Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Forxa!: Contra a reforma das pensións, o 27de xaneiro, tod@s á folga xeral!
07/01/2011


COMUNICADO DE FORXA!
CONTRA A REFORMA DAS PENSIÓNS, O 27 DE XANEIRO TOD@S Á FOLGA XERAL!


Os ataques contra a clase obreira do goberno socialfascista do PSOE continúan sen que a contestación popular e o rexeitamento xeneralizado a unhas medidas impostas polo capital lles fixera retroceder nos seus plans, poñendo de manifesto a súa total ruptura con calquera defensa mínima dos intereses populares. A imposición a sangue e lume dunha serie de medidas, que so serven aos intereses dos grandes monopolios e da oligarquía financeira e que prexudican dende calquera punto de vista á clase obreira e ás clases populares, son os máis claros exemplos deste divorcio.

Todas as consecuencias desta crise a está a vivir a clase traballadora co agravamento das condicións laborais, coa conxelación de salarios (ou mesmo diminución dos mesmos), co aumento do paro e cos recortes nas políticas sociais que agravan inda máis a situación económica dun sen fin de persoas e de familias precipitándoas cara e a miseria e a pobreza absolutas. Seguen esixindo sacrificios ao conxunto das clases traballadoras mentres as fortunas dos ricos, dos grandes bancos, das multinacionais aumentaron case un 9% durante o 2010 e acumularon 2.748 millóns máis de patrimonio en bolsa que no 2009.

Agora tócalle ás pensións, aumentando a idade de xubilación dos 65 aos 67 anos seguindo fielmente as ordes e recomendacións do capital financeiro que o único que pretende e ir desmantelando unha a unha as conquistas sociais, as cales non foron regaladas senón conquistadas a través da loita. O factor demográfico e o índice de natalidade esgrimido polo goberno e a maioría das forzas políticas non é o factor determinante desta reforma, senón que esta medida responde ás políticas de aforro do goberno obsesionado coa redución do custo público.

Facemos un chamamento ao conxunto de traballadoras e traballadores, ao movemento popular, ás forzas revolucionarias e democráticas e ao conxunto do pobo galego a secundar a folga xeral convocada pola CIG o próximo 27 de xaneiro. Chamamos a reforzar o sindicalismo de clase como instrumento de loita e de organización imprescindibles nestes intres de ofensiva capitalista.

A unidade de toda a clase obreira é hoxe mais precisa e imprescindible ca nunca se queremos gañar a batalla contra aqueles que nos queren arrebatar os nosos dereitos. Sen unidade, os monopolios, a oligarquía e o capital financeiro, en definitiva a burguesía, seguirán mantendo os seus privilexios e aumentando os seus beneficios e continuarán coas políticas de recortes ate o total sometemento da clase obreira, incluíndo a eliminación de liberdades democráticas mínimas.

Adiante a folga xeral!!
Unid@s venceremos!!

Forxa!!
6 de xaneiro de 2011


4 Comments:
  • At 1/07/2011 11:58:00 da tarde, Blogger POUM(r) said…

    ¡Ali estaremos todos! E os que poidan que se pasen estos días polo local da CIG da cidade a preguntar si precisan axuda ca publicidade da folga, ¡Cantos máis axudemos mellor!

     
  • At 1/10/2011 11:59:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Por suposto. E de seguro que nos locais da CUT tamén agradecen a axuda por cativa que for. Adiante a folga xeral nacional!

     
  • At 1/10/2011 03:59:00 da tarde, Anonymous Pilar said…

    Haberá que pasarse polos locais sindicais de todas as centrais. Mesmo das que non convocan, ainda que sexa para presionalos e que se decidan a apoiar.

     
  • At 1/10/2011 11:57:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    http://folgaxeral.galizacig.com/

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com