Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Feudalismo amigábel: O Mito do Tíbet
29/03/2008


Michael Parenti
Traducido ao galego por Estoutras

I. Señores feudais e Lamas

Fronte ás paisaxes enchoupadas en sangue dos conflitos relixiosos, todas as relixións venden unha experiencia de paz interior e consolo, mais ningunha o fai tan ben como o budismo. Situándose no marcado contraste co salvaxismo intolerante doutras relixións, o budismo nin é fanático nin dogmático, ou así din os seus seguidores. Para moitos deles, o budismo non é tanto unha teoloxía como unha disciplina de meditación e investigación pensada para promover unha harmonía interior que nos guía por un correcto camiño vital. Xeralmente, o foco espiritual non está só nun mesmo, senón que tamén está no benestar dos outros. Un tenta afastarse de camiños egoístas para chegar a unha comprensión máis profunda con todas as persoas e as cousas. "O social enlaza co budismo", combinando a liberación individual coa acción social responsábel na procura dunha sociedade instruída.

Unha ollada a súa historia, porén, ensina que non todas as variantes do Budismo están libres do fanatismo doutrinal, nin libres de actividades violetas e explosivas tan características doutras relixións. En Sri Lanka recordan as lendarias e case sagradas historias sobre as vitoriosas batallas dos reis budistas de antano. No curso de século vinte, os budistas enfrontáronse violentamente entre eles e con comunidades non budistas en Tailandia, Birmania, Corea, Xapón, a India e outros lugares. En Sri Lanka, os combates entre os budistas Sinhaleses e os Tamil hindús cobráronse moitas vidas nos dous bandos. En 1998, o Departamento de Estado dos EEUU enumerou 30 dos grupos máis violentos dos mundo. Aproximadamente a metade eran relixiosos, especialmente islámicos, xudeus e budistas. (1)

En Corea do Sur, en 1998, miles de monxes da Chogye Budista pelexaron entre eles cos puños, pedras, bombas incendiarias e paus, en batallas que duraban semanas. Estaban competindo polo control da Orde, a maior de Corea do Sur, cun orzamento anual de máis de 9 millóns de dólares, varios millóns en propiedades e o privilexio de nomear a 1.700 monxes para diversos postos. Os enfrontamentos danaron os principais santuarios budistas, deixando a ducias de monxes feridos, moitos de gravidade. O resto dos coreanos amosaron o seu desprezo polos dous bandos, deixando claro que non lles interesaba quen se fixera co control, "empregarán as doazóns dos deus devotos para os seus luxosos edificios e os seus caros coches." (2)

Como en calquera relixión, as liortas entre distintas ou dentro da mesma seita budista son, a miúdo, alimentadas pola corrupción material e os desexos persoais de liderado. Por exemplo, en Nagano, Xapón, o Zenkoji, o prestixioso complexo de templos que alberga a seitas budistas desde hai máis de 1.400 anos, unha "noxenta batalla" encetouse entre Komatsu, o relixioso supremo, e o Tacchu, un grupo de templos nominalmente baixo o dominio de Komatsu. Os monxes Tacchu acusaban a Komatsu da venda de escrituras e debuxos do templo para o seu propio beneficio. Komatsu, pola súa banda, pretendía illar e castigar aos monxes críticos co seu liderado. O conflito durou cinco anos e acabou nos tribunais. (3)

Pero, e o Budismo Tibetano? Non é unha excepción a esta clase de liortas? E que se pode dicir da sociedade que axudaban a crear? Moitos budistas manteñen que, antes das medidas enérxicas de China en 1959, o vello Tíbet era un reino caracterizado pola espiritualidade e libre dos estilos de vida egoístas, o materialismo baleiro e os vicios que corrompen ás modernas sociedades industrializadas. Os medios de comunicación occidentais, os libros de viaxe, as novelas e as películas de Hollywood describiron a teocracia tibetana como un verdadeiro Shangri-La. O propio Dalai Lama afirmaba que "a penetrante influencia do budismo" no Tíbet, "entre os espazos abertos dun entorno impoluto deron como resultado unha sociedade consagrada á paz e á harmonía. Gozamos de liberdade e satisfacción." (4)

Unha lectura da historia do Tíbet suxire unha imaxe ben distinta. "O conflito relixioso era algo común no vello Tíbet", escribe un practicante budista occidental. "A historia desminte a imaxe do Tíbet coma un Shangri-La onde os lamas e os seus seguidores viven xuntos en tolerancia mutua e sen violencia. En efecto, a situación era moi diferente. O Vello Tíbet era moito máis parecido a Europa durante as guerras relixiosas da Contrarreforma." (5) No século XIII, o Emperador Kublai Khan creaba o primeiro Grande Lama, quen tiña que presidir a todos os lamas como fai o Papa cos bispos. Varios séculos máis tarde, o Emperador da China enviou un exército ao Tíbet para apoiar ao Grande Lama, un ambicioso home de 25 anos, que por aquel entón se daba o título de Dalai (Océano). Temos aquí unha ironía histórica: o primeiro Dalai Lama foi instalado polo exército Chinés.

As súas dúas previas "encarnacións" foron entón recoñecidas como as súas predecesoras, polo que o primeiro Dalai Lama se converteu no 3º Dalai Lama. Este 1º (ou 3º) Dalai Lama apoderouse dos mosteiros que non pertencían á súa seita. Pénsase que destruíu escrituras budistas que contradicían á súa reivindicación de divindade. O Dalai Lama que o sucedeu levaba unha vida sibarita, gozando de moitas amantes, celebrando festas cos seus amigos, e realizando outras actividades pouco acaídas para a encarnación dunha deidade. Por estas transgresións foi asasinado polos seus monxes. Durante 170 anos, malia ao seu recoñecido estatus de divindade, cinco Dalai Lamas foron asasinados por altos cargos relixiosos ou outros cortesáns. (6)

Durante centos de anos as seitas budistas tibetanas competiron entre elas en violentos conflitos inzados de execucións sumarísimas. En 1660, o 5º Dalai Lama tivo que enfrontarse a unha rebelión na provincia de Tsang, dominada pola seita rival Kagyu baixo o control do alto Lama coñecido como Karmapa. O 5º Dalai Lama avogou por un duro castigo para os rebeldes, ordenando ao exército mongol aniquilar a todos os homes e mulleres, e aos descendentes tamén "como ovos que escachan contra as rochas... En resumo, aniquilen calquera pegada deles, incluso os seus nomes." (7)

En 1792, moitos mosteiros Kagyu foron confiscados e os seus monxes obrigados a converterse á seita Gelug (a denominación do Dalai Lama). A escola de Gelug, coñecida tamén como os "Chapeus Amarelos", mostraba pouca tolerancia ou pouca boa vontade de mesturar as súas ensinanzas coas de outras seitas budistas. Unha das súas oracións tradicionais di: "Loámoste/ deus violento do Chapeu Amarelo/que reduces a gran/a grandes seres, altos funcionarios e a xente común/que contaminan e corrompen a doutrina do Gelug." (8)

Unha memoria dun xeneral tibetano do século XVIIIº describe loitas sectarias entre budistas tan brutais e sanguentas como podería ser calquera conflito relixioso. (9)

Todos estes anacos de lúgubre historia son esquecidos polos actuais seguidores occidentais do budismo tibetano.

As relixións sempre tiveron unha estreita relacións non só coa violencia senón coa explotación económica. De feito, a miúdo é a explotación económica quen require da violencia. Este é o caso da teocracia tibetana. Até 1959, cando por última vez un Dalai Lama preside o Tíbet, a meirande parte das terras de labranza estaban organizadas en fincas señoriais traballadas por servos. Estas fincas pertencían a dous grupos sociais: os ricos propietarios seculares e os ricos lamas teocráticos. Incluso un escritor simpatizante da vella orde recoñece que "unha grande parte dos terreos pertencían aos mosteiros, e moitos deles amasaban grandes riquezas". Moita desta riqueza era acumulada a través "da participación no comercio e a concesión de empréstemos." (10)

O mosteiro de Drepung era un dos maiores propietarios de terras do mundo, coas súas 185 fincas, 25.000 servos e 16.000 pastores. A riqueza dos mosteiros concentrábase nun pequeno número de altos lamas. A maior parte dos monxes vivían modestamente e non tiñan acceso directo ás riquezas. O propio Dalai Lama "vivía luxosamente nas mil estancias repartidas entre os catorce pisos do Palacio Potala." (11)

Aos líderes non relixiosos tampouco lles ía mal. Un notábel exemplo foi o comandante en xefe do exército tibetano, un membro do Gabinete do Dalai Lama, quen posuía 4.000 quilómetros de terras e 3.500 servos. (12) O vello Tíbet foi terxiversado por algúns admiradores occidentais, que falaban del como "unha nación que non requiría de forzas de seguridade porque os seus habitantes cumprían voluntariamente as leis do karma." (13) O certo é que o exército profesional, aínda que pequeno, actuaba principalmente como unha xendarmería para os propietarios, protexendo ás súas terras e atrapando aos servos fuxitivos.

Moitos dos rapaces eran collidos das súas familias campesiñas para levalos aos mosteiros onde se lles preparaba para ser monxes. Unha vez no mosteiro, ficaban unidos a el para toda a vida. Tashì-Tsering, un monxe, informa de que era cotiá que os nenos fosen maltratados sexualmente nos mosteiros. El mesmo foi vítima de repetidas violacións desde os nove anos. (14) As propiedades monásticas tamén recrutaban a nenos de por vida para a servidume doméstica, bailaríns e soldados.

No vello Tíbet había un número moi pequeno de granxeiros que subsistían como campesiños libres, e aproximadamente sobre unhas 10.000 persoas formaban a clase media: familias de mercadores, tendeiros e pequenos comerciantes. O resto eran mendigos. Tamén había escravos, normalmente traballadores domésticos, que non posuían nada. Os seus descendentes nacían no escravismo. (15) A meirande parte da poboación rural era serva. Tratados pouco mellor cós escravos, os servos non recibían escolaridade nin asistencia médica, estando sometidos á obriga de por vida de traballar as terras do señor -ou a terra do mosteiro- sen paga, para reparar as casas do señor, carrexar as súas colleitas, e recoller a súa leña. (16) Os seus amos dicíanlles o que tiñan que cultivar e os animais que tiñan que criar. Non podían casar sen o consentimento do seu señor ou lama. E os seus propietarios podían separalos facilmente das súas familias mandándoos a traballar a terras afastadas. (17)

Como nun sistema libre de traballo e a diferenza do escravismo, os señores non tiñan ningunha responsabilidade no mantemento dos seus servos e non máis interese na súa supervivencia que na dun anaco de propiedade. Os servos tiñan que sobrevivir polos seus medios. E como nun sistema escravista, os servos estaban amarrados aos seus donos, garantindo unha man de obra fixa e permanente, que non podía organizarse, que podía ser golpeada e que podían ser trasladados onde o amo quixera. Os señores feudais tiñan o mellor destes dous sistemas.

Unha moza de 22 anos, ela mesma unha serva fuxida, afirmou: "As rapazas servas bonitas eran usualmente collidas polos señores e utilizadas como escravas domésticas e para o que eles quixeran"; "eran tan só escravas sen dereitos." (18) Precisaban de autorización para ires a calquera lugar. Os terratenentes tiñan autoridade legal para capturar a quen intentase fuxir. Un fuxido de 24 anos viviu a intervención chinesa como unha "liberación". Testemuñou que baixo a servidume estaba sometido a un incesante traballo, á fame, e ao frío. Após a súa terceira fuxida sen éxito foi golpeado brutalmente polos gardas do señor feudal até que sangrou pola boca e o nazis. Entón botaron alcohol e sosa cáustica nas súas feridas para aumentar o sufrimento. (19)

Os servos tiñan que pagar impostos por casar, polo nacemento dun fillo e polas mortes dalgún membro da familia. Tamén por plantar unha árbore e por conservar algún animal. Tamén pagaban impostos polos festivais relixiosos, por bailar ou tocar o tambor, por ser encarcerados e por ser liberados da prisión. Os que non atopaban traballo debían pagar impostos por estar desempregados, e se viaxaban a outra aldea para procurar traballo debían pagar unha taxa. Os mosteiros prestaban diñeiro aos que non podían pagar cun interese que ía do 20 ao 50 por cento. Algunhas débedas transmitíanse de pais a fillos e a netos. Aqueles que non podían cumprir coas súas débedas corrían o risco de ser encerrados. (20)

As ensinanzas da teocracia relixiosa reforzaban a súa posición de clase. Aos pobres e aflixidos ensinábanlle que eles eran responsábeis dos seus problemas por mor das súas pecaminosas vidas anteriores. Xa que logo, debían aceptar a súa miserábel existencia actual como expiación kármica que anticipaba unha mellor sorte na súa futura vida. O rico e poderoso trababa a súa boa fortuna como unha retribución polas súas virtudes nas vidas pasadas e presente.

Os servos tibetanos eran algo máis que vítimas supersticiosas, cegas da súa propia situación de opresión. Como xa vimos, algúns fuxían; outros resistían abertamente, ás veces padecendo consecuencias espantosas. No Tíbet feudal, a tortura e a mutilación -incluíndo os ollos e a lingua- eran os castigos favoritos contra os ladróns, os servos fuxidos ou os resistentes. Viaxando polo Tíbet nos anos 60 do pasado século, Stuart e Roma Gelder entrevistaron a un antigo servo, Tsereh Wang Tuei, quen roubara dúas ovellas propiedade dun mosteiro. Sacáronlle os ollos como castigo, ademais de mutilarlle unha man até deixala inservíbel. Explicou que xa non era budista: "Cando un santo lama ordenou que me cegaran comprendín que non hai nada bo na relixión." (21) "Os paralelismos entre o Tíbet e a Europa medieval son impresionantes", conclúe Tom Grunfeld no seu libro sobre o Tíbet. (22)

En 1959, Anna Louise Strong visitou unha exposición de maquinaria de tortura utilizada polos señores feudais tibetanos. Había alxemas de todos os tamaños, incluíndo algunhas pequenas para os nenos, e todo tipo de instrumentos para amputar narices e orellas, extraer ollos, fracturar mans e pernas. Había ferros para marcar, látegos e accesorios especiais para destripar. A exposición presentaba fotografías e testemuños de vítimas que foran cegadas, paralizadas ou sufrían amputacións por roubar. Por exemplo, o testemuño dun campesiño ao que lle fracturaran as mans por se negar a que o seu señor collese á súa muller. Había fotografías de militantes comunistas co nariz e os beizos superiores arrincados, ou a fotografía dunha muller violada tamén sen nariz. (23)

Anteriores viaxeiros ao Tíbet tamén fixeran comentarios sobre o despotismo teocrático. En 1895, un inglés, o Doutor A. L. Waddell, escribía que o pobo estaba baixo a "intolerábel tiranía dos monxes" que "elaboraron supersticións sobre o demo para atemorizar á xente". En 1904, Perceval Landon describía o poder do Dalai Lama como "unha máquina de opresión". Nesta mesma época, outro viaxeiro inglés, o Capitán W.F.T. O'Connor, relataba que "os grandes terratenentes e os relixiosos... exercen nos seus respectivos dominios un poder despótico que non coñece a clemencia", mentres que o pobo é "oprimido polo máis monstruoso medre do monacato e o traballo sacerdotal". O poder tibetano "inventa degradantes lendas e estimula un espírito de superstición" entre o pobo tibetano. En 1937, outro visitante, Spencer Chapman, escribiu: "O monxe lamaísta non dedica o seu tempo a atender á xente ou a educala... O mendigo non existe para o monxe. O coñecemento é un privilexio ben gardado nos mosteiros, utilizándoo para aumentar influencia e riqueza." (24) Por moito que desexemos que fose doutra forma, a teocracia feudal do Tíbet non era máis que un afastado pranto, alimentado e idealizado polos proselitistas occidentais do budismo.

II. Secularización vs. Espiritualidade

Que sucedeu no Tíbet despois de que os comunistas chineses entraran no país en 1951? O tratado dese ano proporcionaba un autogoberno manifesto baixo o poder do Dalai Lama mais dándolle o control militar a China así como o dereito exclusivo a dirixir as relacións exteriores. Aos chineses tamén lle concedía un papel directo na administración interna "para promover reformas sociais". Entre os primeiros cambios que puxeron en marcha foi reducir os tipos de interese dos empréstemos, e construír uns cantos hospitais e estradas. No comezo, actuaron a modo, confiando principalmente na persuasión para levar adiante a reconstrución. Ningunha propiedade aristocrática ou monástica foi confiscada, e os señores feudais continuaron o seu reino sobre un campesiñado atado desde moitos séculos antes. "Contrariamente á crenza popular no Oeste", reivindica un espectador, os chineses "tiveron o coidado de amosar respecto pola cultura e relixión tibetanas." (25)

No curso dos séculos, os señores tibetanos e os lamas viran aos chineses vir unha e outra vez, e goazaban de boas relacións co Xeneralísimo Chiang Kaishek e o poder reaccionario do Kuomintang na China. (26) A aprobación do goberno do Kuomintang era precisa para validar a elección do Dalai. Cando o actual Dalai Lama se instalou en Lhasa, foi cunha escolta armada das tropas chinesas e a asistencia dun ministro chinés, de acordo coas vellas tradicións. O que anoxaba aos señores e lamas tibetanos ao comezo dos anos 50 era que estes chineses eran comunistas. Sería só cuestión de tempo, temían, que os comunistas comezaran a impoñer os seus esquemas de colectivismo igualitarista no Tíbet.

As cousas estouparon entre 1956 e 1957, cando bandas armadas tibetanas tendían unha emboscada a efectivos do Exército Popular de Liberación Chinés. O levantamento contou coa inestimábel axuda da Axencia Central de Información (CIA), incluíndo adestramento militar, campos de apoio no Nepal, e numerosas pontes aéreas. (27) Namentres, nos Estados Unidos, A American Society for a Free Asia, unha das moitas creacións da CIA, daba a coñecer intensamente a causa da resistencia tibetana, co irmán maior do Dalai Lama, Thubtan Norbu, xogando un activo papen nesta organización. O segundo irmán maior do Dalai Lama, Gyalo Thondup, comandou unha operación de intelixencia da CIA xa en 1951. Consistía na posta en marcha dunha guerrilla adestrada pola CIA cuxos membros foron lanzadas en paracaídas dentro do Tíbet. (28)

Moitos comandos e axentes tibetanos que a CIA introduciu no Tíbet eran xefes de grupos aristócratas ou fillos dos xefes. Do 90 por cento deles non se volveu ter novas, e segundo informes da propia CIA probabelmente fosen capturados ou asasinados. (29) "Moitos lamas e membros laicos da elite, así como boa parte do exército tibetano uniuse ao levantamento, mais a meirande parte da poboación non o fixo, asegurando o seu fracaso", escribe Hugh Deane. (30) No seu libro sobre o Tíbet, Ginsburg e Mathos chegan a unha conclusión semellante: "Polo que podemos saber, a xente común de Lhasa e do rural non se uniu á guerra contra China cando esta comezaba e buscaba estenderse". A resistencia derrubouse eventualmente.

Independentemente dos posíbeis males e novas opresións que introduciran os chineses despois de 1959, eles suprimiron realmente o escravismo e o sistema de servidume tibetano de traballo. Eliminaron moitos dos impostos, puxeron en marcha proxectos de traballo, e reduciron enormemente o desemprego e a mendicidade. Construíron escolas laicas, rachando así o monopolio educativo dos mosteiros. E instalaron auga corrente e dispositivos de electricidade en Lhasa. (32)

Heinrich Harrer (máis tarde revelado do seu posto por saltar á luz que fora sarxento das SS hitlerianas) escribiu un libro, que foi un éxito de vendas, sobre a súa experiencia no Tíbet, e que foi popularizado por Hollywood na grande pantalla. Divulgou que os tibetanos que se opuxeran aos chineses "eran sobre todo a nobreza, a nobreza media e os lamas; todos eles foron castigados a realizar as tarefas máis humildes, como traballar en camiños e pontes. Eran obrigados a limpar a cidade antes da chegada dos turistas." Tamén tiveron que vivir no campo, desde sempre reservado aos mendigos e vagabundos. Para Harrer estas son as claras evidencias do terríbel da ocupación chinesa. (33)

En 1961, as autoridades de ocupación chinesas expropiaron as fincas dos señores feudais e os lamas. Distribuíron miles de ferrados entre granxeiros e campesiños sen terra, reorganizándoos en centos de comunas. Entregaron o antigo gando da nobreza a colectividades de pastores pobres. Producíronse moitas melloras na agricultura e gandería, como na reprodución do gando, a introdución de novas variedades de verduras e cereais, ou os avances na irrigación; medidas todas que conduciron a un medre da produción agraria. (34)

Moitos campesiños seguían a ser tan relixiosos coma sempre, facendo doazóns ao clero. Pero os monxes aos que ingresaran de pequenos nas ordes relixiosas podían renunciar agora libremente á vida monástica, e eran miles os que o facían, especialmente os máis novos. O clero restante vivía dos modestos estipendios do goberno e dos ingresos extras gañados oficiando servizos relixiosos como oracións, vodas ou funerais. (35)

O Dalai Lama e o seu asesor e irmán menor, Tendzin Choegyal, afirmaban que: "máis de 1.200.000 tibetanos morreron como resultado da ocupación chinesa." (36) O censo oficial de 1953 -seis anos antes das enérxicas medidas chinesas- rexistraba unha poboación total no Tíbet de 1.274.000 persoas. (37) Outros cálculos aumentan esta cifra aos dous millóns. Se os chineses mataran a 1.200.000 ao comezos dos anos 60, case todo o Tíbet estaría despoboado, transformado nun campo de exterminio inzado de tumbas e fosas comúns, das que non temos ningunha constancia. As diseminadas forzas chinesas no Tíbet non poderían rodear, atrapar e exterminar a moita xente malia que dedicaran o tempo exclusivamente a ese cometido.

As autoridades chinesas afirman que acabaron coas malleiras, mutilacións e amputacións como forma de castigo criminal. Porén, eles mesmos foron acusados de actos de brutalidade por tibetanos no exilio. As autoridades admiten "erros" especialmente entre 1966 e 1976 durante a Revolución Cultural cando a persecución das crenzas relixiosas acadou altas cotas tanto no Tíbet como na China. Despois do levantamento de finais dos 50, foron encarcerados miles de tibetanos. Durante o Gran Salto Cara Adiante impúxose unha colectivización forzosa ao campesiñado tibetano, provocando, ás veces, desastrosos efectos na produción. A finais dos 70, comezou a relaxar os seus controles "tratando de desfacer o dano causado durante as dúas décadas". (38)

En 1980, o goberno chinés iniciou reformas deseñadas, segundo informaron, para conceder un maior grao de autonomía ao Tíbet. Permitiuse o cultivo de leiras particulares, vender o superávit da colleita, decidir que sementar, e posuír iacs e ovellas. A comunicación co exterior legalizouse, e tamén se suavizaron os controis na fronteira para permitir a visitas aos tibetanos exiliados na India e no Nepal. (39) Durante os anos 80 moitos dos lamas principais comezaron a facer viaxes constantes entre as comunidades no exilio e o Tíbet, "restaurando os seu mosteiros no Tíbet e axudando a revitalizar o budismo." (40)

Desde o 2007 o budismo tibetano ampliou as súas actividades, sendo tolerado pola administración. Permitíanse as peregrinacións relixiosas e outras formas de adoración, aínda que dentro de certos límites. Todos os monxes tiñan que asinar unha promesa de lealdade pola cal se comprometían a non utilizaren a súa posición relixiosa para fomentar a secesión ou a disidencia. Mostrar imaxes do Dalai Lama era ilegal. (41)

Nos anos 90, o Han, o grupo étnico que forma o 95 por cento da inmensa poboación chinesa comezou a trasladarse nun número considerábel ao Tíbet. Nas rúas de Lhasa e Shigatse, os sinais de colonización Han son doadamente visíbeis. Os chineses controlan as fábricas e moitas das tendas e postos de venda. Construíronse altos edificios de oficinas e grandes centros comerciais con fondos que puideron ter mellor destino en plantas de purificación da auga e na vivenda. Dirixentes chineses no Tíbet demasiado a miúdo ven aos seus veciños como atrasados ou preguiceiros, necesitados de desenvolvemento económico e de "educación patriótica". Durante os anos 90, os funcionarios tibetanos sospeitosos de ter simpatías nacionalistas foron purgados da administración, e renaceron as campañas para desacreditar ao Dalai Lama. Presuntamente, tibetanos acusados de realizar actividades separatistas e involucrados na "subversión política" eran arrestados, encarcerados e condenados a traballos forzosos. Algúns permanecían en situación de detención administrativa sen o suficiente alimento e auga, sen mantas, ameazados e outros malos tratos. (42)

A cultura, a historia tibetanas, e por suposto a relixión son descoidadas nas escolas. Os materiais educativos, malia que traducidos ao tibetano, céntranse principalmente na historia e cultura chinesas. As leis de planificación familiar chinesas limitan a tres o número fillos, nenos ou nenas, por familia. (As familias Han da China só poden ter un fillo, aínda que no rural poden ser dous se o primeiro nacemento é unha nena.) Se unha parella tibetana supera o límite de tres fillos, ao resto de fillos poden negarlles praza nas garderías infantís, asistencia sanitaria, aloxamento e educación. Estas sancións impóñense de forma irregular, variando segundo o distrito. (43) Ningún destes servizos, é necesario lembralo, existía antes da chegada dos chineses.

Para os lamas ricos e os señores feudais, a intervención comunista foi unha catástrofe absoluta. A meirande parte deles fuxiron ao estranxeiro, como fixo o propio Dalai Lama, onde eran axudados pola CIA. Algúns descubriron con horror que terían que traballar para gañarse á vida. Moitos, porén, fuxían deste destino. No curso dos anos 60, a comunidades tibetana no exilio embolsábase secretamente 1,7 millóns de dólares cada ano, coa CIA como benfeitor, segundo documentos feitos públicos polo Departamento de Estado en 1998. Cando estes documentos se publicaron, a propio entorno do Dalai Lama emitiu unha declaración na que admitía que recibira millóns de dólares da CIA durante a década dos 60 para enviar ao Tíbet grupos armados que debilitaran a revolución maoísta. O Dalai Lama recibía 186.000 dólares ao ano, converténdoo nun axente a soldo da CIA. Os servizos de intelixencia da India tamén o financiaron así como a outros exiliados tibetanos.

O Dalai Lama sempre se negou a dicir se el ou os seus irmáns traballaron para a CIA. A axencia tamén declinou facer comentarios. (44)

En 1995, o News & Observer of Raleigh, xornal de Carolina do Norte, publica unha fotografía na portada na que o Dalai Lama é abrazado polo integrista senador republicano Jesse Helms, e o titular é: "Budista cativa a heroe da dereita relixiosa". (45) En abril de 1999, xunto con Margaret Thatcher, o Papa Xoan Paulo II e o primeiro George Bush, o Dalai Lama apelou ao goberno británico para que liberara a Augusto Pinochet, o ex ditador fascista de Chile e antigo cliente da CIA, quen fora detido mentres visitaba Inglaterra. Instou a que se permitira que Pinochet volvera ao seu país no canto de obrigalo a ir ao Estado español onde era buscado para ser xulgado por crimes contra a humanidade.

No século XXI, mediante a Fundación Nacional para a Democracia e outras organizacións que semellan máis respectábeis que a CIA, o Congreso dos Estados Unidos continúa destinando 2 millóns de dólares a tibetanos na India, e máis millóns adicionais para "actividades democráticas" dentro da comunidade tibetana no exilio. Ademais destes fondos, o Dalai Lama recibe diñeiro do financeiro George Soros. (46)

Curiosa asociación a do Dalai Lama coa CIA e diversos personaxes reaccionarios mentres fala de paz, amor e non violencia. Realmente non se lle pode culpar dos abusos do antigo réxime tibetano, tendo tan só 25 anos cando marchou ao exilio. Nunha entrevista en 1994, declarou estar de acordo coa construción de estradas e escolas no seu país. Afirmou que o traballo de balde dos servos e certos impostos aos campesiños "eran extremadamente malos". Tamén renegaba do xeito no que a xente vivía coa presión das antigas débedas que, ás veces, pasaban de xeración en xeración. (47) Durante o medio século que viviu en Occidente, asegura, abrazou conceptos descoñecidos no antigo Tíbet como os dereitos humanos e a liberdade relixiosa. Incluso propuña unha democracia para o Tíbet, elaborando unha constitución escrita e poñendo en marcha unha asemblea representativa. (48)

En 1996, o Dalai Lama emitiu unha declaración digna de sobresaltar a toda a comunidade tibetana no exilio. Nela podemos ler: "O marxismo fúndase nos principios morais, mentres que o capitalismo se preocupa só dos beneficios". O marxismo fomenta "a utilización xusta dos medios de produción", preocupándose "do porvir das clases traballadoras" e "das vítimas da explotación. Por estas razóns, síntome atraído por este sistema, e... coido que son medio marxista e medio budista". (49)

Pero tamén enviou unha mensaxe tranquilizadora "aos que viven na abundancia": "É unha cousa boa ser rico... Os froitos do presente son a proba da súa xenerosidade pasada". E para o pobre manda este consello: "Non hai ningunha boa razón para amargarse e rebelarse contra os que teñen as propiedades e as riquezas... É mellor desenvolver unha actitude positiva". (50)

No 2005, o Dalai Lama asinaba unha declaración moi anunciada xunto con outros dez premios Nobel defendendo o "inalienábel e fundamental dereito humano" dos traballadores do mundo para formar sindicatos e protexer os seus intereses, en concordancia coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos. En moitos países "este dereito fundamental está pouco protexido e nalgúns está prohibido explicitamente ou suprimido brutalmente", di a declaración. Burma, China, Colombia, Bosnia, e outros poucos países foron sinalados como os máis infractores. Incluso os Estados Unidos "fracasa na protección do dereito dos traballadores a formar sindicatos e á negociación colectiva. Millóns de traballadores norteamericanos carecen dunha protección legal para crear sindicatos..." (51)

O Dalai Lama tamén apoiaba a eliminación das tradicionais eivas que impedían as monxas tibetanas recibir educación. Cando chegaron ao exilio poucas monxas eran quen de ler ou escribir. No Tíbet as súas actividades estaban centradas na oración e nos cantos. Mais no norte da India empezaron a ler a filosofía budista e a estudar a teoloxía, actividades exclusivas para os monxes no antigo Tíbet. (52)

En novembro de 2005, ofreceu unha conferencia na Universidade de Stanford baixo o título de "O Corazón da Non Violencia". Abstívose de condenar todo tipo de violencia. Non hai que condenar as accións violentas que buscaban reducir un sufrimento futuro, afirmou, citando a Segunda Guerra Mundial como un digno esforzo por protexer a democracia. Que pasa coa carnicería e a destrución masiva en Iraq, unha guerra condenada pola meirande parte do mundo -incluso polo conservador papa- como unha manifesta violación do dereito internacional e un crime contra a humanidade? O Dalai Lama estaba indeciso: "A guerra de Iraq ... é moi cedo para dicir se é correcta ou non". (53) Antes xa expresara o seu apoio ás intervencións norteamericanas contra Iugoslavia e Afganistán. (54)

III. Adeus feudalismo teocrático

Como o mito de Shangri-La, no vello Tíbet a xente vivía nunha pracenteira e tranquila simbiose cos seus señores monásticos e feudais. Ricos lamas e monxes pobres, adiñeirados terratenentes e servos miserentos, todos vivían xuntos, axudándose mutuamente nun reconfortante bálsamo de espiritualidade e paz.

Isto lembra a imaxe idealizada da Europa feudal presentada por católicos conservadores dos nosos días como G. K. Chesterson e Hilaire Belloc. Para eles, a cristiandade medieval foi un mundo de campesiños felices que vivían nun profundo vínculo espiritual coa igrexa, baixo a protección dos seus señores. (55) Convídasenos, outra volta, a aceptar unha historia particular afastada da horríbel realidade. Isto equivale a aceptala tal como é presentada pola súa clase privilexiada, por aqueles que se beneficiaron dela. A imaxe de Shangri-La de Tíbet non ten máis semellanzas coa realidade histórica que a imaxe idealizada da Europa do medievo.

Vista a crúa realidade, o vello Tíbet confirma o que expresei nun libro anterior, a cultura é calquera cousa menos neutral. A cultura pode funcionar como disfrazo que lexitima as grandes inxustizas, beneficiando a unha parte privilexiada da sociedade a costa da maioría. (56) No Tíbet feudal teocrático, os poderosos manipulaban a cultura tradicional para alimentar a súa propia riqueza. A teocracia asociaba o pensamento rebelde coa influencia satánica. Propagaban a idea da superioridade dos propietarios e a falta de mérito dos campesiños. O rico era representado como merecedor dunha boa vida, ao contrario que o pobre, merecedor de padecementos. O destino marcado por Deus residía nas virtudes ou nos pecados cometidos en vidas pasadas.

Eran os lamas hipócritas que predicaban unha cousa e crían secretamente noutra? É máis probábel que estiveran unidos sinceramente a unhas crenzas que producían tan bos resultados para eles. Unha teoloxía que apoiaba os seus privilexios materiais favorecía a sinceridade dos seus pastores.

Poderíase dicir que nós, habitantes do mundo moderno laico, non podemos comprender as ecuacións de felicidade e dor, satisfacción e costume, que caracterizan a sociedades máis "espirituais". Pode ser certo, e pode explicar a razón pola que algúns idealizan estas sociedades. Porén, un ollo arrincado é un ollo arrincado; unha malleira é unha malleira e a terríbel explotación dos servos e escravos sigue a ser unha brutal inxustiza clasista, sen importar canto se queira embelecer culturalmente todo isto. Existe unha diferenza entre un lazo espiritual e a escravitude humana, incluso cando os dous coexisten.

Moitos tibetanos queren que o Dalai Lama volva ao seu país, mais semella que son poucos os que queren un regreso á orde social que representaba. Un artigo de 1999 no Washington Post sinala que o Dalai Lama continúa a ser venerado no Tíbet, pero... poucos tibetanos saudarían o retorno dos corruptos grupos aristocráticos que fuxiron canda el en 1959 e que inclúen a boa parte dos seus asesores. Moitos agricultores tibetanos, por exemplo, non teñen ningún interese en devolver aos terratenentes as terras que obtiveron grazas á reforma agraria chinesa. Os antigos escravos do Tíbet din que eles tampouco queren que os seus antigos amos volvan ao poder. "Xa vivín esa vida unha vez", dixo Wangchuk, un antigo escravo de 67 anos que leva ás súas mellores roupas para a súa peregrinación anual a Shigatse, un dos lugares santos do budismo tibetano. Afirmou que adoraba ao Dalai Lama, mais engadiu: "Pode ser que non sexa libre baixo o comunismo chinés, pero me vai mellor que cando era escravo." (51)

Debemos decatarnos de que o Dalai Lama non é o único alto lama elixido na infancia como unha reencarnación. Reencarnacións de lamas ou tulkus -profesor espiritual de especial pureza elixido para reencarnarse unha e outra vez- poden atoparse presidindo a maioría dos principais mosteiros. O sistema de tulku é exclusivo do budismo tibetano.

O primeiro tulku era un lama coñecido como Karmapa, tres séculos antes da aparición do primeiro Dalai Lama. O Karmapa é o líder dunha tradición budista tibetana coñecida como Karma Kagyu. O medre da seita Gelug, encabezada polo Dalai Lama, levou a unha rivalidade político-relixiosa co Kagyu que dura cincocentos anos e continúa hoxe dentro da comunidade tibetana no exilio. Que a seita Kagyu crecera enormemente, abrindo uns seiscentos novos centros por todo o mundo nos últimos trinta e cinco anos, tampouco axudou a apagar o conflito.

A procura dun tulku, dinos Erik Curren, non foi sempre o camiño espiritual descrito nas películas de Hollywood. "Algunhas veces os funcionarios monásticos querían a un neno dunha familia nobre local para conseguir máis autoridade para o mosteiro. Outras veces querían a un neno dunha familia de clase baixa para que esta non tivera menos capacidade de influencia sobre o rapaz." Noutras ocasións "un comandante local, o emperador chinés ou incluso o goberno do Dalai Lama en Lhasa impuñan o tulku a un mosteiro por razóns políticas." (58)

Este puido ser o caso na selección do 17 Karmapa, cuxo mosteiro, no exilio, está situado en Rumtek, no estado indio de Sikkim. En 1993, os monxes da tradición Kagyu tiñan un candidato da súa propia elección. O Dalai Lama, xunto con varios líderes disidentes de Kagyu (e co apoio do goberno chinés!) apoiaban a outro candidato. Os monxes de Kagyu declararon que o Dalai Lama se excedera na súa autoridade ao intentar seleccionar a un membro da súa seita. "Nin o seu poder político nin a súa posición como lama da tradición Gelug lle dá o dereito a elixir o Karmapa, que é o líder dunha tradición diferente..." (59) Os líderes Kagyu insistiron: "O Dharma ensina a pensar por un mesmo. Un non ten que seguir ao seu profesor en todas as cousas, non importa o respectado que poida ser este profesor. Os budistas deberían respectar os dereitos humanos de outros pobos e a súa liberdade relixiosa." (60)

Esta polémica encetou un conflito que aínda perdura na comunidade tibetana no exilio. Motíns, intimidacións, ataques, listas negras, acoso, litixios, corrupción, e o saqueo do mosteiro de Karmapa en Rumtek por partidarios da facción de Gelug. Todo isto fixo que cando menos algún devoto occidental se preguntase se os anos de exilio non estaban acelerando a descomposición moral do budismo. (61)

O que está claro é que non todos os budistas tibetanos aceptan ao Dalai Lama como o seu mentor teolóxico e espiritual. Aínda que se refiren a el como o "líder espiritual do Tíbet", moitos ven nese título pouco máis que unha formalidade. A súa autoridade non vai alén da súa escola relixiosa, non nas tres restantes. "O mesmo que chamar ao presidente norteamericano 'líder do mundo libre' non lle outorga o poder para gobernar Francia ou Alemaña." (62)

Tampouco todos os exiliados tibetanos están namorados da teocracia de vella Shangri-La. Kim Lewis, que estudaba cun monxe budista en Berkeley, California, tivo a ocasión de falar extensamente con máis dunha ducia de mulleres tibetanas que vivían no mesmo edificio que o monxe. Cando lles preguntou que pensaban sobre regresar á súa terra, o sentimento foi unanimemente negativo. Nun primeiro momento, Lewis asumiu que esta reticencia tiña a ver coa ocupación chinesa, mais non tardou en decatarse de que era todo o contrario. Dicían que estaban sumamente agradecidas de "non ter que casar con catro ou cinco homes". As mulleres máis novas estaban encantadas de poder acceder a unha educación, non querían saber nada de ningunha relixión e non paraban de preguntarse por que os americanos eran tan inxenuos [sobre o Tíbet]. (63)


Notas:

1. Mark Juergensmeyer, Terror in the Mind of God, (Universidade de California, 2000), 6, 112-113, 157.
2. Kyong-Hwa Seok, "Korean Monk Gangs Battle for Temple Turf," San Francisco Examiner, 3 de diciembre de 1998.
3. Los Angeles Times, 25 de febreiro, 2006.
4. Dalai Lama citado en Donald Lopez Jr., Prisoners of Shangri-La: Tibetan Buddhism and the West (Chicago e Londres: Universidade de Chicago, 1998), 205.
5. Erik D. Curren, Buddha's Not Smiling: Uncovering Corruption at the Heart of Tibetan Buddhism Today (Alaya Press 2005), 41.
6. Stuart Gelder e Roma Gelder, The Timely Rain: Travels in New Tibet (Monthly Review Press, 1964), 119, 123; e Melvyn C. Goldstein, The Snow Lion and the Dragon: China, Tibet, and the Dalai Lama (Universidade de California, 1995), 6-16.
7. Curren, Buddha's Not Smiling, 50.
8. Stephen Bachelor, "Letting Daylight into Magic: The Life and Times of Dorje Shugden," Tricycle: The Buddhist Review, 7, primavera de 1998.
9. Dhoring Tenzin Paljor, Autobiography, citado en Curren, Buddha's Not Smiling, 8.
10. Pradyumna P. Karan, The Changing Face of Tibet: The Impact of Chinese Communist Ideology on the Landscape (Lexington, Kentucky: Universidade de Kentucky, 1976), 64.
11. See Gary Wilson's report in Worker's World, 6 de febreiro de 1997.
12. Gelder e Gelder, The Timely Rain, 62 e 174.
13. Como escépticamente o anota Lopez, Prisoners of Shangri-La, 9.
14. Melvyn Goldstein, William Siebenschuh, e Tashì-Tsering, The Struggle for Modern Tibet: The Autobiography of Tashì-Tsering (Armonk, N.Y.: M.E. Sharpe, 1997).
15. Gelder e Gelder, The Timely Rain, 110.
16. Melvyn C. Goldstein, A History of Modern Tibet 1913-1951 (Berkeley: Universidade de California, 1989).
17. Anna Louise Strong, Tibetan Interviews (Peking: New World Press, 1959), 15, 19-21, 24.
18. Citado en Strong, Tibetan Interviews, 25.
19. Strong, Tibetan Interviews, 31.
20. Gelder e Gelder, The Timely Rain, 175-176; e Strong, Tibetan Interviews, 25-26.
21. Gelder e Gelder, The Timely Rain, 113.
22. A. Tom Grunfeld, The Making of Modern Tibet rev. ed. (Armonk, N.Y. e London: 1996), 9 e7-33 para unha visión xeral do Tibet feudal; ver tamén Felix Greene, A Curtain of Ignorance (Garden City, N.Y.: Doubleday, 1961), 241-249; Goldstein, A History of Modern Tibet, 3-5; e Lopez, Prisoners of Shangri-La, passim.
23. Strong, Tibetan Interviews, 91-96.
24. Waddell, Landon, O'Connor, e Chapman son citados en Gelder e Gelder, The Timely Rain, 123-125.
25. Goldstein, The Snow Lion and the Dragon, 52.
26. Heinrich Harrer, Return to Tibet (New York: Schocken, 1985), 29.
27. See Kenneth Conboy and James Morrison, The CIA's Secret War in Tibet (Lawrence, Kansas: Universidade de Kansas, 2002); e William Leary, "Secret Mission to Tibet," Air & Space, Decembro 1997/Xaneiro 1998.
28. As relacións entre a CIA e o Dalai Lama e a súa familia, ver Loren Coleman, Tom Slick and the Search for the Yeti (Londres: Faber and Faber, 1989).
29. Leary, "Secret Mission to Tibet."
30. Hugh Deane, "The Cold War in Tibet," CovertAction Quarterly (1987).
31. George Ginsburg e Michael Mathos Communist China and Tibet (1964), citado en Deane, "The Cold War in Tibet." Deane afirma que o autor Bina Roy chega unha conclusión semellante.
32. See Greene, A Curtain of Ignorance, 248 e seguintes; e Grunfeld, The Making of Modern Tibet.
33. Harrer, Return to Tibet, 54.
34. Karan, The Changing Face of Tibet, 36-38, 41, 57-58; London Times, 4 de xullo de 1966.
35. Gelder and Gelder, The Timely Rain, 29 e 47-48.
36. Tendzin Choegyal, "The Truth about Tibet," Imprimis (publicación do Hillsdale College, Michigan), Abril 1999.
37. Karan, The Changing Face of Tibet, 52-53.
38. Elaine Kurtenbach, Associate Press report, 12 de febreiro de 1998.
39. Goldstein, The Snow Lion and the Dragon, 47-48.
40. Curren, Buddha's Not Smiling, 8.
41. San Francisco Chonicle, 9 de Janeiro de 2007.
42. Informe do International Committee of Lawyers for Tibet, A Generation in Peril (Berkeley Calif.: 2001).
43. International Committee of Lawyers for Tibet, A Generation in Peril, 66-68, 98.
44. En Mann, "CIA Gave Aid to Tibetan Exiles in '60s, Files Show," Los Angeles Times, 15 de setembro de 1998; e New York Times, 1 de outubro de 1998.
45. News & Observer, 6 de setembro de 1995, citado en Lopez, Prisoners of Shangri-La, 3.
46. Heather Cottin, "George Soros, Imperial Wizard," CovertAction Quarterly no. 74 (2002).
47. Goldstein, The Snow Lion and the Dragon, 51.
48. Tendzin Choegyal, "The Truth about Tibet."
49. The Dalai Lama in Marianne Dresser (ed.), Beyond Dogma: Dialogues and Discourses (Berkeley, Calif.: North Atlantic Books, 1996)
50. Estes comentarios pertencer a un libro do Dalai Lama citado en Nikolai Thyssen, "Oceaner af onkel Tom," Dagbladet Information, 29 de decembro de 2003.
51. "A Global Call for Human Rights in the Workplace," New York Times, 6 de decembro de 2005.
52. San Francisco Chronicle, 14 de xaneiro de 2007.
53. San Francisco Chronicle, 5 de novembro de 2005.
54. Times of India 13 de outubro de 2000; Samantha Conti's report, Reuter, 17 June 1994; Amitabh Pal, "The Dalai Lama Interview," Progressive, Xaneiro 2006.
55. The Gelders draw this comparison, The Timely Rain, 64.
56. Michael Parenti, The Culture Struggle (Seven Stories, 2006).
57. John Pomfret, "Tibet Caught in China's Web," Washington Post, 23 de xullo de 1999.
58. Curren, Buddha's Not Smiling, 3.
59. Curren, Buddha's Not Smiling, 13 e 138.
60. Curren, Buddha's Not Smiling, 21.
61. Curren, Buddha's Not Smiling, passim. Libros faborábeis a Karmaza ver Lea Terhune, Karmapa of Tibet: The Politics of Reincarnation (Wisdom Publications, 2004); Gaby Naher, Wrestling the Dragon (2004); Mick Brown, The Dance of 17 Lives (Bloomsbury 2004).
62. Erik Curren, "Not So Easy to Say Who is Karmapa," correspondencia, 22 de agosto de 2005, www.buddhistchannel.tv/index.php?id=22.1577,0,0,1,0.
63. Kim Lewis, correspondencia comigo, 15 de xullo de 2004.


Ler máis

Etiquetas:

Neno palestino asasinado. E se fose madrileño, londinense ou parisiense?
28/03/2008



Ver imaxe (advertimos da súa crueza)

Etiquetas:

Clase obreira e fascismo
18/03/2008





Discurso pronunciado na Conferencia Científica de Historiadores URSS-RDA
Kiev, setembro de 1978

Tradución ao galego da versión en francés publicada pola revista
Etudes Marxistes (nº 68-69, 2007)


1. O socialismo dos industriais do aceiro
2. Un partido fascista para realizar unha "dobre misión"
3. A creación dun partido nacional pseudo obreiro
4. Converter aos socialistas internacionalistas en nacionalsocialistas
5. Acabar co marxismo a través do terror e a demagoxia social
6. A conquista dos traballadores organizados: todos os medios son válidos
7. As células de fábrica do partido nazi: terror e espionaxe ao servizo dos capitalistas
8. A responsabilidade da clase obreira e da súa vangarda para contrarrestar os esforzos dos fascistas


Etiquetas:

Sionistas: os nazis de hoxe (V)
16/03/2008


Este debuxo, como até agora todos os que conforman a colección Sionistas: os nazis de hoxe, é obra do debuxante brasileiro Latuff. Aquí podes ver a galería de imaxes de Latuff. Tamén podes visitar a súa páxina Tales of Iraq War.

Etiquetas:

(2) Comentarios
Clara Zetkin e o 8 de Março
11/03/2008


Isabel Cruz
O Militante
PCP - Reflexão e Prática
Nº 293 - Mar/Abr 2008

Se existe facto que celebrizou internacionalmente Clara Zetkin (1857-1933) foi sem dúvida a proposta de criação de um Dia Internacional da Mulher, apresentada em 1910, na 2.ª Conferência Internacional de Mulheres. (1) Mas a acção política desta revolucionária alemã, que se tornou uma prestigiada e influente dirigente do movimento comunista alemão, da II Internacional e da Internacional Comunista, foi bem mais vasta e rica em defesa dos direitos das mulheres e pela sua emancipação social.

No plano teórico, Clara Zetkin «assimilou e divulgou a matriz política e ideológica legada por Marx, Engels e por Lénine, e o conjunto dos seus escritos integra, amplia e enriquece o património do marxismo-leninismo quanto à situação da mulher na sociedade, sobre a situação da mulher no capitalismo e sobre a revolução socialista como resposta à aspiração de emancipação social da mulher. É por isso que, muito justamente, o conjunto das suas reflexões teóricas deve ser destacado como parte integrante do acervo teórico do marxismo-leninismo sobre a situação da mulher na sociedade, legado de contundente actualidade». (2)

Razões históricas de uma data

A proposta de Clara Zetkin de criação de um Dia Internacional da Mulher, aprovada em 1910, estipulava uma acção internacional comum pela emancipação das proletárias e pelo sufrágio universal: «Em acordo com as organizações políticas e sindicais do proletariado nos seus respectivos países, as mulheres socialistas de todos os países organizarão todos os anos um dia das mulheres que, em primeiro lugar, será consagrado à propaganda a favor do voto das mulheres (…). Este dia das mulheres deve ter carácter internacional e ser cuidadosamente preparado». (3)

Esta proposta de Clara Zetkin não foi um acto isolado. Correspondeu à necessidade de dar um forte impulso à luta organizada das operárias, numa época em que a entrada massiva das mulheres no trabalho fabril e o desenvolvimento do movimento comunista conduziram à intensificação da luta das mulheres por melhores condições de trabalho, melhores salários e por direitos sociais e políticos. Consciente da importância decisiva da participação das mulheres trabalhadoras na transformação da sociedade, Clara Zetkin assumiu um papel notável na dinamização e na luta organizada das trabalhadoras e na incorporação das reivindicações específicas das mulheres no movimento operário e comunista.

A data do primeiro Dia Internacional da Mulher não foi uma escolha ao acaso. A indicação do mês de Março está associada a dois acontecimentos de importância simbólica para o proletariado: a revolução alemã (Março, 1848) e a Comuna de Paris (Março, 1871), acontecimento de grande alcance histórico que deu forte impulso à luta do proletariado em todo o mundo. A 19 de Março de 1911, o sucesso da primeira celebração foi considerável – a maior manifestação do movimento pela emancipação das mulheres, com mais de um milhão de mulheres nas ruas das cidades da Alemanha, Suíça, Áustria e Dinamarca. Só em Berlim foram realizadas 42 reuniões em simultâneo e centenas de outras em toda a Alemanha. No final das reuniões, as mulheres desfilavam pelas ruas empunhando cartazes. Na Áustria, mais de 30 000 mulheres manifestaram-se nas ruas de Viena –, como relatou Clara Zetkin no Die Gleichheit. (4)

Em 1912, as manifestações na Alemanha foram menos numerosas mas mesmo assim impressionantes: 1200 mulheres reuniram-se em Essen, 1000 em Leipzig e em Erfurt. Na maior parte das vezes, as mulheres desfilavam, disciplinadas e pacíficas, sem que a polícia interviesse. Outras vezes, como em Dusseldorf e em Berlim, a polícia espancava e prendia.

Na Suécia, realizaram-se enormes manifestações de mulheres em 1912 e 1913. Em 1913, apesar da repressão tsarista, as revolucionárias russas celebram o dia em reuniões clandestinas em algumas cidades: Moscovo, Kiev, S. Petersburgo, entre outras. Em 1914, em Paris, mais de 20 000 mulheres estiveram presentes na primeira celebração francesa.

É só a partir de 1917 que se estabelece a data de 8 de Março para as comemorações do Dia Internacional da Mulher. No dia 23 de Fevereiro do calendário gregoriano (8 de Março no calendário juliano), as mulheres russas manifestam-se em S. Petersburgo, exigindo pão, o regresso dos maridos enviados para a frente da guerra, a Paz e a República. A greve estende-se rapidamente a todo o proletariado. Em poucos dias a greve de massas transforma-se numa insurreição e ao fim de cinco dias cai o império russo.

O Dia Internacional da Mulher Trabalhadora tornou-se um momento privilegiado de agitação entre as proletárias politicamente menos conscientes. Um dia que reforçava a solidariedade internacional entre as trabalhadoras na luta por objectivos comuns e uma demonstração da sua força organizada. Um contributo importante para o seu envolvimento político, um dia de «militância das mulheres trabalhadoras que ajuda a aumentar a consciência e a organização das mulheres proletárias». (5)

Organizar a luta. Transformar a condição social das trabalhadoras

De facto, consciente da importância decisiva de aumentar a sua consciência social e política, fortalecendo assim a luta do conjunto do movimento operário e revolucionário, Clara Zetkin dedicou a sua vida à dinamização da organização entre as trabalhadoras na Alemanha e em diversos países.

Concentrou muita da sua actividade na criação da organização das trabalhadoras, destacando o papel da sua participação nos sindicatos, e na aprovação de orientações claras para a luta organizada das mulheres no seio dos partidos comunistas nos diversos países.

Para Clara Zetkin «pretender transformar a condição das mulheres sem abolir o modo de produção capitalista conduziria as trabalhadoras a um beco sem saída, observando que as “reformas” que o próprio sistema levava a cabo serviam para atenuar um pouco a vida das mulheres mas não daria êxito ao objectivo de transformação da condição social das mulheres das classes trabalhadoras, nem permitiriam efectivar o conjunto dos direitos económicos, sociais, políticos e culturais». (6)

Clara Zetkin advertiu que a igualdade jurídica e política (direitos pelos quais se bateu!) não seriam condição suficiente (ainda que necessária) para transformar a situação das mulheres das classes trabalhadoras: «A emancipação da mulher, como a de todo o género humano, só se tornará realidade no dia em que o trabalho se emancipar do capital. Só na sociedade socialista as mulheres, como os trabalhadores, tomarão posse plena dos seus direitos». (7)

A luta pelo direito ao voto

A maior parte das referências historiográficas às lutas pelo direito ao voto das mulheres atribui um lugar de destaque às sufragistas, ou a movimentos de mulheres da classe média, ocultando a posição dos movimentos de mulheres operárias e socialistas, afirmando, por exemplo, que estes consideravam os direitos políticos das mulheres subordinados ao avanço económico dos homens da classe trabalhadora. Mas, na verdade, antes do final do século XIX, o direito das mulheres ao voto integrou os programas dos partidos operários europeus como exigência do sufrágio universal para os dois sexos. (8)

Na Alemanha, como em outros países da Europa, a luta pelo direito ao voto não foi liderada pelas mulheres da classe média, ou pelas suas organizações, mas pelas mulheres das organizações proletárias, cujo movimento mais impressionante foi sem dúvida o das mulheres do Partido Social Democrata da Alemanha (SPD), lideradas por Clara Zetkin.Tais factos, apesar de largamente documentados, são deliberadamente «esquecidos» por algumas historiadoras, ocultando o papel de Clara Zetkin e dos partidos operários e revolucionários nesta luta.

Clara Zetkin defendia que a luta das proletárias pelo sufrágio directo e universal intensificava a luta geral do proletariado pela sua libertação e era imprescindível para a mobilização e educação política das proletárias. Ao contrário das burguesas, Clara Zetkin não considerava o voto das mulheres como o «objectivo final», porque a concessão do direito ao voto não bastava «para suprimir o antagonismo de classe entre exploradores e explorados». (9)

Como o referiu em 1907: «O direito ao voto ajuda as mulheres da burguesia a derrubar as barreiras que, sob a forma de privilégios masculinos, limitam as suas possibilidades de acesso à educação e à vida profissional. E arma as mulheres proletárias na luta que levam a cabo contra a exploração e a dominação de classe para conseguirem ser reconhecidas como seres humanos de corpo inteiro.» (10)

Na Conferência Internacional de Mulheres, em 1910, foi aprovada nova resolução sobre o direito ao voto para as mulheres: «… o sufrágio universal, atribuído a todas as maiores de idade e que não dependa da propriedade, nem do imposto, nem do grau de cultura, nem de outras condições que excluam os membros da classe operária do gozo deste direito». (11)

As divergências existentes entre os movimentos de mulheres burguesas e proletárias reflectem que também a luta pelo direito ao voto foi dominada pelo antagonismo de classe que decorre dos interesses próprios das mulheres de cada classe social. De facto, o voto das mulheres das classes dominantes significava apenas o fim dos privilégios dos homens da mesma classe e por isso não alterava qualquer relação de poder entre as classes sociais.

Dar a conhecer a vida e a obra desta comunista, que tem sido ocultada e esquecida na(s) História(s) das mulheres e dos Feminismos, foi a razão que levou à publicação, em 2007, do livro Clara Zetkin e a luta das mulheres. Uma atitude inconformada. Um percurso coerente, das Edições «Avante!», na passagem dos 150 anos do seu nascimento.


Notas

(1) Teve lugar em Copenhaga, em Agosto de 1910, e precedeu o Congresso da II Internacional. Presentes 100 delegadas oriundas de 17 países, que aprovaram resoluções contra a invasão da Finlândia pelas tropas russas, pela manutenção da paz, pela protecção social das crianças e das mulheres trabalhadoras e pelo sufrágio universal das mulheres.
(2) Clara Zetkin e a luta das mulheres, Uma atitude inconformada. Um percurso coerente, Lisboa, Edições «Avante!», 2007, p. 15.
(3) Citado por Gilbert Badia (1980), in Clara Zetkin, Batailles pour les femmes, Paris, Éditions Sociales, p. 44.
(4) Fundado em 1891, Die Gleichheit (A Igualdade) é um jornal dirigido às mulheres, cujo primeiro número sai em Janeiro de 1892. Clara Zetkin assume a responsabilidade de redactora-chefe até 1917, tornando-o um dos órgãos mais importantes da imprensa operária.
(5) Alexandra Kollontai, 1920. International Women’s Day.
(6) Clara Zetkin e a luta das mulheres, Lisboa, Edições «Avante!», 2007, p. 16.
(7) Clara Zetkin, «Pela libertação da mulher», in Clara Zetkin e a luta das mulheres, Lisboa, Edições «Avante!», 2007, p. 118.
(8) Os socialistas franceses em 1879, os austríacos em 1888, os alemães (1890), os bolcheviques (1903) e foi integrado nas decisões do Congresso de Paris da II Internacional (1900).
(9) Clara Zetkin (1907), «Relatório sobre a luta pelo direito de voto das mulheres», in Clara Zetkin e a luta das mulheres, Lisboa, Edições «Avante!», 2007, p. 166.
(10) Idem, pp. 165.
(11) Résolutions de la Conférence Internationale des Femmes Socialistes, ténue à Copenhague les 25 et 26 août 1919 et communiquées au Congrès Socialiste International, in http://library.fes.de. [Acesso a 5.02.07].

Ler máis

Etiquetas:

(1) Comentarios
Sionistas, os nazis de hoxe (IV)

Publicado en FREEGAZA

Etiquetas:

(0) Comentarios
10 de marzo, o berro que nunca esmorece
09/03/2008


Publicado no portal da FPG

Hai 36 anos, nun dez de marzo, as feridas de bala poducidas polas forzas de ocupación españolas nos corpos de varios fillos do proletariado de Galiza asasinaban a Amador Rei e Daniel Niebla, obreiros galegos. Comezaba aquí unha xeira de resistencia antifascista, antiimperialista e patriótica que perdura até o día de hoxe. Na lembranza destes dous compañeiros caídos constituímonos en pobo traballador galego consciente de si mesmo.

O berro de Ferrol, Vigo, e de toda Galiza, un berro unitario e ceibe, removeu ás forzas opresoras e ás súas múltiples gadoupas. A clase obreira galega organizada e consciente de si mesma preocupou daquela, e segue a preocupar agora a quen explota e aldraxa o noso País. É por iso que o poder segue a nos querer vender a moto, repetíndose mil veces coma aquel ministro nazi, de que a loita de clases xa é anacrónica, nin existe, nin ten sentido.

Pero dende aquel 1972, e incluso dende antes, a nós, limpos de conciencia e ceibes de pensamento, non nos enganan con peroratas e mentiras. Non nos enganan porque ese “anacronismo” da loita de clases sentímolo a diario, desempregad@s, precari@s, mocidade estudante e asalariada, mulleres obreiras, migrantes que saen e entran, anciás que viven case na indixencia tras toda unha vida de duro traballo, minorías raciais,… é dicir, as multitudes, o proletariado, as clases populares. Por iso xuramos seguir dando guerra.

Para o noso Partido esta data indícanos o camiño a seguir na loita pola nosa emancipación como clase e como nación: organización, formación e acumulación de forzas no camiño da revolución nacional popular.

Aquí, hai 20 anos e tamén nun dez de marzo, presentábase perante o pobo galego a que será até hoxe a máis importante e lonxeva entidade organizativa da esquerda independentista galega, e que constitúe agora mesmo a organización política nacional do independentismo revolucionario de clase: a Frente Popular Galega. Non nacía da nada, tiña raíces ben profundas nas primeiras expresións do independentismo contemporáneo: a UPG histórica, o PGP, Galicia Ceibe (OLN) e o PCLN.

Agora, todas e todos os que facemos parte da FPG e do seu círculo simpatizante temos a obriga de ollar cara atrás, analisar estes 20 anos de combate incesante, correxir os erros e mellorar os acertos, e tirar cara adiante con afouteza e intelixencia para seguir garantindo a dirección obreira e a compoñente de clase na dura loita pola liberdade da nosa nación: a loita por unha Galiza independente nun planeta comunista, sen oprimidas/os nin opresoras/es.

Viva Galiza ceibe e socialista!
Adiante a FPG!

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Entrevista ao novo Presidente do Partido dos Traballadores de Bélxica, Peter Mertens
08/03/2008


O PTB celebrou recentemente o seu VIIIº Congreso, no que a “vella garda” deu o relevo á seguinte xeración. Ludo Martens, Deckers e outros fundadores do partido deixan o posto a xente moito máis nova. O partido, que actualmente conta cuns 3.000 militantes, quere facer unha renovación. Renovar, segundo di o novo Presidente Peter Mertens, o enfoque, non as ideas. Polo de agora xa hai cambios cando menos na imaxe do partido: novo logo, novo deseño do portal electrónico así como da revista Solidaire... Queren profundar máis na política dos problemas do día a día, nas cuestións concretas.

Esta entrevista que nós traducimos apareceu no Solidaire, unha das revistas do PTB. Léana vostedes porque non ten desperdicio, e tiren as súas propias conclusións.


04/03/08


- Toman o posto de xente como o anterior Presidente, Ludo Martens, ou o Secretario Xeral Baudouin Deckers, quen dirixiu o partido desde a súa fundación. A túa xeración non nacera cando eles fundaron o partido. Non é un pouco difícil dirixir o partido con 38 anos?

Peter Mertens. É certo, en 1968 eu aínda non nacera. Afilieime en 1991, na época da primeira guerra do Golfo. Coñecín o partido cando desenvolvía unha campaña pola igualdade de dereitos para todos, contra o racismo. Nesa época, o presidente do FGTB, Michel Nollet, dicía que o partido era o "que tiña os mellores cadros sindicais". É a experiencia da miña xeración.


Esta xeración que, coma min, pode continuar construíndo o partido sobre as bases das notábeis realizacións da primeira xeración. Porque esta primeira xeración xamais se deixou tentar por todo o que brilla na sociedade. Puxo en marcha, por exemplo, Medicina para o Pobo, que conta hoxe con once centros médicos que practican a medicina gratuíta. E, sobre todo, fundou un partido. Grazas a isto temos hoxe un partido marxista presente en 120 fábricas e oficinas, en case 40 cidades. Unha presenza que non hai que subestimar! Mais o mellor é que esta xeración aínda está, e sempre estará, presente. E que colabora activamente na renovación do partido. Só hai unha palabra para todos eles: o respecto.

- Un novo presidente. Significa isto un cambio radical na traxectoria política do PTB, como se puido entender na Radio 1 (VRT), a primeira cadea flamenca do país?

P.M. A renovación é obra do VIIIº Congreso do PTB. É dicir, de todas as seccións e dos seus 466 delegados. Durante todo un ano, no curso das sesións das comisión, discutiuse sobre as orientacións do partido. É esta participación a que fai do PTB un partido tan atraínte. Sobre esta base, todo o partido elixiu finalmente unha nova dirección que ten o deber de aplicar as novas directrices.

- Vostede fala de erros do pasado. Pode dar algúns exemplos?

P.M. Erros. Por suposto, é doado dicilo hoxe. Na casa dos meus pais había un pequeno letreiro no que se lía: "O que traballa comete erros. Certas persoas xamais se equivocan". Pasou tempo antes de que comprendera o verdadeiro significado destas verbas. Hoxe podo dicilo: si, o PTB traballou, até partirse o peito. Polo que cometeu erros. E aínda ten que traballar moito e aínda vai cometer erros.

O propio congreso recoñeceu un certo número de erros. Sen dúbida, bastante a miúdo traballamos desde o rol dun profesor, que todo o sabe, no canto de escoitar. Tivemos as veces confrontacións estériles con outras organización, en vez de traballar xuntos en proxectos comúns. En ocasións esaxeramos as nosas posicións, no canto de matizalas. Deixámonos levar algunhas veces pola política da escalada, en vez de defender reivindicacións correctas.

Por isto fai falla unha renovación. Unha renovación constante. Non dos nosos ideais, senón do noso enfoque. O que non funciona, non debemos repetilo. Debemos repetir o que funciona. É a práctica a que xulga o que é correcto e o que é falso.

- O PTB quere ocuparse máis dos "problemas concretos da xente". É evidente, non?

P.M. O pasado mes, 5.400 persoas enviáronnos unha carta o unha mensaxe electrónica. 5.400 nun mes. Non sobre as grandes teorías. Eran sobre as súas facturas do gas ou da luz. Leo unha: "Son unha nai solteira. Traballo a tempo completo e gaño 1.400 euros. Consumo cada vez menos electricidade e, porén, a factura é cada vez maior. Como podo pagar isto? Que podo facer a final de mes?" É este un pequeno problema?

Debemos abordar estes problemas. E xunto coa xente, impoñer cambios. Porque a esquerda necesita vitorias. As vitorias son importantes. Primeiro, para facer a vida máis humana. Despois, para devolverlle á xente a forza e a confianza. Para recuperar o optimismo, saber que xuntos podemos cambiar algo. É verdadeiramente importante.

- Moi a miúdo escoitamos sobre o PTB: "Un bo programa, pero un partido demasiado pequeno como para ter peso nas decisións políticas". Ten este pequeno partido os medios para acadar os seus obxectivos?

P.M. Coido que a nosa maior forza reside nos desexos de cambios que a xente ten. O Dr. Van Duppen de Medicina para o Pobo liderou a campaña pola gratuidade da vacina contra a gripe, xunto aos grandes sindicatos, as mutuas e outras asociacións. Necesitaron dunha acción con 300 persoas para logralo.

O prezo das píldoras para controlar o colesterol diminuíu nun 84% en cinco anos, tamén grazas á acción.

Foi así como se levaron a cabo os cambios na historia social do noso país.

E isto vale tanto para as cousas pequenas como para as grandes. Tanto para a vacina da gripe como para a Seguridade Social, para a redución do IVE sobre o gas e a electricidade como para o dereito ao voto. O máis importante instrumento para o cambio é a xente.

- O PTB opta pois por obxectivos concreto e abandona as grandes teorías?

Por que se debería introducir o mercado na asistencia sanitaria e no ensino? Por que se debería buscar beneficio económico a costa dos pacientes? Non podemos abordar estas accións concretas se non temes outra visión da sociedade. Neste sentido, a nosa visión socialista da sociedade realízase ao mesmo tempo que o noso achegamento aos problemas concretos. Os dous refórzanse mutuamente. Isto continúa a ser un signo distintivo do PTB. Isto é importante, nós partimos da práctica, partimos da vida.

Os problemas ideolóxicos véxoos máis entre os liberais e os socialdemócratas, que son igualmente liberais. Eles non teñen ningunha idea que inspire ou entusiasme á sociedade. Recentemente, lin o libro de Jean-Luc Mélenchon (Na procura da esquerda), senador do Partido Socialista en Francia. El mesmo admite que, desde a queda do Muro, a socialdemocracia está inmersa nunha crise ideolóxica. "A socialdemocracia non se contenta xa con acompañar a mundialización liberal nin con actuar de hospital de campaña. Tamén é o seu programa de goberno."

Traballar cada vez máis horas, ir dun traballo ao outro durante toda a vida, sen seguridade, asistir ao desmantelamento dos servizos públicos, á posta á venda de todos os dominios da vida social, como os servizos de saúde, comprobar os extraordinarios beneficios para os grandes accionistas e apertar o cinto aínda máis... Hai razóns para ser un partido anticapitalista porque a xente nos di cada día que isto non pode durar máis.

- Unha visión da sociedade pode ser bonita, mais o PTB sempre se asociou ao que aconteceu nos países socialistas. Máis ou menos, onde vos situades hoxe na historia do movemento comunista?

P.M. Sería absurdo querer facer táboa rasa do pasado. Sería unha idea absurda deixar a un lado os puntos fortes do movemento comunista. Non comezamos de cero. Os lobos poden ouvear máis ou menos forte, pero non poden negar os logros notábeis realizados en China e na URSS, dous grandes países que, en circunstancias extremadamente complicadas, tentaron dar forma a outra sociedade.

Demos esquecer cales era as circunstancias concretas? Fai falla pechar os ollos sobre os erros? Neste sentido, non traballamos cun proxecto totalmente preconcibido de antemán, un modelo intanxíbel ou un método que hai que copiar ao cento por cento. Temos que procurar a nosa propia vía. Na compaña da xente de hoxe no mundo de hoxe. Si, o socialismo ten o seu pasado. Hoxe se trata de darlle tamén un futuro.

- Algúns xornais suxiren que o PTB tomou exemplo doutros: Olivier Besancenot en Francia, o Partido Socialista dos Países Baixos, ou A Esquerda en Alemaña. É así?

P.M. En primeiro lugar, encontro verdadeiramente ben que estes partidos progresen tan fortemente. Que a esquerda obteña un dez por cento en Francia, que o Partido Comunista Portugués acade o 14% dos votos, que Chipre elixira un comunista como presidente... Todo iso é estupendo.

Hai xa vinte anos que se nos di que non existe outra alternativa que privatizar, liberalizar e comercializar máis. Pero xorden nos Países Baixos, en Francia ou na Alemaña, partidos que precisamente van contra todo isto, uns dun xeito máis nidio ca outros, que chegan a entusiasmar á poboación. Podemos aledarnos disto, non?

Mais por outra lado, non estamos nunha busca desesperada dun novo modelo a seguir. Non cremos en métodos que nós debemos "copiar e pegar", aínda que veñan dos Países Baixos (ri). Somo un partido comunista do noso tempo, apoiámonos no marxismo, dámoslle moita importancia ao traballo nas empresas e nas fábricas. Estes xa son puntos de diverxencia con outros partidos do continente. Atoparemos a nosa propia vida, teñamos confianza.

- En Bélxica, para moita xente a "esquerda" é sinónimo do PS e do SP.A (flamenco). Estes partidos están considerados como os representantes dos traballadores. Pretenden presentarse a día de hoxe como a barreira contra o avance da dereita. Evidentemente, fan referencia á subida de Didier Reynders polo lado francófono e do Vlaams Belang e a Lista Dedecker en Flandres. Non deben construír unha grande fronte contra a dereita?

P.M. Por suposto que debemos construír un encoro que pare á dereita. Pero un encoro detén a corrente. Non sucumbe pouco a pouco a esta corrente. Sexamos honestos. Estes últimos dezaoito anos, as direccións do PS e SP.A contribuíron, no goberno, a aplicar todo tipo de planos antisociais: privatización do Servizo de Correos, liberalización do servizo enerxéticos... En dezaoito anos, os salarios sufriron un retroceso sen igual, ao tempo que as ganancias do capital superaban todas as marcas coñecidas até o momento. A día de hoxe non escoitei nin unha soa palabra de autocrítica ou que cuestionase estas medidas por parte dos dirixentes do PS e do SP.A.

O necesario é construír unha grande fronte na práctica. Para reducir as pesadas facturas do gas e da electricidade, en vez de facer medrar aínda máis os asombrosos beneficios de Electrabel. Para reconstruír unha forte seguridade social nacional, no canto de dividila. Para facer baixar os prezos dos medicamentos, no lugar de enviar avións F-16 a Afganistán.

E o PTB non ten nada de petroleiro. O PTB quixera ser máis ben un tractor dinámico, un arado para desenvolver as forzas sociais. Pensamos que todo o mundo, á esquerda, podería aproveitarse.

- Resumiron a súa nova orientación no seu pequeno libro Prioridade de Esquerda. Cal é a intención?

P.M. Canto tiña 16 anos, eu era o responsábel final do noso diario escolar. Tiñamos que facer unha enquisa electoral en Westmalle, e unha persoa votaba polo PVDA (o nome do PTB en flamenco). Declarei que ese voto non era válido, afirmando: "Non sabes que é un partido holandés?" (O PvdA é o nome do partido socialdemócrata nos Países Baixos). O que quero dicir é que buscamos que a día de hoxe ninguén pense que o PVDA é un partido holandés ou que o PTB son as iniciais de Peugeot-Talbot-Bélxica... (ri)

Queremos dar a coñecer o noso PTB o máis amplamente posíbel. Por iso imos poñer na rúa decenas de milleiros de exemplares de balde. Queremos utilizalos, sobre todo, para entusiasmar á xente co traballo do PTB. Mais tamén para que se afilien.

- P. Teñen grandes ambicións no tocante á ampliación do partido. Hoxe 3.000 militantes, 4.000 no 2009, 5.000 no 2010...

P.M. Queremos medrar co obxectivo de incidir aínda máis na orde do día política e porque queremos realizar máis cousas. Colaborar coa xente. Temos tanta necesidade dunha columna vertebral sólida, dunha visión da sociedade como dun enfoque aberto e unha boa organización. É especialmente importante consolidar a nivel organizativo os nosos progresos políticos. Son os nosos militantes quen, en máis de corenta cidades, loitan polo mantemento das oficinas de correos. Quen loitan polo mantemento dos hospitais de proximidade. Quen, tanto nos clubs de deporte como nas asociacións xuvenís, traballan contra o IVE. Quen loitan nas fábricas e nas empresas polo mantemento do emprego. En resume, necesitamos moita máis base militante para levar á práctica o noso ideal de "a xente primeiro, non o beneficio".

Ler máis

Etiquetas:

(1) Comentarios
Os novos conquistadores
07/03/2008


O presidente do Celta, Carlos Mouriño, o seu fillo Juan Camilo, ministro de gobernación de México, Manuel Fraga, Felipe González, Aznar e moitos máis aparecen neste artigo no que tamén se nomea a Galiza, iso si, como unha “provincia”. Polo seu interese decidimos traducilo á nosa lingua.


John Ross
Counterpunch
01/03/08


Cando Cristovo Colón izou velas no porto de Huelva en 1492, dirección ao misterioso Oriente para conquistar novos mercados para o seu rei e a súa raíña, a motivación da súa misión era económica e, após topar accidentalmente na súa rota co Novo Mundo, Colón e os seus xefes fixeron exactamente o que calquera persoa de negocios avariciosa faría: hospedarse nas costas de América, roubar o ouro, matar aos indios e, aos sobreviventes, selarlles a marca do seu deus.

En 1519, na mañá do Venres Santo na que Fernán Cortés ancorou fronte a Veracruz, o negocio florecera nun imperio. Cortés, un empresario privado, lanzouse á conquista de México mediante unha precursora OPA hostil. As súas armas foron a Cruz e o Canón e as Pragas, os seus cabalos, barbas profusas, e pesadas armaduras -e a traizón dos pobos nativos nos que medrara o descontento á dominación azteca- para, finalmente, derrocar á dinastía de Moctezuma, facerse cargo da franquía e renomear o lugar converténdoo en, podía ser doutro xeito?, Nueva España.

Após 500 anos de historia, os Conquistadores volveron ao Novo Mundo. Desde Tixuana até a Terra de Fogo, a Reconquista avanza a lume que biqueira:

- Exemplo: Repsol, o consorcio español de enerxía, asina farturentos contratos con Arxentina, batalla con Evo Morales polo dereito a explotar os inmensos depósitos de gas natural bolivianos e está preparado para facerse cun anaco do xigante mexicano PEMEX.

- Exemplo: "Por que non calas!" O rei do imperio español Juan Carlos de Borbón tenta trabar a Hugo Chávez como se este fose o seu servo zambro na pasada Cimeira Iberoamericana. Cimeira que non é outra cousa que unha ferramenta da estratexia da Coroa española para se manter como o principal poder estranxeiro en América Latina.

- Exemplo: O Presidente español José Luís Rodríguez Zapatero ofrécese para enviar tropas á fronteira colombiana para defender ao Presidente Álvaro Uribe, un importante socio comercial, contra as hordas roxas chavistas. "200 anos despois, os Conquistadores volveron para defender os seus investimentos", clama a escritora colombiana Laura Restrepo. "É ridículo. Colombia depende dos investimentos españois como cando Simón Bolívar se alzou contra a Coroa."

Os gachupines* españois son odiados en América Latina tan só un pouco menos que os gringos de Norteamérica.

Aquí en Cidade de México, o resplandecente novo Centro Cultural de España foi construído, para honrar ao seu deus cristián, entre as ruínas do "Templo Maior" dos aztecas, que xa os Conquistadores demoleron unha vez, e a Catedral Metropolitana. Semella como se a Coroa española nunca abandonara Nueva España.

Os españois desembarcaron netas costas en varias quendas. Despois dos conquistadores viñeron os colonos que se mesturaron cos crioulos -os españois nados en América. Casaron coa nobreza indíxena, simbolizadas estas unións no casamento entre Cortés e Malinche, producindo presuntamente unha "Raza Cósmica", pero medrou a distancia entre a minoría branca e as masas escuras e mestizas.

Durante a Guerra Civil española (1936-1939), o entón "bolxevique" presidente de México Lázaro Cárdenas ofreceu refuxio a 50.000 republicanos. Malia que os seus avós chegaron a estas costas sen un peso, os descendentes deses refuxiados convertéronse en adiñeirados industriais, gabados intelectuais, e en excelentes restauradores -a paella e a fabada están no menú diario dos mellores restaurantes do casco vello desta capital.

A Reconquista de México non chegou desta vez da man da Cruz e as Pragas. Zara, o emporio do téxtil e dos grandes investimentos, resultou unha moito máis eficaz arma de conquista. España é agora o segundo inversor en México, só por detrás dos Estados Unidos, e o comercio entre os dous países pasou dos mil cincocentos millóns de dólares de hai dez anos aos máis de seis mil millón do pasado ano.

O Banco de Santander e o BBVA (propietario de Bancomer, o segundo banco de México) representan agora o 40% do negocio bancario de México con 14 millóns de clientes. As corporacións españolas abalánzanse agora polo control dos aeroportos de México -no momento no que aterras en México, a túa seguridade está proporcionada polo español Grupo Eulen, quen tamén se encarga da seguridade do proximamente privatizado monopolio petrolífero PEMEX.

20 millóns de chilangos (residentes de México D.F.) van e volven do traballo todos os días en vagóns de metro de construción española. Os mexicanos non poden cociñar sen Gas Natural, facilitado ás súas cociñas pola empresa enerxética española do mesmo nome. Do mesmo xeito, tampouco moitos residentes poderían acender as luces das súas casas sen mercar a enerxía a un dos tres grandes provedores españois de electricidade -Iberdrola, Unión Fenosa e Gas Natural- que controlan o 70% da enerxía privada en México.

A editorial española Prisa domina a industria mexicana dos libros de texto e está construíndo un conglomerado de comunicacións que inclúe diarios e un conglomerado de estacións de radio. Hoteis españois como Sol Melia son o motor da industria turística, dominando toda a Ribeira Maia ao longo da costa caribeña desde Quintana Roo até Cancún. Os empresario españois controlan 127 hoteis cunha capacidade de 50.000 habitacións. A publicidade de SpainBusiness.com ocupa todas as contraportadas das máis importantes revistas do mercado. E, por suposto, Repsol, que está a espera de que PEMEX sexa privatizado para levarse un bo anaco de pastel.

(...)

A reconquista de México foi estimulada polo ex presidente José María Aznar, do dereitista Partido Popular, que substituíu ao goberno posfranquista (sic) de Felipe González en 1996. No comezo do seu reinado, Aznar buscou sagazmente unha alianza co sector dereitista encadrado no PAN, coa intención de reactivar o movemento democristián en América Latina con figuras poderosas. O ex presidente español atopou un perfecto aliado no ex presidente Vicente Fox, que até agora encabeza a dirección democristiá en América Latina - o actual presidente do PAN é Manuel Espino, secretario xeral da ODCA (Organización Demócrata Cristiá das Américas).

Durante o axitado período previo ás eleccións presidenciais de 2006, Aznar voou a México para apoiar persoalmente ao sucesor de Fox, Felipe Calderón, e condenar ao esquerdista Andrés Manuel López Obrador (AMLO), violando o artigo 33 que prohibe a intervención de estranxeiros na política mexicana.

Desde que o goberno de Aznar foi desprazado do poder a raíz dos atentados de Madrid de 2004 polo chamado Partido Socialista Obreiro -PSOE-, o dereitista PP virou aínda máis á dereita, botándose ás mans dunha troglodita xerarquía católica, abandeirando a defensa das "vítimas" dos separatismo vasco, atacando o uso do velo nas escolas públicas, e permitindo a legalidade dun movemento como Democracia Nacional, un grupo fascista de neonazis que levou ao líder do Ku Klux Klan, David Duke, a Barcelona o pasado ano. Agora, o substituto de Aznar, Mariano Rajoy, está disposto a regresar ao poder nas eleccións do 8 (sic) de marzo.

A dereita española, descendente directa de Francisco Franco, está consolidándose nas súas ex colonias do outro lado do Atlántico. En xaneiro, o dubidosamente electo presidente Felipe Calderón nomeou ao seu xefe de persoal, Juan Camilo Mouriño, como Secretario de Interior ("Gobernación"), "o segundo posto en importancia en México", afirmou Mouriño no xornal da súa cidade natal (sic), o Faro de Vigo. O Secretario de Interior é o responsábel da conduta dos políticos en México, ademais de supervisar a xustiza e a seguridade.

Juan Camilo, de 35 anos, un home novo chamado polos amigos "Iván o Fino", naceu en Madrid en 1971. O pai é un grande magnate con enormes negocios en Galiza, unha provincia (sic) rica (sic) ao norte do Atlántico, e a nai que afirma que naceu na Cidade de México, malia que a familia aínda non aportou un certificado de nacemento - o Faro de Vigo insiste en que a nai de Mouriño é natural de Avión, unha vila agraria de Galiza.

A distinción é importante, cando menos para o futuro político de Mouriño. A Constitución de México prohibe ocupar calquera alto cargo á persoa que non poda demostrar que, polo menos, un dos seus país naceu no país.

Malia tomar xuramento como cidadán mexicano en 1989, cando Juan Camilo cumpriu 18 anos, aínda hai cuestións pendentes. En agosto de 1996, "O Fino" utilizou un pasaporte español para entrar en México, segundo informou a prensa -o cal o descualifica automaticamente como cidadán mexicano, na opinión do Dr. Elisur Arteaga, un sobranceiro avogado constitucionalista. Para converterse en cidadán mexicano en virtude do artigo 32 da Constitución, unha persoa debe renunciar á súa previa nacionalidade, ou nacionalidades, como indica o profesor de dereito da Universidade Nacional, John Ackerman. Se, de feito, Mouriño non é cidadán mexicano debe renunciar ao seu cargo de Ministro de Interior e non podería loitar pola sucesión de Calderón no 2012, o que moitos coidan que é o seu destino final -o cargo de Ministro de Interior é historicamente un trampolín á presidencia.

A familiar de Mouriño emigrou de Galiza en 1978, non moito despois do enterro de Franco. O pai de Juan Camilo -Carlos Mouriño Andantes- está realizando enormes investimentos na costa galega e mantén vínculos desde hai moito tempo co ultra dereitista Manuel Fraga, ministro de turismo con Franco, e posterior xefe da política provincial. (sic)

Nunha recente entrevista no Faro de Vigo, Mouriño fillo compárase a si mesmo cos miles de "fillos de Galiza" que se viron forzados a procurar fortuna alén mar. Defendendo a súa elección da cidadanía mexicana, afirmou que o documento "non se trata só de que a miña nacionalidade é a mexicana, senón que tamén me sinto mexicano até na medula dos meus osos."

A fortuna de Mouriño acadou o seu apoxeo en ambas as dúas beiras do Atlántico. En Campeche, no península do Iucatán, onde se estabeleceu a súa familia, o Grupo GES (Grupo Enerxético do Sueste), da súa propiedade, dirixe unha cadea de 38 estacións de servizo e asinou lucrativos contratos de transporte coa PEMEX. GES asociouse agora cun grupo español encabezado por Mouriño pai para abrir o mercado mexicano á enerxía eólica (Iberdrola, o motor eléctrico español, prepara un grande parque eólico no istmo de Oaxacan).

De volta no vello país, a familia Mouriño ten intereses nas principais industria do aceiro de Galiza e fixo unha fortuna no negocio inmobiliario, mais os investimentos de Carlos Mouriño na franquía local de fútbol, o Celta de Vigo, foron un desastre.

O equipo directivo está acusado de contratar ilegalmente xogadores. Tamén se destapou un escándalo relacionado cos terreos adquiridos para a construción dun novo estadio. A finais de xaneiro, Juan Camilo voou a Vigo para ver ao seu querido Celta, pero o equipo perdeu e descendeu a segunda división.

Para consolidar o seu poder político, os Novos Conquistadores necesitar do poder da prensa. Prisa, o imperio construído polo defunto Jesús de Polanco, editor de El País, xornal de información xeral máis lido en España, a través do seu brazo editorial Santillana, asumiu a tarefa. Santillana publica aproximadamente o 40% de todos os libros de texto de México e 11 dos 40 textos básicos da escola primaria da Secretaría de Educación Pública, amén de outros traballos non académicos.

Algúns comentaristas como Julio Hernández, decano dos columnistas políticos do diario de esquerdas La Jornada, especulan que a velenosa liña editorial de El País contra López Obrador nas eleccións de 2006 estivo inspirada polas expectativas de Santillana de estender os seus contratos se Calderón conquistaba á presidencia.

A defensa de Calderón por parte de Prisa é emblemática do xeito no que os españois fan negocios nos mercados da nova América Latina”, aventúrase a afirmar o escritor Jenaro Villamil na revista Proceso. Negocios son negocios.

No mundo dos xornais, Prisa publica unha edición mexicana de El País que non vende tantos exemplares como a outra empresa editorial, La Prensa, un difamatorio e escandaloso periódico controlado nun 49% polos gachupines, sendo o xornal máis vendido do país. El País tamén publica xornais máis ao sur e ten o control do boliviano La Razón, ao que acusa Jorge Mansilla, embaixador de Bolivia en México, de apoiar aos estados secesionistas no país andino.

Prisa tamén está asociada coa corporación de comunicacións Televisa, un conglomerado internacional de cadeas de radio que inclúe a Radio Caracol en Colombia, con emisoras en Venezuela, Panamá, Arxentina e Miami. En México, a cadea de Prisa-Televisa é W-Radio, buque insignia de Televisa Radio. Hai seis anos, cando Carmen Aristegui, unha nova e valente reporteira, presentaba o programa radiofónico matinal máis escoitado en México, os resultados de W-Radio experimentaron un grande ascenso.

Pero Arístegui desobedeceu á cadea durante a campaña electoral de 2006, cando denunciou unha fraude cibernética deseñada polo cuñado de Calderón. Arístegui foi a única voz dos grandes medios que cuestionou a legalidade das eleccións e ofrecía frecuentemente o seu micrófono a López Obrador. Mais o seu grande pecado foi disentir sobre a chamada Lei Televisa que consagrou o control do espectro dixital en favor do monopolio Televisa.

Este mes de xaneiro, despois de meses de discusións internas, Carmen Aristegui foi finalmente silenciada. Malia que Prisa, que edificou a súa credibilidade en base á súa oposición ao autoritarismo de Franco, pulou por manter á reporteira na cadea, Televisa prevaleceu. Negocios son negocios.

Isto era o que máis ou menos pensaban Colón e Cortés cando encetaron a primeira conquista do Novo Mundo.
________________________________________________________

*NdT. Gachupín é nome dado polos indíxenas mexicanos aos colonizadores, facendo referencia aos esporas que empregaban.

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Noruega: o movemento comunista dá un paso adiante
05/03/2008


Coa desaparición do Partido Comunista de Noruega (AKP), cando a dirección deste partido disolve o mesmo para formar, xunto coa Alianza Electoral Roxa, o partido reformista RØdt (Roxo), os marxistas-leninistas noruegueses poñen en marcha, hai agora un ano, a Plataforma Comunista (Marxista-Leninista), co obxectivo de construír o auténtico partido da clase obreira. Nesta Plataforma uníronse antigos militantes do AKP, a militancia da Liga de Estudantes Comunistas de Noruega, a que fora organización das mocidades do AKP, Mocidade Roxa, e o grupo Revolusjon. Hai uns días celebraron a súa primeira asemblea anual.

Información aparecida no portal electrónico da Plataforma Comunista (Marxista Leninista) o pasado 28 de febreiro:

En Noruega, a Plataforma Comunista (Marxista Leninista) - (KPml) celebrou recentemente a súa primeira Asemblea Anual. A KPml naceu en marzo de 2007 como unha resposta á liquidación dos últimos restos do AKP (Partido Comunista de Noruega), o máis semellante que existía en Noruega a un partido comunista, cando se disolve e xunto coa alianza electoral RV (Alianza Electoral Roxa) crean un novo partido de esquerda reformista, RØdt (Roxo).

KPml é a única iniciativa que se desenvolveu en Noruega a raíz da desintegración da organización que, malia aos seus graves erros e deficiencias, aínda tiña certa semellanza cunha organización comunista. Coa intención de crear un novo partido da clase traballadora, uníronse na KPml comunistas procedentes do disoluto AKP, da organización estudantil comunista NKS (Liga de Estudantes Comunista de Noruega), do grupo marxista-leninista Revolusjon e da organización das mocidades do AKP, RØd Ungdom (Mocidade Roxa). Este unión quere preparar as condicións para a reconstrución dun Partido Comunista Marxista-Leninista. Somos conscientes do feito de que este é un proceso inzado de retos que esixe a adhesión aos principios e tamén moita paciencia.

No pasado ano demostramos vontade e capacidade para desenvolver a base sobre a que construír a organización comunista e a unidade. A KPml organizou un seminario sobre a cuestión da organización partidaria e a loita contra o revisionismo. Tamén, nunha sesión pública, rendemos unha homenaxe ao 90º aniversario da Revolución Socialista de Outubro, unha conmemoración que foi silenciada pola "esquerda oficial" norueguesa.

A necesidade dun partido comunista que poida mobilizar aos máis avanzados sectores da clase obreira para levar ao centro do debate a loita pola revolución socialista non diminuíu, todo o contrario, nunca antes foi tan necesario. Como se afirma no informe político aprobado por unanimidade da asemblea:

"Hoxe o imperialismo mantén e aumenta as características dadas por Lenin. Converteuse aínda en máis reaccionario e agresivo que antes. Ademais, o modo imperialista globalizado de produción e o mercado mundial imperialista é unha causa directa dos desastres ecolóxicos e ambientais que xa están estragando os recursos naturais, deixando amplas zonas inhabitábeis e a milleiros de persoas na procura de refuxio.

(...) Nunha situación na que as forzas revolucionarias e progresistas teñen necesidade de ideas claras e de liderado, toda a "esquerda" do sistema non ten nada que ofrecer fora de algunha que outra reforma."

A primeira asemblea da KPml acadou sólidos progresos no fortalecemento da unidade política e ideolóxica, resultado de extensos estudos e a posta en común das leccións das loitas diarias. A organización tomou medidas importantes no tocante ao labor de propaganda, os estudos teóricos, as tarefas de organización, a participación activa na loita de clases e a loita contra o imperialismo e a guerra.

O informe do comité de coordinación e o plan de traballo aprobado, propón unha serie de obxectivos e campos de traballo prioritarios para o futuro inmediato. Na convencións decidiuse reforzar as relacións cos partidos e organizacións do movemento internacional marxista-leninista.

Foron aprobadas resolucións verbo das negociacións sindicais, a cuestións das pensións e o papel de Noruega e da OTAN como criminais de guerra en Afganistán.

Foi elixido un novo comité de coordinación. O camarada Kjell Arnestad será o seu voceiro.


Información relacionada aparecida no mesmo portal o 21 de marzo do pasado ano:

"O Partido Comunista de Noruega decidiu disolverse e fusionarse nun "amplo" partido xunto coa Alianza Electora Roxa (RV). Este novo partido é, evidentemente, un proxecto reformista, e as persoas que o apoian xa non poden considerarse a si mesmos como comunistas", afirma a Plataforma Comunista nunha declaración emitida o 9 de marzo. Continúa o comunicado:

“Este novo partido careza das normas de organización comunista, e no programa o uso do termo ‘comunismo’ é mera decoración sen contido significativo. O programa do novo partido deixa claro que o marxismo, é dicir, a teoría da clase obreira, non é máis que unha de entre as varias correntes ideolóxicas’das que o partido botará man’. O partido basearase no apoio financeiro por parte do Estado, non terá unha política de salvagarda dos seus membros, e estará fortemente centrado no labor parlamentar. O novo partido non recoñece plenamente que o estado é un instrumento da burguesía, da clase gobernante. É claramente un proxecto reformista. Algunhas persoas defenden as súas esperanzas na crenza de que, a modiño, este novo partido poda xirar á esquerda. Até o momento, non hai exemplos na historia, e tendo en conta as bases deste partido, o perigo de que aconteza todo o contrario é evidente. Esta fusión provocará a saída de máis revolucionario e non a entrada de novos militantes. As alianzas son importantes na loita política es comunistas teñen que tomar parte nelas de xeito activo. Mais nunca un partido comunista de debe disolver nesas alianzas ou partidos, nas que están presente correntes ideolóxicas e puntos de vista que representan os intereses doutras clases que non son a obreira, nin defenden a ideoloxía desta última clase, o marxismo-leninismo. Na nosa opinión, é necesario que os comunistas traballen dentro dun Partido Comunista co fin de crear novos cadros, facer traballo de propaganda, coordinar o traballo nos diferentes sectores e as organizacións de masas, actuar na loita de clases, ter relacións internacionais cos comunistas doutros países, desenvolver a democracia interna e por moitas outras razóns. Isto non se pode facer dentro dun partido reformista. A Plataforma Comunista toma a iniciativa para unir aos comunistas noruegueses que non cederan ao oportunismo. A Plataforma está integrada por persoas de diferentes grupos comunistas con distintas tradicións, a meirande parte deles procedentes do AKP. Nunha situación na que a clase obreira do noso país carece dun partido comunista, consideramos que é o noso deber aumentar os nosos esforzos co fin de crear unha alternativa comunista. Convidamos a todos os revolucionarios que non abandonaron a súa postura marxista-leninista a participar no próximo proceso de unidade e no traballo necesario para restabelecer o Partido. Estamos unidos na nosa convicción de que unha vangarda marxista-leninista, adherida ás normas do centralismo democrático, é unha necesidade. Estamos unidos na idea que precisamos un partido que só se basee na teoría da clase obreira, o socialismo científico, e non nunha mestura de correntes derivadas das diferentes clases da sociedade. A clase obreira norueguesa necesita dun partido comunista, e non descoidaremos o noso deber como comunistas de facer todos os esforzos posíbeis para volver a revivir este partido. Poñémonos a obriga de superar os posíbeis prexuízos, as diferenzas de opinión e os puntos de vista distintos relacionados coas diversas tradicións, e construír unha sólida unidade ideolóxica por medio da acción e o estudo comúns. Só deste xeitos, a través da acción conxunta e a discusión teórica co obxectivo de acadar unha cada vez maior unidade, podemos construír unha auténtica unidade. Abertamente imos falar de política e cuestións de organización. Non permitiremos que as diferenzas nas experiencias prácticas e os métodos de traballo político eiven o diálogo e a boa atmosfera. Imos ser quen de discutir o marxismo-leninismo no sentido máis amplo. Un comité de coordinación constituído por persoas de diferentes antecedentes marxista-leninistas iniciaran o traballo da Plataforma Comunista. A Liga de Estudantes Comunistas (NKS) e o grupo marxista-leninista Revolusjon decidiron formar parte activa na Plataforma Comunista, e obrigar aos seus respectivos membros a acatar calquera decisión unánime tomada polo organismo coordinador da Plataforma. Tamén outros grupos e persoas manifestaron interese nesta Plataforma. Nun futuro próximo, a Plataforma Comunista organizará un seminario onde a cuestión do Partido e o camiño cara ao proceso de unificación, será presentado para o seu estudo e debate.”



Ler máis

Etiquetas:

(1) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com