-intitulada clase política, en favor da independencia nacional e a transformación e xustiza social".

O MpB plantéxase como obxectivo mudar a liña política adoptada nos últimos anos polo BNG e “rematar coa deriva liquidacionista que a quer homologar a calquer outra forza política do sistema e renunciar aos seus principios transformadores e de superación do actual marco político-xurídico”. De igual xeito "farase unha aposta firme por ultrapasar o sectarismo actual e recuperarmos o sentido do movemento e familia nacionalista, onde diferentes organizacións traballan por un obxectivo que, con todos os matices que cumpran, é compatíbel nas loitas diarias da etapa actual".

Etiquetas:

(0) Comentarios
Camilo Cienfuegos: eterno loitador do pobo cubano
28/10/2007



Diony Sanabia Abadia
Prensa Latina
28/10/07

A historia de Cuba reserva hoxe un lugar de privilexio para Camilo Cienfuegos Gorriarán, quen desapareceu fisicamente o 28 de outubro de 1959, cando a nacente Revolución contábao entre os súas máis activos defensores.

Por aquel entón, o seu traxe de guerrilleiro levaba os distintivos de Comandante do Exército Rebelde, gañados coa coraxe da última etapa das loitas de liberación da Illa que puxeron fin á ditadura de Fulgencio Batista.

Tras recibir ese ascenso o 16 de abril de 1958, o combatente escribiu ao máximo líder do Movemento 26 de Xullo, o presidente Fidel Castro: "Serame máis doado deixar de respirar que deixar de serlle fiel á súa confianza”.

A lealdade ao xefe da Revolución e ao pobo de onde xurdiu foi, quizais, unha das calidades máis distintivas de Camilo, un dos últimos en sumarse ao grupo de cubanos que, guiado por Fidel Castro, desembarcou no oriente cubano o 2 de decembro de 1956.

Aquel mozo, home de innumerábeis anécdotas, librou centenares de combates na Sierra Maestra, nos Llanos de Bayamo, na invasión cara ao centro da Illa sen medo ás balas inimigas que podían cegar a súa vida.

"Camilo non medía o perigo, utilizábao como unha diversión, xogaba con el, atraíao e manexábao; na seu mentalidade de guerrilleiro non podía unha nube deter ou torcer unha liña trazada", escribiu o seu compañeiro de armas Ernesto Che Guevara.

Entre estes dous homes creceu unha das relacións máis lembradas polos cubanos de onte e de hoxe, quen ven a ambos como eternos símbolos da amizade duradeira, esa que nin o paso do tempo é capaz de borrar.

Varios dos combatentes que estiveron ao seu lado afirmaron que o Che soamente aceptaba bromas de Camilo, xenuíno representante do humor cubano que en máis dunha ocasión acaba en inimaxinábeis travesuras.

Lonxe estivo de imaxinar aquel neno de nai cántabra e pai asturiano, nacido o 6 de febreiro de 1932, no barrio de Lawton, que Cuba bautizaríao como o Heroe de Yaguajay.

Nese central territorio do país, o loitador de amplo sorriso e chapeu grande, librou unha das batallas que deron paso ao triunfo da Revolución Cubana o 1 de xaneiro de 1959.

Logo da vitoria, tomou o campamento de Columbia, guiou as tropas revolucionarias de aire, mar e terra, e frustrou un intento sedicioso na provincia de Camagüey.

Desde esa cidade, o avión Cessna 310 que transportaba a Camilo en viaxe á Habana, o 28 de outubro de 1959, nunca chegou ao seu destino nin foi atopada algunha dos seus partes na intensa procura realizada os días posteriores.

Mais, como apuntase o Che, Camilo, o guerrilleiro, é obxecto permanente de evocación cotiá, que fixo isto ou aquilo, que puxo o seu sinal preciso e indelébel á Revolución Cubana.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Homenaxe a John Heartfield: axitador comunista
24/10/2007

Lembramos a John Heartfield, un dos grandes do deseño gráfico. Militante comunista durante toda a súa vida, incansábel loitador antifascista, axitador marxista, John Heartfield foi unha figura de máxima importancia na fotografía e no deseño. Foi o creador, ou cando menos un dos creadores, da fotomontaxe. A súa obra tivo tal influencia que condicionou o desenvolvemento da arte na mesma Unión Soviética, ocupando o centro do debate sobre a arte como arma política.

Ademais dun texto no que falamos de todo esto, ao que sumamos parte dun traballo do máximo especialista en Heartfield, Lieven Soete, tamén incluímos 31 fotomontaxes cos seus textos traducidos ao galego e, cando é necesario, unha pequena explicación contextual da imaxe, xunto a 9 deseños que o traballador da arte fixo para cubertas de libros.

Preme sobre a imaxe ou aquí para ir ao especial sobre John Heartfield.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Adiviña
22/10/2007

Michel Collon

O presidente A propón unha nova Constitución. Sométea á votación do pobo. O presidente B propón tamén unha Constitución. Como unha parte do pobo dixo non, xa non se vota máis. Imponse pouco despois a mesma Constitución. Sen votación. Quen é o demócrata?

O primeiro presidente chámase Chávez. Polo tanto, un populista e un ditador. O segundo chámase Sarkozy e a Unión Europea. Evidentemente, demócratas.

Viva a democracia!

Etiquetas:

(0) Comentarios
Eleccións na Suíza: Discurso antirrascista, unha vía cara á despolitización?

Jean-Baptiste e Philippe Somsky

O seguinte texto foi redacto co fin de cuestionar a estratexia, hoxe dominante na esquerda, de resposta ao discurso xenófobo da Unión Democrática do Centro (UDC).

Hai que recoñecer que as recentes campañas da UDC causaron reccións de indignación en boa parte da poboación. Estas posicións adoptadas ante o discurso populista e xenófobo da UDC son obviamente benvidas e, incluso, saudábeis. Porén, coidamos importante interrogarnos verbo do sentido, a calidade e tamén o alcance destas mensaxes de indignación.

Na actualidade, algúns movementos e asociacións de esquerda pensan que se pode acadar unha determinada dose de conflitividade política na sociedade suíza mobilizándoa co tema do antirracismo. Mais a recente historia debería servirlles como punto de partida das súas análises: unha ollada á situación francesa revélase neste aspecto moi luminosa. Durante anos, no Estado francés, a esquerda e as asociacións como SOS Racismo tiveron un discurso unánime cun lemas antirrascistas que mostran unha crítica edificante e "ética", mais que non axudan en nada a definir os males da sociedade e presentan unha forte carga despolitizadora. Así, as argumentacións de consenso sobre o respecto á diferenza, agachan aspectos tan esenciais como as relacións de forza, as desigualdades, as distribucións das riquezas... Semella que non houbese máis desigualdades que as discriminacións raciais. Agora ben, as desigualdades que sufre a poboación non provocan discriminacións?

A retórica antirracista, xa improdutiva, até pode converterse en contraproducente. Estes discursos, politicamente correctos, ao xeran unha unión consagrada contra Le Pen, como se sabe, non impediron a presenza deste último na segunda volta das eleccións presidenciais en 2002; e, incluso, facilitaron a elección triunfal de Sarkozy á presidencia da República cinco anos despois. Desgraciadamente, na Suíza, a crítica da extrema dereita toma actualmente esa mesma dirección: a unanimidade consensuada. A esquerda chama así a manifestarse en Berna o día das eleccións do Consello Federal, contra a elección de Blocher* para o Consello Federal, con lemas como "Todos contra Blocher".

Continúen pois non relacionando o racismo co capitalismo. Un discurso antirracista que a miúdo semella tan "suave" e consensuado como o discurso ecoloxista. A esquerda sabe, a pesar de todo, que a xenofobia da UDC sirve esencialmente de cortiña de fume para reforzar á orde burguesa e capitalista. Porén, está hoxe demasiado distante das realidades das clases dominadas para dar unha resposta audíbel e eficaz que combata realmente a propaganda reaccionaria da UDC. Este afastamento compénsano os partidos de esquerda coa busca dun electorado de clase media: os socialistas corren detrás do electorados dos verdes, a esquerda anticapitalista, unha boa parte, emprega un discurso elitista destinado só a un pequeno grupo de amigos que posúan un capital cultural semellante.

Entón, que actitude adoptar? Reforzar a norma penal antirracista? Esta solución leva ás persoas desorientadas a refuxiarse na teoría da conspiración e agrandas a base da extrema dereita. Lembren de novo que o "politicamente correcto" continúa a ser completamente contraproducente. Por exemplo, nos Estados Unidos, cando as autoridades prohiben manifestacións de extrema dereita, son as asociacións antirracistas as que se indignan no nome da liberdade de expresión...

Por todo isto, para contrarrestar a "blocherización" da nosa sociedade, é imprescindíbel non refuxiarse no discurso "ben-pensante". A esquerda debería, pola contra, converterse en moito máis combativa e sacar á luz do día a vontade subxacente no discurso da UDC, que non é outra que o desmantelamento do social e a defensa do rico fronte ao pobre. Pasa todo o contrario, centran o debate nas polémicas suscitadas pola campaña deste partido, conseguindo que sexa a UDC quen impoña os temas a tratar. Loitar só polo antirracismo e querer endurecer as normas penais relativas á expresión da xenofobia, é tamén seguir a orde do día fixada polo partido de Ueli Maurer**.

* Christoph Blocher, líder da Unión Democrática do Centro
** Ueli Maurer, presidente da Unión Democrática do Centro

Etiquetas:

(0) Comentarios
Falange Española de la Ertzaintza
14/10/2007


Imaxe tomada da páxina Sare Antifaxista

Etiquetas:

(0) Comentarios
90 Aniversario da Revolución de Outubro. Análise do KKE.
05/10/2007

Declaración do Comité Central do Partido Comunista de Grecia (KKE)

Sobre o 90 aniversario da Gran Revolución Socialista de Outubro



Con optimismo revolucionario, o Comité Central do KKE rende homenaxe ao 90 aniversario da Gran Revolución Socialista de Outubro. Hoxe as ensinanzas de Outubro guían a loita do KKE.

A Revolución de Outubro recorda aos comunistas a Primeira Internacional de Carlos Marx e Federico Engels, aos da Segunda Internacional e da heroica Comuna de París, a primeira revolución proletaria que 'asaltou os ceos' pero non foi capaz de consolidar o seu poder por mor da inexperiencia, e a consigna 'Proletarios de todos os países, unídevos'. Evoca tamén aos exércitos vermellos, á Terceira Internacional Comunista, aos traballadores revolucionarios de Cantón, Turín, Berlín, Estado español, Hungría e de todos os centros proletarios do mundo.

Na gloria de Outubro, os e as comunistas ven a realización da misión histórica da clase obreira. Ven a confirmación do que Marx e Engels escribiron no Manifesto Comunista: “De todas as clases que hoxe enfróntanse coa burguesía non hai máis que unha verdadeiramente revolucionaria: o proletariado. As demais perecen e desaparecen coa gran industria; o proletariado, en cambio, é o seu produto xenuíno e peculiar .”

Outubro revela o papel irremprazábel do axente principal da revolución socialista, o Partido Comunista, como Partido de novo tipo, en comparación cos partidos socialdemócratas partidarios de pactar coa burguesía. Outubro tamén revela a forza do internacionalismo proletario. Con gran emoción saudamos aos millóns de persoas que deron as súas vidas polo Movemento Comunista Internacional, aos revolucionarios invencíbeis da heroica historia proletaria, ás revoltas da clase obreira e do campesiñado pobre – todos eles masas creadoras da historia.

O seu exemplo xustifica a existencia humana; supón un ensino e un legado inestimábel para os comunistas e os pobos.

A Revolución de Outubro foi un acontecemento de proporcións históricas, o maior acontecemento do século XX, que marcaría durante décadas o curso da humanidade. O 'pantasma do Comunismo', que unas poucas décadas antes percorrera Europa, concretouse como forma de poder (proletario) .

O resultado vitorioso da revolución de Outubro implicou que á Humanidade se lle abrise o camiño para 'pasar do reino da necesidade ao reino da liberdade'.

“Iniciamos esta tarefa. Pero o esencial non é exactamente cando, tras canto tempo, os proletarios de cada país finalizarían esta tarefa. O esencial é que se rompeu o xeo, abriuse a vía, despexouse o camiño”, escribiu Lenin.

A Revolución de Outubro foi a faísca que desencadeou o progresivo crecemento do Movemento Comunista Internacional. A súa chama acelerou a formación dun bo número de Partidos Comunistas, entre os que estaba o KKE. Levou á creación da Terceira Internacional Comunista (1919-1943), cuxa necesidade xurdiu do feito de ser o capitalismo unha potencia internacional, pero tamén do feito de que a Segunda Internacional traizoara os intereses dos traballadores.

Desde 1917, o capitalismo internacional viuse obrigado a ter en conta a existencia dunha forza oposta, como o primeiro factor determinante da súa política.

Grazas á revolución socialista de Outubro, déronse as condicións para establecer dereitos, até entón descoñecidos para os traballadores incluso nos países capitalistas máis desenvolvidos.

Co poder soviético, as conquistas d@s obreir@s e campesiños beneficiaron tamén aos traballadores dos países capitalistas. Foron un factor básico que obrigou aos partidos gobernamentais burgueses, liberais e socialdemócratas a facer concesións á clase traballadora.

A sacudida da Revolución de Outubro ás bases do vello mundo tivo un efecto positivo inmediato nos movementos anticoloniais. Foi fundamentalmente a partir de entón cando ese réxime inhumano empezou a derrubarse.

Así mesmo, o poder liberador de Outubro expresouse na cultura global, nas artes e nas letras. Grandes artistas de todo o mundo uníronse ao movemento revolucionario dos traballadores, inspiráronse nas mensaxes da Revolución de Outubro, e puxeron o seu traballo ao servizo dos seus ideais, ao servizo da clase obreira internacional.

Os retrocesos contrarrevolucionarios de 1989-1991 non negan a consideración do noso tempo como a época de transición do capitalismo ao socialismo, que foi inaugurada simbolicamente pola Revolución de Outubro.

O desenvolvemento histórico refutou a afirmación de que a natureza da empresa socialista-comunista era utópica. Ningún sistema socioeconómico consolidouse completamente na historia da Humanidade, nin sequera o capitalismo na súa loita contra o feudalismo. Fronte aos representantes ideolóxicos e políticos da clase burguesa, que afirman que a fin da historia chegou, o socialismo continúa sendo necesario e oportuno.

A necesidade e oportunidade do socialismo xorden das contradicións do sistema capitalista. Agroman do feito de que o capitalismo creou as condicións materiais necesarias para a transición da humanidade a un sistema socioeconómico superior, aínda que esa transición se adíe hoxe pola adversa correlación de forzas, que fai que a agresividade capitalista semelle invencíbel.

A necesidade da transición ao socialismo xéraa o propio capitalismo, no cal, malia que o traballo e a produción se van socializado a un nivel sen precedentes, os produtos do traballo socialmente organizado seguen sendo propiedade privada do capitalista.

Esta contradición é a matriz de todos os fenómenos de crises nas sociedades capitalistas contemporáneas, pero tamén é o sinal que marca o camiño de saída e a necesidade de establecer unhas relacións de produción que se correspondan co nivel de desenvolvemento das forzas produtivas, que implica a abolición da propiedade privada dos medios de produción centralizados e a súa socialización para a súa utilización planificada na produción social polo poder socialista que expresa os intereses dos productores da riqueza social.

As teorías que argumentan que non existían as condicións obxectivas necesarias para a realización da Revolución de Outubro son resultado da propaganda ou de análise acientíficos da realidade.

A Revolución de Outubro tivo lugar sobre a base do desenvolvemento do capitalismo en Rusia, que xa había evolucionado á súa etapa imperialista. Este feito non o refuta a circunstancia da gran disparidade no desenvolvemento capitalista de Rusia, nin a existencia dunha herdanza precapitalista que prevalecía nunha grande parte do imperio tsarista. A existencia das condicións materiais necesarias para a transformación socialista de Rusia pode probarse con estatísticas da época.

Entre a clase obreira de Rusia, e particularmente no seu sector industrial, creáronse os soviets como células organizadoras da loita revolucionaria da clase obreira.

O partido bolchevique tiña unha confianza ilimitada na forza e capacidade da clase obreira – malia ser por entón unha minoría da forza de traballo total – para levar ás masas á loita e dirixilas. Aprendeu da iniciativa revolucionaria das masas, das institucións que esta creou nos momentos nos que a loita de clases se intensificaba. Ao mesmo tempo desenvolveu a iniciativa das masas e elevouna a un nivel máis consciente.

As palabras de Carlos Marx demostraron ser certas, a saber, que a loita de clases, coa violencia revolucionaria que implica, é “o motor da historia”, e que a historia até os nosos días é a historia da loita de clases. Outubro seguiu os pasos da gran revolta dos escravos liderada por Espartaco, das revoltas campesiñas da Idade Media e das gloriosas revolucións burguesas, primeiramente da Revolución Francesa.

O vitorioso Outubro supuxo a máis rotunda expresión da superioridade da teoría do socialismo-comunismo ou científico, do marxismo-leninismo, sobre calquera das variacións filosóficas idealistas e antidialécticas en que se basea a ideoloxía burguesa. Confirmou que o marxismo supón verdadeiramente un salto cualitativo en relación coas máis avanzadas teorías creadas pola mente humana até o século XIX en filosofía e nas ciencias sociais: a economía política inglesa, a filosofía alemá e o socialismo utópico francés.

As ideas da Ilustración que inspiraron e guiaron as revolucións burguesas foran superadas había tempo, xa que a burguesía deixara de ser unha clase en ascenso, converténdose nunha clase reaccionaria.

O partido bolchevique tomou como un todo indivisíbel a loita económica, política e ideolóxica da clase obreira. Guiouse polo principio leninista de que o papel do loitador de vangarda só pode ser asumido por un partido guiado por unha teoría de vangarda.

A ideoloxía socialista-comunista – que establece as leis do movemento da sociedade capitalista e as leis para a transición revolucionaria do capitalismo ao socialismo, e xeneraliza a experiencia da loita de clases – desenvólvese e estendese entre a clase obreira polo Partido Comunista, o seu vangarda consciente e organizada. É precisamente aquí onde reside a necesidade do Partido Comunista.

A teoría da revolución socialista forxouse na incesante loita contra a ideoloxía burguesa e contra as moitas teorías reformistas e oportunistas. Estableceu cientificamente as razóns polas que as condicións da clase obreira non poden cambiar radicalmente por medio dunha loita por reformas.

Coa fundación do partido bolchevique (1903), e na intensa loita ideolóxica que se deu no partido durante moitos anos entre os seguidores dos puntos de vista leninistas e os oportunistas, creouse por primeira vez na historia política unha forza organizada que estatutariamente establecía dereitos e obrigacións para os membros, que tiña no centralismo democrático o seu principio operativo fundamental, co dereito a opinar e criticar, con unidade de acción e disciplina unánime unha vez tomadas as decisións, con fortes lazos coas masas traballadoras e populares que se van consolidando coa democracia interna e a autocrítica, baseado todo iso no principio rector supremo da colectividade.

A ampla preparación teórica do Partido Bolchevique, baixo a dirección de Lenin, capacitouno para analizar correctamente a disposición e a correlación de forzas sociais e políticas, para mostrar a flexibilidade política acaída sen distanciarse do obxectivo estratéxico, a tóma do poder polos obreiros revolucionarios, para solucionar problemas relativos á política de alianzas en beneficio do movemento revolucionario, para adaptar positivamente e desenvolver consignas axeitadas a cada momento, dentro dunha serie de condicións complexas que evolucionabas rapidamente.

Un dos factores decisivos para a vitoria da revolución foi a política dos bolcheviques durante o I Guerra Mundial.

Esta foi unha guerra imperialista cuxo obxectivo era redistribuír os mercados, as esferas de influencia e as colonias. Intensificou ao máximo as contradicións na sociedade rusa e causou un profundo e brusco deterioro nas condicións de vida das masas. Considerouse que a guerra era a continuación da mesma política interna por medios militares, é dicir, que servía aos intereses das mesmas forzas clasistas que estaban explotando á clase obreira e levaran a decenas de millóns de campesiños á pobreza extrema.

A dirección da Segunda Internacional, con consígnaa da 'defensa da patria', ocultou a natureza imperialista da guerra, levando á fragmentación da clase obreira mundial e ao seu conversión en defensora do seu propio ladrón 'nacional', a burguesía doméstica. Pola contra, os bolcheviques non só denunciaron a guerra, como facían os pacifistas, senón que apostaban por transformar a guerra imperialista nunha guerra contra as clases dominantes para a súa derrocamento. Só este camiño podía levar a unha paz xusta, coa eliminación da explotación de clase e da opresión imperialista.

A propia vida creou as condicións para o comezo da revolución socialista. Deu forma á situación revolucionaria, que é un feito obxectivo que se dá, como resaltou Lenin, cando as seguintes condicións preséntanse simultaneamente: “1. A incapacidade das clases dirixentes para manter o seu poder invariabelmente (…) Para que estoupe a revolución, non abonda con que 'os de abaixo non queiran', senón que tamén é necesario que 'os de arriba non poidan' seguir vivindo como antes. 2. Un deterioro maior do habitual, na privación e a miseria das clases oprimidas. 3. Polas razóns expostas, un significativo aumento da actividade das masas, que en tempos 'de paz' permitirían que se lles roubase tranquilamente…”

Mentres duraba a guerra, os bolcheviques non permitiron que as masas revolucionarias fosen influenciadas polas forzas burguesas que alcanzaron o poder na revolución de febreiro de 1917 co derrocamento do goberno tsarista, senón que as levaron á Revolución de Outubro. Non participaron nos gobernos burgueses que se formaron entre febreiro e outubro de 1917. Aproveitaron as contradicións que non só mantiñan a situación revolucionaria, senón que tamén axudaban a cambiar a correlación de forzas nos soviets. O último goberno burgués, o de Kerensky, foi igualmente incapaz de resolver os problemas que mobilizaran a millóns de persoas nunha loita a vida ou morte, co impulso daqueles a quen todo pertence e merecen conquistalo e vivir en paz.

A consigna '¡Todo o poder para os soviets!' gañou á maioría da clase obreira e atraeu rapidamente a millóns de campesiños, mentres tamén se utilizaba nas filas do exército burgués, onde os soldados depoñían aos oficiais reaccionarios e elixían a revolucionarios para substituílos.

A teoría leninista do elo feble no sistema imperialista confirmouse plenamente. En condicións de desenvolvemento económico e político asimétrico, lei absoluta do capitalismo, existe a posibilidade de vitoria da revolución socialista nuns poucos países ou ata nun só país tomado individualmente.

O novo Estado, o da ditadura do proletariado, baseado nos Soviets, xurdidos da propia actividade das masas no lume da revolución de 1905-07, substituíu á vella maquinaria estatal destruída pola Revolución de Outubro.

A ruptura das estruturas do Estado burgués é necesaria porque “O Estado moderno, calquera que sexa a súa forma, é unha máquina esencialmente capitalista, é o Estado dos capitalistas, o capitalismo colectivo ideal”, como escribiu Engels.

“¿Democracia baseada na propiedade privada ou baseada na loita por abolir a propiedade privada?” (…) ¡Liberdade e igualdade para o traballador, para o campesiño, para a raza oprimida! ¡Esta é nosa consigna!”, declarou V.I. Lenin. E remarcou:

“A ditadura do proletariado… non é unicamente o exercicio da violencia contra os explotadores e, de feito, non é principalmente violencia… O proletariado, en comparación co capitalismo, representa e alcanza unha máis alta forma de organización social do traballo."

O esforzo do novo goberno soviético por construír as bases económicas do socialismo avanzou en condicións dunha dura loita contra as forzas da intervención militar estranxeira e a burguesía doméstica, o cerco imperialista e a subversión interna, con conspiracións, sabotaxes e asasinato de bolcheviques.

Dadas as condicións existentes, o feito de que as bases do socialismo efectivamente se construíran constitúe un feito histórico sen precedentes. Non é casual que o tema sexa tratado con tanta rabia pola burguesía e os oportunistas. Até hoxe, a bandeira da cruzada 'antiestalinista' álzase para desacreditar globalmente á loita comunista e as súas perspectivas.

A actividade do Partido baseábase na consolidada visión teórica relativa á posibilidade de construír o socialismo nun só país, especialmente un do tamaño de Rusia, en oposición á visión trotskista da 'revolución permanente'. Baseábase na unidade da clase obreira e a súa alianza cos sectores pobres do campesinado. En ausencia de tales condicións, o desenvolvemento industrial e a colectivización (ou cooperativización) da produción agrícola non se podería levar a cabo.

Unha forza significativa na construción do socialismo foi o traballo de vangarda do movemento stajanovista, que incluía nas súas filas a millóns de revolucionarios, o mellor da nova sociedade.

Grazas a todo iso, a Unión Soviética foi capaz de converterse nunha gran potencia económica e militar en vésperas da II Guerra Mundial.

O papel da Unión Soviética na vitoria antifascista dos pobos na II Guerra Mundial foi decisivo. A URSS esnaquizou a maquinaria militar alemá e dos seus aliados, que invadiran o seu territorio. Liberou numerosos países europeos das forzas de ocupación alemás. Pola patria socialista, máis de 20 millóns de cidadáns soviéticos deron as súas vidas, e ao redor de 10 millóns máis sufriron feridas ou invalidez.

As vitorias do Exército Vermello deron un empuxe considerábel ao desenvolvemento dos movementos de liberación nacional e antifascistas, nos cales os Partidos Comunistas participaban en primeira fila. É característico que o seu crecemento fose máis vigoroso xusto despois da batalla de Stalingrado, que marcou un xiro na guerra en detrimento das forzas do Eixe.

A loita da clase obreira nos pobos de China, Cuba, Vietnam e a R.P.D. de Corea atopou na política da Unión Soviética un apoio desinteresado e un puntal contra o imperialismo.

A Unión Soviética axudou aos pobos de Afganistán, Angola, Camboia, o Iemen do Sur, Etiopía e ducias de países en África, Asia e as Américas. Defendeu a Palestina e Chipre. Grazas á URSS e ao resto de países do Pacto de Varsovia, rexións enteiras como os Balcáns viviron décadas de cohabitación pacífica entre os seus pobos malia a súa diversidade étnica.

A URSS buscou todas as vías para aplicar unha política de paz e de eliminación dos puntos de tensión e guerra que desencadeaba o imperialismo, responsábel de dúas guerras mundiais e de centos de conflitos locais. A Unión Soviética remitiu ducias de propostas para a abolición ou redución de todas as armas nucleares, para a conclusión de acordos de non proliferación. As súas propostas chocaron co carácter agresivo dos estados capitalistas.

O Pacto de Varsovia – formado en 1955, seis anos despois da creación da OTAN imperialista – foi un instrumento de defensa, un bastión do socialismo. A Unión Soviética e o resto dos estados membros propuxeron a miúdo a disolución das duas alianzas, sen obter resposta. A decisión do Pacto de Varsovia de prover asistencia internacionalista a Hungría (1956) e Checoslovaquia (1968) tiña a intención de defender o poder socialista fronte á contrarrevolución. A loita de clases, entre o capitalismo e o socialismo, dábase a nivel internacional.

O dereito humano ao emprego fixo e estábel, á educación gratuíta, ao benestar e á sanidade, á vivenda barata e á garantía dos dereitos básicos sociais e políticos para a maioría do pobo débense todos á Revolución de Outubro.

Aos poucos anos da Revolución de Outubro, o desemprego desapareceu na Unión Soviética. Desde 1956, instituíuse a xornada laboral de 7 e 6 horas, así como a semana laborábel de cinco días.

Asegurouse o tempo de lecer para todos os traballadores. O seu contido tamén cambiou en base ás infraestruturas creadas polo poder soviético, tales como casas de descanso, centros de vacacións e cámpings. A Unión Soviética estaba cuberta por unha ampla rede de teatros e salas de cine, asociacións artísticas e deportivas, grupos musicais e librerías, chegando aos pobos máis pequenos e os máis remotos lugares de Siberia, grandes extensións que foron explotadas e literalmente transformadas grazas ao heroico labor de miles de traballadores, entre eles moitos voluntarios.

A seguridade social era unha preocupación fundamental para o estado soviético. A xubilación era universal aos 55 anos para as mulleres e aos 60 para os homes. Os fondos da seguridade social financiábanse a través do orzamento público e de contribucións das empresas. Había similar preocupación no resto de países socialistas europeos. Os traballadores nunca experimentaron a inseguridade, problemas e ansiedades que sofren os traballadores, novos e capas populares nos países capitalistas.

O poder soviético puxo as bases para abolir a discriminación e a opresión cara ás mulleres. Deulles plenos dereitos legais. Protexeu na práctica a maternidade, como unha tarefa social e non privada ou familiar. Liberou ás mulleres de moitas responsabilidades no coidado da familia, creando un sistema gratuíto estatal de axudas sociais. Desde o principio enfrontou prexuízos centenarios e enormes dificultades obxectivas. Mostrou particular interese nas parellas novas. Aínda que iso non significa que toda forma de desigualdade entre homes e mulleres fose eliminada, é un feito que o poder soviético axudou á muller a saír do seu estatus de abandono, de ser humano de segunda clase.

O esforzo por elevar o nivel da educación pública en todos os sentidos foi un compoñente integral e permanente da política soviética. Máis das tres cuartas partes dos traballadores da URSS tiveron educación universitaria ou secundaria completa, mentres que o analfabetismo, que en 1917 afectaba a dous tercios da poboación deste enorme país, foi rapidamente erradicado.

Víronse os resultados no florecemento das ciencias, na primeira viaxe espacial tripulada por Iuri Gagarin, na aparición de científicos recoñecidos mundialmente en campos como a física, as matemáticas, a química, a medicina, a enxeñería, a psicoloxía e outras, creando unha grande reserva de coñecemento científico.

A construción da base económica socialista e a formación dun estado de obreir@s convertéronse na base e o instrumento para moldear ao novo ser humano, ao creador da cultura socialista. A súa influencia foi universal e abarcou a todos os pobos e nacións deste vasto país. Os logros da cultura socialista en todos os campos foron apropiados por amplas masas populares, como un beneficio social estatal.

O estado proveu os recursos para a educación artística, para o desenvolvemento da creatividade artística, desde a infancia. Na Unión Soviética non só destacaron grandes artistas en todos os campos da estética, senón sobre todo o alto nivel cultural das masas.

Tívose o mesmo coidado en protexer e diseminar os mellores logros intelectuais xamais coñecidos pola humanidade. Xunto cos traballos da arte socialista e da cultura socialista en xeral, millóns de cidadáns soviéticos puideron aprender e asimilar as grandes obras da cultura humana. Despois do Louvre e o Vaticano, o museo do Hermitage tivo a mellor colección de obras de arte do mundo, sendo accesible para todos. O pobo soviético comezou a familiarizarse amplamente coas creacións culturais desde os primeiros momentos da Revolución de Outubro e a guerra civil, nunha época en que pasaban fame, frío e morrían de cólera ou no campo de batalla.

Os avances feitos polos pobos da Unión Soviética e o resto de países socialistas demostran a superioridade do modo de produción socialista fronte ao capitalista. Adquiren aínda máis valor se temos en conta a herdanza da asimetría capitalista e o atraso no momento da revolución, en comparación cos EEUU, Gran Bretaña, Francia, Alemaña e Xapón.

A construción do socialismo comezou na Rusia sobre as ruínas resultantes do I Guerra Mundial, a guerra civil e a intervención dos exércitos de 16 estados imperialistas. A iso hai que engadir a aínda maior destrución resultante da II Guerra Mundial. A reconstrucción da URSS sen ningunha axuda estranxeira en catro anos (1945-1949) supuxo outra fazaña do poder socialista soviético. Pola contra, a reconstrucción da Europa capitalista baseouse principalmente no 'Plan Marshall dos EEUU.

A creación da Unión Soviética foi unha unificación progresiva e popular, en contraste cos "Estados Unidos de Europa baixo o capitalismo" que son "imposíbeis ou reaccionarios", como adiantou Lenin.

Hoxe, as unións imperialistas están inzadas de contradicións insuperábeis. A súa competencia pola dominación é debida á propiedade privada dos medios de produción. As relacións da UE con outros estados e entre os seus propios membros están gobernadas pola desigualdade e a dominación.

O goberno soviético opúxose ao chauvinismo, ao particularismo e á xenofobia. Recoñeceu o dereito de todo pobo á autodeterminación, incluíndo a plena separación. Promoveu o respecto mutuo e a igualdade entre nacións e grupos étnicos, cultivou e estableceu a idea da súa unión voluntaria no único marco da Unión Soviética.

Esta política baseábase no internacionalismo proletario, o único principio cuxa aplicación consistente pode asegurar o respecto ás particularidades nacionais, lingüísticas e culturais e a participación uniforme no camiño da construción socialista. Pola contra, a violación do internacionalismo proletario, principalmente baixo condicións de acumulación de problemas internos, pode dar lugar a que se desfagan os lazos, e até a unha aberta oposición á unificación.

O factor imperialista, en colaboración coas forzas contrarrevolucionarias internas, aproveitou as distorsións e erros e desencadeou o que quedaba dos sentimentos chauvinistas para socavar o sistema socialista e agravar as tendencias secesionistas.

O manexo polo goberno soviético, a un nivel ou outro, de tantos problemas populares demostra que a constante mellora das condicións de vida e o desenvolvemento da personalidade dos traballadores está na propia natureza e inherente potencial do socialismo-comunismo. Con todo, só pode lograrse por medio da aplicación dunha política correcta por parte dos Partidos Comunistas. As desviacións e violacións dos principios convértense en factores que promoven o atraso, o estancamento e até a deriva contrarrevolucionaria.

O KKE, coas conclusións e elaboracións da súa Conferencia Nacional de xullo de 1995 sobre 'As causas do derrocamento do sistema socialista en Europa', deu un primeiro paso no estudo deste adverso acontecemento para os pobos. Posteriormente, formuláronse máis observacións e valoracións nas 'Teses do CC do KKE no 60 aniversario da gran Vitoria Antifascista dos pobos – maio de 2005'.

Hoxe o KKE, tras adquirir maior madurez e coñecemento das fontes históricas, pero tamén seguindo as discusións que se deron a nivel internacional entre eruditos marxistas, esfórzase por mellorar o seu coñecemento das causas da vitoria contrarrevolucionaria, sen considerar que esta investigación estea completada.

O derrocamento do sistema socialista constitúe unha contrarrevolución porque supuxo retrocesos sociais.

A absoluta dominación do capitalismo supuxo grandes sufrimentos para millóns de persoas, dentro e fóra dos países socialistas que coñeciamos. A explotación do home polo home, o crime, a prostitución e as drogas, o paro e o espolio capitalista da enorme riqueza da Unión Soviética – todo o cal fora descoñecido durante sete décadas – son agora características da situación que xurdiu após a contrarrevolución e o desmembramento da URSS. A contrarrevolución supuxo unha destrución incribelmente xeneralizada das forzas produtivas. A propaganda contrarrevolucionaria esforzouse por presentar a escala global os desastres da contrarrevolución como un problema da construción socialista.

Os pobos víronse privados temporalmente do seu gran apoio, do seu sincero aliado. Son miles os mortos, as vítimas da agresión imperialista, os desvalidos e os refuxiados. Os Balcáns, Iraq e Afganistán, os pobos de Ruanda, Haití e Somalia son as vítimas máis claras da nova correlación de forzas global tras 1989-91.

O chauvinismo, o racismo social, as diferenzas relixiosas e culturais, o antisocialismo e o anticomunismo estanse convertendo en armas en mans dos imperialistas para fomentar a discordia entre os pobos e o desmembramento de estados. Estanse desenvolvendo novas armas e sistemas nucleares. As novas dimensións que adquiriu o anticomunismo, converténdose en moitos casos en política oficial dos gobernos, revelan o carácter formal e limitado da democracia burguesa como ditadura do capital. Nalgúns estados que emerxeron da restauración do capitalismo e o desmembramento da Unión Soviética, nos países bálticos, en Polonia, na República Checa e noutros lugares, os criminais de guerra e colaboradores dos alemáns reciben honores, mentres que os heroes da loita antifascista son perseguidos e os símbolos da vitoria dos pobos contra o fascismo derrúbanse.

Rexeitamos o termo 'colapso' do sistema socialista, porque suxire unha especie de necesidade do proceso contrarrevolucionario, e oculta a loita social e as condicións necesarias para a súa evolución cara a unha aberta loita de clases.

Consideramos fundamental recoñecer que neses países iniciouse a construción socialista, coas súas debilidades, erros e desviacións. Non se trataba dun 'sistema explotador transitorio' ou un 'capitalismo de estado', como din algunhas correntes do movemento obreiro.

O feito de que nos antigos países socialistas o derrocamento fose dirixido polas direccións do partido e do estado demostra o que afirma a historia enteira do movemento obreiro: no seu desenvolvemento, particularmente en condicións de intensificación da loita de clases, o oportunismo madura en forza contrarrevolucionaria.

Os nosos adversarios, deformando as nosas posicións, aseguran que o KKE reduce toda a cuestión das causas do envorco contrarrevolucionario ás actividades subversivas dos axentes imperialistas no partido e no estado. Isto é unha vulgarización das posicións do KKE, cuxo obxectivo é presentar que o pensamento do Partido quédase curto en canto ao que demandan as condicións, desacreditalo aos ollos dos preocupados traballadores.

O cerco imperialista ao sistema socialista supuxo un fortalecemento importante dos seus problemas internos e as súas contradicións. Levou a decisións que fixeron a construción socialista máis difícil. A carreira armamentística absorbeu unha gran parte dos recursos da Unión Soviética.

A liña da coexistencia pacífica, desenvolvida durante o período inmediato da posguerra, a certo nivel no XIX Congreso (outubro de 1952), pero especialmente no XX Congreso do Partido Comunista da URSS (febreiro de 1956), permitiu a aparición de visións utópicas, de que era posible para o imperialismo renunciar á guerra e os medios militares.

Á hora de fixar a correlación de forzas global, xogou un papel importante o desenvolvemento do movemento comunista internacional e as cuestións sobre a súa estratexia. A decisión de disolver a Internacional Comunista (maio-xuño de 1943) sinalou a ausencia dun centro que puidese formular unha estratexia revolucionaria contra o sistema imperialista internacional. A pesar do feito de que a II Guerra Mundial creou as condicións nas que as contradicións de clase se agudizaron enormemente, a loita antifascista levou ao derrocamento do poder burgués só nos países de Europa central e oriental, coa decisiva contribución do Exército Vermello nun sentido ou outro.

No occidente capitalista, os Partidos Comunistas non puideron elaborar unha estratexia para a transformación da guerra imperialista ou a loita de liberación nunha loita pola conquista do poder pola clase obreira. Pospuxeron a meta do socialismo para o futuro e estableceron tarefas que limitaban a loita á fronte contra o fascismo. Prevaleceu a visión de que era posíbel algún tipo de forma intermedia de poder, entre a burguesía e o poder da clase obreira revolucionaria, coa posibilidade de que evolucionara cara a un poder obreiro.

Após a II Guerra Mundial, produciuse unha obvia falta de lazo organizativo entre os Partidos Comunistas que permitise conformar unha estratexia unida e independente contra a estratexia unida do imperialismo internacional. A Oficina de Información dos Partidos Comunistas, creada en 1947 e pechada en 1956, e as conferencias internacionais de Partidos Comunistas que se celebraron desde entón, non tiveron éxito en contribuír á unidade ideolóxica e á elaboración dunha estratexia revolucionaria.

Nas análises realizadas polo movemento comunista internacional, as tácticas flexibles do capitalismo non foron avaliadas apropiadamente. As contradicións entre estados capitalistas, que por suposto contiñan o elemento da dependencia, como no caso da pirámide imperialista, non foron analizadas así, un feito que levou a unha política de alianzas con sectores da burguesía que eran descritos como 'nacionais' , contra as denominadas burguesías dominadas desde fóra. Ademais, as direccións comunistas non elaboraron conclusións correctas e exhaustivas en relación ás abertas actividades contrarrevolucionarias do imperialismo, inicialmente na República Democrática Alemá e máis adiante en Hungría, Polonia e Checoslovaquia.

A política seguida por un número importante de Partidos Comunistas de colaborar coa socialdemocracia foi parte da estratexia do 'goberno antimonopolista' , unha especie de paso entre o capitalismo e o socialismo, tamén expresada a través de gobernos que intentaban administrar o sistema capitalista.

Doutra banda, xusto despois da fin da guerra, baixo a dirección de EEUU, o imperialismo lanzou a 'guerra fría'.

A 'guerra fría' incluíu a organización dunha guerra psicolóxica contra os países socialistas, a escalada da carreira armamentística, redes de subversión e sabotaxe do sistema socialista, abertas provocacións do imperialismo, fomento de actitudes contrarrevolucionarias e unha política económica e diplomática diferenciada respecto dos novos réximes obreiros, dirixida a romper a súa alianza coa URSS. Ao mesmo tempo, o sistema imperialista estableceu coalicións militares, civís e económicas, así como organizacións internacionais prestamistas, como a OTAN, a Comunidade Europea, o Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial e os acordos transnacionais de comercio, que aseguraban a coordinación entre os estados capitalistas.

As duas seccións do movemento comunista, a que estaba no poder e a que non, non souberon valorar correctamente a correlación de forzas mundial, mentres subestimaban o potencial da reorganización do capitalismo de posguerra.

Ao mesmo tempo, a crise medrou no movemento comunista internacional, inicialmente manifestándose na total ruptura de relacións entre o Partido Comunista da Unión Soviética e os Partidos Comunistas de Chinesa e Albania. Despois creceron as dificultades coa cristalización do oportunismo de dereita no movemento comunista en Europa occidental na corrente denominada 'eurocomunismo' que abertamente converxía coa socialdemocracia.

Manifesoutse desde os dous bandos o antisovietismo, que chegou a ser un compoñente elemental nas súas políticas. Do bando do PC Chinés alcanzou as súas expresións máis crúas. Ao mesmo tempo, a recíproca influencia do oportunismo nos Partidos Comunistas dos países capitalistas e nos Partidos Comunistas no poder reforzouse baixo condicións de ameaza dun golpe nuclear contra os países socialistas.

Debe sinalarse que a diferenza fundamental entre o capitalismo e o socialismo-comunismo é que as relacións de produción capitalistas xurdiron no seo do feudalismo, mentres que as do socialismo-comunismo non poden nacer no seo do capitalismo porque están en contradición con toda forma de explotación.

O poder d@s obreir@s revolucionari@s debe derrubar e remodelar radicalmente todas as relacións sociais herdadas do capitalismo, conscientemente debe construír un novo modo de produción, resolvendo as contradicións sociais en beneficio da construción socialista. Por iso atopa grandes dificultades na construción, extensión e pleno desenvolvemento e dominio das novas relacións de produción e distribución. O capitalismo non se atopou con tales dificultades. A sociedade socialista ten grandes cargas da sociedade capitalista que a fan perigar a todos os niveis. No socialismo, a explotación de clase está abolida, pero non se pode abolir toda forma de desigualdade social e estratificación que se reflicte na conciencia da xente e na súa actitude cara á vida. Na construción socialista, as diferenzas entre o campo e a cidade, entre o traballo manual e intelectual tamén deben ser eliminadas. Só entón seremos capaces de dicir que cravamos “o último cravo no cadaleito da sociedade capitalista que estamos soterrando”, como escribiu Lenin.

A loita por establecer e desenvolver a nova sociedade é dirixida polo proletariado revolucionario cuxo núcleo é o Partido Comunista, o cal actúa conscientemente en base ás leis do movemento da sociedade socialista. Por iso, a natureza científica e a orientación de clase da política do Partido Comunista, sobre todo o desenvolvemento da teoría do socialismo-comunismo científico polo Partido Comunista, é unha condición fundamental e previa da construción socialista.

Os partidos comunistas no poder non realizaron esta tarefa con éxito. E, na medida que as políticas do poder socialista non lograban resolver tales contradicións en beneficio da construción socialista, tales contradicións evolucionaron até ser antagónicas. A teoría oportunista de que as contradicións non antagónicas non poden evolucionar a contradicións antagónicas non se confirmou. Trala guerra, como sinalou o XIX Congreso do PCUS, malia os éxitos logrados no cumprimento do 4º plan quinquenal (1946-1950), houbo problemas no relativo á modernización e desenvolvemento dos medios de produción, a dirección das empresas e o nivel de benestar social.

A partir do XX Congreso do PCUS, fóronse adoptando aproximacións teóricas erróneas para resolver tales problemas, e as políticas oportunistas que se aplicaron na economía estendéronse ao poder socialista e ás relacións internacionais. Ao mesmo tempo, co pretexto de combater o 'culto á personalidade' , desencadeouse unha desenfreada campaña contra a política do estado soviético baixo Stalin, e trazouse o camiño para a gran deriva oportunista de dereita do Movemento Comunista Internacional.

No canto de fortalecer as relacións socialistas de produción/distribución, reforzáronse as relacións mercantís, potencialmente capitalistas. A planificación central comezou a desaparecer e a propiedade social erosionouse. Unha parte importante da produción agrícola privada e cooperativa vendíase libremente no mercado, isto é, ao momento máis alto na fluctuación de prezos. A diferenciación social na industria era incluso maior. O enriquecemento ilegal, o denominado 'capital á sombra', trataba de operar legalmente como capital produtivo, é dicir, trataba de restaurar o capitalismo. Isto afectou ao Partido, reforzando a erosión oportunista e a dexeneración socialdemócrata.

O subxectivismo á hora de analizar a marcha da construción socialista como 'socialismo desenvolvido' e o desenvolvemento do oportunismo quedaron recollidos nas análises do XXI Congreso do PCUS en 1959: “O socialismo na URSS triunfou absoluta e definitivamente (…) entrou no período da gran extensión da sociedade socialista”. O XXII Congreso en 1961 adoptou o 'Programa de construción do comunismo'. Nos cambios formulados na Constitución de 1977, se institucionalizaron o 'Estado de todo o pobo' e o 'partido do pobo'.

A teoría do 'Estado de todo o pobo' tivo outro efecto á hora de alterar as características do Estado e en degradar o papel da clase obreira. Tamén alterou a natureza da democracia socialista. Ao mesmo tempo, a definición do partido como un 'partido de todo o pobo' significou un cambio no seu carácter de clase.

Nos Documentos da Conferencia Nacional do KKE de xullo de 1995 sobre 'As causas do derrocamento do sistema socialista en Europa', menciónase o feito de que 'o papel de vangarda do Partido fíxose cada vez máis feble (…). No período da perestroica, o estado do Partido alcanzou o punto da dexeneración. ' As forzas no partido comunista que non derivaran conscientemente cara ao oportunismo consideraban o papel preponderante do partido na sociedade como un feito e indiscutible.

O control do partido polas forzas da clase obreira debilitouse gradualmente e finalmente desapareceu. O principio de igualdade entre comunistas violouse. Creáronse as condicións para o crecemento do arribismo entre os cadros.

A clase obreira e as masas populares en xeral non rexeitaban o socialismo. É típico que os lemas empregados durante a perestroica fosen 'revolución dentro da revolución' e 'máis socialismo'.

O feito de que a clase obreira non reaccionase contra a contrarrevolución pode explicarse por estes e outros factores.

Á vez que as direccións dos partidos comunistas tomaban posturas que erosionaban a natureza social da propiedade e fortalecían intereses estrictamente privados, os sentimentos de alienación da propiedade social foron aparecendo e ao mesmo tempo foise erosionando a conciencia social. Se fomentaron a pasividade e a indiferenza.

A erosión oportunista do Movemento Comunista Internacional foi un proceso a longo prazo, con profundas raíces no desenvolvemento capitalista do século XX, que non foi analizado a tempo e obxectivamente. A interacción entre o oportunismo nos partidos comunistas dos países capitalistas desenvolvidos e o do PCUS e o resto de partidos comunistas no poder require unha maior investigación histórica, necesaria para o fortalecemento ideolóxico e político e a unidade do movemento comunista no século XXI.

É igualmente necesario sacar e asimilar conclusións verbo do desenvolvemento e crecemento da loita de clases durante a construción socialista do século XX. A futura construción socialista comezará e evolucionará seguramente a un nivel superior ao do século XX. Con todo, tamén é certo que chegará a unha dura confrontación coa herdanza capitalista no económico, no político e no ideolóxico.

Para o movemento obreiro nos países capitalistas actuais, mantense o problema de que as masas están atrapadas nas estruturas do sistema (parlamento, control do goberno e o patrón, sindicato, goberno municipal e outros). A poderosa influencia burguesa no movemento obreiro tamén se expresa a través do revisionismo e oportunismo nun número importante de partidos comunistas.

Hoxe, máis que nunca antes, demostrouse que a loita de clases non pode ser principalmente defensiva, para defender determinadas conquistas, cando as necesidades inmediatas están cambiando tanto ao lado do capital como da clase obreira. Resultados inmediatos, e tamén a longo prazo, só poden conseguirse politizando a acción, poñendo por diante esixencias que chocan coa estratexia do capital, que reclaman para os seus productores directos a riqueza que se está creando, e á vez preparando o factor subxectivo da conquista do poder. Tales loitas poden crear correlacións de forzas favorábeis á clase obreira e os seus potenciais aliados, as masas populares.

Unha das principais tarefas da fronte ideolóxica comunista é restaurar aos ollos da clase traballadora a verdade sobre o socialismo no século XX, sen idealizacións, obxectivamente, libre das calumnias burguesas. A defensa das leis do desenvolvemento do socialismo e, ao mesmo tempo, a defensa da contribución do socialismo no século XX supoñen unha resposta ás teorías oportunistas que falan de 'modelos' de socialismo adaptados a peculiaridades 'nacionais' , pero ademais responden tamén á discusión derrotista sobre dos erros. A defensa desta contribución é, para o KKE, un criterio nas relacións con outros Partidos Comunistas para a creación dun polo comunista no movemento internacional. A calumnia e a cruzada anticomunista non poden esconder a verdade durante moito tempo. O anticomunismo, un de cuxos elementos é a reescritura da historia, é un indicador do medo da clase burguesa.

Confirmouse que non hai unha terceira vía ou unha vía non clasista ao desenvolvemento. En calquera caso, esta servirá ao imperialismo, é dicir, á dirección do sistema capitalista, ou servirá ao pobo. Todos os mitos antigos e contemporáneos están sendo derrubados e desvelados na práctica: o mito do 'libre mercado' e a 'competitividade' , da 'modernización', 'consenso', 'diálogo social', a 'democracia das institucións' , 'vías dun só sentido' e os mitos da seguridade e respecto polos dereitos soberanos e as fronteiras. A pregunta é: quen está no poder, quen domina, para o beneficio de quen e con que finalidade.

A clase obreira e as capas pobres das masas populares non se quedarán ancoradas no pasado. A clase obreira, especialmente as súas xeracións máis novas, así como as novas xeracións das masas populares, merecen un só futuro, o que teme o imperialismo: o socialista-comunista. Como se remarca no Programa do KKE adoptado no seu XV Congreso: “O século XXI será o século da reagrupación das forzas revolucionarias, se repelerá a ofensiva do capital internacional e organizarase a contraofensiva decisiva. Será o século dun novo crecemento no mundo revolucionario e unha nova serie de revolucións sociais”.

Comité Central do KKE

Etiquetas:

(0) Comentarios
Por que non irei á manifestación por Birmania
03/10/2007
O presente artigo, do autor de Imperialismo Humanitario, provocou unha marea de repulsa en parte da esquerda europea, como por exemplo a resposta de Jacques Richaud na páxina Changement de société. Tamén o autor publicou unha contrarréplica que podes ver aquí.


Jean Bricmont
MichelCollon.info

Non irei á manifestación, incluso sabendo que a situación en Birmania é horríbel, que a oposición ten toda a razón, etc., porque:

1. Coido que os progresistas deben esixir aos seus gobernos occidentais unha menor inxerencia nos asuntos internos doutros países. É un principio xeral, defendido por todo o movemento dos países non aliñados. Hai que reclamar menos sancións, non máis, e negar o uso dos dereitos humanos e da democracia como ferramenta de inxerencia. Non temos ningún medio de actuar directamente sobre a situación en Birmania, e todo o que se fai é reclamar ao goberno que, seguindo aos Estados Unidos, impoña máis sancións. A prioridade dos progresistas, na miña opinión, debería ser, nunha crise como esta, a de coñecer e dar a coñecer as opinións dos gobernos que se opoñen á hexemonía americana, por exemplo China, ou doutros países do terceiro mundo.

2. Desde o momento no que a "causa" é defendida polos Estados Unidos, e por todos os medios de comunicación dos países occidentais, como no seu tempo foron defendidos os rebeldes afganos (na época da URSS), Solidarnosc, ou Kurdos en Iraq ou os Kosovares, non precisa da axuda da miña modesta persoa. Prefiro reservar o meu tempo e os meus esforzos a causas que as grandes potencias non apoian: os palestinos, a oposición libanesa, os iraquís ou o dereito de Irán á enerxía nuclear.

3. Penso que sería unha "excelente iniciativa cidadá" boicotear deliberadamente as manifestacións ás que nos conviden os nosos medios de comunicación. Cando vemos á cantidade de manipulacións coas que nos bombardean, xogando cos bos sentimentos para que nos adhiramos á orde do día occidental do momento, a verdadeira resistencia consiste en comezar dicíndolles: Non.
Por "manipulación" non quero dicir que a situación en Birmania non sexa terríbel, senón chamar a atención sobre a cuestión das prioridades. Por que centran o foco de atención en Birmania, onde non somos responsábeis, e non sobre Iraq, que é a maior catástrofe humanitaria do noso tempos (un millón de mortos e entre tres e catro millóns de refuxiados), e da que os nosos aliados son responsábeis? Para cando unha manifestación para pedir aos americanos que marchen do Medio Oriente, que deixen de ameazar a Irán e de defender a Israel? Podemos estar seguros que ningún medio de comunicación de masas sería favorábel a esta. Dirixir unha manifestación contra os nosos aliados e non contra os nosos 'inimigos' (China) tería, cando menos, o mérito da honradez.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com