Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Atenas, outro mozo tiroteado. Comunicado do KKE
18/12/2008
Partido Comunista de Grecia
Atenas, 18/12/08


O Partido Comunista de Grecia denuncia o criminal ataque perpetrado por descoñecidos contra un grupo de estudantes que participan nas mobilizacións en Peristeri (barrio obreiro de Atenas onde o partido ten unha influencia significativa).

Como resultado desta acción, o estudante Paplomatas Giorgos, membro da Mocidade Comunista de Grecia (KNE) e do consello escolar do seu instituto e fillo dun cadro do KKE, do sindicato PAME e da dirección da Federación de Profesores, resultou ferido por un disparo nunha man.

Os que pensen que estas accións poden minar o ánimo militante do pobo e da mocidade están moi equivocados.

Este ataque mortal, dirixido contra o movemento estudantil organizado e os seus órganos representativos, terá unha inmediata resposta a través da intensificación da loita contra os problemas educativos e da loita contra calquera tipo de mecanismo represivo, contra toda política antipopular.

O KKE subliña a responsabilidade política do goberno e esixe a total resolución destes feitos.

Hoxe en Atenas, ás 18 horas, as organizacións KKE e KNE convocan unha manifestación de protesta no barrio de Peristeri.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com