Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado de Forxa!: Por un Movemento Unitario de Traballadoras e Traballadores Desempregados
03/07/2011
Estamos a vivir unha crise económica de enormes dimensións, unha crise sistémica do capitalismo, dun capitalismo que está na súa fase terminal. A crise está batendo sen ningún tipo de miramentos na clase obreira e no resto de clases traballadoras en forma fundamentalmente de empobrecemento e  desemprego.


    Neste contexto de crise a resposta do capital, ante a súa necesidade imperiosa de seguir acumulando máis e máis beneficios, é unha auténtica ofensiva contra as clases traballadoras, que se está a traducir en numerosos recortes sociais e en reformas antipopulares como foron a reforma laboral, a das pensións ou a máis recente reforma da negociación colectiva. E todo isto tendo como brazos executores os gobernos e partidos políticos representantes da burguesía.


    Mais a ofensiva non remata aquí, por se non for suficiente para colmar as ansias depredadoras do capital, o goberno do PSOE en Madrid xa anunciou un final de lexislatura con máis reformas, á espera das que presuntamente poida facer un próximo goberno do PP, que evidentemente serán as ditadas coma até agora pola UE e o FMI, co beneplácito por suposto da patronal. Por non falarmos dos recortes e privatizacións que acomete e acometerá a Xunta de Galiza tanto na educación como na sanidade pública.



    Neste momento histórico de intensificación da loita de clases, a clase obreira e o resto das clases traballadoras non poden cruzar as mans. É hora de pasarmos á ofensiva. A clase traballadora necesita unidade para artellar a defensa inmediata dos seus dereitos conquistados, mais tamén necesita unidade para ofrecer respostas e medidas urxentes, totalmente contrarias ás aplicadas polos goberno burgueses e ditadas polas castas ás que serven, e que encamiñen a ruptura co réxime capitalista cara ao socialismo.


     Por iso desde o Colectivo Marxista–Leninista Forxa! coidamos na necesidade imperiosa da creación dun movemento galego de traballadoras e traballadores desempregados, en que participen todas as organizacións sindicais de clase sen excepción e, como non, traballadoras e traballadoras sen ningún tipo de afiliación. É necesario un movemento unitario, en que non haxa cabida para os sectarismos, que canalice a defensa das persoas desempregadas en forma de mobilizacións e propostas urxentes, mais que tamén sirva ao conxunto das clases traballadores para dar resposta a asuntos como o mantemento de postos de traballo ou a mellora substancial das súas condicións laborais. Un movemento que traballe de forma conxunta cara á convocatoria dunha gran folga xeral, e das que fagan falla, até derrubar todas as reformas antiobreiras e antipopulares que se están a acometer e que se acometerán.


MEDIDAS URXENTES:
 
- Derrogación de todas as reformas lexislativas actuais e precedentes en materia laboral e de seguridade social (emprego, contratación, cotizacións, pensións, prestacións, etc) regresivas das conquistas sociais e contrarias aos intereses e dereitos das clases traballadoras.

- Xornada laboral de 35 horas semanais. Prohibición de realización de horas extraordinarias de carácter habitual ou estrutural. Obrigatoriedade de contratación para a plena cobertura de quendas e cadros de persoal en todas as empresas, administracións e servizos públicos e privados. 


- Salario Mínimo Interprofesional equivalente á media UE9 (os nove estados con maior contía dentro dos que o teñen regulado, aproximadamente 1.100 €), como referencial retributivo xeral e intersectorial, e sobre a base comparativa do peso do PIB do Estado español no contexto europeo e a desproporción entre as rendas do capital e a do conxunto dos traballadores. 


- Subsidio por desemprego, universal para todas as traballadoras e traballadores desempregadas non perceptoras de prestacións, de duración indefinida e en contía do SMI, con complementos por cargas familiares.


- Plans públicos de formación interprofesional permanente para todas as traballadoras e traballadores desempregados.


- Nacionalización de todas as empresas pertencentes a sectores estratéxicos da economía (banca, bens de equipo, transportes, comunicacións, enerxía, , etc). 


- Nacionalización e retorno ao sector público das empresas privatizadas no pasado.


- Nacionalización de todas as empresas de máis de 100 traballadores en vías de desaparición.


- Creación e potenciación dun sector de economía social mixto público-cooperativista, en empresas de menos de 100 traballadores.


- Intervención pública na economía. Planificación da actividade e o desenvolvemento económico e ampliación do sector público, priorizando a actividade produtiva e industrial, a creación de emprego estábel e a satisfacción real das necesidades do pobo traballador.


- Servizo público de emprego, con capacidade efectiva de colocación, inserción, formación e reciclaxe laboral. Desaparición das ETTs e dos servizos privados de contratación, emprego e formación ocupacional.


- Eliminación das externalizacións por parte das administracións e empresas públicas, supresión de calquera tipo de subcontratación, e contratación laboral directa para todo tipo de obra ou servizo.                                  


- Control sindical da contratación, validación legal rexistral dos contratos de traballo, ampliación dos medios e competencias dos servizos públicos de inspección laboral e dos representantes legais dos traballadores.


- Modelo único de contrato laboral indefinido ordinario, con 45 días de indemnización por ano.


- Supresión de calquera exención, bonificación ou redución das cotizacións sociais e de financiamento dos custes de despido con diñeiro público ás empresas privadas.


- Supresión de calquera axuda ás grandes empresas e multinacionais (subvencións, rebaixas fiscais, etc).


- Medidas fiscais de gravación sobre os grandes beneficios, rendas, patrimonios e fortunas, con aplicación de tipos máximos en todos os impostos, recuperación do imposto de patrimonio, creación de novas tributacións sobre as SIVs e transaccións e investimentos financeiros. Exencións tributarias para traballadoras e traballadores desempregados


- Medidas para o combate da economía somerxida e a fraude fiscal, prohibición de transferencias a paraísos fiscais e investimentos dirixidos á actividades especulativas.


- Plans públicos de investimentos en industrialización e investigación e desenvolvemento tecnolóxico.


- Ampliación dos servizos públicos en Sanidade, Ensino, Servizos Sociais, Medio Ambiente e Cultura, co fornecemento de recursos e a creación do emprego necesario.


- Suspensión de desaucios e lanzamentos xudiciais. Condonación dos cretos e débedas hipotecarias das familias traballadoras en situación de desemprego e insolvencia. Creación dun Parque Público de Vivenda cos inmobles valeiros intervidos ao sector bancario e inmobiliario, en réxime de aluguer ou usufructo.  


UN ÚNICO CAMIÑO: LOITA OBREIRA E SOCIALISMO
 
Forxa! Colectivo Marxista Leninista
Galiza, 1 de xullo de 2011

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com