Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A FPLP cos movementos populares de Exipto e Tunisia
04/02/2011


O camarada Hussein al-Jamal, membro do Comité Central da Fronte Popular pola Liberación de Palestina en Gaza, afirmou o 2 de febreiro de 2011 que “a Fronte nunca deixará á marxe ou pedirá neutralidade ás revolución populares ou movementos de liberación nacional no mundo árabe. A nosa Fronte está xunto con todos os pobos árabes, e especialmente cos pobos de Exipto e Tunisia neste momento de grandes revolucións.”

Nunha entrevista coa emisora radiofónica Voz do Pobo, con sede en Gaza, o camarada Jamal dixo que “o reloxo do mundo árabe non ira para atrás, senón cara adiante, cara á liberdade e a emancipación da opresión”, engadindo que a vitoria das revolucións árabes asestará un duro golpe a Israel e ao movemento sionista.

Sinalou que Israel está hoxe confuso e preocupado cos acontecementos de Exipto, e advertiu das tentativas do Estado de subverter as revolucións populares en Tunisia e Exipto. O camarada Jamal dixo tamén que o factor común destas revolucións é a súa base e orixe populares, e teñen un carácter progresista e de esquerda.

O camarada Jamal ligou os movementos revolucionarios árabes coa causa palestina, dicindo que as masas árabes lanzan consignas contra a ocupación sionistas e o inimigo israelí, como parte da dirección progresista, patriótica e nacional do levantamento popular. Afirmou que as bases da revolución son as clases populares, na procura da xustiza social, dereitos, dignidade e racharen coa opresión. Lembrou o chamamento á dignidade nacional inspirado por Mohammed Bouazizi, o vender ambulante tunesino que se queimou vivo en sinal de protesta, provocando a revolución tunesina, xunto á chamada do pobo exipcio pola dignidade nacional, e recordou a participación de obreiros palestinos en 1987 demandando dignidade, o que provocou a Intifada.

O camarada Jamal advertiu de calquera tentativa para suprimir ou desviar a Intifada popular en Exipto ou Tunisia en función dos intereses norteamericanos na rexión. Desde o primeiro momento, quedou ben claro a grande preocupación dos Estados Unidos e Israel polas manifestacións, xa que representan o masivo rexeitamento dos ditadores impostos polos Estados Unidos e Israel.

Especialmente eloxiou a participación da mocidade exipcia na revolución, incluíndo aos líderes do Movemento 6 de Abril, sinalando o papel da xuventude nun momento revolucionario, o que representa o presente e o futuro.

No Líbano, na cidade de Sidon, o camarada Marwan Abdel-Al, membro do Secretariado Político da FPLP interveu nun mitin masivo en solidariedade cos pobos de Exipto e Tunicia. O recinto inzouse dunha multitude de cidadáns, activistas sindicais, organizacións palestinas e libanesas e grupos de esquerda. O camarada Abdel-Al eloxiou os movementos revolucionarios e afirmou que, hoxe, a mocidade exipcia está a rachar as cadeas do pasado e da historia, e levantando as restricións impostas ao pobo e a causa palestinos.

Engadiu que hoxe, na Praza Tahrir, a voz exipcia está sendo escoitada e o espírito de Gamar Abdel Nasser volve estar presente. Lembrou as palabras de Nasser, “O que se tomou pola forza só pode ser restaurado pola forza”, como unha semente de resistencia plantada nas xeracións que desde entón, anos de ditadura e derrota, soportaron tanta inxustiza. Afirmou que era evidente que no curso de todos estes anos, o pobo exipcio xamais aceptou a inxustiza, e que os límites da revolución non rematan poñendo fin á ditadura e a corrupción. O camarada Abdel-Al sinalou que o pobo exipcio e os movementos populares rexeitaron sempre a normalización con Israel, malia todos os intentos a través do comercio e a política.

Ademais, eloxiou os activistas exipcios e tunesinos, quen loitan desde hai moito tempo contra os réximes soportando exilio, deportación, tortura e cárcere, dicindo que os seus moitos anos de traballo dan hoxe os seus froitos; sinalou que os réximes árabes rexeitaron todas as demandas de políticas sociais e reformas económicas e agora se enfrontaban a un pobo comprometido co cambio e a verdadeira xustiza. Indicou que sempre foi rexeitado “o cambio de réxime” que tentaron impoñer os estadounidenses, e que obriga a separación e división do pobo árabe, e que as masas populares están creando un novo tipo de cambio nas rúas de Exipto e Tunisia, uníndose para se liberaren das súas ditaduras patrocinadas polos EUA.

O Dr. Osama Sa’ad, presidente da Organización Popular Nararet, tamén falou no acto, saudando o pobo árabe e sinalando que os acontecementos conducirán ao colapso dos réximes baseados na dependencia, na corrupción e na explotación. Réximes corruptos, afirmou, que non van sobrevivir á vontade de cambio do pobo revolucionario árabe. Sinalou que a vitoria en Exipto vai cambiar a face do mundo árabe, o que provoca o terror en Washington e Tel Aviv, e advertiu de todos os intentos e conspiracións para remataren coa Intifada e obrigar a xente a aceptar un cambio superficial que non acabe co actual carácter do réxime.

O acto incluíu unha chamada telefónica desde Exipto de Amin Iskander, do Partido Karama, participante na Intifada, quen saudou aos defensores do pobo libanés e pediu a todos os árabes que apoiaran Exipto, indicando que a Intifada continuará até a fin do réxime. Animou a exhibir publicamente imaxes de Gamal Abdel Nasser, como símbolo nacional do pobo exipcio e da nación árabe, como símbolo da xustiza social, a independencia, a liberdade e o rexeitamento do colonialismo. Dixo que hoxe Exipto renace, após unha longa ausencia, para berrar: “Non á escravitude, non á submisión, non aos Estados Unidos e Israel; si á democracia, si á resistencia, si á liberación dun Pobo Palestino que sacrificou moito e acadará vitoria. Afirmou que non importa o despótico que o réxime de Mubarak se converter, o sol brillará e o pobo exipcio prevalecerá.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com