Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Kafka e a UPG
30/01/2008
Camilo

A solidariedade con algunha causa afastada do país é algo digno de eloxio, evidentemente. Mais tamén é certo que, nas máis das veces, non comparte ningún risco e moito menos ningún compromiso coa túa práctica política do día a día. Sae ben barata. A UPG solidarízase co Partido Comunista Colombiano que acaba de perder un militante asasinado en Venezuela. Non habería nada que obxectar, todo o contrario, senón fose porque representa a antítese do seu comportamento solidario no noso país. Ao tempo que se laia do asasinato de Alirio Quiñónez, é o principal contraforte dun Quintana que se alegra da detención de militantes comunistas galegos armados con libros, bolígrafos e carteis. Por non falar dos prisioneiros e prisioneiras independentistas...

Podes ler o comunicado da UPG aquí.

Etiquetas:

(4) Comentarios
Coa cabeza gacha


"Sempre que don Varito Corleone vai de xira internacional escolle o mellor disfrace de democracia do seu roupeiro na Casa de Narquiño. Recíbeo o Borbón na súa resaca, tamén o perverso Solana, e o presidente español, que deberían mellor recoñecer a autodeterminación ao país vasco no canto de avalar badueiros... "

Iván Márquez, do Secretariado das FARC-EP
ANNCOL, 26/01/08

Don Varito Corleone é o grande soño feito realidade do capo das drogas Pablo Escobar Gaviria, tomar nas súas mans o goberno e as rendas do poder en Colombia. E Varito -por Alvarito-, máis exactamente o "Doptor Varito", era o nome cariñoso, cheo de amor, co que o grande capo da mafia se refería ao doutor Álvaro Uribe Vélez, actual Presidente da República de Colombia. É abraiante á revelación de Virginia Vallejo no seu éxito de vendas Amando a Pablo, odiando a Escobar, sobre o impresionante proceder delituoso co que o actual Presidente de Colombia, por aquelas director da Aeronáutica Civil, concedeu, unha a unha, centenares de licenzas á mafia para construír pistas clandestinas na selva, desde onde despegaban cara aos Estados Unidos centenares de avións inzados de cocaína. É posíbel que a súa estreita relación e irmandade co seu consiglieri José Obdulio, curmán de Pablo, veña desa época da danza dos dólares e do imperio dos laboratorios de cocaína de Tranquilandia.

Neste contexto o cualificativo de "Casa de Narquiño" que o columnista Felipe Zuleta lle dá ao Pazo de Nariño, sede do goberno en Colombia, non semella nin estridente nin discordante, xa que desde alí no só despacha Varito Corleone. O vicepresidente Francisco Santos, inspirador dun bloque paramilitar que ensanguentou Bogotá, empregou no pasado a embaixada de Colombia no Estado español, encabezada polo fillo de empresario Carlos Ardila Lulle, para realizar intensos contactos coa mafia paramilitar. Alí recibiu Rosemberg Pabón a nova da conformación dun novo Bloque narco-paramilitar no departamento do Valle. Se o goberno de Álvaro Uribe Vélez, ou Varito Corleone, se sostén contra a ética e o decoro, é grazas ao apoio militar e político do goberno dos Estados Unidos, do Rei e do goberno do Estado español, o apoio dos donos de RCN, de Caracol e o diario El Tiempo que o encobren e protexen, a través da imaxe, a voz e a pluma da manipulación. Gardan silencio diante do monte de nexos do "doptor Varito" coa mafia e a naco-para-política. Só atacan aos seus peóns e algún dos seus alfís; mentres que a el o protexen nun nicho forrado polo teflón da infamia.

Grazas a estes últimos, xa no se lembra que Álvar Uribe Vélez foi o oferente no Hotel Tequendama dunha homenaxe de desagravio e exaltación ao xeneral Rito Alejo del Río, pavoroso carniceiro do pobo de Urabá, o mesmo que embarcou en dous avións, no aeroporto Los Cedros de Apartadó, ao continxente paramilitar, que días despois perpetrara a masacre de Mapiripán.

O padriño daquela mafia, o patriarca do crime da extraordinaria novela de Mario Puzo, mataba sen compaixón, con diplomacia ou sen ela, para asegurar o segredo ou eliminar aos seus adversarios. En Colombia terase que pescudar quen está detrás das mortes violentas do amigo e despois inimigo de don Varito Corleone, Pedro Juan Moreno, nun helicóptero do narco paramilitar "don Guillo", e do asasinato de César Villegas, personaxe do Proceso 8.000 e monicreque de Uribe na Aeronáutica Civil, os dous mortos no escenario preferido das vendettas mafiosas.

Sempre que don Varito Corleone vai de xira internacional escolle o mellor disfrace de democracia do seu roupeiro na Casa de Narquiño. Recíbeo o Borbón na súa resaca, tamén o perverso Solana, e o presidente español, que deberían mellor recoñecer a autodeterminación ao país vasco no canto de avalar badueiros...

Bush se sabe quen é, mais sabe que é o deles. Esas visitas do "doptor Varito" non as rexistran os titulares da prensa mundial. O truco consiste en levar no avión presidencial a Caracol e a RCN para facerlles pensar aos colombianos que é a nova internacional do momento. Fretemos os ollos que non é tempo de enganos. A cadeira presidencial de Uribe debe ser convertida no banco dos acusados.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Comunicado da FPLP ante a morte do seu fundador, George Habash
28/01/2008


O Comité Central da Fronte Popular para a Liberación de Palestina expresa o seu loito ao pobo palestino, o pobo árabe e todos os pobos libres do mundo, polo seu fundador e o líder da súa marcha, o doutor George Habash, Al-Hakim, Fundador do Movemento Nacionalista Árabe e o FPLP.

Co martirio do fundador, o pobo palestino e a nación árabe perden unha icona e un símbolo da súa resistencia, que foi firme e comprometido durante sete décadas de loita contra o inimigo dos palestino e do pobo árabe, e na confrontación coas forzas da opresión, a hexemonía e a inxustiza.

Un grande líder caeu, mais as súas ideas, os principios e a visión non. Defendeu os seus principios cun valente e veraz compromiso coa loita contra o imperialismo e as forzas derrotistas. Malia todas as condicións e circunstancias, Al-Hakim estivo sempre comprometido coa liberación de Palestina, toda Palestina, desde o río até o mar. Palestina perdeu hoxe un dos seus máis grandes homes. Gloria a Al-Hakim!

Diante do noso pobo e da figura do noso grande líder e símbolo da nosa loita, comprometémonos a continuar marchando polo seu camiño e co seu método, co valor e a vontade dos pobos libres, até a liberación total de todos os palestinos.

Viva a Revolución!
Gloria a Al-Hakim e a todos os mártires!

Comité Central da Fronte Popular para a Liberación de Palestina.
26 de xaneiro de 2008.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Luis Fernández "Che" na rúa
27/01/2008


Este sábado, sobre ás 19:30 horas, chegaba á Praza de Miraflores de Vigo Luis Fernández "Che". Debe facer fronte a unha fianza de 12.ooo euros, polo que o S.R.I. puxo á venda uns bonos solidarios. Para colaborar podedes contactar a través do corrreo socorrorojoeh@yahoo.es.

Etiquetas:

(1) Comentarios
Entrevista a Abu Ahmada: "A FPLP continuará a resistencia en todas as súas formas"


Entrevista co Camarada Abu Ahmad Fuad, líder da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, aparecida no xornal Al-Quds este luns 21 de xaneiro, e que reproduce o portal electrónico da FPLP.


Al-Quds: Coida vostede que a administración norteamericana traballa seriamente para levar á práctica o que declarou o presidente Bush na súa visita a Ramallha, por exemplo a posibilidade de estabelecer un Estado palestino antes da finalización do seu mandato? Como analiza as declaracións do presidente norteamericano sobre a liña do armisticio de 1948, as compensacións para os refuxiados palestinos e o estabelecemento de novos mecanismos de negociación?

R: A grande parte do pobo palestino e as súas forzas políticas -entre elas a FPLP- nunca dependeremos da postura americana para recuperar os dereitos roubados ao pobo palestino. A posición estadounidense é moi clara no seu apoio á continuación da ocupación israelí e dos asentamentos, e á derrogación do dereito dos refuxiados palestinos a regresar ás súas aldeas e cidades das que foron desprazados por Israel. Este presidente dos EE.UU., e antes ca el, Clinton, sinalou a necesidade de estabelecer un estado palestino que sexa capaz de vivir, etc., etc.

Desde esta posición, os anos pasan e non se deu nin un só paso cara á creación dun Estado palestino con Xerusalén como capital. Ademais, desde a Conferencia de Madrid e a sinatura do Acordo de Oslo hai 17 anos, as conversas que tiveron lugar en relación co estabelecemento deste Estado palestino a través de negociacións co inimigo sionistas, e todas esas conferencias e acordos políticos e económicos en Sharm el-Sheikh e outras lugares, cal foi o resultado?

Máis asentamos, máis terra confiscada, a construción da parede racista de anexión, o sitio, etc. Xa que logo, o que se presentou por Bush e a súa administración como o estabelecemento do Estado palestino e a solución do "conflito" entre palestinos e sionistas non son máis que mentiras e enganos. E a realidade e os acontecementos demostraron o que estamos a dicir.

É posíbel imaxinar que este sanguento conflito que ven acontecendo desde hai case un século se vai solucionar nos últimos días da administración Bush, como unha solución máxica do mago de Bush? Onde estivo Bush durante os últimos sete anos? E que dixo na súa visita a Ramallah? Declarou o seguinte:

1. Que a posición americana é idéntica á posición da entidade sionista. De feito, Bush representa a posición sionista na súa forma máis clara.

2. Bush afirmou que os EE.UU. son a referencia da solución, incluíndo as comisión que creou en Annapole e as que creará no futuro. Esta é unha evidente proba de que o proxecto americano/israelí é eliminar as resolucións da ONU e do Consello de Seguridade que apoian os dereitos nacionais palestinos, especialmente a ducias de resolución que dan aos refuxiados o dereito de regresar á súa terra, as resolución sobre o muro racista de anexión ou a retirada do inimigo.

3. George Bush afirma dunha forma clara que os refuxiados palestinos non teñen dereito a regresar á súa terra, e que a represión será a ferramenta para evitalo. Isto é un delito grave que precisa de respostas populares e oficiais por parte dos palestinos para demostrar o noso rexeitamento á podre posición norteamericana.

4. O que Bush declarou sobre os cambios na Liña Verde é rexeitado por nós e polo noso pobo, así como pola grande maioría das forzas palestinas. Lamentabelmente hai algúns elementos no escenario político palestino que antes estas cousas fan gala da súa flexibilidade. Rexeitamos isto e rexeitamos calquera concesión dun só centímetro da nosa terra ocupada. Rexeitamos o intercambio de terra e territorios.

5. Bush, na súa declaración, mentres que estaba na nosa terra, na nosa casa, afirmou que Israel é un estado xudeu, un estado só para os xudeus, o que significa un estado racista, tamén significa o pleno apoio ao proxecto sionista que ten por obxecto a traslado de 1,3 millóns de palestinos, como aconteceu en 1948.

Q: Pensa que as tentativas dos EE.UU. e de Israel de liquidar a causa palestina terán éxitos?

R: Non. O noso pobo posúe unha grande forza e un espírito de resistencia, e a disposición para o sacrificio para acadar o obxectivo nacional de toda Palestina. Non haberá forza capaz de axeonllar ao pobo palestino, de facer que as persoas renuncien aos seus dereitos, e nos, a FPLP, continuará a resistencia en todas as súas formas, na vangarda, coa loita armada, até conseguir o noso dereito ao Retorno, e o estabelecemento dun Estado palestino con capital en Xerusalén, no camiño do noso obxectivo estratéxico, a plena liberación do noso territorio nacional, Palestina.

Q: O Presidente Mahmoud Abbas chegou a un acordo co primeiro ministro israelí, hai uns días, para encetar as negociacións para unha solución definitiva. Coida vostede que esas negociacións conducirán a retirada das forzas de ocupación israelís das terras ocupadas en 1967 e o estabelecemento dun Estado palestino con capital en Xerusalén?

R: As negociacións teñen lugar desde hai anos. É unha burla inútil. O inimigo e os Estados Unidos son os únicos que gañan con elas. Todos coñecemos os acordos de Olmert e outros anteriores, moitos dirixentes do inimigo demandaron a aplicación do primeiro artigo da Folla de Rota, esixindo a fin de resistencia e a continuación da división de Palestina, e despois disto, os dirixentes do inimigos comezan a falar de novas condicións e así sucesivamente.

O inimigo capturou a grande maioría das terras da Ribeira Occidental, mediante asentamentos, muros, control da auga, etc. Non se pode negociar coa terra. O proxecto dos asentamentos continúa, o de apoderarse de Xerusalén continúa. (...)

Q: Algúns palestinos e árabes pensan que o actual goberno israelí está disposto a conceder algunhas das esixencias palestinas.

R: O goberno israelí non resposta, nin total nin parcialmente, ás demandas palestinas. Aconsellamos a os que teñen o monopolio na dirección na OLP a abandonar estes métodos, xa que só son unha perda de tempo. No que debemos centrarnos é en acabar coa división interna palestina e reconstruír as institucións da OLP sobre bases democráticas.

Q: Pensa que esta dirección palestina aceptará o que foi rexeitado polo Presidente Arafat en Camp David, e asinará un acordo dese tipo?

R: Inclínome a pensar que non, máis a cuestión é máis complexa. Hai presión nesa dirección, tanto internacionais como árabes, para aceptar o que foi rexeitado polo Presidente Mártir Arafat. Polo tanto, sempre farei fincapé na necesidade da defensa dos principios nacionais palestinos que xa foron aprobados polo Consello Nacional de Palestina Unificada. Nós estamos do lado dos que defenden estes principios palestinos, sen ningún cambio, en particular o dereito dos refuxiados a regresar aos seus fogares de onde foron desprazados e o estabelecemento do Estado palestina plenamente soberano, con Xerusalén como a súa capital, e rexeitaremos calquera concesión, "pequena" ou "grande".

Q: Existe algunha esperanza de acabar coa división interna palestina despois de todos os esforzos por reiniciar o diálogo nacional e despois de que ambas partes, Hamas e Fateh, aínda manteñen as súas posicións?

R: A división representa unha grande ameaza á nosa causa nacional. Se persiste, será catastrófico. Na miña opinión, non existe xustificación algunha para a continuación desta división. Na etapa de liberación nacional todas as contradicións deben deixarse a un lado, e centrarnos na loita contra o inimigo nacional. A unidade nacional é unha importante ferramenta na loita contra a ocupación. Non hai outra opción que non sexa o diálogo nacional.

(...) A Declaración do Cairo foi asinada por todos, así como o documento nacional sobre os presos, o restabelecemento da OLP sobre bases democráticas a través de eleccións e a representación proporcional, e a reconstrución dos organismos de seguridade seguindo os principios de profesionalidade e compromiso nacional, e non en base a cotas ou afiliacións.

Q: Considera que as futuras eleccións, lexislativas e presidenciais, axudarán a solucionar o problema, despois do fracaso dos esforzos por reiniciar o diálogo entre Fateh e Hamas?

R: Nós apoiamos calquera proceso realmente democrático, mais ten que xurdir do consenso. Ningunha das partes ten que ter a facultade de impoñer. Ademais, esta cuestión pode ser parte da discusión a través dun diálogo nacional amplo.

Etiquetas:

(0) Comentarios
All you fascists
24/01/2008


Na memoria de Jan Kucera, antifascista checo asasinado polos esbirros do capital

Letra: Woody Guthrie
Música: Billy Bragg






I'm gonna tell all you fascists, you may be surprised
People all over this world are getting organized
You're bound to lose
You fascists are bound to lose

Race hatred cannot stop us, this one thing I know
Poll tax and Jim Crow and greed have got to go
You're bound to lose
You fascists are bound to lose

All you fascists are bound to lose
You fascists are bound to lose
You fascists are bound to lose
You're bound to lose, you fascists
Are bound to lose

People of every color marching side by side
Marching across these fields where a million fascists died
You're bound to lose
You fascists are bound to lose

All you fascists are bound to lose
You fascists are bound to lose
You fascists are bound to lose
You're bound to lose, you fascists
Are bound to lose

I'm going into this battle, take my union gun
Gonna end this world of slavery before this war is won
You're bound to lose
You fascists are bound to lose

All you fascists are bound to lose
You fascists are bound to lose
You fascists are bound to lose
You're bound to lose, you fascists
Are bound to lose

I said, all you fascists are bound to lose
You fascists are bound to lose
You fascists are bound to lose
You're bound to lose, you fascists
Are bound to lose




Todos vós fascistas

Vouvos dicir a todos os fascistas
Podedes ficar sorprendidos
A xente deste mundo
Está organizándose
Estades obrigados a perder
Vós, fascistas, estades obrigados a perder.

O rancor entre razas non pode pararnos
Isto é algo que sabemos
O voso poll tax* e o voso Jim Crow**
E a avaricia teñen que desaparecer
Estades obrigados a perder
vós, fascistas, estades obrigados a perder

Todos vós, fascistas, estades obrigados a perder:
Eu digo, todos vós, fascistas, estades obrigados a perder:
Si, señor, todos vós, fascistas, estades obrigados a perder:
Estades obrigados a perder! Fascistas:
Obrigados a perder!

Xentes de todas as cores
Marchando por todas partes
Marchando a través destes campos
Onde un millóns de fascistas morre
Estades obrigados a perder
vós, fascistas, estades obrigados a perder

Estou entrando nesta batalla
E collo a miña arma da unión
Acabaremos con este mundo de escravitude
Antes de que esa batalla estea gañada
Estades obrigados a perder,
vós, fascistas, estades obrigados a perder


*Imposto de capitación polo que todas as persoas, independentemente dos seus recursos económicos, pagan a mesma cantidade de diñeiro. Nos Estados Unidos, especialmente nos estados do sur, o pago deste imposto era requisito ineludíbel para votar. A comunidade negra, os nativos e os brancos pobres, na práctica, non podían votar. En 1966, a Corte Suprema dos Estados Unidos anulou este requisito para votar.

**Jim Crow era o nome do sistema de discriminación racial implantado principalmente, mais non exclusivamente, no sur e nos estados fronteirizos dos Estados Unidos entre 1877 e mediados dos anos 60.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Solidariedade cos compañeiros do S.R.I.
23/01/2008


MANIFESTACIÓN NA CORUÑA O XOVES 24, ÁS 20:30, DESDE O OBELISCO
CONCENTRACIÓN EN VIGO O XOVES 24, ÁS 20:00, NO MARCO

Comunidado extraído do portal PRES.O.S.

Esta madrugada foron detidos pola Garda Civil nunha operación dirixida desde a sala 6 da Audiencia Nacional de Madrid a cinco compañeiros do Socorro Roxo Internacional. Dous na Galiza: Luís Fernandez e Carlos Cela; dous máis en Euskadi: Fernando Rodriguez e Erlantz Cantabrana e en Madrid Juan Maria Olarieta, todos membros do SRI e o último, ademais, coñecido avogado desde hai anos de varios presos comunistas e antifascistas.

Segundo a prensa burguesa do sistema, como El País e El Mundo, relacionan estas detencións de hoxe coas detencións de membros do PCE(r) e da organización GRAPO do mes de xuño pasado en Barcelona. Pero a realidade é que o feito que todos os detidos formen parte do SRI fainos pensar, sen dúbida, que queren calar a tarefa de solidariedade e antirrepresiva cara aos presos e presas políticos que levamos adiante en Socorro Roxo. Tal como ilegalizan partidos, pechan medios de comunicación disonantes co sistema; criminalizan as loitas populares, tamén agora perseguen a solidariedade, a denuncia á tortura e o terrorismo de estado que desde SRI vimos facendo duns anos acá. Dunha tarefa de denuncia pública e perfectamente coñecida que vimos desenvolvendo na rúa, xunto aos movementos e sectores populares como a que están desenvolvendo os compañeiros agora detidos.
Criminalízannos, acúsannos de "terroristas", quérennos cortar as ás... Non deixa de ser curioso que todos os detidos agora, recibiron nos últimos meses dunha ou outro xeito ameazas directas ou indirectas (cartas anónimas, pintadas na rúa, criminalización desde os medios de desinformación).

Agora, até cando a represión é contra a nosa propia organización antirrepresiva, temos que alzar unha voz clara e forte en contra do acoso á nosa tarefa, denunciamos sen andrómenas todas estas operacións turbias que non pretenden senón calar as voces solidarias coa resistencia, agochar a realidade das prisións españolas e da fraxilidade con que se aguanta este pretendido e autodenominado "Estado de dereito". Non nos escondemos de sinalar e denunciar o que consideramos terrorismo de estado do fascismo español.

Esiximos a inmediata liberdade a todos os nosos compañeiros detidos. Non sabemos onde se atopan e de que llos acusa. Segundo os voceiros do sistema acúsaselles de “captación de membros” e “recadación de diñeiro” para os GRAPO. Nada máis afastado da realidade!, pois o SRI destina diñeiro, si, dirixido a cubrir as necesidades dos presos e presas políticos nos cárceres. E facémolo a través da venda de material, organizando rifas, paradas de material en encontros, actos e distintos eventos sociais, recollendo a solidariedade económica da xente solidaria cos presos, organizando charlas e diversas actividades antirrepresivas. Toda outra conxectura é pura terxiversación, mentira e simple criminalización. Denunciamos enerxicamente e sen paliativos á Garda Civil, á Audiencia Nacional e o Ministerio de Interior de emprender unha campaña criminalizadora contra a nosa organización.

Pedimos a solidariedade de todos e todas os solidarios/as, compañeiros e compañeiras de movementos sociais e populares, de organizacións políticas, etc. en apoio aos nosos compañeiros do Socorro Roxo Internacional. Rachemos pola base a intoxicación informativa. Polas liberdades democráticas e sociais. Pola liberdade de asociación e en defensa da nosa tarefa militante antirrepresiva.

Liberdade membros SRI detidos !!!
Fóra a lexislación antiterrorista !!!
Audiencia Nacional disolución !!!

Etiquetas:

(0) Comentarios
Palestina: a Fronte Popular e a Fronte Democrática chaman á unidade contra o ocupante
17/01/2008

A Fronte Popular para a Liberación de Palestina e a Fronte Democrática para a Liberación de Palestina veñan de publicar un comunicado urxente, este xoves 16 de xaneiro, no que fan un chamamento á unidade entre todas as forzas nacionais e islámicas para manterse xuntos e enfrontar as matanzas e os crimes dos ocupantes contra o pobo palestino. Facerlle fronte as continuas masacres e crimes dos ocupantes contra o pobo palestino, unidade na batalla e claridade política, son algúns das urxentes necesidades que expresan as dúas organizacións.

A declaración conxunta reclama, ademais, a posta en marcha dun diálogo nacional que resolva as diferenzas internas e restabeleza a unidade nacional palestina, precisamente nun momento no que esta unidade atravesa un momento crítico que só axuda a facilitar o traballo dos criminais sionistas.

A declaración tamén chama polo levantamento do bloqueo contra Gaza, e manifesta o total rexeitamento á visita do criminal de guerra George Bush a Palestina, unha visita "que foi un apoio á ocupación e unha luz verde ás masacres contra o pobo palestino".

Este manifesto conxunto publícase un día despois do sexto aniversario do secuestro do Secretario Xeral da FPLP, Ahmad Sa'adat, a mans das forzas cipaias da Autoridade Palestina, que o puxeron a disposición dos ocupantes.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Na morte de Philip Agee, o home que fixo tremer á CIA
14/01/2008


Xaneiro 2008
Traducido ao galego por ENP

Homenaxe a Philip B. Agee, o autor do libro Inside the Company: CIA Diary, falecido na Habana o pasado luns 7 de xaneiro do 2008, cando tiña 72 anos. Sentimos a súa perda.

Este vello funcionario da CIA, que participara durante 12 anos en operacións organizadas pola axencia de espionaxe dos Estados Unidos en distintos países latinoamericanos, dimitira en 1968, pouco tempo despois da masacre de Tlatelolco (México), por mor do seu crecente desacordo coas actividades clandestinas que desenvolvía a axencia.

Máis tarde, en 1975, Philip Agee adquire fama mundial como resultado da publicación do seu libro Inside the Company: CIA Diary, onde revelou polo miúdo "actividades terroristas, de desestabilización e subversión realizadas polo goberno dos Estados Unidos contra os gobernos progresistas e revolucionarios de América Latina e o Caribe", lembra o diario cubano Granma.

Após a publicación do seu libro, onde se describe como a CIA e o goberno dos Estados Unidos actuaran contra gobernos elixidos democraticamente en Uruguai, Arxentina e Chile, Philip Agee vese na obriga de abandonar o seu país, instalándose en Europa. É expulsado sucesivamente de Inglaterra, Países Baixos, Francia, Italia e Alemaña occidental. Confiscado o seu pasaporte estadounidense, obtén un novo da illa de Granada, até a invasión militar estadounidense. Despois consigue un pasaporte de Nicaragua, que dura até a derrota sandinista.

Agee revelou os nomes de máis de 250 oficiais da CIA, incluídos os principais dirixentes da axencia. George Bush pai, en 1982, adoptou a Intelligence Identities Protection Act, que tipificaba como delito este tipo de publicacións. Unha lei que só foi aplicada en dúas ocasións: contra Philip Age e, máis recentemente, no caso Palme (1).

Malia a persecución que padeceu o autor e o seu libro por parte das autoridades estadounidenses, Inside the Company: CIA Diary foi publicado en 27 idiomas e aínda é un libro de referencia para o estudo dos patróns de inxerencia que as administracións dos Estados Unidos empregaron non só contra os movementos populares e revolucionarios senón tamén contra diversos gobernos democráticos do mundo e en particular de América Latina. Despois do Watergate, o libro constituíu a base dos traballos da comisión de investigación do Senado dos Estados Unidos, presidida por Frank Church, que comportou unha ampla reforma dos servizos de intelixencia estadounidenses e da lexislación relacionada.

Entre 1978 e 1979, Philip Agee dedicouse a denunciar a inxerencia dos estadounidenses en todo o mundo, especialmente coa publicación da revista Covert Action Information Bulletin e de dous libros máis: Dirty Work: The CIA in Western Europe e Dirty Work 2: the CIA in Africa.

Desde 1980, Philip Agee residía na Habana, onde, nun esforzo por rachar o bloqueo económico e comercial que os Estados Unidos impoñen a Cuba desde hai case 50 anos, creara a Axencia de Viaxes Cubalinda para facilitar a entrada de estadounidenses na illa.

Réseau Voltaire, Axis for Peace, a Axencia Cubana de Información e todos os seus amigos queremos render homenaxe a este excepcional militante da liberdade.


1. NdT. Valerie Plane é unha ex axente da CIA que, malia os intentos por impedilo da axencia, publicou as súas vivencias como funcionaria da CIA. No 2002, Plane foi enviada polo goberno dos Estados Unidos a Nixeria para investigar se eran certos os informes que afirmaban que o goberno iraquí de Sadam Hussein mercara uranio neste país. As investigacións de Plane sobre o terreo botaron por terra esta afirmación. Malia isto, o presidente Bush non tivo reparos en asegurar, durante o seu discurso sobre o Estado da Unión no 2003, que o goberno iraquí mercara uranio nun país africano.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Aquí non se tortura
11/01/2008
Tasio
Gara, 11/01/08

Etiquetas:

(0) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com