Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Palestina: 25 de novembro, xuízo á ocupación sionista
25/11/2008
25/11/08

Unha nova etapa no ilexítimo e inxusto xuízo ao noso Líder Camarada Ahmad Sa’adat, Secretario Xeral da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, terá lugar este 25 de novembro. A FPLP, nesta data, chama a unha ampla campaña de solidariedade e defensa do camarada Sa’adat, demandando a súa liberación, así como a liberación de todos os prisioneiros da ocupación sionista.

A FPLP chama a todos os palestinos, árabes e organizacións internacionais solidarias con Palestina para facer do 25 de novembro un día de solidariedade cos presos e levar á ocupación a xuízo.

Haberá actos en varios lugares do mundo. En Palestina, coincidindo co xuízo, celebrarase unha manifestación xunto á sede da Cruz Vermella en Gaza. Tamén terán lugar actos de protesta en Belén, Naplusa, Ramallah e noutras partes da Palestina ocupada, baixo a lenda: ‘Liberdade para o Secretario Xeral Ahmad Sa’adat e todos os prisioneiros dos cárceres sionistas’.

A este chamamento uníronse as Forzas Nacionais e Islámicas Palestinas, que exhortaron nunha declaración pública a todas as organizacións do noso pobo a participaren nas actividades para pedir a liberación inmediata de Ahmad Sa’ada, líder nacional e Secretario Xeral da FPLP, lembrando que xa pasaron máis de dous anos desde o seu secuestro. A declaración céntrase na necesidade absoluta de que todos os presos políticos palestinos sexan liberados incondicionalmente.

Abbas al-Jumman, membro da Mesa Política da Fronte de Liberación de Palestina e do Comité Nacional para a Defensa dos Presos e Detidos nos Cárceres Sionistas, instou á participación activa en accións de solidariedade co camarada Sa’adat. Fixo un chamamento ao pobo palestino a realizar accións de solidariedade cos presos e camaradas Sa’adat, Marwan Barghouthi e Mohammed Ibrahim Abu Hijleh, e esixiu que a comunidade internacional, as organizacións de dereitos humanos, a Cruz Vermella e a Liga Árabe adopten medidas para a liberación de todos os presos.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com