Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Novo comunicado do PCPE diante da intensificación da represión contra esta organización
15/06/2011
 Comité Executivo do PCPE a 14 de xuño de 2011

OS APARELLOS DO ESTADO ORGANIZAN UNHA MONTAXE CONTRA O PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA E CONTRA OS COLECTIVOS DE XÓVENES COMUNISTAS

A persecución contra os comunistas neste país dá un salto cualitativo coa detención, este martes día 14, de dous militantes do PCPE, un deles membros do Comité Central do Partido, e o aviso de detención doutros tres militantes máis.

A manobra policial lanza unha acusación de terrorismo contra estes membros do Partido por, supostamente, lanzar uns cócteles molotov o día 15 de xaneiro nun pobo de Asturias, e pon aos militantes detidos a disposición da Audiencia Nacional.

Estas acusacións da policía carecen da máis elemental base de veracidade, posto que son actuacións que non se corresponden coa liña política de loita de masas do PCPE, expresada nos seus documentos teóricos e na súa propia práctica política.

Só é no contexto da agudización da loita de clases, coas crecentes dificultades do capitalismo español para afrontar a súa profunda crise estrutural, e o terror do bloque do poder ao ascenso das loitas obreiras e populares buscando unha saída socialista e comunista, como se pode comprender que se proceda a esta burda manobra para tentar afastar á organización revolucionaria do apoio das masas obreiras.

Os servizos secretos organizaron todo tipo de manexos durante a ditadura franquista para incriminar ao movemento comunista que loitaba contra a ditadura fascista, hoxe -no contexto da loita contra o comunismo que se desenvolve no marco da UE-, o capital recorre a novos métodos para tratar de frear o ascenso da organización dos comunistas en España. E así, non é casualidade que estas detencións se produzan xusto nun dos concellos onde o PCPE obtivo representación nas pasadas eleccións municipais, no Concello de Carreño.

O Comité Executivo denuncia esta montaxe policial, que ten o antecedente doutro xuízo que está pendente de celebrar en Barcelona o próximo día 1 de decembro, onde tamén se verten falsas acusacións contra tres militantes da organización. Esta situación foi denunciada a nivel internacional, e ata presentada unha interpelación no Parlamento Europeo polo Partido Comunista de Grecia.

O Comité Executivo do PCPE manifesta con toda firmeza que non se deixará chantaxear polos aparellos do estado, con estas, nin con outras manobras que se poidan realizar contra a súa actividade política e contra os seus militantes.

O Comité Executivo do PCPE esixe a inmediata posta en liberdade sen cargos dos militantes detidos. Igualmente esixe unha inmediata investigación de quen participen na preparación desta descarada manobra e a depuración das responsabilidades nos aparellos do estado que o organizaron.

O Comité Executivo do PCPE chama a todas as organizacións obreiras e populares a apoiar estas denuncias e a participar nas mobilizacións que se organizarán inmediatamente en solidariedade cos compañeiros detidos e en denuncia desta actuación dos aparellos do estado.


Comité Executivo do PCPE a 14 de xuño de 2011
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com