Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Folla de Forxa! polo 1º de Maio
30/04/2011
 
O Primeiro de Maio non é un día calquera como outros dos que poboan o calendario, neste data conmemórase o Día do Internacionalismo Proletario, en que a clase obreira saúda os seus heroes, os seus loitadores, os seus mártires. É o día que debemos lembrar todo o sangue, as loitas e os sacrificios de millóns de obreiros que foron tan necesarios para conquistar unhas condicións dignas de vida para a clase obreira. Condicións que hoxe se ven ameazadas polo embate das políticas neoliberais que traen aparelladas un empeoramento xeneralizado das condicións laborais e da vida da clase obreira, na súa perda de dereitos fundamentais e básicos, moitos dos cales foran conquistados con sangue a través de décadas de loita.
A crise económica mundial capitalista só deu os seus primeiros pasos, as clases dominantes non farán máis que intensificaren a súa dominación política co gallo de salvagardaren os seus intereses, e por iso estamos certos de que as políticas antiobreiras non se deterán, senón que proseguirán mentres as oligarquías económicas e os monopolios na súa carreira espoliadora sigan a obter os máximos beneficios posíbeis. 

Na Galiza, e no Estado español, o futuro preséntase de forma incerta para a clase obreira, diante da cal  se abren dous posíbeis camiños: ou resignarse á derrota e ir recuando unha e outra vez, ou optar por se facer protagonista da súa propia historia e dona do seu destino e escoller o camiño da loita. E esta loita só pode vir aparellada cunha sólida unidade de clase, unidade que se ten de reflectir en todos os ámbitos (de loita, organizativo, sindical...).

O futuro para a clase obreira e as clases traballadores terá que ser conquistado mediante a loita, non existe xa outro camiño. O reformismo e o revisionismo caeron na bancarrota absoluta. Todas as esperanzas de novas conquistas e de prosperidade baseadas nas medidas keynesianas, defendidas pola socialdemocracia e as distinta tendencias oportunistas, son absolutamente irrealizábeis, auga de borralla que só busca prolongar a agonía dun sistema en estado terminal.

Estamos convencidos de que as políticas emprendidas polo capital só poden ser revertidas mediante a acción conxunta e organizada da clase obreira e das clases populares. Non serven xa as promesas electorais e a idea de que, cambiando os distintos partidos da burguesía, volveremos recuperar a estabilidade e os empregos perdidos a raíz da crise. Son precisas políticas moito máis profundas que impliquen un cambio revolucionario fronte ao declinamento do modo de produción capitalista.

No noso combate contra a ofensiva capitalista, é dicir, contra o empurre das políticas que nos queren reconducir cara á explotación absoluta, os comunistas e as forzas populares defendemos un programa antimonopolista de unidade obreira e popular, de confrontación coas políticas capitalistas, de loita franca e aberta contra o poder das clases dominantes, por unha saída revolucionaria que contemple o remate da anarquía na produción e a súa substitución pola planificación económica sobre a base do control obreiro e popular sobre as forzas produtivas, polo socialismo como único horizonte posíbel para a humanidade.

Os capitalistas, cada vez que atravesan por unha crise, esfórzanse sempre en negar o evidente, negaren as causas da propia crise, a súa natureza económica, e entre reforma e reforma anúnciannos leves mellorías, pequenos avances da economía capitalista que milleiros de traballadores non chegan a ver. Teiman en ocultaren o evidente, porque coñecen perfectamente as consecuencias e as dimensións que traen aparelladas a súa crise. Por iso os imperialistas desatan agora novas guerras de rapina como na Libia, na Costa do Marfil, ou manobran xa apuntando a Siria e Irán como futuros albos da súa guerra polo reparto do mundo. Todos estes conflitos son unha consecuencia das contradicións interimperialistas e a pelexa polo control dos intereses das actuais potencias dominantes, cos EUA á cabeza, fronte ao crecente papel dunha China emerxente como potencia mundial que ameaza os seus intereses.

Os comunistas sabemos que, alén de afrontarmos as loitas presentes, debemos prepararnos tamén  para as loitas futuras. Sabemos que durante a crise capitalista calquera viraxe brusca da Historia é posíbel, que debemos estar preparados ante calquera variación das condicións da loita de clases. Por iso poñemos en primeira orde a cuestión da preparación revolucionaria da clase obreira, da súa organización política, da súa educación revolucionaria nos principios do marxismo-leninismo e do internacionalismo proletario.

Neste Primeiro de Maio, o exemplo daqueles obreiros de Chicago debe ser trasladado aos nosos días, a súa carraxe e entrega deben servirnos para avanzarmos cara ás grandes loitas que se abren ante nós, mais debemos tamén ser conscientes de que a vontade e o voluntarismo, ou as meras declaracións de intencións, non abondan, que cómpre recompoñermos as nosas forzas e formularmos decididamente o combate por un futuro digno e libre de explotación. Que é o momento de nos reorganizarmos, de prepararnos para racharmos as dinámicas de derrota e desmoralización durante tanto tempo imperantes. É o momento de erguernos e de pasarmos á ofensiva, para que sexan os capitalistas os que paguen as consecuencias da súa crise.

Viva o 1º de Maio!
Viva a loita revolucionaria da Clase Obreira!!
Viva o Internacionalismo Proletario!!!
Forxa! 1 de Maio de 2011



0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com