Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

CIG-Metal convoca unha mobilización nacional o mércores 1 de xuño en demanda de carga de traballo para o naval galego
31/05/2011

11-03-13 Manifestacion Galiza ten dereito_006A CIG-Metal ten convocada unha xornada nacional de loita este mércores, 1 de xuño, en Compostela, en demanda de carga de traballo e o cumprimento dos compromisos políticos que garantan os empregos e o futuro do naval galego, un sector punteiro que nos últimos tempos rexistrou unha forte caída no emprego e cuxa presenza no tecido produtivo podería quedar reducida por mor da falta de novos contratos. A xornada enmárcase no calendario de mobilizacións que a CIG-Metal ten realizado ao longo deste ano nas dúas comarcas onde o naval ten maior peso, Vigo e Ferrol, e reiterará o chamamento á responsabilidade dos gobernos estatal e galego para facer fronte a esta crítica situación.
A xornada de loita dará comezo cunha asemblea de delegados e delegadas da CIG-Metal, a celebrar na Facultade de Dereito da USC, para avaliara situación do sector e as súas principais demandas. Ao remate da mesma, por volta das 11:30 horas, os/as delegados/as partirán en manifestación dende o Campus Sur até o complexo administrativo de San Caetano, onde farán entrega de dous escritos dirixidos á Consellaría de Industria e á Consellaría de Traballo, nos que, alén de pedir entrevistas cos responsábeis políticos, dáse conta das demandas do sector e das propostas da CIG.

“Nós o que queremos é facer barcos”

Para anunciar a mobilización e expor as reivindicacións da central sindical para o sector, nomeadamente para os estaleiros de Navantia, o Secretario de Organización da Federación do Metal, Ramón Alfonzo Fernández, e o Secretario Comarcal da CIG-Metal de Ferrol, Vicente Vidal, compareceron esta mañá en rolda de prensa. Vidal explicaba que a central nacionalista leva un ano desenvolvendo mobilizacións cos seus delegados e delegadas para reclamar carga de traballo e investimentos tanto por parte das institucións públicas como dende a propia dirección de Navantia.

Vidal apuntou aos máis de 10.000 empregos que dependen da actividade dos estaleiros, que continúan a ser o sustento económico desta comarca. “Nós o que queremos é facer barcos”, aseverou. A este respecto, aclarou que o anuncio da construción de cinco bloques para a armada australiana (contrato que, matizou, aínda non está pechado), aliviará durante uns meses a situación nos estaleiros, pero non resolve a falta de pedidos nin despexa o incerto futuro que agarda aos estaleiros ao non ter nova carga de traballo.  “Nós non pedimos empréstitos, nós o que queremos é carga de traballo propia para a ría”, sentenciaba.

A aposta polo futuro dunha comarca

Nesta mesma demanda insistía o Secretario de Organización do Metal, Ramón Alfonzo Fernández. “Dende a CIG pedimos solucións para o sector de cara ao futuro. As perspectivas apuntan a que en breve se dará un baixón de carga de traballo; baixada que se non se supera nun prazo de tempo limitado suporá a desaparición do sector na comarca”.

Para evitar esta desfeita, o responsábel de Organización apuntaba varias liñas de traballo: dun banda a maior implicación do goberno estatal na consecución de novos contratos e a prol do levantamento do veto político, e doutra un compromiso real de inversión na área de reparacións.

Sobre a primeira cuestión, Alfonzo Fernández insistiu en que Navantia debe concorrer aos concursos internacionais co respaldo dos máis altos representantes do goberno. “Non é de recibo que no concurso de Brasil por Francia acudise Nicolás Sarkozy e por Alemaña Angela Merkel, mentres que representando a Navantia ou á Sepi (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) non se saiba quen acudiu polo estado español. E o mesmo ocorreu noutros concursos”, censurou.

A este respecto recalcou que o goberno estatal ten unha responsabilidade importante na política comercial e nas cuestións referidas á consecución de novos contratos. Pero tamén ten que realizar esforzos políticos en Europa para conseguir que se levante o veto á construción en Fene e que a limitación do 20% na produción deixe ser unha lousa para o estaleiro.

Inversións na área de reparacións

Porén, Alfonzo non esqueceu o papel importante que ten que xogar o goberno galego á hora de garantir o futuro do sector naval. “A Xunta ten competencias aínda que está pasando de lado por todos estes problemas”. Así, instou á Consellaría de Industria a liderar un proxecto común que aglutine a toda a industria auxiliar, marcando estratexias e deseñando campañas de actuación que afortalen o sector.

Así mesmo, urxiu á Xunta a abandonar a política de promesas e pular polos investimentos reais destinados á área de reparacións e carenas. O responsábel de organización da CIG-Metal reiterou a necesidade de construír o novo dique flotante, xa que alén de paliar parte do problema da falta de actividade (a súa construción suporía máis de un millón de horas de traballo, especialmente na área de aceiro), permitiría optar a contratos integrais coas compañías navieiras que reparan na ría ferrolá.

Logo da ampliación da canle de Panamá, un problema engadido para o naval de Fene-Ferrol será a imposibilidade de reparar os buques de maior tamaño, polo que os estaleiros poderían perder un negocio co que agora contan, viábel e en expansión.  “As navieiras realizan contratacións integrais cun estaleiro para a reparación do 100% da súa flota. Se non se constrúe o novo dique quedaremos fóra dun mercado que temos nestes momentos. Trátase dunha aposta de futuro que pode solucionar unha parte importante dos actuais problemas”, afirmou, pero que require dunha vontade política que até agora non se amosou.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com