Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Timoleón Jiménez, novo Comandante das FARC-EP. Comunicado
15/11/2011

Aos guerrilleiros das FARC-EP
Ás milicias bolivarianas

Camaradas:

O 4 de novembro caeu en combate o comandante das FARC Alfonso Cano nas montañas do Cauca, no municipio de Suárez. Desde había dous anos era perseguido por unha turba de máis de 70.000 homes guiados pola máis moderna tecnoloxía militar e unha flota de avións e helicópteros, so ordes de asesores militares estadounidenses, mercenarios israelís e o alto mando militar.

Os guerrilleiros das FARC sentímonos orgullosos de que o comandante caera loitando no campo de combate e morrera como morren os verdadeiros xefes militares, os heroes do pobo, os valentes. Mostrando co seu berro de guerra e co chumbo, co seu exemplo, que así morren os homes e mulleres cabais, consecuentes co que pensan, e que xuran pola xustiza e a dignidade do pobo pelexar até as últimas consecuencias. Este é o exemplo que levarán galvanizado sempre na consciencia os guerrilleiros das FARC que xuraron vencer, e vencerán.

Non hai morte máis fermosa que a que chega loitando pola liberdade, por unha causa xusta, colectiva, avistando no seu soño, como Alfonso, a Nova Colombia, a da dignidade humana, a do emprego, a da educación e a sanidade gratuítas, a da soberanía do pobo, da terra para os campesiños, da vivenda para os que non a teñen, unha patria nova, socialista, xusta, bolivariana, propulsora da concreción no continente dunha Gran Nación de Repúblicas irmás.

Eses pobres analistas e políticos mediocres, aduladores do poder, que hoxe falan do derrube das FARC, perante a morte do comandante, son tan ignorantes que nin merecen o xesto do noso desprezo. Non se tronzou o mito de Alfonso Cano, como afirman perdidos na borracheira do seu triunfalismo. Non conseguiron advertir que a imaxe de Alfonso caído no carreiro Chirriaderos medra como arquetipo e é motivo do máis elevado orgullo fariano e dun pobo que foi quen de producir comandantes luminosos. Están tan perdidos que aínda celebran a morte do máis fervente partidarios da solución política e a paz.

A moral do guerrilleiro fariano sempre crece na adversidade porque é de estirpe bolivariana e marulandiana. Aquí hai consciencia, anhelo incandescente de combate e vitoria. Todo pola dignidade dun pobo, pola súa liberdade. Perden o seu tempo, alucinan, os que soñan coa claudicación e desmobilización da guerrilla.

Medrará o torrente sonoro da protesta e a mobilización popular que hoxe asusta a oligarquía neoliberal que lacera a soberanía coa súa política de “seguridade”, que contra Colombia a e súa xente, favorece os investimentos e os intereses das transnacionais. Que empecen a tremer os usurpadores do poder que até hoxe se negou a pagar a inmensa débeda social contraída co pobo. A indignación está recorrendo o mundo no medio da crise sistémica do capitalismo. Poden estar certos que non poderán deter o lume insurxente contra a tiranía, pola paz, e que a guerrilla redobrará o seu trote cara á vitoria coas bandeiras do Movemento Bolivariano despregadas ao vento, co pobo.

Queremos informar que o camarada Timoleón Jiménez, co voto unánime dos seus compañeiros do Secretariado, foi designado o 5 de novembro novo comandante das FARC-EP. Garántese así a continuidade do Plan Estratéxico cara á toma do poder para o pobo. A cohesión dos seus mandos e combatentes, como dicía Manuel Marulanda Vélez, continúa a ser un dos máis importantes logros das FARC.

Comandante Alfonso Cano: a súa liña no campo militar e político será cumprida ao pé da letra.

VIVA A MEMORIA DO COMANDANTE ALFONSO CANO!
XURAMOS VENCER, E VENCEREMOS.
Secretariado do Estado Maior Central das FARC-EP
Montañas de Colombia, novembro de 2011



********

Vídeo no que Timoleón Jiménez le o comunicado das FARC-EP pola morte de Manuel Marulanda.



FARC-EP MORTE DE MARULANDA por Estoutras
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com