Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado do PCPE ante a detención de dous militantes en Asturias
15/06/2011
Executiva PCPE
14/06/11

O PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA ESIXE A LIBERDADE INMEDIATA E SEN CARGOS DOS SEUS MILITANTES DETIDOS EN ASTURIAS
JOSÉ IVAN FERNÁNDEZ, MEMBRO DO COMITÉ CENTRAL, E VANESA GARCÍA RODRÍGUEZ FORON DETIDOS ESTA TARDE POLA BRIGADA POLÍTICO-SOCIAL NO LOCAL DO PARTIDO EN CANDÁS

Na tarde deste martes, día 14 de xuño, presentáronse varios policías de paisano na sede do PCPE en Candás, e, sen mediar explicación algunha, levaron detidos a Vanesa García Rodríguez e a José Iván Fernández, este último é membro do Comité Central do PCPE.



Ao estilo da brigada político-social da anterior ditadura acudiu un numeroso grupo de policías secretas, en dous vehículos, que requiriron aos dous membros do Partido e leváronos presos, sen que mediase explicación algunha, e sen que puidesen tan sequera informar a outra persoa que tamén se atopaba no local nese momento.

Esta actuación policial vén ser unha expresión máis da liña de acoso que os corpos de policía desenvolven contra a actividade política do PCPE, e dos seus militantes. Responde a unha intencionalidade política de tratar de impedir a actividade política do Partido, que confronta directamente cos intereses da ditadura do capital, a oligarquía e os aparellos do estado que os protexen. Esta acción, ademais, realízase nun momento en que o goberno da socialdemocracia impulsa a nova reforma laboral que trata de liquidar os dereitos da negociación colectiva, e que quere colocar á clase obreira aos pés da patronal.

Ningún acoso, por violento que este sexa, impedirá a continuación da actividade política do PCPE á beira da clase obreira en loita polo socialismo e o comunismo. Calquera ataque nesta situación non fai máis que crecer a moral de loita do Partido, e a súa determinación de enfrontar estas accións co apoio do pobo e da clase.
O PCPE esixe a liberdade inmediata dos seus dous membros, sen cargos de ningún tipo.

O PCPE denuncia a actuación das forzas policiais da ditadura do capital, actuación que –unha vez máis- pon de manifesto o carácter de clase do estado e dos seus aparellos de represión.

¡LIBERDADE INMEDIATA PARA VANESA E IVÁN!
¡ALTO Á REPRESIÓN DO COMUNISMO!

Martes 14 de Xuño

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com