Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

1º de Maio: Día do Internacionalismo Proletario
29/04/2008

Etiquetas:

(0) Comentarios
De Chos 7: O humor de Matiz
28/04/2008
Matiz
Solidaire
23/04/08


Etiquetas:

(0) Comentarios
Que non te recruten
26/04/2008


Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)

Que non te recruten


O Estado Imperialista Español segue a se aproveitar da situación de desemprego e exclusión, que el mesmo provoca na mocidade galega, para converter ás camadas máis novas do noso pobo nunha canteira para os corpos militares(exército, garda civil) e represivos (policía, seguridade privada) que defenden con violencia a continuidade do réxime monárquico capitalista e os privilexios da burguesía monopolista (naval, metal, Reganosa…).

Tod@s coñecemos a mozos e mozas do noso barrio, aldea ou parroquia que, desesperad@s pola falla de saída laboral e social, se deixan recrutar nestes corpos represivos. Moi pouc@s son “vocacionais”. Pasan a ser opresoras/es da súa propia xente, cans fieis dos inimigos do pobo.

Aínda así, o exército ten cada vez menos alistamentos, polo que o ministerio español de “Defensa” leva tempo facendo campañas de promoción en escolas, centros de ensino e nas oficinas do desemprego. Por todo isto, dende ADIANTE, como organización de mozas e mozos comunistas e independentistas completamente opost@s ás forzas imperialistas e represivas, estamos a facer campaña contra os recrutamentos e a prol dun traballo digno.

Que son os corpos represivos? A quen serven realmente?
Na súa orixe tratábanse de destacamentos de homes armados que tiñan como misión garantir o mantemento das relacións de dominación nacidas da división social do traballo e do fraccionamento da sociedade en clases sociais (explotadores e explotados). Na actualidade segue a ser basicamente o mesmo.

Coa Evolución que supuxo a capacidade de producir excedentes das riquezas, as sociedades dividíronse entre @s que producían tales excedentes (traballadoras/es) e quen se apropiaban deles (ricos e poderosos); estes últimos, ao ser unha minoría, precisaron de se dotar de corpos policiais, exércitos e forzas de asalto que garantisen os seus privilexios pola forza, e que sufocasen posíbeis revoltas d@s traballadoras/es sometid@s a explotación.

O capitalismo supuxo un desenvolvemento aínda maior coa aparición do estado burgués e do exército permanente. A función que cumpre o exército no capitalismo é dobre, por unha banda serve a) para se enfrontar a outras potencias capitalistas e someter a outros pobos, e doutra b) é utilizado como ameaza permanente para todo quen pretenda subverter a opresión no seo do propio estado.

Lembremos o Artigo 8 da Constitución vixente no Estado Imperialista Español:

“Las fuerzas armadas (…) tienen como misión garantizar la soberanía e independencia de España, defender su integridad territorial y el ordenamiento constitucional”. Isto significa que no caso hipotético de que @s galeg@s decidísemos democrática e maioritariamente a independencia do noso País nun futuro, o EIE podería empregar os corpos militares e represivos para evitalo pola forza.

Non é unha saída laboral digna nin honrada

Todo o que nos quere vender a publicidade dos ministerios españois de “defensa” e do Interior, é unha completa mentira:

● Na vertente “laboral”, as condicións son tremendamente precarias. Os salarios son extremadamente baixos, e tan só unhas poucas elites poden cobrar dignamente. Non existen horarios, tes que estar dispoñíbel a todas horas para obedecer o que che ordenen, incluso estando de “permiso” a miles de quilómetros. Está prohibido organizarse ou sindicarse, polo que non hai xeito de defender os teus dereitos cando sexan vulnerados. Etc, etc,…

● Ningún exército nin policía capitalista traballa pola paz. Cando invaden países e os destrúen, asasinan a milleiros de inocentes. Cando despois nos sacan na tele como “colaboran na reconstrución” (do que destruíron!) e no “abastecemento de víveres”, o que están a facer realmente é montar as infraestruturas para explotar os bens do país ocupado, evitar revoltas populares pola fame e a miseria d@s habitantes dos países invadidos e facer publicidade entre @s habitantes dos países invasores.

● Tanto o exército coma a policía seguen albergando tendencias golpistas contra o, xa de por si, precario sistema democrático, como aconteceu recentemente con militares como Mena, J.M. Villa e compañía. Tamén seguen a practicarse torturas físicas e psíquicas nos cuarteis e comisarías. Poucos casos saen á luz, pero se saen –malia o hermetismo encubridor da prensa- é porque hai moitos máis.

● O exército español ten sido empregado recentemente para reprimir manifestacións populares en Galiza: en 1994 forzas do exército enfrontáronse violentamente con veciñ@s de Figueirido por unha disputa sobre a propiedade dos montes que rodean a base militar, en 1983 a policía militar reprimiu a tiros na Coruña unha manifestación contra a multinacional terrorista OTAN, en 1972, tras asasinar a policía aos obreiros Amador e Daniel nunha folga do naval, as fragatas do exército estaban preparadas para disparar sobre a cidade de Ferrol no caso de que trunfase a mobilización, etc,…

● Nas forzas armadas e policiais, fomentan entre os seus membros valores de auto-odio (odio por ser galeg@, odio por proceder da clase traballadora,…) e de machismo, xenofobia, culto á violencia, desprezo a homosexuais e fudamentalismo católico.

Cada vez hai máis xente moza que se dá conta destas mentiras. É por iso que a maioría abandona nos primeiros meses. É por iso, tamén, que fan tanta publicidade para recrutar xente. É por iso que, mesmo sendo tan racistas, agora están dispostos a recrutar a migrantes doutros países máis pobres. Pero tamén elas/es se están a dar conta do erro de se meter nestes corpos represivos.

Pois iso. Que non sexas parv@, non te deixes enganar, e pasa deles!

ADIANTE (MOCIDADE REVOLUCIONARIA GALEGA)
www.adiantegz.org


Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
25 de Abril SEMPRE!
24/04/2008






Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade

Etiquetas:

(0) Comentarios
Euskal Herria: vai e que non cho conten
23/04/2008


Etiquetas:

(0) Comentarios
Cuba homenaxea a Lenin no seu natalicio
22/04/2008

En 1924, na cidade cubana de Regla, centos de persoas, a proposta do seu alcalde, o doutor Antonio Bosch, concentráronse no outeiro do Fortín, onde sementaron unha oliveira para render homenaxe póstuma ao líder da Grande Revolución Socialista de Outubro. Xurde así a Colina Lenin, o primeiro monumento erixido á Vladimir Ilich Lenin no hemisferio occidental.

Cada 22 de abril, data do natalicio de Lenin, traballadoras e traballadores de Regla celebran esta data acudindo ao monumento, nun acto que se encadra nas actividades do movemento obreiro cubano polo Primeiro de Maio.

Este ano, cando se cumpren 138 do nacemento de Lenin, foron miles de persoas as que se congregaron no que xa é unha tradición. Como dixo Salvador Valdés, secretario xeral da Central de Traballadores de Cuba: "son poucos os países onde se conmemora tan importante efeméride, moi próxima ao Primeiro de Maio". E é que este acto, ademais dun tributo a Lenin, significa tamén selar o compromiso militante de acudir o Primeiro de Maio á marcha popular na Praza da Revolución José Martí. Un Primeiro de Maio que este ano, que coincide co 50 aniversario da Revolución e o 70 da creación da Central de Traballadores de Cuba, terá como lema: "Unidade, Firmeza e Vitoria. Os cubanos dirán si ao Socialismo".

Etiquetas:

(0) Comentarios
Entrevista ao Dr. Baburam do Partido Comunista do Nepal (Maoísta): O rei abandonará o palacio após a primeira sesión da Asemblea Constituínte
21/04/2008


The Kathmandu Post

O ideólogo maoísta, o Dr. Baburam Bhattarai, converteuse no verdadeiro líder do Nepal despois das eleccións á Asemblea Constituínte. Derrotou ao seu opoñente do Congreso Nepalés no distrito de Gorkha, Chandraprakash Neupane, por unha enorme marxe. Afirma que o Partido Comunista do Nepal (Maoísta) non ousará apartarse dos seus compromisos políticos nin que xamais traizoará ao pobo. Considera que os maoístas teñen sobre os seus ombros unha enorme responsabilidade, a de reestruturar o país na dirección da prosperidade económica.

O Dr. Baburam Bhattarai, un ex alumno da Universidade de Jawaharlal Nehru, non está sorprendido polos resultados das eleccións á Asemblea Constituínte. Argumenta que o PCN(M) cambiou a realidade do país.


O seu partido emerxeu como o máis poderoso. Como van a desenvolver o seu programa político?

Desde sempre fixemos forza para que se convocasen eleccións á Asemblea Constituínte, que finalmente se celebraron a semana pasada. Durante o período de transición, os sete partidos da alianza de goberno xa chegaran a certos compromisos políticos. Un deles era que chegaríamos a un consenso político para formar o Goberno. Todos os partidos que participaron na elección á Asemblea Constituínte formaran parte do goberno. Agora, a cuestión é quen estará á cabeza. Obviamente, o partido político con máis apoio comandará o novo goberno. Xa que logo, o PCN(M) será o líder da coalición de goberno.

Quen encabezará o PCN(M)? Podería dar o nome do líder?

Non podo responder neste momento. Temos que discutir e decidir quen debe ser o líder. Debemos preparar un proxecto para o novo sistema político. Temos que decidir o destino da monarquía. E só entón poderemos pensar en quen estará á cabeza do PCN(M). A nosa intención é estabelecer un sistema presidencial. Mais non podemos estar seguros até discutir o asunto coas outras forzas políticas. Temos que chegar a un consenso político, porque a Constitución debe ser modificada se queremos crear un sistema presidencial. Sen este consenso político é imposíbel modificar a Constitución. Polo tanto, non podemos simplificar e buscar só un presidente executivo. De darse diferenzas políticas, pode que teñamos que continuar coa actual forma de goberno.

Como o PCN(M), sendo a maior forza política, achégase aos outros partidos políticos para formar o goberno, abolir a monarquía e declarar unha república?

En primeiro lugar, imos manter conversas cos principais partidos políticos. Necesitamos coñecer as súas opinións e puntos de vista antes de formar goberno. Polo momento, temos que traballar no marco interno da constitución, o que require dun consenso político. Imos avanzar sobre esta base. A primeira sesión da Asemblea Constituínte declarará esta país unha República Federal. Para iso debemos desenvolver un consenso político. Despois, a cuestión da formación do novo goberno tamén se debe basear no consenso político. E así proceder á redacción da nova constitución do Nepal.

Ademais destas cuestións, existen outros compromisos políticos, como a Comisión da Verdade e da Reconciliación, a rehabilitación das persoas desprazadas e a modernización das forzas de seguridade. Coido que haberá varios retos e preguntas. Temos que revisar catro cousas de inmediato: seguridade, estrutura política, economía e relacións internacionais. Estas cuestións requiren dun consenso nacional.

Como avalía os resultados das eleccións? Agarda que lles aporten un forte respaldo?

A xente estaba procurando un troco total. Propuxemos unha axenda política para un cambio total durante a década de guerra popular. Temos persoas de diferentes castas, etnias, xénero e de distintas rexións. O programa principal da guerra popular era a reestruturación do estado. Necesitáronse 10 anos de guerra popular para cimentar o noso programa político. O pobo sentía que as estruturas económica e social do país necesitaban dunha completa revisión. Non se poden ollar as cousas cos vellos lentes. Os medios de comunicación e as elites perderon a noción da realidade. Como resultado, os resultados da Asemblea Constituínte sorprenderon a moitos. A realidade cambiou e isto foi o que nos axudou a agromar como principal forza.

O apoio recibido ao seu partido é maior do que agardaba?

Pensabamos que seríamos o partido máis votado, e que, quizais, se conseguiamos un consenso, formariamos o novo goberno. Mais, a maneira coa que conseguimos a vitoria na Asemblea Constituínte fai que sintamos que acadamos máis do que agardabamos.

Porén, sabíamos que os resultados nos favorecerían. Visitei persoalmente 22 distritos, e puiden avaliar a situación tres semanas antes das eleccións. Era visíbel un masivo apoio á nosa organización. Lamentabelmente, os medios de comunicación viron as cousas de maneira contraria. E nós non íamos convencer aos medios até que os resultados o deixaran claro.

Vostede afirmou nunha cadea local de radio que agora soportan a carga de grandes responsabilidades. Que quere dicir?

Considero que temos unha grande responsabilidade porque nós temos que reestruturar un sistema feudal que perdura desde hai 250 anos. Non se pode agardar que isto suceda dun día para outro. En segundo lugar, mentres reestruturemos o estado temos que ter en conta diferentes aspectos, como son a pobreza, o analfabetismo, a saúde e outros. Non temos suficientes recursos como para reorganizar o país do xeito que quixeramos. Van facer falla cando menos 10 ou 15 anos. Enormes desafíos temos por diante.

Como se pode reestrutura o Estado e acadar un crecemento económico nun breve espazo de tempo?

O que necesitamos agora é estabilidade política. Agora, os resultados da Asemblea Constituínte deron esperanzas para a estabilidade política. En segundo lugar, debe existir un forte liderado. Por riba de calquera outra cousa, aínda temos que encomezar a reestruturación do estado. Así que, como podemos pensar na economía? Prometéusenos durante os 30 anos de sistema Panchayat que se abordarían as necesidades do pobo, pero non puido facelo porque era un sistema político imposto polo réxime monárquico para servir aos seus propios intereses.

O sistema parlamentar de despois de 1990 creou unha especie de caos. Non existía unha visión política clara nin podía ofrecer nada. Durante este período de transición, será difícil pensar na prosperidade economía. Só podemos pensar no crecemento económico no período posterior á Asemblea Constituínte. Este mandato acaba de abrir as portas a un futuro para o Nepal. Agora, o traballo é obter o apoio de todos os partidos políticos e manter a estabilidade económica. Isto sería o comezo.

En segundo lugar, os recursos que temos son a terra, a auga, a selva, o campo e as persoas. Coido que a corto prazo non se terminarán os recursos, mais precisamos de apoio externo en tecnoloxía e coñecementos. Estou certo de que se traballamos realmente xuntos, podemos acadar un rápido crecemento económico en pouco tempo.

China adoptou unha política económica liberal. Acadou un notábel crecemento económico nos últimos 30 anos. En que medida pensa que podemos seguir o modelo de China?

China eliminou o réxime feudal durante o período de Mao. Estabeleceu unha base sólida de crecemento económico. Podemos pensar nun rápido progreso económico do país cando nos liberemos do antigo sistema feudal. Coa inxección de novas tecnoloxías, estaremos sentando as bases do crecemento económico. Cando reestruturemos o Estado, e xunto coa participación do sector privado, será posíbel acadar un rápido crecemento económico. Aplicaríamos unha política económica de transición durante un período provisional, que consiste na asociación do público e do privado.

Actualmente estamos vendo un patrón de fuga de capitais. Como van deter isto?

Non podemos pensar no desenvolvemento deste país en ausencia de investimentos nacionais e estranxeiros. O desenvolvemento tecnolóxico ten a mesma importancia. Da nosa parte, temos que dar seguridade aos inversores e crear un entorno propicio para estes, sexan nacionais ou estranxeiros. E tamén coido que imos poder resolver as diferenzas entre os traballadores e a dirección. Sen resolver estas cousas, non poderemos crear unhas mellores condicións para os investimentos. En poucas palabras, recoñecemos a lexitimidade da participación dos traballadores na xestión.

En segundo lugar, temos que identificar as areas para os investimentos e crear as infraestruturas necesarias. Hai que centrarse nos sectores produtivos.

Aumentará a participación do Estado nas actividades económicas a partir de agora?

O estado debe desempeñar o papel de facilitador. O estado non pode intervir nas actividades comerciais. Alentarase aos inversores para aumentar a produtividade e xerar oportunidades de emprego.

Vimos, sobre todo desde a restauración da democracia en 1990, como os partidos políticos recompensaban aos seus cadros con postos de traballo na burocracia e noutros sectores. Como van planificar a reestruturación da burocracia e doutros sectores?

Debemos, a toda costa, reestruturar a burocracia e o poder xudicial, xa que sempre foron instrumentos da monarquía. Mais debemos seguir certas normas. Temos que reformar as forzas de seguridade coa integración do Exército de Liberación Popular e do Exército Nepalí, como parte do proceso de paz. Só se pode pensar en encetar o proceso de reestruturación despois de que se suprima a monarquía. Pero todo isto está aberto á discusión. Queremos reformar a burocracia e outros sectores dun xeito democrático.

Vostede afirmou que Nepal non precisaba dunhas forzas de seguridade numerosas. Mais se se vai integrar aos combatentes maoístas e ao exército, vai ficar un exército enorme. Pensa que Nepal necesita un gran Exército?

O número de efectivos das forzas de seguridade despois da integración superará os cen mil. Debemos reducir o número nun prazo longo. Coido que sería útil, no canto dun enorme exército, crear milicias para defender o país en tempo de guerra.

As enquisas dan un pobres resultados ao Partido Comunista do Nepal - Unificación Marxista Leninista. Prevé un único partido comunista nun futuro próximo?

Até hai pouco, existían tres forzas políticas: os monárquicos, os socialdemócratas (que representan á burguesía) e os de esquerda. Coido que só existirán dúas forzas nun futuro: o Congreso Nepalés, que representa aos ricos, e a esquerda, que representa aos pobres. O Congreso Nepalés ten a súa propia postura política. Non vai perder a súa identidade, xa que ten unha clara visión da súa política.

Porén, o PCN-UML non ten ningunha posición política. Nin representa aos ricos, nin ás masas. É un eunuco malia que sigue a identificarse como un partido comunista. Perdeu a súa identidade. Non pode permanecer por máis tempo. Agora, o PCN(M) asentouse como o partido comunista. Darémoslles a benvida aos cadros do PCN-UML ao noso partido.

Canto tempo fará fallar para o proxecto dunha nova constitución?

Tardarase aproximadamente dous anos. Mais o xeito de proceder vai depender tamén das outras forzas políticas. Temos que rematar a nova constitución canto antes de xeito que nos podamos centrar na economía.

Algúns coidan que os maoístas van manter a monarquía como unha institución cerimonial. Que pensa?

O que sorprende é que algúns pensen que imos manter a monarquía, cando xa deixou de existir. Non está en cuestión a fin da monarquía. Fixemos algúns achegamentos con nacionalistas monárquicos. Mais iso non significa que vaiamos manter a monarquía. A monarquía xa deixou de existir nas nosas mentes.

Cando abandonara o rei o Palacio Narayanhiti?

O rei ten que saír do Palacio Narayanhiti inmediatamente despois de proclamar a república. É un acordo da alianza dos sete partidos. O rei abandonara o palacio xusto despois da primeira sesión da Asemblea Constituínte.


Ler entrevista

Etiquetas:

(3) Comentarios
Homer Simpson censura Hugo Chavez
20/04/2008


Manuel Gouveia
Nº 1794, 17/04/08

Na Venezuela, a Comissão Nacional de Telecomunicações decidiu recomendar que a série de desenhos animados «Os Simpson» não fosse passada em horário infantil (como não o é na maioria dos países do mundo, incluindo o nosso). O Canal – privado – acatou a decisão, e colocou no horário antes ocupado pelos Simpson a série «Marés Vivas».
Umas horas depois, a Imprensa Internacional começa a noticiar «Venezuela proíbe os Simpson», depressa evolui para «Chavez proíbe os Simpson», até atingir o actual nível «Chavez proíbe Simpson e coloca 'Marés Vivas' no seu lugar».
A Comunicação Social dominada cá do burgo - acéfala caixa de repetição das mentiras e intoxicações «made in USA» - não podia deixar de amplificar a campanha. Imediatamente, esta acção se reflecte na chamada «blogoesfera», e em centenas de blogs, milhares de cidadãos melhor ou pior intencionados comentam e censuram a atitude de Chavez. E em milhões de locais da esfera real onde vivemos, milhões reproduzem e comentam esta informação. Nascem anedotas, sedimentam-se preconceitos, tiram-se conclusões.
De uma mentira torpe, de uma falsificação grosseira, a máquina conseguiu que milhões saibam que Chavez fez o que não fez, saibam que pensa o que não pensa, e concluam o que os donos da máquina querem que concluam.
Como Homer Simpson faria, sem reflectir, sem previamente criticar a informação recebida, milhões hoje censuram a Hugo Chavez um acto que não praticou, e extrapolam-no para a prática «dos comunistas».
E «factos» como este são criados e disparados às dezenas todos os dias.
Assim funciona a máquina triturante do pensamento único. Contra ela atiramos todos os dias a VERDADE. Às vezes parece um esforço inútil, mas não o é. Nesta luta, a verdade actua como a brisa do mar quando roça o casco de qualquer navio – parece que o navio segue indiferente à brisa, mas todos sabemos que é a brisa que participa na inexorável destruição do navio.

Etiquetas:

(1) Comentarios
Torturas contra a mocidade basca
17/04/2008


ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

Agora que o Estado Imperialista Español (EIE), por medio do seu brazo mediático, está a nos bombardear coas vulneracións dos dereitos humanos, torturas e negacións do dereito de autodeterminación que cometen outros estados, desde ADIANTE temos o deber internacionalista de denunciar estas mesmas violacións, cometidas polo EIE moito máis preto de aquí.

Cada vez é máis duro e silencioso o estado de excepción en Euskal Herria. Centos de moz@s son secuestrad@s case a diario en todos os herrialdes bascos, son levad@s a comisaría, torturad@s impunemente e mesmo, no caso das mozas, agredidas sexualmente.

Como organización xuvenil comunista e independentista voltamos a denunciar na rúa e nos IES de Galiza as continuas agresións do poder imperial-capitalista contra a mocidade traballadora.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Entrevista a Iván Márquez (FARC-EP): O xúbilo triunfalista das oligarquías durará un instante
15/04/2008


Entrevista de ANNCOL e ABP a Iván Márquez, integrante do Secretariado das FARC-EP

No territorio ecuatoriano, o primeiro de marzo foi abatido, con varios combatentes da súa garda e algunhas persoas que estaban de visita no seu campamento de paz, o comandante Raúl Reyes, integrante do Secretariado Nacional das FARC-EP. Poucos días despois, o 7 de marzo, a mans dun axente inimigo infiltrado nas filas do Bloque Noroccidental, foi brutalmente asasinado, xunto á súa compañeira, o Comandante Iván Ríos, tamén integrante da máxima instancia executiva do Estado Maior Central insurxente. É indubidábel que estes feitos suscitaron unha nova situación para o desenvolvemento da confrontación política, militar e social colombiana, que por unha banda, provoca desestabilización diplomática na rexión latinoamericana e, por outra, toca sensibelmente estruturas de condución estratéxica no seo da guerrilla máis antiga e experimentada do continente. Sobres estes e outros temas transcendentais como o troco de prisioneiros, a ilexitimidade do goberno e a crise estrutural do Estado, dialogamos co Comandante Iván Márquez, membro do Socretariado Nacional das FARC-EP.

Cal é o balance que fai a Dirección insurxente respecto ás lamentábeis mortes dos comandantes Raúl Reyes e Iván Ríos, tan festexadas pola oligarquía colombiana, nun momento no que as FARC-EP, mediante xestos unilaterais e malia a intransixencia uribista, amosaban a súa maior disposición para acadar un acordo de intercambio humanitario que abrira camiños de paz?

É un golpe moi duro que nos estremeceu a alma. Tratábase de dous comandantes moi valiosos, como o son todos os que combaten pola causa dos pobres da terra. Doe que Raúl caera cando procuraba camiños para o troco humanitario, ao que consideraba un chanzo na dirección da paz con xustiza social. Con perfidia Uribe aproveitou esa circunstancia para planificar, coa participación dos Estados Unidos e de Israel, a celada criminal. A morte de Iván ficará como constancia histórica da degradación da guerra que rexe as accións do Estado. Cortarlles as mans aos adversarios abatidos... É a sevicia do réxime colombiano, non de agora, senón de sempre. Tamén corta cabezas e desmembra ás súas vítimas. O xúbilo triunfalista das oligarquías durará un instante. O malestar social está incrementado o volume do lume da súa cólera. A morte de Raúl, de Iván e de tantos outros, non é unha vitoria do adversario: é un espellismo. As FARC non son un, nin dous, nin tres, nin cinco comandantes, nin varias columnas... son o pobo cunhas arelas imparábeis de vitoria. O día do alzamento xeral poderase apreciar que o pobo está coas FARC e que as FARC son o pobo en armas. Comandantes virtuosos nos campos militar e político como Joaquín Gómez e Mauricio Jaramillo ocuparon o lugar dos caídos, garantindo un Estado Maior Central unido ao redor do Comandante en Xefe, ao Plan Estratéxico das FARC, á Plataforma Bolivariana pola Nova Colombia, a de Bolívar. Venceremos. Haberá Nova Colombia, Patria Grande e Socialismo.

O Presidente de Colombia, Álvaro Uribe Vélez, ofreceu garantías para que unha misión médica organizada polo goberno francés poida asistir a prisioneiros de guerra na profundidade da selva. Foron consultadas as FARC sobre este tema?

Non. É algo que están montando sen contar coas FARC. O éxito dunha misión desa natureza non pode deixarse nas mans dunha excesiva ilusión. Uribe di que garante... garante que? Seica é voceiro insurxente?... Era boa! O designado polo Secretariado das FARC para falar coa delegación do goberno francés era o comandante Raúl Reyes, mais como todos sabe, Raúl foi abatido nun ataque militar dos gobernos de Colombia e dos Estados Unidos en territorio ecuatoriano, violando a soberanía dese país e a lei internacional. Esta é a razón pola que o goberno francés non puido contactar coas FARC. Por esa consecuencia fatal do arteiro ataque, non hai hoxe interlocutor das FARC para tal efecto.

Mais a igrexa católica instou ao Secretariado das FARC a nomear rapidamente o substituto de Raúl Reyes...

Con todo respecto, os insigne purpurados coidan que iso é como soprar e facer botellas. O que aconteceu co asasinato de Raúl Reyes e Iván Ríos é sumamente grave. Unha persoa cun chisco de sentido entende que non se pode, nestas circunstancias, nin actuar nin esixir tan alegremente, como se nada pasara. As FARC non camiñan polo rego das campañas publicitarias nin das mediacións coxas. A diplomacia santanderista do goberno de Bogotá mata mentres sorrí. Asasina aos nosos voceiros e despois di que está disposto a conversar. Sostén que propicia o acordo humanitario e ordena ao mesmo tempo o rescate militar sanguento dos prisioneiros na montaña. Extradita guerrilleiros aos Estados Unidos e despois esixe que os tres gringos prisioneiros polas FARC sexan liberados. Falan de humanidade e o seu goberno están montado sobre miles de fosas comúns e masacres. Oufánase da súa “seguridade democrática”, que é dos gringos, pero máis de 30 millóns de colombianos –de 44- viven na pobreza. Practica todos os días o terrorismo de Estado e ten a desvergoña de endosar esa condición aos seus opositores. É un goberno tan mafioso como Don Vito Corleone e ten o descaro de cualificar aos guerrilleiros de narcotraficantes. Deberían ler con máis atención as follas da historia do Exército do Pobo, que ensina que cando as FARC reciben ataques como os de Casa Verde, o réxime obtén indefectibelmente unha resposta digna, axeitada á gravidade dos feitos.

O ministro de defensa, Juan Manuel Santos, cualificou a agresión ao Ecuador como unha acción lexítima de guerra e o comandante das Forzas Militares, xeneral Fredy Padilla de León, asegura que todo aquel que se reúna coas FARC se converte automaticamente nun obxectivo militar...

Aí están pintados. Eles actúan en consonancia coa oficina que os gringos montaron na antiga zona da Canle de Panamá para controlar, coas oito axencias da intelixencia americana, as fronteiras de Colombia con Venezuela, Ecuador e Panamá, en función de atizar e xustificar un eventual conflito bélico entre nacións, no marco da estratexia xeopolítica de Washington. Co expresado polo xeneral Fredy Padilla de León, un ten que preguntarse se diría o mesmo se no canto dos estudantes mexicanos e do cidadán ecuatoriano, estiveran reunidos con Raúl os delegados do goberno francés. Eles, o goberno e os seus xenerais, coidan que a súa hipócrita loita contra o que malevolamente chaman “terrorismo” xustifica todas as súas inxurias e transgresións. No tocante ao Ministro de defensa, Juan Manuel Sanos, só unha reflexión: dixo con arrogancia infinita, mais coa ollada fixa no 2010 e na Presidencia da República, que se por xustificar o ataque bélico de Colombia contra Ecuador é coñecido como “Falcón da guerra”, que o sigan chamando entón “Falcón da guerra”. O problema é que ese señorito da oligarquía non chega nin a covarde pega detrás do seu escritorio, que nin sequera a que cheira a pólvora. É dos que acirran a guerra pero non expoñen o seu pelexo na liña de fogo, como si teñen que facelo os soldados e algúns oficiais subalternos. Mentres aparece sorrindo ante micrófonos e cámaras co “V” da vitoria que non lles pertence, e que non lograron, van desaparecendo tamén da súa memoria os militares mortos e os mutilados. Máis que falcón, semella un “gavilán pollero”. Que o diga o país.

As computadoras incautadas segundo o goberno de Colombia, a Raúl Reyes e rescatadas dun demoledor bombardeo semellan un expediente de Bogotá e Washington para chantaxear aos gobernos de Venezuela e Ecuador e para atenuar a resistencia dos pobos da Nosa América ás políticas imperiais... Pódeselle dar algún chisco de credibilidade ao que están difundindo como o seu contido?

A un goberno mentirán como o de Uribe Vélez non se lle pode dar ningún creto nin aquí nin en Cafarnaum. A mentira é a punta de lanza da súa noxenta diplomacia. Por iso o seu total illamento no concerto das nacións latinoamericanas. Como moito terá un par de cómplices, que non amigos. Mentiu cando falou de persecución en quente. Mentiu e sigue a facelo cando di que a guerrilla dispara desde Ecuador. Minte cando di que as FARC reciben armas e dólares de Venezuela. De ser así –non teñan a máis mínima dúbida- teriamos acabado mil veces con ese goberno podre de Bogotá que se asaña co pobo a través da “seguridade democrática”, que co tempo é “seguridade investidora” como o confesou o propio Uribe na Guaxira. Minte cando di que a sinatura do TLC será a redención social de Colombia, cando é a cadea de escravitude moderna. Non se pode crer a un goberno mentirán e terrorista cando cualifica de terrorista a loita dos febles. O propio Goebbels está dentro do Palacio de Nariño. O que realmente debe xerar alarma é na conciencia ética da Nosa América é que ninguén diga nada diante da criminal axuda de Washington en millóns e millóns de dólares e armas ao goberno fascista e narco paramilitar de Colombia para incendiar o país cunha guerra inxusta, como son todas aquelas que se buscan a opresión e o espolio. Correspóndelle ao tribunal dos pobos xulgar esa criminal política. Ao pobo de Colombia asístelle o sagrado dereito universal a alzarse contra a opresión e sacudirse o xugo que mantén preso o seu pescozo. O goberno de Bogotá odia a Chávez pola súa ousadía de despregar, no medio da tempestade da guerra dos poderosos, a bandeira da paz porque ela arruína os seus negocios. Chávez é a Nosa América ás porta do novo Ayacucho. É a Bolívar, ao seu proxecto político e social a quen temen as oligarquías e o imperio. E de Correa asústalles a súa imaxe de dignidade que se axiganta xunto aos heroes Alfaro e o Mariscal de Ayacucho iluminando o camiño dos pobos do continente. Pola paz con xustiza social, polo decoro e pola unidade nunha Grande Nación de repúblicas, estamos dispostos a dar até a vida. E estas non son verbas ao vento.

Coida necesaria a revogatoria do Congreso polo seu alto grao de contaminación coa para política e o fraude electoral?

A dignidade non pode convivir coa ilexitimidade. Os colombianos non poden ser prisioneiros nin secuestrados da obediencia a este goberno. Un poderoso berro social inzado de indignación está voando no ceo da ilexitimidade das institución. Por algo Uribe expresa o seu tallante desacordo coa revogatoria do Congreso e chama desesperado a fortalecer as institucións, porque sabe que se cae o Congreso, vai caer tamén o Executivo infecto que preside. Esta verdade non se pode tapar coas mans nin coas mentiras. Uribe resultou elixido Presidente de Colombia cos mesmos votos que levaron ao Congreso aos Senadores e representantes da narco-para-política. Uribe están aí grazas ao fraude electoral que armaron os paramilitares e o DAS (seguridade do Estado) que obrigou a votar por el a punta de fusil e motoserra, e que puxo a votar até os mortos. As institucións colombianas feden. Uribe e o Congreso deben renunciar porque o seu mandato usurpado é ilexítimo e ilegal. Colombia precisa dun grande acordo nacional pola paz, pola democracia verdadeira e a dignidade. O chamamento do noso manifesto a reunir nun só feixe as forzas do cambio, como nova alternativa de poder, debe abrirse espazo. Que cese a horríbel noite. Colombia merece un goberno que consiga a maior suma de felicidade posíbel.

Nas montañas de Colombia, 5 de abril de 2008.

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
A realidade das reformas sociais na Bielorrusia
14/04/2008

Artigo traducido do portal da Campaña de Solidariedade con Bielorrusia

Un dos maiores logros de Bielorrusia foi o mantemento da igualdade social, e un nivel de vida equitativo para todos os seus cidadáns. Isto logrouse grazas á regularización da economía, e a unha importante asignación de fondos para a esfera social. A economía de Bielorrusia é de orientación social, o que significa que os beneficios non son dirixidos aos petos dos directivos empresariais, senón á poboación no seu conxunto. Un dos xeitos para acadar este obxectivo é a través dun grande sistema de prestacións sociais que inclúen: transporte subvencionado, apoio á maternidade, bolsas para os estudantes ou asistencias aos anciáns.

En xuño do 2007, o goberno de Bielorrusia anunciou a revisión do seus sistema de prestacións, con algunhas reducións e cancelacións. O movemento opositor empregou esta oportunidade para tentar mobilizar á poboación, especialmente aos estudantes. Os medios de comunicación presuntamente independentes de Bielorrusia informaron copiosamente da cancelación do sistema de prestacións, malia conseguir o goberno eses días contratos de extracción de petróleo en Venezuela e un empréstamo de estabilización de Rusia para os pagos do gas.

Como é habitual cando se fala de Bielorrusia, das informacións sobre os cambios nos beneficios sociais foron omitidas as novas prestacións. Os cambios reais non foron detallados ou explicados fora de Bielorrusia, por iso a necesidade deste exame. O que hai que deixar claro inmediatamente é que as reformas van encamiñadas a asegurar que os fondos dispoñíbeis vaian ás persoas que máis o necesiten, e non estamos ante unha cancelación dos beneficios. O goberno non abandonou a política dun "estado para o pobo".

Anteriormente, as reformas beneficiaban a dous terzos da poboación, que recibían algún tipo de prestación do Estado. Porén, o impacto destas prestacións (na media) era bastante pequeno. A maioría das familias recibían menos de 20.000 rublos por mes (aproximadamente un 10 dólares), e o presuposto total ascendía a uns 66 millóns. Era evidente que con esa cantidade de diñeiro se podería acadar máis obxectivos se se orientaba mellor. O goberno de Bielorrusia buscou identificar ás persoas máis vulnerábeis da sociedade e avaliar as súas necesidades. O que saíu á luz foi que as 50 categorías de beneficiarios e os 100 tipos de prestacións non facían que os máis vulnerábeis recibiran unha axuda significativa para as súas principais necesidades. Comprobouse que os fondos estaban demasiado diseminados, e, en moitas casos, chegaban a xente que xa non os necesitaba para a súa estabilidade financeira. A causa disto atopámola nas melloras xerais da economía na Bielorrusia e nos salarios e pensións desde a introdución do sistema de prestacións. Como exemplo, podemos examinar os dous últimos anos.

No 2006 os ingresos reais (tendo en conta a inflación e o costo da vida) aumentaron nun 17,3% con respecto ao ano anterior, mentres que as pensións medraron nun 13,4%. No 2007 os ingresos reais aumentaron nun 117,2% coas pensións superando os niveis de toda a rexión, e a inflación só foi do 3,2% (a máis baixa da CEI).

Isto significa en termos reais que o número de persoas que necesitan beneficios se reduciu enormemente.

O anterior sistema tamén deu lugar a unha desproporcionada asignación de fondos ás zonas urbanas. As familias rurais soen recibir pouco máis da metade da cantidade que reciben os habitantes das cidades. Mentres que o máis alto costo de vida nas cidades xa foi compensado pola suba dos salarios nas cidades. O resultado era que boa parte do diñeiro que se distribuía non tiña un resultado proporcional no referente á redución da pobreza, ou a un medre nos niveis de vida dos membros máis vulnerábeis da sociedade.

O novo sistema de prestacións, que entrou en vigor en decembro do 2007, está deseñado para corrixir os erros do sistema antigo na nova realidade socioeconómica do país. Os cambios contemplan tres grandes categorías de prestacións:

- Medicinas
- Transporte público
- Rendas

As prestacións concedíanse anteriormente a calquera persoa (e a súa familia) que pertencese a unha das categorías, como por exemplo a dos estudantes. Agora isto cambiou e as prestacións van dirixidas só ás persoas que as necesiten. O que significa que o número de beneficiarios se reduciu, mais o beneficio real se incrementou. Máis unha vez, convén lembrar o aumento dos ingresos reais.

No referente ao transporte público, podemos tomar o exemplo do caso de Minsk, onde todos os cidadáns tiñan dereito a un desconto, cando certamente esa necesidade non existía. Coa reforma, as subvencións ao transporte só estarán dispoñíbeis para os nenos, os discapacitados e os veteranos de guerra.

O diñeiro aforrado pola cancelación dalgunhas prestación non será "empregado noutros lugares", senón que se canalizará de novo para o gasto social. Por exemplo, o transporte, a vivenda e as empresas recibirán fondos para mellorar a calidade dos seus servizos. Os fondos liberados pola supresión do antigo sistema permiten outras melloras, por exemplo: 7 mil millóns de rublos para os subsidios de vivenda, 21 mil millóns para o programa "Nenos de Bielorrusia", que ofrece alimentación gratuíta aos máis pequenos, proxectos de promoción da saúde, particularmente relacionados coas nais e os seus fillos; ou programas de rehabilitación das zonas afectadas polo desastre da central nuclear de Chernobil.

Pódese ver que o novo sistema de prestacións é unha medida necesaria, co obxectivo de garantir que os fondos dispoñíbeis se destinen aos máis necesitados. Ao tempo, os salarios, as pensións e as bolsas tamén medran, creando novos postos de traballo. O novo sistema permite unha mellora significativa nos niveis de vida dos máis pobres, mentres que o proceso de solicitude das prestacións tamén se simplificaron. O novo sistema baséase nos principio de xustiza social, que permite ás persoas que realmente o necesitan recibir as prestacións, mentres que os fondos que quedan libres se utilizarán para proxectos sociais destinados á poboación no seu conxunto.

En novembro do 2007, falando do novo sistema, o Presidente Lukashenko afirmou:

"O principal obxectivo do Estado é non dar privilexios, senón crear as condicións para que os cidadáns teñan a posibilidade de ter un nivel de vida digno. A maioría das persoas consigue isto co traballo, os salarios, as pensión e as bolsas. Mentres que o Estado debe prestar especial apoio aos grupos vulnerábeis, as persoas socialmente desprotexidas e aos que non son capaces de coidade por si mesmos".

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
12 de abril de 1961: O fillo dun carpinteiro viaxa ao espazo
11/04/2008


A nave espacial Vostok 1 elevouse da Terra o 12 de abril de 1961. Nela ía Iuri Gagarin, O primeiro ser humano en viaxar ao espazo. Non foi un astronauta dos Estados Unidos, non. Foi un cosmonauta, fillo de dous traballadores dunha granxa colectiva. Foi o fillo do Outubro Roxo.





Yuri Gagarin, Banda Bassotti (Amor e Odio, 2005)

La castità, la verginità, monsignore adora i bambini, il presidente con la segretaria, in God they trust in God they trust.
Padre loro che sei nei cieli, sia fatta la tua volontà, fanteria cacciabombardieri, cosi in cielo come sulla terra, i ribelli dentro ai cimiteri, e la plebe chine a lavorà, le baracche e i grattacieli, omelie bombe e povertà.

Sempre più su, sempre più su i conti in banca a le preghiere, sempre più su, sempre più su beati i santi di Wall Street, sempre più giu sempre più giu gli operai nelle miniere, sempre più giu sempre più giu sempre più giu.

Oggi 12 aprile 1961 alle 9 e 07 ora di Mosca dal cosmodromo di Baikonur unione Repubbliche Socialiste Sovietiche, lancia l'astronave Vostok 1 per il primo viaggio spaziale pur orbitando nel pianeta Terra.. radio Vostok .. radio Vostok

Un astronauta figlio di un carpentiere, Juri Gagarin figlio dell'Ottobre Rosso.
Sempre più su, sempre più su non vedo angeli nel cielo, sempre più su, sempre più su niente maria niente gesù, sempre più su sempre più su la falce insieme col martello, sempre più, sempre più su, sempre più su.

Etiquetas:

(1) Comentarios
Solidariedade coa clase obreira exipcia
10/04/2008


Comunicado do Partido Comunista de Exipto
(09/04/08)

Desde primeiras horas da mañá de hoxe (9 de abril) tanto o centro de Cairo, como as principais prazas da cidade, foron ocupadas por forzas especiais de seguridade, forzas antidisturbios e policía secreta. Noutras cidades, como Alexandría e Algharbia, os habitantes foron testemuñas dunha forte presenza de forzas de seguridade nas principais rúas e prazas.

A cidade de Almahalla Alkobra acolleu a manifestación máis numerosa de hoxe.

Case 200 activistas foron xa detidos nas distintas provincias. Numerosos traballadores están en folga en solidariedade coas demandas dos traballadores da empresa téxtil Ghazl Almahalla. A súa principal reivindicación é que os salarios se vinculen á taxa de inflación, algo que afecta non só aos traballadores de Ghazl Almahalla, senón a toda a clase obreira exipcia.

A folga dos traballadores de Ghazl Almahalla converteuse nunha grande protesta que abrangue toda a cidade de Almahalla Alkobra. A xente pobre, os campesiños e todos os traballadores sumáronse ás manifestacións. Uns 30000 cidadáns cantaron consignas contra a suba dos prezos, contra os monopolios, o neoliberalismo e as forzas do mercado.

As forzas de seguridade exipcios atacaron aos manifestantes empregando unha chea de granadas de gas lacrimóxeno, balas de plástico, porras eléctricas, causando centos de feridos entre os manifestantes. A policía arrestou tanto a manifestantes feridos como non feridos.

As novas de Almahalla Alkobra confirman a morte de, cando menos, dous cidadáns, un neno de nove anos e un mozo de vinte. As forzas especiais queimaron tendas, edificios públicos e vehículos, co fin de fabricar cargos contra os manifestantes detidos e os traballadores en folga. O seu obxectivo é reforzar o control da policía e o estado sobre a clase traballadora e tentar conter o medre da conciencia social en Exipto, que medrou notabelmente nos últimos cinco anos.

Facemos un chamamento para apoiar as xustas demandas dos traballadores de Ghazl Almahalla e o seu dereito a elixir os medios para expresar as súas demandas, xa sexan manifestación, folgas ou calquera outra medio.

Nós, os comunistas, xunto con todas as forzas democráticas, alertamos de que a policía, seguindo instrucións do goberno, iniciará unha enorme campaña de represión contra a clase traballadora en xeral e contra os traballadores de Ghazl Almahalla en particular. Esta certeza xurde do comportamento das forzas de seguridade hoxe en Almahalla Alkobra. A advertencia tamén nace da intención das forzas de seguridade de fabricar artificialmente cargos contra os líderes dos traballadores.



Corpos especiais da policía danando un vehículo policial en Almahalla

Etiquetas:

(0) Comentarios
Protestas no Xapón contra a presenza dos militares norteamericanos
09/04/2008


Unha manifestación o 23 de marzo en Okinawa, Xapón, protestou pola presenza de militares estadounidenses na illa, despois da violación dunha nena de 14 anos por un marine. Os manifestantes lembraron outros crimes cometidos polos soldados dos EEUU, como o recente asasinato dun taxista polo que está acusado outro membro do exército ianqui.

Segundo a axencia Xinhua, a protesta foi organizada por asociacións de pais e nais, sindicatos e organizacións feministas. Malia a choiva e o vento, foron máis de seis milleiros de persoas as que se reuniron na cidade de Chatan para denunciar a presenza dos militares nesta illa xaponesa e a especial colaboración do goberno xaponés coa administración norteamericana, na maior demostración contra destes desde 1995, cando un grupo de soldados norteamericanos violaran a unha rapaza de 12 anos.

Máis de 40.000 soldados norteamericanos están destinados no Xapón, máis da metade en Okinawa.

Etiquetas:

(1) Comentarios
Polémica en California: comunistas na escola
08/04/2008

Jon Wiener

O goberno de California está a un paso de derrogar a lei, aprobada no apoxeo do McCarthismo, que permite o despedimentos do profesorado das escolas e colexios públicos membros do Partido Comunista. Malia pasar desapercibida polos principais medios de comunicación, non foi así para o conservador Fox News e o ultradereitista New York Sun, que avisan de que a derrogación "promoverá o comunismo nas escolas públicas".

O proxecto de lei, proposto polo senador demócrata de Long Beach, Alan Lowenthal, eliminaría tamén no estado o xuramento de fidelidade. A día de hoxe, os empregados públicos están obrigados a facer xuramento de non pertencer a ningunha organización "que avogue polo uso da forza ou violencia para derrocar ao goberno dos EEUU" ou do estado de California.

Co apoio dos dous grandes sindicatos de docentes de California, a Federación de Profesores de California e a Asociación de Profesores de California, o proxecto de lei foi aprobado nunha primeira comisión este 2 de abril. O control dos demócratas en ambas as dúas cámaras nesta lexislatura fai máis que probábel a súa aprobación final.

Iso si, segundo unha fonte do senado citada por AP, o proxecto de lei seguiría permitindo despedir aos empregados públicos que defendan o derrocamento violento do goberno, como tamén aos profesores que favorezan entre os estudantes "unha preferencia polo comunismo".

Porén, a cadea Fox Nexs citou a un "crítico" co proxecto, que declarou que, "nun momento no que os estudantes de California están loitando por superar os exames, o senador Lowenthal fala de comunismo, o sistema de goberno responsábel da morte dun cento de millóns de persoas". O “crítico" díxolle a Fox News que, “o comunismo continúa a ser unha ameaza para nós". Tamén o New York Sun, nun editorial titulado “A California comunista", citou a outro "experto" que falou do proxecto como “Unha lei de rehabilitación e revisión do comunismo".

David Cole, profesor de dereito en Georgetown, declarou a AP que o Tribunal Supremo "xa hai moito tempo que se pronunciou contra a actual lei que viola a Primeira Emenda, o dereito á asociación e ao emprego dos membros do Partido Comunista. A culpabilidade por asociación nunca está xustificada".

A última persoa en California que foi despedida do seu posto de profesora por pertencer ao Partido Comunista foi Angela Davis, expulsada do Departamento de Filosofía da Universidade de California en 1969. Hoxe dirixe a cátedra de Estudos Afroamericanos e Feministas en Santa Cruz.


Etiquetas:

(1) Comentarios
Produción enerxética: lucro colonial
06/04/2008


Campaña de denuncia da FPG sobre o carácter colonial da explotación dos recursos naturais de Galicia para a produción de enerxía.

“Hay una subvención indirecta de Fenosa a Galicia en la distribución, porque el coste del servicio es inversamente proporcional a la densidad de la distribución, y Fenosa gasta más para dar en Galicia la misma calidad de servicio que en Madrid.”
Pedro López Jiménez, presidente de Unión Fenosa.

Nunca ninguén ousara dicir tal cousa. Tales palabras foron pronunciadas o día 31 de marzo de 2008 na cidade de Vigo polo presidente de Unión Fenosa. Ben sabemos que unha parte da frase é certa: a maior diseminación poboacional, maior cantidade de metros de cable; pero atreverse a falar de calidade no servizo da subministración eléctrica é un insulto aos consumidores. En todo caso, canto non lle debe Unión Fenosa a Galicia?

Son moitos anos aturando o uso indiscriminado do noso territorio para a produción de enerxía con destino, fundamentalmente, á exportación. Foron Fenosa e Iberdrola, que explotaron ao máximo os ríos Miño e Sil, e os seus afluentes respectivos, asolagando os mellores vales e provocando o paro e a emigración de milleiros de persoas; foron a propia Fenosa e mais Endesa, coa explotación de lignito, tamén para a produción de electricidade… e dunha contaminación que chegaba polos aires a Irlanda e ás Illas Británicas; foron ducias de minicentrais concedidas, especialmente, baixo o goberno de Fraga Iribarne; foi a instalación de Reganosa, a regasificadora de Mugardos;…

Unha historia que non ten fin, e que continúa hoxe coa instalación de parques eólicos por toda a nosa xeografía. Os nosos montes aparecen do día para a mañá inzados de muíños de vento: no Suído, na serra da Capelada, na Barbanza, a cada pouco unha nova serra aparece ocupada polos monopolios eléctricos que foron adaptando a súa tecnoloxía e abrindo os seus negocios cara as enerxías “alternativas” ou “renovables”.

Por suposto que na FPG non somos contrarios á búsqueda e utilización de novos sistemas de produción enerxética máis limpos e menos prexudiciais para o noso medio ambiente. Pero isto é unha cousa, e outra ben distinta consentir que toda a superficie nacional quede invadida polos xigantescos muíños. Cando, ademais, poucos postos de traballo axudan a crear, e, por outra parte, o maior beneficio vai, unha vez máis para fóra de Galicia, por moito que o “noso” conselleiro de Innovación e Industria fale dunha grande fonte de riqueza. Talvez queira figurar no “guinness”, aínda que sexa como un auténtico vendepatrias.

Iremos redactando ao longo destes meses o noso escrito de denuncia, destapando o uso e abuso do negocio. Participaremos en canta mobilización se convoque en defensa da terra. Non imos parar, porque temos ben asumido aquela consigna que naceu en Compostela: “Goberne quen goberne, Galiza non se vende”.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Carta da estudante sobrevivente do ataque do parapresidente Uribe
05/04/2008


Lucía Andrea Morett Álvarez
Quito, Ecuador, 25 de marzo de 2008.

Compañeiras e compañeiros:

Reciban un saúdo sincero, bolivariano, desde unha cama do Hospital Militar en Quito, Ecuador, onde me recupero das múltiples lesións que sufrín como consecuencia do criminal bombardeo lanzado polo exército colombiano a terras do Ecuador o pasado 1 de marzo e que causou a morte a catro dos meus mellores amigos. Dóenme moitas cousas, entre outras, que o goberno mexicano tente co seu silencio reverter a responsabilidade que, ante o mundo e a historia, teñen os autores da masacre, para desviar a atención preguntándose que estabamos a facer alí, cando se sabe que chegamos ao campamento unha horas antes da barbarie, facéndoo na nosa condición de civís e estudosos universitarios sen imaxinar que íamos ser vítimas dunha das peores infamias cometidas recentemente en América Latina, xusto no lugar no que se nos convidou para coñecer as propostas de paz.

Dóeme que nun mundo cheo de comunicación, os medios e o seu poder terxiversen a realidade con absurdas e dolosas mentiras, e que con elas procuren mancar a dignidade de mozos que desde as vías pacíficas e legais queremos un cambio na sociedade. Vexan o que lles digo, agora veñen coa abominábel pretensión, esta si amplamente difundida, "de que as autoridades colombianas nos van interrogar". En que cabeza colle que o noso verdugo sexa tamén o xuíz destes feitos e que sexan ademais os asasinos quen sentencien ás vítimas. Hai que destacar que existe xa un culpábel confeso, a Álvaro Uribe hai que investigalo e castigalo, ao igual que a outros autores materiais e intelectuais, a todos aqueles que guindaron bombas semellantes ás da guerra de Iraq, para despois atacar polas costas aos feridos.

Nós nos cometemos ningún delito, ingresamos e transitamos legalmente no Ecuador, participamos en actividades públicas para, finalmente, ser cosidos a tiros arteiramente. Tan abafantes son os feitos que o Fiscal Xeral desta nación me dixo que non hai nada na miña contra, que fun unha vítima e que me desexa unha pronta recuperación.

Quero dicirlles desde este fermoso pobo ecuatoriano que me abriu os seus brazos e a súa solidariedade, que sei que alá en México o coraxe e a dignidade tamén atopando o seu lugar e son moitos os actos e as formas mediante as que se esixe que este crime de Estado non fique impune. Grazas por estar connosco, con Juan, con Fernando, con Verónica, con Sore. Teño a confianza de que non estou soa, que a xente do meu pobo saberá loitar e facer xustiza; que na UNAM ás nosas autoridades condenaron os crimes e estiveron á altura dos acontecementos para defender o dereito a pensar a actuar criticamente. Estou certa de que moi cedo os meus compañeiros terán unha lápida digna, que a súas mortes non serán en van xa que a súa semente caeu en terra fértil polo que xunto a eles nacerán flores e froitos fermosos. A súa voz que pretenderon apagar dun xeito moi ruín multiplicarase no berro de moitos millóns por todo o planeta.

Despídome desde esta metade do mundo fracturada por ese bombardeo covarde. Sigo confiada en que esa América, esa Patria Grande pola que loitaron e soñaron Bolívar e Martí, chegará cedo. As nosas nación após un longo eclipse florecerán. Non hai imperio que viva eternamente.

Fraternalmente. Lucía Andrea Morett Álvarez.

Etiquetas:

Polícias espanhóis detenhem o militante independentista corunhês R. M. M. acusado de agredir um indivíduo da extrema direita
03/04/2008



O militante independentista corunhês R. M. M. foi detido na tarde de onte por efectivos da Polícia espanhola acusado de “lesons” e “roubo com intimidaçom” causados a um indivíduo de extrema direita no passado 9 de Fevereiro. Segundo fontes de toda fiabilidade, sobre o meio-dia dessa jornada três jovens corunheses olhavam um indivíduo colocando colantes fascistas numha rua da cidade. Ao recriminar-lhe a sua atitude, o indivíduo desenvainhou um punhal produzindo-se um enfrentamento físico entre os jovens corunheses e o portador dos colantes fascistas.

Quase dous meses depois, agentes da Polícia espanhola detinham o militante antifascista corunhês que passou as últimas horas na esquadra policial. O portal fascista ‘Infonacional’, que dá alojamento a diversas organizaçons da extrema direita espanhola e fai apologia do genocído produzido polo fascismo na Galiza desde 1936, assegura que a detençom de R. M. M. trás defender-se da agressom do indivíduo armado se produzia “graças à colaboraçom cidadá”.

Fiança de 3000 euros

R. M. M. saia em liberdade com cargos na tarde de hoje trás ser posto a disposiçom judicial. À espera da petiçom fiscal definitiva, as duas acusaçons que pesam sobre este militante –“roubo com intimidaçom” e “lesons”- podem supor umha condena a prisom de 5 anos. O jovem corunhês ficava no entanto em liberdade após abonar umha fiança de 3000 euros. Vizinh@s e companheir@s de R. M. M. e militantes de Ceivar mobilizárom-se nas últimas horas para dar a conhecer o processo repressivo e por assistência letrada ao militante independentista.

Por parte do nosso organismo, convidamos os leitores e leitoras deste portal a fazer ingressos no número de conta do organismo –olhar écram principal do ‘Noticiário da repressom’- a fim de fazer frente ao pagamento da sançom económica imposta ao companheiro R. M. M., activista habitual na denúncia da repressom na cidade da Crunha.

Ynestrillas na acusaçom particular

Evidência da dimensom e implicaçons que adoptou o presente processo repressivo aberto contra o antifascista galego é a presença no citado web da ultradireita espanhola dumha informaçom que no passado 28 de Fevereiro recolhe o ocorrido 19 dias antes como umha agressom a “um jovem militar” por parte de “três separatistas”. Este síto web, que alenta o emprego da violência contra a militáncia de esquerda, imigrantes e homossexuais, anuncia, aliás, que o dirigente fascista Ricardo Sáez de Ynestrillas, largamente popularizado polos principais meios de difusom espanhóis, “ofereceu-se a exercer a acusaçom particular quando se leve a cabo o juízo”.

Por parte do organismo popular anti-repressivo apenas afirmar a nossa solidariedade com o independentista galego detido perante o processo que agora se inicia e o nosso apelo a dar umha resposta firme e unitária de todos os sectores antifascistas da Crunha contra a presença do fascismo espanhol na nossa cidade. Enquanto a simbologia fascista permaneza nos espaços públicos da Crunha e vizinhos caracterizados polo seu compromisso antifascista, como Carlos Cela, se encontrem em prisom, os admiradores e seguidores actuais do genocida Juan Canalejo nom podem ter sítio nem na Crunha nem na Galiza. Nem agora, nem nunca.

FASCISTAS FORA DA CRUNHA!
UNIDADE CONTRA A PRESENÇA FASCISTA!
NOM PASSARÁM!


Mais informaçom: http://www.ceivar.org

Etiquetas:

Manipulando imaxes sobre o Tíbet
02/04/2008


Michel Collon

Olle ben para esta fotografía "Soldados chineses disfrazados de monxes", que vostede viu ou verá pronto. Circula moito pola internet, con seguinte comentario: "Londres, 20 de marzo. O GCHQ, a axencia gobernamental de comunicacións que vixía á metade da poboación desde o espazo, confirmou a acusación do Dalai Lama segundo a cal soldados do Exército Popular de Liberación chinés, disfrazados de monxes, provocaron motíns que mataron e feriron a centos de tibetanos..."
Esta fotografía foi considerada unha proba concluínte, indignando a moita xente. Agora, volva ollar atentamente para a imaxe, e xoguemos aos sete erros...

Os 7 erros...

1. Algunha vez vira unha "foto-satélite" tomada con ese ángulo de visión?
2. Dinnos que os soldados se disfrazan de monxes para actuar como provocadores. Son tan estúpidos como para preparar esa operación secreta na rúa?
3. Dinnos que a fotografía é recente, pouco antes dos acontecementos. Que proba?
4. Interroguei a un amigo que coñece o Tíbet. Di que esta fotografía non puido ser tomada este 14 de marzo, baixo un sol primaveral, porque a primavera chegou ao Tíbet o 21 de marzo.
5. Dime que os tellados dos bici-taxis de Lhasa mudaron de cor a partir de 2005.
6. Tamén me di que estes uniformes dos policías non son utilizados desde hai tempo.
7. Xa que logo, houbo que facer unha pequena enquisa para descubrirmos unha realidade ben distinta.

De onde sae esta fotografía?

O certo é que a fotografía data do 2003. Durante a rodaxe dunha película, os monxes non quixeron facer de extras. Son os soldados quen se encargaron disto e na imaxe aparecen recibindo os seus uniformes de figurantes. Seica é unha práctica común alí. En calquera caso, nada que ver coas recentes imaxes de televisión que mostran a monxes exercendo a violencia e destruíndo tendas en Lhasa.

Era tan grotesca a manipulación que precisaba dunha verificación. Non fixo falla buscar moito, nunha páxina electrónica proindependentista pódese atopar a confirmación.O pé de foto di: "Este non é unha "táctica" inhabitual do goberno chinés, como se pode ver na contraportada do Informe Anual de 2003 do Centro Tibetano dos Dereitos Humanos. Esta fotografía foi tomada cando os monxes se negaron a participar como figurantes nunha película, e tiveron que ser os soldados quen fixeran de extras”.

Preguntados sobre esta manipulación, o webmaster da páxina respondeu que, pese a todo, asociara a imaxe co texto que acusaba aos chineses "co fin de amosar o tipo de trampas que os chineses empregaron nos motíns recentes". Que cada un opine sobre a deontoloxía xornalística desta xente.

Despois disto, esta imaxe foi utilizada por infinidade de grupos suprimindo este comentario para facer crer que a fotografía era recente e non era outra cousa que unha conspiración do exército chinés. A imaxe deu a vota ao mundo.

Fotos-satélites?

1. Non é a primeira vez que se pretende demostrar a verdade con fotografías-satélites. En 1990, os Estados Unidos aseguraron dispor de fotografías-satélites (que xamais mostraron) "probando" que Saddam Hussein ía invadir Arabia Saudita. Estes instrumentos tiveron e teñen moita importancia na manipulación da opinión. .

2. En 2003, os Estados Unidos difundiron fotografías-satélites que "probaron" que Iraq posuía armas de destrución masiva.

3. Máis recentemente volveron á carga contra Irán (silenciando o feito de que Israel posúe máis de 200 cabezas nucleares).

Unha imaxe pode mentir?

É o momento de lembrar que se pode mentir con imaxes. Sen ter que botar man das técnicas gráficas actuais, os grandes cineastas, como Chris Marker, demostraron que cun simple comentario poden facer críbel calquera imaxe. De feito, a imaxe soa non nos di:

1. Cando e onde se fixo.
2. O que mostra verdadeiramente.
3. O que agocha.

Calquera de nós puido ser vítima deste tipo de imaxes nos pasado. Cada un de nós terá a súa opinión sobre o Tíbet, tratando de verificar todas as versións, estudando os intereses en xogo de ambas as dúas partes, particularmente de George Bush, tan admirado polo Dalai Lama. Mais, en calquera caso, temo dereito a unha información non manipulada. Suxerimos ás persoas que difundiron estas imaxes que difundan tamén a rectificación. Grazas pola súa atención.

Ler máis

Etiquetas:

V Conferencia Nacional da FPG


O sábado 29 de marzo a Frente Popular Galega (FPG) celebrou a súa V Conferencia Nacional so o lema “Avanzando na alternativa”, na cidade de Vigo, onde se xuntou a militancia da formación.

O Comité Central convocou tal acto para darlle voz á base do partido en debate aberto sobre tres temas fundamentais: a organización da FPG, a política de alianzas e as eleccións autonómicas 2009.

A militancia, neste 20º aniversario da FPG, decidiu relanzar e socializar con diferentes proxectos a organización arredista, cunha dinámica nova e maior capacidade de actuación na sociedade. Deste xeito, a FPG dá inicio nestes días a unha campaña de denuncia do colonialismo enraigado, concretamente, nas empresas enerxéticas. Unha primeira fase da campaña, baixo o lema “Produción enerxética: Lucro colonial”, trata de responder ao ambicioso, lucrativo e indiscriminado proxecto de produción de enerxía eólica promovido pola Xunta de Galicia, alén doutros conflitos (Unión Fenosa, Iberdrola, Eurovento…) que se están a dar en toda a nación. Ao longo do ano, xuntaránselle outras iniciativas das que se irán dando conta.

Un dos debates máis fondos produciuse sobre as liñas da política de alianzas. A meirande parte das persoas presentes optou por potenciar os contactos coas diferentes organizacións de esquerdas que actúan en Galiza, mesmo con aquelas integradas no BNG. Con esta idea, a FPG promoverá a reformulación do nacionalismo de esquerdas coa idea posta no futuro do proxecto autodeterminista de Galiza e de emancipación social das clases traballadoras.

Nesta liña, tamén se sitúan as eleccións autonómicas do ano vindeiro. Os organismos de dirección da FPG examinarán de inmediato o perfil e as posibilidades dunha candidatura ampla da esquerda nacionalista.

Comité Executivo da FPG,
na Terra, a 31 de marzo de 2008.

Etiquetas:

Octoxenario arrestado nos EEUU por camisola antiguerra
01/04/2008

Fonte: Newsday

O home da fotografía, Don Zirkel, un ancián de 80 anos de Bethpage, na area metropolitana de Nova York, foi arrestado nunha protesta contra a guerra do Iraq. Zirkel afirma que foi detido na alameda de Smithtown por vestir unha camisola na que expresaba "as fatalidades da guerra de Iraq". A lenda da camisola, que na imaxe non se ve completa, di: "4000 soldados, 1 millón de iraquís mortos. Abonda", con esta última verba manchada con pintas vermellas imitando o sangue. Durante o acto de protesta, Zikkel entrou nun centro comercial próximo, onde foi cominado pola seguridade privada a tapar a camisola ou abandonar o local. Ante a súa negativa, a policía decidiu transportalo nunha cadeira de rodas ao exterior. Acusado de resistencia á autoridade, Zirkel está en liberdade baixo fianza á espera de xuízo, que será o 22 de maio.

Este licenciado en filosofía e teoloxía teno claro: "Estanme castigando por seis verbas. É unha tolemia. A guerra é unha tolemia".

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com