Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado de Forxa!: Os comunistas votamos comunista
17/11/2011
17/11/11
Ausencias son carencias. A non presenza dunha candidatura unitaria do conxunto das forzas políticas e sociais da esquerda de oposición ao réxime nas vindeiras eleccións xerais ao parlamento español, exhibe a actual incapacidade de artellar unha alternativa política sobre a base do factor e a contradición determinante desta época histórica que nos toca vivir: o antagonismo entre o proletariado e as clases traballadoras fronte a oligarquía financeira que dirixe o bloque imperialista europeo.

É a constatación da parálise que atenaza ao movemento obreiro e popular, aparentemente preso da resignación e da desmobilización do reformismo e do social-liberalismo, sexa nas súas expresións políticas ou sindicais. O sopor das manidas fórmulas de máxicas mudanzas dentro do sistema, ou do “isto é o que hai e o que toca” fican inermes fronte á flagrante realidade da brutal crise capitalista, e unha dereita política fachendosa reclamada para a gobernanza de quenda por unha oligarquía impaciente de levar adiante os seus planos. En contraposición, a incredulidade, a desconfianza, a indignación e a ira contida e expresada a cada paso nas fábricas e nas rúas dos barrios obreiros, e nas loitas e mobilizacións aínda sen a continuidade e a conxunción necesarias.

Nos entendemos cómo marxistas-leninistas que a loita electoral nas democracias burguesas é unha forma máis da loita xeral revolucionaria do proletariado, en función da conxuntura e a táctica política determinada por esta. Con mais senso na presente situación de crise estrutural capitalista. O actual proceso electoral puido ser unha oportunidade excelente para unha mobilización xeneralizada dirixida a cuestionar os alicerces do réxime monárquico e transformar a campaña electoral nunha masiva denuncia do mesmo sistema capitalista. Ter aproveitado para a convocatoria dunha folga xeral, como se viña barallando sobre estas datas, como a mellor campaña electoral posible a desenvolver polas forzas obreiras e populares, augándolle a festa á reacción, e impulsar o que demandan as masas traballadoras: a unidade de clase e do pobo traballador. A súa concreción nunha fronte ou plataforma política dependerá da superación do actual estado de ánimo e da división no seo da esquerda con horizontes revolucionarios a prol do socialismo.

De todo o restrinxido panorama de posibilidades electorais, só podemos destacar a participación dunhas candidaturas que merezan o noso apoio: as presentadas por A Coruña e Pontevedra polos Comunistas de Galiza-PCPE, pese a tódolos obstáculos, impedimentos, silencios e manipulación mediática posibles interpostos polo poder. O seren integrantes dun partido de ámbito estatal non os invalida como comunistas, pois nós pensamos que a contradición principal é a que enfronta ao proletariado fronte á burguesía e nunca ás organizacións de clase independentemente do seu ámbito de acción. A maiores, é o único que defende, dentro dun programa estratéxico e táctico, xunto ao dereito de autodeterminación, non só as reivindicacións inmediatas económicas e sociais do proletariado e clases populares, senón que explica a crise estrutural do capitalismo, denuncia a xestión da socialdemocracia no goberno e a estratexia da oligarquía española e a necesidade de pasar á ofensiva e artellar unha fronte obreira e popular cunha perspectiva revolucionaria e socialista, fronte ao, no noso caso, do reformismo posibilista de EU e BNG. Os comunistas de FORXA!! coincidimos con boa parte das análises e das súas propostas programáticas, e sabemos que compartiremos, xunto a outros, os esforzos no camiño da reconstrución do Partido Comunista en Galiza e do Movemento Comunista Internacional e na tarefa inmediata de xestación da fronte de Unidade de Clase e do Pobo Traballador.

Nas circunscricións de Lugo e Ourense, ante a presenza exclusiva de listas reaccionarias ou reformistas, entendemos que o voto nulo representa a opción mais consecuente e combativa fronte á mediocridade ou natureza antipopular das alternativas de voto.

Agárdanos nos próximos meses unha dura batalla coa máis que probable arribada da dereita mais reaccionaria ao goberno do estado no contexto de depresión, e extrema explotación e pauperización das clases traballadoras. Depende só de nós, da esquerda revolucionaria, saír das trincheiras da defensa paralizante e pasar á ofensiva transformando a crise económica e social nunha crise política xeral, con toda a potencia de combate que fai dispor a unidade da clase obreira e de todos os sectores populares para, pola vía da revolución socialista, pórlle fin a agonía do capitalismo parasitario en extinción.
3 Comments:
  • At 11/18/2011 03:55:00 da tarde, Blogger VILLAVERDE COMUNISTA said…

    Vuestra argumentación es muy respetable pero, evidentemente, surge una pregunta: si creéis que programática coincidís con el PCPE, y en el medio y largo plazo también pensáis que vais a coincidir con él en la reconstrucción del Partido Comunista en Galiza y en el mundo, ¿por qué no pedís la afiliación al mismo?

     
  • At 11/19/2011 12:42:00 da tarde, Anonymous Xosé said…

    Penso que Forxa! xa deixou clara máis dunha vez que a clase obreira galega precisaba un partido comunista de seu, en igualdade de condicións que outros partidos de fora de Galiza de cara a reconstrucción do movemento comunista internacional.
    Que haxa coincidencias en canto a necesidade dunha frente obreira e popular co PCPE ou con OUTRAS organizacións comunistas e revoluconarias non quere dicir que non existan tamén diferencias. E daí se desprende a pregunta de VILLAVERDE COMUNISTA, ois estas posibles diferenzas non os eximen de que podan ter unha boa relación e traballar por un horizonte común. Dende logo no que non hai que caer é no sectarismo e en negar todo de plano, na súa totalidade, coma fan algúns. É neste eido no me parecen atractivas este tipo de iniciativas, e así hai que valoralas, con ollos de vontade conxunta de mudanza, de traballar pola unidade de clase e polo socialismo.

     
  • At 11/19/2011 01:44:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Son militante do PCPE e identifícome coa exposición do camarada Xosé. O achegamento entre forzas comunistas ten que ser escrupulosamente respectuosa da identidade de cada colectivo, é a práctica e a loita diaria ombro con ombro quen determinará as formas e plazos nos que todos os marxist-leninistas nos irmandaremos definitivamente no único Partido da clase obreira para organizar a revolución.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com