Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

25 de Xullo: Liberdade para o Pobo
25/07/2008




Letra e Música: Xosé L. Rivas Cruz

Reclamamos, por galegos
ós nacidos na lameira,
ós que na dorna lixeira,
arrincan peixe do mar.
Os que no andamio e no xunque
teñen ó progreso escravo,
ós que tronzan co arado,
a terra pra facer pan.
Sonos nós, xente que leva,
un facho na noite escura,
xente que vai á procura
da súa hestoria virar.
Séculos de fame xorda
na noite pecha perdidos,
afogando a pena en viño
sin lume pra nos quentar!
O lusco co sacho ó lombo,
pra xantar pan e touciño,
co corpo morto, doido,
sempre do carro a tirar.
Aldraxados, iñorantes,
pobo sin lei, divididos
do sangue roxo, vencido,
os caciques a zugar!
Do fondo da nosa noite,
da moura noite dos tempos,
zoan, oxe, novos ventos,
os ventos da libertá!
Homes de tempos perdidos,
ti, labrego, ti, obreiro,
ti gandeiro, mariñeiro,
poñéivos a camiñar!
Somos nós, e soio nós,
os donos do noso siño,
abrindo un novo camiño
na busca da libertá!
(0) Comentarios
FPG: No Día da Patria de 2008
21/07/2008
As mulleres e os homes que integramos a Frente Popular Galega acudiremos o día 25 de xullo deste 2008, Día da Patria, a Compostela, para manifestar que o pobo galego precisamos exercer o noso dereito democrático á autodeterminación nacional, e poder construír un país novo, libre e soberano, onde sexa posíbel unha vida digna, para naturais, para emigrantes e para inmigrantes, para todas e para todos.

Acudiremos á manifestación convocada por Causa Galiza, que sairá ás 13,30 horas da Alameda compostelá. E facémolo así por entender que é nesta convocatoria onde mellor encaixan, no momento actual, os obxectivos democráticos de emancipación nacional de cada vez máis sectores do noso pobo.

Talvez a gravidade da situación socioeconómica e política requirisen dunha soa manifestación, onde os problemas e as arelas dos galegos e das galegas fosen ditos cunha soa voz. Pero tal cousa non é posíbel: as tendencias conservadoras e unha actuación gubernativa en moitos aspectos lamentábel promovidas desde a dirección hexemónica no BNG impídeno.

Sabemos que no seu seo abundan as persoas ás que xa lles vai resultando moi difícil asumir políticas que favorecen a privatización de servizos e do propio territorio, como tamén non concordan coas tendencias unionistas preconizadas: "Galicia cada vez máis presente en Madrid".
De maneira que a FPG desfilará cos núcleos militantes máis decididos e comprometidos coa reivindicación da autodeterminación nacional. E farémolo conmemorando os 40 anos daquela convocatoria de 1968 en que o exército, a policía nacional e a BPS tomaron as rúas compostelás, patrullando nos seus jeeps e armados con metralletas.

Pero este Día da Patria vaise celebrar nunha situación de grave crise económica e financeira que enche de incerteza o futuro, fundamentalmente das traballadoras e dos traballadores. Como xa acontecera en Latinoamérica, estase a evidenciar agora aquí o fracaso da receita neoliberal para a persistencia do capitalismo. Os avisos e advertencias que as forzas progresistas en todo o mundo viñemos facendo nestas décadas, de nada serviron; manifestacións contra a globalización, como a celebrada en Compostela, de nada serviron; os mortos de Xénova, de nada serviron; os chamamentos á redución do consumo enerxético, de nada serviron... Nada lles fixo pensar e repensar o modelo económico: os gobernos españois nada fixeron por impedir a destrución e a degradación ambiental, favoreceron a construción desmedida de edificios, de urbanizacións mastodónticas e insustentábeis, como a de Miño (Fadesa), que contou coa connivencia política de alguén que concedeu os permisos...

Corresponde ás organizacións políticas, sindicais e sociais da esquerda nacional, aquelas que estamos fóra, como ás que están dentro do BNG, buscar alternativas para un cambio político real e contundente así como tamén para a defensa dos intereses de clase. E debemos facelo xa, a causa dunha Patria nova, dunha Patria ceibe e socialista, non admite demora.

Dixémolo moitas veces: Socialismo ou barbarie. E tal aserto parece ser ben certo, se cadra máis certo que nunca.

Polo avance da alternativa nacional e popular!
Viva Galicia Ceibe e Socialista!!


Frente Popular Galega
En Galicia, a 25 de xullo de 2008.
(0) Comentarios
Ali Primera canta a Ho Chi Minh
19/07/2008


Tenía la figura pequeña
y la barbita blanca
el camarada Ho Chi Minh
querido tío Ho Chi Minh
inolvidable Ho Chi Minh
indoblegable Ho Chi Minh
inolvidable Ho Chi Minh
indoblegable Ho Chi Minh

Mas el pueblo que lo vió morir
hoy más que nunca sentirá
ganas enormes de luchar
para lograr lo que él soñó
era un soñador tío Ho Chi Minh
era un poeta el tío Ho
era incansable Ho Chi Minh
era un valiente el tío Ho

Quien se acostumbró a cantar
a las luchas del Vietnam
hoy siente ganas de llorar
porque murió tío Ho Chi Minh
inolvidable Ho Chi Minh
indoblegable Ho Chi Minh
inolvidable Ho Chi Minh
indoblegable Ho Chi Minh

Mas el pueblo que lo vió morir
hoy más que nunca sentirá
ganas enormes de luchar
para lograr lo que él soñó
Era un soñador tío Ho Chi Minh
era un valiente el tío Ho
era un valiente Ho Chi Minh
era un poeta el tío Ho

Ho Chi Minh
inolvidable Ho Chi Minh
Ho Chi Minh, poeta y soñador
inolvidable Ho Chi Minh
Ho Chi Minh, guerrillero y soñador
inolvidable Ho Chi Minh
Ho Chi Minh, poeta y soñador
inolvidable Ho Chi Minh

¡Ho Chi Minh!
el hombre que sembró de esperanzas
el vientre del Vietnam

Inolvidable Ho Chi Minh
Ho Chi Minh, poeta y soñador

Inolvidable Ho Chi Minh

Inolvidable Ho Chi Minh

Etiquetas:

(1) Comentarios
U.S. MEDIA, por Mark Hurwitt
17/07/2008

Mark Hurwitt é un debuxante que reside en Brooklyn (Nova York). Podes atopar unha mostra do seu traballo na súa páxina persoal.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Rica familia, rico hotel, pobres escravos
13/07/2008
Juiien Versteegh
Solidaire


O rico Hotel Conrad, na Avenida Louise de Bruxelas, é coñecido por acoller a xente como George Bush e as máis ricas familias do mundo. Como a familia principesca dos Emiratos Árabes Unidos, que trouxo entre a súa equipaxe... aos seus escravos. O 1 de xullo, funcionarios da Inspección de Traballo irromperon no hotel. Alertados polo feito de que a familia alugara todo o cuarto piso do hotel durante un ano, os inspectores descubriron escravos modernos cun salario de entre 150 e 200 euros por traballar 16 horas diarias. Nin tan sequera tiñan camas para descansar. A finais do ano 2008 imos celebrar o 60 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos, que prohibe no seu artigo 4 a escravitude, e fala do dereito a un salario xusto e á seguridade social (artigos 22 e 23). Artigos esmagados pola familia principesca e os xerentes do hotel. É evidente que non todos somos iguais.

Etiquetas:

(1) Comentarios
Comunicado das FARC-EP
12/07/2008
Secretariado do Estado Maior Central das FARC-EP
Montañas de Colombia, 5 de xullo de 2008.


Comunicado:

A fuga dos 15 prisioneiros de guerra, o pasado mércores 2 de xullo, foi consecuencia directa da desprezábel conduta de César e Enrique, que traizoaron o seu compromiso revolucionario e a confianza que neles se depositou.

Independentemente dun episodio como o sucedido, inherente a calquera confrontación política e militar onde se presentan vitorias e reveses, mantemos vixente a nosa política por concretar acordos humanitarios que logren o intercambio e ademais protexan á poboación civil dos efectos do conflito. De persistir no rescate como única vía, o goberno debe asumir todas as consecuencias da súa temeraria e aventureira decisión.

A loita por liberar aos nosos e demais combatentes políticos presos sempre estará á orde do día no conxunto das unidades farianas, especialmente na súa dirección. A todos eles levámolos na mente e no corazón.

O camiño por acadar as transformacións revolucionarias, en ningunha parte do mundo nin en ningún momento da historia foi doado, todo o contrario, e por iso o noso compromiso medra ante cada novo reto ou dificultade.A paz que require Colombia debe ser resultado de acordos que beneficien ás maiorías, non vai ser a paz dos sepulcros sostida sobre a corrupción, o terror do Estado, a felonía e a traizón. As causas polas que loitan as FARC-EP seguen vivas, o presente é de loita e o futuro é noso.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Cimbabue en Guerra
09/07/2008



Cimbabue en Guerra, tradución do traballo do marxista Stephen Gowans. Preme sobre o título ou a imaxe para descargar ou visulizar o arquivo en formato PDF. Podes atopar o artigo orixinal na páxina persoal do autor.






Presentación de Cimbabue en Guerra.

Madialeva

«A lex agraria de Tiberio Graco daríalles a milleiros de familias desarraigadas a posibilidade de traballar a terra (...) Facendo fronte ao movemento popular contra a usurpación ilegal da terra, os oligarcas non tiñan doado atacar a lei de Tiberio. Así que atacaron ao propio Tiberio. Aproveitaron calquera oportunidade para denuncialo como demagogo e tirano que tentaba coroarse rei. Privárono dos fondos suficientes para administrar o programa de reforma da terra.»

MICHAEL PARENTI, historiador marxista norteamericano, El Asesinato de Julio César (2005).


Aconteceume unha cousa curiosa. Coincidiu no tempo a tradución deste traballo para Estoutras sobre Cimbabue coa lectura da obra da que tirei a cita anterior. Mentres lía o libro de Parenti, comecei a mesturar dúas realidades afastadas por máis de 2000 anos e moitos milleiros de quilómetros máis. A Roma republicana e o Cimbabue de hoxe. Lía no libro de Parenti os conflitos de clase, a loita dos popularis, especialmente Tiberio, pola redistribución da terra entre as masas pobres de Roma. Lía como a minoría rica batallou contra esta idea democratizadora, e como acabou asasinando a Tiberio, despois de acusalo de tolo, de guiarse só polo seu interese persoal, de ser un perigo para a paz,... E mentres traducía o traballo de Gowans sobre Cimbabue, ía vendo moitas semellanzas. Os poderosos acusando ao presidente Mugabe de ditador, asasino, demente, ególatra... Lía como a reforma agraria do país africano distribuíra as terras, que até ese momento pertencían a 4.000 granxeiros colonos, entre 300 mil familias negras... Contra Tiberio afiaban os seus dardos os historiadores clásicos e tamén algúns actuais. Contra Mugabe os medios occidentais abrían de par en par as comportas das aldraxes e das mentiras. Nos dous casos, servidores dos poderosos facían o seu labor de presa contra quen ousaban poñer en perigo os privilexios da minoría. Finalizando a tradución, descubrín que entre a bibliografía empregada por Gowans estaba o libro que estaba a ler. Decateime entón, que a influencia do libro de Parenti no artigo de Gowans ía alén da referencia á Roma clásica. Realmente, moitos aspectos que trata Parenti aparecen reflectidos neste traballo sobre Cimbabue. E como podía ser doutro xeito? Seica non son os dous autores marxistas? Non están ambos os dous armados coas ferramentas analíticas do materialismo histórico e da dialéctica? Seica non atopamos xa en Engels e Marx referencias á historia clásica ou ás loitas dos norteamericanos contra o imperio británico? Calquera situación histórica podemos comprendela se non nos esquecemos da loita de clases como motor da historia. Se empregamos o método marxista veremos as cousas con meridiana claridade.

Medo me dá cando ao falar con alguén sobre a situación en Cimbabue este empeza con algo semellante a: «É complicado posicionarse sobre Cimbabue». U-la complicación? Cimbabue antes era Rodesia, un estado colonial británico, controlado polos brancos onde o racismo era a norma. O partido de Mugabe, a Unión Nacional Africana-Fronte Patriótica, loitou durante unha década para acadar a independencia. Logrouno. Mais a independencia pode ficar sen contido real, e limitarse a izar unha bandeira máis bonita. Abondosos exemplos temos no continente africano. Pero en Cimbabue non abondaba iso. En Cimbabue quixeron dotar de contido á verba independencia. Rachou co programa de axuste do FMI, que acabara coas políticas sociais e de creación de industria, e puxo en marcha unha democratizadora reforma agraria. Inglaterra comprometérase a financiar esta reforma e pagarlle a compensación aos antigos colonos. Non cumpriu a súa palabra. O goberno de Cimbabue si. As terras volveran aos seus lexítimos donos, o pobo negro de Cimbabue. E a terra non foi o único. A loita foi total pola conquista da soberanía da economía, das materias primas, das minas. As consecuencias poucos as coñecen: sancións económicas de derrubarían calquera economía, negación de créditos, negación de repostos para cousas tan perigosas como os camiños de ferro, fin do financiamento para programas sociais e de industrialización.

E sempre que os poderosos queren contar co respaldo da opinión internacional, para así poder defender sen miramentos os seus privilexios de rapina fronte ao estado insolente , so teñen que poñer a funcionar todos os seus instrumentos de manipulación: medios de comunicación occidentais, ONG’s, partidos opositores ideados nos clubs de campo dos brancos rodesianos ou da Florida, trotskistas, e demais. Xa se encargan estes de conseguir que nós sigamos o seu xogo e condenemos a este ou a aquel tirano. Unha historia que se repite a cotío en moitas partes do mundo, naqueles sitios onde non están dispostos a ser escravos na súa propia terra. Vémolo a diario en Cuba, na Bielorrusia, en Venezuela, na República Democrático Popular de Corea... Cuspidiño ao que hai máis de dous mil anos fixeron con Tiberio.

Etiquetas:

Bombas contra a soberanía de Bielorrusia
04/07/2008
Unha explosión interrompía onte á noite unha concerto en Minsk para celebrar o 50 aniversario da independencia de Bielorrusia, ferindo a 50 persoas. O presidente Alexander Lukashenko estaba presente no concerto. Hoxe venres, a policía atopou un segundo artefacto explosivo na mesma zona da capital bielorrusa onde onte detonou a primeira bomba. Segundo os investigadores: «O artefacto explosivo presenta moitas pegadas que permitirán acelerar a investigación e deter aos culpábeis».

Desde 1992 até 1994, baixo o réxime burgués de Shushkevich, réxime antisoviético e monicreque dos intereses occidentais, o día da independencia tiña un carácter burgués ao facer alusión á disolución da Unión Soviética. Desde que Lukashenko chegou ao poder en 1994, o significado da celebración é ben distinto. Celébrase agora a liberación da ocupación Nazi. O cambio foi aprobado en referendo onde participou o 84% da poboación de Bielorrusia. Os votos favorábeis a celebrar a vitoria sobre os nazis foron o 88,5%.
(0) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com