Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Mencer Vermello: Comunicado de presentación do seu CD
14/05/2008

Por fin, e tras un pequeno atraso de imprenta, o CD xa está na rúa. A edición correu a cargo de Mai Morirem e RedStar73 que fixeron un estupendo traballo. Sae á venda en formato digipack, con libreto de 12 páxinas a toda cor e ao prezo de 10 euros.

O título que eliximos é КРАСНЫЙ РАССВЕТ, é dicir, Mencer Vermello en ruso, e claro, preguntarédesvos, por que en ruso? Pareceunos interesante pola sinxela razón de facerlle un chisco a unha parte do mundo que iluminou durante décadas o pensamento e a dirección do movemento comunista internacional. É a nosa modesta homenaxe ao primeiro Estado Socialista da Historia: a Unión Soviética.

Incluímos dez temas cargados de rabia, forza e contundencia seguindo o noso propio estilo: temas rápidos combinados con temas a medio tempo cunha boa melodía e unha potente agresividade nas voces. Un bo son e un bo reflexo do que facemos en directo, nin máis nin menos.

A continuación facémosvos un pequeno comentario sobre os temas que gravamos nos estudos Treboada (A Coruña):

01- Contrarrevolucións de veludo: Canción que fala sobre os acontecementos que precederon á “caída” do muro contra o fascismo, e a posterior desintegración da URSS e o bloque socialista, da colaboración da calaña revisionista na sabotaxe permanente ao servizo do imperialismo e da reacción mundial.
02- Semente de Vencer: A loita do pobo galego, co proletariado á fronte, pola independencia nacional e o socialismo. Pola ruptura deste cárcere de pobos que é o estado imperialista español, por unha República Popular Socialista Galega.
03- Golpe Final: Nestes tempos é necesario recordar unha vez máis a quen deu a cara contra o fascismo, a quen o combateu a vida ou morte, a millóns de asasinados que viron por fin cumprida a súa vinganza coa derrota e capitulación de Berlín, coa morte covarde de Hitler que preferiu suicidarse antes que enfrontarse aos pelotóns de fusilamento soviéticos ou de sufrir o mesmo destino que o do seu antigo camarada Mussolini, colgado polos pés e exhibido ante o pobo.
04- Ollo por ollo: A loita é o único camiño posible para a clase traballadora e os pobos oprimidos, avivemo-las barricadas, devolvamos tódolos golpes.
05- Soldados da Historia: Homenaxe á heroica guerrilla antifascista. As mulleres e homes que loitaron e entregaron o seu sangue, sempre serán recordados.
06- Samesugas: Simplemente unha declaración de guerra contra os explotadores, contra a burguesía, contra os inimigos do pobo.
07- Non nos iremos: Baseado nun poema do palestino Tawfig Az-Zayad. O título o di todo: un pobo que non se resigna ao exterminio, un pobo que loita con tódolos medios ao seu alcance por acada-la súa liberdade.
08- Guerra de clases: O noso primeiro tema, a nosa primeira letra, a sabia elección dun único camiño: Rock Proletario, marxismo-leninismo… ou morte.
09- Fillos da suor: O orgullo de pertencer a unha clase: o proletariado. Reflexo das nosas penalidades baixo o capitalismo e as nosas ilusións de vivir nunha sociedade sen clases, sen oprimidos nin explotados, sen opresores nin explotadores.
10- Stalingrado: Existen vitorias que xamais nos poderán ser arrebatadas. O fascismo sentirá pánico tan só ao ouvir o nome de Stalingrado, a primeira gran vitoria, logo virían outras moitas. Simplemente un himno, unha canción homenaxe á gran cidade vermella.

Pouco máis podemos engadir… máis información na nosa web e na web do Rock Proletario Internacional

Un saúdo proletario!
Mencer Vermello
Forza, compromiso e orgullo de clase!

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com