A cidade libia de Sirte resistiu onte outro novo ataque dos imperialistas e os seus monicreques. Segundo informacións desde o interior, 6000 atacantes, máis de 100 tanques e outros 900 vehículos, co apoio da aviación e de navios de guerra da OTAN, non puideron dobregar a ferrea defensa da cidade por parte dos soberanistas libios. Despios de que os colonialistas voltaran a fracasar na enésima tentativa de tomar Bani Walid, Sirte é agora o principal albo da covarde agresión.
Mentres, presuntamente en Trípoli, os criminais Cameron e Sarkozy mantiñan unha reunión co líder feudalista do Consello Nacional de Transición, Mustafa Abdel Khalil. Non hai dúbida que o reparto do botín de guerra (contratos petroleiros, contratos para a reconstrución do que eles mesmos destruíron, e portas abertas ás exportacións) foi o principal tema de conversa.
Mais antes teñen de acabar cunha Resistencia que cada día que pasa semella máis forte e organizada.
Viva a Resistencia! |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.