Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Libia: De como a OTAN oculta os actos de terror
27/08/2011


Michel Collon
27/08/11

Devagar, vaise confirmando a terríbel verdade. O que veñen informando desde abril –mais sen ningún éxito- diversas misións internacionais de investigación: as tropas de choque dos “rebeldes demócratas” non cesaron de cometeren atrocidades, bárbaras violacións, saqueos, linchamentos racistas e crimes de guerra.

Recebemos moitos testemuños de que: non é liberdade o que se está a sementar en Trípoli, é terror. Estes non son os que mataron ás forzas de defensa libias, foron as armas sofisticadas da OTAN. Os países máis poderosos da Terra esmagan o pequeno exército dun país de cinco millóns de habitantes, despois de privar o pobo de auga, alimentos e electricidade, e chaman a isto “liberación”.

A última fazaña dos “rebeldes” racistas foi esposar a ducias de civís negros para os torturaren e executaren. Xa mostramos as imaxes. Dinnos, por suposto, que eran “mercenarios de Gaddafi”, máis é completamente falso. Falamos hai pouco coas persoas que perderon a vida, pódense ver as imaxes en michecollon.info e pronto estarán dispoñíbeis as entrevistas que lles fixemos.

A xestión das malas noticias

Así que, como van agora e nos vindeiros días a OTAN e os seus axentes de desinformación neutralizaren o efecto destas revelacións? É moi sinxelo, estudamos os métodos do Pentágono para “manexar as malas noticias” no libro Attention, médias! (1991). Estes métodos foron revelados polo coronel das Forzas Aéreas estadounidenses Darryl Henderson.

O primeiro día demoramos a información. Dicimos que non sabemos que bando cometeu os feitos e que o temos que verificar. O certo é que o sabemos moi ben, mais axuda a causar confusión e dános tempo.

O segundo día, recoñecemos que foron os rebeldes os que o fixeron, máis con moita información desenfocada, e afirmamos “que hai unha investigación en curso”. Ás veces así gañamos tempo. Asemade, para despistar, presentamos un “masacre” atribuído a Gaddafi. Tempo despois o imos negar, mais esta negación chegará tarde e será pouco difundida, conseguindo así o efecto desexado. Chámase pista falsa.

O terceiro día anúnciase que está en marcha unha operación para encontrar e castigar os culpábeis. Por suposto, isto levará o seu tempo.

É a “xestión das malas noticias”, para gañar tempo, sementar confusión e desviar a atención.





Lexitimación do masacre por Le Figaro:


0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com