Cimbabue deulle 72 horas ao embaixador libio para abandonar o país. O ministro de Exteriores de Cimbabue, Simbarashe Mumbengegwi, dixo que o embaixador libio, Taher Elmagrahi, e todo o persoal da embaixada perderan o estatus diplomático despois de queimar a bandeira verde de Libia. «O Goberno de Cimbabue non recoñece o CNT como goberno e representante do pobo da Libia», comentou Mumbengegwi aos xornalistas, referíndose aos “rebeldes” do Consello Nacional de Transición. «Unha vez que renuncias á autoridade dada pola carta de credenciais e despois xuras lealdade a outra autoridade, significa que perdes o teu estatus diplomático.»
O Presidente Mugabe comentou hai pouco que pensaba que Occidente só está interesado polo petróleo da Libia. A principios deste mes cualificou a OTAN como unha organización terrorista –relacionada con al-Qaeda- por mor dos seus bombardeos ilegais sobre Libia.
O xa ex embaixador libio Elmagrahi, o persoal da embaixada e algúns libios de Harare, queimaron a pasada semana unha bandeira verde e ondearon a monárquica e feudal empregada polos “rebeldes” ao servizo dos imperialistas. |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.