Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Lei de Retorno... aos guetos
29/06/2008
En Marcha
Organo do Comité Central do Partido Comunista Marxista Leninista do Ecuador

A Unión Europea deu unha nova mostra de canto incide a xenofobia e o racismo nos seus gobernantes, ao aprobar a denominada Lei do Retorno que criminaliza e penaliza aos migrantes indocumentados.

Indistintamente, durante los último anos, os países da UE aprobaron por separado leis que endureceron o control migratorio, poñendo aos estranxeiros indocumentados na condicións de reos da xustiza. Agora o Parlamento Europeo unificou un estatuto que amosa como a dereita gaña e afirma posicións entre os 27 estados dese bloque.

Hai unhas semanas, na Cimeira Comunidade Andina de Nacións – Unión Europea, os voceiros da Unión Europea manifestaban o interese por acordar políticas migratorias que protexan os dereitos humanos dos nosos compatriotas no vello continente: os feitos amosan o verdadeiro pensamento que alí domina, pois a lexislación en mención foi acordada con anterioridade polos ministros de Interior deses países.

Segundo esta lei, da que nin as criaturas se libran, crearanse centros especiais nos que se reterán aos indocumentados até un período de 18 meses, o que lembra aos campos de concentración cos que os nazis envileceron Europa.

Non ter visado para entrar nun país non é un delito, é simplemente unha ‘falta administrativa’, pero iso é criminalizado cando se prohibe por cinco anos o ingreso á UE aos inmigrantes que foran repatriados.

A presenza de millóns de migrantes nos Estados Unidos, Canadá e os países europeos contribuíu ao desenvolvemento e crecemento desas economías. Precisamente como expresión do segregacionismo, os traballadores migrantes foron e son sometidos a xornadas de traballo máis longas, a salarios máis baixos e ao cumprimento de actividades consideradas como non digas en moitos casos. Todo isto significou para a burguesía o aproveitamento e a obtención de niveis máis altos de explotación e enriquecemento.

Mentres eses países promovan a libre circulación de mercancías e capitais, opóñense agora á libre circulación da mercancía forza de traballo. A Unión Europea está interesada hoxe en subscribir o que denomina un Acordo de Asociación coa Comunidade Andina, que no fondo busca que os seus capitais e produtos circulen con liberdade no noso territorio. Mentres non se derrogue esa lexislación xenófoba e racista as autoridades ecuatorianas non deben asistir a esa mesa de negociacións. Aínda máis, non pode aprobarse nada que se pareza a un Tratado de Libre Comercio, semellante ao que os Estados Unidos quixeron implantar.

Etiquetas:

(1) Comentarios
De Chos 10: Pautas do debate científico sobre a figura de Stalin no mundo occidental

Etiquetas:

Após o NON irlandés ao Tratado de Lisboa: Cinco verdades sobre o NON
28/06/2008

Herwig Lerouge
Solidaire


Para a Unión Europea o NON irlandés non é unha boa resposta. De súpeto, todo vale para obrigar ás persoas a aceptar o Tratado. Incluída a desinformación.

O rexeitamento do Tratado de Lisboa por un 54% dos electores irlandeses é o terceiro despois do francés e do holandés no 2005. Xa que o texto presentado aos irlandeses recolle o fundamental da constitución rexeitada hai tres anos.

O Tratado non pode entrar en vigor, xa que debe ratificarse polos 27 países sen excepción. Mais os dirixentes europeos non o ven así. No Consello Europeo reunido os días 19 e 20 de xullo en Bruxelas, os 26 representantes dos estados restantes da Unión Europea confirmaron a súa vontade de manter o Tratado. Todos eles agardan que se os 26 estados ratifican o Tratado, Irlanda non terá outra elección que repetir a votación.

E isto non é todo. Antes da votación puxeron en marcha unha grande campaña de desinformación co obxecto de facer cambiar de opinión aos partidarios do non. Esta campaña continúa na actualidade co fin de roubarlle toda lexitimidade ao NON irlandés. A continuación, cinco das afirmacións máis escoitadas nestes días, e as nosas réplicas.

Primeira Afirmación: Os irlandeses, que representan o 0,5% da poboación europea, non poden manter de reféns ao 95% que votaron a favor. Non sería democrático.

O que non é democrático é que o 99% dos europeos non puideran votar. Os dirixentes europeos actúan como aqueles dos que se burlaba o grande poeta comunista Brecht: «Se os dirixentes ven claro e o pobo erra, o que fai falla é cambiar de pobo». Despois do rexeitamento á primeira versión da Constitución, cambiaron ao pobo ante o risco de que volveran votaran mal. Como os gobernos coñecen ben as maiorías, o resultado é coñecido por adiantado. Se en Irlanda votase o Parlamento e non o pobo, o SI tería gañado con máis dun 80% dos votos.

O que non é democrático é que, malia o rexeitamento dos irlandeses, queiran continuar como se nada pasara.

Segunda Afirmación: Os irlandeses son uns ingratos.

Ivo Belet, deputado democratacristián flamenco no Parlamento Europeo, afirma amargamente: «Nos último anos, Europa investiu 40 mil millóns de euros na economía irlandesa. É frustrante velos agora votar NON».

Se votan NON, pode ser porque deses investimentos millonarios só se aproveitaron unha moi pequena parte da poboación. Como na Francia e nos Países Baixos no 2005, o rexeitamento irlandés é, en primeiro lugar, un rexeitamento popular. A maioría dos irlandeses ricos votaron SI, a maioría dos obreiros NON. As desigualdades son tan escandalosas en Irlanda como nos Estados Unidos: o 1% da poboación posúe un terzo da riqueza. Desde hai anos, os salarios non seguen o alza dos prezos. O imposto sobre os beneficios das empresas e os bancos non supera o 17%. Isto significa que non hai diñeiro para a atención sanitaria, a educación, e o resto dos servizos públicos, entre os peores de Europa.

Terceira Afirmación: Non saben o que están votando.

Porén, segundo o correspondente do xornal irlandés De Standaard, os irlandeses coñecen ben o que votaron. «É certo que algúns argumentos no debate non teñen nada a ver co Tratado. Mais, por cada argumento falaz, houbo cando menos dúas personalidades totalmente respectábeis aportando argumentos serios. Un xornalista moi respectado dedicou 19 páxinas da revista na que traballa para expoñer os pros e os contras do Tratado. Cada día, durante semanas, dedicou un debate sobre o referendo. Finalmente avogou polo NON. Opositores ao Tratado saíron á rúa cun exemplar do texto para ensinar ao resto da poboación os artigos que eles rexeitaban.»

Os irlandeses estaban mellor informados que os nosos políticos, os cales votaron maquinalmente un texto que nin leron nin sobre o que debateron.

Na votación do 2005, a maioría dos deputados belgas admitiron que non leran o Tratado. En Irlanda, o Primeiro Ministro Cowen, gran partidario do si, tamén admite que «non lin o Tratado do A ao Z». O comisario europeo irlandés, McCreevy afirmou que «non tiven tempo para follealo».

Cuarta Afirmación: Os partidarios do NON empregaron argumentos sen ningunha relación co Tratado.

É o que di a socialista flamenca Anne Van Lancker. «Por exemplo, afirmar que os irlandeses perderían a súa neutralidade militar... Que tolemia!»

Os irlandeses aprecian a neutralidade militar de Irlanda, que non é membro da OTAN. Saben que o Tratado de Lisboa esixe que todos os estados membros melloren a súa capacidade militar e interveñan no estranxeiro no nome da loita contra o terrorismo. No 2000, Irlanda xa votara contra o Tratado de Niza por esta mesma razón. A Unión Europea agora fixo votar comprometéndose ao total respecto pola neutralidade irlandesa. Promesa non cumprida: a OTAN posúe un aeroporto en Shannon e militares irlandeses participan na forza de intervención europea no Chad. Xa que logo, de tolemia nada.

Quinta Afirmación. Sabotan un tratado que ía dar máis competencias ao Parlamento europeo e legalizar a Carta dos Dereitos Sociais.

Que representan estes progresos no conxunto dun Tratado que conducirá a unha catástrofe social? O principio do dereito á libre competencia segue a ser o dereito organizador da Unión. Reduce os outros textos europeos a meras declaracións de intencións.

O artigo 86 mata os servizos públicos ao sometelos ás regras da competencia. O Tribunal de Xustiza europeo basease neste mesmo principio cando di que os sindicatos suecos non poden obrigar a un empresario letón estabelecido en Suecia a pagar aos seus traballadores os salarios recollidos nos convenios colectivos suecos. Abóndalle con pagar o salario mínimo legar en vigor.

Os dereitos recoñecidos na Carta dos Dereitos Fundamentais teñen un escaso alcanza. O dereito ao traballo non existe e só aparece o «dereito a traballar». O dereito á protección social trócase polo simple «dereito de acceso ás prestacións da seguridade social e aos servizos sociais» existentes. Se estes son insuficientes, a Carta non obriga a ningún Estado a melloralos. O dereito ao aborto e a contracepción tampouco se recoñecen na carta.

Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
O marxismo e a cuestión nacional vasca
26/06/2008

Publicado no ano 2000 pola antiga EHK

Unha das máis importantes razóns polas que somos marxistas-leninistas é a extraordinaria precisión coa que o MARXISMO-LENINISMO permite comprender (e ademais transformar nun sentido democrático e liberador) a cuestión nacional, que atravesa de maneira central a todas as clases e toda a vida de Euskal Herria.

Á vista do avance das ideas e das propostas cada vez mais dereitistas, que afecta a antigos militantes marxistas, hoxe derrotados e arrepentidos, queremos rescatar os aspectos chaves da ideoloxía revolucionaria da clase obreira ante a cuestión nacional.

Ademais, queremos analizar brevemente a cuestión nacional vasca á luz destes aspectos. Coidamos fundamental que as masas populares e as organizacións que integran o Movemento de Liberación Nacional Vasco (MLNV) ademais de toda a clase obreira e todo o Pobo, fagan súas, como dun compás na montaña ou no mar, estas ideas, este método e estes valores á hora de afrontar de xeito democrático este problema tan central.


I. QUE DIN OS AUTORES MARXISTAS SOBRE A CUESTIÓN NACIONAL?

A) Marx e Engels

Marx e Engels son os primeiros en unir a liberación das clases e sectores oprimidos pola explotación económica e a liberación das nacións sometidas. Moitos anticomunistas interpretan segundo os seus intereses a frase do Manifesto Comunista «os obreiros non teñen patria. Non se lles pode arrebatar o que non posúen» (Manifesto do Partido Comunista).

Baixo o capitalismo os obreiros non teñen patria nin poder nin medios de produción nin nada; son a clase oprimida e para liberarse deben «en primeiro lugar conquistar o poder político, elevarse á condicións de clase nacional, constituírse en nación». Marx e Engels aspiran a sociedades onde a Nación non se identifique coas castas gobernantes ou con oligarquías poderosas, senón coa clase traballadora. Volve repetir esta idea central noutra das súas obras: «O desenvolvemento do proletariado industrial está condicionado, en xeral, polo desenvolvemento da burguesía industrial. Baixo a dominación desta, adquire aquel unha existencia a escala nacional QUE PODE ELEVAR A SÚA REVOLUCIÓN A REVOLUCIÓN NACIONAL» (A loita de clases na Francia de 1840 a 1850).

Abolindo o capitalismo explotador abólese a opresión nacional: «Na mesma medida na que sexa abolida a explotación dun individuo por outros, será abolida a explotación dunha nación por outra. Ao mesmo tempo que o antagonismo das clases no interior das nacións, desaparecerá a hostilidade das nacións entre si». Estas frases xeniais sitúan aos seus autores entre os pensadores máis destacados da liberdade nacional. Mais non se limitaron a escribilas. Loitaron activamente durante toda a súa vida en contra da opresión das nacións oprimidas da súa época a mans dos grandes imperios. Nun congreso da I Internacional Obreira en 1886, Marx defende unha Polonia independente da Rusia. Engels, en 1882, escribe que Polonia debe deixar de estar sometida e dividida para que a súa clase obreira poda desenvolverse.

O escritor comunista inglés Ralph Fox, que morreu combatendo heroicamente contra os franquistas españois nas Brigadas Internacionais, escribiu que «ningún historiador burgués ofreceu xamais unha visión tan real e terríbel deste proceso de despoboamento de todo un país (Irlanda), a tentativa de exterminio completo dunha gran nacionalidade, como o fixo Marx... Que ocorrera en Irlanda? Marx explícao perfectamente. Un novo e xigantesco proceso de saqueo. No século XVII, o pobo irlandés estaba sufrindo o saqueo dos colonialistas ingleses das súas propiedades na súa propia terra. A mediados do século XIX continuaban sendo saqueados, e ademais, a finais de século, máis da metade obrigados a abandonar para sempre o seu país...

Nos anos 50, Marx fixo que se coñecera amplamente a postura de Irlanda a través dos seus artigos na prensa alemá e norteamericana. Especial atención prestou á atención en pro dos dereitos dos arrendatarios, denunciando todo o sistema terratenente inglés.» (Marx, Engels e Lenin sobre Irlanda, VOSA, Madrid, 1985, pp. 22, 25, 29).

Marx e Engels distinguen nas súas exposicións dous nacionalismos diferentes: o da burguesía explotadora que busca perpetuar a súa dominación sobre outra nación ou que busca impedir a loita revolucionaria da clase obreira; e o do pobo traballador oprimido e explotado. O sociólogo marxista francés Henri Lefebre (que visitou Bilbo hai anos convidado pola IPES) estuda nunha obra súa a distinción irreconciliábel entre o nacionalismo burgués e/ou fascista e o patriotismo revolucionario (Le nationalismo contre les nations).

O sentimento nacional é ambivalente: ten unha interpretación revolucionaria e outra reaccionaria. Lefebre, seguindo a Marx, interpreta a reaccionaria: «a deificación da nación permite evitar a análise precisa, obxectiva da realidade nacional e dos intereses nacionais no marco europeo e mundial, e confundir o interese da reacción política co do país». Estudando o caso francés, constata que a propaganda fascista sobre a nación impúxose ás veces á solidariedade de clase porque a conciencia de clase foi a miúdo presentada polos marxistas de xeito idealista, como unha conciencia espontánea cando o certo é que debe ser construída mediante unha loita incesante contra o individualismo e o nacionalismo.

Os comunistas de EHK tomamos nota e, como din os nosos camaradas de Iruña, reforzaremos o “Orgullo Proletario”, o orgullo de pertencer á clase que todo o produce e que todo o ten que cambiar porque «só ten que perder ás súas cadeas».

A necesidade de comunidade é máis ampla e máis difusa que a solidariedade de clase polo feito de supervivencias biolóxicas, místicas e patriarcais. A súa tese central é que a loita de clase se identifica coa construción da comunidade nacional popular. Mais que é o destino das clases medias, que foron empobrecidas sen por iso chegar a proletarizarse, o que confire á nación unha indubidábel realidade substancial. Reflexión útil para o caso vasco.

Henri Lefebre simpatizaba coa solución dada pola Revolución Bolxevique á cuestión nacional. Pero insistindo en Marx, este xa denunciou o uso demagóxico que na súa época (tamén nesta) fan as grandes potencias imperialistas do dereito de autodeterminación, dos dereitos nacionais ou do que na súa época se coñecía como “principio das nacionalidades” para asegurar o seu dominio.

O xesuíta vasco Gotzon Garate escribe nun tratado ao respecto: «Con ironía fai notar Marx que o principio das nacionalidades sirve de escusa a Rusia para que ningunha outra nación se envurulle nos asuntos das nacionalidades eslavas, e finalmente estas fagan valer a súa condición de irmáns de raza para formar un grande imperio paneslavo ás ordes de Moscova». (Marx y los nacionalismos separatistas, San Miguel, Bilbo, 1974, p. 126).

Hoxe, o “principio das nacionalidades” é utilizado arbitrariamente polo imperio ianqui e alemán para dobregar as independencias dos Pobos e impoñer estados satélites.

O secretario da Internacional Comunista e primeiro presidente da Bulgaria socialista, Dimitrov, lembraba xa en 1935 o verdadeiro sentido que daba Marx á cuestión nacional: «Os intereses da loita de clases do proletariado contra os explotadores e opresores patrios non están en pugna cos intereses dun porvir libre e feliz da nación. Ao contrario: a revolución socialista será a salvación da nación. E abriralle o camiño para un avance máis esplendoroso... os comunistas da nación opresora tampouco poderán facer o que é necesario para educar ás masas traballadoras da súa nación no espírito do internacionalismo se non libran a súa loita decidida contra a política de opresión da súa “propia” burguesía, polo dereito da completa autodeterminación das nacións escravizadas por ela... pois como ensinaba Marx, o pobo que oprime a outros pobos xamais pode ser libre». (“Informe ante o VII Congreso da Internacional Comunista”).

É certo que a única referencia que fai Engels aos vascos non é moi eloxiosa. Ao citar o que el considera «restos de nación esmagados desapiadadamente pola marcha da historia» inclúenos aos «vascos en España, seguidores de Don Carlos» (Citado por Gotzon Garate, p. 167).

Coidamos que é necesario unha análise materialista correcta das insurreccións populares vascas dirixidas polos carlistas do pasado século. Análise que xa foi correctamente realizada por ETA hai moitos anos: «As masas campesiñas, pequeno burguesas e preproletarias vían os Foros da clase dominante como unha cousa súa e podían sentir o liberalismo español como unha efectiva invasión estranxeira e aos liberais bilbaínos e donostiarras como traidores, como beltzak... O contido real daquela loita, lonxe de ser a conservación da independencia nacional vasca, estaba condenada a ser o dun forismo profeudal, inseparabelmente unido ao destino do representante reaccionario da estranxeira coroa española... Mentres que a loita dos patriotas vascos actuais é UNHA LOITA REVOLUCIONARIA, a dos combatentes carlistas era contrarrevolucionaria con todas as súas consecuencias». (“Hacia una estrategia revolucionaria vasca”, K. De Zunbeltz, Iraultza, nº 1, pp 60 e 65).

Por iso precisamente a loita actual está inspirada nas verdades universais formuladas por Marx e Engels e por iso Engels non vía con bos ollos a orientación daquela.

B) Lenin

O combatente máis incansábel polos dereitos nacionais dos Pobos (e, ademais, pola unidade indestrutíbel de todo o proletariado mundial) de todas as épocas foi Vladimir Ilich Lenin. É certo que Marx e Engels non profundaron nunha visión abstracta e acabada sobre a cuestión nacional (tampouco fixeron unha definición científica das clases sociais e ninguén dubida do seu compromiso coa emancipación da clase obreira e de todos os explotados). Porén, Lenin outorga unha grande preocupación teórica e política a este tema e imponse en duros debates a outros compañeiros revolucionarios de grandes méritos, mais que erraron en non dar á cuestión a importancia que ten. En 1912, Lenin observa no seu exilio na cidade polaca de Cracovia, cando Polonia era un estado vasalo do imperio ruso, a dominación nacional que sofren os polacos e faille este comentario ao seu compañeiro Stalin: «Os polacos detestan a Rusia e non sen razón. Non podemos ignorar a forza do seu sentimento nacional. A nosa revolución deberá tratalos con moito coidado e incluso autorizalos a rachar con Rusia se é necesario». (Citado polo autor trotskista Isaac Deutscher na súa obra Staline, Gallimar, París, 1953, p. 156).

Lenin suxeriu a Stalin nese momento a redacción da súa obra O Marxismo e a cuestión nacional da que falaremos despois. Lenin depura as súas posicións en polémica con outros revolucionarios da súa época. En 1912 escribe Notas críticas sobre o problema nacional na que defende que o programa marxista sobre este tema inclúa dous puntos principais: «Primeiro, defende a igualdade de dereitos das nacións e dos idiomas (e tamén o dereito de autodeterminación...) e considera inadmisíbel a existencia de calquera privilexio neste aspecto; segundo, propugna o principio do internacionalismo». (Notas críticas sobre o problema nacional, Progreso, Moscova, 1979).

Lenin estabelece unha posición dialéctica e xusta que une os dous principios e que aborda a cuestión nacional desde o punto de vista da loita de clase. Di tamén: «Se o marxista ucraíno se deixa levar polo seu odio, moi lexítimo e natural, aos opresores rusos, até o extremos de facer extensiva aínda que só sexa unha partícula dese odio, aínda que só sexa certo distanciamento, á cultura proletaria e á causa do proletaria dos obreiros rusos, ese marxista irá parar á poza do nacionalismo burgués. Do mesmo xeito que se deslizará o marxista ruso á poza do nacionalismo non só burgués, senón tamén ultrarreaccionario, se esquece, aínda que sexa por un intre, a reivindicación da plena igualdade de dereitos para os ucraínos ou o deito destes a constituírse en Estado independente» (Idem pp. 19 e 20).

Esta análise é doadamente traída á Euskal Herria do 2000, na que existen algúns patriotas vascos que chapinan na poza citada, mentres que toda Izquierda Unida-PCE navega coas velas despregadas nos noxentos lameiros do españolismo reaccionario.

En 1914 Lenin escribe a folla Sobre o dereito das nación á autodeterminación en loita dialéctica coa revolucionaria Rosa Luxemburgo (cuxa memoria de mártir da clase obreira alemá europea asasinado pola socialdemocracia traidora saudamos) que non considera conveniente loitar polo citado dereito. Lenin estabelece con claridade a posición a respecto: «Por autodeterminación das nacións enténdese a súa separación estatal das colectividades de nacionalidade estraña, enténdese a formación dun Estado nacional independente».

Neste traballo Lenin axusta contas con Trotski, que desde 1903 levaba atacando as súas posicións e acusándoo de «burócrata»: «Trotski presta realmente un mal servizo a certos admiradores de Rosa Luxemburgo cando di “... Os marxistas polacos consideran que o dereito á autodeterminación nacional carece en absoluto de contido político e debe ser suprimido do programa”. O servizal Trotski é máis perigoso que un inimigo! En ningures, se non é en “conversas particulares” (é dicir, sinxelamente en chismes, dos que sempre vive Trotski) puido atopar probas para incluír aos “marxistas polacos” en xeral, entre os partidarios de cada artigo de Rosa Luxemburgo. Trotski presentou aos “marxistas polacos” como xente sen honra e sen conciencia, que non sabe tan sequera respectar as súas conviccións e o programa do seu partido. O servizal Trotski!... Xamais, nin nun só problema serio do marxismo, tivo Trotski opinión firme, sempre “se meteu pola fenda” destas ou desas diverxencias, pasando dun campo ao outro» (Idem. Pp. 53 e 54).

En 1916 replica ao trotskista ucraíno Piatakov que rexeita o dereito de autodeterminación no artigo “Sobre a caricatura do marxismo e o economismo imperialista” no que escribe: «A autodeterminación das nacións é so o mesmo que a loita pola liberación nacional completa, pola independencia completa». (Recompilado en Contra a guerra imperialista, Progreso, 1978, p. 216).

Cando triúnfa a revolución, Piatakov seguen dándolle a roncha a Lenin con que a autodeterminación é un «lema burgués». Lenin respóndelle con outra frase xenial: «Dinnos que Rusia será dividida, que se desfará en repúblicas separadas, pero non hai razón para que iso nos asuste. Por moitas repúblicas independentes que haxa, non nos asustaremos; o que é importante para nós non é por onde pase a fronteira do Estado, senón que a unión dos traballadores de todas as nacións se conserve para a loita contra a burguesía de calquera nación». É o que hoxe repetimos aos españois progresistas que tremen porque se desfaga a vella España monarco-reaccionaria. A independencia de Euskal Herria dará paso a unha maior estreita unidade da clase obreira combativa de ambos os dous pobos (libre da desconfianza, a división e até o odio que xeran as relacións de dominación) e a maiores derrotas da burguesía imperialista e rapaz.

C) Stalin

A onda contrarrevolucionaria mundial, ben apoiada por esquerdistas arrepentidos, fixo de Stalin un “autor maldito” malia que a súa obra, antes citada, non só é unha referencia mundial indubidábel senón que nos 80 JARRAI mercou decenas de exemplares da mesma á casa editorial correspondente para que todos os seus futuros militantes a estudasen (se alguén pensa que contamos un conto que lle escriban unha carta ao preso político vasco José Antonio Enbeita “GORRI” preguntándollo).

Abordamos este tema coa brillante axuda dun grande historiador francés amigo da causa vasca, Pierre vilar, presente no gran cincuentenario do bombardeo de Gernika en 1987, organizado polo MLNV xunto con outras forzas sociais e políticas:

«Un subterráneo terrorismo intelectual impulsa a pedir perdón por citar a Stalin. Isto quizais poda explicarse, pero o que non ten explicación posíbel é que haxa que encarar calquera texto de Stalin co cello engurrado. O peor método a seguir se se quere xulgar a un home é tomalo por parvo e non é lícito, en calquera caso, transgredir as regras elementais da crítica por propia conveniencia, como fai o historiador americano Ricahard Pipe... Segundo el, cando Lenin, en decembro de 1912, encargou a Stalin un artigo sobre a nación foi ao chou, en ausencia de Shumian, o verdadeiro experto, xa que Stalin non escribira nada sobre o tema por entón. E a maioría dos historiadores dan a razón a Pipes pregoando a súa talla de erudito! Abonda con abrir as Obras Completas de Stalin –que si que se poden atopar (están na Biblioteca Central da UPV no Campus de Leioa; nota nosa)- para encararse... cun longo artigo datado en 1904 e titulado: “Como entende a socialdemocracia a cuestión nacional?” E preguntarse en consecuencia cal é o método de traballo dos historiadores. Artigo fundamental que explica a razón pola cal Lenin, en carta a Gorki (febreiro de 1913), fale dun «marabilloso xeorxiano que traballo no problema nacional...»

«As súas apreciacións coinciden coas de Lenin, hai que loitar contra a opresión do Estado e non a prol da ideoloxía nacionalista. Hai que proclamar o dereito ao “divorcio” e non a obriga de divorciarse. Corresponde ás nacionalidades demostrar a súa madurez. Non hai nación en si senón conciencias en formación segundo diversos graos de esixencia política».

«Ante estas constatacións, como sorprenderse de que en 1913 Lenin encargue a Stalin un artigo “teórico” sobre a “nación”, rebatendo aos “austro-marxistas”? Sempre, segundo Pipes, é un tópico afirmar que Lenin non ficou moi satisfeito co artigo e hai varios indicios ao respecto. Mais esquecen un: en 1917, Lenin confiou a Stalin a Comisaria das nacionalidades» (“Sobre os fundamentos das estruturas nacionais”).

E, exercendo de comisario do Pobo das nacionalidades, Stalin dixo aos socialdemócratas finlandeses en 1917: «Dáse total liberdade de determinar a súa propia vida aos finlandeses ao igual que aos outros pobos da Rusia». En 1921 Stalin recoñeceu unha ampla autonomía, a restitución das terras incautadas polos tsares aos campesiños e a “chariah” musulmá aos pobos musulmáns do norte do Cáucaso e estes, reciprocamente, crearon a República Soviética dos Montañeses que incluía a actual Chechenia (masacrada polo neotsarismo capitalista de Ieltsin-Putin), Ingushetia, Osetia e outros territorios.

Interésanos subliñar que os intelectuais progresistas máis serios e menos submisos ao totalitarismo burgués consideran a obra de Stalin O Marxismo e a cuestión nacional un aporte clásico e, xa que logo, de permanente actualidade. Ademais dos citados Henri Lefebre e Pierre Vilar, dous sociólogos vascos inscritos na esquerda abertzale recoñeceron que «ninguén pon en dúbida a personalidade de Stalin nos asuntos concernentes ao problema nacional» e a súa «reputación como autoridade respectábel nesa materia» Paulo Iztuta, Jokin Apalategi, (El marxismo y la cuestión nacional vasca, Itxaropena, Zarauz, 1977).

O historiador inglés Eric Hobsbawn (hoxe o máis prestixioso) recoñece que a obra citada de Stalin «exerceu moita influencia internacional, non só entre os comunistas, senón sobre todo no mundo dependente» e estima que a definición que nela Stalin dá da nación «é probabelmente a máis coñecida» (Naciones y nacionalismo desde 1780, Crítica, Barcelona, 1997).

A definición en cuestión é esta: «A nación é unha comunidade humana, estábel, historicamente constituída, de idioma, vida económica e formación psíquica que se traduce nunha comunidade de cultura».

Existe outra posición de Stalin que consideramos útil na actualidade. A que se refire á necesidade que ten «o proletariado das nacións dominantes de prestar un apoio resolto e activo ao movemento de liberación nacional do pobos oprimidos». Stalin pregúntase se é necesario apoiar indiscriminadamente a todos. A súa resposta é que só «aos que tenden a debilitar e derrocar o imperialismo e non a mantelo e consolidalo» (Principios do leninismo, Edicións en linguas estranxeiras, Pequín, 1969).

É claro que os movementos mafiosos e fascistas que tomaron o poder nalgunhas ex repúblicas socialistas, como por exemplo os chamados “frontes populares” bálticos de hai 10 anos, os integristas procapitalistas en Chechenia e Bosnia, o ditador pro OTAN de Xeorxia, Shevarnadze (antigo dirixente do PCUS na época de Gorbachev), os neonazis en Croacia, os terroristas a soldo da OTAN do antigo “Exército de Liberación de Kosovo”, etc. E outros movementos de extrema dereita como o Vlaams Block flamenco e a Liga Norte italiana e o arquifeudal e escurantista movemento do Dalai Lama tibetano, empregado como ariete contra a China Popular, non só non merecen apoio senón o rexeitamento máis activo de todos os antiimperialistas e antifascistas. Pola contra, auténticos movementos de liberación como a Fronte Polisaria, a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, a Fronte de Liberación Nacional Kanak e Socialista, os patriotas libaneses antisionistas, o movemento republicano irlandés nas súas diversas vertentes, os patriotas comunistas galegos e cataláns, o movemento corso, o movemento revolucionario de liberación dos negros norteamericanos, as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia, a Revolución Cubana, as masas iugoslavas e iraquís antiimperialistas, os movementos indíxenas e campesiños do Ecuador, os lumumbistas congoleses, o Novo Exército Popular do Pobo das Filipinas e outros moitos máis, merecen un activo apoio solidario. Tamén observamos como antigos movementos de liberación optan por diversas razóns pola vía da claudicación e o paso ás fileiras inimigas. É o caso dalgunha guerrilla colombiana (M-19), da burguesía palestina ao redor de Arafat e recentemente o triste caso do PKK e o seu líder Ocalan. Véxase o clarificador artigo “O dobre drama do pobo kurdo” publicado en Resumen Latinoamericano, nº 45, xaneiro-febreiro do 2000.

Cando isto se produce, de maneira automática deixan de ser suxeitos de solidariedade internacionalista. Lamentamos que, malia a experiencia destes últimos anos, aínda non se instalara en toda a esquerda abertzale esta simple e clara reflexión, o que lle levou a ir aos tombos, a illarse e, a miúdo, a meter o zoco.

D) James Connoly e outros

As loitas de liberación nacional máis importantes do século XX foron dirixidas por loitadores inspirados no marxismo. Na Palestina George Habache e Nayef Hawatme, no Sáhara Occidental Mohamed Lamine, na Guinea Amilcar Cabral, en Ghana N’Drumah, no Surinam Anton de Kom, Charles Balagne en Guadalupe, Camille Sylvestre na Martinica, en Alxeria Houari Boumediene, en Angola Agostinho Neto, no Vietnam Ho Chi Minh e Phan Van Dong, en Mozambique Samora Machel, en Birmania Aun Sang, en Corea Kim Il Sung, na India Manabendra Roy e tantos e tantos máis, coñecidos e anónimos. Os Partidos Comunistas loitan activa e militarmente contra a dominación nacional e colonial dos pobos de Chipre (anos 20 e 30), Iraq (30), Siria (20 e 30), Sudán (40), Indonesia (20 e 30), Vietnam (dos 30 aos 70), Laos e Campuchea (anos 60 e 70), China (40), a India (30 e 40), Malaisia (50), Líbano (70) e outros, sen contar as loitas armadas contra a dominación nazi-fascista na II Guerra Mundial en Europa.

Mais queremos deternos particularmente no pensamento e a loita dos revolucionarios máis achegados. En Irlanda está a grande figura de James Connoly, o primeiro marxista que uniu a loita de liberación nacional irlandesa coa loita polo socialismo. En todos os países onde viven oriúndos de Irlanda hai asociacións fundadas na honra de James Connoly. Loitou contra o desmembramento de Irlanda. No seu traballo A Reconquista de Irlanda (1914) expuxo os métodos usados pola burguesía anglo-irlandesa para evitar a alianza entre os traballadores protestantes e a poboación católica castigada e empobrecida. Era partidario de unir ao movemento obreiro. Outros traballos seus son A clase obreira na historia de Irlanda (1910) e a biografía do xefe da insurrección de 1798 Wolfe Tone. O Movemento Republicano Socialista Irlandés, formado pola organización armada INLA, o Partido Socialista Republicano Irlandés (IRSP) e os prisioneiros de guerra socialistas republicanos, considérase herdeiro de James Connoly. Foi executado polos imperialistas británicos en 1916 após a insurrección independentista de Pascua en Dublín.

En Córsega destacan dúas figuras: Simon Jean Vinciguerra, grande intelectual en lingua corsa e resistente antifascista, membro do Partido Comunista. Escribiu: «Hai que lembrar que a lingua francesa foinos imposta, que é a lingua dos que nos gobernan... Nunha lingua está toda a alma e o espírito dun pobo. E nós, corsos, somos un Pobo!». E Jean Nicoli. Resistente comunista á invasión fascista de Córsega. Salvaxemente asasinado polos fascistas en agosto de 1943. Na última carta aos seus fillos di «Morro por Córsega e polo Partido». Na Galiza dos nosos días destaca Mariano Abalo, ex secretario xeral da Unión do Pobo Galego que racha con esta organización e co BNG cando se impón a liña socialdemócrata e crea o Partido Comunista de Liberación Nacional e a Frente Popular Galega. Foi alcalde de Cangas do Morrazo, fiel sempre á solidariedade internacionalista coa loita do Pobo Vasco.

II. A FORMACIÓN DA NACIÓN VASCA

Nós defendemos a tese de que a Nación forxou a súa conciencia pasando por tres fases sucesivas e progresivas: a fase forista-carlista, que é un momento embrionario e primitivo da conciencia nacional alienado pola ideoloxía ultrarreaccionaria do carlismo integrista, feudal e arquimonárquico; a fase do nacionalismo burgués na que por vez primeira Sabina Arana, afirmando «Euskadi é a patria dos vascos» e «non somos nin españois nin franceses» senta as bases da conciencia nacional moderna. Racha parcialmente coa ideoloxía carlista, pero arrastra as adherencias reaccionarias do antiobreirismo, racismo, antimaketismo, integrismo católico, etc., propias desa ideoloxía; por último, a fase da conciencia nacional e popular enmarcada no pensamento liberador de Marx e Lenin construída por ETA na ruptura co nacionalismo burgués. Esta é a fase superior e a máis democrática, progresista e consecuente.

A Nación vasca non se fundamenta en ningunha bobada racial, como afirmaba Arana, senón na vontade política da maioría popular. É á clase obreira á que ten que asumir un rol decisivo e directivo. Únense por vez primeiro a revolución socialista e a liberación nacional, e de maneira natural e lóxica acódese aos pensadores que teorizaron esta unidade.

Esta evolución non hai que vela de maneira dogmática nin mecánica senón dialéctica. Cada fase foi necesaria e compartiu elementos positivos e negativos e loitas internas entre correntes e fraccións de clase enfrontadas. Non se avanzou tampouco de maneira constante senón que, coa calor da loita de clases, se producen retrocesos en ocasións. Tampouco este proceso está á marxe da situación internacional senón completamente influído por esta, para o bo e para o malo. Por exemplo, Arana fai súas as teorías sobre a existencia e a superioridade da “raza” inventadas polo nacionalismo romántico europeo do século XIX. O conde francés de Gobineau di no seu Ensaio sobre a desigualdade das razas humanas (1853-1855) que «toda civilización é produto da raza branca». Marx cualificouno de «cabaleiro da barbarie».

Nos anos 60, os militantes de ETA rachan co nacionalismo burgués, achéganse á clase obreira revolucionaria, descobren aos seus grandes pensadores e fannos seus. Asumen a táctica das 4 frontes exposta polo comunista vietnamita Truong Chin: a fronte militar, fronte cultural, fronte obreira e fronte política. Asumen as ideas de Mao, de Lenin e de Marx, mentres os nacionalistas pequeno burgueses da primeira xeración abandonan a organización desconformes coa adopción do marxismo. Este é o caso de Txillardegi que abandonou ETA en 1967 e que no 2000 segue a insistir no seu vello anticomunismo con cheiro a naftalina, coas costas cubertas polo avance das forzas contrarrevolucionarias a nivel mundial. A pequena burguesía é derrotada e ETA renace como grande vangarda revolucionaria de todo o Pobo cando asume o MARXISMO-LENINISMO na segunda parte da V Asemblea en 1966. Así o escriben os presos no cárcere de Burgos no seu manifesto de 1970:

«ETA definiuse na V Asemblea, sen límites de ningún tipo, como organización socialista. Tampouco cabe ningunha dúbida no tocante ao tipo de socialismo que definimos: nin humanista nin reformista nin nada polo estilo: marxista-leninista. Ao ficar definida como organización socialista, quedaba rexeitado que ETA fose unha fronte nacional, a non ser que o que constituíramos fose unha fronte nacional socialista, cousas absurda... O programa político dos marxistas-leninistas non é unha técnica para captar incautos, senón a expresión fiel dos intereses de clase do proletariado».

O chauvinismo estreito é substituído polo internacionalismo proletario: «O Pobo Vasco é solidario cos pobos español e francés no seu enfrontamento con esta oligarquía opresora». A clase que asume a loita nacional é o proletariado arrebatándolle a dirección á burguesía: «Durante máis de medio século o nacionalismo vasco foi dirixido pola burguesía. Despois, coa consolidación do poder monopolista no Estado español sobre todo, as contradicións foron a máis e o nacionalismo vasco devén revolucionario. A partir deste momento a burguesía nacional comeza a ser desprazada polo proletariado». A V Asemblea recoñece que «a clase obreira é a clase máis revolucionaria e a que debe dirixir, xa que logo, a Revolución Vasca». Todas estas citas están tomadas do libro de Iztueta e Apalategi xa citado.

Esta revolución ten como obxectivo construír o socialismo e a sociedade sen clases. O filósofo francés Jean Paul Sartre recoñece no seu prólogo ao libro de Giselle Halimi Le procés de Burgos en 1970 que a maioría de dirixentes de ETA «parecen marxistas-leninistas». (“El documento de Burgos”, Punto y Hora, 172, abril 1980).

Estas definicións son dunha importancia transcendental para a constitución dunha conciencia nacional democrático-revolucionaria e consideramos fundamental que o MLNV as reasuma na súa integridade. Toda a nosa homenaxe militante aos compañeiros que levaron a loita a este nivel: Jokin Gorostidi, Itziar Aizpurua, Txutxo Abrisketa, Goio López Irasuegi (falecido após a súa última loita contra os liquidadores de EE), Arantza Arruti e o resto dos procesados en Burgos en 1970 (a excepción dos socialdemócratas traidores), os irmáns Enbeita, Madariaag, Xabier Bareño, Beltza, Mikel Etxeberria, Txomin Ziluaga, os irmáns Etxebarrieta desgraciadamente falecidos e tantos máis.

O precedente e a primeira pedra da concepción democrática e revolucionaria da Nación Vasca foi a posición que asumiron os comunistas vascos da Federación Vasco Navarra do Partido Comunista de España que en 1935 crearon o Partido Comunista de Euskadi. Posición fundamentada no marxismo-leninismo e na crítica que realizou a Internacional Comunista (I.C.) en 1931 ao PCE para que abandonase a liña antileninista, españolista e de negación do dereito de autodeterminación que viña seguindo:

«A situación presente, na cal a loita nacional de Catalunya, Vasconia e Galiza converteuse nun dos factores máis importantes do desenvolvemento da revolución democrática española, crea o deber ao Partido de operar unha viraxe seria na súa política nacional... o Partido debe propagar por todo o país o dereito de Catalunya, Vasconia e Galiza a dispor delas mesmas até a separación. Debe defender este dereito con grande enerxía ante os obreiros de España, para destruír a mentalidade hostil ao nacionalismo catalán, vasco e galego. En Catalunya, Vasconia e Galiza, os comunistas deben facer comprender aos obreiros e campesiños a necesidade da súa estreita unión cos obreiros e campesiños revolucionarios de España para levar con éxito a loita contra o imperialismo español, para desenmascarar as vacilacións dos nacionalistas, chamando ás masas a usar libremente de maneira absoluta o seu dereito a dispoñer delas mesmas até a separación...»

Esta política significaba rachar a influencia que exercía a equivocada liña antivasca do PSOE que contribuía a dividir ao proletariado vasco e significou que por vez primeira sectores proletarios encabezasen a loita nacional. Política que se reflicte nestas verbas de 1934:

«O comité rexional da Federación Comunista Vasco-Navarra, partindo do feito rigoroso da existencia do movemento nacional-revolucionario de Euskadi e das arelas, fondamente sentidas, de emancipación e liberación nacional das masas populares vascas, en estreita intelixencia co noso Partido Comunista da nación opresora e a nosa gloriosa I.C., fai público ante as masas oprimidas de España, Catalunya, Galiza, Euskadi e Marrocos, o propósito firme de ir á creación do Partido Comunista Vasco» que «aspira a ser a vangarda consciente, activa, organizada e combatente do proletariado revolucionario vasco. E só o proletariado revolucionario vasco, dirixido polo seu Partido Comunista, arrastrando ao seu lado a todos os obreiros, a todos os campesiños laboriosos, a todos os explotados e oprimidos de Euskadi, impulsará até o seu triunfo a liberación nacional e social vasca da vasalaxe e opresión do imperialismo español». (“Hacia la creación del Partido Comunista Vasco”, Euskadi Roja, nº54, 31 marzo 1934).

O cume organizativo e militante representouno o dirixente comunista Jesús Larrañaga Txurruka “Goiherri” e todo o PC de Euskadi que converteron a este partido no máis bravo defensor de Euskal Herria nos campos de batalla de 1936 a 1939. A derrota militar, o seu asasinato a mans do franquismo e a desaparición da I.C., que tan boa tarefa de vixilancia leninista exercía, permitiu á dirección do PC de España, con Carrillo á cabeza, liquidar a liña leninista e volver a basearse no españolismo divisor da clase obreira. Este baleiro encherano desde finais dos 60 a nova vangarda da Revolución Vasca: Euskadi ta Askatasuna (ETA). Nós recoñecémonos como modestos pero firmes continuadores da liña marxista-leninista de Goiherri e do Partido Comunista de Euskadi de 1935 a 1937 e da liña marxista-leninista de ETA e da esquerda abertzale e revolucionaria.

A concepción m-l de ETA permítelle entender a relación entre as diversas clases sociais de Euskal Herria, estender o seu traballo entre a clase obreira até dar lugar á creación do sindicato LAB (que nesta ano 2000 cumpre felices 25 anos de loita), a comprender a nova táctica empregada pola oligarquía após a morte de Franco, utilizar a loita armada non para substituír a loita de masas como o acusaban os trotskistas, senón para impulsala, activala e protexela, golpear ao aparello de represión con exactitude e facer, en definitiva, da Nación Vasca unha trincheira de combate das ideas máis progresistas e máis democráticas. Son enormes acertos seus a creación de novos partidos obreiros abertzales como LAIA e HASI, a creación dunha ampla Unidade Popular ao redo da “Mesa de Alsasua”, o rexeitamento activo á constitución española, a crítica consecuente da claudicación da esquerda española do PSOE-PCE, o nacemento dun xornal de masas e a eliminación do grupo socialdemócrata que se fixera forte nel, a loita consecuente contra a oligarquía financeira en todas as frontes, a práctica activa do internacionalismo proletario con outras nación sen estado europeas e o movemento de liberación do terceiro mundo. A elaboración teórica da esquerda abertzale expón o carácter da futura revolución socialista vasca e a necesidade da organización:

«A revolución socialista, polo seu carácter intrínseco, esixe a participación activa e consciente da maioría dos oprimidos. A toma do poder e a desaparición paulatina do estado non pode ser realizada por unha minoría consciente e radicalizada, senón que só pode ser obra do proletariado xunto coas capas populares oprimidas... Negar a necesidade do partido, significa desarmar á clase obreira do instrumento indispensábel da súa liberación e abandonala á sorte da ideoloxía burguesa». (“El partido revolucionario”, Lantzen, LAIAren aldizkari, 1978).

A esquerda abertzale é o punto de converxencia natural de moitos militantes comunistas, marxistas e progresistas non dispostos a claudicar ante as manobras do inimigo de clase: a Organizacion Comunista de Euskadi (Bandera Roja)-OCE-BR intégrase en HASI, LAB e ETA e o seu responsábel político, Carlos Lucio, ofrece a súa vida no combate armado; intelectuais do Estado como Alfonso Sastre, Eva Forest, José Bergamín, Justo de la Cueva, De la Mata, etc. fixan a súa residencia en Euskadi; ex militantes de ORT, PTE, AC, PCE, PCE VIII-IX, PCT, MC, LCR, e outras organizacións comunistas intégranse no MLNV; veteranos do PSOE como Miguel de Amilibia, deputado socialista da Fronte Popular e presidente da Junta de Defensa de Gipuzkoa na guerra fan o mesmo. Ademais de antigos jelkides de dereita que como Telesforo de Monzón viven unha nova xuventude abertzale e popular nas fileiras do MLNV.

Queremos subliñar tamén a importancia do feito que comunistas exerceran funcións de dirección do MLNV nos anos 70 e 80. Parécenos indiscutíbel a importancia central dun cadro comunista de alto nivel como Jose Miguel Beñaran “Argala” no deseño da política de ETA e do MLNV tanto en contra da última fase da ditadura fascista como da instalación do réxime de dominación monarco-liberal. Non se comprende o xurdimento de dirixentes desa calidade política sen a acumulación revolucionaria de ETA e de todo o Pobo desde décadas anteriores. Non cansaremos de sinalar en Argala as virtudes dun auténtico militante comunista vasco do século XXI, servido do Pobo e da clase obreira e portador dunha nova moral, a marxista-leninista.

Non nos parece casual que a dirección represiva do estado capitalista español, o servizo secreto militar, asasinara aos dous dirixentes que exerceron un rol máis destacado na orientación revolucionaria do MLNV: Argala e Santi Brouar. A actividade política do partido HASI (Herriko Alderdi Sozialista Iraultzailea) até o seu III Congreso nos anos 80 supón outro momento excepcional na organización da Unidade Popular – Herri Batasuna, na combinación acertada da loita institucional e de masas e na construción dunha conciencia nacional democrática e internacionalista. O seu presidente Santi Brouard afirma que «a loita é a nosa principal arma cara á conquista da Independencia e o Socialismo en Euskadi». (Santi Brouard: “Lucha y organización, la clase de la victoria”, Punto y Hora, nº 321, 1983).

A liquidación deste partido, a finais de 1987, parécenos un episodio funesto para a loita nacional e social en Euskal Herria, cuxos autores e responsábeis (non os simples executantes) aínda lle deben ao noso Partido unha explicación honesta e transparente. A nosa hipótese é que se produciu unha alianza das forzas pequenoburguesas non dispostas a aceptar a hexemonía comunista conseguida a pulso polo traballo esforzado dos militantes de HASI e outros revolucionarios do MLNV. Se nos equivocamos rectificaremos moi a gusto ante a explicación razoada que demandamos.

A liquidación de HASI coincide co esboroamento do campo socialista nucleado ao redor da URSS e isto permite aflorar á corrente pequenoburguesa socialdemócrata e anticomunista que se mantivo á espreita do seu momento no MLNV. Un caso escandaloso, e que aínda exerce certa influencia, é o de Txillardegi.

Cando en agosto de 1991 a Mesa Nacional de HB se nega a condenar o intento de restabelecer a orde soviética por unha parte da burocracia que quere evitar a contrarrevolución que levou á ex URSS ao caos absoluto, á guerra civil e ao saqueo por unha banda de criminais sen escrúpulos capitaneados por Ieltsin, Txillardegi publica no Enbata “Fallait-il condamner le putsch?” (Txillardegi, Enbata, nº 1190, 29 août 1991, Baiona), un texto atacando ao órgano ao que pertence e eloxiando ao criminal Boris Ieltsin:

«Se existe alguén que mostrou sensibilidade efectiva fronte aos problemas nacionais ese é Ieltsin. No relativo ao golpe, é el quen fixo rapidamente fronte aos conspiradores... Ieltsin é un antigo dirixente de alto nivel do PCUS: e coñece mellor que os esquerdistas occidentais de salón o que o sistema comunista deu».

Fronte á Mesa de HB, que propón a volta aos ideais de 1917, «esmagados por Gorbachev e Ieltsin» este demagogo di que «é falso... Condenemos o golpe sen reservas» e demanda unha esquerda «humanista, non burocrática, non estalinista, pluralista».

Baixo a bandeira do antiestalinismo, apoia ao Ieltsin en agosto de 1991, que se dispón a lanzarse sobre o estado soviético para afundilo e saquealo, arruinar á poboación, bombardear o parlamento ruso, destruír Chechenia e facer renacer o vello tsarismo. O anticomunista Txillardegi é cómplice político do bandido Ieltsin.

Este discurso envelena a un sector da esquerda abertzale que abandona toda referencia ao socialismo e ao marxismo, aferrándose a unha concepción maximalista da independencia, desprovista do contido revolucionario que ETA lle imprime desde finais dos 60.

Acorde a estes tempos de contrarrevolución, JARRAI abandona a comezos dos 90 o marxismo nos programas de formación dos militantes e Egin adopta unha liña cada vez máis anticomunista. O internacionalismo solidario nas relacións exteriores é substituído polo apoio a procesos contrarrevolucionarios que desintegran estados socialistas federais e favorecen a neocolonización occidental. O pragmatismo neosocialdemócrata non conduce á loita nacional e social de Euskadi a ningures e confunde á militancia. Afástanos dos nosos aliados naturais que son os auténticos movementos de liberación nacional, os sectores democráticos e revolucionarios e os réximes progresistas.

Nós estamos por recuperar a liña histórica do MLNV, que une inseparabelmente liberación nacional e social co horizonte posto na constitución dunha República Popular de Euskal Herria. Hoxe, coma onte, a alternativa máis razoábel é máis democrática é INDEPENDENTZIA TA SOZIALISMOA.

GORA EUSKAL HERRIA ASKATUTA
GORA EUSKAL HERRIA SOZIALISTA
GORA MARXISMO-LENINISMOA


Ler máis

Etiquetas:

(2) Comentarios
Sentenza diabólica
23/06/2008


Miguel Terry Valdespino
El Habanero


Nunha inesquecíbel pasaxe da novela El recurso del método, do célebre escritor cubano Alejo Carpentier, ten lugar unha requisa e confiscación dos chamados “libros roxos”, é dicir, aquelas obras encamiñadas a promover a subversión comunista entre a clase obreira e a poboación en xeral, segundo a anquilosada crenza dos burgueses no poder. No medio dun grande absurdo, a policía comeza a tomar por asalto calquera lugar onde se amoreen os malditos libros “roxos” e procede a retirar tanto nivel “subversivo” como O cabaleiro das rosa vermella, O vermello e o negro, O cabaleiro da case vermella, O lirio vermello, A letra vermella... No medio deste absurdo, un dos comerciantes berra enfurecido: «Leven tamén Carapuchiña vermella

Co ánimo de facer críbel a historia, Carpentier puxo en boca do comerciante o texto anterior. Mais o certo é que aqueles perseguidores de “libros roxos” nos tempos de Gerardo Machado, confiscaran até Carapuchiña vermella, por considerala unha obra perniciosa. Horror de horrores!

Conto esta anécdota, un tanto hilarante, a raíz dun feito, para nada brillante, sen un chisco de humor, acontecido hai xa 55 anos, o 19 de xuño de 1953: a execución na cadeira eléctrica dun home e unha muller inocentes: Ether e Julius Rosenberg, coñecidos mundialmente como o matrimonio Rosenberg, unha historia onde o amor e a integridade toparon cunha maquinaria de morte e difamación endexamais coñecida, nin sequera nos tempos do fascismo hitleriano.

Ao rematar a Segunda Guerra Mundial cunha vitoria esmagadora da xa extinta Unión Soviética, potencias como os Estados Unidos e Inglaterra sentiron que era o momento de enviar ao planeta unha mensaxe que, dalgún xeito, puxera fin á política de fraternidade que imperou entre ambos os dous lados durante a guerra a morte contra as hordas fascistas.

Winston Churchill sería o encargado, nun discurso en Fulton, de deixar ben claro o asunto e definir á URSS como unha cortiña de ferro, detrás da cal ficarían escravizados todos os países e cidadáns do centro e oriente europeo... e outros novos países socialistas, se non se lle puña coto a tan horripilante poder. O por aquela presidente norteamericano, Harry Truman, lanzaría a súa famosa Doutrina Monroe, unha batalla sen piedade contra calquera persoa, non xa de aberta tendencia comunista, senón de calquera tendencia progresista.

Cunha maquinaria propagandística arrepiante, os vellos ataques, nados baixo o temor a un posíbel avance internacional da Revolución de Outubro (aínda que seguramente desde antes), fixéronse máis demoledores, e verbas como guerra fría (ás veces ben quentes en países como Vietnam), anticomunismo, antisovietismo, carreira armamentista... foron prato común na mesa do cidadán norteamericano, espantado de que algún día chegaran vitoriosos á súa nación os demos de Moscova, dispostos a socializarlle a esposa, converter en carne de lata aos seus fillos ou reducir a súa igrexa a cinsas.

Para maior desasosego dos norteamericanos, un bo día espertaron coa nova de que a URSS xa contaba con armamento nuclear, un espanto que os Estados Unidos puxera a proba contra a vida de centos de milleiros de xaponeses en Hiroshima e Nagasaki, cando xa era completamente innecesario, xa que o mando militarista perdera a guerra do xeito máis humillante.

Coma un martelo na cabeza debeulle caer aquela nova sobre a paridade militar que obtivera a Unión Soviética a partir de 1949. Era preciso entón axustar parafusos e porcas. Que ninguén crera que podía xogar coa democracia norteamericana! A venda do segredo á URSS por parte duns espías e traidores semellou o mellor pretexto, e un xeito de enviar outra vola unha nova mensaxe a todos os que aspiraban a cuestionarse o stablishment norteamericano.

Dabondo coñecidas foron as persecucións a obreiros, sindicalistas e actores, directores e guionistas da industria cinematográfica, acabando moitos deles literalmente na rúa ou na prisión, como o novelista Albert Maltz ou o guionista Dalton Trumbo, dous dos chamados Dez de Hollywood.

O Comité de Actividades Antinorteamericanas faría historia, convocando a covardía de centos de informantes e vasalos, entre eles o ben coñecido Ronald Reagan e outros como Humphrey Bogart, Cecil B. De Mille, Adolf Menjou, Elia Kazan e o guionista Martin Berkeley, quen chegou a denunciar a máis de 150 comunistas de Hollywood.

No medio desta histeria, era preciso propinar un golpe mortal ás forzas más sas da nación, e o matrimonio Rosenberg eran parte desa transparencia. Ethel sufrira cárcere por defender os dereitos da clase traballadora e Julius fora combatente internacionalista durante a Guerra Civil. Tiñan todas as características para ser implicados na vinganza que tramaba o goberno norteamericano.

A propósito do caso Klaus Fuchs (un científico inglés que aportou información aos servizos secretos soviéticos), os fíos foron levando até o nome de David Greenglas, irmán de Ethel, quen a cambio dunha sentenza moderada, confesou o seu vínculo con Ethel e Julius nunha rede de espionaxe a prol da URSS.

Por moito que a defensa do matrimonio presentou probas contundentes e derrubou castelos, calumnias e probas falsas, os políticos, a xustiza e o presidente Eisenhower puxeron ouvidos de mercador ante a verdade e terminaron executando aos dous o 19 de xuño de 1953, no medio do máis desapiadado terror.

Ethel, a quen lle prometeran salvar a vida se confesaba contra o seu esposo, escribiu estas verbas de denuncia e amor: «Só necesito asirme á corda que tan educadamente me arroxaron e deixar que se afogue sen sequera ollar para el. Que diabólico!»

De feito, foi diabólico. Todo. E alén da cadeira e do cárcere onde lles arrincaron a vida. Que a humanidade non o esqueza. Os fascistas norteamericanos de onte aseméllanse demasiado aos fascistas norteamericanos de hoxe.

Ler máis

(0) Comentarios
Os Fundamentos do Leninismo
22/06/2008

Unha nova crise capitalista avanza sen pausa. Como xa acontecera na primeira metade do pasado século, a burguesía semella disposta a abrir as portas do seu cortello para deixar saía á súa besta fascista, a ferramenta dos capitalistas nos momentos de crise. Non fai falla ningún esforzo para sentir no aire as primeiras bafaradas do fascismo. Acaban de aprobar os representantes dos capitalistas europeos dúas novas leis contra a clase traballadora. Por unha banda, os traballadores migrantes poden ser retidos (eufemismo para evitar a expresión máis real encarcerados) durante 18 meses, e por outra banda, a xornada laboral legal, porque a real é outra cousa, pode acrecentarse até as 60 e incluso ás 65 horas.

Na primeira metade do século XX, cando soltaron á súa besta, a clase obreira tiña ferramentas de defensa. Os partidos comunistas -reais, bolxeviques- eran fortes, as ideas leninistas estaban presentes. O internacionalismo era algo máis que unha consigna duns poucos. A conciencia da loita de clases entre o proletariado nunca estivo tan viva.

E agora? Con que ferramenta conta o mundo do traballo para levar a cabo esta loita? Cuns partidos comunistas moi debilitados, sen influencia real, agás excepcións, na clase obreira. Cun sindicalismo que xa hai tempo que deixou de pertencer á clase obreira. Cuns valores e ideas burguesas sen rival nos medios de comunicación de masas. Seica non é evidente que a ideoloxía burguesa domina aos dominados? Calquera de nós pode velo nos compañeiros de traballo. Seica o racismo non é algo real entre a maioría? Seica o botar a culpa das pésimas condicións do traballo aos migrantes, no canto de aos capitalistas, non é práctica común entre os traballadores? Non ver isto é pechar os ollos. U-las armas de defensa ideolóxica capaces de deter a ofensiva ideolóxica do capitalismo?

Pensemos na historia. Quen foron capaces de esmagar aos burgueses? De soterrar ao capitalismo? De erguer unha alternativa socialista? Pois si, as clases obreira e campesiña rusas. Eles venceron. Cal foi a súa “poción máxica”? Non hai dúbida. O leninismo.

Si, xa sabemos. Non é un dogma a transferir mecanicamente á nosa realidade. E que iso xa o di o propio leninismo, non fai falla que o diga ningún gurú anticomunista de hoxe.
Adaptarse á realidade propia forma parte das esencias do leninismo.

Deixámoslles a ligazón para descargar Os Fundamentos do Leninismo do camarada Stalin, traducido ao galego por Estoutras. Este traballo, que forma parte das Cuestións de Leninismo, resume o máis importante aspectos do marxismo-leninismo cunha linguaxe libre da prepotencia burguesa. Cuestións fundamentais como o Partido, a Ditadura do Proletariado, a Táctica e a Estratexia, etc., teñen resposta neste traballo.

Preme para descargar ou visualizar
Os Fundamentos do Leninismo

Etiquetas:

Xornada laboral: Retorno ao século XIX?
19/06/2008
Solidaire

O Consello Europeo de Ministros de Traballo aprobou recentemente, por maioría cualificada, un novo proxecto de directiva sobre a xornada laboral. Na nova proposta, o límite xeral de 48 horas semanais reafírmase. Porén, a proposta permite os acordos individuais entre o empresario e o traballador para aumentar a duración da xornada laboral a 60 horas. Este límite pódese incluso superara a través dun convenio colectivo. Outro aspecto da proposta é que o tempo libre no traballo xa non se considerará tempo de traballo, a non ser que un convenio colectivo dispoña outra cousa. A nova directiva sobre a xornada laboral demostra con claridade o carácter antisocial da estratexia de Lisboa. Por último, demostra a verdadeira natureza da “flexiguidade” propugnada pola Unión Europea, directiva “social” que non fai outra cousa que reforzar a flexibilidade e a inseguridade dos traballadores.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Citas: Engels
17/06/2008

O pobo que oprime a outros pobos
non pode ser libre


Engels
(0) Comentarios
Bush condecorará a Gorbachev polos servizos prestados
15/06/2008

Mikhail Gorbachev recibirá a Medalla da Liberdade que concede cada ano o norteamericano National Constitution Center. Segundo esta institución, o señor Gorbachev «vai ser recoñecido polo seu papel na fin da Guerra Fría e por levar á liberdade a millóns de persoas que vivían baixo a Cortiña de Aceiro.»

Recibirá a Medalla da Liberdade das mans de George Bush en setembro. Outros grandes loitadores pola liberdade premiados con anterioridade foron Bill Clinton, Viktor Yushchenko e o cantante Bono.

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Eritrea, illa de resistencia no leste de África
13/06/2008


Frédéric Delorca
Atlas Alternatif

Hai dúas semanas, o 20 de maio, nunha entrevista con Le Monde, o Presidente de Eritrea, Isaias Afwerki, acusaba a Washington de atizar as diferenzas fronteirizas entres Asmara e os seus veciños, Xibutí e Etiopía, e declaraba que o proceso de democratización no país non se recuperaría se Estados Unidos non acababa co estado de guerra que mantén na zona. 1

O mesmo día, o diario atlantista acusaba a Asmara de ser un réxime «intransixente e nacionalista». Debería recoñecer o xornal, porén, que nunha África onde por todas partes os estados son febles, Eritrea é unha excepción na que «a educación e o acceso á sanidade son gratuítos. O desemprego é mínimo. E a corrupción, fortemente castigada, é inexistente, así como a delincuencia e a criminalidade.» 2

A forza do Estado de Eritrea constitúe sobre todo unha importante baza no contexto actual de crise alimentar malia a grande pobreza deste país, que se viu seriamente agravada pola guerra co seu veciño etíope entre os anos 1998 e 2000. 3

Eritrea é obxecto de presión constantes. Xibutí, que acolle unha base francesa e outra norteamericana no seu chan, acusou recentemente ao exército de Eritrea de violar a súa fronteira norte (algo que Asmara desmentiu), e as diferenzas fronteirizas con Etiopía (cliente de Washington e que ocupa militarmente Somalia) aínda non están resoltas. O tema relixioso funciona como un instrumento do imperialismo occidental en Eritrea. No 2004, a Comisión Estadounidense para a Liberdade Relixiosa Internacional (USCIRF, nas súas siglas en inglés) –un organismo gobernamental dos Estados Unidos- enviou unha delegación a Eritrea. No 2005, incluíu a Eritrea na listaxe dos seus «países de especial preocupación», xunto con Myanmar, China, Irán, República Democrática Popular de Corea, Arabia Saudita, Sudán, Turkmenistán, Uzbekistán, Paquistán e Vietnam. 4

Como consecuencia desta inscrición, Eritrea foi obxecto por parte do Departamento de Estado en setembro de 2005 dun embargo sobre as súas vendas de armas. O informe do USCIRF do 2006 reproba a desconfianza de Asmara cos grupos relixiosos baptistas, pentecostistas, evanxelistas e outros grupos cristiáns que non teñen unha implantación tradicional en Eritrea (a diferenza da Igrexa Copta e da Católica, que están institucionalizadas). 5

O USCIRF, no seu último informe, apoia a creación dunha comisión de dereitos humanos “independente” (é dicir, pro occidental) en Eritrea. A Axencia Americana de Estado para o Desenvolvemento Internacional pechou as súas oficinas en Asmara o 31 de decembro de 2005 a petición do goberno de Eritrea.

As relacións coa Unión Europea, aliada dos Estados Unidos, tamén son tensas. En novembro de 2001, Eritrea expulsou ao embaixador de Italia após unha inxerencia deste último na política de regulación dos medios de comunicación. O Parlamento de Estrasburgo votou unha resolución contra o goberno de Eritrea o 7 de febreiro de 2002. 6

Desde entón, a Unión Europea multiplica as súas demandas de fomento do pluralismo neste país buscando o desenvolvemento de partidos máis favorábeis aos intereses occidentais. 7

Asemade, insta ao goberno de Eritrea a promover o sector privado capitalista, a liberalización do mercado e a redución dos impostos sobre as empresas. 8

Nunha época na que Washington aumenta as fontes de conflitos (Sudán, Somalia) para controlar o Corno de África e, así, o petróleo, será Eritrea para os poderes occidentais unha nova aldea de Astérix a conquistar?

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
63º Aniversario da derrota do Fascismo


Michael Lucas
Northstar Compapss

Evidentemente, a semente da Segunda Guerra Mundial podémola atopar no feito histórico da axuda que o imperialismo dos Estados Unidos e doutros estados imperialistas proporcionaron ao financiar a edificación do capitalismo monopolista alemán após o remate da Primeira Guerra Mundial, co obxectivo de colocar os cimentos para o avance cara ao Leste, para «afogar aos bebés bolxeviques nos seus berces», nas verbas de Churchill. O apoio a Hitler e ao seu movemento nazi continuou até o 7 de decembro de 1941.

Desde 1945, o imperialismo norteamericano sempre axudou a todos os líderes reaccionarios e fascistas do mundo.

A declaración de guerra de Inglaterra á Alemaña en 1939 foi cualificada –correctamente- por todos os movementos progresistas do mundo como a “Falsa Guerra!”

A suposta guerra de Inglaterra non era mais que guindar panfletos no canto de bombas sobre Alemaña e non saír en axuda de Polonia coa que tiñan un pacto militar. Nin Inglaterra, nin os Estados Unidos, nin Francia fixeron nada real para deter ou castigar a invasión de Polonia por Hitler. Nin Inglaterra, nin os Estados Unidos, nin Francia puxeron un pé en Polonia para axudar, malia que o goberno reaccionario de Polonia pedira a axuda dos seus “aliados”. A propaganda occidental e polaca estaban en marcha: comparar a Stalin con Hitler e cualificar á URSS de “inimigo”.

Despois de que Inglaterra e Churchill cedera a Hitler, co infame “Acordo de Múnic”, o sueste de Checoslovaquia, a URSS tentou asinar un pacto de seguridade colectiva cos países occidentais, mais estes se negaron, incitando a Hitler, asemade, para que continuara a súa agresión máis cara ao Oriente, cara á URSS!

Foi só entón, en agosto de 1939, cando a Unión Soviética se decatou do que se estaba a planificar, e co gallo de gañar tempo de cara á invasión alemá da Unión Soviética, algo que Stalin sabía perfectamente, cando se asinou o pacto de non agresión xermano-soviético. Desta maneira, a URSS tivo tempo para trasladar a súa industria ao leste da Cordilleira dos Urais, así como tamén aos xudeus soviéticos, evacuados tamén ao leste, especialmente a Tashkent e Tadjikistan, na Asia Central.

Este feito histórico de salvar aos xudeus soviéticos do fascismo hitleriano nunca foi dado a coñecer polos sionismo mundial. Por que?

Os aliados occidentais tardaron dous anos en poñer en marcha a Segunda Fronte. Alemaña concentrou máis de dous terzos do seu exército, forza aérea e toda a maquinaria de guerra na Fronte Oriental. Os soviéticos sufriron máis baixas que todos os países occidentais xuntos, ademais dunha devastación incalculábel e case 27 millóns de mortos!

Malia que a Unión Soviética mantivo a súa promesa e sumouse á loita contra os imperialistas xaponeses, desempeñando un papel decisivo na derrota do exército nipón en Manchuria, e que os Estados Unidos sabían que Xapón estaba a piques de renderse, os norteamericanos guindaron as bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, avisando á Unión Soviética de que comezaban a Guerra Fría e tiñan a intención de ser a única superpotencia no mundo.

En 1948, as forzas da reacción en Washington comezaron a culpar ao Comunismo e a Stalin dos problemas económicos e dos crimes do capitalismo, cargándoos sobre os ombreiros de Stalin.

O anticomunismo é un crime, e parte indisolúbel desta carreira cara á dominación mundial na que participan todos as forzas reaccionarias e relixiosas, os socialdemócratas que predican o socialismo mentres comparten leito co capitalismo, e por suposto, o rico e reaccionario movemento sionista.

A Historia seguirá avanzando e ningún poder sobre a terra será quen de parar á humanidade no seu camiño cara á paz, á harmonía e ao Socialismo!

Etiquetas:

(0) Comentarios
Orwell e os orwellianos
11/06/2008
Traducimos ao galego un excelente e necesario traballo de Albert Escusa titulado Orwell e os orwellianos: os guerreiros do “mundo libre” contra o “eixe do mal”, publicado no portal Kaosenlared.net. Alén de constituír unha sólida e rotunda resposta aos anticomunistas sobre as verdades da figura mediática de Orwell, o texto vai máis alá, entrando de cheo no significado que se agocha detrás da defensa que de Orwell fan sectores aparentemente tan afastados como a extrema dereita española, a esquerda anticomunista ou os neocons norteamericanos. Apoiado en numerosas fontes bibliográficas, nas que se inclúen colaboradores de Orwell, o traballo de Escusa ven rearmar de argumentos e datos históricos incontestábeis aos que defendemos á Unión Soviética da época de Stalin coa mesma forza coa que aspiramos a ver agromar a sociedade socialista, pesadelo dos burgueses e os seus monicreques.

O texto pódese ler directamente nesta páxina, aínda que sen incluír as citas, polo que recomendamos a lectura completa en formato PDF (pódese descargar).


Orwell e os orwellianos.PDF




1. Introdución

Leo con sorpresa e interese unha resposta de Pepe Gutiérrez a un vello artigo meu publicado hai xa varios anos , no que se pretendía modestamente aportar algúns datos sobre a vida e a obra de Orwell desde unha perspectiva non orwelliana. Aínda que a resposta de Pepe Gutiérrez chegue con varios anos de retraso, non por iso a caracterización de Orwell e a súa obra deixa de ser un tema de actualidade. Sorprendentemente, Pepe Gutiérrez, que tanto escribiu desde unha perspectiva de admiración incondicional sobre Orwell, na súa resposta ao meu artigo non emprega os seus coñecementos sobre o escritor para profundar na súa vida e na súa obra: lamentabelmente, Pepe Gutiérrez móstrase máis preocupado no emprego de insultos e descualificacións que en abordar o contido real do debate, provocando que este se traslade ao terreo da superficialidade e o sentimentalismo, afastado da necesaria obxectividade científica. Xa que logo, no canto de analizar os meus argumentos e rebatelos se os coida erróneos, prefire axitar a fantasma do “estalinismo”, verba simplificadora e esquemática que serve para agochar a ausencia de argumentos. Un exemplo sinxelo mostraranos até que punto se perverteu a análise política escondendo a falla de argumentos baixo o paraugas do ‘estalinismo’. O propio Joaquín Maurín, un dos que representaban a “pureza revolucionaria” na escala de valores de Pepe Gutiérrez, fora acusado á súa vez de cometer o pecado mortal de “estalinismo” por Andreu Nin:

«Maurín, que até agora gardara unha actitude neutral sobre os problemas internos da revolución rusa, sentiuse no deber de unir a súa voz ao coro estaliniano-burgués.» E máis adiante: «A concepción de Maurín é, neste aspecto, unha versión deformada da teoría estaliniana antimarxista do socialismo nun só país, unha concepción cuxo espírito oportunista encirra graves perigos para a causa do proletariado» .

Catro anos máis tarde, o “estalinista” Maurín uniuse co “antiestalinista” Andreu Nin para formar un novo partido, o POUM. E é que o emprego de termos baleiros de contido non axuda a clarexar o debate: o lector, no canto de recibir por parte de Pepe Gutiérrez argumentos alternativos aos meus, pérdese nun mar de confusións completamente irrelevantes e nunha colección de insultos inxustificados. É lamentábel tamén que Pepe Gutiérrez utilice os seus insultos contra min, e contra os comunistas en xeral, para promover sutilmente o seu novo libro verbo do escritor británico.

Non podemos deixar á marxe o enorme simbolismo que comparte o concepto de “estalinismo”, empregado de xeito sutil ou aberto polos que queren borrar a memoria histórica do militante comunista, fundamentalmente os milleiros e milleiros de anónimos e sacrificados militantes de base que formaban os grandes partidos comunistas. O obxectivo é facerlles avergoñar do seu pasado e das súas heroicas loitas inculcándolles a idea de que foi unha loita estéril na defensa dunha idea equivocada ou criminal. Mais este é un pasado escrito coas letras imperecedoiras do heroísmo comunista –malia a actitude de moitos dirixentes que escoitaron os cantos de serea dos “antiestalinistas”- xa que os comunistas foron os que con enorme diferenza máis sangue derramaron na guerra civil e na posguerra, na Resistencia francesa e no maquis, nas cámaras de tortura nazis e franquistas ,nos pelotóns de execución falanxistas ou nos campos de exterminio alemáns. O termo “estalinismo” é o dedo acusatorio dos anticomunistas que, desde unhas pretendidas posicións de esquerdas, tentan borrar da memoria un pasado heroico de militancia comunista e xustificar os máis estraños cambios de chaqueta. Mais as equivocacións ou traizóns que cometeron en España moitos dos máximos dirixentes comunistas desde a fin da guerra até a chamada transición, non ensucia en absoluto o inmenso sacrifico –moito máis que o que ten no seu haber calquera outra forza política- que os militantes comunistas aportaron á causa da liberdade, primeiro durante a guerra civil e despois contra o franquismo. Así pois, esta resposta a Pepe Gutiérrez pretende ao mesmo tempo render unha modesta homenaxe ás decenas de milleiros de militantes anónimos –e esquecidos, para vergonza de algúns- que caeron ou sufriron represalias na loita pola liberdade e por unha sociedade libre de explotación e opresión.

No meu anterior artigo o lector pode atopar información sobre os vínculos de poumistas notorios como Víctor Alba e Gorkin coas axentes mediáticos da ultradereita tales como Federico Jiménez Losantos e coa CIA norteamericana, e a súa relación coa cruzada intelectual contra a República española e os comunistas. Espero contribuír con este novo artigo –en parte continuación do anterior- a proporcionar máis datos sobre os fins políticos ocultos detrás da fabricación do mito de Orwell –o escritor que se definía a si mesmo como anarquista tory(conservador)- así como sobre as posicións políticas máis nefastas de Orwell, desde a súa ambigüidade ante Hitler até o seu apoio a unha guerra atómica contra a Unión Soviética. Este foi Orwell, o escritor adorado por unha certa esquerda, cuxa última e máis famosa obra, 1984, fixo exclamar ao seu editor Warburg que esta aportaría «millóns de votos frescos para o Partido Conservador» .


2. Que pasaba no mundo cando Orwell se converteu nunha estrela?

Cando rematou a II Guerra Mundial, os aliados que derrotaron á Alemaña nazi comezaban lentamente a separarse e o anticomunismo ía camiño de se converter na nova relixión oficial do Occidente. Numerosos nazis e fascistas foron reciclados polos Estados Unidos, Gran Bretaña, o Vaticano e outros países, empregándoos como cabalo de Troia nos países ocupados polo exército soviético, ou ben como gobernantes da “nova” Alemaña occidental. Os partidos comunistas occidentais, grazas á súa heroica loita antifascista, rachando os prognósticos de Orwell, facíanse grandes partidos de masas e, no caso de Francia, foron o partido máis votado conseguindo máis de cinco millóns de votos. As voces do anticomunismo de esquerda, desde Trotski a Souvarine, tiñan un auditorio raquítico entre os sectores obreiros e populares. A Unión Soviética aparecía como o país que derrotara ao nazismo alemán e liberara Europa, poñendo ás forzas de esquerdas, democráticas e revolucionarias nunha situación inmellorábel para realizar un programa de transformacións sociais. Todo isto significaba unha grave ameaza para a grande burguesía europea e os círculos máis reaccionarios, que non atopaban argumentos válidos para xustificar ante as masas unha nova guerra, esta vez contra a Unión Soviética.

Por outra banda, a percepción da vida cotiá e dos acontecementos políticos que tiñan amplos sectores sociais, estaba moi influenciada polas accións dos grandes sindicatos dirixidos polos comunistas, pola prensa comunista ou progresista –editábase millóns de exemplares- e polos intelectuais de esquerdas. Facía falla frear o “perigo roxo” e par iso as elites políticas e económicas occidentais empregaron unha grande variedade de tácticas, que deron lugar á chamada guerra fría.

Na fronte sindical, a CIA norteamericana decidiu rachar os grandes sindicatos, dirixidos por comunistas, e crear sindicatos fieis –chamáronnos “apolíticos”-, cuxo maior éxito foi a creación de Force Ouvrière na Francia, unha escisión da central sindical C.G.T. O papel fundamental da ruptura exerceuno un grupo de trotskistas colaboracionistas de Hitler que «durante a Segunda Guerra Mundial, após a ruptura do pacto Xermano-Soviético, escolleron loitar contra Stalin, ao redor de Henri Molinier, ao incorporarse ao ultraconservador Movemento Social Revolucionario (MSR), de Eugène Delonde e Eugène Schueller» .

Estes elementos foron recrutados após a guerra pola CIA a través de Irwing Brown e, canda outro notorio trotskista, Pierre Lambert, formaron un pequeno partido anticomunista francés en 1953 a operación sindical repetiuse por todo o mundo mediante a creación da Confederación Internacional de Sindicatos Libres (CISL/FTUC), oposta á Federación Sindical Mundial impulsada polos soviéticos e os gobernos democráticos e anticoloniais. Os cadros dirixentes da CISL nutríanse nalgúns lugares de trotskistas así como de antigos criminais nazis e colaboracionistas que fuxiran tras o avance do exército soviético, reciclados pola CIA e os gobernos occidentais como “sindicalistas libres”.

Orwell e os ‘neocons’: trotskistas, antigos nazis e a CIA contra o “totalitarismo”

Desde os anos vinte e trinta, destacados ex comunistas e trotskistas colaboraron na empresa de facer da URSS o maior inimigo da humanidade. Moitos deles foron contratados directamente polo gran capital para crear un ambiente intelectual anticomunista, ambiente que seguramente influíu a Orwell para elaborar as súas peores ideas políticas. O máis precoz deles foi o trotskista Boris Souvarine, personaxe abandeirado pola esquerda anticomunista como figura estelar do antiestalinismo. Souvarine era tamén fundador do Partido comunista Francés (PCF) mais foi expulsado das súas fileiras en 1924. Desde entón, como outros notorios ex comunistas, foi contratado pola burguesía e desenvolveu un labor anticomunista e antisoviético con escuras intencións.

«Non é, porén, sobre unha base de ‘esquerda’ onde se desenvolveron as súas críticas contra o comunismo soviético, senón no marco de servizos prestados á clase patronal e pagados como tales. Souvarine é un caso típico do período que se viviu entre as dúas guerras, o dos tránsfugas do PCF que a grande empresa utilizou a partir do momento no que saíron desa organización (e ás veces incluso antes da súa saída oficial). A súa traxectoria antecedeu a outros casos notorios como Charles Vioud, quen “en 1929 [...] deixou o Partido Comunista, para poñerse inmediatamente ao servizo da patronal”» .

Os precursores do modelo orwelliano, o mesmo que o propio Orwell, comezaran a súa carreira atacando duramente á República española, aos partidos comunistas e á URSS, e ás Frontes Populares antifascistas. O mesmo que Orwell, Gorkin e outros, foi semellante o caso do trotskista Boris Souvarine, que «traballaba entón en Nouveaux Cahiers, publicación bimensual creada en 1937 (...) pola sinarquía para seducir, sobre todo despois da vitoria electoral da Fronte Popular, á esquerda socialista e radical antibolxevique. A aureola de esquerda que conservaba Boris Souvarine converteuno, á súa entrada na revista, en autor estrela de artigos contra a URSS de Stalin e a República española, presentada como escrava da primeira». Neses anos, Souvarine colleu sona por realizar unha biografía sobre Stalin.

Após a guerra mundial, a lealdade ao “mundo libre” e aos círculos reaccionarios dunha grande parte do establishment intelectual dominante (universitarios, escritores, artistas e intelectuais) estaba relativamente asegurada, así como o seu apoio á unha nova guerra, ao igual que décadas máis tarde centos de intelectuais apoiaron as guerras contra Iugoslavia ou Iraq sabendo que se baseaban en mentiras. Porén, contrariamente ao que acontece hoxe, había un grande número de escritores e intelectuais críticos e perigosos para un sistema capitalista que levara ao mundo á barbarie dúas veces en vinte anos. Eran intelectuais valentes que a miúdo se xogaban a súa carreira profesional, e ás veces moito máis, por defenderen as súas ideas abertamente. Por esta razón, os servizos de intelixencia e de guerra psicolóxica dos Estados Unidos decidiron contraatacar na fronte intelectual e, xusto despois da guerra, activaron unha política de recrutamento masivo entre intelectuais da chamada “esquerda non comunista”, cunha presenza prominente de trotskistas e ex comunistas “arrepentidos”. A grande maioría organizouse a carón do Congreso para a Liberdade da Cultura, onde tivo un papel crucial o “tránsfuga” con máis sona, íntimo amigo de Orwell e un dos escritores máis admirados por Pepe Gutiérrez, o ex comunista Arthur Koestler, «axente dos servizos británicos desde a época da guerra e do Information Research Department (IRD), servizo creado co gallo da cruzada anticomunista e antisoviética en febreiro de 1948 polo Foreign Office e o seu secretario, un dos dirixentes do Labour Party e ex xefe da principal federación sindical británica, membro encarnizado da cruzada contra os roxos, Ernest Bevin» .

Os referentes do modelo orwelliano-totalitario que xeraron o pensamento único anticomunista, constitúen un poderoso grupo de presión intelectual norteamericano recrutado pola CIA, unha corrente ideolóxica neoconservadora, -liderada polo trotskista Irving Kristol- que se perpetuou até George Bush. A súa historia «resúmese na viraxe ideolóxica levada a cabo pola primeira xeración de neoconservadores (...) desde Trotski nos anos trinta até Reagan nos oitenta» .

A CIA conseguiu congregar un grande número de intelectuais e artistas na cruzada anticomunista. O papel fundamental do que se coñeceu como “guerra fría cultural” ocupábao o grupo coñecido como “intelectuais de Nova York”. Estes eran:

«intelectuais antiestalinistas, a maior parte xudeus e trotskistas, quen, despois da guerra, cambiaron a unha identidade de ex comunistas converténdose en ‘intelectuais da guerra fría’, na axuda do ‘mundo libre’ fronte ao ‘mundo totalitario’. Os máis coñecido son: James Burnham, Max Eastman, Seymour Lipset, Melvin Lasky, Saul Below, James Rorty (o pai de Richard), David Horowitz, Nathan Glazer e Irving Kristol. Este último revelarase como un dos principais estrategos do Neocon Center. Este contexto teórico-histórico esténdese ao CCF, o Congreso para a Liberdade da Cultura (ao cal a CIA non era estraña) e ao Harvard Russian Center onde estaba Richard Pipes, futuro membro do Consello de Seguridade Nacional de Ronald Reagan. (...) Zbignew Brzezinski, adepto do ‘modelo totalitario’ distínguese polo seu activismo nas organizacións transnacionais como a Trilateral» .

Asemade, experimentou un grande auxe a política anticomunista na Francia, a partir de institucións pantalla como o Instituto de Historia Social, creado en 1956 e dirixido «por ex comunistas corruptos e colaboradores do ocupante nazi que acababan de saír de prisión» , financiados pola elite económica a través do banco Worms e a CIA norteamericana, a cuxa cabeza reaparecía a figura mediática do trotskistas Souvarine. En 1940 entrara en contacto coa OSS –precursora da CIA- e xa na posguerra comezou a traballar ás ordes do antigo colaboracionista nazi Georges Albertini, relacionado co banco Worms. Outra xeración de intelectuais anticomunistas máis recentes deron un grande pulo ao modelo orwelliano sobre a URSS. Tiñan en común cos seus antecesores o feito de ser tránsfugas e ex militantes comunistas destacados. Unha serie de circunstancias deu impulso á nova xeración de orwellianos franceses, cuxo contexto político era:

«o programa común da esquerda, xulgada ‘totalitaria’, a aproximación de ex membros do Partido Comunista Francés (PCF) ao ‘pensamento antitotalitario’, o activismo organizativo, mediático, editorial, comunicacional de François Furet, Pierre Nora, Jean Daniel. François Furet, o máis omnipresente sobre a ‘Fronte antitotalitaria’ comparte con Irving Kristol, o máis activo dos seus homólogos americanos, a característica de ser un ‘Ex’, como o resto dos ‘Novos filósofos’ e os peixes gordos do xornal Libération» .

Esta é a breve historia e a descrición do clima intelectual que permitiu triunfar ao modelo orwelliano. Mais, sen dúbida, o verdadeiro precursor dos neoconservadores, e o que máis sona mundial tivo, con diferenza, foi George Orwell:

«Os artigos que Orwell escribiu no curso dos anos corenta poderían ser asinados, mutatis mutandis, polos neoconservadores dos sesenta e os setenta» .

Foise así configurando unha fronte común “antitotalitaria” cuxas pretensións eran deformar ao máximo ao imaxe da URSS e dos comunistas. Mais existía outra intencionalidade aínda máis grave, segundo remarca Marc Ferro –un investigador do “totalitarismo soviético” máis serio que a maioría-, que consistía en agochar a verdadeira natureza do imperialismo e do fascismo alemán para achacar á URSS os peores crimes posíbeis: «Compréndese por que centos de adeptos da teoría totalitaria non se interrogan sobre as raíces imperialistas do nazismo: isto impediría facer do réxime soviético o patrón dos crimes do século XX» .

Un enorme monólito orwelliano, que fosilizou e petrificou o pensamento crítico occidental, converteuse no altar sagrado onde os trotskistas, ex comunistas, historiadores reaccionarios e colaboracionistas nazis ían buscar a inspiración divina. Un monólito sagrado, financiado pola grande banca, os grandes medios de prensa e a CIA norteamericana, baixo o cal se escribiu a historia da República española, a guerra civil e o movemento comunista internacional tanto na época de Stalin como até a desaparición da URSS en 1991. A súa longa sombra escurece aínda hoxe os escritos de Pepe Gutiérrez e dos orwellianos, e amedrenta a moitos comunistas. O final da historia xa o coñecemos: financiamento pola CIA das obras de Orwell, así como as súas versións cinematográficas, e unha xigantesca campaña mediática que incluía a lectura obrigatoria de Orwell nas escolas.


3. Foi Orwell o Cervantes do século XX?

En 1946 Churchill pronunciou o seu famoso discurso co que encetaba oficialmente a Guerra Fría: “Desde Stettin, no Báltico, a Trieste, no Adriático, caeu sobre o continente unha cortiña de ferro.” Foi entón como se o mundo intelectual do occidente descubrira ao Cervantes da nosa época, ao grande escritor da “esquerda disidente”, socialista –entendido en termos moi amplos- que tería estado marxinado inxustamente por ser “politicamente incorrecto”, é dicir, pon non compartir a opinión da maioría de escritores de esquerdas ou progresistas no seu apoio activo ao antifascismo e á URSS. Só faltaría explicar un “detalle” a esta teoría: Por que as únicas obras orwellianas que deron sona mundial ao escritor foron as súas tres obras anticomunistas? (Homenaxe a Cataluña, Rebelión na granxa e 1984). A primeira pasou sen pena nin gloria en vida de Orwell –dise que vendeu unhas cincuenta copias por ano-, e as dúas últimas foron escritas no final da súa vida. Por que o resto da produción literaria de Orwell pasou case desapercibida? Converteuse Orwell da noite para o día nun escritor xenial como por arte de encantamento? Son preguntas chave que Pepe Gutiérrez debería responder para xustificar as súas opinións sobre Orwell, xa que hai dúbidas sobre a calidade literaria de Orwell, inversamente proporcional á súa desmesurada sona, tal e como o expresou un experto crítico literario, que se confesa grande admirador de Orwell:

«Un pode pensar de inmediato en media ducia de autores do século XX que, liña a liña, páxina a páxina, foron sempre mellores escritores: Conrad, Joyce, Elliot, Lawrence, Auden, Waugh. Entón, por que non receben este tratamento? Por que Orwell?»

A burguesía atopara nas propias fileiras da chamada esquerda os personaxes acaídos para a cruzada intelectual anticomunista, unha cruzada que xustificaría entre amplos sectores da poboación potencialmente pacifistas, a política militarista e agresiva dos Estados Unidos e o bloque occidental, como a chantaxe nuclear ou as guerras imperialistas en Corea e Vietnam. Mais facía falla algo máis para chegar ao grande público, alleo ao elitismo dos Congresos de intelectuais e artistas, ás revistas especializadas e ao mundo universitario. Facía falla un produto rompedor, que se puidera vender doadamente, accesíbel e asimilábel polas masas das sociedades occidentais, algo co que se puideran identificar e que lles afastara ademais do “perigo” da radicalización e do socialismo. Unha nova guerra comezaba, e as obras apocalípticas de Orwell, escritas nunha linguaxe sinxela, elemental e accesíbel para o grande público, ían ser unha munición moi efectiva que se empregaría nas batallas ideolóxicas, políticas e culturais contra o outro lado da “cortiña de aceiro” e contra a esquerda transformadora. Os servidores de intelixencia occidentais, especialmente a CIA, destinaron grandes cantidades de diñeiro e grandes campañas publicitarias para difundir as obras de Orwell, incluíndo as versións cinematográficas das súas principais obras anticomunistas (detalles que Pepe Gutiérrez evidentemente prefire non comentar). A sona viulle como caída do ceo: desde 1945, coincidindo co comezo da cruzada anticomunista norteamericana, o escritor que vendera uns poucos centos das súas novelas ao ano, pasaría a vender decenas de milleiros con continuas reedicións e traducións á maioría dos idiomas.

Un aspecto que contribuíu á meteórica carreira de Orwell foi a súa vida bohemia e o seu individualismo extremo. A imaxe do don Quixote libertario, “non atado a ideoloxías”, a “dogmas” ou a partidos políticos, é unha figura atractiva entre determinados sectores politizados da esquerda, e pode exportarse moito máis facilmente que calquera escritor realmente comprometido, non co mesmo, senón cunha causa colectiva de progreso social, que implica renunciar ao egoísmos individualistas e aos prexuízos persoais a prol da causa. A figura do heroe individual, cuxa única vara de medir para o ben e o mal, para o correcto e o incorrecto, é a súa propia intuición por riba de todas as consideracións sociais políticas e históricas é unha figura atractiva que sempre tivo moito público. Por iso, o fenómeno intelectual ao redo do escritor creou un vasto mercado editorial orwelliano con evidentes valores de dereitas pero enfocados a un amplo público susceptíbel de apoiar ás esquerdas, unha verdadeira “industria de Orwell” segundo as afortunadas verbas de Scott Lucas, profesor da Universidade de Birmingham e autor dunha biografía crítica sobre o escritor, quen nos mostra o abano de destacados personaxes que sucumbiron ao atractivo do “Orwell idealista”:

«“O único escritor de xenio entre os literatos de revolta social entre as dúas guerras” (Arthur Koestler); “o espírito de vidro para todos nós” (George Woodcock). Para Noam Chomsky foi o modelo do “intelectual responsábel”. Para Bernard Crick foi, na Gran Bretaña post imperial e post Estado de benestar, o “socialista inglés”. E desde os acontecementos de setembro de 2001 pasou a ser, segundo Christopher Hitchens, un incondicional contra o “fascismo islámico” e os seus cómplices pacifistas (como Noam Chomsky)» .

Deste xeito foi creada a imaxe dun mito cuxo valor literario foi máis ben pobre e desigual, mais cuxo valor simbólico ten hoxe aínda unhas posibilidades incalculábeis para conseguir escuros fins ideolóxicos e políticos.


4. Instrucións para fabricar un mito

Dous grandes dogmas fixeron de Orwell o Grande Sacerdote da Verdade e Mestre da ciencia política. O primeiro fai referencia á súa militancia socialista ou esquerdista, evidentemente entendida nun sentido moi amplo. Durante xeracións, os orwellianos de esquerdas e o discurso oficial sobre o escritor, lémbrannos insistentemente, a través dunha infinidade de reedicións das obras de Orwell e de biografías eloxiosas, que Orwell se gañou a súa sona de escritor a pulso pola súa integridade persoal, a súa honestidade e os seus principios políticos socialistas. A Orwell, dinnos os seus apoloxistas, a diferenza das meirande parte dos intelectuais de esquerdas, non lle tremeu o pulso para proclamar “A Verdade” e para denunciar os valores contrarios ao “socialismo verdadeiro”: a Unión Soviética, Stalin, os partidos comunistas e os escritores e intelectuais potencialmente simpatizantes coa URSS ou coa causa do antifascismo. Veremos máis adiante como a realidade é moi diferente a este aspecto do mito.

O outro grande dogma é o do escritor inxustamente perseguido polo “comunismo estalinista”, un idealista vítima das “paranoias” de Stalin no Estado español. O episodio español de Orwell é, quizais, o máis crucial para entender a natureza do mito así como a percepción dominante entre o público sobre a guerra civil española. Ningún orwelliano afrontou este episodio histórico desprovisto de prexuízos ideolóxicos. Orwell participou na guerra civil enrolado voluntario nas milicias do POUM, estivo involucrado nos chamados Sucesos de Maio de Barcelona que enfrontaron, por unha banda, ás forzas que defendían á Fronte Popular (Generalitat de Cataluña, ERC, PSUC, UGT, principalmente) e pola outra ao POUM e sectores extremistas do anarquismo como os Amigos de Durruti. Os sucesos pasaron á historia como unha loita entre os “contrarrrevolucionarios” e os “revolucionarios”. A participación de Orwell fixo que aqueles feitos, bastante anecdóticos no contexto da guerra civil (nos Sucesos de Maio morreron unhas 500 persoas, mentres que as baixas en calquera batalla da guerra foron da orde de decenas de milleiros), se converteran para o grande público no suceso fundamental e clave de toda a guerra. A partir de entón, a reconstrución histórica deixou paso á lenda novelada –e máis recentemente á cinematográfica con Terra e Liberdade-, como podemos ver nesta esquematización simplista, que a día de hoxe aínda se repite irreflexivamente como verdade absoluta:

«O seu libro Homenaxe a Cataluña, publicado en 1938, forma parte da memoria da guerra de España e é unha rotunda e valente denuncia do estalinismo e dos réximes totalitarios, un sentimento que cristalizará en obras posteriores como Rebelión na granxa e 1984. (...) O autor amosa neste artigo os seus sentimentos de fraternidade coas vítimas da represión comunista e critica a deformación dos acontecementos que ofrecen os xornais de esquerdas. Sinala tamén o carácter contrarrevolucionario do comunismo español e a contradición na que este cae ao unirse aos capitalistas para combater o fascismo mentres reprime aos revolucionarios» .

Entre todos os xornais estranxeiros, só unha minoría moi reducida –entre a que se atopaba Orwell- amosou esa visión tan extremadamente negativa (se descontamos os correspondentes favorábeis a Franco) sobre a República, a actitude dos comunistas e a URSS. Orwell non estaba narrando os feitos de forma obxectiva, explicando a “Verdade” como a el lle gustaba presumir. Homenaxe a Cataluña está realizado desde o sentimentalismo máis profundo, cargando as tintas sobre os inimigos políticos do partido onde el se refuxiara, o POUM. Moitos orwellianos recoñeceron a grande carga pasional que hai en Homenaxe, mais ningún deles recoñeceu que esta visión personalizada e subxectiva pode ser un argumento contra a obxectividade dos feitos. A obra, escrita en forma autobiográfica, ten dúas partes ben diferenciadas: a primeira, un visión romántica dunha idealizada Barcelona de aspecto proletario, seguido polas súas vicisitudes nas trincheiras de Huesca. Son episodios onde se describe a grande ineficacia dos combatentes mais onde domina a percepción idealista dos milicianos e dos fins que perseguen. A segunda, narra os combates nas rúas de Barcelona e o incidente coa policía ao sufrir un rexistro domiciliario, así como a súa visita aos cárceres e a súa fuxida, segundo o propio Orwell, escapando da policía republicana.

Vexamos os pasos necesarios para fabricar o mito:

Paso nº 1: Cualificar o trotskismo de Orwell e do POUM como unha “manipulación estalinista” encamiñada a criminalizar aos “verdadeiros revolucionarios”.

Pepe Gutiérrez alude á existencia dun expediente da policía soviética onde se nomea –sen citalo en ningún momento, seguindo o seu costume- a Orwell e á súa esposa como «trotskistas fanáticos» . Pepe Gutiérrez escandalízase porque cualifiquen a Orwell de trotskista, e porque sexa presuntamente espiado polos soviéticos que, segundo afirma, desexaban a súa eliminación.

Trataríase de demostrar que a etiqueta de “trotskista” era unha manobra dos comunistas para xustificar as accións violentas contra rivais políticos como o POUM. Porén, a maioría dos observadores estranxeiros tamén cualificaron ao POUM como unha forza trotskista. E o propio Orwell compartía esta opinión cando comentaba que o seu libro Homenaxe a Cataluña «contén un extenso capítulo cheo de citas tomadas dos xornais e demais, nas que se defende aos trotskistas que estaban entón acusados de tramar un complot contra Franco» .

Seguindo a propia lóxica do escritor, calquera observador tiña dereito a considerar trotskista a Orwell. No contexto dunha guerra, onde as razóns de supervivencia impoñen unha loita a morte, desaparecen os espazos para as sutilezas e os matices, simplificándose a realidade en base ao binomio amigo-inimigo. É un método empregado por todos: cualificar a Orwell como trotskista quizais sexa un erro de matiz, aínda que non tan grave como, por exemplo, a clásica afirmación orwelliana de que o dirixente socialista Negrín era un axente de Stalin, erro que non arrinca ningún xesto de escándalo a Pepe Gutiérrez.

Paso nº2: Sacar de contexto o posíbel feito de que Orwell fose investigado ou espiado.

O que é unha actividade normal entre os servizos de intelixencia de todos os países, para os orwellianos, se o realiza a URSS é unha evidencia concluínte da monstruosidade intrínseca de Stalin. Todos os Estados teñen servizos de intelixencia e espionaxe que realizan informes dos personaxes máis destacados do mundo da política, as finanzas, a cultura, etc. Orwell foi investigado polos servizos de intelixencia británicos: desde 1929, un corpo especial da policía británica, Scotland Yard, recollía información das súas actividades, desde a súa estancia en París. En 1942, nun pésimo informe policial –evidentemente equivocado- definíao como un escritor con «opinións comunistas avanzadas» e dicía que fora visto en reunións de comunistas, feito que se encargou de desmentir o servizo de intelixencia MI5, valorando moi positivamente os últimos escritos de Orwell sobre política e a súa participación nun simposio titulado graficamente A traizón da esquerda. Finalmente, foi descartado como potencialmente perigoso grazas ás súas opinións negativas sobre a Unión Soviética . O arquivo policial non se pechou até o día no que Orwell foi soterrado, en 1950. Así pois, que os soviéticos presuntamente investiguen a Orwell durante a guerra para Pepe Gutiérrez é motivo de horror e de escarnio, mentres que non di unha palabra verbo da investigación da espionaxe británica que, en tempos de paz e moitos anos antes que os soviéticos, realizaron sobre Orwell. Por que cae Pepe Gutiérrez nesta estraña contradición? Sinxelamente, porque así Pepe Gutiérrez pode manter viva a chama do mito, o feble escritor “heroico e decente” enfrontado ao todopoderoso Stalin, personificación do mal.

Por outra parte, os anos trinta, e máis especificamente a partir da guerra española, foron nos que con maior virulencia atacou Trotski a Stalin, á URSS e ao que el chamou “casta burocrática”. Ademais diso, o POUM encargouse infinidade de veces de proclamar a grandes voces a súa oposición ao goberno da Fronte Popular, á República “burguesa” e ao PCE e PSUC, cualificados como “contrarrevolucionarios”. Cae polo seu propio peso que, se un ingresa nun partido que a maioría dos observadores, como o propio Orwell, consideran “trotskista”, poda ser considerado como potencialmente inimigo tanto da República como do Estado soviético e, nunha situación de guerra, poda ser investigado do mesmo xeito que outros países investigaban as actividades comunistas en España. É algo perfectamente normal dentro da lóxica da guerra, onde os servizos de información e espionaxe adquiren unha importancia vital. Para Pepe Gutiérrez parece algo monstruoso, aínda que só se cando se trata de algo realizado polos soviéticos.

Paso nº3: Omitir a existencia de destacados espías no POUM.

Georges Kopp, comandante da columna estranxeira do POUM onde se alistou Orwell e intimo amigo do escritor, era un axente dos servizos de espionaxe británicos (MI5), cuxo Estado estaba activamente interesado na vitoria de Franco. O xefe directo de Kopp no MI5 era Anthony Blunt, axente dobre soviético, polo que a máis elemental lóxica suxire que os servizos de espionaxe soviéticos estaban informados da existencia dunha rede de espionaxe británica en España, incluíndo a que había na columna estranxeira do POUM. É un signo de paranoia pensar que os integrantes desta columna –como Orwell- non poderían ser eles mesmos espías (reais ou potenciais) interesados en debilitar a loita republicana, tendo en conta que o POUM se proclamou adversario da URSS, da Fronte Popular e da República “burguesa”? Esta pregunta xamais atopará resposta por parte de Pepe Gutiérrez, que seguramente volverá responder coa clásica etiqueta de “manipulacións estalinistas”.

Espionaxe fascista no POUM e no extremismo anarquista: silencio de Pepe Gutiérrez

Outra dato, que Pepe Gutiérrez e os orwellianos se encargan de silenciar, é o feito da infiltración fascista no POUM e en grupos extremistas anarquistas, aproveitando a súa oposición visceral á República e ao partido comunista. Falouse en numerosas obras de que Franco e o embaixador alemán Faupel se outorgaron a paternidade dos Sucesos de Maio de Barcelona. Se ben isto pode ser un intento de darse importancia mutuamente entre os dous aliados, ten certa lóxica con revelacións recentes sobre a influencia da espionaxe fascista en organizacións de extrema esquerda republicanas.

A POLPOL, policía secreta de Mussolini, infiltrara ao POUM xa antes da guerra. O seu axente máis destacado era Arturo Luchetti, que levou a cabo actos de sabotaxe contra o exército republicano . Por outra parte, determinados medios anarquistas tamén estaban infiltrados. Algunhas das súas publicacións anticomunistas foron promovidas pola espionaxe fascista na súa loita anticomunista, sobre todo despois dos Sucesos de Maio. Por exemplo, un axente destacado de Mussolini, Bernardo Cremonini, líder da federación anarco-comunista de París,

«escribiu un planfeto violentamente anticomunista verbo dos sucesos de Barcelona que se propagaron por toda a organización. (...) Á luz do sucedido en Barcelona, o Duce chegara incluso a propoñer a publicación dun xornal anarquista que “ataque violentamente ao fascismo, mais cuxo verdadeiro obxectivo sexa atacar ao comunismo da forma máis resolta e vulgar”. Mussolini quería que se chamara Lotta di Classe, como o xornal de Berneri, o Il Riscatto Libertario» .

Como o lector pode imaxinar, de todo isto non aparece unha liña nin nas obras de Orwell nin nas de Pepe Gutiérrez. E é que xa Mussolini percibira que os discursos de extrema esquerda eran unha auténtica mina de ouro para atacar e difamar aos comunistas como máximos defensores da República. Niso pódese dicir que o ditador italiano foi un verdadeiro precursor de Orwell. O líder anarquista Berneri, outra vítima destacada que os orwellianos aproveitan para cargar sobre os comunistas ou sobre a URSS, foi asasinado segundo as evidencias máis recentes, por axentes de Mussolini. Berneri era un anarquista refuxiado, que descubriu no consulado italiano en Barcelona documentos comprometedores onde quedaban demostradas as intencións de Mussolini de colonizar España, converténdoa nun protectorado de Italia . Os documentos reforzaban a tese comunista de que a guerra española era en grande medida unha guerra patriótica contra a invasión do fascismo internacional, tese que era obxecto de violentos ataques por Trotski, o POUM e os sectores anarquistas máis extremistas.

Finalmente, nesta historia de espías compre destacar que militantes do POUM de Barcelona se ofreceron en 1938 á Quinta Columna par asasinar ao presidente do Goberno republicano, Juan Negrín, e ao ministro de Asuntos Exteriores, Julio Álvarez del Vayo, a cambio dunha cantidade de dólares e dunha vía de saída para os Estados Unidos . Novamente, o extremismo de esquerdas conflúe co extremismo de dereitas mentres que, ante estes feitos documentados, Pepe Gutiérrez se limita a responder coa condenación eterna para os “estalinistas”.

Paso nº4: Reescribir a historia dos amigos de Orwell, agochando sucesos escabrosos.

Leamos a descrición que fai Pepe Gutiérrez sobre o comandante Kopp, xefe de Orwell no Estado español:

«Como moitos aventureiros e soldados de fortuna (Malraux representa o exemplo máis notorio), Kopp embeleceu a realidade creando un mito complexo sobre o seu pasado. Un xornalista holandés, Bert Govaerts, descubriu recentemente que “no canto de tratarse dun enxeñeiro belga con experiencia militar previa, Kopp era en realidade de nacionalidade rusa e xamais serviu no exército (é dicir, foi oficial de reserva no exército belga). Ademais, nin era licenciado en enxeñaría nin un marido e pai entregado, como pensaba Orwell. Asemade, tamén semella falsa a afirmación de Kopp segundo a cal o obrigaron a fuxir de Bélxica por fabricar municións ilegais para a República española”. Após examinar a carreira vital de Kopp, Govaerts concluía: “En conxunto, a célebre capacidade de observación de Orwell sufriu un grotesco golpe con este curiosísimo home.” Mais mentres loitaba en España xunto a Kopp, Orwell non tiña maneira de descubrir a verdade sobre o pasado deste. En calquera caso, o mito que Kopp creou non altera en absoluto o seu impresionante heroísmo (en acción e en prisión) tanto durante a guerra civil española como na resistencia francesa durante a Segunda Guerra Mundial» .

De guiarnos por Pepe Gutiérrez, o íntimo amigo de Orwell, Kopp, era, por dicilo suavemente, un mozo traveso amante das aventuras, un home capaz dun “impresionante heroísmo” que cometía o pecado totalmente desculpábel de ser un chisco mentirán, como outros aventureiros –Malraux, Gide- ou turistas revolucionarios que viñeron a España na procura de excitantes aventuras e que despois fixeron fortuna durante a cruzada anticomunista. É evidente que Pepe Gutiérrez tenta desesperadamente salvar a imaxe de Georges Kopp, outro mito do POUM. Georges Kopp quizais foi un “heroe de guerra”, aínda que é un feito dificilmente comprobábel. Mais o que si está ben documentado é que, como se dixo antes, durante a guerra no Estado foi un espía ao servizo do Imperio británico. Ademais diso, participou co exército británico na defensa de Francia durante a invasión alemán de 1940 e foi capturado, pasando a traballar, segundo evidencias de bastante peso, para o goberno colaboracionista de Vichy a través do Deuxième Bureau ao mesmo tempo que para o MI5. Deste xeito, unha persoa sen ningún tipo de escrúpulos, que coas súas actividades moi probabelmente colaborou co terror nazi en Francia, é descrito por Pepe Gutiérrez sinxelamente como un “heroe de guerra” que loitou na Resistencia francesa. Así escriben a historia os orwellianos. Coa lóxica de Pepe Gutiérrez, o nazi Jacques Doriot ou o mariscal Pétain tamén foron heroes da Resistencia francesa.

Curiosas coincidencias na loita contra o “estalinismo”

A estratexia de Pepe Gutiérrez na meirande parte dos seus escritos anticomunistas é ben sinxela: reescribir a historia dos máis destacados anticomunistas e agochar os seus aspectos máis repulsivos. Por esta razón, noutro escrito, non ten pelos na lingua á hora de mitificar a un dos líderes do golpe de Estado contra a República en 1939, o anarquista Cipriano Mera. No seu eloxioso Homanaje , Pepe Gutiérrez nin sequera comenta a traizón á República pola Junta de Defensa, presidida por Casado e na que Mera tivo un papel crucial. Quizais para el non ten importancia que esta traizón entregara impunemente a Franco a centos de milleiros de combatentes e familiares, que acabaran nos campos de concentración, nos calabozos de tortura e nos paredóns de fusilamento. Sumando as “coincidencias”, aos eloxios do golpismo antirrepublicano tamén se une o ultra Federico Jiménez Losantos, a voz dos bispos ultramontanos, que tamén considera a Mera como un “idealista”, un heroe polo seu enfrontamento contra os comunistas, do que eloxia as súas iniciativas como a proposta de «secuestrar a Negrín para obrigalo a negociar con Franco ou presentarse con el en Burgos aínda que os fusilasen a todos» . Tamén a Falange Auténtica se apunta ao homenaxe a Cipriano Mera, do que destaca o seu anticomunismo e o seu “idealismo”: «Sen dúbida, a de Cipriano Mera é unha vida entregada a fondo perdido polo Ideal, marcado pola vivencia da Solidariedade, compartindo até o necesario para vivir» . Finalmente, a Fundación Andreu Nin reivindica a súa figura publicando unha entrevista a Mera realizada en 1966. O anticomunismo concita as máis estrañas amizades.

Paso nº5: Facer do POUM a única vítima das represións e de Andreu Nin o único morto da guerra civil.

Esta esquematización serve para agochar que até maio de 1937, en Catalunya e outras zonas da República, determinadas forzas políticas e sindicais tentaron impoñerse mediante a violencia, o terror e os asasinatos. Como puxeron de manifesto no seu documentado e exhaustivo estudo os historiadores Solé i Sabaté e Villaroya , até 1937 proliferaron as prisións anarquistas como as de Sant Elies en Barcelona e os cemiterios clandestinos na Arrabassada e en Montcada, onde ían parar as decenas de asasinados polos incontrolados e as Patrullas de Control, amparadas por grupos da FAI, a CNT e o POUM nun intento de provocar o “caos revolucionario” e socavar a unidade da Fronte Popular. As gabias das estradas inzábanse de mortos, non só de burgueses, curas e fascistas, senón tamén de militantes de Esquerra, da JSU ou do PSUC “depuradas” convenientemente polos seus inimigos políticos, ou ben de persoas sen partido vítimas de vinganzas persoais ou de extorsións cuxos verdugos se amparaban na impunidade do carné vermello e negro a maioría das veces: non esquezamos que unha das primeiras medidas “revolucionarias” do anarquismo foi abrir de par en par os cárceres de Barcelona, de onde saíron centos de criminais, violadores, asasinos, pistoleiros e delincuentes. Joan Comorera, secretario xeral do PSUC, foi obxecto de atentados e moitos personaxes “do outra lado” caeron moito antes que Andreu Nin. Roldán Cortada e Sesé, destacados dirixentes do PSUC; Desideri Trillas, sindicalista do porto de Barcelona, asasinado nos locais da CNT polos seus pistoleiros; os tres militantes da UGT asasinados en Lo Grau e os cinco asasinados en Erriberri –entre eles dous comunistas e un membro de Izquierda Republicana; o exterminio de uxetistas en Barcelona durante o dominio anarquista, ou os case trinta campesiños asasinados pola FAI na vila tarraconense de La Fatarella, son uns poucos exemplos das vítimas entre a esquerda producidas durante a ditadura anarquista animada polo POUM. Os adversario do PSUC foron implacábeis cos militantes comunistas e doutras organizacións. Cal sería o destino dos dirixentes do PSCU se os amigos de Orwell triunfaran?

Na historia da guerra civil contada polos orwellianos, todas estas vítimas sinxelamente non existen.


5. Sobre o mal uso da información e a falta de seriedade de Pepe Gutiérrez

É evidente que Pepe Gutiérrez ten un grande interese en condicionar o debate e levalo do vieiro construtivo ao espazo das etiquetas, estereotipos e prexuízos. En primeiro lugar, Pepe Gutiérrez, non se sabe o por que, vese na obriga de dar unha grande publicidade a miña suposta militancia política: «Parece ser que Albert Escusa forma parte do Partit Comunista de Catalunya (PCC), grupo “prosoviético”, partido actualmente coligado con Iniciativa per Catalunya e con Llamazares, é dicir, con “camaradas” que non só abxuran de Stalin, senón que o fan tamén do comunismo». Supoñemos que o obxectivo que persigue Pepe Gutiérrez ao dar publicidade á miña suposta militancia política, é mostrar ao lector a imposibilidade de que un militante do PCC poda emitir opinións obxectivas sobre estes problemas históricos e políticos. Xa que Pepe Gutiérrez ten tanto interese en expoñer ao público –e a outros elementos que pululan pola rede- a miña suposta militancia política, estou obrigado a aclararlle que, efectivamente, hai anos fun militante do PCC –e, pese ás miñas diferenzas actuais, non me avergonzo de ter militado nese partido-, pero moito antes de publicar o meu texto sobre Orwell xa abandonara o meu compromiso con PCC. Xa que logo, actualmente non teño ningunha relación co PCC nin coa política ou a ideoloxía que defenda, cuestión que competen única e exclusivamente ao seus militantes. Tampouco teño nada a ver con Iniciativa per Catalunya, nin con Llamazares, nin con Izquierda Unida, nin cos camiños que tomaran estas organizacións e os seus dirixentes. Recoméndolle a Pepe Gutiérrez que revise as súas pésimas fontes de información antes de divulgar deste xeito estas informacións falsas. Asemade, sería interesante que nos aclarara a todos cales son os criterios que emprega para insinuar que os militantes do PCC están invalidados para dar argumentos obxectivos sobre tales acontecementos históricos.

En segundo lugar, o texto de Pepe Gutiérrez está cheo de importantísimos erros e do emprego incorrecto das citas, que inducen ao lector a unha interpretación deformada e errónea do meu texto. Por exemplo, segundo Pepe Gutiérrez, «Escusa chega a afirmar con rotundidade que Rebelión na granxa que apareceu en Gran Bretaña coincidindo coa fin da guerra (...) Nin que dicir ten que esta obra se imprimiu na Alemaña nazi e a Italia fascista».

Do xeito que o cita, non habería nada que obxectar a Pepe Gutiérrez, mais o problema é que el refundiu arbitrariamente partes do texto que eu escribín: a primeira parte da cita fai referencia a Rebelión na granxa, mentres que a segunda parte fai referencia á obra de dous fascistas ingleses amigos de Koestler. Unir desta forma dous fragmentos que falan de cousas completamente diferentes é un exercicio de confusión deliberada. Se Pepe Gutiérrez se tomara a molestia en citar correctamente o meu texto, non tería dúbidas de que en ningún momento se afirma tal cousa. A cita correcta, que muda completamente o sentido da frase, é a seguinte:

«En 1939, Koestler evolucionou cara ao extrema dereita, facéndose admirador manifesto de escritores ingleses como Cecil Gerahty e william Foss, quen escribiron sobre a República española: ‘Demostramos, pois, que España foi a vítima dun vasto complot comunista, inspirado e controlado polos francmasóns europeos, xudeus na súa maioría, e axitadores internacionais’. Nin que dicir ten que esta obra se imprimiu na Alemaña nazi e a Italia fascista».

Isto é exactamente o que escribín eu, e non o que Pepe Gutiérrez pon falsamente como da miña autoría e repita máis adiante no seu texto. En calquera caso, eu non teño a culpa de que Koestler, escritor moi admirado por Pepe Gutiérrez, decidira escoller ás súas amizades entre os fascistas.

Por outra parte, Pepe Gutiérrez comete, outra volta, un grande erro cando se escandaliza porque no meu traballo recorrín a autores “non estalinistas” ou antiestalinistas como Isaac Deutscher. É posíbel que o doutrinarismo lle xogara unha mala pasada a Pepe Gutiérrez. Do punto de vista científico, recorrer a autores ideoloxicamente opostos para sustentar unha determinada posición non constitúe ningunha aberración mentres os seus argumentos teñan un apoio sólido, contrastado e debidamente documentado. De feito, debería ser un motivo de alegría para Pepe Gutiérrez que eu me desprenda de prexuízos e non dubide en recorrer a autores con concepcións ideolóxicas afastadas das miñas.


6. Pepe Gutiérrez e a reciclaxe dos intelectuais ao servizo do imperialismo

Para apoiar a súa argumentación, Pepe Gutiérrez vese na obriga de reciclar escandalosamente aos intelectuais que, conscientemente ou non, traballaron nos estabelecementos culturais e literarios da axencia da espionaxe norteamericana, a CIA. O máis importante deles foi os Cadernos do Congreso pola Liberdade da Cultura, revista creada e financiada pola CIA e as súas fundacións pantalla, e dirixida por Julián Gorkin, un dos principais dirixentes do POUM até 1939, e desde os anos corenta axente activo do imperialismo norteamericano.

O feito clave dos vínculos entre a CIA e Gorkin e os Cadernos que dirixía, enfocados a denigrar á República e a captar intelectuais pronorteamericanos, é importantísimo para clarexar os intereses ideolóxicos e o entorno histórico da guerra fría anticomunista, que permitiu triunfar á caracterización da Unión Soviética e a guerra civil española segundo o modelo orwelliano. Mais contra esta lóxica, Pepe Gutiérrez silencia este feito fundamental, limitándose a argumentar que nos Cadernos escribían «antifranquistas, intelectuais que pretendían crear unha oposición non comunista». Que bonitas verbas para describir á oficina cultural da CIA, a axencia do crime que cunha man pagaba a Gorkin e aos seus amigos, e coa outra aos Somoza, Batista, Pinochet, Suharto e Mobutu! Como explica Pepe Gutiérrez, nos Caderno colaboraron entre outros Salvador de Madariaga, Aranguren, Ferrater Mora, Américo Castro, Víctor Alba, Camilo José Cela e Dionisio Ridruejo. Efectivamente, unha “oposición intelectual” branda... mantida e financiada pola CIA, que preparaba un posfranquismo favorábel aos intereses do imperialismo norteamericano. Como demostrou o historiador Southworth , Gorkin foi o asalariado da CIA especializado na campaña de difamación contra a República en xeral, e contra os comunistas en particular, entre algunhas capas da intelectualidade española progresista ou disidente do franquismo, e entre sectores da esquerda non comunista que puideran sentir simpatía cara ao partido comunista. Contou coa axuda inestimábel do xornalista e historiador Bollotten –outro tránsfuga que abandonou a súa antiga simpatía pola República a cambio dunha boa carreira profesional- aos que hai que engadir a El Campesino e Jesús Hernández, cuxos “testemuños” fabricados por Gorkin (é dicir, pola CIA) son dogma de fe para Pepe Gutiérrez.

Por que Pepe Gutiérrez non comenta nada sobre as conexións dos poumistas e orwellianos Gorkin, Alba e outros coa CIA, feito importantísimo para clarexar o debate? Seica sinte algún reparo moral por ter que recorrer a tales autores para apoiar os seus argumentos?


7. Un fantasma recorre o mundo de Pepe Gutiérrez: o fantasma do “estalinismo”

Dicía o grande historiador Pierre Vilar, denunciando as presións dos intelectuais que pretendían desesperadamente evitar unha lectura obxectiva de Stalin: «un terrorismo intelectual subterráneo impulsa a pedir perdón por citar a Stalin» . O ton intimidatorio utilizado por Pepe Gutiérrez nútrese deste terrorismo intelectual ao utilizar indiscriminadamente a clásica etiqueta de “estalinismo”, concepto encamiñado a atemorizar e a provocar vergonza, non só aos defensores de Stalin e da URSS, senón a todos aqueles que non comparten o modelo orwelliano e o pensamento único antiestalinista. Con isto, Pepe Gutiérrez pretende terminar facilmente o debate sobre a figura de Orwell e a historia soviética, substituíndo con etiquetas e prexuízos clásicos a ausencia de argumentos sólidos e ten que recorrer a argumentos peregrinos como o suposto antileninismo oficial en Cuba –se non ficamos no formal, sería un interesante exercicio comparar polo miúdo os textos constitucionais e os sistemas sociopolíticos de Cuba e a URSS- ou mediante a lenda de que os comunistas son catro gatos en vía de extinción: «os estalinistas pódense contar cos dedos dunha soa man. Non están nas librarías, nin nos foros, en calquera páxina alternativa o concepto estalinismo é usado case exclusivamente como insulto, ou como parte dun pasado erróneo e, en moitos casos, superado.»

Non se entende como Pepe Gutiérrez malgasta tanto tempo e enerxía para combater aos «dedos dunha man», a non ser que, evidentemente, o propio Pepe Gutiérrez saiba que a súa afirmación ten pouco a ver coa realidade. Náufrago no seu pequeno océano orwelliano, non é quen de ver o evidente: a existencia de grandes partidos en todos os continentes que, aínda que manteñan hoxe posicións ideolóxicas diferentes, defenden a Unión Soviética de Stalin como unha etapa globalmente positiva para a historia dos pobos soviéticos e da humanidade. En Turquía, Grecia, Ecuador, Rusia, Nepal, etc., existen grandes partidos de masas, algúns con presenza electoral e social notábel, ou son forza de goberno, que reivindican dun xeito ou de outro a figura de Stalin. Non sabemos a que grupo político está adscrito Pepe Gutiérrez, mais dificilmente debe ter unha grande representación, do mesmo xeito que ningún grupo do anticomunismo de esquerdas ou semellante ten practicamente presenza nin entre as masas, nin dirixiu xamais movementos antiimperialistas ou revolucionarios, nin constitúe ningunha forza de consideración a nivel electoral. Por que non di nada Pepe Gutiérrez sobre isto?

O desenfreo anticomunista conduce a Pepe Gutiérrez cara a posicións radicais que o fan vincular, sen ningún tipo de probas, a Stalin e a URSS «coa cohorte Pol Pot, Ceaucescu, o último Mao». Son análises converxentes con extremistas do calibre de Federico Jiménez Losantos, cuxas opinións son moi semellantes: «Stalin, Mao o Pol Pot mataron antes e mataron máis do que puido facelo o Carniceiro dos Balcáns» . Vincular os acertos e desacertos de Stalin cos de outras figuras históricas posteriores a el non se pode cualificar como un grande argumento histórico. Mesturar deste xeito a personaxes que estiveron no centro de procesos históricos tan diferentes e contrapostos, e pretender facer deles «discípulos de Stalin» –sen probas, sen argumentos, sen documentación histórica- non constitúe ningunha evidencia a prol de Pepe Gutiérrez, que recorre a teses dignas do Libro negro do comunismo.


8. Pepe Gutiérrez, o cinema e os escritores “arrepentidos”

Como probas definitivas de cargo contra o “estalinismo”, Pepe Gutiérrez proponnos gozar de películas antisoviéticas: «a verdade é que lles iría moi ben ler libros como os mencionados ou películas A confesión, de Costa-Gravas ou A vida dos outros, de Florian Henchel-Donnersmarck, so pena de quedar totalmente marxinados da verdade” completado coa lectura dos escritores desencantados coa URSS.

En canto ao primeiro, non é moi orixinal, posto que a industria occidental do cinema ven realizando obras antisoviéticas e anti-“estalinistas” desde 1917, aínda que hai que recoñecerlle a Pepe Gutiérrez que poñer ao mesmo nivel as películas de ficción coas obras históricas e científicas baseadas en documentos, é algo anovador e brillante. Pepe Gutiérrez parece suxerir aos historiadores un novo método de investigación: no canto de perder o tempo indagando nos arquivos, é moito máis produtivo para eles pasar unha tarde no cinema. Neste punto, curiosamente Pepe Gutiérrez abstense de citar a película Misión en Moscova (Michael Curtiz, 1943) realizada a partir das memorias do embaixador norteamericano Joseph Davies na URSS entre 1936 e 1938, quen tivo oportunidade de asistir, xunto con numerosos diplomáticos e embaixadores estranxeiros, aos xuízos contra algúns dos “vellos bolxeviques” convertidos en opositores. A grande maioría de estranxeiros, moitos deles avogados, confirmaron a veracidade das confesións dos acusados e a verosimilitude das acusacións de traizón e espionaxe que pesaban sobre algúns antigos dirixentes da revolución. A visión do embaixador Davies, que viaxou por todo o país libremente, e que tratou de formarse unha opinión propia sen prexuízos, derruba moitos mitos. Por que este importantísimo testemuño é silenciado por Pepe Gutiérrez?

Merece comentario aparte a actitude dos escritores comprometidos: é certo que moitos asumiron de forma acrítica a versión do XX Congreso do PCUS de 1956 promovida por Kruschov, como tamén outros o seguiron precisamente polo grande prestixio que tiña o PCUS entre as masas de todo o mundo, incluíndo os sectores intelectuais progresistas. Mais que seguiran este camiño e que repudiaran a súa adhesión anterior é algo do que non debe culparse demasiado a estes escritores, xa que moitos deles procedían da pequena e mediana burguesía. A simpatía política non provén moitas veces dunha análise profunda, senón de convicións e esperanzas, de rexeitamento instintivo ao existente, de seguimento cego, cando non de apuntarse á última moda ou de subirse ao carro que parecía vencedor. Esas motivacións mobilizaron a unha grande cantidade de escritores cosmopolitas, que viron cambalear as súas identidades sociais e culturais nun mundo que xurdiu da Primeira Guerra Mundial e estaba a piques de se precipitar no abismo da segunda guerra. Como explicou o ex comunista Arthur Koestler para autoxustificarse anos despois en ton de arrepentimento, a motivación de moitos escritores para apoiar a Stalin foi a intuición de que a URSS era o único país que podía deter á ameaza fascista:

«Os comunistas, apoiados pola poderosa Unión Soviética, parecían a única forza capaz de resistir a avalancha das hordas primitivas coa súa esvástica-totem» .

Cando o nazismo foi esmagado pola URSS, o capitalismo resucitou e moitos escritores e artistas puideron respirar aliviados, retornando novamente á sociedade que eles sempre consideraran como a súa. Avergoñados polas súas anteriores opinións políticas, volveron escoller o bando occidental durante a guerra fría. Atrás ficaban as torturas morais pola culpabilidade de clase nos dramas do primeiro terzo do século XX, dramas que os empurraran a situarse no lado do antifascismo e o socialismo. Nin hai que idealizar as súas opinións, nin hai que ser excesivamente duros con eles tendo en conta a súa procedencia de clase e as súas posibilidades de promoción profesional.

Finalmente, o desprezo pola seriedade é manifesto cando se descartan obras documentadas e rigorosas con expresións tales como «se citan autores que non son os da casa (como Ludo Martens cuxos traballos son xa moi distantes)». É dicir, as novelas de ficción de Orwell Rebelión na granxa (escrita en 1943) e 1984 (escrita en 1948) –hai máis de medio século!- para Pepe Gutiérrez son obras científicas de actualidade, mentres que a obra histórica Outra visión de Stalin de Ludo Martens, publicada en 1994 e apoiada en documentación recente, segundo Pepe Gutiérrez «é un traballo moi distante». Curiosa maneira de medir a de Pepe Gutiérrez. Será que os conceptos de tempo e espazo están invertidos no universo orwelliano?

Os disidentes do modelo orwelliano, “esquecidos” por Pepe Gutiérrez

Se moitos escritores renegaron ás primeiras, alertados polo seu instinto de clase e a súa pertenza á cultura occidental, outros non dubidaron en continuar o seu combate polos seus ideais sen abandonar as súas convicións, malia que algúns manifestaran as súas dúbidas e vacilacións políticas, como é natural, nun momento ou outro. Son os “esquecidos” por Pepe Gutiérrez: Miguel Hernández, Henri Barbusse, Nicolás Guillén, Antonio Machado, Pablo Neruda, Rafael Alberti, Louis Aragon, Nazim Hikmet, Roque Dalton, Berthold Brecht, Dashiell Hammett e tantos outros relegados ao esquecemento pola apisoadora intelectual do pensamento único orwelliano. Mais se Pepe Gutiérrez precisa intelectuais desencantados, pode tomar o paradigma de “disidente antiestalinista”, o famoso matemático e sociólogo Alexander Zinoviev (finado no 2006), que viviu en occidente grazas a escribir libros antisoviéticos:

«Desde a infancia fun antiestalinista, fun membro dun grupo terrorista disposto a matar a Stalin, fun arrestado, etc., etc. Até a morte de Stalin fun antiestalinista e fixen propaganda antiestalinista clandestina. Mais despois, cos anos, especialmente após a morte de Stalin, estudei esa época e cheguei á conclusión de que Stalin é, segundo o meu punto de vista, o político máis importante do século XX, e pode que un dos máis importantes de todo o milenio. Todo o que foi feito por el, na miña opinión, demostra que como político foi máis importante que Lenin. É necesario ter en conta as condicións históricas nas que vivía Rusia: guerras internas, pobreza, desordes, difíciles condicións climáticas, o material humano (ninguén quere ter en conta o material humano). (...) Con este material humano, fundar un Estado tan forte, a segunda superpotencia no planeta, é un caso único na historia. Hitler tamén levou adiante un gran asunto, tamén foi un político colosal, pero foi un criminal. Ser un xenio non significa ser ao mesmo tempo unha boa persoa. Napoleón tamén foi un xenio, mais tamén un criminal. Stalin, como home político, está por riba deles e a moita distancia. A historia soviética, aínda sendo moi curta, xogou un papel fundamental na historia da humanidade. Grazas á URSS foi derrotado o fascismo, o nacional-socialismo alemán, o militarismo xaponés. Sen a URSS isto sería imposíbel. De non existir a URSS, os alemáns, de maneira natural, poderían converterse nos donos da situación no planeta por moito tempo (...) Non se pode minimizar agora o protagonismo de Stalin. Na propaganda contemporánea occidental dedícanse a menosprezar a figura de Stalin. Resúmeno todo nas represións. Mais, en primeiro lugar, as represións, no fundamental, estiveron xustificadas, tiñan as súas causas; segundo, iso foi un fenómeno secundario na historia soviética real. Eu vivín todo este período, e para nós iso estaba na periferia da nosa vida, era secundario, non era iso o que determinaba a nosa vida, senón a creación positiva que abarcou a un grande pobo, e practicamente a todo o planeta» .

Estas son as verbas dun afamado intelectual que nunca se considerou a si mesmo comunista nin “estalinista” e que escribiu unha boa cantidade de libros moi críticos co sistema soviético. Representan un balanzo realizado desde unha perspectiva histórica, afastada da novelesca visión orwelliana. Por que Pepe Gutiérrez ignora sistematicamente estes testemuños?


9. Orwell, tendendo pontes entre dous extremos

Quen reivindica a Orwell na actualidade? Indubidabelmente un grande número de lectores que recibiron en doses acaídas o mito do “escritor honesto”, armado de idealismo e moral a toda proba; popes mediáticos ou intelectuais neoliberais, ou de extrema dereita, fabricantes de ideoloxía; intelectuais “independentes”, escritores e universitarios, xeralmente situados no ámbito da esquerda ou centro-esquerda; e, finalmente, algúns militantes da ultraesquerda anticomunista cuxas opinións, frecuentemente, soen converxer con algunhas opinións da intelectualidade neoliberal e reaccionaria. A icona de Orwell é adorada a un mesmo tempo polos anticomunistas de esquerda –como os anarquistas españois, Pepe Gutiérrez, a Fundación Andreu Nin- e polos intelectuais ultras e neoconservadores norteamericanos e europeos. No noso país, estes últimos están representados por medios como Libertad Digital, onde escriben entre outros os ultras –e tamén orwellianos- Federico Jiménez Losantos, César Vidal ou Pío Moa. Nesta publicación, xunto a un artigo moi eloxioso de Carlos Semprún Maura sobre Orwell, podermos acceder a outro do profranquista Pío Moa sobre a correspondente “denuncia” do papel dos comunistas e de Stalin na guerra civil española.

Constitúe unha aberración intelectual relacionar o pensamento de Orwell coa extrema dereita? Precisamente hai evidencias substanciais para afirmar esta conexión. O 21 de marzo de 1940, Orwell escribira nas páxinas do xornal New English Weekly:

«Gustaríame lembrar que nunca fun capaz de ter aversión por Hitler. Despois da súa suba ao poder (...) reflectín que seguramente o mataría se puidera poñerme ao seu alcance, mais non podería sentir ningunha animosidade persoal cara a el. O feito é que hai algo profundamente atractivo sobre el» .

Estas ambigüidades respecto a Hitler forman parte da natureza profundamente conservadora do pensamento orwelliano, que tentou agochar a través das súas novelas e artigos con temáticas sociais ou de esquerda. Mais, finalmente, a xenética seguiu o seu curso e as verdadeiras concepcións de Orwell, durante a guerra mundial, xermolaron da súa mente coa forza dunha erupción volcánica. O seu propio entorno certificou as súas posturas reaccionarias e sen principios. O escritor anarquista George Woodcock, amigo de Orwell, escribiu sarcasticamente en 1942 sobre el nuns termos que deixan dúbidas sobre a súa dobre moral e a súa inconsistencia política:

«Camarada Orwell, ex oficial de policía do imperialismo británico... Camarada Orwell, ex compañeiro de viaxe dos pacifistas... [aos que] ataca agora!... Camarada Orwell, es membro da extrema esquerda... Defensor dos anarquistas... E agora o camarada Orwell, regresa as súas lealdades imperialistas e traballa na BBC» .

Rob Breton, profesor da University of British Columbia, nun artigo que leva o revelador título de George Orwell e a culpa liberal sinalou ao liberalismo e ás tradicións máis conservadoras como as influencias máis arraigadas en Orwell, e remarcou que este dirixiu as súas críticas de xeito maioritario contra os escritores e intelectuais de esquerda –aos que atacou de forma visceral- antes que contra os intelectuais de dereitas ou reaccionarios, cos que foi moito máis condescendente . En 1941, por exemplo, Orwell acusaba aos intelectuais de esquerda de ser pronazis: «No prazo dun ano é probábel que teña lugar entre a intelectualidade de esquerdas unha reacción prohitleriana» .

Outro coñecido autor, Raymond Williams, malia simpatizar con Orwell, puxo en relevo o grande potencial desmobilizador e derrotista do escritor, que es esforzou por crear unha imaxe social dominada pola absoluta desesperación e a apatía, sen ofrecer saídas aos horríbeis dramas aos que sometía aos seus personaxes, sen ofrecer solucións aos problemas, e polo tanto cunha mensaxe claramente reaccionaria:

«Orwell preparou as conviccións políticas ortodoxas de toda unha xeración... Ao considerar que a loita só se libraba entre unhas poucas persoas por riba das cabezas dunha masa apática, Orwell creou as condicións para a derrota e a desesperación» .

Do punto de vista dun articulista no xornal Tribune, Orwell chegou a defender en 1944 o bombardeo masivo de cidades e, para condicionar ás posíbeis opinións contrarias a este tipo de métodos, minimizou as vítimas civís inocentes, cualificando como “propaganda” as informacións de nenos mortos polas bombas:

«Por que é peor matar a civís que a soldados? Obviamente non hai que matar a nenos se se pode evitar dalgún xeito, mais só na propaganda cada bomba que cae o fai nunha escola ou nun orfanato. Unha bomba mata a unha mostra representativa da poboación, mais non exactamente unha selección representativa, porque os nenos e as mulleres embarazadas soen ser os primeiros en ser evacuados, e algúns mozos van ao exército. Probabelmente, un número desproporcionado grande de vítimas da bomba será de mediana idade» .

Christopher Hitchens é unha das evidencias de que Orwell é a ponte que permite a circulación –normalmente nun único sentido- entre a extrema esquerda anticomunista e a extrema dereita neoliberal (e anticomunista). Hitchens está considerado un dos intelectuais británicos actuais máis influentes, evidentemente da “esquerda antiestalinista”. Malia declararse marxista, como expresou recentemente nunha entrevista, atopou aos seus inimigos no mesmo lugar que a extrema dereita norteamericana. Así, non dubidou en apoiar a guerra contra Iraq (repetindo o apoio que prestou á OTAN en 1999 cando defendeu os criminais bombardeos contra Iugoslavia polo seu «carácter humanitario» ) ou en atacar agresivamente aos que, desde posicións progresistas, puxeron de manifesto os problemas máis descarnados da sociedade norteamericana e do seu goberno, como o cineasta Michael Moore . No seu libro sobre Orwell , Hitchens arremete violentamente contra os intelectuais de esquerda que criticaron ao seu admirado escritor, exercendo o papel de sumo sacerdote da ortodoxia orwelliana. Nunha curiosa coincidencia con Pepe Gutiérrez, Hitchens considera que o maior aporte e a validez actual da obra de Orwell é a loita contra o “estalinismo” e os “réximes estalinistas”, verba que se converteu nunha das principais estafas intelectuais, empregada indistintamente pola intelectualidade reaccionaria e polos orwellianos de esquerdas. Todo iso non ten nada de estraño xa que normalmente os admiradores de Orwell xurdidos da esquerda son verdadeiros hoolligans orwellianos decididos a queimar na fogueira a calquera que cuestione os dogmas sobre o escritor, na súa particular loita contra o fantasma do “estalinismo”. Pepe Gutiérrez , seguindo a estela de Hitchens, tenta desesperadamente equiparar a crítica a Orwell co que el chama “estalinismo”, aproveitando a lenda negra e a enorme negativa que o pensamento único creou ao redor deste concepto.


10. O que Orwell defendía realmente

A evolución do pensamento político e social de Orwell estivo condicionada en todo momento polos seus fantasmas persoais: a necesidade de expiar as culpas de clase dunha ex policía imperial de orixe semiaristocrático, atormentado por ser un parafuso da maquinaria colonial británica, nun mundo decrépito, que entrara nunha crise profunda e que provocou a destrución dos valores tradicionais entre amplos estratos intelectuais, responsábeis de crear e transmitir a ideoloxía burguesa. Era o mundo que se precipitaba no abismo a raíz da crise económica de 1929, do paro masivo, da descomposición social, un mundo no que unha burguesía desesperada procuraba a súa salvación nos réximes conservadores ou fascistas, arrastrando á humanidade a unha nova guerra. Fronte a este mundo emerxía a Unión Soviética cunhas taxas de desenvolvemento económico espectaculares, que servían para desenvolver un programa de dereitos sociais, económicos e culturais descoñecidos no resto do mundo, limitados pola necesidade de preparar ao país ante a guerra que se aveciñaba. Foi a URSS do pleno emprego, dos dereitos das mulleres e da clase obreira, da universalidade da educación e a sanidade, do progreso en todos os ámbitos e do triunfo da economía planificada, a alternativa que se presentou ante os ollos de tantos intelectuais desconcertados.



Antiimperialismo ou racismo sutil?

Houbo destacadas voces críticas da esquerda non precisamente “estalinista” ou prosoviética, que destaparon a ideoloxía profundamente reaccionaria que agochaban as obras de Orwell. Estas voces, evidentemente, careceron da enorme difusión mediática da que gozou Orwell e os seus apoloxistas. Un dos que denunciou o carácter reaccionario das ideas de Orwell foi o historiador e dirixente socialdemócrata Cruise O’Brien, quen desenmascarou o seu suposto antiimperialismo e desvelou o racismo sutil que agochaban as obras orwellianas:

«Aínda que condena o imperialismo, as súas vítimas aínda lle desgustan máis... É fantástico ver no 1984 de Orwell o reflexo do sentimento de que un mundo no que o estilo de vida británico anterior a 1914 faleceu por completo debe ser necesariamente un mundo deshumanizado? E é completamente errado percibir que os habitantes de Rebelión na granxa teñen puntos en común non só cos rusos soviéticos senón coas razas menores de Kipling de maneira xeral?» .

Efectivamente, o desprezo con que Orwell trata ao pobo ruso en Rebelión na granxa –un grupo de animais estúpidos incapaces de autogobernarse, que só merecen o peor dos destinos- xamais tivo equivalente para pobos como o alemán que vivían un réxime infinitamente peor que o que puido ser o soviético. Nunca dedicou Orwell unha novela ao nazismo, nin ao fascismo, nin ao maccarthismo norteamericano, nin ao linchamento de negros no sur dos Estados Unidos, etc. As categorías nazis de “infrahumanos” como os xudeus, xitanos, eslavos, socialistas, comunistas, e todos os demais condenados á “solución final”, a Autswitch, ao franquismo ou a Mussolini, non tiveron dereito a ningunha bagoa de Orwell. Tampouco se inmutou o portador da Verdade polos centos de milleiros de xaponeses inocentes exterminados polas bombas atómicas norteamericanas.

E é que para Orwell e os orwellianos, hai vítimas de primeira clase e vítimas de terceira clase. Incluso as súas posturas antiimperialistas eran moi ambiguas. Se ben semella rexeitar a sociedade colonial británica, o seu paso como policía imperial por Birmania deixoulle unha desagradábel impresión dos nativos birmanos, retratados na súa novela Días de Birmania como seres que oscilan entre o servilismo cos británicos, capaces das actitudes máis inmorais, ou ben colectivos pertencentes a unha cultura indescifrábel e primitiva. Defendía formalmente a independencia da India mentres que na práctica se esforzaba por “demostrar” a imposibilidade da mesma utilizando os vellos tópicos paternalistas coloniais, que consideran aos colonizados como pobos inmaturos ou inferiores, incapaces de autogobernarse. En 1941 escribía:

«Se a India sinxelamente se “liberase”, isto é, se se vise privada da protección militar británica, o primeiro resultado sería unha inmediata conquista por parte dalgún país estranxeiro; o segundo, unha serie de fames pavorosas, que acabarían coa vida de millóns de persoas en poucos anos» .

O nacional-socialismo orwelliano e o mito do “partido estranxeiro”

Unha das obsesións de Orwell foi a temática inspirada na orixe estranxeira do movemento comunista e a dependencia aos ditados de Rusia. Numerosas voces procedentes de diversas coordenadas ideolóxicas e políticas chegaron, mediante unha traxectoria converxente, a unha idéntica conclusión: a denuncia dos partidos comunistas como “partidos estranxeiros” ou “axentes a soldo de Moscova”. O “perigo roxo”, combinado, após as vitorias da revolución chinesa e vietnamita décadas máis tarde, co perigo amarelo”, foron os fantasmas cos que a prensa e os intelectuais reaccionarios axitaban ás masas preñadas de chauvinismo. Orwell recollería os tópicos anticomunistas ligándoos co nacionalismo primitivo británico para crear os lemas occidentais clásicos da guerra fría.

Por este motivo, o internacionalismo proclamado polos comunistas e apoiado por numerosos intelectuais era visto por Orwell como unha traizón. Martin Tyrrel, na revista Cultural Notes , publicada pola Alianza Libertaria (nada sospeitosa de “estalinismo”), e cun titulo esclarecedor –Orwell: do anarquismo conservador ao nacional-socialismo- remarca como o escritor, rexeitando o internacionalismo, foise achegando a unha idea de socialismo –en escritos como O león e o unicornio e O socialismo e o xenio inglés¬- que tomada prestada moitas características do nacional-socialismo alemán: o suposto nacionalismo dos obreiros británicos, os ataques aos intelectuais de esquerdas que minan os valores tradicionais, a súa adhesión ás clases medias, a reivindicación de que o pobo británico é unha “raza marcial”, etc. Efectivamente, a partir de escritos como O león e o unicornio e O socialismo e o xenio inglés, a viraxe de Orwell cara ao nacionalismo británico conservador é público e defendido con paixón. Atrás fica o internacionalismo dos seus anos mozos.

Asemade, Orwell coincide con Hayek, profesor do Londo School fo Economic e outro dos pais do neoconservadurismo, en denunciar o colectivismo, forma de organización social intrínseca ao socialismo, como o peor dos pesadelos:

«Na parte crítica da tese do Profesor Hayek hai moita verdade. Non se di o suficiente que o colectivismo é intrinsecamente antidemocrático; é máis, confírelle a unha tiránica minoría poderes máis grandes que os que a Inquisición Española xamais soñou posuír» .

Combater o comunismo alá onde estivera converteuse nunha obsesión, denunciando aos comunistas como monicreques de Stalin. O mito de que os comunistas eran un “partido estranxeiro” e os seus dirixentes estaban a soldo de Moscova, era parte da propaganda da extrema dereita en todo o mundo, e Orwell fixo seu ese mito con grande paixón, mentres a campaña anticomunista aumentaba nas vésperas da guerra mundial. O estilo de Orwell deslizouse cada vez máis cara á difamación, como podemos ver na opinión que lle merecían os comunistas franceses: en 1940, malia votar no Parlamento a prol dos créditos de guerra para o conflito que se aveciñaba contra Alemaña, os comunistas franceses foron ilegalizados e perseguidos e, durante a ocupación, entregados aos nazis polos políticos ao servizo da burguesía francesa:

«En abril de 1940, o socialista Sérol fará aprobar un decreto penalizando de morte a todo autor de propaganda comunista. (...) O ocupante hitleriano aproveitará plenamente os resultados desta represión, e moitos dos comunistas arrestados incluso antes da ocupación seranlles entregados. O 22 de outubro de 1941, 27 comunistas serán fusilados en Châteaubrian» .

Ese feito non impedirá que o “decente e honesto” Orwell reproduza os argumentos da extrema dereita e afirma, amosando o seu rostro máis mesquiño e difamatorio en xuño de 1940, cando os cárceres se enchían de comunistas que serían exterminados polos ocupantes nazis, que o PCF era un instrumento dócil nas mans de Hitler:

«Todo depende de resistir, como sexa, até o inverno. Para entón (...) porá a Hitler nunha situación difícil. Será interesante ver, entón, se rehabilita ao Partido Comunista francés, ilegalizado, e tenta empregalo contra a clase obreira do norte de Francia, tal como utilizou a Pétain contra a clase reaccionaria» .

Como sabemos, o PCF foi o cerne da Resistencia antinazi, a principal forza política e militar contra o fascismo e a que máis sacrificios humanos realizou pola vitoria, mentres que un grande amigo de Orwell e admirado por Pepe Gutiérrez, o comandante do POUM Georges Kopp, traballaba para o réxime colaboracionista de Vichy. A difamación infame que Orwell segregaba contra os comunistas franceses non puido impedir que foran o partido máis votado após a guerra. Sobre isto, Orwell non escribiu nin unha liña que se saiba.

En 1944 Orwell recuperaba unha vella idea do fascismo que afirmaba que a República española era unha especie de colonia nas mans dos soviéticos: «os rusos repartiron unha grande cantidade de armas e a cambio obtiveron un máximo de control político». E engadía: «Durante un ano ou máis, o Goberno español estivo de feito baixo control ruso» .

Orwell, cando describía a República como unha especie de “colonia rusa”, non estaba inventando nada novo. O xeneral fascista Queipo de Llano, nunha das súas famosas emisións radiofónicos “denunciaba” antes que Orwell, en 1938, aos dirixentes republicanos desta forma: «o único que queren é sosterse no Poder para seguir roubando e converter a España en colonia de Moscova» . E con motivo da entrada de Franco en Madrid, Hitler enviou un telegrama de felicitación nos mesmos termos: «a España Nacional acaba de lograr a vitoria definitiva contra o bolxevismo, ese elemento destrutor dos pobos», mentres que Mussolini proclamaba nun discurso: «o bolxevismo sufriu a derrota final e de igual forma terminarán todos os inimigos do fascismo» . O anticomunista e a República como colonia de Moscova foron os argumentos cos que os fascistas españois tentaron lexitimar o crime contra os pobos de España. Orwell reproduciu os mesmos argumentos, dando creto aos sectores máis reaccionarios contra a República e contra a política antifascista da URSS, contribuíndo ao fortalecemento dun bloque anticomunista que, en última instancia, serviu de cabalo de Troia ás forzas máis reaccionarias e ao fascismo.

Un Orwell estalinista?

Durante os primeiros anos da guerra, cando o seu país e a URSS se converteron en aliados, e por ese motivo non era o momento acaído para continuar desprestixiando á República española buscando minar o seu apoio internacional, Orwell escribiu, no medio dos bombardeos nazis sobre Londres, o que constitúe unha negación absoluta do espírito de Homenaxe a Cataluña (por suposto, non agardamos ningún comentario de Pepe Gutiérrez sobre estas opinións de Orwell), adoptando plenamente as teses defendidas polos “estalinistas” españois durante a guerra civil:

«A tese trotskista de que se puido gañar a guerra se a revolución non fora vítima dunha sabotaxe é, probabelmente un desacerto e unha falsidade. Nacionalizar fábricas, derruír as igrexas, lanzar manifestos revolucionarios, non daría máis eficacia aos exércitos» .

E é que cando un é bombardeado polos nazis como en Londres en 1940-44, decátase de que a revolución no medio dunha guerra de agresión fascista non é moi conveniente, agás para os países exóticos como España, onde escritores aventureiros e románticos con escasa sona literaria poden atopar experiencias excitantes para os seus libros e a súa promoción profesional. Cando se trata do país propio, aínda que un sexa “socialista”, o principal xa non é facer unha revolución, senón defender a patria con eficacia militar. É por iso que, aínda que o anticomunismo cego o levou durante a guerra a realizar afirmacións grotescas tales como «os informes das vitorias rusas son en boa medida falsos» , as esixencias de defensa da súa patria británica fixéronlle esquecer momentaneamente os seus odios contra o seu inimigo mortal, Stalin. Por esta razón, nun programa radiofónico da BBC en 1942, falou con amabilidade do “presidente Stalin” comentando cunha verbas moi eloxiosas o discurso do dirixente soviético:

«Tendo en conta as barbaridades cometidas polos alemáns na Rusia, o discurso (de Stalin) foi notábel pola súa falta de espírito vingativo e pola prudencia e xenerosidade coa que soubo diferenciar entre o pobo alemán e os seus dirixentes» .

Descubrira Orwell as virtudes do “estalinismo”? Por suposto que non, o único que fixo foi interromper momentaneamente, por imperativos da guerra, a súa campaña antiestalinista encamiñada en realidade a desprestixiar á esquerda e aos comunistas. Os principios do “escritor honesto e decente” volvían evaporarse en defensa da patria en 1943, cando os soviéticos esmagaban imparábeis ao exército nazi. Entón Orwell volveu recuperar os seus “principios” preparando a posguerra con Rebelión na granxa.

A guerra atómica contra o”imperio do mal”

Após a guerra mundial, Orwell radicalizou as súas opinións reaccionarias cun desenfreo crecente e o seu anticomunismo cobrou un carácter enfermizo. Só así poden interpretarse as frías e cínicas verbas de Orwell cando especulaba sobre a posibilidade dun ataque nuclear preventivo occidental contra a Unión Soviética: «acabaríase co perigo particular que actualmente representa a URSS» seguido dun intento de desarmar o pacifismo dos cidadáns opostos á guerra nuclear: «de calquera xeito, esta é a (opción) menos probábel das tres, porque unha guerra preventiva é un delito que non cometerá facilmente un país no que se conserve algún resto de democracia» . Como se deben estar a rir Bush, Blair e Aznar destas palabras!

As opinións de Orwell van adquirindo un ton cada vez máis apocalíptico e paranoico. En febreiro de 1948 escribiu da URSS e do movemento comunista: «temos ante nós un movemento político mundial que ameaza a existencia mesma da civilización occidental» . En outubro de 1948, explicaba comentando un libro de Louis Fischer:

«O argumento de Mr. Fischer é bastante sinxelo: Rusia é un perigo para a paz mundial e hai que oporse a ela; nós, os países occidentais, podemos opornos a ela con éxito se conseguimos que a nosa democracia funcione e a maneira de acadalo é continuar as ensinanzas de Gandhi. No tocante ás dúas primeiras consideracións non admiten moita discusión, e Mr. Fischer fai un bo traballo ao presentalas.»

É dicir, Orwell reproduce a propaganda imperialista contra a URSS –axitando a ameaza do “perigo roxo” contra o “mundo libre”- pero deixa claras as súas preferencias pola vía da agresión militar cando insiste en dicir que «os métodos políticos de Gandhi son case irrelevantes para a situación actual» para xustificar unha nova guerra.

Numerosos artigos confirman a entrada do escritor na elite dos “loitadores pola liberdade”, que non tivo ningún inconveniente en realizar un prólogo de Rebelión na granxa na lingua ucraína dedicado aos exiliados, moitos deles colaboracionistas implicados na matanza de milleiros de xudeus e de ucraínos soviéticos. Como premio á súa dedicación anticomunista, Orwell foi empoleirado á gloria da sociedade británica: en agosto de 1948, o Foreing Office británico, xunto con outros gobernos occidentais, organizou a primeira Conferencia Internacional da Xuventude, organismo creado polos gobernos occidentais para combater á Federación Mundial da Xuventude Democrática, que co seu prestixio estaba conseguindo organizar e mobilizar a unha ampla representación de mozos dos países colonizados. Orwell e outros escritores anticomunistas figuraban na listaxe dos convidados de dita Conferencia, ao lado doutros destacados “loitadores antiimperialistas” como el: oito membros británicos, membros reaccionarios da oposición como Churchill, Eden, Mac Millan, o arcebispo de Canterbury e toda a aristocracia londiniense .

A fidelidade de Orwell á sociedade tradicional inglesa permaneceu intacta incluso até despois da súa morte. Orwell pediu no seu testamento ser soterrado «segundo os ritos da Igrexa de Inglaterra», nunha finca propiedade da súa familia. O párroco que dirixiu a cerimonia era un admirador da obra de Orwell .


11. Orwell contra o “imperio do mal”

Vimos o contexto político internacional de guerra fría e de cruzada anticomunista que permitiu que un mediocre escritor saltara á fama mundial. Orwell, cuxa imaxe foi prototipo de “honestidade e decencia” situado fronte aos escritores de esquerdas simpatizantes coa Unión Soviética, foi máis que un mecanismo voluntario da maquinaria imperialista occidental, do mesmo xeito que hoxe supostos intelectuais de esquerda, tamén “honestos e decentes” concentran a súa actividade fundamental no ataque sistemática contra Cuba ou contra outros países que non encaixan na “civilización occidental” orwelliana.

Orwell foi simplemente un de tantos, aínda que seguramente o máis sobrevalorado –xunto con Koestler- pola súa experiencia na guerra civil española. Aínda que en determinadas etapas da súa vida adoptara, nunha curiosa mestura de snobismo e de experimentación social, as formas máis extremas e variadas que parecían ser a antítese da súa clase –vagabundo errante en París, vivindo entre as capas máis desarraigadas e o lumpen; pobre eventual e sen teito en Londres, mineiro ocasional no norte de Inglaterra, e miliciano semitrotskista en España- deulle un verniz contestatario e unha aureola de escritor anticapitalista e de esquerdas, que foi moi útil cando se desatou a guerra fría e foi preciso construír unha imaxe da Unión Soviética e de Stalin. Esforzouse por todos os medios en contrarrestar, entre a opinión pública mundial, o inmenso prestixio que na posguerra tiña entre os pobos como liberadora do fascismo e do colonialismo. Así, Orwell –como tantos outros- pasou de ser un parafuso da maquinaria colonial británica a ser unha torca da maquinaria propagandística e intelectual dos servizos de intelixencia occidentais. Scott Lucas puxo de manifesto acertadamente a dobre moral do escritor e a súa vocación de se converter en Pontífice da Verdade, un crítico do poder do Estado que, chegado o momento, non dubidou en facer uso del cando confeccionou a listaxe que entregou aos servizos secretos británicos, onde incluía a supostos comunistas ou a persoas pouco entusiastas co Imperio:

«Como puido cooperar o creador do Grande Irmán cos axentes encubertos do Estado británico? A solución non é difícil de atopar. A partir de O camiño a Wigan Pier até a fin da súa vida, Orwell utilizou os seus libros e ensaios para sinalar e avergoñar aos sospeitosos. Criticou o establishment mais, a maioría das veces, presentouse a si mesmo como o arquetipo de provocador afastado da esquerda. El patrullou as fronteiras do socialismo como un solitario policía montado da decencia, a voz autorizada da disidencia para limitar a disidencia dos demais. Botara man da decencia e da moral para desacreditar aos demais como indecentes e inmorais. E agora, despois de advertir a forza do Estado, compartira a súa discreta campaña con ese Estado» .

Ese foi Orwell: sempre co látego preparado para azoutar á esquerda mentres se mostraba suave coa dereita. Violentamente agresivo contra a Unión Soviética, tolerante co réxime británico e ambiguo con Hitler. Suposto anticolonialista que, curiosamente, falaba sobre as futuras independencias das colonias británicas nos peores termos. Inimigo dos internacionalistas e, pola contra, nacionalista británico ao cento por cento. Presuntamente amigo da clase obreira mais sen ningún interese, agás brevísimos momentos, en ter unha militancia ou compromiso nalgunha organización política obreira, ás que el denominou despectivamente en 1940 «pequenas ortodoxias fedorentas que agora se disputan as nosas almas» . E finalmente, proclive a un ataque nuclear preventivo contra o “perigo soviético”. Este foi o escritor que aínda hoxe hai xente capaz de reivindicalo como “comprometido” ou de esquerdas.


12. Conclusión: o deprimente papel dos intelectuais orwellianos

O lamentábel papel dos intelectuais orwellianos condénsase nunha frase, atribuída seica a Stalin, que constitúe unha ácida crítica á hipocrisía intelectual desgraciadamente tan estendida: «a morte dun home é unha traxedia humana, a dun millón de homes é un dato estatístico». Pepe Gutiérrez debería deixar as súas actitudes maccarthistas no armario e dedicarse a denunciar as inxustizas da sociedade na que vivimos. Pero isto é como predicar no deserto: Pepe Gutiérrez non parece dedicar moita atención ao que foron os réximes fascistas, nin ao imperialismo norteamericano, nin sinte ningunha magoa polos máis de vinte millóns de mortes adicionais que supuxo a desaparición da URSS en 1991, que marca unha tendencia cara ao colapso demográfico nos vindeiros anos. Non falaremos xa doutros problemas que os orwellianos consideran completamente irrelevantes: a espantosa traxedia dos pobos que regresaron ao “mundo libre”, as guerras imperialistas, a explotación, a ameaza da OTAN, etc. A deserción en masas da suposta intelectualidade de esquerdas comeza, como sempre, atacando ao “estalinismo” para desviarse dos problemas esenciais da sociedade, como manifestou Michael Parenti:

«A maior parte de intelectuais de esquerda (...) están ocupados combatendo o fantasma de Stalin que habita nas publicacións que contan os “horrores” do comunismo, e levan a cabo unha batalla audaz contra as horas imaxinarias de marxistas “ortodoxos” na casa e no estranxeiro, ou dalgún xeito, fan brillar as súas credenciais anticomunistas e reforzan a súa credibilidade. Tan ocupados están nestas persecucións que parecen relativamente indiferentes ao perigos reais que enfrontamos: a maneira en que as oportunidades vitais e os dereitos de millóns de persoas resultaron seriamente danados» .

De nada servirá esta polémica se non podemos traducila en cuestións que afectan á realidade cotiá. E é que as posicións políticas dos intelectuais ou escritores non son simples e inofensivos exercicios de liberdade intelectual, senón que teñen repercusións evidentes en políticas concretas, que afectan a persoas de carne e óso. No discurso orwelliano, a URSS era a encarnación do “imperio do mal” e a súa desaparición abriría expectativas inmensas para o xurdimento do “verdadeiro socialismo” e da “verdadeira revolución” en todo o mundo. Pola contra, a desaparición de aquel réxime, decrépito e en descomposición desde había tempo por mor da actividade dos orwellianos soviéticos, deu paso a un dos infernos máis horríbeis do século XX, con decenas de millóns de pobres, desempregados, guerras interétnicas, descenso brutal da esperanza de vida, etc. Isto, a Pepe Gutiérrez e aos orwellianos, non parece crearlles ningún problema moral, posto que o fundamental se conseguiu: acabar co que eles chaman “estalinismo”. Esta foi a vitoria póstuma de Orwell: a desmobilización das masas e o derrubo de toda alternativa.


Ler o texto nesta páxina (sen citas)

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com