Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Libia: Medios de comunicación converten restos dun churrasco nunha fosa común
26/09/2011
O tempo dedicado á agresión sobre Libia nos informativos dos medios imperialistas é escaso, normalmente nin unha mención. Cando falan de Libia, é para difundiren mentiras e propaganda co gallo de xustificaren a actual agresión imperialista. Non emitiran algún dos múltiples vídeos dos bombardeos da OTAN a instalacións civís, como hospitais, bloques de apartamentos ou escolas, tampouco veremos ningún dos centos de vídeos que mostran crianzas feridas ou mortas. Os linchamentos de cidadáns negros tamén están prohibidos nos seus vomitivos informativos. De falaren da Libia, será para difundiren algún tipo de información contraria ao Goberno lexítimo e os patriotas que defenden a soberanía da Libia. Tanto ten que esa información ofreza unha chea de dúbidas ou, directamente, sexa absolutamente falsa. Cando, aos poucos días, esta información falsa é totalmente confirmada como tal, non aparecerá a rectificación nos mesmos medios que a propagaron. De publicararen/emitiren algunha rectificación, de seguro que terá un tratamento, en canto tempo/espazo, moito menor.

De non nos presentaren o inimigo como un auténtico demo sedento de sangue, como íamos ficar tan tranquilos ante o masacre que están a cometer os seus amos? Coas súas informacións manipuladas, cos seus silencios cómplices, co seu brutal desprezo polas vítimas reais desta agresión, os medios de comunicación ao servizo dos poderes imperialistas participan activamente na limpeza étnica e no asasinato de milleiros de libios. Son, por tanto, un brazo máis do exército de exterminio que os amos do planeta despregaron na Libia. E, polo mesmo, son un obxectivo lexítimo da Resistencia Patriótica.

Onte, 25 de setembro, vimos o último, que non derradeiro, exemplo do anteriormente exposto. As cadeas de televisión Cuatro e La Sexta (supoñemos que o resto fixeron o mesmo) dedicaron á ocupación da Libia un par de minutos, abondo para informar do descubrimento dunha fosa común cos restos de 1.200 presos asasinados no cárcere de Abu Salim en 1996. Máis unha confirmación da natureza brutalmente criminal do sátrapa Gaddafi... Máis ou menos empregaron esas palabras. Pouco importaba que aínda nin se fixera unha escavación e moito menos unha análise dos restos achados, tampouco importaba que o que atoparan foran uns poucos restos óseos. Cuatro e La Sexta non dubidaron un intre en contentaren os seus amos.

Só un días despois, hoxe 26 de setembro, descubrimos que un grupo de médicos desprazados ao lugar afirman que os restos non son humanos senón de animais... Vaites, que non era fosa común, que só era un bo churrasco!

Que ninguén perda o tempo agardando unha rectificación.
3 Comments:
  • At 9/26/2011 07:21:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Moi bo artigo, e moi boa cobertura, dentro das precarias posibilidades que hai desde a distancia, que se lle está a dar ao que acontece en Líbia desde este blog. Parabéns.

     
  • At 9/26/2011 07:36:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Agradécese o comentario.
    Moi certo canto ás precarias fontes fiábeis de información. Esta precariedade viuse acrecentada hoxe ao cortar internet en Trípoli e fica sen algunhas das fontes directas que achegaban boa información.

    Por outra banda, este artigo está centrado nos grandes medios abertamente imperialistas. Mais vai sendo hora de falarmos deses medios "alternativos" e do seu comportamento na agresión a Libia.

     
  • At 9/26/2011 11:41:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Por sorte en internet temos páxinas como Libia-sos e outras, onde os libios dan outra versión dos feitos.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com