Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

III República española ou Socialismo e Liberación Nacional?
Unha visión comunista desde Euskal Herria.
20/12/2008
Xabier Loiti


O P"C"E pretende agora afastarse distraidamente e sen facer ruído do feito de que foi un importante piar na aprobación, defensa e lexitimación da Constitución Española posfranquista.

O P"C"E, após 30 anos de apoio á Constitución Española posfranquista capitalista-imperialista e monárquica, que entre outras moitas cousas significaba tamén a renuncia total a facer a máis mínima depuración dos aparellos estatais de corenta anos de fascismo, pretende agora afastarse deste pasado distraidamente e sen facer ruído do feito de que foi un importante piar na súa aprobación, defensa e lexitimación.

Balbucindo un nada críbel ‘eu non sabia’, enganáronnos e sen facer autocrítica digna de tal nome, quere agora facernos pensar a quen aínda vivimos no Reino de España que vai abandeirar un movemento republicano constituínte e anticapitalista. Se non hai autocrítica ideolóxica e política algunha, se non se define liña táctica e estratéxica distinta á xa coñecida e mantida durante décadas, non hai a menor razón para pensar que todo isto non son máis que verbas ao vento, unha nova manobra para extraviar, confundir e encarreirar á clase obreira tentando afastala de todo o que supoña a elevación da súa consciencia e organización de clase, enfrontamento contra o estado capitalista e comprensión da necesidade de conquistar e organizar de clase, enfrontamento contra o estado capitalista e comprensión da necesidade de conquistar de xeito revolucionario o poder político. O que fica desta organización carece de credibilidade e está profundamente desprestixiada ante as clase traballadoras e obreiras do estado español e, sobre todo, ante os seus sectores ideolóxica e politicamente máis conscientes e combativos, é dicir, incapacita para ser vangarda de nada. Chegan moi moi tarde, tardísimo; quizais, tan só quizais, a ‘vía’ republicana puido ter algo de sentido hai trinta anos, como idea de enganche e mobilización para acadar obxectivos máis favorábeis para as capas populares do estado español, porén, hoxe no é máis que un exercicio de nostalxia que ten a ver cun pasado idealizado e, sobre todo, coa defensa de posicións política e ideolóxicas oportunistas que pretenden agochar que a resolución dos problemas do proletariado e das capas populares só pode vir da toma do poder político polo propio proletariado, conquistando e desenvolvendo o seu Estado mediante revolucións socialistas.

O que defenden agora (ou cando menos iso din) os revisionistas peceiros non difire tanto do que outros destacamentos comunistas veñen defendendo desta hai tempo, iso si, polo menos cunha traxectoria máis coherente coa que non contan os membros da mencionada estrutura e con diferentes formas.

Non nos corresponde aos comunistas vascos tomar decisións sobre cal debe ser a táctica e a estratexia fóra do noso país, mais sendo o proletariado unha clase internacional sería un desleixo das nosas responsabilidades non analizar e, consecuentemente, non pronunciarnos sobre aspectos fundamentais que atinxen á liña xeral da Revolución Proletaria Mundial. Aínda máis cando existe unha opresión común de clase por un mesmo estado, e lazos económicos, sociais, históricos, etc., entre o noso pobo e o resto dos pobos oprimidos polo Estado español.

Unha III República non sería tan burguesa e imperialista como a francesa ou a italiana? A República sería un avance só simbólico, carente de contido real no tocante ás súas consecuencias para a clase obreira e o resto de clases explotadas e oprimidas. O capital monopolista español pode prescindir da monarquía se os seus intereses así o requiren, e manobrar cara a un escenario republicano porque sabe que isto non altera a súa posición de clase e poderá seguir explotando á clase obreira porte o xefe de estado coroa ou non. Os explotados e oprimidos debemos loitar pola Revolución Socialista e o Comunismo. Non estamos en 1848 senón na Europa e no mundo do capital monopolista, do Imperialismo na súa fase hiperdesenvolvida, onde se crearon contradicións económicas, políticas e ecolóxicas de xigantescas proporcións insolúbeis dentro deste sistema e, ante esta realidade moitas das forzas da chamada esquerda radical, entre as que inclúo a meirande parte das que se fan chamar comunistas, poñen a súa énfase en ofrecernos un modelo republicano. A democracia burguesa por máis republicana que esta poida ser, nada pode ofrecer para resolver os problemas das masas populares ou a devastación do planeta que nos sustenta; o dilema non está en elixir entre monarquía ou República, nin sequera, como algúns seguro estarán xa pensando en responder, a modo de paso táctico, senón entre capitalismo-imperialismo ou Socialismo; hai que insistir que non estamos nin en 1830, nin en 1848, nin sequera en 1931. Abonda xa de mitifica a II República española, recoñezamos que foi un certo avance con respecto ao que había antes, honremos a aqueles que heroicamente se bateron contra o fascismo e a reacción, aos asasinados, aos represaliados, mais recoñezamos que estivo moi lonxe de poder satisfacer as necesidades das grandes masas oprimidas e explotadas, nin foi o instrumento acaído para avanzar cara ao Socialismo e o Comunismo.

Os comunistas debemos esforzarnos por desenvolver as condicións subxectivas da Revolución, é dicir, a consciencia revolucionaria, os factores ideolóxicos-organizativos que fagan posíbeis novas vitorias do proletariado nun novo ciclo revolucionario internacional. As condicións obxectivas están presentes e seguirán a estalo no futuro, non só no Terceiro Mundo, senón tamén en Europa, EE.UU. e nos demais estados imperialistas. O exemplo que vemos estes días, de explosión espontánea de xusta ira popular en Grecia, cun Pobo Traballador canso de explotación, desemprego, precariedade, asasinatos e violencia policial, corrupción e mentiras, etc., amósanos en primeiro lugar a esencia mesma do sistema pero tamén os límites de orde ideolóxico e organizativo que afectan ao proletariado internacional.

Euskal Herria marco nacional autónomo da loita de clases: Independentzia ta Sozialismoa.

Se queremos aprender algo das nosas experiencias históricas de clase, lembremos tamén que a II República española non abordou dun xeito revolucionario a cuestión das colonias e das nacións oprimidas. Así, mantendo a súa política colonial sobre Marrocos facilitou a consolidación dunha tendencia imperialista no exército español e na oligarquía española que foi decisiva para lanzar o golpe e a ofensiva contra as organizacións da clase obreira e do campesiñado pobre e contra a propia República.

Hoxe o estado español redobra os seus esforzos para impor o seu dominio sobre Hego Euskal Herria, -que non é unha colonia pero si unha nación oprimida por dous estados capitalistas-imperialistas, e os obsesivos esforzos da burguesía monopolista española (cos seus aliados na burguesía vasca) por esmagar o amplo movemento da esquerda abertzale e independentista, non fai outra cousa que reforzar todas as tendencias políticas e sociais máis reaccionarias, especialmente fóra de Euskal Herria. As doses inxentes do chauvinismo granespañol, disimulado ou non, que a todas horas se tentan inocular desde os aparellos da burguesía monopolista, teñen un claro efecto terxiversador e adurmíñante sobre a consciencia de clase da maioría dos traballadores do estado español. Loitar polo Socialismo no estado español comparte forzosamente defender con firmeza o Dereito de Autodeterminación dos Pobos, sen ningún tipo de escusa para non facelo así, e entender que existen marcos autónomos de loita de clases que se corresponden coas diferentes nacións existentes no estado español, e que esta realidade ten o seu consecuente reflexo respecto ás experiencias organizativas do Pobo Traballador e da clase obreira en particular. Especial importancia ten esta cuestión cando os comunistas nos referimos ao ámbito territorial da organización do Partido. É sen prexuízos estériles, nin outros dogmáticos apriorismos revestidos de suposto ‘internacionalismo’, ou segundo sexa o caso de ‘cosmopolitismo’, como podemos loitar máis eficazmente contra o aparello de poder e explotación da burguesía monopolista cuxa materialización efectiva toma forma en estado capitalista imperialista español.

Que ten de malo rachar España? Nada, absolutamente nada. Ao contrario, ten moito de positivo se esta ruptura é froito de loitas de Liberación Nacional encabezadas pola clase obreira e cun contido socialista. Debilitar o estado imperialista español debe ser o obxectivo de calquera que afirme defender o Socialismo e/ou o Comunismo. Trátase de aproveitar as debilidades obxectivas dos imperialistas para destruír o seu aparello de dominación de clase (no caso que nos ocupa tamén de opresión nacional), e, a estas alturas, non hai dúbida de que o elo máis feble do estado é Hego Euskal Herria. Neste sentido, un dos problemas cos que se atopan os estados capitalistas europeos (e o estado español de maneira particularmente aguda) no seu intento de facer da UE unha potencia imperialista consolidada, é o da organización territorial. Porén, é certo que a existencia de nacións diferentes dentro dunha mesma estrutura estatal non necesariamente ten que implicar que sempre a mellor opción pase necesariamente por constituírse cada una delas en estado independente. Por exemplo, durante as dúas últimas décadas na Europa do leste xurdiron estados que responden a outro tipo de procesos con claves moi diferentes ao que aquí estamos a tratar, que desde unha perspectiva revolucionaria de clase son como pouco discutíbeis e cuxos resultados teñen pouco ou nada de liberadores. En xeral, as análises que se fixeron destes procesos carecen dun enfoque dialéctico materialista e incorren na consideración dogmática e unilateral das súas causas, tanto por parte daqueles que defenderon a unidade a toda cosa dos estados revisionistas, como daqueles que invariabelmente amosan o seu entusiasmo ante calquera bandeira independentistas antepoñéndoo a o resto de necesarias consideracións. Non é o obxectivo deste artigo desenvolver a análise sobre esa importante cuestión, mais si indicar que os movementos nacionais teñen unha base material, e que estes e os seus obxectivos están sempre dialecticamente atravesados polo contexto que xera a loita de clase e forman parte indisolúbel destas.

Volven a Euskal Herria e ás circunstancias que atinxen á nosa loita de liberación nacional e social, tampouco terían nada de malo que nun futuro o exercicio de Autodeterminación tivera como resultado, nun momento dado, a decisión de compartir un mesmo Estado Socialista entre Euskal Herria e outros pobos. Esta posíbel decisión, baixo esas condicións, sería unha decisión libre e consciente tomada polos distintos pobos, afastada de calquera intención de dominio dunha nación sobre outra, e fundamentada en obxectivos revolucionarios cualitativamente opostos a aqueles que nas sociedades de clase, baseadas na explotación e na forza bruta ao servizo desta, dan orixe á opresión dunhas nacións sobre outras.

O comunismo revolucionario vasco defende a constitución dun Estado Socialista Vasco independente. Formulacións máis unitarias poderían, quizais, ter atopado o seu lugar no pasado, mais principalmente a actitude que as organizacións comunistas e obreiras de ámbito estatal español, case sen excepción, mantiveron no tocante á Cuestión Nacional, máis achegadas á ‘súa’ burguesía de gran nación que a defender e respectar as características nacionais do pobo vasco e a súa loita, fixo que na actualidade, e desde hai moito tempo, sexa pouco realista e pouco eficaz planificar e organizar a loita de clase en base a formulacións estatais españolas, xa que isto supón retardar, cando non ignorar, loitas con contidos e expresións de carácter anticapitalista e antiimperialista xa encetadas, en suposto beneficio doutras que están en niveis de desenvolvemento visibelmente menores ou, incluso, aínda non se iniciaron.

A confluencia e a unidade na loita do proletariado internacional son, sen dúbida, moi necesarias e deben buscar constantemente ámbitos e estruturas organizativas comúns, mais estas non pasan necesariamente sempre por militar en estruturas organizativas de ámbito estatal, xa que isto supón en bastantes ocasións formular unha mal entendida ‘unidade’ da clase obreira desde a abstracción dogmática, á marxe e escindida das condicións reais concretas de existencia das colectividades humanas e da loita de clases inherentes a elas: factores económicos, políticos, culturais (psicolóxicos, idioma...), históricas, etc. Este tipo de ‘unidade’ non vale para fortalecer a loita polo Socialismo, senón que, pola contra, serve para eivar o desenvolvemento desta, e de feito, este problema non só forma parte do pasado senón que continúa hoxe sen ser resolvido. É necesario superar esa separación metafísica entre consciencia de clase e consciencia nacional. Se, dun punto de vista marxista, consideramos á nación como un fenómeno histórico e material, como un conxunto de condicións de produción, tamén debemos considerar que a consciencia nacional é un compoñente indisolúbel da consciencia de clase, e non algo distinto e alleo a ela. Coidamos que nas organizacións de ámbito estatal que afirman ser comunistas esta cuestión está sendo correctamente analizada, ao igual que falta unha autocrítica seria sobre as formulacións defendidas e, consecuentemente, dos seus resultados prácticos nos últimos trinta ou corenta anos.

Por razóns como as expostas, o comunismo revolucionario vasco considera que o seu mellor aporte para o noso Pobo e para impulsar a Revolución Proletaria Mundial require organizar o Partido Comunista de Euskal Herria. Podemos lembrar a esclarecedora resposta que deu Lenin ao trotskista ucraíno Piatakov que afirmaba que o Dereito de Autodeterminación era un «lema burgués»: «Dinnos que Rusia será dividida, que se desfará en repúblicas separadas, mais non hai razón para que iso nos asuste. Por moitas repúblicas independentes que existan, non nos asustaremos; o que é importante para nós non é por onde pase a fronteira do Estado, senón que a unión dos traballadores de todas as nacións se conserve para a loita contra a burguesía de calquera nación». Se como nos aprendeu Lenin, o fundamental é que a clase obreira estea unida nos seus obxectivos revolucionarios, por que insistir na desgastada idea de que o único marco válido para a loita de clases ten que axustarse obrigatoriamente ao dos estados capitalistas existentes, mantendo estratexias que tan pouco éxito tiveron?
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com