Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado de Forxa!: Contra a guerra, Revolución!
23/04/2011


CONTRA A GUERRA, REVOLUCIÓN!

Colectivo Marxista-Leninista Forxa!
Galiza, 23 de abril de 2011


Guerra, e máis guerra imperialista. O capitalismo en crise sistémica ten que botar man doutro episodio mais de destrución  e crime xenocida para garantir a espoliación de recursos e a dominación xeopolítica sobre unha rexión do mundo que cobiza.

Alén do Iraq e o Medio Oriente, Afganistan e o Asia Central, tócalle agora a Libia e por extensión ao Magreb, sufrir a agresión invasora coa dobre pretensión de facerse coas súas reservas petroleiras sen intermediarios, e dispor dunha base para controlar e intervir de darse o caso, fronte aos procesos revolucionarios democráticos en curso protagonizados polos pobos árabes.

Os seguintes poderían ser o Irán, Corea do Norte, Venezuela, Cuba… A guerra imperialista é fundamental para o capitalismo declinante desta época, para recuperar os xa escasos folgos, buscar e espremer fontes enerxéticas e de materias primas, arrasar medios de produción como medio de reconquista económica, nunha loita voraz entre as camadas de voitres imperiais dominantes e aspirantes, ao tempo que tentarán dominar a vaga de rebelións e insurxencias que se están a dar, e se estenderán, tarde ou cedo, a todos os recunchos do planeta.


Porque isto é antítese das guerras do capital, e a oposición consecuente contra as mesmas. Rebelarse como o están a facer a Clase Obreira tunesina, o Proletariado exipcio, os pobos traballadores do Iemen, de Bahrein, etc. Non só derrocando aos sátrapas das oligarquías dominantes, senón mesmo impedindo o seu recambio con monicreques ao gusto de Washington, Londres ou París, de arribistas como ElBarahdei ou  Mustafa Abd al-Jalil. Os pobos árabes estanos a dar unha lección de carraxe e dignidade.

A mellor solidariedade internacionalista para con eles é seguir o seu camiño. Na Galiza da Europa imperialista, os traballadores soportamos con indignación a ofensiva capitalista de desmantelamento das conquistas obreiras de décadas, coa complicidade dunha dirixencia sindical maioritaria entregada aos pés da gran burguesía financeira continental. A perspectiva é a que xa estamos a vivir, unha profunda e duradeira recesión cun elevadísimo desemprego estrutural, retroceso brutal do nivel de vida até límites de pobreza, e incremento e extensión en todos os ámbitos da superexplotación polo desregulamento legal e das relacións laborais.

Até cando poderemos soportar mais a degradación das nosas condicións de vida e de traballo? Agardaremos o recambio político que nos prepara a democracia borbónica e os pasos seguintes planeados polos oligarcas financeiros, en materias de pagamento sanitario, privatizacións, salarios? Quizais a que nos metan en mais guerras imperialistas que deberemos pagar nós?

A nosa loita está aquí, contra a nosa burguesía e a entente imperialista da que forma parte, co exemplo dos pobos árabes, a unidade de clase como base e un sólido bloque de unidade popular como ferramenta.  Debemos trocar as súas guerras por revolución en Europa.

CONTRA A GUERRA IMPERIALISTA,
 ADIANTE A REVOLUCION SOCIALISTA MUNDIAL!!!
        
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com