Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O bloqueo da tarxeta sanitaria afectoulle xa a 30 infectados polo VIH na Galiza
01/12/2011
Radiofusión
01/12/11

Ata 30 casos de persoas en situación de precariedade económica e afectadas polo VIH ficaron sen asistencia sanitaria pública nos últimos días por mor do bloqueo da súa tarxeta sanitaria. A denuncia procede de Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol, que salienta o grave prexuízo que nas persoas ameazada pola sida xera a lea administrativa arredor do acceso ás prestacións do Sergas no caso dos parados de longa duración e outras persoas sen recursos. Na conmemoración do Día Internacional de Loita contra a Sida, este 1 de decembro, os colectivos cidadáns que atenden aos contaxiados claman polo seu recoñecemento e denuncian os recortes “simplistas” e apoiados exclusivamente en “criterios economicistas”.

Os axustes orzamentarios que atinxen directamente aos infectados polo virus VIH provocarán unha contradición no gasto público. A menos recursos investidos, máis posibilidade de que se rexistre un aumento dos contaxios e, xa que logo, se produza un maior custo para as administración derivado do aumento da demanda de asistencia. O paradoxo explicouno en Radiofusiòn o voceiro do Comité Antisida de Ferrol, Carlos Varela. Como exemplo do efecto da mingua das axudas sinala que tralo peche do piso de Vigo, só hai dous inmobles de acollida para enfermos de sida en Galicia, un deles, o de Ourense, con prazas moi limitadas.

No que atinxe á atención médica, Varela salienta a discriminación por razón de residencia. Os problemas hepáticos son a primeira causa de morte para os afectados pola síndrome, pero só catro centros en todo o Estado -Barcelona, Bilbao, Madrid e Valencia- concentran o 80 por cento dos transplantes, polo que “os que viven alí teñen máis posibilidades” de sobrevivir. Na atención en Galicia, asegura que son decenas xa as persoas con VIH que están a ficar sen atención polo bloqueo das tarxetas sanitarias.

Varias son as mensaxes que dende os Comités Antisida queren lanzar nesta xornada, entre elas a necesidade de establecer no ensino regrado pautas para unha educación en saúde sexual “que teñan en conta todas as opcións sexuais”. Perante a diminución da percepción do risco de contaxio na sociedade, defenden a promoción do uso do preservativo e a realización das probas rápidas para saber se un é portador do virus. Ademais, dende Lazos Ferrol avanzan que en 2012 farán campaña para que se lle permita ás persoas contaxiadas subscribir seguros de vida e hipotecas para unha vivenda que lles permita levar unha vida autónoma, así como eliminar as trabas que teñen para acceder a unha vivenda pública por estaren catalogados legalmente no grupo das enfermidades infecto-contaxiosas.
1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com