Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Estados Unidos e os seus dereitos humanos: Matar a Fidel Castro
22/03/2010
Javier Rodríguez
Prensa Latina, 22/03/10

Agora que os EUA e os seus aliados na súa campaña propagandística contra Cuba se proclaman defensores da vida humana, os cubanos lembran que iso fica desmentido, entre outras moitas cousas, polas 640 tentativas de asasinar a Fidel Castro. Non é un segredo para ninguén que ese insólito número de intentos de atentados contra a vida do dirixente dun país formaron parte da estratexia oficial deseñada polas máis altas autoridades norteamericanas e cuxa instrumentación foi ordenada aos organismos de intelixencia e espionaxe.

Lembrouse nestes días o 50 aniversario da Orde Executiva asinada polo presidente dos Estados Unidos, Dwight Eisenhower, en marzo de 1960, outorgando luz verde a todas as operacións encubertas destinadas a derrocar ao goberno cubano, entre as cales sempre primaron os ataques terroristas e o proxecto de eliminación física de Fidel Castro.

Documentos desclasificados ou semidesclasificados polos Arquivos incluso da Axencia Central de Intelixencia (CIA), confesións dos detidos nos intentos de consumar os feitos ou daqueles que se aventuraron na invasión de Praia Girón, audiencias parlamentares reveladoras e até media ducia de filmes revelando estes plans son as mellores probas existentes.

A insólita verdade de maneiras escollidas para eliminar ao dirixentes da Revolución cubana poderían semellar elementos novelescos se non constituíran accións concretas aprobadas ao máis alto nivel nos Estados Unidos.

Desde tentar envelenar a Fidel Castro durante o consumo dun alimento ou dun habano, até mercar a traizón de quen dispararía durante un acto na Universidade da Habana, pasando por outras moitas modalidades de asasinato, constituíron tentativas frustradas pola eficiencia da Seguridade do Estado cubano.

Os complots para acadar ese obxectivo no exterior foron altamente perigosos e os seus fracasados autores sempre foron protexidos polas instancias estadounidenses que lles encargaran tales proxectos de magnicidio.

Un dos últimos foi o preparado en Panamá, con motivo da celebración dunha Cimeira Panamericana de Xefes de Estado e Goberno, frustrado pola denuncia de Cuba e que de materializarse, tería custado un innumerábel número de vidas ao voarse con explosivos o paraninfo da Universidade onde falaría Fidel Castro a unha multitude de estudantes.

Alí apareceu como autor unha vez máis o connotado terrorista Luis Posada Carriles, detido, condenado por un xuíz e indultado despois por un goberno panameño e recibido polos grupos terroristas de Miami abríndolle a porta e maila arca para que volvera ao vezo.

Estes centos de proxectos de asasinato que non puideron culminar con éxito non pareceron nunha unha violación do dereito á vida para quen entón os ordenaron, organizaron e executaron e nunha perderon a esperanza de podelos consumar.

Para os cubanos é doado identificalos agora como os mesmos que dirixen a campaña dos medios de comunicación contra Cuba proclamándose defensores dos dereitos humanos, acompañados por quen nunca levantaron un dedo para sequera condenar este tipo de terrorismo de Estado contra a nación antillana.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com