Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

KKE: Agora o Pobo debe intervir máis decisivamente
02/11/2011
KKE
01/11/11

ABAIXO CO GOBERNO E OS PARTIDOS DA PLUTOCRACIA!


O Pobo podo impedir e acabar cos sacrificios salvaxes que lle impoñen mediante os novos acordos e o novo referendo, que so perseguen beneficiar as ganancias e protexeren os intereses da Unión Europea e a Eurozona.


O Pobo debe reforzar a loita de clases e popular e utilizar as eleccións para debilitar o PASOK e a ND e outros partidos da plutocracia ao servizo da Unión Europea. O KKE debe fortalecerse. Asemade, a organización do Pobo nos centros de traballo e nos barrios ten de continuar con maior decisión. Este é o camiño para bloquearmos o peor que está por chegar, xa que a crise na Unión Europea e a Eurozona é cada vez maior e as contradicións medran.


O Pobo debe confiar en que a causa é xusta e que ten a forza para parar o peor. Ten de abandonar as ilusión, as chamadas ao consenso e á cohesión social, as construcións burguesas, os dilemas que son promovidos polos partidos burgueses.



Unha solución a prol do Pobo é só viábel cun KKE forte e o Pobo organizado. Alianza popular e contraataque para lograr o Poder Popular, a socialización dos monopolios, a retirada da Unión Europea e a cancelación unilateral da débeda.
4 Comments:
  • At 11/03/2011 12:41:00 da tarde, Anonymous libia verde said…

    a verdade é que non acabo de entender demasiado os comunicados do kke en relación ao anuncio de convocatoria de referendum. Entendo a posición do kke neste momento como demasiado electoralista, posiblemente non teña todolos datos para poder facer unha análise máis correcta do asunto pero non entendo porque demonizan o referendum dando como razón a máis que posible manipulación e chantaxe para forzar un sí do pobo grego,nesto estou dacordo, de feito creo que xa nin lles vai facer faia porque a presión exercida nestes días sobre o pasok xa está a dar o seus froitos en forma de desercións. Ao que quería chegar é a que esa mesma razón serve para as eleccións, é evidente que van facer todo o posible para que, como vai pasar no estado español, as eleccións só sirvan para cambiar dun partido da burguesía por outro, por iso non entendo esa énfase do kke nunha convocatoria de eleccións anticipadas, bueno só o entendo nunha clave demasiado electoralista.

     
  • At 11/03/2011 06:48:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Si. Non sei se manexaran datos dun cambio radical na dinámica electoral, pero eu tampouco entendo esa teima nas elección. No comunicado de hoxe, volvem sobre o mesmo, dicindo algo así como que as eleccións, o voto ao KKE suporá un forte golpe contra o sistema burgueés, bla, bla, bla...
    Xa digo, a non ser que se dera un cambio brutal do actual parlamento, non entendo a liña do KKE. Nada indica que se vaia producir un cambio así. Si, subirá un pouco o KKE, mais para falar de forte golpe ao sistema burgués... vai moito camiño.
    Desde a distancia, e a risco de caer no esquerdismo, non tería xa o KKE que armar e dar adestramento militar á clase obreira?

     
  • At 11/03/2011 07:28:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Os medios de comunicación da burguesía farán á perfección o seu traballo. Así que hai bastante perigo de que saia un "si". Seguramente o KKE experimentaría un aumento numérico considerable tanto en militantes como en simpatizantes ao longo destes tempo, e non diría que é posible que haxa sorpresas nas próximas eleccións. Pero non debemos perder de vista tampouco esta campaña contra o partido comunista a raiz dos acontecementos da última folga xeral, quen sabe o que lles pode afectar toda esta mala prensa contra eles realizada por distintos sectores que en teoría forman parte do pobo.

     
  • At 11/03/2011 08:58:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Home, eu non dubido que de haber referendo a vitoria do SI será clarisima. O bombardeo mediático xa empezou e vai neste camiño: Ou Si ou a desaparición de Grecia.
    Fai ben en non darlle importancia ao referendo (distración burguesa), aínda que tampouco eu vexo que nunhas hipotéticas eleccións vaian significar máis que un lixeiro aumento do KKE. Prefiro a insistencia no traballo nos barrios e nos centros de traballo.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com