Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A MOBILIZACIÓN E A SOLIDARIEDADE DESFÁN A MONTAXE POLICIAL CONTRA OS/AS 5 MILITANTES COMUNISTAS ASTURIANOS/AS.
17/06/2011
Comité Executivo do PCPE
16/06/11
 
Nun día coma hoxe no que as noticias son incapaces de ocultar a situación de colapso económico e social no que se atopa o capitalismo europeo e mundial, recibimos con tremenda alegría que a falsa acusación de "terrorismo" que situou aos nosos camaradas ante a Audiencia Nacional quedou totalmente desacreditada e, xa que logo, deixa de ser competencia dese tribunal especial de orde pública do que, como primeira esixencia, seguimos pedindo a súa inmediata disolución.

Seguen as actuacións por unhas falsas acusacións de faltas nun xulgado de Llangreu, mais desfaise a montaxe policial que, dando un salto cualitativo considerable ao situalo na Audiencia Nacional, pretendía profundar a campaña de criminalización da loita dos e as comunistas.

Queremos denunciar con todas as nosas forzas militantes a todos os responsables do Ministerio do Interior que, desde o Ministro Rubalcaba ata o comisario á fronte do operativo e pasando por Antonio Trevín Delegado do Goberno en Asturies, urdiron esta nova montaxe conquistados nestes anos coa loita dos traballadores e traballadoras, só lle cabe o incremento da represión contra os elementos máis organizados e conscientes da clase obreira, a mocidade e os sectores populares. O seu verdadeiro medo é contra o único que saben que é capaz de crebar a súa hexemonía: a loita organizada da clase obreira e os seus aliados, e, por iso, agora centran os seus ataques contra o PCPE e os CJC.
A pesar diso, ben saben que nin nos dobrarán, nin nos deixaremos enganar cos seus idealistas chamamentos a máis democracia dentro do capitalismo. No noso ADN, o que recibimos directamente dos/as millóns de comunistas que ao longo da Historia souberon dar o mellor da súa vida para alcanzar unha sociedade libre de explotación, non cabe a falsidade de reformar o capitalismo para facelo máis humano. Nós non cederemos no noso propósito de erguer un amplo bloque obreiro e popular capaz de dirixir ás grandes maiorías sociais cara ao Socialismo e o Comunismo. É a única alternativa posible a este sistema senil e criminal que na súa decadente espiral de tolemia non só necesita eliminar todo dereito político, social e laboral, senón que se está mostrando capaz de acabar coa mesma vida no Planeta.

Facemos un chamamento a levantar un muro de solidariedade e apoio mutuo que impida que situacións como a vivida polos nosos 5 camaradas queden esquecidas no silencio dos calabozos. Somos conscientes que a represión vai continuar e por iso só nos cabe reforzar a solidariedade e a capacidade de resposta con todo compañeiro/a que sufra a represión. Para rematar queremos expresar alto e claro que estamos moi orgullosos/as da capacidade de resposta da militancia do Partido e da Mocidade e cheos de emoción polos centos de mostras de solidariedade recibidas. Sabemos que a solidariedade e o apoio das masas é a nosa mellor defensa contra a represión burguesa e, como nos é imposible agradecérvolo a todos e a todas persoalmente, farémolo a través do abrazo que os nosos camaradas de Asturies darán hoxe aos seus 5 camaradas libres de prisión.

¡VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!
¡POLO SOCIALISMO E O COMUNISMO!

16 de Xuño de 2011
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com