Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Manifesto Semente Vermelha
30/10/2009
Semente Vermelha nasce da unióm dum grupo de moços independentistas, pertencentes a diversas organizaçons e locais sociais, com a finalidade de abrir, num futuro próximo, um novo local social onde levar avante as nossas iniciativas e actividades na cidade mais espanholizada da Galiza, Vigo, e num dos bairros que reflictem essa realidade, Hispanidade.

O projecto assimilista que representa Espanha e o Capital para a nossa naçom está mais vivo que nunca. A ultra-direita espanholista governa de novo a Junta da Galiza e esta vez já nom semelha fazer-lhe falta disfarçar-se de pseudo-demócrata. Lança umha ofensiva mortal à nossa língua com o perigo de que o espanhol seja, pola primeira vez em toda a nossa história de asobalhamento e resistência, a língua maioritária deste povo; desvia fundos públicos para escolas privadas ultracatólicas; nom oculta a sua relaçom com a falange espanhola representada em Galicia Bilingüe; tenta criminalizar à classe operária dizendo-lhes, com ajuda dos seus inseparáveis e fieis súbditos meios de comunicaçom, que som uns vándalos; nega os direitos das mulheres apoiando às manifestaçons da Igreja máis ráncia e um longo etcétera.
Mas tampouco esquecemos às outras capas da ampla burguesia galega-espanhola progresista e autonomista, as que som representadas polo PSOE e o BNG. Eles nom duvidam em pactar entre sim, seja direita ou esquerda, para fazer-nos calar, para que nenguém saiba de nós, os verdadeiros patriotas galeg@s, os que nom nos vendemos a Espanha, os que somos filhos de todos e todas @s que morrerom pola nossa Pátria sem renunciar em nengum momento a ideia de que a luita é o único caminho.
Véde-os aí, criminalizando à juventude, privatizando às ruas da nossa cidade, negando o direito de reuniom no Casco Velho, concedendo a licencia do porto desportivo de Massó reprimindo umha e outra vez a umha vizinhança incansável, que está a levar umha luita exemplar.

É por todo isto polo que Semente Vermelha quere luitar. Para fomentar a língua e cultura galegas num bairro atacado pola nova burguesia e membros da falange. Para concienciar à classe obreira da necessidade da independência e o socialismo. Para abrir um debate na juventude independentista, actualmente dividida, no que, através do pluralismo ideológico em parámetros independentistas e de esquerdas, podamos dar pasos importantes para avançar. Mas nom só. Para dinamizar a vida deste bairro, castigado coma todos por um sistema que nom dá mais possibilidades que as de consumir em centros comerciais, para que os nenos e nenas podam jogar e entreter-se, para que os moços e moças podam familiarizar-se com a nossa luita, para que todas as pessoas, em definitiva, tenham umha alternativa real, feita desde Galiza e para o povo trabalhador galego.

SEMENTE VERMELHA
(1) Comentarios
Entre 4000 e 5000 persoas maniféstanse en Compostela polo cumprimento dos acordos na sanidade pública
29/10/2009


A Sanidade mobilízase en demanda do cumprimento dos acordos: retributivo, de mellora de Atención Primaria e Saúde Mental, pola defensa da Carreira Profesional, pola consolidación e contratación de persoal, por unha da sanidade pública de calidade.

De 4.500 a 5.000 persoas participaron na manifestación, que rematou diante da sede do Sergas. As traballadoras e traballadores da Sanidade pública galega sumáronse á manifestación convocada en Compostela en demanda do cumprimento dos acordos asinados en materia retributiva, polo Plan de Mellora da Atención Primaria e o Plan de Saúde Mental.

Ao remate da marcha os representantes das organizacións sindicais convocantes foron recibidos pola Xerente do SERGAS, quen lles explicou que a decisión de conxelar 'sine die' estes acordos fora adoptada polo goberno galego e que ao único que se comprometía era a transmitir as súas demandas.
A Xerente do Sergas xustificou ademais a decisión adoptada polo goberno do PP por mor da crise económica e polo elevado número de desempregadas e desempregados que hai no estado

Para a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, deste xeito, o Partido Popular está facendo que sexan as traballadoras e traballadores da sanidade pública galega os que paguen unha crise económica que non provocaron, da que tamén son vítimas e que é, ademais, consecuencia das políticas neoliberais que o PP aplicou durante os seus sucesivos mandatos. Para Abuín o máis grave é que nin sequera se di por canto tempo se prevé conxelar estes acordos.

Con esta manifestación, que partiu do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, para rematar diante da sede do SERGAS, en San Lázaro, pretendíase presionar ao goberno da Xunta para que os presupostos para o ano 2010 -que xa están entrando na súa última fase de debate en comisión antes de ser definitivamente aprobados en pleno- contemplaran as partidas orzamentarias necesarias para poder efectivizar os acordos asinados. Porén, e dada a resposta da xerente da SERGAS, non hai indicios de que isto vaia ocorrer.

Acordo retributivo

Os orzamentos de 2010 terían que incluír partidas destinadas a cumprir, entre outros, o acordo en materia retributiva, asinado en 2008. Segundo este, recoñecíase que os traballadores e traballadoras da Sanidade Pública galega son dos peor pagados de todos os sistemas de saúde do estado e a Xunta de Galiza comprometíase a aplicar un incremento nas retribucións nun período que ía do 2008 até o 2012. Deste xeito, xa no ano 2010 os traballadores percibirían un incremento nas súas retribucións dunha quinta parte do total en conceptos como nocturnidade, traballos en domingos e festivos e as noites do 24 e 31 de decembro.

Plan de Mellora de Atención Primaria e de Saúde Mental

Tamén quedan relegados a un futuro incerto os Plans de Mellora de Atencion Primaria e de Saúde Mental.

Existía un acordo, tamén asinado polo goberno galego, no que se contemplaba a necesidade de mellorar a atención primaria. Estaba dirixido, fundamentalmente, a incrementar a capacidade de resolución deste servizo e consistía en incrementar os profesionais para conseguir ratios de doentes máis axeitados ás necesidades dos usuarios. Porén agora queda paralizado. Do mesmo xeito paralízase, ao non prever partidas orzamentarias destinadas a este fin, o Plan de Saúde Mental que era e é, para a CIG, a grande esquecida da sanidade pública.

(0) Comentarios
Hoxe 29 de Outubro: Manifestación en Vigo en contra da privatización do novo hospital
"A privatización prexudica a túa saúde. Hospital Público xa"


Este 29 de outubro haberá unha gran manifestación en Vigo que sairá do cruce de Gran Vía con Urzaiz as 20h convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para protestar pola privatización do novo hospital de Vigo.

Xogámonos moito no futuro se non conseguimos pararlle os pes ao PP para privatizar a sanidade pública, logo será demasiado tarde. A privatización da xestión do novo hospital significa menos recursos humanos, menos contratacións, mais precariedade de servizos e un empeoramento da asistencia sanitaria porque os beneficios empresariais van primar sobre o interese público.
Este 29 de outubro participa na gran manifestación en contra da privatización do novo hospital.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública está formada por sindicatos, partidos políticos, asociacións de veciños, asociacións cidadáns e sanitarias así como concellos afectados da Área Sanitaria.
A Privatización Prexudica a túa Saúde

HOSPITAL PÚBLICO XA!!!
(0) Comentarios
Posicionamento da CIG-Saúde respecto dos Orzamentos para o 2010

CIG-Saúde

A Conselleira de Sanidade defende a suspensión dos acordos asinados na Mesa Sectorial en base a que o persoal do SERGAS temos que ser solidarios coa situación actual. E en base a esa solidariedade, entrega o financiamento e a xestión á iniciativa Privada, para que obteña beneficios económicos coa sanidade de todos.

A publicación dos orzamentos ven a confirmar os nosos peores temores, pois recollen:

- Un importante recorte orzamentario.

- A introdución no sistema dos modelos de financiamento pola iniciativa privada (PFI).

Quen gaña e quen perde coas PFI?

GAÑAN

1.- A curto prazo: os gobernos constrúen hospitais en pouco tempo, sacándolle rendibilidade electoral, hipotecan o futuro e pagan os que veñan detrás.

2.- A longo prazo: os consorcios empresariais, especialmente as empresas construtoras, manteñen e amplían as súas carteiras de contratacións conseguindo entre 3 e 10 veces mais ingresos que cós contratos tradicionais do sistema sanitario público.

3.- Sempre: as sociedades financeiras e fondos de inversión, que teñen enormes beneficios económicos a costa dos cartos de todos.

PERDEN

1.- O sistema sanitario público.

- Págase un prezo moi elevado polos novos centros.
- Distorsiónase a capacidade de planificación.
- Redúcense as prestacións sanitarias.
- A hipoteca destes hospitais devora ao resto do sistema.

2.- Os cidadáns e os usuarios.

- Redúcense o nº de camas entre un 30% e un 40%.
- Redúcese o cadro de persoal nunha porcentaxe superior ao 25% cos hospitais tradicionais.
- Xéranse listaxes de espera moi elevadas.
- Substituíuse o principio de solidariedade pólo principio de competitividade rompendo o principio de equidade.

Estes orzamentos non pretenden enfrontar os problemas públicos a través dos servizos públicos, se non recorrendo a experiencias privadas: distribuír a prestación en mercados. O resultado disto tradúcese en:

Para os profesionais

- Os profesionais séntense confusos, como un corcho no océano.
- Enfróntanse a unha crecente fragmentación e burocratización do seu traballo.
- Decrece a seguridade e estabilidade laboral.

Para os usuarios

- Converten aos usuarios en consumidores competitivos, insolidarios.
- Periga a confidencialidade dos datos.
- Selecciónanse os doentes en base aos custes dos procesos.


O compromiso deste goberno coas cidades de Vigo, Pontevedra e Lugo para a construción dos novos hospitais tradúcese en:

Hospital de Vigo

- Financiamento con PFI.
- Redución do nº de camas.
- Inversión de 12 millóns no ano 2010

Hospital de Pontevedra

- Financiamento con PFI.
- Ocultan información sobre o hospital único.
- Inversión de 1 millón no ano 2010.

Hospital de Lugo

- Privatización da alta tecnoloxía.


A introdución do financiamento mediante a iniciativa privada estendese a tódalas infraestruturas sanitarias, incluíndo aos Centros de Saúde, co que abre a porta á privatización da Atención Primaria.

(0) Comentarios
Éxitos económicos da República Popular Democrática de Corea
26/10/2009
Texto elaborado grazas aos datos e imaxes proporcionados por Juan Nogueira




A República Popular Democrática de Corea ven de rematar con espectacular éxito a “Batalla dos 150 días”. Unha iniciativa para mobilizar a participación de toda a poboación durante 150 días para encetar o camiño de converter a república nunha potencia económica.

A través das asembleas de obreiros, das organizacións políticas e sindicais, mais tamén todas as organizacións artísticas de propaganda e axitación, conseguiron incrementos asombrosos tanto na industria como na agricultura. Por exemplo, a extracción de carbón medrou nun 150% respecto ao pasado ano, a produción de cemento e materiais de construción un 140%. O crecemento industrial, que se situou nos últimos anos entre o 9 e o 10%, segundo Ji Youl-il, director do Instituto de Investigacións Sociais da Universidade Coreana en Xapón, será amplamente superado durante este ano. Moitas empresas teñen como meta para o 2012 triplicar os niveis produtivos actuais, mentres que na minería, a produción enerxética e o transporte ferroviario, os obxectivos chegan a multiplicar por seis os números actuais.

Na agricultura os avances non son menores. É moi probábel que este ano se acaden niveis que non se vían desde os anos 80. As zonas de cultivo e a construción de infraestruturas agrícolas non cesan de medrar.

Nesta campaña política para consciencia aos traballadores do norte de corea da importancia da construción económica nesta fase da Revolución, un dos eixes prioritarios era a construción de vivendas. E isto podémolo ver en Pyongyang, onde a construción de novas vivendas é imparábel: 65.000 apartamentos no barrio de Mangyongde, 15.000 no centro da capital e 20.000 na área do ferrocarril, entre os barrios de Ryokpo e Ryongsong. Todas as vivendas teñen 100 m2.

Por suposto, a construción de vivendas é un esforzo planificado co único obxectivo que o benestar da poboación coreana. Nos próximos anos entregaranse vivendas de nova construción a 100.000 familias en Pyongyang. As vivendas entréganse gratuitamente ás familias, que tan só teñen que pagar unha renda simbólica. Aquí non hai sitio para as burbullas inmobiliarias.

Recentemente rematou a reconstrución do barrio de Mansudae. As novas vivendas deste barrio son o modelo a seguir na construción de vivendas nos próximos anos. A planificación permite repartir eficientemente centros de saúde, centros educativos, zonas culturais, de lecer e deportivas, zonas verdes, tendas estatais, etc.

As imaxes seguintes corresponden ao barrio de Mansudae.








(3) Comentarios
Polícia brasileira: Máquina mortífera
Máquina mortífera

Por Marcelo Salles
Caros Amigos
Outubro 2009

Uma política de extermínio levada a cabo pela polícia carioca, com apoio de setores da mídia e a omissão do Ministério Público e do Judiciário, vem provocando um verdadeiro genocídio no Rio de Janeiro. Nesta década já foram eliminadas quase 10 mil pessoas, a maioria delas nas favelas da capital


Hanry Silva voltava da casa de uma colega, numa favela chamada Boca do Mato, na Zona Norte do Rio de Janeiro. O nome tem sua razão de ser. O lugar dá para uma montanha, no bairro Lins de Vasconcelos, onde a vegetação nativa ainda é preservada. Em vez de retornar pela rua, ele decidiu fazer o trajeto mais curto: pelo alto do morro. Assim, caminhando próximo aos postes de energia do topo da montanha, Hanry cruzou pouco mais que 1 Km. A vista abrevia ainda mais a viagem: com tempo bom é possível ter uma visão panorâmica da cidade, emoldurada pela Ponte Rio-Niterói e pela Baía de Guanabara. Eram cinco da tarde quando se aproximava de sua casa, no Morro do Gambá – também conhecido como Nossa Senhora da Guia.

O estudante já estava bem perto, nem 100m faltavam. Ao chegar, tomar banho, trocar de roupa e seguir para o colégio. Estava de bermuda preta e sem camisa. Vinha balançando a chave de casa, despreocupado, fazendo um caminho ao qual já se habituara. No entanto, aquele 21 de novembro de 2002 seria diferente. Hanry foi surpreendido por policiais do 3º Batalhão de Polícia Militar e arrastado uns 20m abaixo. Foi posicionado entre uma pedra de 2m x 1,5m e um arbusto com folhagem densa e suficientemente grande para encobrir o resto de visão que alguém poderia ter do lugar. A casa mais próxima dali fica a uns dez minutos de caminhada, em mata semifechada.

Por volta de 17h40, um estampido ecoou no Morro do Gambá. Aos dezesseis anos de idade, Hanry foi assassinado com um tiro certeiro no coração. Tinha 1,65m, era mulato, corpo seco. Cursava o primeiro ano do ensino médio – nunca repetiu – e sonhava ser jogador de futebol, como tantos outros garotos.

No dia seguinte sua mãe acordou preocupada. O filho não havia dormido em casa. Márcia Jacintho percorreu a favela toda atrás de notícias, quando teve a ideia de ir ao hospital mais próximo. No Salgado Filho ficou momentaneamente aliviada: apenas dois jovens haviam sido encaminhados pela polícia na noite anterior, ambos descritos como traficantes que já chegaram mortos. Márcia continuava a busca quando alguém ligou do IML: “Vem pra cá porque acho que mataram seu filho”.

Chegando lá, Márcia começou a morrer em vida. A dor é tanta que hoje, quase sete anos depois, ela ainda chora quando recorda a cena: “Meu filho não teve velório. Tava inchado, um cheiro muito forte, muito escuro, ninguém o reconheceu”. Márcia começou a morrer por um lado, mas de outro nasceu uma guerreira que iria lutar com unhas e dentes para fazer justiça. Suas razões de viver passaram a ser basicamente essas: provar que seu filho não era traficante, como acusara a polícia, e responsabilizar os assassinos.

Inicialmente, Márcia fez o trabalho de investigação sozinha, pois a autoridade competente alegava não dispor dos recursos necessários. Então ela voltou ao local do crime, fez a primeira reconstituição com as próprias sandálias, fotografou, encontrou testemunhas. Até o boletim ambulatorial do hospital ela foi pegar, já que a Delegacia de Polícia não se mexia.

Essa história ela me conta enquanto vasculhamos os arredores de onde Hanry foi assassinado. Do pé ao topo, demoramos quase uma hora de subida bastante puxada. O Morro do Gambá tem centenas, talvez milhares de casas, de todos os tipos: alvenaria, madeira, compensado ou tudo misturado. Aqui, a maior parte da população é negra. E pobre. Serviços públicos como coleta de lixo demoram a chegar, deixando o chão imundo, sobretudo nas partes mais altas. Ao lado da pequena quadra de futebol, de terra batida, há um barranco imenso, uns cem metros quadrados de sacos plásticos, restos de comida e sujeira de todo tipo.

Conforme subimos, percebo que o adensamento populacional vai se reduzindo, até que cruzamos a última casa – um compensado de madeira de uns 20m quadrados, no máximo, de onde saem seis pessoas. Uma mulher idosa, uma criança bem pequena e os demais, adolescentes. Márcia arrisca o caminho da esquerda, mas o mato está muito fechado. “Tem certeza que é aí?”, pergunto. “É sim, é que não venho aqui faz tempo”. Continuo seguindo, meu receio em franco contraste com o seu destemor. Até que um dos adolescentes da última casa, um negro bem preto, se aproxima e fala: “Tia, não é por aí, não. É pelo outro lado”. E nos mostra o caminho.

Passaram-se dois anos e nove meses até que a perícia oficial agisse. A partir daí, apareceram várias contradições na versão dos policiais, que alegaram, por exemplo, troca de tiro com bandidos que estariam em cima de uma pedra, levando a crer que o disparo teria vindo de baixo para cima (e não o contrário, como foi comprovado pelo laudo cadavérico). O horário alegado pelos policiais também não batia. Como poderia haver uma troca de tiros às 19h40 no alto do morro se a entrada do garoto no hospital teria sido às 20h08? Seria como enfrentar seis ou sete bandidos fortemente armados, como argumentaram os policiais, recolher o corpo baleado, descer o morro inteiro carregando o fardo, colocá-lo na viatura e deixá-lo no hospital, que fica a vinte minutos dali. Nem o The Flash.

Seis anos depois, Márcia conseguiu levar a julgamento dois dos onze policiais militares que havia acusado. Marcos Alves da Silva foi condenado a nove anos de prisão por homicídio doloso e fraude processual (simulou apreensão de arma e droga com Hanry) e Paulo Roberto Paschuini a três anos pelo último crime. Os dois vão recorrer, sendo que o segundo em liberdade.

O caso de Hanry foi um dos 9.179 óbitos registrados como “autos de resistência” – quando a polícia mata um opositor em legítima defesa – entre 2000 e 2009 (até maio), de acordo com o Instituto de Segurança Pública, órgão vinculado ao Executivo Estadual. Uma média de 2,67 mortes por dia. É como se em dez anos toda a população do bairro da Glória sumisse do mapa. Por outro lado, foram registrados 59.949 homicídios dolosos, no mesmo período; crimes que o Estado não foi capaz de evitar.

O número de “autos de resistência” dá à polícia do Rio o título de campeã de letalidade. Entre todas as outras corporações similares no mundo, é a que mais mata – e também a que mais morre (dado que, por si só, evidencia uma política de segurança equivocada). Até o relator da ONU para execuções sumárias e extrajudiciais, Philip Alston, declarou, após recente visita ao Rio de Janeiro: “no Brasil os policiais matam tanto em serviço como fora de serviço e nenhuma investigação é feita já que todos os índices se justificam a partir de ‘autos de resistência’ ou ‘mortes em confronto’”.

A origem da ferramenta jurídica “auto de resistência” está na Ordem de Serviço “N”, nº 803, de 2/10/1969, da Superintendência da Polícia Judiciária, do antigo estado da Guanabara. O dispositivo afirma que “em caso de resistência, [os policiais] poderão usar dos meios necessários para defender-se e/ou vencê-la” e dispensa a lavratura do auto de prisão em flagrante ou a instauração de inquérito policial nesses casos.

Registre-se: não são raras as situações em que os policiais necessitam usar a força como resposta a ações hostis de traficantes varejistas. É como explica o delegado Marcus Nunes, coordenador da CORE, unidade de elite da Polícia Civil: “Somos muitas vezes recebidos a tiros. Geralmente o policial entra numa comunidade em tese hostil porque é controlada por um grupo fortemente armado, querendo fazer de tudo pra não ser preso, usando todos os esforços necessários, às vezes com equipamentos de primeira geração, munição em fartura, granadas”. No entanto, como reconhece o delegado, essa situação de extrema pressão sobre o policial, aliada a outros fatores, pode levar a execuções registradas como autos de resistência.

“Me chamava a atenção a diferença no preenchimento dos ROs [Registros de Ocorrência]”, comenta a antropóloga Ana Paula Miranda, que foi diretora-presidente do Instituto de Segurança Pública. Por um lado, havia falta de cuidado nos registros em geral, mas aqueles referentes aos autos de resistência “vinham bem montados, com informações padronizadas e a falta de testemunhas que não fossem policiais”, diz a pesquisadora da Universidade Federal Fluminense. Ana Paula chama a atenção para a escalada da violência da polícia, que cada vez mata mais e prende menos.

A polícia do Rio de Janeiro atua com muito pouco controle, interno ou externo. A Corregedoria nem sempre atua com a isenção desejada, as armas utilizadas em operações dificilmente são identificadas e os policiais que se envolvem em troca de tiros não recebem atenção especial do governo – em outros Estados, como São Paulo, já existe uma política assistencial voltada para esses profissionais da segurança, como auxílio psicológico. No entanto, engana-se quem acredita que a polícia é a única responsável pelo atual estado de coisas. Quando se registra uma ocorrência como “auto de resistência”, o delegado tem trinta dias para investigar e, então, deve enviar suas conclusões para o Ministério Público Estadual.

O MP é o titular da Ação Penal e, diante do relatório, o promotor deve decidir se retorna o material para a delegacia solicitando novas apurações, se oferece denúncia contra o policial ou se encaminha o processo com pedido de arquivamento para o juiz. Neste caso, se o magistrado concordar, o processo é arquivado. Se discordar, a decisão final passa à Procuradoria Geral de Justiça, cujo titular é indicado pelo governador do Estado.

Para esclarecer os dados, procurei o Ministério Público. Fiz o primeiro contato no dia 17 de agosto. Na assessoria de imprensa, fui atendido por Paolla Serra, depois por Lívia Monteiro. Não me deram retorno. No dia 14 de setembro, voltei a insistir. Dessa vez falei com Leonardo, que também não me respondeu. Alguns dias antes eu havia ido ao Tribunal de Justiça, onde conversei com três defensores públicos. Eles disseram que recebem pouquíssimos inquéritos em casos de autos de resistência, às vezes nem um por mês, o que indica poucas denúncias do MP contra policiais.

O pioneiro a analisar os pareceres do Ministério Público sobre os autos de resistência foi o desembargador Sérgio Verani, no livro “Assassinatos em nome da lei”. Na apresentação da obra, o jurista Evandro Lins e Silva anota: “Examinando dezenas de inquéritos, alguns deles em que funcionou como juiz, Sérgio Verani pôde identificar uma uniformidade ideológica que conduziu ao arquivamento ou à absolvição, em todos eles, dos policiais acusados do assassinato de 42 pessoas”. Nesta cesta ideológica encontra-se o pedido de arquivamento, assinado por um promotor, que classifica a vítima da ação policial como “micróbio social”. O caso é de 1982, mas permanece atual. Vinte e dois anos depois, a 21a Promotoria de Investigação Penal de Bangu acusou os bandidos que teriam enfrentado a polícia de “verdadeiros soldados do mal”.

“No ano passado aquele comandante [coronel Marcos Jardim] de certa forma repetiu isso: ‘[a PM é o melhor] inseticida social’. Inseticida social!”, recorda Sérgio Verani: “Como também uma expressão usada quando foi preso o Elias [Maluco, acusado de matar o jornalista Tim Lopes]. E aí foram expedidos mandados de busca e apreensão e o juiz escreveu na decisão dele que o Grupo do Elias era um ‘lixo genético’. O juiz escreveu isso: ‘lixo genético’! Que é a mesma coisa de ‘micróbio social’, ‘inseticida’. O desprezo com a vida. Uns podem viver, mas esses desclassificados não”.

“Quem mata é a Polícia, mas quem enterra é o Judiciário”

Outro indicativo de descaso do Poder Judiciário é que em muitas sentenças o magistrado abre mão do despacho fundamentado e passa a usar uma mera etiqueta adesiva, tipo essas da marca Pimaco, para determinar o encerramento do processo investigatório. Como consta da decisão assinada em 10 de janeiro de 2005, a respeito de três mortes causadas por policiais na favela do Rebu, em Senador Camará: “Na forma de promoção do MP de folhas retro, determino o arquivamento do presente feito. Dê-se baixa e arquive-se”.

Por essas razões, o delegado de Polícia Civil Orlando Zaccone, mestre em Ciências Penais, não tem dúvidas em afirmar: “Quem mata é a polícia, mas quem enterra é o Judiciário”. Profundo conhecedor da Criminologia Crítica, Zaccone alia a teoria à prática. Foi ele quem conduziu as investigações que solucionaram a Chacina do Borel, em 2003, em que os crimes foram inicialmente registrados como autos de resistência. É com essa autoridade que ele analisa: “O que vai definir o arquivamento dos autos ou o processo dos policiais pela morte da vítima é se a vítima está ou não definida como ‘inimigo’, traficante, gerando uma ‘legitimidade’ na ação da polícia”.
Marcelo Salles é jornalista e coordenador da Caros Amigos no Rio de Janeiro salles@carosamigos.com.br

Ler máis
(1) Comentarios
Ferralla Perblago: «Pecharon e non pagaron. Solución XA!»
21/10/2009

Se o pasado día 5 de outubro falabamos da loita dos traballadores de Talleres Cachaza en Ferrol, hoxe temos que denunciar a situación doutra empresa cunha delegación na estrada de Catabois, tamén en Ferrol, e sede en Cedeira, chamada Ferralla Perblago S.L.

Os traballadores desta empresa están sen traballo e sen cobrar o seu salario dende setembro.
Teñen pechado o taller, posto que a empresa acordou enviar aos seus traballadores para casa despois de concederlles un permiso retribuído, fai xa tres semanas, a espera de buscar solución ao problema que a mesma empresa creou. Como nunha chea de casos máis nos nosos días, esta “solución” pasa por entrar nun Expediente de Regulación de Emprego.

Os traballadores esixen o pago dos salarios que se lles deben. Temen que esta situación se prolongue aínda máis e reclaman que se solucione o problema o máis rápido posíbel, polo menos para poder cobrar a prestación de desemprego.

Esta delegación ferrolá de Ferralla Perblago contaba con 14 traballadores, dos que actualmente quedan 7 sufrindo esta situación.

PECHARON E NON PAGARON!!! SOLUCIÓN XA!!” son os lemas que figuran nas pancartas das portas do taller. Desde aquí, o noso apoio e solidariedade. Adiante a Clase Obreira!
(3) Comentarios
Participe na defensa de Ahmad Sa'adat e de todos os prisioneiros palestinos!
19/10/2009
O líder palestino encarcerado, Ahmad Sa’adat, acudirá, esta quinta feira 22 de outubro, ao tribunal de ocupación para desafiar o illamento dos prisioneiros políticos palestinos nos cárceres israelís. Únase á campaña Liberdade para Ahmad Sa’adat e participe na defensa dos dereitos dos prisioneiros palestinos e no apoio a súa loita pola liberdade!

Ahmad Sa’adat, o Secretario Xeral da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, permanece en illamento na prisión de Ramon, no deserto de Nagab, desde ha seis meses, cando foi trasladado desde a prisión de Asqelan despois de 14 días de illamento. Sa’adat padece o illamento e as condicións abusivas carcerarias, xunto con outros líderes nacionais palestinos e líderes populares das prisións, recluídos todos en unidades especiais de illamento. Dentro destas unidades, Sa’adat permanece nunha unidade específica sen acceso, nin sequera, aos outros prisioneiros en illamento, privado de calquera dereito básico. Os seus libros persoais foron confiscados e tan só ten acceso aos xornais unha ou dúas veces á semana.

Négaselle as visitas da súa familia –a súa esposa, Abla, leva tres meses sen poder visitalo- , así como visitas legais, e ten prohibido facer compras na cantina da prisión, incluído a compra de tabaco. Ao patio do cárcere pode saír unha hora ao día, esposado e con grillóns nos nocellos. Isto é xustificado polas autoridades ocupantes como ‘castigo’ por darlle dou paquetes de tabaco a outro preso. A administración de prisións está tentando criminalizar as relacións humanas e sociais entre os prisioneiros palestinos, e entre os prisioneiros e as súas familias.

Sa’adat, na súa loita contra o illamento, participou nunha folga de fame de nove días en xullo de 2009, o que provocou o seu inmediato traslado á prisión de Ramon. Sa’adat vai desafiar o illamento dos prisioneiros políticos palestinos diante do tribunal este 22 de outubro e precisar do teu apoio!

PARTICIPE NA DEFENSA DE AHMAD SA’ADAT E TODOS OS PRISIONEIROS PALESTINOS!

Tanto en Palestina como en todo o mundo vanse celebrar actos entre o 16 e o 22 de outubro para pedir liberdade e xustiza para Sa’adat e todos os prisioneiros palestinos. Participa desta campaña:

1. Distribúa a folla (en galego) Liberdade para Ahmad Sa’adat na súa cidade, vila ou aldea.

2. Póñase en contacto coa embaixada ou consulado israelí para esixir a liberdade inmediata de Ahmad Sa’adat e todos os prisioneiros políticos palestinos.

3. Escriba ao Comité Internacional da Cruz Vermella ( jerusalem.jer@icrc.org ) e demais organizacións de dereitos humanos para que exerzan as súas responsabilidades a actúen con rapidez para esixir que os israelís garantan que Ahmad Sa’adat e todos os prisioneiros palestinos sexan liberados do seu illamento punitivo.

4. Informe á Campaña para Liberar a Ahmad Sa’adat ( info@freeahmadsaadat.org ) das actividades da súa localidade.

Ahmad Sa'adat estivo preso desde 2002 nos cárceres da Autoridade Palestina, custodiado por gardas ingleses e norteamericanos, até o seu secuestro polas forzas de ocupación israelís o 14 de marzo de 2006, após unha incursión militar dos ocupantes na prisión de Xericó. O 25 de decembro de 2008, foi condenado a 30 anos de prisión. Ahmad Sa'adat é membro do Concello Lexislativo Palestino e un dos máis destacados líderes nacionais palestinos encarcerado polos ocupantes.

Ahmad Sa'adat e uns 10.000 prisioneiros palestinos están diariamente na primeira liña da loita contra a opresión e os crimes israelís. Hoxe, é urxente que nos manteñamos xunto a Ahmad Sa'adat e todos so prisioneiros palestinos na loita contra os abusos e pola liberade de todos os prisioneiros e de toda Palestina!
(5) Comentarios
Lingua proletaria do meu Pobo, non van poder contigo endexamais
(12) Comentarios
Falsificadores da Historia
15/10/2009



DESCARGAR


Como subvencionou o Goberno estadounidense á industria pesada e de guerra de Alemaña até o último momento.

Como Francia e Inglaterra se negaron á seguridade colectiva e a resistir a agresión nazi.

Como as tres potencias imperialistas buscaron que Hitler atacara á Unión Soviética.

Como a Unión Soviética foi a única potencia que, desde un primeiro momento, pulou por organizar a seguridade colectiva e frear a agresión nazi.

Como Francia, Inglaterra e os Estados Unidos asinaron pactos secretos con Hitler para o reparto do mundo, mentres os nazis xa comezaran a súa agresión.

Como a Unión Soviética foi a única potencia que soubo cumprir cos deberes e obrigas dos Estados Aliados.

Como o Pacto de non-agresión xermano-soviético foi o último recurso para acabar cos nazis e impedir a escravitude colonial de moitas nacións.

Etc, etc.

Todas estas cuestións teñen resposta neste memorando que a Oficina de Información Soviética elaborou en febreiro de 1948. Non existía até hoxe unha versión en galego, polo que nos sentimos orgullosos deste traballo, fundamental para poder entender o curso, non xa só da Segunda Guerra Mundial, senón tamén da historia de boa parte do século XX. Que nós saibamos, tampouco existe tradución ao castelán, agás unha parcial (1 dos 4 apartados que conforman o total) publicada polo portal Antorcha.

«Por suposto, os falsificadores da historia e os calumniadores non respectan os feitos -precisamente por iso son alcumados como falsificadores e calumniadores. Prefiren as inxurias e as calumnias. Porén, non hai ningunha razón para dubidar de que, ao final, estes señores terán que recoñecer unha verdade universalmente coñecida: a inxuria e a calumnia perecen, os feitos sobreviven.»
Prohibilandia
14/10/2009

Tasio, no Gara.
(0) Comentarios
Comunicado presos FARC-EP: Sobre o Plan Colombia e as bases norteamericanas
06/10/2009

Colectivo Presos Políticos Urías Cuéllar FARC-EP
Guerrilleiros das FARC-EP recluídos no cárcere de Combita Boyacá
Setembro 2009



Os Presos Políticos das FARC-EP, entendéndose estes como os que desde os alxubes do réxime seguimos consecuentemente cos nosos principios revolucionarios, asumindo as directrices do noso Estado Maior Central e o seu Secretariado; dando cumprimento á revolución e ao pobo, sen axeonllarnos ante o inimigo, nin ceder ás súas chantaxes, nin propostas indignas para conseguir beneficios xurídicos, facemos o seguinte pronunciamento:

1. Saudamos ao noso pobo e ás organizacións revolucionarias, populares e antiimperialistas. Tamén ás personalidades democráticas e patrióticas que rexeitan a entrega vergoñenta do que fica do noso país e soberanía e a descarada intervención norteamericana.

2. Rexeitamos o terrorismo de estado contra o noso pobo a través dos mal chamados e fracasados Plan Colombia e Plan Patriota e outros que, xustificados como algo necesario para combater o “terrorismo”, serviron para afianzar o poder oligárquico e crear condicións para agredir nun futuro a pobos irmáns como o venezolano e outros que no cono sur se resisten a axeonllarse ante o imperio e, pola contra, continúan coa obra de conseguir a REAL LIBERDADE da nosa América, da América do Norte e de calquera imperio que ouse pousar os seus ollos sobre a nosa América, ansiosa de construír o noso futuro, sen colonialistas, nin oligarquías explotadoras e sipaios.

3. Preguntamos á opinión pública: Quen son os terroristas e apátridas? Os que loitan por construír unha Colombia independente do colonialismo, ou a oligarquía, con Uribe á cabeza, que dá permiso para construír sete bases gringas, con capacidade para agredir ao resto de nacións de América do Sur e incluso África?

4. O que sendo barón do narcotráfico, fundador e Comandante supremo do paramilitarismo en Colombia chegara á presidencia a través de embustes, presións mesquiñas, eleccións fraudulentas, tomando o poder para corromper ao noso pobo, para volvelo verdugo dos seus propios irmáns e facer da noxenta delación unha virtude?

5. Quen bombardeou e irrigou as nosas terras con substancias altamente tóxicas, para solaz dous seus amos ianquis, sen ningún recato de consciencia, nin a máis mínima dor de patria?

6. Quen é o máis terrorista e apátrida, o monicreque Uribe ou os que con patriotismo non atopamos outra saída e tivemos que levantarmos en armas sen agardar nada a cambio no persoal, mais aspirando a conseguilo todo para o pobo colombiano, pagando coas nosas vidas, partidas por un balazo proveniente de mans criminais ou destruídas nos alxubes do réxime, por mor de condenas inxustas, de até 40 anos?

Para desgraza de Colombia e América do Sur... Uribe!
Para esperanza do pobo de Colombia e dos pobos irmáns... A Revolución!
Contra a guerra inxusta da oligarquía e o imperialismo.... A guerra xusta do pobo!
Pola Nova Colombia, a Patria Grande e o Socialismo: Nin un paso atrás!

Con Bolívar, con Manuel. Xuramos vencer e venceremos!


Ler máis
(4) Comentarios
Sobre a loita dos traballadores de Talleres Cachaza
05/10/2009

Os traballadores de Talleres Cachaza, en Ferrol, levan dous meses sen cobrar as súas nóminas, e uns meses máis sen carga de traballo, case que dende principio de ano sen unha actividade normal.

A opción que daba a empresa a principios de outubro era a de preparar un expediente de regulación de emprego a 6 meses. Os obreiros chegaron ao acordo de que se asinaría un ERE, pero a 4 meses, sempre e cando se lles abonara a nómina que se lles debía. A realidade foi que non só non cobraron a nómina de agosto, senón que tampouco a de outubro, polo tanto tampouco están regulados.

A semana pasada houbo promesas por parte da empresa de pagar hoxe día 5 de Outubro as dúas nóminas xuntas para por fin presentar un ERE asinado polas dúas partes, empresario e traballadores, mais de novo Javier Rodríguez Amado faltou á súa palabra.

Un caso parecido sofren os traballadores de Metalúrgica del Atlántico, firma do mesmo dono, dedicada á industria eólica. A diferenza é que eles xa están no ERE (a 6 meses) desde setembro, pero a empresa aínda lles debe o mes de agosto. Agárdase que a empresa queira prorrogar o expediente de regulación, posto que é máis que probábel que non dispoñan de carga de traballo no prazo dun ano.

A este empresario, coñecido por Javier Cachaza, descubríuselle hai un par de meses que tiña unha débeda de máis de 600.000 euros coa Seguridade Social, motivo este polo que a súa empresa ten prohibida a entrada no estaleiro de Navantia, onde historicamente levaba realizando a maior parte do seu traballo.

A semana pasada os traballadores de T. Cachaza e Metalúrgica del Atlántico levaron a cabo conxuntamente mobilizacións esixindo solucións a este problema que levan arrastrando xa dous meses e que semella non vai durar pouco.

Solidariedade cos traballadores de Talleres Cachaza e Metalúrgica del Atlántico!
(11) Comentarios
A persecución dos comunistas paquistanís da Fronteira Noroeste
27/09/09

Ser comunistas ou militante de esquerda é unha posición política perigosa se ti vives na provincia da Fronteira Noroeste de Paquistán. No pasado ano uns 200 militantes de esquerda foron secuestrados ou asasinados. Hai só dúas semanas un membro do partido comunista local foi asasinado en Bunir. Os militantes talibáns, dos que se pensa que están detrás dos asasinatos, claman que os comunistas son infieis. A situación obrigou a exiliarse en Grecia ao líder do partido comunista local, mais como Mudassar Shah conta, os militantes comunistas continúan a xuntarse na clandestinidade.

Un grupo de sete homes reúnense nunha casa na capital da provincia, Peshawar. Manteñen profundos debates sobre a política e o extremismo relixioso. Eles son estudantes musulmáns, dependentes, tendeiros e traballadores sociais unidos polas súas ideas políticas. Xa van dous meses desde que eles se reúnen. O medo á violencia dos autodenominados grupos militantes islamitas empurrounos á clandestinidade. O seu líder, o Doutor Shafiq, viuse obrigado a exiliarse a Grecia en maio deste ano. Por teléfono explica as razóns:

«O meu pai foi secuestrado e levado á Corte Islámica. Foi liberado tempo despois coa condición de que eu me presentara no seu lugar. Segundo eles, eu son un infiel e teño que recibir o mesmo castigo que o resto dos infieis, a morte. Pouco despois, queimaron a miña casa e agora a miña familia non ten un lugar seguro para vivir.»

Nun principio, a súa familia viviu nun campamento de refuxiados durante dous meses. Agora viven nunha casa alugada en Peshawar en constante tempo de que os militantes veñan buscar ao Dr. Shafiq. Non tiña cartos dabondo para levalos a Grecia xunto a el.

Shafiq é un médico que traballaba no hospital da rexión. Mais as súa conviccións políticas levárono á reactivación do Partido Comunista na Fronteira Noroeste.

«Após a queda da Unión Soviética, o movemento comunista tamén desapareceu, polo que os camaradas decidiron revivir a loita contra os fanáticos relixiosos a través da educación popular. Vimos que era o único camiño para parar o extremismo relixioso, o fundamentalismo e protexer á xente. No ano 2002, cando a alianza de partidos relixiosos gobernaba esta rexión, formamos varios grupos de discusión para debater as ideas de esquerda. Era unha época na que os talibáns estaban a medrar na provincia da Fronteira Noroeste.»

Era algo moi perigoso. Os partidos relixiosos e extremistas islámicos chaman aos militantes de esquerda “Soor Kafir” ou os “Roxos infieis” pola cor vermella do Movemento Comunista.

Rahmat Wazir é un comandante talibán nunha zona tribal de Waziristan Norte. Pensa que os comunistas son infieis e deben ser asasinados.

«Escoito dos meus maiores e dos meus líderes relixiosos desde hai moitos anos que os comunistas non teñen relixión e que están contra a nosa relixión. Coido que deben ser asasinados. Son os nosos inimigos, e os inimigos deben ser asasinados.»

O Partido Comunista Paquistaní nega que eles estean contra o Islam. Simplemente, eles avogan para versión científica do Islam e consideran a relixión como un asunto privado. O Dr. Shafiq coida que o odio cara a eles é por mor da forte propaganda para obter o apoio da xente á guerra contra a intervencións rusa en Afganistán.

«O establishment xunto cos partidos islámicos propagan que nós estamos contra o Islam. Ironicamente, o comunismo di que a relixión é un asunto privado. Levamos adiante un xusta loita para tentar que na vida prevaleza a ciencia e que todas as persoas gocen de dereitos básicos. A relixión é utilizada polos que teñen o poder para desviar a atención das persoas e que non pensen nas obrigas incumpridas polo goberno.»

Outro militante destacado do partido comunista que non quixo ser identificado por temor aos talibáns, di que moitos dos principais dirixentes comunista en Paquistán eran moi relixiosos. Sinala que Bacha Khan, un líder da esquerda na provincia da Fronteira Noroeste, realizou a peregrinación á Meca dúas veces.

Os militantes de esquerda teñen unha extensa historia de oposición ás decisións gobernamentais. Moitos estiveron contra a división da India baixo o poder británico. Desde entón, o establishment comezou a súa propaganda de que eran infieis. Despois dos ataques do 11 de setembro en Norteamérica, os militantes de esquerda están aínda máis illados porque eles están en contra tanto do política exterior norteamericana como dos talibáns e do relixioso goberno central.

Os talibáns comprometéronse, agora, a matar a todos os comunistas que atopen na Fronteira Noroeste.

O Dr. Shafiq non sabe cando poderá volver a casa.

«Como pode esquecer o meu país nestes momentos cruciais, cando os poderosos asasinan ao meu pobo e moitas persoas viven como desprezados no seu propio país? Choro cando estou só. Encantaríame poder volver pronto ao meu país e colaborar para levar a felicidade ao meu pobo a través da política. Gustaríame continuar co meu traballo como médico para curar as lesións físicas e como comunista para sensibilizar ao meu pobo contra estes políticos crueis e contra os talibáns. Estou certo que os talibáns e demais grupos relixiosos me asasinarán en canto teñan a oportunidade. Porén, teño a esperanza de que un día irei ao meu país e vivirei co meu pobo, mais non sei cando.

Ler máis>
(2) Comentarios
A Revolución Proletaria e o renegado Kautsky, Lenin (Libro completo en formato PDF)
04/10/2009



DESCARGAR
Anexo II. Un novo libro de Vandervelde sobre o Estado
A Revolución Proletaria e o renegado Kautsky (11)
03/10/2009


ANEXO II. UN NOVO LIBRO DE VANDERVELDE SOBRE O ESTADO

Só despois de ler o libro de Kautsky tiven a oportunidade de coñecer o de Vandervelde O Socialismo contra o Estado (París, 1918). A comparación entre ambos os dous libros imponse. Kautsky é o xefe ideolóxico da II Internacional (1889-1914). Vandervelde é o seu representante formal, como presidente da Oficina Socialista Internacional. Os dous simbolizan a completa morte da II Internacional, os dous agochan «habilmente», con toda a destreza dos xornalistas experimentados, con fraseoloxía marxista, esa morte, o seu propio fracaso e o seu paso ao bando da burguesía. Un amósanos con particular evidencia o que hai de típico no oportunismo alemán, que, pesado e teorizante, falsifica groseiramente o marxismo amputando del todo aquilo que é inaceptábel para a burguesía. O outro é típico da variedade románica –até certo punto poderíase dicir da variedade europea occidental (no sentido da Europa situado ao oeste da Alemaña)- do oportunismo dominante, variedade máis flexíbel, menos pesada, que falsifica o marxismo dun xeito máis sutil, servíndose do mesmo proceso esencial.

Os dous deturpan completamente tanto a doutrina de Marx sobre o Estado como a súa doutrina sobre a ditadura do proletariado, dedicándose Vandervelde principalmente á primeira cuestión e Kautsky á segunda. Os dous disimulan a ligazón estreita e indisolúbel que existe entre as dúas cuestións. Os dous son revolucionarios e marxistas só en palabras, e nos feitos renegados que dirixen todos os esforzos para zafarse da revolución. Nin un nin outro teñen nin sombra daquilo que impregna completamente todas as obras de Marx e Engels, daquilo que distingue o socialismo de feito da súa caricatura burguesa: o esclarecemento das tarefas da revolución diferenciándoas das tarefas da reforma, o esclarecemento da táctica revolucionaria da reformista, o esclarecemento do papel do proletariado na destrución do sistema, orde ou réxime da escravitude asalariada, diferenciándoo do papel do proletariado das «grandes» potencias, que se reparte coa burguesía unha pequena parte dos seus lucros e botíns imperialistas.

Citemos algúns razoamentos fundamentais de Vandervelde que confirman esta apreciación.

Vandervelde cita a Marx e Engels con extraordinario celo, igual que Kautsky. E igual que Kautsky, cita de Marx e Engels todo o que sexa menos aquilo que a burguesía de ningún xeito pode aceptar, aquilo que distingue ao revolucionario do reformista. Todo o que se queira sobre a conquista do poder político polo proletariado, porque iso xa o circunscribe na práctica a un marco exclusivamente parlamentar. Mais sobre o feito de que Marx e Engels, despois da experiencia da Comuna, xulgaran necesario completar o Manifesto Comunista, parcialmente obsoleto, coa explicación da verdade de que a clase obreira non pode simplemente apoderarse da máquina de Estado existente, de que debe destruíla –sobre isto nin unha soa palabra!-, Vandervelde, igual que Kautsky, como se o falaran entre os dous, elude cun completo silencia exactamente o mais esencia da experiencia da revolución proletaria, exactamente aquilo que distingue a revolución proletaria das reformas burguesas.

Tal como Kautsky, Vandervelde fala da ditadura do proletariado para zafase dela. Kautsky faino por medio de falsificacións groseiras. Vandervelde fai o mesmo aínda que con maior sutileza. No parágrafo correspondente, o parágrafo catro, sobre «a conquista do poder político polo proletariado», dedica o punto «b» á cuestión da «ditadura do proletariado», «cita» a Marx e Engels (repito: omitindo exactamente aquilo que se refire ao máis importante, á destrución da vella maquinaria estatal democrático-burguesa) e conclúe:

«... Tal é habitualmente a idea que se ten da revolución social nos círculos socialistas: unha nova comuna, desta vez vitoriosa e non só nun lugar, senón nos principais centros do mundo capitalista.

Hipótese, mais hipótese que nada ten de improbábel nestes tempos nos que se torna xa visíbel que o período de posguerra verá en moitos países antagonismo de clase e convulsións sociais xamais vistos.

Só que, se o fracaso da Comuna de París –sen falar das dificultades da revolución rusa- proba algunha cousa, é precisamente a imposibilidade de acabar co réxime capitalista mentres o proletariado non estea suficientemente preparado para exercer o poder que as circunstancias podan colocar nas súas mans.»

E nin unha palabra sobre o fondo da cuestión!

Estes son os xefes da II Internacional! En 1912 subscriben o Manifesto de Basilea, no cal defenden abertamente a relación precisamente entre a guerra que estoupou en 1914 e a revolución proletaria e ameazan abertamente con esta. Mais cando a guerra chegou e xa se creou unha situación revolucionaria, eses Kautsky e Vandervelde comezaron a zafarse da revolución. Imaxinen, a revolución do tipo da comuna non é máis que unha hipótese que nada ten de improbábel! Isto é absolutamente análogo ao razoamento de Kautsky sobre o posíbel papel dos Soviets en Europa.

Mais é así como razoa calquera liberal culto, que indubidabelmente concordará agora en que unha nova comuna «nada ten de improbábel», que se lles presenta un grande papel aos Soviets, etc. O revolucionario proletario distínguese do liberal porque, como teórico, analiza precisamente o novo significado estatal da comuna e dos Soviets. Vandervelde pasa en silencia por riba de todo o que Marx e Engels expoñen polo miúdo sobre este tema ao analizaren a experiencia da Comuna.

Como práctico, como político, un marxista debería esclarecer que só traidores ao socialismo poderían agora esquivar a tarefa de explicar a necesidade da revolución proletaria (do tipo da Comuna, do tipo dos Soviets, ou, admitamos, dun outro terceiro tipo), explicar a necesidade de se preparar para ela, facer propaganda entre as masas para a revolución, refutar os preconceptos pequenoburgueses contra a revolución, etc.

Nada semellante fan Kautsky e Vandervelde, precisamente porque eles mesmos son traidores ao socialismo, que queren conservar entre os obreiros a reputación de socialistas e de marxistas.

Vexamos a formulación teórica da cuestión.

Mesmo nunha república democrática, o Estado non é máis que unha máquina para a represión dunha clase sobre outra. Kautsky coñece esta verdade, recoñécea, compártea, mais... mais elude a cuestión fundamental: cal é a clase á que o proletariado debe reprimir, por que e con que medios, cando conquiste o Estado proletario.

Vandervelde saber, recoñece, comparte e cita esta tese fundamental do marxismo, mais... nin unha verba sobre un tema tan «desagradábel» (para os señores capitalistas) como a represión da resistencia dos explotadores!!

Vandervelde, igual que Kautsky, elude totalmente este tema «desagradábel». Nisto precisamente consiste o seu carácter de renegados.

Como Kautsky, Vandervelde é unha grande mestre na arte de substituír a dialéctica polo eclectismo. Por un lado, non se pode deixar de confesar, por outro é preciso recoñecer. Por un lado, pode entenderse por Estado o «conxunto dunha nación» (ver o dicionario de Littre –obra científica, non hai nada que dicir-), por outro lado, pode entenderse por Estado o «goberno» (ibidem). Esta douta banalidade cópiaa Vandervelde, aprobándoa, ao carón das citas de Marx.

O sentido marxista da palabra «Estado» distínguese do habitual –escribe Vandervelde. En virtude diso, son posíbeis os «malentendidos». «O Estado, en Marx e Engels, non é o Estado no sentido amplo, non é o Estado como órgano de dirección, representante dos intereses xerais da sociedade (intérêts généraux de la société).» É o Estado-poder, o Estado-órgano de autoridade, o Estado-instrumento de dominio dunha clase sobre outra».

Marx e Engels falan da destrución do Estado apenas no segundo sentido. «... Afirmación demasiado absolutas correrían o risco de se revelaren inexactas. Entre o Estado dos capitalistas, baseado na dominación exclusiva dunha clase, e o Estado proletario, que persegue o obxectivo da destrución das clases, hai moitos graos transitorios».

Aí tede a «maneira» de Vandervelde, que pouco se distingue da maneira de Kautsky e que no fondo é idéntica a ela. A dialéctica nega as verdades absolutas, explicando a sucesión dos contrarios e o significado das crises na historia. O ecléctico non quere afirmacións «demasiado absolutas», para introducir o seu desexo pequenoburgués e filisteo de substituír a revolución polos «graos transitorios».

Que o grao transitorio entre o Estado, órgano de dominación da clase dos capitalistas, e o Estado, órgano de dominación do proletariado, é precisamente a revolución, que consiste en derrubar a burguesía e quebrar, destruír a súa maquina de Estado, sobre isto os Kautsky e os Vandervelde nada din. Que a ditadura da burguesía debe ser substituída pola ditadura dunha clase, do proletariado, que aos «graos transitorios» da revolución seguirán os «graos transitorios» da extinción gradual do Estado proletario, os Kautsky e os Vandervelde nada din.

É precisamente nisto o que delata o seu carácter de renegados. É precisamente nisto no que consiste, teórica, filosoficamente, a substitución da dialéctica polo ecléctismo e pola sofística. A dialéctica é concreta e revolucionaria, distingue a «transición» da ditadura dunha clase á ditadura doutra clase, da «transición» do Estado proletario democrático ao non-Estado («extinción do Estado»). O eclectismo e a sofística dos Kautsky e dos Vandervelde, para agradar á burguesía, eluden todo o que hai de concreto e preciso na loita de clases, substituíndoo polo concepto xeral de «transición», no cal se pode agochar (e onde nove décimas partes dos socialdemócratas oficiais da nosa época agochan) a negación da revolución! Vandervelde, como ecléctico e sofista, ten máis arte e máis sutileza que Kautsky, porque coa frase «transición do Estado en sentido estrito ao Estado en sentido amplo» pode eludir toda diferenza entre revolución e reforma, até a diferenza entre un marxista e un liberal. Pois, quen é o burgués culto de Europa que se lembrará de negar «en xeral» os «graos transitorios» neste sentido «xeral»?

«Concordo con Guesde –escribe Vandervelde- en que é imposíbel socializar os medios de produción e de cambio sen que se cumpriran previamente as dúas condicións seguintes:

1. A transformación do Estado actual, órgano de dominación dunha clase sobre outra, naquilo ao que Menger chama Estado popular do traballo, mediante a conquista do poder político polo proletariado.
2. A separación do Estado, órgano de autoridade, do Estado, órgano de dirección, ou, empregando a expresión de Saint-Simon, do goberno dos homes da administración das cousas».

Isto escríbeo Vandervelde en cursiva, subliñando especialmente a importancia destas teses. Mais isto é un auténtico caos ecléctico, unha ruptura completa co marxismo! Porque o «Estado popular do traballo» non é máis que unha paráfrase do vello «Estado popular libre» que exhibían os socialdemócratas alemáns nos anos 70 e que Engels estigmatizou como un absurdo . A expresión «Estado popular do traballo» é unha frase digan dun demócrata pequenoburgués (á semellanza do noso socialista-revolucionario de esquerda), unha frase que substitúe os conceptos de clase por conceptos fóra das clases. Vandervelde sitúa xuntos a conquista do poder de Estado polo proletariado (por unha clase) e o Estado «popular», sen notar o embrollo que diso resulta. En Kautsky, coa súa «democracia pura», resulta o mesmo embrollo, o mesmo menosprezo antirrevolucionario e pequenoburgués das tarefas da revolución de clase, da ditadura de clase, obreira, do Estado de clase (proletario).

Continuemos. O goberno dos homes só desaparecerá e cederá o seu lugar á administración das cousas cando se extinga todo o Estado. Con este futuro relativamente distante Vandervelde oculta, deixa na sombra, a tarefa de hoxe: o derrubamento da burguesía.

Este método equivale igualmente ao servilismo perante a burguesía liberal. O liberal está de acordo en falar daquilo que acontecerá cando non fora necesario gobernar aos homes. Porque non ocuparse con tan inofensivos soños? Mais non digamos nada verbo da represión do proletariado da resistencia da burguesía, que resiste á súa expropiación. Así o esixe o interese de clase da burguesía.

«O socialismo contra o Estado». Isto é unha reverencia de Vandervelde ao proletariado. Non é difícil facer unha reverencia, calquera político «demócrata» sabe facer unha reverencia perante os seus electores. Mais baixo a capa da «reverencia» está o contido antirrevolucionario e antiproletario.

Vandervelde parafrasea polo miúdo a Ostrogorsky acerca de cantos enganos, violencia, subornos, mentiras, hipocrisías e opresión dos pobres se agochan baixo a aparencia civilizada, pulida e vernizada da democracia burguesa contemporánea. Mais Vandervelde non tira ningunha conclusión. Non nota que a democracia burguesa reprime á masa traballadora e explotada, e a democracia proletaria terá que reprimir á burguesía. Kautsky e Vandervelde están cegos nisto. O interese de clase da burguesía, detrás do cal se arrastran estes pequenoburgueses traidores ao marxismo, esixe que se eluda esta cuestión, que se silencia ou se negue abertamente a necesidade desa represión.

Eclectismo pequenoburgués contra marxismo, sofística contra dialéctica, reformismo filisteo contra revolución proletaria, así debería titularse o libro de Vandervelde.


Notas:

(65) Ver a carta de Engels a Bebel de 18-28 de marzo de 1875.

(66) Alusión ao libro de M. Ostrogorsky La Démocratie et les partis politiques, cuxa primeira edición foi publicada en París en 1903. O libro contén moitos feitos históricos da Inglaterra e dos EUA que desenmascaran a falsidade da democracia burguesa.

Ler máis

Anexo I: Teses sobre a Asemblea Constituínte
A Revolución Proletaria e o renegado Kautsky (10)
01/10/2009

ANEXO I. TESES SOBRE A ASEMBLEA CONSTITUÍNTE

1. A reivindicación da convocatoria da Asemblea Constituínte aparecía moi xustamente no programa da socialdemocracia revolucionaria, porque nunha república burguesa a Asemblea Constituínte é a forma superior de democracia e porque, ao crear o pre parlamento, a república imperialista, con Kerensky á cabeza, preparaba unha falsificación das eleccións e unha serie de violacións da democracia.

2. Presentando a reivindicación da convocatoria da Asemblea Constituínte, a socialdemocracia revolucionaria, desde o mesmo comezo da revolución de 1917, subliñou de novo que a república dos Soviets é unha forma de democracia máis elevada que a república burguesa habitual coa Asemblea Constituínte.

3. Para o paso do réxime burgués ao socialista, á ditadura do proletariado, a república dos Soviets (de deputados obreiros, soldados e campesiños) non só é a forma máis elevado das institucións democráticas (comparada coa república burguesa habitual coroada por unha Asemblea Constituínte), senón tamén a única forma capaz de asegurar o paso menos doloroso ao socialismo.

4. Na nosa revolución a Asemblea Constituínte reúnese de acordo ás listas presentadas a mediados de outubro de 1917, en condicións que imposibilitan que as eleccións a esa Asemblea Constituínte sexan unha expresión exacta da vontade do pobo en xeral e das masas traballadoras en particular.

5. En primeiro lugar, o sistema proporcional de eleccións só dá unha verdadeira expresión da vontade do pobo cando as listas dos partidos corresponden efectivamente á división real do pobo nos grupos políticos que se reflicten nas listas. E no noso país, como é sabido, o partido que entre maio e outubro tivo máis partidarios no pobo e particularmente no campesiñado, o partidos dos socialistas-revolucionarios, que presentou listas únicas para a Asemblea Constituínte a mediados de outubro de 1917,escindiuse en novembro de 1917, despois das eleccións á Asemblea Constituínte e antes de que esta se reunira.
Por isto, mesmo formalmente, non hai nin pode haber correspondencia entre a vontade da masa de electores e a composición dos electos para a Asemblea Constituínte.

6. En segundo lugar, unha fonte de clase aínda máis importante, non formal nin xurídica mais si económico social, de non correspondencia entre a vontade do pobo, especialmente das clases traballadoras, e a composición da Asemblea Constituínte, é a circunstancia de que as eleccións á Asemblea Constituínte tiveran lugar cando a esmagadora maioría do pobo no podía aínda coñecer toda a dimensión e importancia da Revolución de Outubro, da revolución soviética, proletaria e campesiña, encetada o 25 de outubro de 1917, isto é, despois de presentarse as listas dos candidatos á Asemblea Constituínte.

7. A Revolución de Outubro, conquistando o poder para os Soviets, arrincando o dominio político das mans da burguesía e entregándoo nas mans do proletariado e do campesiñado pobre, atravesa perante os nosos ollos sucesivas etapas do seu desenvolvemento.

8. Comezou coa vitoria do 24 e 25 de outubro na capital, cando o II Congreso do Soviets de deputados obreiros e soldados de toda Rusa, esa vangarda dos proletarios e dos sectores politicamente máis activos do campesiñado, deu a preponderancia ao partido bolxevique, elevándoo ao poder.

9. A revolución agrupou despois, durante novembro e decembro, a toda a masa do exército e do campesiñado, expresándose en primeiro lugar na destrución e na reelección das vellas organizacións de dirección (comités de exército, comités campesiños provinciais, Comité Executivo Central do Soviet de deputados campesiños de toda Rusia, etc.), que representaban un período da revolución xa superado, de conciliación, a súa etapa burguesa e non proletaria, e que, por iso, tiñan que saír inevitabelmente da escena baixo a presión das máis profundas e amplas masas populares.

10. Este poderoso movemento das masas explotadas para reconstruír os órganos dirixentes das súas organizacións aínda non rematou hoxe, a mediados de decembro de 1917, e unha das súas etapas é o congreso en curso dos ferroviarios.

11. O agrupamento das forzas de clase da Rusia na súa loita de clases asume consecuentemente, en novembro e decembro de 1917, unha forma totalmente diferente da que pode encontrar a súa expresión nas listas dos partidos candidatos á Asemblea Constituínte de mediados de 1917.

12. Os últimos acontecementos na Ucraína (en parte tamén en Finlandia e Bielorrusia, así como no Cáucaso) apuntan de igual xeito a un novo agrupamento das forzas de clase que ten lugar no proceso de loita entre o nacionalismo burgués da Rada ucraína(64), da Dieta finlandesa, etc., por un lado, e o Poder Soviético, a revolución proletaria e campesiña de cada unha desas repúblicas nacionais, polo outro.

13. Finalmente, a guerra civil, principiada coa insurrección contrarrevolucionaria demócrata-constitucionalista-kaledinista contra o Poder Soviético, contra o goberno obreiro e campesiño, intensificou definitivamente a loita de clases e eliminou toda posibilidade de resolver por unha vía democrática formal as cuestións máis candentes formuladas pola historia aos pobos da Rusa e, en primeiro lugar, á súa clase obreira e ao seu campesiñado.

14. Só a vitoria total dos obreiros e campesiños sobre a insurrección dos burgueses e latifundistas (que atopou a súa expresión no movemento demócrata-constitucionalista-kaledinista), só unha implacábel represión militar desa insurrección de escravistas pode, de feito, asegurar a revolución proletaria e campesiña. O curso dos acontecementos e o desenvolvemento da loita de clases na revolución fixeron que a consigna «Todo o poder á Asemblea Constituínte», que non ten en conta as conquistas da revolución obreira e campesiña, que non ten en conta o Poder Soviético, que non ten en conta as decisión do II Congreso dos Soviets de deputados obreiros e soldados de toda Rusia, do II Congreso de deputados campesiños de toda Rusia, etc., se convertera, de feito, na consigna dos demócrata-constitucionalistas e dos kaledinistas e dos seus cómplices. Para todo o pobo fíxose claro que a Asemblea Constituínte, se se divorciase do Poder Político, estaría inevitabelmente condenada á morte política.

15. Unha das cuestións máis latentes na vida do pobo é a cuestión da paz. A loita verdadeiramente revolucionaria pola paz só se iniciou na Rusia despois da vitoria da revolución o 25 de outubro, e esta vitoria deu os primeiros froitos na publicación dos tratados secretos, da sinatura do armisticio e do comezo das negociacións públicas sobre a paz xeral sen anexións nin indemnizacións.

Só agora as vastas masas populares teñen, completa e abertamente, a posibilidade de ver unha política de loita revolucionarios pola paz e de estudar os seus resultados.

Durante as eleccións á Asemblea Constituínte, as masas populares estaban privadas desta posibilidade.

E por suposto que tamén neste aspecto é inevitábel a falta de correspondencia entre a composición dos elixidos para a Asemblea Constituínte e a verdadeira vontade do pobo na cuestión da fin da guerra.

16. O conxunto de circunstancias expostas reflicten que a Asemblea Constituínte, convocada segundo as listas dos partidos existentes antes da revolución proletaria e campesiña, nunha situación de dominio da burguesía, entra inevitabelmente en conflito coa vontade e intereses das clases traballadoras e explotadas, que o 25 de outubro iniciaron a revolución socialista contra a burguesía. É natural que os intereses desta revolución estean por riba dos dereitos formais da Asemblea Constituínte, mesmo se estes dereitos formais non foran minados polo ausencia no regulamento da Asemblea Constituínte do recoñecemento do dereito do pobo a elixir novos deputados en calquera momento.

17. Calquera tentativa, directa ou indirecta, de examinar a cuestión da Asemblea Constituínte do punto de vista xurídico formal, no marco da democracia burguesa habitual, sen ter en conta a loita de clases e a guerra civil, constitúe unha traizón á causa do proletariado e pasar ao punto de vista da burguesía. É unha obriga incondicional da socialdemocracia revolucionaria previr este erro no que caen algúns dirixentes do bolxevismo, que non souberon avaliar a insurrección de outubro e as tarefas da ditadura do proletariado.

18. A única posibilidade de resolver sen dor a crise creada por mor da non correspondencia das eleccións á Asemblea Constituínte coa vontade do pobo e os intereses das clases traballadoras e explotadas consiste na aplicación coa maior extensión e rapidez posíbel do dereito do pobo a proceder a novas eleccións dos membros da Asemblea Constituínte, na adhesión da propia Asemblea Constituínte á lei Comité Executivo Central sobre estas novas eleccións e na declaración da Asemblea Constituínte de que recoñece sen reservas o Poder Soviético, a revolución soviética, a súa política na cuestión da paz, da terra e do control obreiros, na adhesión decidida da Asemblea Constituínte ao campo dos adversarios da contrarrevolución demócrata-constitucionalista-kaledinista.

19. Sen estas condicións, a crise relacionada coa Asemblea Constituínte só pode ser resolvida pola vía revolucionaria, pola vía das medidas revolucionarias máis enérxicas, rápidas, firmes e decididas por parte do Poder Soviético contra a contrarrevolución demócrata-constitucionalista-kaledinista, calquera que sexan as consignas e as institucións (mesmo a calidade dos membros da Asemblea Constituínte) coas que se agoche esta contrarrevolución. Calquera tentativa de atar as mans do Poder Soviético nesta loita sería complicidade coa contrarrevolución.


Notas:

(64) Rada Central Ucraína: organización nacionalista burguesa contrarrevolucionaria constituída pola organización dos partidos e grupos burgueses e pequenoburgueses nacionalistas ucraínos no Congreso Nacional de Toda Ucraína, realizado en abril de 1917 en Kiev. A Rada Central procuraba consolidar o poder da burguesía e dos latifundistas ucraínos, crear un Estado burgués ucraíno, utilizando para iso o movemento de liberación nacional de Ucraína. A Rada apoiaba o Goberno Provisional, aínda que estivese en desacordo con el na cuestión da autonomía ucraína. Despois da vitoria da Revolución Socialista de Outubro, a Rada declarouse órgano supremo da «República Popular de Ucraína» e trabou unha loita aberta contra o Poder Soviético, sendo un dos centros da contrarrevolución de toda Rusia. En decembro de 1917, no I Congreso dos Soviets de Toda Ucraína realizado en Kharkov, Ucraína foi proclamada República Soviética. O Congreso declarou abolido o poder da Rada Central. En decembro de 1917 e en xaneiro de 1918, todo o territorio ucraíno foi percorrido por unha vaga de levantamentos armados dirixidos contra o poder da Rada Central, pola restauración do poder soviético. En xaneiro de 1918, as tropas soviéticas da Ucraína pasaron á ofensiva e o día 26 de xaneiro (8 de febreiro( ocuparon a cidade de Kiev, derrubando o poder da Rada burguesa. A Rada Central, despois de derrotada e expulsada do territorio nacional da Ucraína Soviética, fixo unha alianza co imperialismo alemán e asinou con el unha paz separada. En marzo de 1918, a Rada volveu a Kiev xunto coas tropas austro-alemáns que invadiron o territorio da Ucraína. Os alemáns, convencéndose de que a Rada era absolutamente incapaz de esmagar o movemento revolucionario na Ucraína e de garantir o fornecemento de víveres e tropas ás tropas invasoras, disolvérona a finais de abril.


Ler máis
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com