Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Ramallah, paraíso dos escuadróns da morte israelís
31/05/2008
Kawther Salam*
31/05/08

As actividades do escuadrón da morte israelí Al-Mistarvim, o asasinato das persoas que visten roupas árabes, son continuas en Ramallah, a cidade onde se sitúa a sede oficial da Autoridade Palestina, a residencia do Presidente Mahmoud Abbas e moitos outros dirixentes. O libre movemento dos escuadróns da morte israelís, os continuos asasinatos e secuestros de palestinos con pleno coñecemento da A.P. e sen ningunha obxección pola súa parte... son indicios que nos poñen en aviso da grave sospeita do apoio e visto bo da A.P. aos crimes dos terroristas israelís.

Desde o comezo das negociacións entre Israel e Palestina, as actividades criminais dos escuadróns da morte israelís foron en aumento rapidamente en Ramallah e noutras cidades palestinas. De cando en vez escoitamos que os escuadróns da morte israelís secuestran a activistas políticos ou a persoal de seguridade da A.P.. Estes crimes suceden baixo o total silencio da A.P. e o estudado descoñecemento da axencia informativa oficial Wafa. Nun incidente acontecido no pasado abril, cando un grupo de Mistarvim foron capturados por civís palestinos en Ramallah, a A.P. entregou aos terroristas á oficina de coordinación israelí-palestina, a DCO (Oficina de Control de Distrito).

Segundo a información coñecida, o silencio e o sospeitoso comportamento da A.P., poden ser vistos como un sinal da súa participación nestes crimes. As preguntas son: os escuadróns da morte israelís cometen os seus crimes coa aquiescencia e baixo a cobertura da A.P.? O incremento dos crimes dos escuadróns da morte son parte dun “plan coordinado de seguridade” entre israelís e a A.P., ou a A.P. asinou un novo “acordo de seguridade” que permite aos israelís cometer os seus crimes contra os palestinos con total impunidade? Ou, están os escuadróns da morte facendo traballo sucio para a A.P., os crimes que eles nunca ousarían cometer aínda que tiveran capacidade para facelos?

Se a resposta a estas preguntas é negativa, entón por que as organizacións de intelixencia e seguridade da A.P. conceden carta branca aos escuadróns da morte para asasinar e secuestrar a numerosas persoas nas cidades palestinas? Onde está a protección e seguridades dos palestinos baixo a suposta autoridade da A.P.? De onde procede a información sobre os movementos dos palestinos utilizada polos escuadróns da morte israelís para matar e raptar, se non é das organizacións de “seguridade” da A.P.? Onde están eses corpos de “seguridade”, adestrados polos norteamericanos en Xericó, cando os palestinos necesitan protección?

Segundo testemuñas palestinas, os escuadróns da morte israelís secuestraron ao empregado da Seguridade Nacional Palestina, Ali Al-Turmosani, na rúa Al-Quds, a principal rúa de Ramalhha, diante de moita xente e xusto diante de homes armados da Seguridade Nacional Palestina, colegas de Al-Turmosani, que non fixeron nada por evitar este rapto. O persoal de seguridade da A.P. presente durante este feito non moveu un dedo por defender ao seu colega, nin dispararon aos raptores nin tentaron arrestalos.

Al-Turmosani, membro de Fatah, foi “perdoado” polo goberno israelí durante as negociacións oficiais entre Israel e a A.P. O perdón chegou despois de que Al-Turmosani e outros militantes de distintos grupos activistas de Fatah asinaran unha declaración oficial na que se comprometían a non atacar a Israel e non formar parte endexamais da resistencia contra a ocupación. Desde entón, Al-Turmosani traballaba nas forzas de seguridade da AP.
* Kawther Salam é unha xornalista palestina. Leva máis de 20 anos traballando en distintos medios de comunicacións palestinos. No ano 2002 viuse na obriga de exiliarse en Viena.

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Encontro de organizacións comunistas vascas convocado polo EHAKI
29/05/2008
Kimetz Kolektiboa

O Comunismo Revolucionario Vasco deu un importante paso na constitución do partido que guíe o proceso revolucionario en Euskal Herria. O Euskal Herriko Alderdi Komunista Iraultzailea (EHAKI) presentou, esta fin de semana en Iruñea, as súas propostas centradas na cuestión nacional e como se debe enfocar o traballo revolucionario na Euskal Herria actual. Estas propostas enmárcanse dentro da súa II Conferencia de Estratexia e Táctica revolucionaria.

O encontro, que contou coa presenza de distintas organizacións comunistas e con persoas que acudiron a título individual, dispuxo dun apaixonante debate sobre cal é a natureza e o marco de actuación da organización comunista revolucionaria vasca.

Entre os acordos adoptados, cabe destacar a aposta por dar un maior impulso ao Eusko Bilgune Komunista (EBK) como punto de encontro entre comunistas vascos e o relanzamento das relacións bilaterais entre organizacións.

Kimetz Kolektiboa estivo presente neste encontro e lanzou a proposta de colaboración entre todos os comunistas de Eukal Herria. Puxo a disposición de todos eles a súa publicación dixital para que sirva como referencia dos avances que na constitución dun partido revolucionario para o noso pobo están levándose adiante. Ademais, adiantou a súa intención de dar “o salto ao papel” desta publicación nun futuro non moi distante.

O EHAKI manifestou a súa intención de realizar unha ampla campaña na que explicar as súas posicións e aglutinar forzas en torno á constitución do Partido Comunista Revolucionario que guíe o proceso revolucionario vasco e sirva de base de apoio para outros procesos revolucionarios. Esta campaña contará con reunións con distintos grupos comunistas, tanto de Eukal Herria como do exterior, así como reunións con distintos axentes políticos e sociais vascos. Ademais contará cun amplo despregue de propaganda, a edición dos materiais aprobados e charlas informativas en distintas localidades do noso territorio.

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Adeus, vello!
26/05/2008



Allende La Paz
ANNCOL
25/05/08

O fenómeno da vida de Manuel Marulanda chegou á súa fin. Unha vida debuxada polo mito e a lenda. Mais os revolucionarios tamén somos de carne e óso e como tales a nosa vida é igual ao dialéctico discorrer de todo ser vivinte. Nacer, crecer, reproducirnos, morrer. Mais en todos eses fenómenos, vivir a vida.

Mais hai homes que viven a vida malia a súa morte. Eses homes fixeron a diferenza na humanidade e fixeron que esta dea saltos cara adiante. Eses homes son revolucionarios, dóalle a quen lle doa, árdalle a quen lle arda!

Galileo Galilei é un exemplo. Marx outro xenial revolucionario. Lenin outro máis. Simón Bolívar. José Martí. Ernesto ‘Che’ Guevara, o ideario revolucionario guerrilleiro. E cada home ou muller revolucionarios foron denigrados, atacados, vilipendiados, e algúns asasinados, polos mantedores do statu quo. Todos tiveron que enfrontar as máis viles accións dos ‘poderosos’ do mundo e dos seus propios países. Porque eles pretenden parar o camiñar cara adiante da humanidade.

Manuel Marulanda entra xa nese selecto grupo de homes. Un home que como revolucionario era dunha humildade que aterraba. Nunca se lle viu denigrando a ninguén. Nin sequera dos seus contraditores, os militares e os oligarcas colombianos. Tampouco dos gobernos dos Estados Unidos, que el sabía que, en último instancia, eran quen trazaban os plans de guerra cos que agredían –e agriden-, masacran, ao pobo colombiano.

Contrario á estatura moral de Marulanda, veremos –xa vemos- que os asasinos do pobo enchen follas e medios, e o ciberespacio, coas súas diatribas. Eses ‘terroristas mediáticos’ tentarán negar o innegábel: Manuel Marulanda é o home máis importante da historia colombiana desde a segunda metade do século XX até este século XXI.

Non é pola simple suma matemática. Manuel Marulanda como guerrilleiro sobreviviu a 17 presidentes colombianos e a innumerábeis cúpulas militares cuxo único propósito era destruílo fisicamente, porque eles coidan que as obras dos revolucionarios rematan cando sobrevén a súa morte. Non. Están moi equivocados. Os revolucionarios cos seus quantums, protóns, electróns, e demais partículas, permanecen vivos após a súa morte. É como di o cantautor fariano, Julián Conrado, ‘hoxe estás máis vivo, máis vivo’ en sentida canción a Jacobo Arenas.

E o certo é que Manuel Marulanda triunfou sobre os seus inimigos de clase. Nunca foi tocado polas balas asasinas do imperio e a oligarquía colombiana. E non é por non combater, xa que el participou en innumerábeis combates pola vida. Manuel Marulanda morre de morte natural. O seu corazón –que é o que sabe até onde chega a vida de cada ser-, díxolle: ‘vello, até aquí’.

Mais Marulanda deixa ademais unha inconmensurábel obra. Obra dun revolucionario. O seu máis importante legado é que por longa que sexa a loita, hai que encarala con dignidade e con humildade. E do seu pensamento, do seu ideario, que nin tivo ínfulas pequeno burguesas de ‘escribilas’, impregnou todo o accionar revolucionario das FARC, o seu Exército do Pobo. Os seus ‘mozos’, desde Cano até o máis humilde dos guerrilleiros e milicianos, son herdeiros da Dirección Colectiva que sempre utilizaba Manuel Marulanda.

Nas FARC-EP non verá o inimigo de clase do pobo colombiano fisuras de ningunha especie. Non verán ‘loita polo poder’ –como si a vemos hoxe nas ‘hostes’ uribistas-, nin loita por ser primeiro, segundo, terceiro, ou décimo, ou último. Todos están imbuídos do pensamento de Manuel Marulanda e a todos lles aprendeu ‘como era que a cousa era’ na práctica, a nai da sabedoría revolucionaria.

Sen saber a nova da súa morte escribíamos por estes días sobre ‘os imprescindíbeis’. E aí sinalábamos a Manuel Marulanda e ao Secretariado Nacional das FARC. E esa é a máis incontrastábel verdade. Nese artigo diciamos: “E eses imprescindíbeis están día a día, de toda a vida, loitando contra un réxime corrupto e mafioso e paramilitar como o colombiano. Eses imprescindíbeis están encabezados por Manuel Marulanda e polos membros do Secretariado das FARC. Eles gañáronse ese título de ‘imprescindíbeis’ por entregar as súas vidas, 24 horas ao día, minuto a minuto, segundo a segundo, á causa do pobo, a súa razón de ser”.

Parece mentira que se poida querer a unha persoa sen coñecela fisicamente. Para min Manuel Marulanda era como o meu segundo pai. Admiración total. E aínda que o meu discorrer como revolucionario tomou rumbos diferentes aos seus e aos da súa organización, é imposíbel dobregar o nó que se me forma na gorxa. Por iso lle digo ante a súa morte: ‘Adeus, vello’. Quizais así lle diga ao meu pai biolóxico cando el morra.

Paz na túa tumba! Ese é o noso máis sentido desexo. Que as aguias comedoras de prea non alcancen os teus restos mortais –xa andan na túa procura para amosarte como trofeo e para secuestrarte xa morto como secuestraron a Camilo Torres, Raúl Reyes, Iván Ríos, e a milleiros de combatentes máis-, para que xunto a Bolívar enceten xuntos o tránsito da construción da Patria Grande.

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Articulista do ABC reclama unha estatua para Andreu Nin en Alcalá de Henares
25/05/2008
O contador de historias Hugh Tomas, un señor ben cebado polos capitalistas, sabe que sempre terá espazo nas páxinas do fascista ABC para soltar a súa publicidade anticomunista. Este individuo, que entre outros moitos servizos ao capital, cualificou a Fidel Castro como “fascista de esquerda”, demostrando un total descoñecemento das categorías políticas, ven de propoñer que en Alcalá de Henares se erixa unha estatua de Andreu Nin, algo co que “quizais o cardeal Cisneros estaría de acordo”.

O artigo de Hugh Tomas non é máis que a mil veces publicitada versión que os intelectuais pagados pola CIA fan da Guerra Civil, e por extensión, da historia do século XX, nomeadamente do papel do movemento comunista. Unha volta aos lugares comúns do anticomunismo que se viste de esquerda, loas a Víctor Alba, Gorkin, e demais estrelas mediáticas dunha historia, mellor historieta, feita ao servizo dos capitalistas. Polo tanto, nada novo. Miles de libros e ducias de películas xa se encargaron de propagar esta visión da historia. Publicidade ben pagada polos poderosos.

Que desde as páxina do ABC se pida unha estatua para Nin non sorprenderá aos que coñezan algo da Historia, e sorprenderá, pode, a algún que outro despistado ben intencionado. Para estes últimos recomendamos os artigos “Como lograr que os escravos pensemos igual que os nosos amos” e “Quen ten medo á historia?” , que poden atopar no portal Antorcha.

Xa ven: Hollywood Vs. Antorcha; El País, ABC, Público, etc. Vs. Estoutras. Dá que pensar.

Etiquetas:

(2) Comentarios
De Chos 8: Organigrama de ETA
23/05/2008

Etiquetas:

(2) Comentarios
Seminario Comunista Internacional: Resolución sobre o anticomunismo
22/05/2008


XVIIº Seminario Comunista Internacional
Bruxelas, 16-18 de Maio de 2008

Resolución sobre o anticomunismo


O anticomunismo quere manipular o futuro dos pobos!

A recente iniciativa do grupo socialista do Parlamento Europeo sobre a necesidade de condenar o que eles chaman crimes dos réximes totalitarios, na que se equipara o fascismo co comunismo e que recibiu o apoio das forzas conservadoras do Parlamento, é unha continuación do "memorando anticomunista" denominado "Sobre a necesidade dunha condena internacional aos réximes comunistas totalitarios". Paso frustrado para aprobar este memorando con anterioridade. A frenética histeria anticomunista está dando pasos cualitativamente novos.

Cualificar á ideoloxía comunista e a loita de clases como un crime non apunta só contra os comunista. Vai directamente contra todos os pobos e os seus movementos.

O obxectivo da campaña anticomunista é un compoñente esencial da estratexia do imperialismo. O retorno a este simplista e aberto anticomunismo é a porta de entrada a un novo ciclo de medidas reaccionarias contra os dereitos sociais e democráticos dos pobos e o comezo dunha novo ciclo de guerras. Histeria anticomunista que emprega mentiras e as súas leis nunha tentativa de golpear ás forzas da resistencia e á contraofensiva dos pobos.

O seu obxectivo directo é aplicar presión ideolóxica sobre os partidos comunistas que están a defender coherentemente os principios da loita de clases e loitan contra o imperialismo seguindo a teoría do socialismo científico.

Demostrando a súa histeria anticomunista, os imperialistas admiten que necesitarán novas medidas represivas porque agora, case vinte anos desde o derrube do sistema socialista na Europa, descobren que todas as toneladas de terra que tiraron contra o socialismo non abondan. Decátanse agora dos seus miserábeis resultados e que a ideoloxía comunista e o socialismo continúan e continuarán interesando e inspirando a millón de traballadores.

Tentan desacreditar o socialismo do século XX e o movemento revolucionario, anuncian represión contra os comunistas, que están loitando por un mundo novo, mentres que absolven a quen defenderon o nazismo e colaboraron con el.

Reescriben a historia dun xeito desafiante, igualando aos heroes cos criminais.

O seu principal obxectivo son os partidos comunistas, comunistas que viven e loitan baixo duras condicións nos antigos países socialistas. As súas intencións son desarraigar a memoria colectiva de millóns de traballadores que hoxe teñen a oportunidade de comparar por eles mesmos o presente e o pasado.

Actualmente nos países bálticos, estados membros da Unión Europea, os partidos comunistas están prohibidos e decenas dos seus partidarios están sendo castigados de distintos xeitos, mentres eses mesmos gobernos conceden honores e medallas aos antigos colaboradores dos nazis e levantan monumentos glorificadores do fascismo.

Os anticomunistas demostran o seu odio e as súas intencións imperialistas en relación a eses países onde os partidos comunistas son poderosos. Tenta acabar cos procesos políticos positivos e os levantamentos populares de América Latina, en Venezuela, en Bolivia.

Estamos orgullosos da historia do movemento comunista internacional; da súa contribución aos pobos e aos seus movementos. Estamos orgullosos do internacionalismo proletario. E opinamos que só a clase traballadora ten o dereito de revisar criticamente as nosas actividades e a nosa construción socialista.

A simplista propaganda anticomunista fai referencia ao que chaman "Período Estalinista", período no que se estaban a crear as bases da construción socialista baixo condicións de sitio, sabotaxes internas, e intentos por debilitar e derrotar a loita por estabelecer o poder dos traballadores. Legaliza a contrarrevolución e cuspe diversas difamacións sobre a revolución. Tenta o imperialismo obrigar aos pobos a abandonar o uso revolucionario da forza, para así poder eles utilizar a violencia capitalista sen ningunha restrición.

As nacións defenderon importantes revolucións capitalistas que fixeron avantar á humanidade. Defenderon revolucións socialistas-revolucionarias (Comuna de París, Revolución de Outubro, etc.) A historia demostra que o grao e formas do uso revolucionario da forza depende, en primeiro lugar, do nivel e formas de resistencia das clases que eran derrocadas.

Durante a Segunda Guerra Mundial, os pobos do mundo derramaron o seu sangue opoñendo á violencia da inxustiza á súa violencia pola xustiza. Castigaron aos que colaboraron cos ocupantes. E hoxe somos testemuñas do crecemento da loita contra o que se coñece como "lexislación", é dicir, as leis e as institucións que estabelecen e garanten a inxustiza contra a clase traballadora e outros grupos da poboación.

Os traballadores e a mocidade deben loitar contra as accións que procuran denigrar o socialismo. Só os pobos teñen o dereito de xulgar o socialismo, non os imperialistas quen loitaron contra el con todos os medios posíbeis. Estes últimos non están interesados nunha auténtica aprendizaxe sobre os erros e as decisións desacertadas que sen dúbida tiveron lugar neste difícil camiño sen precedentes na historia da humanidade.

Eles queren que a xente non saiba nada, especialmente a mocidade. Ansían poñer obstáculos no camiño cara ao socialismo porque saben que é a resposta necesaria e a única real á barbarie capitalista.

Están intentando perseguir non só as ideas. En primeiro lugar perseguen aos comunistas e á loita da clase traballadora. As ideas e a loita están inseparabelmente relacionadas.

O feito de que a histeria anticomunista está sendo apoiada activamente polos socialdemócratas e os "mutantes-comunistas" só confirma que a loita contra o imperialismo só pode ser efectiva se se conecta coa loita contra o reformismo e o oportunismo.

A resposta á agresividade do anticomunismo e o imperialismo demanda o fortalecemento do movemento comunista e dos traballadores, a reorganización do movemento comunista internacional, a coordinación de accións comúns das forzas antiimperialistas baseadas en ideas concretas.

A clase traballadora e outros sectores da poboación están interesados en derrotar a histeria anticomunista, empeñada esta en condicionar o seu futuro.

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Maoístas indios falan sobre a situación do Nepal (Parte II)
21/05/2008

K. Srinivas Reddy
The Hindu
17/05/08



Quere dicir vostede que a vitoria electoral dos maoístas no Nepal e a chegada ao poder a través dos medios parlamentares é un exercicio inútil e que non pode traer o desexado cambio radical no sistema social?

Non exactamente iso. Controlar o poder estatal, se é que realmente poden controlalo, dá aos maoístas un medio para defender os beneficios acumulados durante os moitos anos de guerra revolucionaria e levar a cabo cambios radicais no sistema social. Mais isto será complicado de lograr debido a especial conxuntura na que os maoístas chegan ao poder. De feito, incluso nas revolucións clásicas, como na China, onde os comunistas revolucionarios tomaron o poder mediante unha revolución armada, Mao advertira do perigo do xurdimento dunha nova clase por mor das súas posicións na maquinaria estatal. Despois de Mao, o estado dexenerou nun mecanismo de opresión e represión das grandes masas. A lección dos comunistas, após aprender desta experiencia, é que o partido debe concentrarse na organización e a mobilización das masas, dispostas a rebelarse contra todo tipo de inxustiza e explotación perpetrados por parte do Estado e dos burócratas.

No Nepal, onde os maoístas chegaron ao poder aliados coas clases dominantes, é aínda máis urxente a tarefa de continuar a loita de clases mediante a organización das masas contra todas as formas de explotación e opresión. Na medida do posíbel, os maoístas poderían utilizar o seu control relativo do Estado para axudar ás masas na súa loita pola liberdade, a democracia e os medios de subsistencia. Cambios básicos poderían lograse a través da continuación da loita de clases, loita na que o Estado, como moito, pode dar algo de axuda.

Sitaram Yechury, do Partido Comunista da India (Maoísta), afirmou que os maoístas indios tiñan que aprender das experiencias do Nepal e adoptar o camiño parlamentar para chegar ao poder. Que ten que dicir a isto?

Por que Yechury só? Incluso os políticos dos estados onde o movemento maoísta é forte xa o dixeran antes. Os políticos insistiron sobre o mesmo tema desde que os revisionistas comezaron a participar no Parlamento no noso país. Algúns dixeron que a vitoria maoísta no Nepal tería un efecto de demostración para os maoístas da India.

Os que así falan esquecen que as situacións no Nepal e na India son completamente diferentes. No Nepal a tarefa política inmediata foi a loita contra a monarquía, que provocou un certo grao de unidade entre as diversas partes e un amplo sector da poboación. A situación creada pola monarquía, obrigou a todas as forzas a pechar filas e librar unha loita polo democracia.

Na India estamos nunha loita contra un sistema social semifeudal e semicolonial no que o sistema parlamentar é unha parte integrante. Todos os partidos do parlamento obedecen os ditados dos imperialistas, polo que se aliñan no bando contrarrevolucionario. Aquí a tarefa inmediata é unha loita pola terra, os medios de subsistencia e a liberación das masas.

En segundo lugar, estes socialdemócratas, no seu intento de defender a súa liña parlamentar, minimizan conscientemente e gardan silencio sobre as experiencias de Chile, O Salvador, Nicaragua, etc. Nicaragua é un exemplo, onde a Fronte Sandinista de Liberación Nacional tomou o poder en 1979 após derrocar á familia Somoza. Malia os grandes cambios que trouxeron os sandinistas, o certo é que os exércitos privados, armados e adestrados polos Estados Unidos, comezaron a súa loita contra os sandinistas, que tamén tiveron que enfrontarse aos problemas económicos consecuencia do embargo comercial. Os sandinistas acordaron celebrar eleccións en 1990 despois das negociacións de paz coa ONU, mais perderon fronte a unha coalición dereitista de 14 partidos da oposición. O masivo apoio dos Estados Unidos ás clases reaccionarias nicaraguanas, xunto a unha grave crise económica, conduciron á derrota dos sandinistas.

Estes socialdemócratas tamén minimizan o tremendo impacto nas masas da guerra popular no Nepal durante a última década. Teñen máis de 40 anos de experiencia na política parlamentar. Que cambios fundamentais conseguiron? Sen o seu apoio aos poder de goberno da UPA*, liderado por Manmohan Singh, este non se atrevería a levar a cabo as súas políticas antipopulares.

Non é de estrañar que pediran aos maoístas indios que seguiran o exemplo dos nepaleses. O noso partido coida que un cambio fundamental no sistema non pode lograrse a través da vía parlamentar, senón a través da loita de clases. No noso país esta loita adopta a forma dunha guerra agraria levada por unha organización armada. Nós, por suposto, non rexeitamos outras formas de loita e organización, ademais da loita armada, e disto se pode decatar un se observa o noso movemento.

A tarefa dos revolucionarios é destruír e reconstruír a totalidade dos dereitos económicos, sociais, políticos, culturais, etc. Se un acaba de chegar ao Poder a través do Parlamento non pode levarse a cabo unha reestruturación do sistema.

Bhattarai e Prachanda declararon que están dispostos a animar ao investimento estranxeiro directo e crear un entorno favorábel á empresa no Nepal. Tamén falaron de fomentar o capitalismo. É correcto que un partido maoísta anime ao investimento estranxeiro e queira desenvolver o capitalismo?

Nepal é un país tremendamente atrasado que carece da mínima infraestrutura e de produción industrial. Forma parte do cuarto mundo, se podemos chamalo así. A ONU colocouno na categoría de países menos adiantes. Polo que a primeira tarefa no Nepal sería a de liberar ás grande masas das gadoupas feudais e desenvolver unha industria sobre esa base. Polo que respecta a desenvolver o capitalismo existente no Nepal, non ten que constituír ningún problema para os revolucionarios na medida en que o capitalismo sexa nacional e estea regulado axeitadamente para satisfacer as necesidades das masas, encamiñándose ao crecemento da economía interna e non para a exportación ou para servir aos imperialistas. Mais se o estímulo é para a entrada de capital estranxeiro será prexudicial para os intereses do país a longo prazo.

No pasado, os maoístas opuxéronse ás institucións privadas nos sectores da saúde e da educación. Mais agora Prachanda prometeu eliminar todos as eivas ao sector privado. Imos coñecendo os informes das conversas entre os dirixentes maoístas e os funcionarios do Banco Mundial. De ser certos estes informes, entón as consecuencias poden ser perigosas para o futuro do Nepal.

Como prevé o futuro das relacións entre o seu partido e o PCN(M)? Tendo en conta o feito de que o estado indio non quere que existan relacións entre os maoístas da India e os do Nepal, e que as esixencias formuladas polo Foro polos Dereitos do Pobo Madhesi neste sentido constitúen un claro indicio da crecente presión da India, as fraternais relacións entre as dúas partes seguirán como antes?

Coidamos e desexamos que as relacións fraternais entre o PCI(M) e o PCN(M) seguirán como antes. Mentres as dúas partes estean firmemente comprometidas co internacionalismo proletario, as presións internacionais e internas non poderán variar esta realidade.

Por suposto, vai medrar a crecente presión de varios sectores sobre os maoístas nepaleses para que rachen as súas relacións con outros partidos maoístas. En particular, a India e os Estados Unidos van exercer unha maior presión neste sentido. Hai que decatarse da complexidade da situación. O camarada Prachanda afirmou correctamente que os vínculos ideolóxicos entre as dúas partes permaneceran intactos. Coidamos que os debates ideolóxicos e as discusións teñen que continuar. Os diversos foros internacionais, como a CCOMPOSA, deben continuar cos seus obxectivos e actividades malia a nova situación.

Que ten que dicir sobre o comentario do camarada Prachanda nunha entrevista que concedeu ao xornal The Hindu: "No caso do Partido Comunista da India (Maoísta), os seus dirixentes e cadros, os nosos esforzos proporcionaranlles algún material novo para o estudo, para pensar sobre como seguir adiante no novo camiño. Os nosos esforzos proporcionan un punto de referencia."?

Como marxistas, debemos estudar criticamente calquera fenómeno, particularmente as nosas experiencias. Porén, non debemos tirar conclusións precipitadas, senón que temos que observar coidadosamente os resultados deses esforzos. Todos estes esforzos deben ser avaliados dun punto de vista de clase. O marxismo é unha ciencia e ofrece as ferramentas para analizar todos os fenómenos sociais cientificamente. Isto é o que debemos facer ante a nova realidade do Nepal, como ante calquera outra nova realidade. Por suposto, temos xa moitos precedentes históricos que tamén deben ser considerados. A experiencia do Nepal debe verse en funcións destes precedentes e non como un caso illado.

* Alianza Progresista Unida nas súas siglas en inglés.

Ler máis

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Maoístas indios falan sobre a situación do Nepal (Parte I)
20/05/2008

Srinivas Reddy
The Hindu
16/05/08


A coalición política actual vai ser a maior eiva para o Partido Comunista do Nepal (Maoísta) para ocuparse das reformas prometidas no país do Himalaia. Unha reforma radical do sistema non pode emprenderse por medio de leis e decretos de Estado, esta virá por unha loita de clases dura e cruel no Nepal. Así podemos resumir o punto de vista dos maoístas indios sobre a nova situación no Nepal. Nunha extensa entrevista, Azad Satya, voceiro do Partido Comunista da India (Maoísta), fala sobre os moitos problemas aos que se enfrontan os maoístas no Nepal.



Os resultados da Asemblea Constituínte do Nepal foron notabelmente favorábeis aos maoístas. Como ve o seu partido, o Partido Comunista da India (Maoísta) os resultados electorais no Nepal?

Os resultados das eleccións demostran a inmensa ira das masas contra o anticuado poder monárquico-feudal no Nepal, a dominación da India e dos Estados Unidos, e os partidos feudais que traizoaron ás masas durante moito tempo. Son o reflexo das crecentes aspiracións das masas do Nepal pola democracia, a terra, os medios de vida e a auténtica liberación do imperialismo e da explotación feudal. Son estas aspiracións a completa derrota dos partidos que apoiaban ao rei e ás clases dominantes indias.

Cando unha alternativa como o Partido Comunista Nepalés (Maoísta) ocupa o primeiro plano cun compromiso de abolir a monarquía feudal, de derrogar todos os tratados inxustos asinados coa India e garantir a democracia e a igualdade para todos, as masas camiñan cara a ela. O noso partido ve nos resultados un sinal positivo de enorme importancia para todos os pobos do sur de Asia.

Cales son para vostede as razóns do éxito dos maoístas nestas eleccións?

Existen seis razóns principais: Unha, as masas do Nepal non aturaban máis o autoritarismo e a autocracia do rei Gyanendra. Cando viron a oportunidade de acabar con el, non o dubidaron. Nunca antes existira esta oportunidade. Só o PCN(M) demostrou o seu firme compromiso de abolir a monarquía, converténdose na única alternativa.

Dúas, as masas estaban fartas da dominación india. O Nepal padeceu durante demasiado tempo as desigualdades dos tratados asinados coa India, como o Tratado de Paz e Amizade Indo-Nepalés de 1950, o Tratado de Mahakali, e así sucesivamente. A India sempre ollou para as riquezas naturais do Nepal, e apoiou á monarquía defendendo a Teoría dos dous Piares, ao igual que o Congreso Nepalés. Adestru e armou ao Exército Real do Nepal e enviou todo tipo de axuda destinada a conter aos revolucionarios maoístas do Nepal. Estes actos alimentaron a ira das masas. Votaron polo PCN(M) xa que ningún outro partido amosou coraxe para facer fronte á India.

Tres, as masas do Nepal están fartas da explotación, da opresión e da intervención dos imperialistas Estados Unidos. Durante todo o imperio do rei Gyanendra, os Estados Unidos foron un sostén importante, e incluso a día de hoxe están ao seu lado. Engadiron ao PCN(M) á súa lista de grupos terroristas. Isto foi un grave insulto ao pobo.

Catro, a promesa do PCN(M) de estabelecer no Nepal unha sociedade democrática, federal e laica, con liberdade, democracia e igualdade para todos os oprimidos, tivo un efecto electrizante. Por vez primeira, as clases oprimidas estiveron representadas nas eleccións.

Cinco, o factor máis importante, é o impacto positivo creado polos dez anos de guerra popular dirixida polos maoístas. Estes conquistaron o control de case tres cuartas partes das zonas rurais do Nepal. A través dos gobernos revolucionarios do pobo levaron a cabo varias reformas que achegaron ás masas a eles. A guerra popular aumentou a conciencia política das masas e espertou as súas aspiracións democráticas. O crecemento do movemento de masas por unha Asemblea Constituínte por todo o Nepal, é unha consecuencia lóxica da guerra popular. Neste contexto, os partidos que fixeron da loita pola Asemblea Constituínte un mero espectáculo teatral pasaron a ser irrelevantes.

E por último, aínda que non menos importante, o apoio de capitalistas locais e de unha parte dos comerciantes que, malia a que se opuxeron polo xeral aos maoístas, consideraron que unha vitoria maoístas era a única garantía de paz no Nepal.

Agora que os maoístas chegaron ao poder, van poder levar a cabo as súas promesas?

Esta é a pregunta máis difícil de responder. O problema inmediato é conseguir unha coalición de forzas que teña o control de dous terzos da Asemblea, para poder así incorporar as reformas radicais na nova Constitución. Porén, para acadar unha maioría de dous terzos, ten que confiar en partidos como o Congreso Nepalés e o socialdemócrata Partido Comunista do Nepal (Marxista Leninista Unificado). É imposíbel levar a cabo as reformas prometidas con tal combinación de forzas. Eles non van estar dispostos a formar parte do programa dos maoístas e trataran de subverter calquera cambio radical que poña en perigo os seus propios intereses de clase. Coidamos imposíbel calquera reestruturación radical do sistema sen a mobilización militante das grandes masas nunha dura loita de clases. É imposíbel realizar cambios a través das medidas postas en marcha "desde arriba", é dicir, a través de decretos de estado e de leis. Para aplicar estas leis, é indispensábel mobilizar ás masas e facer avantar a loita de clases. Sen isto, a liberación dos pobres é unha tarefa imposíbel.

E dada a actual coalición, incluso a promulgación das tan prometidas leis será unha tarefa case imposíbel. Por esta razón, vai desenvolverse unha verdadeira loita, máis dura e cruel, polo poder. A falta dunha maioría na Asemblea Constituínte, deixa aos maoístas impotentes. Terán que recuar e chegar a compromisos, sacrificando os intereses dos oprimidos, intereses polos que chegou ao poder. Ou, pola contra, terán que mobilizar á poboación e intensificar a loita por todos os medios, incluída a insurrección armada, co gallo de aplicar unha auténtica democracia e estabelecer o poder popular. Non hai máis alternativas.

Como contempla vostede o futuro escenario no Nepal? O imperialismo indio e norteamericano adaptarase á nova realidade e apoiará ao goberno maoísta, ou porá todas as trabas posíbeis?

Viviriamos nun mundo de fantasía se consideráramos que os Estados Unidos e a India están cómodos cos maoístas no Nepal, ou que vaian adaptarse á nova realidade. Malia continuar as relacións diplomáticas, crearase unha situación adversa se o novo goberno non obedece aos seus ditados. Os Estados Unidos fixo todo o posíbel por manter viva a monarquía, xa que o monarca non era máis que un peón deles. No tocante á India, recibiu unha labazada no rostro cando Koirala e o seu Congreso Nepalés saíu derrotado.

Porén, a India gañou terreo noutra fronte. Na rexión de Tarai, apoia aos dous partidos Madhesi que obtiveron moitos escanos. A India utilizará a estes partidos para crear perturbacións, se o novo réxime non se prega á súa liña. Xa, o Foro Janadhikar Madhesi esixiu aos maoístas que aclaren a súa posición sobre as demandas de autonomía Madhsei e pediu aos maoístas que suspenderan as súas relacións con foros internacionais como o MIR* e a CCOMPOSA**.

Tanto os Estados Unidos como a India poden, por exemplo, golpear a economía do Nepal, paralizando a produción industrial, o comercio e bloqueando as liñas de subministro, provocando así escaseza de alimentos e de bens de consumo. Noutras palabras, poden estrangular ao Nepal por medio dun bloqueo económico. Farano se coidan que o novo réxime vai demasiado lonxe.

Xa que logo, a situación no Nepal é delicada, con ausencia de produtos esenciais, incluso na capital Katmandú. Os poderosos veciños do Nepal poden alterar o equilibro a través da chantaxe económica, que podería dar lugar a disturbios sociais e protestas masivas contra os maoístas. A escaseza de produtos esenciais e o aumento dos prezos pode conducir ao desencanto co incipiente réxime e a súa perda de popularidade, dando así a oportunidade de volver a estabelecerse aos desacreditados partidos. Polo tanto, a situación no Nepal seguirá sendo extremadamente delicada e inestábel, aínda que os maoístas obtiveran unha impresionante vitoria electoral.

Os camaradas Prachanda e Bhattarai saben moi ben isto e, polo tanto, apelaron á cooperación da India. Decátanse que non haberá estabilidade no Nepal sen a cooperación da India. O feito de que o Nepal sexa un país pequeno encadrado entre dous grandes e poderosos veciños -a India e China-, e que sexa un obxectivo para o imperialismo norteamericano, fan do goberno algo moi difícil. E por iso, polo que os maoístas se enfrontan á tarefa sumamente difícil de equilibrar todas estas forzas e levar a cabo á súa axenda popular.

* Movemento Internacionalista Revolucionario
** Comité de Coordinación dos Partidos e Organizacións Maoístas do Sur de Asia


Ler a primeira parte da entrevista

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Ho Chi Minh: 118 aniversario
19/05/2008


"
Na obra de Lenin 'Teses sobre as cuestións nacional e colonial' había termos políticos complicados de entender. Mais, léndoos unha e outra vez, finalmente puiden comprender as partes esenciais. Que emoción, entusiasmo, ensinanza e confianza me deron! Choraba de ledicia. Sentado no meu cuarto, berraba como se estivera dirixíndome a unha multitude: 'Queridos compatriotas, queridos mártires! Isto é o que precisamos, este é o noso camiño á liberación!' Desde entón, tiven unha confianza absoluta en Lenin, na Terceira Internacional!"

Ho Chi Minh (19/5/1890 - 2/9/1969)

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Pequeno inventario da desinformación: 10 guerras, 10 mentiras mediáticas
18/05/2008


Michel Collon

Cada guerra é precedida dunha grande mentira. Hoxe, Bush, ameaza a Venezuela e o Ecuador. Mañá, Irán? E despois, a quen lle tocará?

O papel de monicreque represéntao Uribe, narcotraficante e asasino de indíxenas (catro millóns de desprazados). Uribe pretende facernos pensar que atopou no indestrutíbel computador de Raul Reyes (FARC) as probas do apoio de Chávez ao “terrorismo” e a escusa para a militarización da rexión.

Xornais como Le Monde difunden esta campaña de propaganda para a próxima guerra de Bush. Lembremos simplemente cantas veces os mesmos Estados Unidos e os mesmos medios de comunicación xa nos manipularon. Cada gran guerra quere “xustificarse” por unha información que se descubrirá máis tarde (demasiado tarde) que é unha mentira.

Inventario rápido...

Vietnam (1964-1975):

- Mentira mediática: O 2 e 3 de agosto, Vietnam do Norte tería atacado dous buques ianquis na baía de Tonkin.
- O que a xente soubo máis tarde: O ataque nunca tivo lugar. Foi unha invención da Casa Branca.
- Obxectivo verdadeiro: Impedir a independencia de Vietnam e manter o dominio ianqui sobre a rexión.
- Consecuencias: Millóns de vítimas, malformacións xenéticas (axente laranxa), enormes problemas sociais.

Granada (1983):

- Mentira mediática: A pequena illa das Antillas é acusada de permitir a construción dunha base militar soviética e de poñer en perigo a vida de médicos norteamericanos.
- O que a xente soubo máis tarde: Totalmente falso. O presidente norteamericano, Reagan, ideou todas as pezas desta mentira.
- Obxectivo verdadeiro: Impedir as reformas sociais e democráticas do primeiro ministro Bishop (que será asasinado).
- Consecuencias: Brutal represión e restabelecemento do embargo de Washington.

Panamá (1989):

- Mentira mediática: O obxectivo da misión é deter ao presidente Noriega por tráfico de drogas.
- O que a xente soubo máis tarde: De ser unha creación da CIA, Noriega pasa a reclamar a soberanía da canle de Panamá. Algo intolerábel para os Estados Unidos.
- Obxectivo verdadeiro: Manter o control norteamericano sobre a estratéxica canle de comunicación.
- Consecuencias: Os bombardeos norteamericanos causaron entre 2000 e 4000 vítimas. Os medios de comunicación non dixeron nada.

Iraq (1991):

- Mentira mediática: Os iraquís sacaran das súas incubadoras aos bebés do hospital Al Adnan na Cidade Kuwait.
- O que a xente soubo máis tarde: Invento da axencia publicitaria Hill & Knowlton pagada polo emir de Kuwait.
- Obxectivo verdadeiro: Impedir que o Medio Oriente resista a Israel e sexa independente dos Estados Unidos.
- Consecuencias: Innumerábeis vítimas da guerra, após un longo embargo no que se incluíron os medicamentos.

Somalia (1993):

- Mentira mediática: O señor Kouchner aparece en escena como heroe dunha intervención humanitaria.
- O que a xente soubo máis tarde: Catro empresas norteamericanas mercaran unha cuarta parte do subsolo somalí rico en petróleo.
- Obxectivo verdadeiro: Controlar unha rexión militarmente estratéxica.
- Consecuencias: Sen conseguir controlala, os Estados Unidos manterán a rexión nun caos prolongado.

Bosnia (1992-1995):

- Mentira mediática: A empresa norteamericana Ruder Finn e Bernard Kouchner sacan á luz aos supostos campos de exterminio serbios.
- O que a xente soubo máis tarde: Ruder Finn e Kouchner mentían. Eran campos de prisioneiros á espera de intercambios. O presidente musulmán Izetbegovic así o recoñeceu.
- Obxectivo verdadeiro: Racharr unha Iugoslavia demasiado á esquerda, eliminar o seu sistema social, someter a zona ás multinacionais, controlar o Danubio e as estratéxicas estradas dos Balcáns.
- Consecuencias: Catro anos de guerra atroz entre todas as nacionalidades (musulmáns, serbios, croatas). Provocada por Berlín, prolongada por Washington.

Iugoslavia (1999):

- Mentira mediática: Os serbios cometen un xenocidio sobre os albaneses de Kosovo.
- O que a xente soubo máis tarde: Invención pura e simple da OTAN como o recoñeceu o seu voceiro oficial, Jamie Shea.
- Obxectivo verdadeiro: Impoñer o dominio da OTAN sobre os Balcáns. Instalar unha base militar norteamericana en Kosovo.
- Consecuencias: Dúas mil vítimas dos bombardeos da OTAN. Limpeza étnica de Kosovo pola UCK, protexida pola OTAN.

Afganistán (2001):

- Mentira mediática: Bush pretende vingar o 11 de setembro e capturar a Ben Laden.
- O que a xente soubo máis tarde: Non exista ningunha proba da existencia desta rede. De todas formas, os talibáns propuxeran extraditar a Ben Laden.
- Obxectivo verdadeiro: Controlar militarmente o centro estratéxico de Asia, construír un oleoduto para controlar o abastecemento enerxético do sur de Asia.
- Consecuencias: Ocupación e forte alza da produción e do tráfico de opio.

Iraq (2003):

- Mentira mediática: Saddam posuía perigosas armas de destrución masiva, afirmou Colin Powell á ONU, coas probas fotográficas na man.
- O que a xente soubo máis tarde: A Casa Branca ordenara aos seus servizos falsificar probas e informes (asunto Libby) ou inventalos.
- Obxectivo verdadeiro: controlar todo o petróleo e así condicionar aos seus rivais: Europa, Xapón, China...
- Consecuencias: Caos total en Iraq. As mulleres condenadas á submisión e ao escurantismo.

Venezuela – Ecuador (2008-?):

- Mentira mediática: Chávez sostería o terrorismo, importaría armas, sería un ditador (o pretexto definitivo aínda non semella escollido).
- O que a xente debería saber: Varias mentiras mediáticas precedentes xa se desincharon: Chávez dispara ao seu pobo, Chávez antisemita, Chávez militarista... Mais a demonización continúa.
- Obxectivo verdadeiro: As multinacionais norteamericanas queren o control do petróleo e do resto da riqueza de América Latina, temen a liberación social e democrática de todo o continente.
- Consecuencias: Washington conduce unha guerra total contra o continente: golpes de Estado, sabotaxes económicas, chantaxes, estabelecemento de bases militares xunto ás riquezas naturais...


En resume, cada guerra é precedida e “xustificada” por unha grande mentira. E o noso inventario está lonxe de estar acabado! Impedir as guerras é desenmascarar estas mentiras o antes e o máis amplamente posíbel.

Ler máis

Etiquetas: ,

(1) Comentarios
Uns 2500 menores de idade encarcerados polos Estados Unidos desde 2002
17/05/2008



O goberno dos Estados Unidos revelou que encarcerou a uns 2.500 menores de idade acusados de "combatentes ilegais" en Iraq, Afganistán e na Baía de Guantánamo desde o ano 2002. Nunha reunión coa Comisión das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno, a administración Bush afirmou que a meirande parte dos rapaces foron encarcerados en Iraq, onde 500 permanecen nos cárceres ianquis neste país. Dez menores seguen presos en Afganistán. Oito menores foron enviados á Baía de Guantánamo.

Etiquetas:

(0) Comentarios
As leis da física contra a versión oficial do 11/9
15/05/2008


Traducimos ao galego unha pequena mostra dun artigo do investigador norteamericano James Fetzer que cuestiona, a través do método científico, a versión oficial dos acontecementos do 11 de setembro nos Estados Unidos. Tan só é un breve resumo, no que prescindimos das partes máis técnicas do seu artigo. Se este tema é do seu interese, recomendamos a lectura completa na páxina da Rede Voltaire.

James Fetzer*

Como resultado das investigacións de Nafeez Ahme (2002), Thierry Meyssan (2002), Paul Thompson (2004), Michael Ruppert (2004) e David Ray Griffin (2004, 2005), entre outros, xa sabemos que a versión oficial do 11/9 non pode ser correcta. Esa versión afirma que dezanove árabes, con escasas habilidades para pilotar aeronaves, secuestraron catro avións e despois realizaron complicadas manobras para chocalos contra o World Trade Center e o Pentágono; que o dano causado polos impactos combinado coa calor do combustíbel do Jet que se queimou derrubou o WTC1 e o WTC2; que o WTC7 foi o primeiro edificio na historia en derrubarse só por mor do lume; e que contra o Pentágono chocou o voo 77 de United, que era un Boeing 757. O problema básico con esta “teoría conspirativa” é que de ser certa violaría leis da física e a enxeñaría que non poden ser transgredidas.

O extremadamente alto punto de fusión do aceiro estrutural (aproximadamente uns 2.800 º F) está moi por riba do máximo (menos de 1.800º F) que podería provocar o combustíbel do jet baixo condicións óptimas. O Laboratorio Underwriters certificara o aceiro usado no World Trade Center por 2.000º F durante polo menos 3-4 horas. Incluso as temperaturas máximas resultan aínda menores se se teñen en conta factores como o illamento, os asbestos e a dispoñibilidade de osíxeno. Dado que o aceiro é un bo condutor, calquera calor aplicada a unha parte da estrutura se disiparía cara a outras partes. O WTC1, a Torre Norte, recibiu o impacto ás 8:46 AM , derrubándose ás 10:29 AM, mentres que a Torre Sur recibiuno en segundo lugar ás 9:03, derrubándose ás 9.59 AM. Estiveron expostas ao incendio aproximadamente unha hora e media e unha hora respectivamente. Na medida que a maior parte do combustíbel ardeu nas xigantescas bolas de lume que acompañaron os impactos iniciais, o feito de que estas torres se derrubaran pola acción de incendios a base de combustíbel que derreteron o aceiro non só é improbábel senón fisicamente imposíbel.

A maioría dos norteamericanos non se decatan de que ningún edificio de estrutura de aceiro de grande altura colapsou por mor do lume na historia da enxeñaría civil, nin antes nin despois do 11/9. Se asumimos que estes incendios ocorreron nunha ampla variedade de edificios baixo un amplo rango de condicións, esa evidencia suxire que estes edificios non teñen unha propensión a derrubarse por efecto do lume. Iso fai que unha explicación alternativa, especialmente o uso de explosivos potentes nunha demolición controlada, sexa unha hipótese que debe ser tomada seriamente. En efecto, semellan existir cando menos dez trazos do derrube das Torres Xemelgas que constitúen efectos esperábeis das demolicións controladas mais non dos incendios que seguen aos impactos de aeronaves.

Estes inclúen o feito de que os edificios caeron aproximadamente a velocidade de caída libre; que ambos os dous se derrubaron practicamente dereitos cara abaixo (e sobre as súas propias “pegadas”); que case todo o formigón se converteu en po moi fino; que os derrubes foron completos, sen deixar practicamente columnas de soporte de aceiro en pé; que os rexistros fotográficos dos derrubes amosan “ondas de demolición” ocorrendo xusto encol dos pisos que colapsaban; que a maioría das vigas e columnas caeron en seccións de 30 a 40 pes de lonxitude; que os bombeiros afirmaron escoitar secuencias de explosións mentres se derrubaban; que se rexistraron eventos sísmicos coincidentes con impactos de aeronave e despois cando os edificios caeron; e que os charcos de aceiro fundido se observaron no subsolo durante semanas.

(...)

O Pentágono

O caso do Pentágono debería ser o máis accesíbel para estudar, xa que só depende de observacións e medidas, que son os elementos dispoñíbeis máis básicos para calquera investigación científica. En efecto, as fotografías tomadas antes do colapso dos pisos superiores do Pentágono proporcionan evidencia de que, o que sexa que chocara contra o Pentágono, non puido ser un Boeing 757. O avión tiña 155 pes de longo, cunha distancia entre á e á de 125 pes e unha altura de 36 pes cos rodas retraídas.

O punto inicial de impacto (previo ao colapso dos pisos superiores) foi a tan só 10 pes de altura e dun ancho de 16-17 pes, o tamaño aproximado das portas dobres dunha mansión. Realizouse un estudo meticuloso de enxeñaría con coidadosas medicións que ofrece poderosas evidencias de que a historia oficial non pode ser correcta. O dano semella inflixido por una aeronave máis pequena, como un F-16, ou polo impacto dun mísil, como posibilidade alternativa. A cantidade de dano simplemente non coincide co que ocorrería se contra o edificio chocara un avión da masa e dimensións dun Boeing 757.

As variacións non oficiais da versión oficial inclúen que o Boeing 757 chocou primeiro contra o chan e despois rebotou cara ao edificio, que os motores do avión araron o céspede antes de entrar no edificio, ou que o extremo da á dereita chocou co chan facéndoo “rodar” contra o Pentágono. Ningunha destas versións é remotamente congruente co suave, verde e intacto céspede. Por iso, é aínda máis notábel que o Secretario de Defensa mandara preparar o céspede como se fora danado no ataque. As fotografías tomadas inmediatamente despois do ataque demostran que non foi danado en absoluto.

Calquera que só vira o céspede despois da súa reconstrución, porén, aceptaría preferentemente a versión oficial. E é máis que interesante o feito de que se causaría moito máis dano con manobras moito menos esixentes se o avión se estrelara a través do teito do edificio no canto de contra unha área recentemente reconstruída na que só había rexistros e moi pouco persoal –como se os “terroristas” quixeran inflixir o mínimo dano.

Se un Boeing 757 se estrelara contra o Pentágono deixaría escombros masivos de ás, a fuselaxe, os motores, os asentos, a equipaxe, os corpos, e a cola. Porén, se se observan as fotografías tomas pouco despois do impacto antes de que os pisos superiores caeran, non se ve nada do mencionado: nin ás, nin motores, nin asentos, nin equipaxes nin cola.

Non fai falla botar man da ciencia astronómica –nin do cálculo de probabilidades- para recoñecer que algo de semellante tamaña non podería coller a través dunha abertura tan pequena ou non deixar restos en forma de ás destruídas, cascallos esparexidos, etc. Unha peza da fuselaxe que se alegou que proviña do avión parece ser evidencia plantada, que foi movida e fotografada en máis dun lugar. Mais se na escena non había escombros masivos da fuselaxe, ás, motores, asentos, equipaxe, corpos e cola, non puido ser a escena do choque dun 757. O argumento non pode ser máis simple.

O principio lóxico involucrado coñécese como modus tollens, que estabelece que, se p entón q, mais se non q, entón non p. Se q debe ser verdadeiro cando p é verdadeiro, mais q non é verdadeiro, entón p tampouco é verdadeiro. Esta é unha regra elemental do razoamento dedutivo, cuxo exemplo é fundamental para as investigacións científicas. Se un quer testar unha hipótese, ten que deducir o que debe ser verdadeiro se esa hipótese é verdadeira e tratar de determinar se esas consecuencias son verdadeiras.

Se non o son, entón a hipótese é falsa. Q.E.D. (quod erat demonstrandum). Se un Boeing 757 chocara contra o Pentágono, como alega o goberno, deixaría escombros de tipos e cantidades específicas. As fotografías e medicións amosan que non hai escombros dese tipo e cantidades. Na medida na que esas fotografías sexan auténticas e as medicións correctas –o que fai á calidade da evidencia para non q e semella bastante difícil de disputar- entón ningún Boeing 757 se estrelou contra o Pentágono. Q.E.D.

Que aconteceu realmente?

Os restos do único motor atopado dentro ofrecen pistas verbo do que realmente chocou contra o Pentágono. Os Boeing 757 teñen dous motores turboventiladores Pratt e Whitney, con rotores frontais de aproximadamente 42’ de diámetro e treitos traseiros de alta presión de menos de 21’ de diámetro. A parte que se atopou tiña menos de 24’ de diámetro e resulta que non coincide co motor turboventilador, senón coa montaxe do eixe frontal do compresor frontal do motor turbojet JT8D empregado nos Jet Fighter A-3 Sky Warrior.

Como os mísiles cruceiro teñen un diámetro de 20’, semellan ser demasiado pequenos para acomodar a este compoñente. Despréndese disto quen o Pentágono non chocou un Boeing 757 ou un mísil cruceiro, senón que en base a esta evidencia, probabelmente fora un Sky Warrior A-3. A evidencia relevante dispoñíbel non coincide coa versión oficial do goberno, que merece ser descartada. A súa probabilidade en base a evidencia é nula, mentres que a hipótese alternativa do A-3 fai que a evidencia relevante sexa altamente probábel e teña alta probabilidade como unha explicación claramente preferíbel.

Esta conxectura, suxerida pola evidencia, recebe apoio adicional doutras fontes. Por exemplo, dous empregados de defensa civil informaron que uns Sky Warriors A-3 foron encubertamente novamente deseñados con sistemas de control remoto e disparo de mísiles no Aeroporto Municipal Ft. Collins-Loveland, un pequeno aeroporto civil en Colorado, durante os meses previos ao 11/9. Segundo a información que proporcionaron “distintos contratistas militares –traballando independentemente a distintas horas- deseñaron de novo uns Douglas A-3 Sky Warriors con mísiles actualizados, sistemas de control remoto para vehículos aéreos non tripulados Raytheon’s Global Hawk, novos motores e sistemas de control de disparo, traspondedores, e sistemas de navegación radio-radar –unha reforma total- aparentemente para unha operación máis importante que o seu uso como simple plataforma de probas de mísiles para o contratista de defensa Hughes-Raytheon”. Estas informacións fortalecen a alternativa.

Se un pequeno Jet Fighter se estrelara contra o Pentágono no canto dun Boeing 757, isto explicaría o pequeno punto de impacto, a falta de escombros externos masivos, e un buraco no centro do edificio que a fráxil trompa dun Boeing 757 non podería provocar. Tamén suxeriría por que as partes do avión foron retiradas por persoal de servizo, xa que permitirían a identificación da aeronave e demostrarían a falsidade da versión oficial. Un pequeno fighter tamén se acomoda á información de Danielle O’Brien, unha controladora de tráfico aéreo que dixo sobre a aeronave que se estrelou que “a súa velocidade, a súa capacidade de manobrar, o xeito no que se dobrou, todos pensamos no cuarto de radar –todos sendo experimentados controladores de tráfico aéreo- que era un avión militar”.

Nada se move ou manobra tanto como un avión militar, como un jet fighter, o que tamén explicaría como foi capaz de penetrar nun dos espazos aéreos máis fortemente defendidos do mundo –emitindo un sinal amigo no transpondedor.

Outra liña argumental suxire que a evidencia se “asentou”. Ao confirmar que o motor atopado no Pentágono era efectivamente un JT8D, Jon Carlson expuxo que o avión usado no ataque tería que ser un Boeing 737, que tamén o usa. Iso contradí o uso dun 757, por suposto, mais tamén sería vulnerábel ao argumento paralelo da falta de escombros do tipo e cantidades acaídos. Ambos os dous son incompatíbeis coa paisaxe limpa e sen manchas, que debería ser enormemente alterado pola estela de turbulencia que xeraría calquera avión desas dimensións a esa baixa altura, un fenómeno que incluso é capaz de arrincar as tellas dos tellados a altitudes ordinarias.

Esta e outras liñas argumentais estabelecen que, o que sexa que se estrelou contra o Pentágono, non pode ser un Boeing 757 (nin un 737). Pode que a controversia sobre este punto específico fose tan ardua por ofrecer unha indicación tan clara e obvia da complicidade do goberno.

Preferíbel vs. Aceptábel

Os sucesos de Nova York requiren dunha análise lixeiramente máis sofisticada. Sabemos que a versión do goberno apunta a unha secuencia fisicamente imposíbel de eventos de probabilidade nula. Entón unha probabilidade de cero é tan só unha aproximación achegada a nula. Se os edificios foron derrubados cunha demolición controlada, pola contra, entón o aceiro non tería que terse derretido ou debilitado especialmente pola calor, senón que sería voado pola colocación precisa de explosivos. E a propensión de que o edificio colapsara a velocidade de caída libre e que houbese suficiente enerxía para pulverizar o formigón tería sido máis alta.

Dado que os edificios efectivamente caeron a velocidade aproximada de caída libre e había enerxía dabondo para converter o formigón en po fino, o soporte de evidencia para esta alternativa é moi alto. Sería moi facilmente confirmada por un estudo metalúrxico dos restos da estrutura de aceiro, mais foron rapidamente retirados e enviados a China por unha compañía extremadamente eficiente chamada “Controlled Demolition Inc.”

(...)

Un novo documental, “Loose Change”, inclúe un rexistro fotográfico que ofrece unha moi poderosa defensa da alternativa da demolición controlada do WTC1 e WTC2 ao proporcionar evidencia adicional de que se usaron explosivos para demolelos. O vídeo inclúe comentarios de testemuñas oculares de bombeiros e outros dos primeiros en responder, que escoitaron o que identifican como sons de secuencias de explosións en rápida secuencia (“Boom! Boom! Boom!”).

Mostra os efectos de explosións masivas que ocorreron a nivel do subsolo xusto antes dos impactos das aeronaves, rexistradas a 0.9 e 0.7 na escala de Richter, e eventos de magnitudes de 2.1 e 2.3 de 10 e 8 segundos de duración respectivamente, concorrentes co seu colapso. E tamén explora unha estraña e notábel serie de interrupcións “relacionadas coa seguridade” das cámaras de seguridade, que posibilitaron deixar sen cubrir varios grandes sectores do WTC1 e WTC2 por intervalos que permitirían a colocación de explosivos. Este notábel documental contradí dramaticamente a versión do goberno.

(...)

Debería darse por obvio que ningunha “teoría conspirativa” debería ser aceptada ou rexeitada sen investigación. Cada caso dunha posíbel conspiración debe ser avaliado independentemente en base aos principios da lóxica e a evidencia relevante dispoñíbel. As conspiracións florecen e o tempo é escaso. Carecemos dos recursos para confrontar todas. Mais necesitamos a intelixencia e o valor para promover a verdade en asuntos da máis alta importancia para o noso país e o mundo enteiro. Debemos facer todo o posíbel para descubrir e publicar a verdade e expoñer as técnicas tan habilmente despregadas para enganarnos. A historia non pode ser entendida –sequera remotamente!- sen comprender a prevaleza das conspiracións. E a historia norteamericana non é a excepción.

Pd. Segundo a versión oficial, o Voo Nº 77 pasou rozando o chan a máis de 500 millas por hora antes de chocar contra o Pentágono a nivel da planta baixa. Isto é aerodinamicamente imposíbel, porque a esa velocidade un contedor de gas comprimido debaixo da fuselaxe impediría que o avión baixara a menos de 60 pes do chan.

*James Fetzer é un investigador estadounidense con máis de 20 libros publicados de filosofía das ciencias e da fundamentación teórica da ciencia computacional, intelixencia artificial e ciencias cognitivas.

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Mencer Vermello: Comunicado de presentación do seu CD
14/05/2008

Por fin, e tras un pequeno atraso de imprenta, o CD xa está na rúa. A edición correu a cargo de Mai Morirem e RedStar73 que fixeron un estupendo traballo. Sae á venda en formato digipack, con libreto de 12 páxinas a toda cor e ao prezo de 10 euros.

O título que eliximos é КРАСНЫЙ РАССВЕТ, é dicir, Mencer Vermello en ruso, e claro, preguntarédesvos, por que en ruso? Pareceunos interesante pola sinxela razón de facerlle un chisco a unha parte do mundo que iluminou durante décadas o pensamento e a dirección do movemento comunista internacional. É a nosa modesta homenaxe ao primeiro Estado Socialista da Historia: a Unión Soviética.

Incluímos dez temas cargados de rabia, forza e contundencia seguindo o noso propio estilo: temas rápidos combinados con temas a medio tempo cunha boa melodía e unha potente agresividade nas voces. Un bo son e un bo reflexo do que facemos en directo, nin máis nin menos.

A continuación facémosvos un pequeno comentario sobre os temas que gravamos nos estudos Treboada (A Coruña):

01- Contrarrevolucións de veludo: Canción que fala sobre os acontecementos que precederon á “caída” do muro contra o fascismo, e a posterior desintegración da URSS e o bloque socialista, da colaboración da calaña revisionista na sabotaxe permanente ao servizo do imperialismo e da reacción mundial.
02- Semente de Vencer: A loita do pobo galego, co proletariado á fronte, pola independencia nacional e o socialismo. Pola ruptura deste cárcere de pobos que é o estado imperialista español, por unha República Popular Socialista Galega.
03- Golpe Final: Nestes tempos é necesario recordar unha vez máis a quen deu a cara contra o fascismo, a quen o combateu a vida ou morte, a millóns de asasinados que viron por fin cumprida a súa vinganza coa derrota e capitulación de Berlín, coa morte covarde de Hitler que preferiu suicidarse antes que enfrontarse aos pelotóns de fusilamento soviéticos ou de sufrir o mesmo destino que o do seu antigo camarada Mussolini, colgado polos pés e exhibido ante o pobo.
04- Ollo por ollo: A loita é o único camiño posible para a clase traballadora e os pobos oprimidos, avivemo-las barricadas, devolvamos tódolos golpes.
05- Soldados da Historia: Homenaxe á heroica guerrilla antifascista. As mulleres e homes que loitaron e entregaron o seu sangue, sempre serán recordados.
06- Samesugas: Simplemente unha declaración de guerra contra os explotadores, contra a burguesía, contra os inimigos do pobo.
07- Non nos iremos: Baseado nun poema do palestino Tawfig Az-Zayad. O título o di todo: un pobo que non se resigna ao exterminio, un pobo que loita con tódolos medios ao seu alcance por acada-la súa liberdade.
08- Guerra de clases: O noso primeiro tema, a nosa primeira letra, a sabia elección dun único camiño: Rock Proletario, marxismo-leninismo… ou morte.
09- Fillos da suor: O orgullo de pertencer a unha clase: o proletariado. Reflexo das nosas penalidades baixo o capitalismo e as nosas ilusións de vivir nunha sociedade sen clases, sen oprimidos nin explotados, sen opresores nin explotadores.
10- Stalingrado: Existen vitorias que xamais nos poderán ser arrebatadas. O fascismo sentirá pánico tan só ao ouvir o nome de Stalingrado, a primeira gran vitoria, logo virían outras moitas. Simplemente un himno, unha canción homenaxe á gran cidade vermella.

Pouco máis podemos engadir… máis información na nosa web e na web do Rock Proletario Internacional

Un saúdo proletario!
Mencer Vermello
Forza, compromiso e orgullo de clase!

Etiquetas:

(0) Comentarios
Non hai guerra civil no Líbano; hai unha guerra contra a resistencia
13/05/2008


Nadia Hasan
Palestine Think Tank

O que está a pasar hoxe no Líbano é só unha extensión do que está a pasar en toda a rexión. Estados Unidos e os seus aliados occidentais están tentando facernos crer que a relixión é o factor principal neste conflito e tratando, ao tempo, de encubrir as motivacións política e intereses económicos involucrados en todo o proceso. Existen dúas posicións principais hoxe no Líbano, por unha banda un proxecto colonialista conducido polos Estados Unidos e o seu principal aliado na rexións, Israel, cuxo voceiro é o propio goberno libanés, e pola outra banda, un proxecto de soberanía conducido polo movemento de resistencia. De feito, é unha guerra entre un movemento patriótico e axentes externos. Isto explica que ambos os dous sectores estean compostos por diversas correntes relixiosas, sectarias e ideolóxicas. Como se explica senón que Michel Aoun -cristián maronita- e líder do Movemento Patriótico Libre, e o Partido Comunista estean aliñados con Hesbulá?

O goberno pro-imperialista occidental libanés pretende enfrontar ao Exército Nacional contra o pobo e a resistencia. O seu obxectivo é escudarse detrás do exército por mor da súa falta de apoio popular. Debe terse en conta que a xefatura do exército segue nas mans de nacionalistas.

Anterior á invasión israelí contra o Líbano en 2006, existiron unha serie de presións, tanto internas como externas, para desmantelar o lexítimo movemento de resistencia no Líbano, Hesbulá. Estas presións incrementáronse despois de que este grupo derrotara ao exército israelí e dera esperanzas a outros movementos de resistencia noutras partes da Patria Árabe. Esta vitoria foi unha nova proba de que a resistencia contra a globalización por unha banda, e a guerra de guerrillas pola outra, aínda é posíbel.
Hai pouco, e despois da máis extensa sesión do parlamento libanés na historia, a coalición pro-occidental votou unha moción que declarou ilegal a rede de comunicacións de Hesbulá, un sistema de telecomunicacións que foi sumamente efectivo contra o exército israelí durante a guerra que tivo lugar no verán de 2006. Esta "Declaración de Guerra" contra a resistencia é só un exemplo máis de como os cans locais dos Estados Unidos e Israel están loitando contra o seu propio pobo, xa que con esta acción o goberno, de feito, está tratando de desmantelar a principal ferramenta coa que conta a resistencia para loitar contra o proxecto colonialista na rexión.

Isto non é unha cuestión menor, xa que é a primeira vez desde a sinatura dos Acordos de Taif en 1989, que puxeron fin á guerra civil no país e que lle concedeu lexitimidade á resistencia armada de Hesbulá contra Israel, que o goberno condena unha rede de comunicacións que forma parte do aparello de seguridade do movemento, considerándoa unha "ilegal ameaza contra o propio Estado".

O que o goberno libanés está facendo non é outra cousa que traballo sucio para Israel, só un par de días despois de que o goberno estadounidense volvera declarar a Hesbulá como unha organización terrorista manténdoa na súa "lista negra".

O obxectivo aquí non é outro que darlle aos Estados Unidos o control tanto do principal aeroporto do país como de todo o sistema de comunicacións, para así poder minar a lexítima resistencia do pobo contra o seu principal obxectivo, Israel, provocando loitas internas, que poidan ser confundidas facilmente como disputas relixiosas, do mesmo xeito que o están facendo en Iraq e Palestina. A principal razón que se agocha detrás da destitución do responsábel da seguridade do aeroporto é que este declarou que al-Hariri mantivo unha reunión secreta hai poucos días no aeroporto co príncipe saudita Bandar. Por certo, Bandar foi o único árabe a quen Bush informou de cando ía pórse en marcha a invasión contra Iraq.

A principal ameaza para o proxecto colonialista na rexión, incluíndo tanto aos réximes árabes como aos seus benfeitores occidentais, é o pobo e o seu poder de resistencia. Minar este poder e crear un clima de constante tensión interna é o obxectivo de calquera que estea en contra dun movemento nacionalista árabe na Patria Árabe.

Como podemos explicar doutro xeito as acusacións de intromisión iraniana no Líbano, chegando ao extremos de solicitar a expulsión do seu embaixador e paralizar todos os voos desde e cara a Irán, debido ao apoio a Hesbulá por parte do goberno iraniano, mais, ao mesmo tempo, non se pronuncie unha soa verba contra a intromisión externa dos Estados Unidos en Iraq, non se pronuncie unha soa verba en contra de permitir que un terzo da terra de Qatar sexa utilizada como base militar estadounidense, e non se pronuncie unha soa verba contra as forzas internacionais, armadas até os dentes, que baixo o falso pretexto de "preservar a democracia" están ignorando o respecto da territorialidade libanesa e consideran "terroristas" a unha grande parte da poboación?

Francia, a "Madre Patria", mantén unha forte presenza militar na zona, centrada principalmente en tratar de recuperar o seu proxecto colonialista e, máis unha vez, facendo o traballo sucio dunha entidade que oprimiu a un pobo completo durante máis de 60 anos.

Terá lugar unha reunión de chanceleres en Cairo, reunión solicitada por Exipto e Arabia Saudita, mais, que razón hai para condenar, outra volta, o dereito dun pobo a resistir contra o seu opresor, tal e como o está a facer con éxito Hesbulá no Líbano? Sen dúbida estes ministros discutirán as formas de acabar coa influencia "negativa" que os membros da resistencia teñen dentro do país.

Finalmente, debe ficar claro que Palestina está no centro do conflito no Líbano. Rematar coa resistencia nunca significou "reconstruír" o Líbano, senón protexer a Israel e convertelo nun estado "normal" no corazón da Patria Árabe. Por esta razón, a primeira decisión dos axentes pro-imperialistas, de chegaren a ter éxito, será o novo asentamento dos refuxiados palestinos do Líbano... en calquera lugar agás Palestina.

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Comunistas exemplares: Xanti Brouard
12/05/2008


Discurso do presidente do Comité Central de H.A.S.I.*, Xanti Brouard, na clausura do II Congreso deste partido en 1983

Queremos, máis unha vez, reafirmar a nosa militancia, a nosa obriga militante, e iso foi o que en substancia e en esencia tiveron estes tres días densos nos que convivimos aquí, totalmente entregados, convencidos de que unha militancia revolucionaria é o único camiño para que se poida conseguir a vitoria que nos propoñemos. Esta militancia non se pode conseguir só a través dunha análise científica, necesitamos dun proxecto político histórico, ao que nos achegamos na nosa militancia. Nós acreditamos na identidade específica do pobo vasco, nós acreditamos en Euskadi e coidamos que a recuperaremos a través da independencia e o socialismo. Para isto fai falla amor, comprensión profunda e identificación total cos compañeiros que sofren represión en todos os puntos de Euskadi, e en todos os puntos dos distintos pobos do mundo, a través do internacionalismo proletario, que adoptamos como un dos fachos do noso camiño.

Coidamos que isto só se conseguirá na meta final a través da independencia e o socialismo, coidamos que é un camiño real, único, difícil, áspero, mais nos agarda na distancia e a liberdade nos alumea. Antes, o pobo, nós, chegamos a crer, en certos momentos de debilidade, nuns presupostos mal pensados e que, como consecuencia, deron mal resultado e non conduciron a nada. Coidabamos que a queda do franquismo podía traer a liberdade, que podería traer o socialismo e a superación das clases. Como é natural, foron ideais que non se cumpriron. A historia do mundo e a historia propia do pobo de Euskadi ensinounos moi claro que as ditaduras e as consecuencias, as que fican agora, non caen por si mesmas, aínda que fracasaran, como está acontecendo no estado español. É evidente que hai que derrubalos e ese ten que ser o noso esforzo. A propaganda capitalista a través de todos os medios quere quitarnos fundamentalmente a fé no noso proxecto histórico; para iso menten, insinúan, empregan todos os medios dos que se vales para confundir e falsear, insinuar no noso espírito. É frecuente ouvir “é inútil loitar”, “todo dá igual”, “que máis dá uns políticos ca outros, que todos son iguais”, “que na URSS hai clases”, “que Nicaragua vai fracasar sometida ao imperialismo americano”, “que en Cuba existen fillos de papa”. Toda esta propaganda non ten outro fin que quitarnos a fé que todos nós cultivamos no proceso revolucionario que defendemos.

Vós apostastes por algo, apostastes polo proxecto que eu digo, apostastes até coas vosas vidas, porque todos somos conscientes de que esta situación política na que vivimos, todos os riscos son posíbeis en calquera momento. Mais apostamos en esperanza, mais con esperanza analítica, creativa, con fé no noso proxecto e nos compañeiros que están dando todo, o seu traballo, diñeiro, comodidades e até a vida. Hai que considerar a militancia total como un proxecto de vida diaria, non como a actuación en determinados momentos da vida diaria, senón como un compromiso e un proxecto de vida, de compromiso total. Non só tentando facer o posíbel, senón que nós, co noso esforzo, debemos facer que o imposíbel se converta en posíbel mañá. Como dixeron os compañeiros de ETA, dotámonos duns instrumentos ideolóxicos e organizativos, porque instrumentos foron os que aprobamos a través das teses nestes días. Nós militamos fundamentalmente no partido, en segundo lugar, -non por orde senón porque é así-, no bloque, no que un grande esforzo temos que facer todos para que sexa verdadeiramente un bloque sen diferenzas, e na unidade popular. Unidade popular que nestes momentos está concibida por nós en HB, mais coa esperanza de ir ampliándoa máis e máis, abarcando a máis xente no noso proxecto político. Animando a todas as organizacións populares abertas e libres que existen en Euskadi, que son moitas, coordinándoas, non substituíndoas, utilizando todos os medios necesarios, de comunicación, de masas e institucionais, como nos lembran os compañeiros de ETA, e até coas armas. Mais coidamos que no proxecto de liberación de Euskadi todos os medios son necesarios, dispostos a morrer ou a matar, para que outros non morran, dispostos a pasar pola prisión para ser máis libres, non por estar na prisión, dispostos a exercer a violencia dialéctica pola nosa parte mais incluso física pola honra dunha causa, nunca por vinganza, por revengueita ou por egoísmo.

O revolucionario, o militante de HASI ten que unir o amor á súa causa, coa entrega e o amor a todos os seus compañeiros, é de todos coñecidos que hai momentos nos que militantes entran en crise porque coidan que hai unha vida interpersoal afectada en certa medida pola vida militante do partido, mais non debe ser así, o amor interpersoal, o amor á familia, aos compañeiros, a entrega debe de dar calidade ao amor revolucionario. Remato dicindo que a liberación de Euskadi é consubstancial ao Pobo Traballador Vasco, é anterior á existencia de Franco na España e, como dixen antes, é totalmente necesaria. Coidamos que a través da independencia e o socialismo conseguiremos a liberdade do pobo vasco e a liberdade de cada individuo dos que vivimos en Euskadi, cousa que non conseguiríamos só co socialismo. Como dicía onte na cea o compañeiro do Salvador, eles coa súa loita queren aportar un gran de area para que alimente profundamente a praia da liberdade e do socialismo en todo o orbe. Ese é o noso empeño e de todos os demais grupos, conscientes de que o gran aporte á sociedade que loita pola liberdade, é loitar pola nosa liberdade aquí e conseguila para incorporala a todos.


Gora Euskadi Askatua!!
Gora Euskadi Sozialista!!
Gora KAS!!
Gora Euskal Herriko Langileria!!
Viva o Internacionalismo Proletario!!



*Herriko Alderdi Sozialista Iraultzailea (Partido Socialista Revolucionario Popular)

Ler máis

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Israel Vs. Sudáfrica: reflexións sobre o boicot cultural
11/05/2008

Omar Barghouti*
08/05/08

En 1965, o Comité Americano na África, seguindo o exemplo de importantes asociacións artísticas inglesas, patrocinou unha histórica declaración contra o apartheid en Sudáfrica, asinada por máis de 60 personalidades da cultura. Nesta declaración podemos ler: "Dicimos non ao apartheid. Nesta acordo solemne, facemos a promesa de negar calquera axuda, ou de feito, calquera asociación profesional coa actual República de Sudáfrica, até o día no que todo o seu pobo participe por igual nas vantaxes culturais e educativas desta rica e fermosa terra."

Se un substitúe "República de Sudáfrica" por "Estado de Israel", o demais debe aplicarse coa mesma firmeza. Israel hoxe -60 anos após a súa creación a través dun deliberado e sistemático proceso de "depuración étnica" dunha grande maioría da poboación palestina indíxena (para unha autorizada historia do "nacemento" de Israel, consultar o libro de Ilan Pappe The Ethnic Cleansing of Palestine)- aínda practica a discriminación racial contra os seus propios cidadáns "non xudeus"; aínda mantén a ocupación máis duradeira na historia moderna, que segue a negar aos refuxiados palestinos -desarraigados, desposuídos e expulsados polos sionistas nas últimas seis décadas- o seu internacionalmente recoñecido dereito a regresar aos seus fogares; e que aínda comete crimes de guerra e viola os dereitos humanos básicos e os principios do dereito internacional humanitario con absoluta impunidade.

O apartheid de Israel é máis sofisticado, desenvolvido e brutal que o seu predecesor surafricano, segundo declaracións autorizadas de dirixentes anti-apartheid de Sudáfrica, como o arcebispo Desmond Tutu e o actual ministro de gobernación Ronnie Kasrils, que é xudeu. Xa que logo, é necesario que todas as persoas concienciadas de todo o mundo, en particular aquelas que xa se opuxeran ao apartheid en Sudáfrica, tomen as mesmas medidas de solidariedade e de compaixón humana, a través dunha aplicación efectiva do boicot contra Israel até que acate o dereito internacional e os aspectos básicos dos dereitos humanos.

Porén, algúns poden argumentar que, para eles, a arte debe transcender as fronteiras políticas, e buscar a unificación da xente nun mundo común. Esquecen, seica, que amos e escravos non comparten nada en común, e menos aínda calquera noción de humanidade. No canto de volver a inventar a roda, prefiro lembrar as sabias verbas de Enuga S. Readdy, director do Centro das Nacións Unidas contra o Apartheid, que en 1984 respondeu aos que criticaban o boicot cultural contra Sudáfrica por ir contra a "liberdade de expresión" afirmando: "É bastante estraño, cando menos, que o réxime de Sudáfrica que nega todas as liberdades... á maioría africana... pase a ser agora un defensor das liberdades dos artistas e deportistas do mundo. Temos unha listaxe de xente que actuou en Sudáfrica, xa fose por ignorancia da realidade, por arelas económicas ou por despreocupación polo racismo. Temos que persuadilos para que deixen de entreter ao apartheid, deixar de lucrarse co diñeiro do apartheid e poñer fin á propaganda do réxime do apartheid."

Compre sinalar que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou unha resolución especial sobre o boicot cultural a África do Sur en decembro de 1980, case dúas décadas despois de que o fixeran asociacións e sindicatos británicos. Esa decisións atendía ao chamamento de organizacións negras en Sudáfrica que, efectivamente, censuraron a varios artistas estranxeiros que violaron o boicot. Acusando ás persoas que violaban o boicot de complicidade co apartheid, Reddy afirmou: "Non hai na historia un caso semellante, agás, en certa medida, baixo o nazismo". Malia todas as diferenzas obvias, esta tamén é a situación na Palestina ocupada hoxe.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Gloria ao Exército Roxo no 63 aniversario da súa vitoria sobre o nazifascismo
10/05/2008


Stalin
9 de Maio de 1945
Boletín de Información. Embaixada da U.R.S.S


Camaradas! Compatriotas, homes e mulleres! O Gran Día da Vitoria sobre Alemaña chegou. A Alemaña fascista viuse obrigada a axeonllarse ante o Exército Roxo e as tropas dos nosos aliados, recoñeceu a súa derrota e declarou a súa incondicional rendición.


O 7 de maio, o anteproxecto de rendición foi asinado na cidade de Reims. O 8 de maio, representantes do Alto Mando Alemán, en presenza de representantes da Comandancia Superior das tropas aliadas e da Comandancia Superior das tropas soviéticas, asinaron en Berlín a acta final de rendición, cuxa execución comezará en 24 horas..

Conscientes dos raposeiros hábitos das dirixentes alemáns, que sempre consideraron os tratados e acordos como papeis en branco, nunca tivemos razóns para crer nas súas palabras. Desde esta mañá, en cumprimento da acta de rendición, as tropas alemás comezaron a entregar as armas e a renderse ás nosas tropas.

Isto xa non é unha simple folla de papel. Esta é a rendición real das forzas armadas alemás.

É certo que un grupo de tropas alemás na zona de Checoslovaquia seguen eludindo a rendición. Mais agardo que o Exército Roxo sexa quen de facerlles cambiar de opinión.

Agora podemos comprobar con plena satisfacción que o histórico día da derrota final da Alemaña, o Día da Vitoria do noso pobo sobre a Alemaña imperialista, chegou. Os grandes sacrificios que fixemos no nome da liberdade e na defensa da nosa Patria, as incalculábeis privacións e sufrimentos padecidos polo noso pobo no curso da guerra, o esforzo produtivo na retagarda e o valor na liña da fronte non foron en van e foron coroados pola completa vitoria sobre o inimigo.

A longa loita dos pobos eslavos pola súa existencia e pola súa independencia finalizou coa vitoria sobre os invasores alemáns e a tiranía da Alemaña. De aquí en adiante, a grande bandeira da liberdade das nacións e da paz entre as nacións ondeará sobre Europa.

Hai tres anos, Hitler declarou publicamente que entre os seus obxectivos estaban o desmembramento da Unión Soviética e a usurpación do Cáucaso, Ucraína, Bielorrusia, o Báltico e outras rexións. Declarou sen rodeos: "Imos destruír Rusia, para que nunca sexa capaz de poñerse en pe de novo". Isto sucedeu hai tres anos. Porén, as tolas ideas de Hitler non estaban destinadas a ter éxito. O curso do guerra diluíunas no aire. En realidade, sucedeu algo totalmente contrario aos delirios dos nazis. Alemaña foi totalmente destruída. As tropas alemáns réndense. A Unión Soviética está celebrando a vitoria.

Camaradas! A Grande Guerra Patria acabou coa nosa vitoria completa. O período de guerra en Europa finou. O período de desenvolvemento pacífico encetouse.

Felicítoos pola vitoria, os meus queridos compatriotas, homes e mulleres!

Gloria ao noso heroico Exército Roxo que defendeu a independencia da nosa Patria o obtivo a vitoria sobre o inimigo!

Gloria ao noso pobo vencedor!

Eterna gloria aos heroes que caeron nas batallas contra o inimigo e deron as súas vidas pola liberdade e a felicidade do noso pobo!


Video do Desfile da Vitoria en 1945
Parte 1
Parte 2
Parte 3
Parte 4


Ler máis e ligazón ao video do Desfile da Vitoria

Etiquetas:

(0) Comentarios
Xudeus antisionistas non celebrarán o 60 aniversario do Estado de Israel
09/05/2008


Comunicado de xudeos antisionistas ante a celebración por parte de certas organizacións do 60 aniversario da fundación do Estado de Israel.

En abril de 1948, no mesmo mes que viu a atroz masacre de Deir Yassin e o ataque mortal contra civís palestinos no mercado de Haifa, o Plan Dalet púxose en marcha.

Este plan autorizaba a destrución de aldeas palestinas e a expulsión da poboación orixinaria fora das fronteiras do Estado (israelí). Non, non celebraremos isto!

En xullo de 1948, 70.000 palestinos foron botados das súas casas en Lida e en Ramleh, na época de máis calor do verán, sen auga e sen alimentos. Centos deles perderon a vida. Este acontecemento é coñecido co nome de "Marcha da Morte". Non, non temos ningún motivo para aledarnos!

Cando menos 750.000 palestinos pasaron a ser refuxiados.

Mais de 400 aldeas foron borradas do mapa. Mais isto non puxo fin á depuración étnica. Milleiros de palestinos (cidadáns israelís) foron expulsados de Galilea en 1956.

Varios milleiros máis de palestinos foron expulsados de Cisxordania e da Franxa de Gaza.

Segundo o dereito internacional, e como o estipula a resolución 194 da ONU, os refuxiados de guerra teñen o dereito de volver ou de obter unha compensación. Israel nunca aceptou este dereito. Non, non faremos a festa!

Non saberíamos celebrar o aniversario dun Estado fundado no terrorismo, as masacres e a expropiación doutro pobo da súa terra.

Non saberíamos celebrar o aniversario dun Estado que, aínda hoxe, practica a depuración étnica, viola o dereito internacional, inflixe un castigo colectivo monstruoso á poboación civil de Gaza e continúa denegando aos palestinos os seus dereitos humanos e as súas aspiracións nacionais.

Faremos a festa cando os árabes e os xudeus vivan, en tanto que iguais, nun Medio Oriente en paz.


Seymour Alexander
Ruth Appleton
Steve Arloff
Rica Bird
Jo Bird
Cllr Jonathan Bloch
Ilse Boas Prof. Haim Bresheeth
Tanya Bronstein
Sheila Colman
Ruth Clark
Sylvia Cohen
Judith Cravitz
Mike Cushman
Angela Dale
Ivor Dembina
Dr. Linda Edmondson
Nancy Arranque
Liz Elkind
Pia Feig
Merluza Fina
Deborah Fink
Sylvia Finzi
Brian Fisher MBE
Frank Fisher
Bella Freud
Catherine Fried
Uri Fruchtmann
Stephen Fry
David Garfinkel
Carolyn Gelenter
Clara Glasman
Tony Greenstein
Heinz Grunewald
Michael Halpern
Abe Hayeem
Rosamine Hayeem
Anna Hellman
Amy Hordes
Joan Horrocks
Deborah Hyams
Selma James
Remachó Joffe
Yael Oren Kahn
Michael Kalmanovitz
Paul Kaufman
Prof. Adah Kay
Yehudit Keshet
Prof. Eleonore Kofman
Rene Krayer
Stevie Krayer
Berry Kreel
Leah Levane
Los Levidow
Peter Levin
Louis Levy
Ros Levy
Prof. Yosefa Loshitzky
Catherine Lyons
Deborah Maccoby
Daniel Machover
Prof. Emeritus Moshe Machover
Miriam Margolyes OBE
Mike Marqusee
Laura Miller
Simon Natas
Hilda Meers
Martine Miel
Laura Miller
Arthur Neslen
Diana Neslen
Adornó Neumann
Harold Pinter
Roland Rance
Frances Rivkin
Sheila Robin
Dr. Brian Robinson
Neil Rogall
Prof. Steven Rose
Mike Rosen
Prof. Jonathan Rosenhead
Leon Rosselson
Michael Sackin
Sabby Sagall
Ian Saville
Alexei Sayle
Anna Schuman
Sidney Schuman
Monika Schwartz
Amanda Sebestyen
Sam Semoff
Linda Shampan
Sybil Shine
Prof. Frances Stewart
Inbar Tamari
Ruth Tenne
Martin Toch
Tirza Waisel
Stanley Walinets
Martin White
Ruth Williams
Naomi Wimborne-Idrissi
Deberá Wiseman
Gerry Wolff
Sherry Yanowitz

Listado de asinantes

Etiquetas:

(0) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com