Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Anexo I: Teses sobre a Asemblea Constituínte
A Revolución Proletaria e o renegado Kautsky (10)
01/10/2009

ANEXO I. TESES SOBRE A ASEMBLEA CONSTITUÍNTE

1. A reivindicación da convocatoria da Asemblea Constituínte aparecía moi xustamente no programa da socialdemocracia revolucionaria, porque nunha república burguesa a Asemblea Constituínte é a forma superior de democracia e porque, ao crear o pre parlamento, a república imperialista, con Kerensky á cabeza, preparaba unha falsificación das eleccións e unha serie de violacións da democracia.

2. Presentando a reivindicación da convocatoria da Asemblea Constituínte, a socialdemocracia revolucionaria, desde o mesmo comezo da revolución de 1917, subliñou de novo que a república dos Soviets é unha forma de democracia máis elevada que a república burguesa habitual coa Asemblea Constituínte.

3. Para o paso do réxime burgués ao socialista, á ditadura do proletariado, a república dos Soviets (de deputados obreiros, soldados e campesiños) non só é a forma máis elevado das institucións democráticas (comparada coa república burguesa habitual coroada por unha Asemblea Constituínte), senón tamén a única forma capaz de asegurar o paso menos doloroso ao socialismo.

4. Na nosa revolución a Asemblea Constituínte reúnese de acordo ás listas presentadas a mediados de outubro de 1917, en condicións que imposibilitan que as eleccións a esa Asemblea Constituínte sexan unha expresión exacta da vontade do pobo en xeral e das masas traballadoras en particular.

5. En primeiro lugar, o sistema proporcional de eleccións só dá unha verdadeira expresión da vontade do pobo cando as listas dos partidos corresponden efectivamente á división real do pobo nos grupos políticos que se reflicten nas listas. E no noso país, como é sabido, o partido que entre maio e outubro tivo máis partidarios no pobo e particularmente no campesiñado, o partidos dos socialistas-revolucionarios, que presentou listas únicas para a Asemblea Constituínte a mediados de outubro de 1917,escindiuse en novembro de 1917, despois das eleccións á Asemblea Constituínte e antes de que esta se reunira.
Por isto, mesmo formalmente, non hai nin pode haber correspondencia entre a vontade da masa de electores e a composición dos electos para a Asemblea Constituínte.

6. En segundo lugar, unha fonte de clase aínda máis importante, non formal nin xurídica mais si económico social, de non correspondencia entre a vontade do pobo, especialmente das clases traballadoras, e a composición da Asemblea Constituínte, é a circunstancia de que as eleccións á Asemblea Constituínte tiveran lugar cando a esmagadora maioría do pobo no podía aínda coñecer toda a dimensión e importancia da Revolución de Outubro, da revolución soviética, proletaria e campesiña, encetada o 25 de outubro de 1917, isto é, despois de presentarse as listas dos candidatos á Asemblea Constituínte.

7. A Revolución de Outubro, conquistando o poder para os Soviets, arrincando o dominio político das mans da burguesía e entregándoo nas mans do proletariado e do campesiñado pobre, atravesa perante os nosos ollos sucesivas etapas do seu desenvolvemento.

8. Comezou coa vitoria do 24 e 25 de outubro na capital, cando o II Congreso do Soviets de deputados obreiros e soldados de toda Rusa, esa vangarda dos proletarios e dos sectores politicamente máis activos do campesiñado, deu a preponderancia ao partido bolxevique, elevándoo ao poder.

9. A revolución agrupou despois, durante novembro e decembro, a toda a masa do exército e do campesiñado, expresándose en primeiro lugar na destrución e na reelección das vellas organizacións de dirección (comités de exército, comités campesiños provinciais, Comité Executivo Central do Soviet de deputados campesiños de toda Rusia, etc.), que representaban un período da revolución xa superado, de conciliación, a súa etapa burguesa e non proletaria, e que, por iso, tiñan que saír inevitabelmente da escena baixo a presión das máis profundas e amplas masas populares.

10. Este poderoso movemento das masas explotadas para reconstruír os órganos dirixentes das súas organizacións aínda non rematou hoxe, a mediados de decembro de 1917, e unha das súas etapas é o congreso en curso dos ferroviarios.

11. O agrupamento das forzas de clase da Rusia na súa loita de clases asume consecuentemente, en novembro e decembro de 1917, unha forma totalmente diferente da que pode encontrar a súa expresión nas listas dos partidos candidatos á Asemblea Constituínte de mediados de 1917.

12. Os últimos acontecementos na Ucraína (en parte tamén en Finlandia e Bielorrusia, así como no Cáucaso) apuntan de igual xeito a un novo agrupamento das forzas de clase que ten lugar no proceso de loita entre o nacionalismo burgués da Rada ucraína(64), da Dieta finlandesa, etc., por un lado, e o Poder Soviético, a revolución proletaria e campesiña de cada unha desas repúblicas nacionais, polo outro.

13. Finalmente, a guerra civil, principiada coa insurrección contrarrevolucionaria demócrata-constitucionalista-kaledinista contra o Poder Soviético, contra o goberno obreiro e campesiño, intensificou definitivamente a loita de clases e eliminou toda posibilidade de resolver por unha vía democrática formal as cuestións máis candentes formuladas pola historia aos pobos da Rusa e, en primeiro lugar, á súa clase obreira e ao seu campesiñado.

14. Só a vitoria total dos obreiros e campesiños sobre a insurrección dos burgueses e latifundistas (que atopou a súa expresión no movemento demócrata-constitucionalista-kaledinista), só unha implacábel represión militar desa insurrección de escravistas pode, de feito, asegurar a revolución proletaria e campesiña. O curso dos acontecementos e o desenvolvemento da loita de clases na revolución fixeron que a consigna «Todo o poder á Asemblea Constituínte», que non ten en conta as conquistas da revolución obreira e campesiña, que non ten en conta o Poder Soviético, que non ten en conta as decisión do II Congreso dos Soviets de deputados obreiros e soldados de toda Rusia, do II Congreso de deputados campesiños de toda Rusia, etc., se convertera, de feito, na consigna dos demócrata-constitucionalistas e dos kaledinistas e dos seus cómplices. Para todo o pobo fíxose claro que a Asemblea Constituínte, se se divorciase do Poder Político, estaría inevitabelmente condenada á morte política.

15. Unha das cuestións máis latentes na vida do pobo é a cuestión da paz. A loita verdadeiramente revolucionaria pola paz só se iniciou na Rusia despois da vitoria da revolución o 25 de outubro, e esta vitoria deu os primeiros froitos na publicación dos tratados secretos, da sinatura do armisticio e do comezo das negociacións públicas sobre a paz xeral sen anexións nin indemnizacións.

Só agora as vastas masas populares teñen, completa e abertamente, a posibilidade de ver unha política de loita revolucionarios pola paz e de estudar os seus resultados.

Durante as eleccións á Asemblea Constituínte, as masas populares estaban privadas desta posibilidade.

E por suposto que tamén neste aspecto é inevitábel a falta de correspondencia entre a composición dos elixidos para a Asemblea Constituínte e a verdadeira vontade do pobo na cuestión da fin da guerra.

16. O conxunto de circunstancias expostas reflicten que a Asemblea Constituínte, convocada segundo as listas dos partidos existentes antes da revolución proletaria e campesiña, nunha situación de dominio da burguesía, entra inevitabelmente en conflito coa vontade e intereses das clases traballadoras e explotadas, que o 25 de outubro iniciaron a revolución socialista contra a burguesía. É natural que os intereses desta revolución estean por riba dos dereitos formais da Asemblea Constituínte, mesmo se estes dereitos formais non foran minados polo ausencia no regulamento da Asemblea Constituínte do recoñecemento do dereito do pobo a elixir novos deputados en calquera momento.

17. Calquera tentativa, directa ou indirecta, de examinar a cuestión da Asemblea Constituínte do punto de vista xurídico formal, no marco da democracia burguesa habitual, sen ter en conta a loita de clases e a guerra civil, constitúe unha traizón á causa do proletariado e pasar ao punto de vista da burguesía. É unha obriga incondicional da socialdemocracia revolucionaria previr este erro no que caen algúns dirixentes do bolxevismo, que non souberon avaliar a insurrección de outubro e as tarefas da ditadura do proletariado.

18. A única posibilidade de resolver sen dor a crise creada por mor da non correspondencia das eleccións á Asemblea Constituínte coa vontade do pobo e os intereses das clases traballadoras e explotadas consiste na aplicación coa maior extensión e rapidez posíbel do dereito do pobo a proceder a novas eleccións dos membros da Asemblea Constituínte, na adhesión da propia Asemblea Constituínte á lei Comité Executivo Central sobre estas novas eleccións e na declaración da Asemblea Constituínte de que recoñece sen reservas o Poder Soviético, a revolución soviética, a súa política na cuestión da paz, da terra e do control obreiros, na adhesión decidida da Asemblea Constituínte ao campo dos adversarios da contrarrevolución demócrata-constitucionalista-kaledinista.

19. Sen estas condicións, a crise relacionada coa Asemblea Constituínte só pode ser resolvida pola vía revolucionaria, pola vía das medidas revolucionarias máis enérxicas, rápidas, firmes e decididas por parte do Poder Soviético contra a contrarrevolución demócrata-constitucionalista-kaledinista, calquera que sexan as consignas e as institucións (mesmo a calidade dos membros da Asemblea Constituínte) coas que se agoche esta contrarrevolución. Calquera tentativa de atar as mans do Poder Soviético nesta loita sería complicidade coa contrarrevolución.


Notas:

(64) Rada Central Ucraína: organización nacionalista burguesa contrarrevolucionaria constituída pola organización dos partidos e grupos burgueses e pequenoburgueses nacionalistas ucraínos no Congreso Nacional de Toda Ucraína, realizado en abril de 1917 en Kiev. A Rada Central procuraba consolidar o poder da burguesía e dos latifundistas ucraínos, crear un Estado burgués ucraíno, utilizando para iso o movemento de liberación nacional de Ucraína. A Rada apoiaba o Goberno Provisional, aínda que estivese en desacordo con el na cuestión da autonomía ucraína. Despois da vitoria da Revolución Socialista de Outubro, a Rada declarouse órgano supremo da «República Popular de Ucraína» e trabou unha loita aberta contra o Poder Soviético, sendo un dos centros da contrarrevolución de toda Rusia. En decembro de 1917, no I Congreso dos Soviets de Toda Ucraína realizado en Kharkov, Ucraína foi proclamada República Soviética. O Congreso declarou abolido o poder da Rada Central. En decembro de 1917 e en xaneiro de 1918, todo o territorio ucraíno foi percorrido por unha vaga de levantamentos armados dirixidos contra o poder da Rada Central, pola restauración do poder soviético. En xaneiro de 1918, as tropas soviéticas da Ucraína pasaron á ofensiva e o día 26 de xaneiro (8 de febreiro( ocuparon a cidade de Kiev, derrubando o poder da Rada burguesa. A Rada Central, despois de derrotada e expulsada do territorio nacional da Ucraína Soviética, fixo unha alianza co imperialismo alemán e asinou con el unha paz separada. En marzo de 1918, a Rada volveu a Kiev xunto coas tropas austro-alemáns que invadiron o territorio da Ucraína. Os alemáns, convencéndose de que a Rada era absolutamente incapaz de esmagar o movemento revolucionario na Ucraína e de garantir o fornecemento de víveres e tropas ás tropas invasoras, disolvérona a finais de abril.


Ler máis
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com