Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Libia: Interceptan conversa telefónica entre comandantes "rebeldes" que evidencia as mentiras dos imperialistas
19/09/2011




 Esta chamada telefónica mostra unha disputa entre un líder rebelde de Misrata e o voceiro militar do Consello Nacional de Transición, Coronel Ahmed Bani, destapando numerosas mentiras dos rebeldes e a súa hipocrisía. A chamada permítenos confirmar varios feitos:

- Falan da presenza de tropas estadounidenses e francesas en Misrata e Trípoli, e admiten con claridade que tropas estranxeiras participaron no ataque e ocupación de Trípoli, e aínda permanecen alí.

- Falan da existencia dun grave conflito entre a brigada de Misrata e o CNT en Benghazi, de cómo é percibida en Benghzi a brigada Misrata, da minimización do seu papel nos combates. O comandante de Misrata semella realmente canso de escoitar como o voceiro militar se pabonea na televisión e nas noticias, falando dun autodenominado Novo Exército Nacional, mentres que eles están sendo esmagado polas tropas de Gaddafi, sen a axuda de Benghazi. Di:

«O teu autodenominado Novo Exército Nacional foi totalmente esmagado en Dafniya polas tropas de Gaddafi, e leváronse todas as armas e vehículos armados. Xa non hai Exército Nacional. Onde está en Sirte o teu Exército Nacional? Estás a falar dos que agardaban fóra desfilando para as televisións e os fotógrafos? Un comandante coma ti debe vir do campo de batalla, non dun desfile para a televisión! Deixa de actuar como os americanos e os franceses, como desfila Sarkozy mentres a guerra continúa no país. Vai ao campo de batalla!»

- Ahmed Bani, o voceiro do CNT, respóndelle falando da razón psicolóxica e operativa do uso da expresión “Novo Exército Nacional”. Di que o mundo enteiro teme unha situación de guerra de guerrillas na Libia, teme a Al Qaeda e as loitas fratricidas entre as diferentes faccións. A comunidade internacional non debe ver os rebeldes libios como un montón de diferentes faccións, milicias e brigadas, polo que emprega a expresión “Exército Libio” para dar a sensación de que Libia está ben, que a situación está Baixo control e que só fican pequenos focos de resistencia pro-Gaddafi ao que derrotar. E así tentan convencer os EUA, Reino Unido e Franza de que o exército Libio está en construción, etc., etc…

- O comandante de Misrata párao, dille que estadounidenses e franceses están perfectamente informados sobre a situación, xa que están con eles sobre o terreo. Estiveron en Trípoli durante o asalto, e aínda están alí. Di que só na súa propia brigada hai un grupo intelixencia formado por 12 membros das forzas especias estadounidenses e 6 franceses, que están dando toda a información a través da Internet e a prensa (?). Así que coñecen moi ben cal é a situación, non hai necesidade de finxir que é un novo Exército Libio.

- Unha disputa sobre as armas e “tropas” ou “mercenarios” de Qatar. «Onde estás as armas de Qatar, onde están as tropas cando as necesitamos?», di o comandante rebelde de Misrata. A carencia de respaldo de tropas e armas de Benghazi, mentres que eles lles deron 150 millóns (¿) para iso. O comandante de Misrata di que eles non conseguiron as armas que lles prometeran, e saben que están en Benghazi. Xura que cada un dos de Benghazi que traizoou a brigada de Misrata pagará un gran prezo e que a “revolución” vai ter suceso con ou sen eles. Di que se inclusive o coronel Bani pretende convencelos de que non os traizoou, ten que arranxar a situación, e dar o que prometeu á brigada de Misrata, xa que el está no poder.

- O comandante de Misrata di que Benghazi lles debe diñeiro e respecto polas “mártires” de Misrata, os feridos e as amputacións (¿), por todo o que fixeron, a incluír a destrución do exército de Gaddafi en Misrata e arredores.

«Pensa nos exércitos que nós destruímos (¿), home, destruímos 16 batallóns en Misrata, hai FOSAS COMÚNS de soldados de Gaddafi, mais nós non debemos falar diso. Quen acabou con eles? E estamos a falar dun Exército Nacional? Onde está o teu Exército Nacional de Benghazi? Agora estamos a padecer importantes baixar. As ambulancias e os avións están cheos das nosas baixas, os hospitais están inzados de rebeldes de Misrata! U-la axuda procedente de Qatar? U-las armas procedentes de Qatar? Os teus homes están excluíndonos de Libia como se nós fósemos de Bangladesh. Estás a facelo peor que Gaddafi, esquecéndote de nós e apartándonos.»
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com